nova en pdf - Brinquedia
Transcripción
nova en pdf - Brinquedia
Ferrol Estréase no teatro Jofre a curtametraxe de animación “O Xigante” redacción > ferrol n A curtametraxe de animación “O xigante” estréase ás 13.00 horas no teatro Jofre dentro da programación familiar municipal. Ademais da proxección, que terá unha duración de 10 minutos, a cantante María Manuela e o guitarrista Xurxo Varela interpretarán unha canción sobre a película. A entrada é libre previa retirada de invitacións na billeteira do teatro. Publicado o anuario 27 da revista Estudios Mindonienses redacción > ferrol n Vén de publicarse o número 27 da revista Estudios Mindonienses que dirixe Segundo Pérez López e edita a Diócese de Mondoñedo-Ferrol. O anuario inclúe traballos como “Ferrol no século XIV. As crónicas medievais de Fernao Lopes e Jean Froissart”, do investigador J.J. Burgoa Fernández, ou “O principio da construción da Igrexa de San Xulián de Ferrol”, de M. Sánchez Yáñez. Diario de Ferrol Domingo, 18 de marzo de 2012 Centos de artesás e numeroso público déronse cita no polideportivo Éxito de convocatoria para o IX Encontro de Palilleiras nedense n Resistindo o paso do tempo, a pouco prometedora meteoroloxía e a crise económica, a arte do encaixe galego viviu onte unha nova festa en Neda, cumplíndose a novena ocasión en que este Encontro de Palilleiras congrega no veciño municipio a estas artistas artesás procedentes de toda Galicia. A sociedade Filigrana e o Concello –o alcalde Ignacio Cabezón estivo na inauguración– colaboran na organización desde evento, que recibiu durante toda a xornada o apoio de numeroso público chegado así mesmo de distintas localidades. Casi ninguén faltou á cita e foron varios centos de palilleiras –dende cinco anos de idade ata noventa– as que traballaron á vista das súas compañeiras e os curiosos congregados mostrando as súas particulares técnicas e os seus proxectos xa rematados. Numerosos stands, todos vinculados co encaixe, ofreceron asi mesmo os seus produtos e, aínda que a xornada comezou frouxa en ventas, remontou pronto, deixando a comerciantes e promotores moi satisfeitos con esta nova edición do Encontro. A celebración tivo no encaixe galego ao seu protagonista luis polo breves “O indiano”, de Xabrega Teatro de Ares, chega esta tarde ao ciclo Domingos a Escena n Xabrega Teatro de Ares protagoniza ás 19.00 horas o ciclo Domingos a Escena no Centro Cívico de Caranza. Baixo a dirección de Francisco Javier Vilasánchez, a compañía porá en escena unha peza que narra a historia de Don Pedro, un home que volve á vila que o viu nacer coa idea de facer unha doazón. Sen embargo, a realidade dista moito de ser como el a recordaba. A entrada é libre. “O gato manchado e a andoriña siñá”, no auditorio naronés n O ciclo municipal de teatro familiar programa ás 18.00 horas no Auditorio de Narón a espectáculo “O gato manchado e a andoriña siñá”, de Teatro do Morcego, dirixida por José Luis Prieto. Esta é a historia dun gato que se apaixona por unha andoriña causando extrañeza en todos os outros animais que vivían nun parque. O prezo da entrada é de 5 e 7 euros. Bucanero representa en San Sadurniño “Jánsel e Pónsel” no décimo aniversario da estrea n O dúo Bucanero celebra ás 19.00 horas na Casa da Cultura de San Sadurniño os seus dez anos como compañía teatral. Será coa reposición da súa primeira montaxe, “Jánsel e Pónsel”, unha comedia sobre a historia da humanidade. Pola súa banda, polo Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño pasará ás 18.00 horas a compañía Mariclown, que representará “A vida de Rosa. Día tras día”, dentro da programación municipal. CRÓNICA CULTURAL JULIA Mª DOPICO VALE Noche de ronda E redacción > ferrol Algunhas das pezas da colección inaugurada onte en A Capela O CEIP da Capela alberga unha colección de xoguetes africanos redacción > ferrol n O CEIP Mosteiro de Caaveiro foi onte escenario da inauguración dunha colección de xoguetes africanos. Un mostra composta por case 200 pezas de 26 países resultado directo do desexo e a paixón dos nenos do continente negro. En palabras do responsable da mostra, Xabier López, “están construídos con materiais esquecidos e lixo creado polos adultos, é dicir, con restos do noso despilfarro. A necesidade, a maña e a enorme imaxinacion destes rapaces e rapazas do Terceiro Mundo transformaron eses materiais en preciosos obxectos de xogo, since- ros e divertidos”. Esta colección comezou a ser recollida en 1989 e foise completando ano a ano con viaxes a África ata conseguir actualmente a maior colección de xoguetes africanos que existe en España. A exposición é propiedade da axencia de viaxes especializada no continente, Cultura Africana. Trátase dunha mostra itinerante que dende 1995 recolleu distintos puntos da xeografía española dende Madrid ata Barcelona, pasando por Lanzarote donde deu obxecto ao libro “No te olvides de África” ou no Festival Intercultural de Sallent, en Huesca. 13 speramos que salgas pronto/ para admirar tu rostro sin par / Y cantarte y adorarte/en tu noche sin igual”. Mágica noche de las Pepitas, que visten de capas y cintas nuestra ciudad, sonando los compases de versos hechos canción al son de mandolinas, bandurrias, laúdes y guitarras. Muestra de como la ciudad ilustrada y trabajadora que es Ferrol, ama la música en esa tradición singular de la Noche de las Pepitas. Noche de rondadores que como antiguos trovadores ensalzan las virtudes y la belleza de la mujer. Amor cortés de elegantes rimas, vivo en la tradición que se remonta a un lejano 1888, con los “Caballeros de la Edad Media” y que se consolida año tras año desde 1903, convirtiéndose en la jornada más significativa de la ciudad en la que la música ocupa un lugar preferente. La fiesta comenzó en el Teatro Jofre - que estará pronto de cumpleaños-, con el acto institucional presidido por el Alcalde, José Manuel Rey Varela y el hermanamiento con el “Ferrol canta y pueblo canta bien, de Monconvirtiéndose doñecon la fiesta en la do, la “ ciudad ciudad de la de piealegría” dra y silencio” a la que nos unen lazos históricos, culturales, espirituales y religiosos, dándose después un merecido reconocimiento a los “rondallistas de honor”: Miguel Gago Pedreira y Juan Vázquez Seijo, en lo que es toda una vida de dedicación y entrega por mantener viva esta tradición. También al letrista que con sus rimas enriquece el cancionero que configura fecha tan singular, el poeta Pedro Xosé Blanco, y las madrinas cuya requerida presencia fue celebrada por todos, tuvieron su mención preferente. Las rondallas de Ferrol: Añoranzas, Bohemios, Sonidos del Alba y Club de Campo, elegida ésta para poner el cierre musical al acto institucional de la mañana, dirigida por el veterano José Manuel Couce Fraguela, a las que se sumaron los Trovadores de Ares, la Rondalla Mugardesa, Lucero del Alba y la Rondalla de Cariño, configuraron el elenco más participativo en este día donde se demostró que Ferrol canta y canta bien, convirtiéndose con la fiesta en la ciudad de la alegría, reafirmando su identidad y su manera propia de manifestarse, como ninguna otra ciudad en Galicia, a través de la música y la canción.