dossier - Vigocultura

Transcripción

dossier - Vigocultura
IMA
XINA
SONS
9º FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO
28 XUÑO / 06 XULLO 2013
9
DOSSIER
ORGANIZA
Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo
Praza do Rei, 1-36202 VIGO
Tel. 986.810.246; fax. 986.810.138; correo: [email protected]
Alcalde
Abel Caballero Álvarez
Concelleiro da Área de Industria, Turismo, Cultura e Festas
Cayetano Rodríguez Escudero
Coordinación xeral
Jesús López Moure
Xefe do Servizo de Xestión e Promoción Cultural
Dirección artística
Nani García
INFORMACIÓN XERAL
www.imaxinasons.com
www.vigocultura.org
Servizo de atención cidadá: 010 (dende móbil ou fóra de Vigo 986.810.260)
Horario: de 08.00 a 20.00 h. de luns a venres, de 10.00 a 14.00h. os sábados
MODALIDADE DE ACCESO AOS CONCERTOS
Venda anticipada a partir do 21 de xuño
www.servinova.com / 902 504 500
Concertos de pagamento
-Salón de actos do MARCO: 3 € + gastos de xestión
-Auditorio Municipal do Concello: 5 € + gastos de xestión
Venda de entradas no mesmo día dos concertos,
nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes do seu comezo
Entrada Libre até completar aforo:
Praza da Constitución
En caso de inclemencias metereolóxicas, a organización poderá decidir o traslado dos concertos na praza
da Constitución ao teatro Salesianos.
1
ÍNDICE
Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3
Programa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
Fichas de artistas
Tigran . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .7
Baldo Martínez Cuarteto Europa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8
Side A . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9
Hyperpotamus. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10
Molimo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10
SSS-Q. Susana Santos Silva & Jorge Queijo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10
Marcelino Galán. The Gift. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11
Dead Capo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12
Mostly Other People Do the Killing . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 13
Tora Tora Big Band . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . 14
Ari Hoenig Trio. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15
Richard Galliano. Tangaria Quartet. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .16
Festa presentación + Jazz na Noite . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 17
Academia de Sons. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18
2
Presentación
Na súa novena edición, Imaxina Sons presenta un programa de concertos e actividades que
demostran o presente vital e o prometedor futuro do jazz. Estarán en Vigo novas figuras do jazz
internacional como o pianista Tigran Hamasyan, o batería Ari Hoenig e a banda Mostly Other People
Do the Killing. De novo, e especialmente nun contexto no que os artistas locais precisan de
promoción e apoio, os artistas de Galicia teñen reserva preferente no programa do festival: seremos
testemuñas do novo proxecto Cuarteto Europa, do que forma parte o contrabaixista Baldo Martínez
xunto ao violinista Dominique Pifarély, entre outros, e escoitaremos o novo traballo discográfico do
guitarrista Marcelino Galán. Ademais a improvisadora Chefa Alonso traerá o MARCO o seu proxecto
Molimo.
Seguirá sendo o MARCO un espazo para a transgresión dentro de Imaxina Sons fronte ao escenario
da praza da Constitución, no que se programa pensando nun amplo público que se achega con
curiosidade ao jazz. Dead Capo, banda formada en Madrid, Tora Tora Big Band, grupo formado por
músicos de diferentes puntos de Europa radicados en Lisboa e o gran acordeonista Richard Galliano,
compoñen o programa de concertos na praza.
Nesta edición 2013 Imaxina Sons presenta un espazo peculiar co que embarcar a novos públicos no
festival. Baixo o título Academia de Sons, un amplo programa de obradoiros e concertos didácticos
desenvolverase do 1 ao 6 de xullo nas aulas e na traseira do MARCO. Obradoiros de improvisación,
cabaré e instrumentos de manivela, concerto didácticos de Odaiko Percussion así como a estrea da
película Sant Andreu Big Band completarán o programa de concertos de Imaxina Sons.
A música na rúa e nos clubs xa é selo deste festival, así que a novena edición continuará promovendo
concertos de grupos da nosa contorna en diferentes espazos. En 2013 "Jazz fóra de lugar"
conformará un novo circuíto de espazos ao aire libre que sacarán a creatividade das formacións locais
á rúa a plena luz do día.
3
PROGRAMA IMAXINA SONS 2013
VENRES 21 DE XUÑO
21:00 h Festa presentación Imaxina Sons 2013 con Verónica Ferreiro
Hipólito Bar (Avda. Castrelos, 26)
Verónica Ferreiro, voz
Gabriel Peso, piano
Sergio Fernández, baixo e contrabaixo
Alberto Brenes, batería
VENRES 28 DE XUÑO
Concerto de apertura
21:00 h Tigran. Auditorio Municipal
Tigran Hamasyan, piano
SÁBADO 29 DE XUÑO
13:00 h Jazz fóra de lugar . Javier Marcos Trío. Detrás do MARCO (Rúa Londres)
Javier Marcos, voz
Felipe Villar, guitarra
José Manuel Díaz, contrabaixo
21:00 h Baldo Martínez Cuarteto Europa. Auditorio Municipal
Baldo Martínez, contrabaixo
Dominique Pifarély, violín
Samuel Blaser, trombón
Ramon López, batería, táboa e percusión
DOMINGO 30 DE XUÑO
13:00 h. Jazz fóra de lugar. Swing Session Quartet. Rúa Joaquín Yáñez (diante de De
Cholo Café Bar)
Javier Jaso, saxo e voz
Gabriel Peso, piano
Antonio Castillo, contrabaixo
Cholo Soto, batería
21:00 h Side A. Auditorio Municipal
Ken Vandermark, saxo tenor e clarinete baixo
Havard Wiik, piano
Chad Taylor, batería
LUNS 1 DE XULLO
12:00 h Academia de Sons. Concerto didáctico Odaiko Percussión. Detrás do MARCO
20:30 h Hyperpotamus. Salón de actos do MARCO
Jorge Ramírez, home orquestra
MARTES 2 DE XULLO
11:00 h Academia de Sons. Obradoiro de improvisación con Chefa Alonso. MARCO
20:30 h Molimo. Salón de actos do MARCO
Chefa Alonso, saxo soprano, percusión menuda
Bárbara Meyer, violoncello
Cova Villegas, voz
4
MÉRCORES 3 DE XULLO
11:00 h Academia de Sons. Obradoiro "Cacharrófono" con Taller Sonoro Premusical.
MARCO
20:30 h SSS-Q. Susana Santos Silva & Jorge Queijo. Salón de actos do MARCO
Susana Santos Silva, trompeta
Jorge Queijo, batería
XOVES 4 DE XULLO
11:00 h Academia de Sons. Obradoiro de instrumentos de manivela con Germán
Díaz. MARCO
21:00 h Marcelino Galán. Auditorio Municipal
Marcelino Galán, guitarra
Pablo Castaño, saxo
Raynald Colom, trompeta
Yago Vázquez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
Marc Ayza, batería
23:00 h Dead Capo. Praza da Constitución
Javier Diez Ena, contrabaixo
Javier Adán, guitarra
Santiago Rapallo, batería
Marcos Monge, saxo tenor
VENRES 5 DE XULLO
13:00 h Jazz fóra de lugar. Chus Pazos Trío. Rúa Ronda de Don Bosco (diante da Galería
Jazz)
Chus Pazos, batería
Javier Pereiro "GDJazz", trompeta
Fernando Sánchez, contrabaixo
18: 00 h Academia de Sons. Obradoiro de Cabaret-Jazz con Iria Pinheiro. MARCO
21:00 h Mostly Other People Do the Killing. Auditorio Municipal
Peter Evans, trompeta
Jon Irabagon, saxo
Moppa Elliott, contrabaixo
Kevin Shea, batería
23:00 h Tora Tora Big Band. Praza da Constitución
João Capinha, Desidério Lázaro ,saxos
Cláudio Silva, Johannes Krieger,trompetas, fliscornos
Lars Arens, Xavier Ribeira ,trombóns, eufonios
Filipe Raposo, teclas
Francesco Valente, baixo
Sebastian Scheriff, percusións
João Rijo, bateria
5
SÁBADO 6 DE XULLO
11:00 h Academia de Sons. Sábado de cine . A film about Kids & Music. Sant
Andreu Jazz Band. Auditorio Municipal
13:00 h Jazz fóra de lugar. Marcos Salcines Trío. Rúa Ronda de Don Bosco (diante da
Galería Jazz)
Marcos Salcines, piano
José Santomé, contrabaixo
Emilio Atanes, batería
21:00 h Ari Hoenig Trio. Auditorio Municipal
Ari Hoenig, batería
Rainer Bohm, piano
Demian Cabaud, contrabaixo
23:00 h Richard Galliano. Tangaria Quartet.Praza da Constitución
Richard Galliano, acordeón
Mauro Negri, clarinete
Philippe Aerts, contrabaixo
Jean-Christophe Galliano, batería
01.o0h Jazz na noite. Rafa Fernández Quinteto. Xancarajazz
Rafa Fernández, guitarra
Pablo Castaño, saxo
Max Gómez, batería
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
Alex Salgueiro, rhodes
6
Venres 28 xuño 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h
Tigran. Concerto de apertura
Louvado polos mestres do jazz, portada das revistas máis prestixiosas e considerado pola crítica
como un dos novos valores do jazz. Tigran Hamasyan (Gyumri, Armenia, 1987) gañou con
dezanove anos o premio da Thelonious Monk Piano Competition nos Estados Unidos e a partir
de aí a súa vida profesional disparouse polos derroteiros do jazz. Sensible, ecléctico, versatil,
preciosista e, por momentos, histriónico, Tigran utiliza o piano e a súa propia voz dunha
maneira fresca e delicada.
No que era até este ano o seu último disco A fable (Universal Jazz France, 2010) -cunha fabulosa
portada que o retrata como un rock star na intimidade- demostra que a súa xenialidade:
tecnicamente non ten tacha e xoga coa experimentación e coas súas raíces cunha facilidade que
abraia á audiencia. O denominado neno-xenio do jazz chega á novena edición do Festival de
Jazz de Vigo en pleno lanzamento do seu traballo Shadow Theater.
Sendo un neno e estudando música clásica en Armenia, Tigran ía facéndose unha carreira como
pianista de jazz chegando a presentarse con once anos no Festival de Jazz Internacional en
Yerevan, cidade na que vivía coa súa familia. Aos dezaseis anos chegaría o traslado familiar aos
Estados Unidos, máis estudos, premios e o contacto cos músicos dos Ánxeles. A audiencia do
jazz coñeceuno polo seu disco New Era (Nocturne, 2008) ao que seguiu Red Hail (Plus Loin,
2009) no que afondaba no folclore tradicional europeo. Triunfaba en Francia onde comezaba a
escoitárselle como representante dunha vía de futuro para o jazz. Nos últimos anos a Tigran
pasáronlle moitas cousas e todas boas. En 2011 participou no Festival de Jazz de Montreux,
colaborou con músicos prestixiosos como Dhafer Youssef, recibiu os agarimosos afagos de Chick
Corea, Herbie Hancock e do que é probablemente o pianista máis reputado do momento no jazz,
Brad Mehldau, e editou un EP titulado Nº1, vinte minutos de música só dispoñible en vinilo e
como descarga da rede. Agora acaba de gravar ademais a banda sonora da película noruega
"Victoria" de Toru Lian.
7
Sábado 29 xuño 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h
Baldo Martínez. Cuarteto Europa
Para Imaxina Sons é un pracer ser escenario da posta en marcha dun novo proxecto como "Cuarteto Europa" que reúne
a algunhas das figuras do jazz continental: o violinista Dominique Pifarély, o contrabaixista Baldo Martínez, o batería
Ramón López e o trombonista Samuel Blaser. O violinista Dominique Pifarély comeza a liderar as súas propias
formacións nos anos oitenta e exerce de sideman de artistas como Martial Solal, Gérard Marais, Patrice Aratini, François
Jeanneu e outros. Desde 1985 colabora frecuentemente co clarinetista Louis Sclavis y no ano 1992 forman "The
Sclavis/Pifarely Acoustic Quartet", xunto a Marc Ducret e Bruno Chevillon. A finais dos noventa céntrase no traballo a
dúo co pianista François Coutorier. Traballa para teatro, non só como compositor, senón tamén como intérprete
Pola súa parte, Baldo Martínez é un dos jazzistas da península con máis recoñecemento, considerado un artista
imaxinativo cunha marcada personalidade musical. Crea en 1994 o seu propio grupo despois de fundar bandas
emblemáticas como Clunia ou Zyklus e de traballar con destacados músicos como Jorge Pardo, Maria Joâo, Bob Moover,
Mike Rabinowitz, Chano Domínguez, Perico Sambeat, Angel Rubio, Carlo Actis Dato, Paolo Fresu, Kenny Wheeler e
Joachim Kühn, entre outros. En 2005 recupera o Projecto Miño -que preparara en 1999 para o Festival de Guimaraes-, o
proxecto enriquécese e é gravado en 2007. É considerado disco do mes de xaneiro de 2008 pola revista francesa Jazz
Magazine e é nomeado aos Premios da Música en España como mellor álbum de jazz. Baldo Martínez foi director
artístico de Imaxina Sons entre 2005 e 2010.
O batería Ramón López é Cabaleiro das Artes e das Letras desde 2008, cando lle foi concedida esta distinción polo
goberno francés debido ao traballo desenvolvido neste país no que vive desde hai vintecinco anos. A mediados dos
setenta comezou a tocar a batería de forma autodidacta, en 1985 decide completar a súa formación en París e irase
incorporando á escena experimental francesa. Entre 1997 e 2000 foi batería da Orquestra Nacional de Jazz de Francia
baixo a dirección de Didier Levallet e actuou por todo o mundo con artistas como Anthony Coleman, Joachim Kühn
Barry Guy, Enrico Rava, Louis Sclavis, Archie Sheep, Glenn Ferris, Howard Johnson e Hans Koch, entre outros. O
trombonista Samuel Blaser, suízo residente en Berlín aínda que considerado por moitos integrante da escena
neiorquina, é un músico virtuoso como intérprete e como líder de distintas formacións. Co seu grande potencial creativo,
axudado en boa parte pola formación académica recibida no seu país, desenvolveu un traballo de improvisación e
formas abertas que o levou a explorar estruturas musicais de diferentes épocas históricas.
8
Domingo 30 xuño 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h
Side A
Figura relevante do particular caldo de cultivo musical da cidade de Chicago, o saxofonista e
clarinetista Ken Vandermark é un home de mil proxectos e formacións (DRV Trio, Vandermark
5, Fire Room, FME, Sound in Action, Tripleplay, 4 Corners, Bridge 61, Sonore, Powerhouse
Sound, AALY Trio, Spaceways Inc, Territory Band, Free Fall, Resonace Ensemble), moitas delas
distintas combinacións dos músicos cos que habitualmente traballa. Interesado pola excelente
escena escandinava do jazz, atopou alí a algúns dos seus compañeiros máis regulares. Entre eles,
o pianista Havard Wiik, que forma parte de Free Fall (con Ken e Ingebrigt Haker Flaten) e
participa como membro de Atomic na colaboración Atomic-School Days. O terceiro membro do
trío é outro dos fillos pródigos da cidade do vento, membro de algunhas das formacións máis
importantes do jazz desa cidade, como o Chicago Underground Duo, Trio e Ensemble, a
Exploding Star Orchestra, ou o Fred Anderson Trio ou Sticks and Stones, o baterista Chad
Taylor, que tamén toca en formacións pop como The Sea and Cake e Iron and Wine. A música de
Side A está ancorada na tradición do post-bop, pero sempre abertos ás posibilidades do free, e
cunha potente enerxía procedente do rock. As composicións serven de marco para a
improvisación, que pretenden fluída, cortante e trascendente, sustentada polo virtuoso dominio
dos seus respectivos instrumentos e por unha espontaneidade alimentada por un profundo
coñecemento tanto da historia do jazz como das músicas do noso tempo.
Ken Vandemark, saxos tenor e barítono, clarinete baixo
Havard Wiik, piano
Chad Taylor, batería
http://www.kenvandermark.com/
9
Luns 1 xullo 2013. MARCO, 20:30 h
Hyperpotamus
Nacido en Tokyo, aínda que con nacionalidade
española e infancia viaxeira, Jorge Ramírez Escudero é
Hyperpotamus. Ou o que é o mesmo, un home
orquestra que traballa co seu corpo. Funk, soul, hiphop…o xogo vogal de Hyperpotamus crea bucles,
loops, cos que xoga e surprende á audiencia. A súa
proposta levouno á pasada edición do Festival de Jazz
de Londres, cidade na que está residindo desde hai
algúns anos
Martes 2 xullo 2013. MARCO, 20:30 h
Molimo. Chefa Alonso, saxo soprano, Barbara Meyer, violonchelo, Cova Villegas, voz
A música deste trío de improvisadoras pode definirse
como unha viaxe sen medo para crear texturas
asimétricas e suxestivas. Entretecen delicados fíos e
constrúen madeixas de vivas cores, onde non se escatima
a aspereza, o contraste, a dozura, a forza, a melancolía, a
poesía.
Mércores 3 xullo 2013. MARCO, 20: 30 h
SSS-Q Susana Santos Silva & Jorge Queijo
Co seu debut en 2011 co disco Devil´s Dress, a
trompetista Susana Santos Silva (Porto, 1979)
converteuse nunha das figuras do novo jazz portugués.
Forma parte da Orquestra Jazz de Matosinhos desde hai
quince anos e participa tamén no European Movement
Jazz Orchestra. Chega a Imaxina Sons xunto ao batería
Jorge Queixo. Xuntos, nas súas palabras, vagan polos
camiños do free jazz e da experimentación promovendo
unha relación orgánica entre trompeta e batería. Dous
músicos veciños do Porto con experiencias musicais
eclécticas e formas singulares de sentir o mundo.
10
Xoves 4 xullo 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:oo h
Marcelino Galán. The Gift
Para o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons servir como escenario de presentación dos proxectos
jazzísticos galegos sempre é un motivo de satisfacción. Nesta ocasión é o guitarrista e compositor
Marcelino Galán (A Coruña, 1972) quen chega a esta novena edición cun novo traballo baixo o brazo.
Trátase do disco The Gift, un regalo para nós e para a audiencia do festival no que Galán demostra de novo
o acerto das súas propostas como compositor, acompañado dalgúns dos mellores músicos de jazz do país.
Marcelino Galán formouse como músico entre Cataluña e os Estados Unidos, ou máis concretamente entre
o prestixioso Taller de Músics de Barcelona e o Berklee College of Music de Boston. Recibiu aulas dalgúns
dos profesores máis reputados no mundo do jazz e axiña comezou a participar en festivais e proxectos nos
que foi deixando a súa impronta como instrumentista. Será no ano 2003 cando edite o seu primeiro
traballo como líder Roho (Xingra, 2003) en formación de cuarteto; jazz clásico revisitado de maneira fresca
e contemporánea, unha liña que continuará con Zinco (Free Code, 2008) xa en quinteto, arroupado por
compañeiros de viaxe, jam sessions e outras moitas aventuras musicais e que foi presentado na edición de
2008 de Imaxina Sons. Entre eles, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o saxo Pablo Castaño, cos
que tamén comparece nesta nova edición de Imaxina Sons. Ese mesmo ano tamén forma parte do
celebrado disco Pascala, asinado pola cantante Terela Gradín e o pianista Manuel Gutiérrez .
Integrante de grupos destacados da escena galega, como Monkillos, sería imposible enumerar todas as
iniciativas nas que participa e que fan del un imprescindible do jazz en Galicia. Ademais, é profesor de
guitarra na área de jazz do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Con The Gift sube un chanzo máis
na súa aposta como autor, medrando non só no número de músicos que o acompañan senón tamén, e máis
importante, na indagación disto que chamamos jazz.
Marcelino Galán, guitarra, Raynald Colom, trompeta, Pablo Castaño, saxo alto, Iago Vázquez, piano
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo, Marc Ayza, batería
11
Xoves 4 xullo 2013. Praza da Constitución, 23:00 h
Dead Capo
Formada en Madrid, a banda Dead Capo é unha das máis orixinais e atrevidas da península
co seu proxecto musical amalgama de jazz, swing, rock e vangarda. Música instrumental
que se plasma no seu traballo discográfico Sale (2012), segundo para un grupo que naceu
en 1999 e gravou o seu primeiro disco titulado Díscolo en 2002. Nos seus inicios, cando a
batería era encomenda de Javier Gallego, coñecido xornalista condutor do programa "Carne
Cruda", supuxeron unha sorpresa fresca no circuíto de jazz, no que mellor se moven -malia
que declaran que no jazz español non son considerados jazzeiros- sen renunciar a
conquistar novos públicos máis vinculados ao rock ou ao funk.
Para quen no os coñeza en directo un concerto de Dead Capo pode definirse como unha
celebración, como unha feliz conciliación de extremos musicais, entre a liberdade
interpretativa e a precisión nos arranxos, entre a rudeza e a sutilidade. Por diante o seu
desexo de fuxir das estruturas obvias, pero nunca perden de vista a diversión e o
entretemento. Esa é a verdadeira virtude de Dead Capo, poder combinar de maneira
convincente o vangardista e o popular. Por iso a súa música admite múltiples lecturas, pode
satisfacer por igual ao melómano esixente e a quen tan só quere pasalo ben.
Javier Diez Ena, contrabaixo
Javier Adán, guitarra
Santiago Rapallo, batería
Marcos Monge, saxo tenor
12
Venres 5 xullo 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h
Mostly Other People Do the Killing
Coa imaxe dunha banda de antiheroes irreverentes, Mostly Other People Do the Killing resulta
do encontro de novos e sorprendentes músicos liderados polo contrabaixista Moppa Elliott.
Compositor en MOPDTK. Elliott cualifica o proxecto como de "terrorismo bebop" coa
intencionalidade de reinterpretar e manipular até o extremo temas que intencionalmente
recollen clichés do son Blue Note dos anos cincuenta e sesenta. Con Elliott, o saxo alto Jon
Irabagon (gañador en 2008 da Thelonius Monk Competition dedicada nesa ocasión a
saxofonistas), o batería Kevin Shea e un dos improvisadores máis celebrados dos últimos anos e
membro destacado da comunidade jazzeira neiorquina, o trompetista Peter Evans, incorporado
nos últimos tempos tamén á Electric Acoustic Ensemble de Evan Parker.
MOPDTK chega a Vigo cun novo disco: Slippery Rock. A súa viaxe por xéneros e estilos é unha
bomba emocional e hai quen di que se trata dunha extensión das obras de Ornette Coleman e
Masada de John Zorn. Eles reivindican o humor na súa aposta desvinculándose de calquera
visión clasicista do jazz. En 2011 gravaron un disco ao vivo no Festival de Jazz de Coimbra para
o selo portugués Clean Feed. Tras a súa escoita, o crítico Pachi Tapiz escribiu en Tomajazz: " El
grupo explota su enorme potencial en directo, lo que logra que el disco sea algo más que un
recopilatorio en directo al uso. Peter Evans y Jon Irabagon están especialmente brillantes,
aunque todo el cuarteto se muestra sumamente creativo en directo. Los temas, que en algún
caso supera los treinta minutos, se sabe cómo comienzan (toman el título de la composición que
sirve para iniciar la descarga creativa), pero por fortuna no cómo acaban: aparecen citas de
clásicos, nuevas melodías y composiciones instantáneas".
Peter Evans, trompeta
Jon Irabagon saxo,
Moppa Elliott, contrabaixo
Kevin Shea, batería
13
Venres 5 xullo 2013. Praza da Constitución, 23:00 h
Tora Tora Big Band
En directo esta big band, compendio de culturas de toda Europa, resulta abraiante. Con base en
Lisboa, o seu último traballo de estudio titúlase Salteado e volve a cociñar para os nosos ouvidos
a fusión de jazz, funk, afrobeat, samba e outros ritmos. Lisboa é a cidade que inspira a enerxía
desta formación na que se integran músicos de Portugal, Alemaña, Noruega, Reino Unido,
Italia, etc, que comezan a tocar xuntos en 2001.
En 2006 gravan o seu primeiro CD Tora Tora, ao que segue Tora Tora Cult (2007), co que se
colocan entre os mellores albumes do ano en Portugal para publicacións como o semanario
Expresso. Segundo eles mesmos, parte da contundencia da big band reside nunha forte sección
de metais e unha explosiva sección rítmica. Proclaman unha nova sonoridade de brass band e
convertéronse nun dos proxectos máis orixinais do jazz luso na súa reaparicición no verán de
2012 tras un par de anos de descanso. Recollen o espíritu das vellas big bands dirixíndose a un
público que baila, pero desta vez na viaxe que os Tora Tora fan polos sons latinos, africanos,
árabe, reggae ou drum´n bass.
João Capinha, Desidério Lázaro, saxos
Cláudio Silva, Johannes Krieger, trompetas, fliscornos
Lars Arens, Xavier Ribeira, trombóns, eufonios
Filipe Raposo, teclas
Francesco Valente, baixo
Sebastian Scheriff, percusións
João Rijo, batería
14
Sábado 6 xullo 2013. Auditorio Municipal do Concello, 21:00 h
Ari Hoenig Trio
Está considerado un dos mellores baterías do jazz mundial. Ari Hoenig (Filadelfia, EUA, 1973) é para a
publicación Jazz Times o batería máis obsesivo, espasmódico e musical do jazz. Comezou hai dez anos
sendo a sensación do underground da cidade de Nova York e hoxe ninguén dubida en incluílo nun grupo
dos grandes. Destaca tamén o Ari Hoenig na súa faceta de mestre; ensina na Universidade de Nova York e
na Nova Escola de Investigación Social da mesma cidade. Só ou en colaboración con outros músicos edita
material didáctico destinado a amateurs e profesionais e é unha sinatura habitual da revista Modern
Drummer, referencia mundial para batería de todos os paus musicais.
A música era un todo no fogar de Ari Hoenig cun pai cantante e director de orquestra e unha nai violinista
e pianista. Aos doce anos comezou coa batería e aos catorce xa probaba co jazz. Estuda música en Texas e
New Jersey; desprazaríase a Brooklyn axiña e a partir de aí coñece e comeza a colaborar con moitísimos
músicos de jazz. Produce os seus primeiros discos como batería solista en 2000 con Time Travels e en
2002 con The Life of a Day. Ese mesmo ano funda o Ari Hoenig Quartet co que se converte en grupo
residente do club de jazz Fat Cat no Village neoiorquino. En 2006 grava o disco titulado Inversations,
seguido de Bert´s Playground (2008). Pouco depois cruzaría o seu camiño co artista encargado de
inaugurar esta novena edición de Imaxina Sons, pianista armenio Tygran, que colaboraría no disco Punk
Bop Live at Smalls (2009). Tamén estaría xunto a Ari Hoenig no disco Lines of Oppresion (2011), que o
batería considera un punto de inflexión como compositor e líder. Nos últimos tempos, volcado no seu
proxecto de trío, alterna a inclusión de piano e de guitarra como contrapunto ao seu traballo na batería.
Ari Hoenig, batería
Rainer Bohm , piano
Demian Cabaud, baixo
15
Sábado 6 xullo 2013. Praza da Constitución, 23:00 h
Richard Galliano. Tangaria Quartet
O acordeón entrou no circuíto mundial do jazz grazas a Richard Galliano (Cannes, Francia,
1950) e na lista de artistas preferentes de Imaxina Sons desde os inicios do festival sempre
estivo o seu nome. Nesta novena edición por fin o público de Vigo poderá gozar do traballo dun
home do que din que marcou un antes e un despois para os acordeonistas. Chega ao festival co
proxecto Tangaria Quartet. Elegancia, jazz e tango, nunha aventura que Galliano comezou hai
trinta anos cando foi convidado por Ástor Piazzola como solista de bandoneón na Comedie
Française; o arxentino converteríase no seu mentor e amigo até o seu falecemento en 1992.
Sen lugar a dúbidas Richard Galliano é un dos grandes; desde 1980 comparte escenario con
outras figuras como Chet Baker, Ron Carter, Joe Zawinul, Al Foster, Pierre Michelot, Biréli
Lagrène, Jean François Jenny-Clark, Eddy Louis, Philip Catherine, Aldo Romano, Charlie
Haden, André Ceccarelli, Michel Portal, Enrico Rava, Toots Thielemans, Jean- Charles Capon e
moitos outros. Durante este periodo tamén compuxo numerosos traballos, aclamados tanto pola
prensa como polo público. Desde 2011, ano que asinou un contrato coa famosa discográfica
Deutsche Grammophon, Galliano tamén se dedica a revisitar co acordeón a obra de
compositores clásicos. Comezou con Bach nun primeiro disco, continou co compositor italiano
de bandas sonoras de cine Nino Rota e neste 2013 acaba de lanzar a súa visión de Vivaldi.
Richard Galliano, acordeón
Mauro Negri, clarinete
Philippe Aerts, contrabaixo
Jean-Christophe Galliano, batería
16
Venres 21 xuño 2013. Bar Hipólito, 21:00 h
Festa presentación festival. Verónica Ferreiro
Desde hai máis de catro anos Verónica Ferreiro (A Coruña, 1983) traballa no seu propio proxecto musical,
que acaba de frutificar cun primeiro disco titulado Laio. Hai case dez anos que se trasladaba a Madrid para
formarse musicalmente, volcándose no jazz polo risco e a liberdade que lle ofrecía. Cantante e compositora,
durante os seus primeiros anos en Madrid acompañou nos coros a moitos artistas ben coñecidos do
circuíto comercial; pouco a pouco desenvolveu o seu propio camiño polos derroteiros jazzísticos e agora,
con Laio, é o seu momento.
Sábado 6 xullo 2013. Xancarajazz, 01:00 h
Jazz na Noite. Rafa Fernández Quinteto
Con disco homónimo baixo o brazo editado co selo Free Code, Rafa Fernández Quinteto achégase ao Jazz
na Noite dentro deste noveno Imaxina Sons. Guitarrista residente en Santiago de Compostela, Rafa
Fernández (Noia, 1983), estudou guitarra en Galicia con mestres como Marcelino Galán e Marcos Pin; en
2011 viaxa a Nova York para continuar a súa aprendizaxe con figuras como Greg Ruggiero ou Peter
Bernstein.
Rafa Fernández, guitarra
Pablo Castaño, saxo
Max Gómez, batería
Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo
Alex Salgueiro, rhodes
17
Academia de Sons
Un espazo para experimentar, aprender e compartir música
Experimentar, aprender e divertirse durantes as mañás da primeira semana de xullo. A
"Academia de Sons" configura un espazo de concertos didácticos e participativos, obradoiros e,
ademais, a estrea dunha película para que os diversos públicos da cidade se acheguen ao jazz.
Está nos fundamentos do festival promover e difundir a afeizón ao jazz e non se nos ocorre
mellor maneira de facelo que convidando os novos públicos a experimentar. Un laboratorio de
ideas, música, xogos, interpretación. Ao redor do jazz Imaxina Sons impulsa unha comunidade
para descubrir a música a través de experiencias adaptadas a un público creativo, esixente e
variado.
Unha oferta que pretende achegar a esta particular academia tanto a aqueles que aman a música
sen ter coñecementos de interpretación e composición como a aqueloutros que, téndoos,
queiran achegarse ao jazz, á improvisación e, en definitiva, a este singular laboratorio.
A proposta da "Academia de Sons" ten un obxectivo principal. Ofrecer un espazo lúdico e
formativo para un público amplo, grupos e familias con ganas de compartir actividades. Nenas,
nenos, adolescentes, mamás e papás amantes da música que procuran actividades que
compartir coas súas crianzas, xóvenes músicos na procura de experiencias novas, persoas
curiosas con gañas de sorprenderse, etc. A "Academia de Sons" quere chegar a todas e cada unha
delas, así que botádelle un ollo ao programa de actividades, que seguro que atoparedes algo que
probar.
As inscricións faranse a través do teléfono gratuíto 010 con horario de 08:00 a 20:00
h. de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h. os sábados. O prazo abrirase o venres 21 de xuño
e pecharase o venres 28 de xuño ás 14h. Nas actividades con prazas limitadas a
admisión será por rigorosa orde de inscrición. Pecharase a inscrición no momento
no que se acade o número máximo de persoas admitidas; emitirase o aviso
pertinente nos soportes de difusión on line do festival.
18
Academia de Sons
Unha proposta do 9º Festival de Jazz de Vigo Imaxina
Sons para aprender, experimentar e divertirse. Bota un
ollo, seguro que hai algo para ti!
Odaiko Percussion Group. Concerto didáctico
Unha actuación interactiva dirixida a nenas, nenos, nais, pais, avoas, avós…e a
todas as persoas amantes de bater e axitar a música.
Luns 1 xullo, 12:00 h
Detrás do MARCO /Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei nº1, no caso de choiva)
Entrada libre até completar aforo
Achegamento á improvisación e ao jazz. Obradoiro
Se estudas, compós, interpretas, escoitas ou amas a música experimental e a
improvisación, non o penses. Este é o teu sitio.
Martes 2 xullo. 11:00 h a 14:00 h.
Laboratorio das Artes do MARCO (Príncipe, 54)
Imparte: Chefa Alonso
Recomendado a partir de 12 anos con coñecementos de música ou iniciados nalgún instrumento
Prazas limitadas: 15
19
Cacharrófono. Obradoiro
Para esas nenas e nenos que fan música con
calquera obxecto de uso cotián. Construirán os
seus propios instrumentos a partir de cacharros
de cociña.
Mércores 3 xullo
11:00 h a 13:00 h.
Laboratorio das Artes MARCO (Príncipe, 54)
Imparte: Taller Sonoro Premusical, Vigo
De 6 a 12 anos
Prazas limitadas : 15
Dálle á manivela! Obradoiro
Germán Díaz, músico e investigador, trae consigo unha colección de instrumentos de
manivela. Coa súa axuda converterédesvos en compositores e intérpretes.
Xoves 4 xullo
11:00 h a 13:oo h
Laboratorio das Artes do MARCO (Príncipe, 54)
Imparte: Germán Díaz
Recomendado para público xeral partir de 9 anos
Prazas limitadas: 15
Cabaré & Jazz. Obradoiro
Non é necesario máis nada que ganas de
desinhibirte e pasalo ben nun obradoiro que traballa
coa expresión corporal, co baile, co canto e, tamén,
co sentido do humor.
Venres 5 xullo
18:00 h-20:00
Laboratorio das Artes do MARCO (Príncipe, 54)
Imparte: Iria Pinheiro
Recomendado a partir de 18 anos
Prazas: 20
20
Sabado de cine
A film about Kids & Music. Sant Andreu Jazz Band
Unha película sobre rapazas, rapaces, jazz e, en definitiva, música. Unha
historia tan real como sorprendente. O milagre da música existe: a Sant Andreu
Jazz Band.
Sábado 6 xullo.
11:00 h
Auditorio Municipal (Praza do Rei)
Entrada libre
Aforamento limitado
A film about Kids & Music. Sant Andreu Jazz Band.Dirección: Ramón Tort. Reparto: nenas e nenos de
Sant Andreu Jazz Band, Joan Chamorro, Montse Jorba, Terell Stafford, Wycliffe Gordon, Jesse Davis,
Ricard Gili, Esteve Pi. Produtora: Divinoconcepto. Duración 101 minutos
21
IMA
XINA
SONS
9º FESTIVAL DE JAZZ DE VIGO
28 XUÑO / 06 XULLO 2013
9
www.imaxinasons.com
vigocultura.org | tel. 010