concerto extraordinario - Real Filharmonía de Galicia

Transcripción

concerto extraordinario - Real Filharmonía de Galicia
CONCERTO EXTRAORDINARIO
ALUMNOS DO CURSO AVANZADO DE
ESPECIALIZACIÓN ORQUESTRAL 2014
DANIEL SOUTO NEIRA óboe
ALEIX VAQUÉ frauta
EMILIO ALONSO ESPASANDÍN clarinete
OLAF JIMÉNEZ trompa
MILI FERNÁNDEZ violín
ANTONIO NAVARRO violín
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
MAXIMINO ZUMALAVE director
Auditorio Novagalicia Banco
Santiago de Compostela
xoves
12 | 06 | 2014
21.00 h
PARTE 1
Daniel Souto Neira óboe
Nado na Coruña en 1990, remata os seus estudos musicais superiores no
Conservatorio Superior da súa cidade natal, á vez que se gradúa en socioloxía
pola Universidade da Coruña. Paralelamente completa a súa formación na Escola
de Altos Estudos Musicais e na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. Formou
parte da Joven Orquesta Nacional de España e da Nationaal Jeude Orkest dos
Países Baixos e, recentemente, foi admitido no Conservatorio della Svizzera
Italiana na clase de Fabien Thouand.
ANTONIO VIVALDI (1678-1741)
Concerto para óboe e corda en Do maior RV447
1. Allegro non molto
2. Larghetto
Aleix Vaqué frauta
Nacido en Tarragona, iniciou a súa formación no conservatorio da súa cidade
natal baixo a tutela do frautista Robert Sirvent. En 2009 accede á Escola Superior
de Música de Catalunya, onde finaliza os seus estudos co mestre Vicens Prats.
Asemade participa nos encontros da Jove Orquestra Nacional de Catalunya. Máis
adiante accede a bolsa de instrumentistas da Orquestra Simfònica del Vallès e da
Joven Orquesta Nacional de España.
CARL PHILIPP EMANUEL BACH (1714-1788)
Concerto para frauta en re menor
2. Un poco andante
3. Allegro di molto
Emilio Espasandín clarinete
Natural da Coruña, a súa formación transcorre principalmente en Galicia e
Portugal como alumno de Jesús López, Vicente P. Planells, Beatriz López,
Juan Ferrer e António Saiote. É membro ou colaborador de agrupacións como
Hulencourt Soloists Chamber Orchestra, Orquestra Gaos, Real Filharmonía de
Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia etc. Recibiu distincións en varios concursos
en España, Serbia e República Checa e en 2012 gravou o seu primeiro compacto
xunto ao pianista Gabriel López.
JEAN FRANÇAIX (1912-1997)
Concerto para clarinete e orquestra
1. Allegro
3. Andantino
Olaf Jiménez trompa
Natural de Ávila e graduado polo Conservatorio Superior de Castilla y León,
completou a súa formación en orquestras de novos intérpretes nacionais e
internacionais apoiada por profesores como Eric Terwilliger, Jordi Ortega, José
Miguel Asensi ou Carlos Malonda. No eido profesional colabora habitualmente
coa Orquesta de Castilla y León, a Orquesta de la Comunidad de Madrid e a
Orquesta Nacional de España.
RICHARD STRAUSS (1864-1949)
Concerto para trompa num. 1 en Mi bemol maior, op. 11
1. Allegro
2. Andante
PARTE 2
Mili Fernández violín
Estadounidense de ascendencia española, é titulada en matemáticas e en violín.
Máster en violín pola Universidad de Michigan, recentemente doutorouse na
Universidade de Carolina del Norte en Greensboro. Gañou premios en múltiples
competicións e participou en cursos internacionais como Música en Compostela.
Colaborou como solista coa Sociedade de Nova Música en Nova York. Durante
o curso 2010-11 residiu en España como bolseira Fulbright, estudando Agustín
León Ara o repertorio español do século XX.
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Concerto para violín num. 5 en La maior, K.219
1. Allegro aperto
Antonio Navarro violín
Natural de Murcia iniciou os seus estudos de violín aos 7 anos de idade. Recibiu
formación de destacados violinistas como Sergey Teslya, Alexei Bruni, Alexis
Cárdenas e Vicente Huerta. Realizou estudos superiores con Vicente Taroncher
e colaborou coa OJRM, JOSC, Orquesta de Jóvenes de la Generalitat de Valencia,
Grup Instrumental de Valencia e WUOCH (World University Orchestra & Choir),
realizando xiras por Estados Unidos, Europa e China. Finalizou a súa formación
superior en 2010 e posteriormente realizou un mestrado en pedagoxía.
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Concerto para violín en Re maior, op. 61
1. Allegro ma non troppo
Real Filharmonía de Galicia
Iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, en Santiago de
Compostela, onde presenta a súa temporada estable de concertos. O seu primeiro director titular foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen sucedeu Antoni
Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013, Paul Daniel é o seu director titular e
artístico. O compostelán Maximino Zumalave, vinculado á orquestra dende
o seu nacemento, é director asociado, e Christoph König o principal director
convidado. Ademais da temporada de concertos en Santiago mantén unha
activa presenza no resto de cidades galegas e realizou varias xiras internacionais por Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal.
Paralelamente, potencia a súa actividade en Santiago cun ciclo de cámara e
cos concertos didácticos que dende 1996 organiza co Auditorio de Galicia e
polos que pasan máis de 7.000 escolares galegos cada ano. En 2009 presentou
dous traballos discográficos inéditos dedicados a Manuel de Falla e Frederic
Mompou e, en 2012, un novo disco dedicado a Ravel. Estreitamente vinculada á
RFG está a Escola de Altos Estudos Musicais que imparte o Curso Avanzado de
Especialización Orquestral, cos músicos da orquestra como profesores. Forma
parte da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas.
Maximino Zumalave director
Director e pianista compostelán, foi discípulo de Brage, Gardiner e Rilling. Foi fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum
e principal director convidado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995).
Actualmente é director asociado da RFG, á que está vinculado desde o seu inicio.
Con el actuaron solistas do talle de Achúcarro, Barto, Bayo, Bitetti, Castromil, ou
Zimmermann. Frecuente e moi especial é a súa colaboración con Teresa Berganza
en diferentes países de Europa. Dirixiu ás máis destacadas orquestras españolas
e estranxeiras. Tamén levou a batuta en estreas absolutas de obras de Bernaola,
Castelo, García Abril e Mestres Quadreny, coidando especialmente as primeiras
audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buíde ou Viaño.
O seu compromiso coa cultura galega vai máis aló da música: en 2008 o Consello
da Xunta de Galicia concédelle a Medalla Castelao.

Documentos relacionados