DOMINGO XXII DO TEMPO ORDINARIO. B

Transcripción

DOMINGO XXII DO TEMPO ORDINARIO. B
DOMINGO XXII DO TEMPO ORDINARIO. B-2015
MONICIÓN DE ENTRADA.
Benvidos, irmáns, a esta Eucaristía; aquí chegamos como peregrinos na
vida, entre luces e sombras, coa esperanza de sermos acollidos por Cristo
Xesús sempre disposto a alixeira-las nosas cruces.
No evanxeo que imos proclamar, Xesús dá prioridade á vontade de Deus
perante as tradicións humanas e pide coherencia de vida coa fe; así, en
relación con que “todo beneficio e don perfecto que ven de arriba, do Pai”,
velaí a Primeira Xornada Mundial de Oración polo coidado da Creación
que se celebra o próximo martes, 1º de setembro.
ACTO PENITENCIAL.
Ao inicio da Eucaristía, recibamos o perdón de Deus Pai que nos recociliou en Cristo
Xesús, o seu Fillo:
Por dar máis importancia ó que se ve que ao noso interior. Señor, ten piedade de nós.
Porque non coidamos debidamente da Creación. Cristo, ten piedade de nós.
Polas nosas caídas, das que Ti sempre nos levantas, Señor, ten piedade de nós.
PRECES.
Ministro: Irmáns, chamados a confesar a Xesús con valentía no medio do
mundo, oremos coa confianza de fillos dicindo: Confiamos en Ti, Señor.
1. Pola Igrexa, para que sempre propoña o seguimento a Cristo Xesús, e o
amor a Deus e ao próximo, como o ideal prioritario do Evanxeo antes
que as leis e costumes. Oremos: Confiamos en Ti, Señor.
2. Para que asumamos - os Estados, a Igrexa, as Comunidades e nós – a
responsabilidade do coidado da Creación polo ben toda a humanidade.
Oremos: Confiamos en Ti, Señor.
3. Para que fomentemos a solidariedade e procuremos solucións humanitarias a
milleiros de inmigrantes e desprazados, por causa das guerras, a violencia e a
fame. Oremos: Confiamos en Ti, Señor.
4. Para que acollamos con gozo a Palabra de Deus, e a cumpramos con
fidelidade. Oremos: Confiamos en Ti, Señor.
5. Por esta comunidade, para que liberados no interior polo Espírito Santo
practiquemos a relixión limpa ós ollos de Deus. Oremos: Confiamos en Ti,
Señor.
Ministro: Acolle, Pai, estas oracións que a túa Familia te presenta por medio do
teu Fillo, que vive por sempre eternamente. Amén.
MONICIÓN FINAL. Irmáns, a Palabra de Deus alimenta a vida da Igrexa e orienta a
súa misión que é a do Señor Xesús; compre acollela con moita atención, para que dea
froito abondo en nós coma en Santa María. Se así o facemos, tamén nós seremos
benditos.

Documentos relacionados