asisten como vocais a concelleira do grupo municipal do PP, dona

Transcripción

asisten como vocais a concelleira do grupo municipal do PP, dona
EXCELENTÍSIMO CONCELLO
de
PONTEVEDRA
SERVIZO DE CONTRATACIÓN
MH/VR
ACTA DA REUNIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN
CELEBRADA O 4 DE XUÑO DE 2009.
Na sala de Xuntas do Excmo. Concello de Pontevedra, sendo as nove horas e quince
minutos do día 4 de xuño de dous mil nove, reúnese a Mesa de Contratación para a
adxudicación provisional das obras de “Acondicionamento da rúa San Sebastian ou
Cega”, presidida Concelleiro de goberno da área de medio ambiente urbano e
facenda, don Raimundo González Carballo, por delegación do Excmo. Sr. Alcalde;
asisten como vocais a concelleira do grupo municipal do PP, dona Rosa
Encarnación Picallo; o Arquitecto Xefe da OTA don Ángel Velando Rodríguez; a
viceinterventora, dona María Herculina; o Asesor Xurídico, don José Antonio
García Mon; o Técnico do Servizo de Contratación, don Victor Rodriguez Pérez;
e a Xefa do servizo de contratación dona Marta de las Heras Rodríguez, en
funcións de Secretaria da Mesa, que da fe do acto.
Constituida a Mesa de Contratación, procedese á calificación dos documentos
presentados para a subsanación da solvencia técnica requeridas as empresas
CONSTRUCCIONES CASAS NOVAS SL e ECOSERVICIOS E BIOCONSTRUCCION
ATLAS SL, quedando admitida a proposta presentada pola empresa
CONSTRUCCIONES CASAS NOVAS SL e quedando excluída e empresa
ECOSERVICIOS E BIOCONSTRUCCION ATLAS SL por non presentar a
documentación suficiente para a subsanación da solvencia técnica, procedéndose,
polo secretario, á apertura dos sobres que conteñen as ofertas, sendo as seguintes:
DOCUMENTACIÓN:
CONSTRUCCIONES OBRAS E VIAIS SA que formula oferta económica por importe
de 315.516,98€ (IVA incluído). Presenta oferta de melloras complementarias por
importe de 11.027,85€ (IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a
adxudicación.
- FARO SL que formula oferta económica por importe de 303.464,78 € (IVA incluído).
Presenta oferta de melloras complementarias por importe de 19.370,09 € e o resto dos
criterios evaluables para a adxudicación.
- SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS SA que formula oferta económica por importe
de 303.787,61€ (IVA incluído) . Presenta oferta de melloras complementarias por
importe de 62.225,26€ (IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a
adxudicación.
- INDEZA SL que formula oferta económica por importe de 315.926,20€ (IVA incluído).
Presenta oferta de melloras complementarias por importe de 33.465,87€ (IVA
incluído)e o resto dos criterios evaluables para a adxudicación.
- CONSTRUCCIONES EC CASAS SL que formula oferta económica por importe de
314.960,83€ (IVA incluído). Presenta oferta de melloras complementarias por importe
de 52.890,40€ (IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a adxudicación.
- CONSTRUCCIONES CASAS NOVAS SL que formula oferta económica por importe
de 305.950,60€ (IVA incluído). Presenta oferta de melloras complementarias por
importe de 4.390,91€ (IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a
adxudicación.
- XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS SL que formula oferta económica por
importe de 306.370,29€ (IVA incluído). Presenta oferta de melloras complementarias
por importe de 33.000€ (IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a
adxudicación.
- HIDROSCIVIL SL que formula oferta económica por importe de 317.895,50€ (IVA
incluído). Presenta oferta de melloras complementarias por importe de 10.323,10€
(IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a adxudicación.
- CONSTRUCCIONES CRESPO SA que formula oferta económica por importe de
290.551,39€ (IVA incluído) Presenta oferta de melloras complementarias por importe
de 40.441,59€ (IVA incluído) e o resto dos criterios evaluables para a adxudicación.
O presidente ordena a incorporación das ofertas presentadas ao expediente,
propoñéndose polo órgano que as mesmas sexan estudiadas polo Arquitecto Xefe
da OTA don Ángel Velando Rodríguez.
E no sendo outro o motivo deste acto, dase por terminado no lugar e data enriba
indicados.
A XEFA DO SERVIZO DE CONTRATACIÓN

Documentos relacionados