Decreto 598/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba

Transcripción

Decreto 598/2005, do 29 de decembro, polo que se aproba
1.192
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
VII. Órganos colexiados.
Artigo 9º
Esta adscrito á Consellería de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible o Consello Galego de
Medio Ambiente. A presidencia do consello será asumida polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a vicepresidencia polo director
xeral de Desenvolvemento Sostible e a secretaría
polo subdirector xeral de Fomento do Desenvolvemento Sostible, manténdose a composición dos restantes membros do consello.
Artigo 10º
1. Está adscrito á Consellería de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible o Comité Galego de Pesca Fluvial. A presidencia do comité será asumida
polo director xeral de Conservación da Natureza.
2. Están adscritos á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible os comités provinciais
de pesca fluvial. A presidencia dos comités será
asumida polos delegados provinciais da consellería.
Artigo 11º
1. Está adscrito á Consellería de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible o Comité Galego de
Caza. A presidencia do comité será asumida polo
director xeral de Conservación da Natureza.
2. Están adscritos á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible os comités provinciais
de caza. A presidencia dos comités será asumida
polos delegados provinciais da consellería.
VIII. Rexistro.
Artigo 12º
Está adscrito á Consellería de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible o Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente.
Disposición transitoria
Cando, como consecuencia da estrutura orgánica
que se establece neste decreto, se modifique a denominación ou o contido das subdireccións ou servizos
existentes con anterioridade, autorízase o conselleiro
de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, por
proposta do secretario xeral, a readscribir o persoal
afectado a postos do mesmo ou inferior nivel, sempre
que sexan postos de libre designación, ou adscribilos
con carácter temporal, sempre que non exista posto
de igual nivel, a outros de inferior nivel se se tratase
de postos de provisión por concurso ata que, neste
último caso, os ditos postos sexan cubertos na forma
establecida regulamentariamente, sen que, en ningún caso, supoña a readscrición ou adscrición cambio de residencia.
Todo isto sen prexuízo do disposto nos artigos 27.5º
e 62.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función
pública de Galicia, e na Lei 9/1987, do 12 de maio,
de órganos de representación, determinación das
condicións de traballo e participación do persoal
ao servizo das administracións públicas, así como
No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006
das competencias que poida ter atribuídas nesta
materia a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Disposición derrogatoria
Queda derrogado o Decreto 106/2004, do 27 de
maio, polo que se establece a estrutura orgánica
da Consellería de Medio Ambiente, así como cantas
disposicións de igual ou inferior rango se opoñan
ao establecido neste decreto.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o conselleiro de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible para ditar as
disposicións precisas para o desenvolvemento deste
decreto.
Segunda.-Este decreto entrará en vigor o mesmo
día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous
mil seis.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
Decreto 598/2005, do 29 de decembro,
polo que se aproba a modificación dos
estatutos do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca
do Salnés.
A necesidade de dar unha resposta eficaz deste
servizo fai necesaria unha organización axeitada del
en todo o territorio galego. Este feito aconsellou que
a Xunta de Galicia elaborase o Plan galego de dotación de parques contra incendios urbanos, baseado
en criterios de racionalidade técnica e económica,
que permita dotar a comunidade autónoma dun servizo integrado de extinción de incendios que garanta
este servizo en toda Galicia, baixo condicións aceptables, en función do risco e da dificultade técnica
da extinción, sendo o Parque contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés un dos parques previstos no plan galego.
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión
do vinte e sete de novembro de mil novecentos noventa e oito, acordou participar no Consorcio do Parque
contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, segundo o disposto no punto 3º do artigo 196
da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
local de Galicia.
No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006
De acordo co anterior, o Consello da Xunta de
Galicia prestou aprobación, mediante Decreto 89/2000, do 31 de marzo, sendo á súa vez modificados polo Decreto 226/2002, do 20 de xuño.
Para acadar unha maior axilidade na xestión e
eficacia na prestación do servizo é necesario proceder á modificación do artigo 21 no referente aos
gastos de funcionamento do consorcio, así como
engadir un anexo II a estes estatutos recollendo as
obrigas que asume o Concello de Vilagarcía en relación ao servizo.
A modificación e aprobación dos estatutos modificados do consorcio fíxose segundo as normas de
procedemento establecidas nos artigos 143 e 151
da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración
local de Galicia.
Polo exposto, e en aplicación do artigo 196 da
Lei 5/1997, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo
de deliberación do Consello da Xunta de Galicia
na súa reunión do vinte e nove de decembro de
dous mil cinco,
DISPOÑO:
Artigo único.-Aprobar a modificación dos estatutos
do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés no que se refire ao
contido do artigo 21 e á incorporación do anexo II,
sendo o seu texto o que se recolle no anexo a este
decreto.
Disposición derrogatoria
Queda derrogado o artigo 21 do Decreto 226/2002,
do 20 de xuño, polo que se aprobaron os estatutos
do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao
da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro
de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza.
ANEXO
Artigo 21º.-Contribucións ao consorcio.
As contribucións dos entes consorciados para
sufragar os gastos ordinarios do parque efectuaranse
da maneira seguinte:
Fase de construción e equipamento:
-Xunta de Galicia: 40% dos gastos totais de construción e equipamento.
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
1.193
-Deputación Provincial de Pontevedra: 40% dos
gastos totais de construción e equipamento.
-Concellos consorciados: 20% dos gastos totais de
construción e equipamento, de acordo cos ratios de
participación que se sinalan no anexo I dos estatutos.
Gastos de funcionamento:
-Xunta de Galicia: 50% dos gastos anuais de funcionamento do consorcio.
-Deputación Provincial de Pontevedra: 50% dos
gastos anuais de funcionamento do consorcio.
Se durante o exercicio económico se producisen
ingresos superiores aos previstos inicialmente no
orzamento do consorcio, estes excesos serán dedicados, a criterio do Pleno, a actuacións adicionais
ás previstas, ou ben a minguar as achegas que lles
corresponden ás partes consorciadas.
En todo caso poderase acudir aos mecanismos previstos na lexislación vixente para obter a satisfacción
das contribucións en caso de que algunha das administracións consorciadas non acheguen en prazo a
totalidade das cantidades que se estean obrigadas
polo presente artigo e co fin todo isto de facer efectivas estas cantidades.
Outras achegas:
O Concello de Vilagarcía de Arousa colaborará
no funcionamento da subsede de Vilagarcía de Arousa mediante o cumprimento do previsto nas estipulacións recollidas no acordo aprobado polo Pleno
deste concello, en sesión do 27 de novembro de
2003, testemuño do cal queda incorporado como
anexo ao presente decreto.
ANEXO II
Convenio de colaboración para a coordinación
de actuacións e medios entre o Consorcio contra
Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés
e o Concello de Vilagarcía de Arousa, no relativo
á prestación dos servizos de protección civil
e prevención e extinción de incendios
1. O Consorcio contra Incendios e Salvamento da
Comarca do Salnés prestará o seu servizo en condicións de igualdade no territorio dos nove concellos
integrantes del, cos medios e persoal adscritos, tanto
a sede principal de Ribadumia, como a subsede de
Vilagarcía de Arousa, de acordo todo iso cos termos
do contrato de xestión asinado no seu día para os
funcionamento do servizo.
2. No que se refire á subsede de Vilagarcía de
Arousa e para efectos de colaboración e coordinación
do funcionamento desta establécense as seguintes
liñas de actuación:
a) O Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese a achegar o persoal necesario para realizar
as seguintes funcións:
-Atención ás comunicacións internas do servizo,
coordinando, para estes efectos a sede de Ribadumia
coa subsede de Vilagarcía de Arousa.
1.194
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
-Atención ás chamadas telefónicas do exterior desde o centro de coordinación de emerxencias 112
e das que puidesen producirse para a xestión dos
recursos.
-Mantemento actualizado dos rexistros de entradas
e saídas, o arquivo xeral e documentación.
-Colaboración na realización de informes especiais
(memorias, plans directores e outras publicacións).
-Atención ao público.
-Recompilación de datos necesarios para elaborar
o control estatístico.
-Xestión dos partes de intervención do servizo e
confección de estatísticas.
-En xeral, compételle calquera outra función que
poidan encomendarlle en relación ao posto ao que
está adscrito.
Todas estas funcións levaranse a cabo no edificio
da subsede de Vilagarcía de Arousa, baixo o mesmo
réxime e horario de funcionamento do propio servizo.
O persoal achegado polo concello en ningún caso
manterá relación laboral co consorcio contra incendios ou coa empresa concesionaria do servizo, dependendo para todos os efectos do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Para o desempeño do seu labor este persoal achegado polo concello, e con independencia da necesaria coordinación co propio concello, quedará sometido ás directrices e instrucións emanadas desde a
unidade operativa do parque.
b) Distribución das competencias que, en materia
de emerxencias lle corresponden ao Concello de
Vilagarcía de Arousa e ao Consorcio contra Incendios
e de Salvamento da Comarca do Salnés:
b.1) Concello de Vilagarcía de Arousa.
-Elaborar e aprobar o Plan territorial municipal
fronte a emerxencias.
-Elaborar os inventarios de riscos e o catálogo de
recursos municipais en situación de emerxencia.
-Correspóndelle ao alcalde o mando único dos servizos de intervención nas emerxencias; enténdese
como mando único a coordinación e dirección dos
distintos servizos de emerxencias (asistencia sanitaria, asistencia social, rehabilitación dos servizos
públicos esenciais, información á poboación, articulación dun sistema de comunicación entre autoridades e servizos). Para estes efectos, será asesorado
polo responsable do servizo do consorcio cando o
carácter de emerxencia estea directamente relacionado coas funcións do Servizo de Bombeiros.
A Dirección Técnica de Intervención fronte a
emerxencias do Servizo de Bombeiros será exercida
polo persoal do consorcio supeditada ao mando
único.
No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006
b.2) Consorcio contra incendios e salvamento:
-Con carácter xeral, a planificación e execución
de operacións de prevención e actuación fronte a
incendios e outros sinistros, asistencia e salvamento
de persoas e protección de bens.
-Desenvolvemento das medidas preventivas e, en
particular, a inspección en materia do cumprimento
da normativa de protección, fronte a riscos da súa
competencia. Se é caso, a elaboración de informes
preceptivos con carácter previo á obtención de licenzas de explotación por requirimento da autoridade
competente da Administración.
-Investigación e informes sobre as causas e desenvolvemento dos sinistros.
-Participación na elaboración dos plans de
emerxencia, así como o seu desenvolvemento das
actuacións previstas nestes.
-Participación nas campañas de formación e información aos cidadáns.
b.3) Así mesmo, coa finalidade de acadar a coordinación dos medios do consorcio con aqueles de
que xa dispón o Concello de Vilagarcía de Arousa,
establecerá, para os anteditos efectos de colaboración e coordinación o seguinte protocolo de actuación
para intervención en emerxencias que requiran a
participación dos medios das outras administracións:
-Una vez notificada polo centro de coordinación
de emerxencias 112, ou por outro medio distinto
a este, a existencia dunha situación de emerxencia
neste territorio, un grupo de intervención do Servizo
de Bombeiros do consorcio acudirá a esta, sendo
coordinada a emerxencia polo mando do consorcio
que acceda en primeira instancia á emerxencia.
-Se a gravidade da situación o require, solicitaranse reforzos dos que o propio consorcio dispón
en Ribadumia, e se fora necesario aos servizos de
emerxencias de que dispón o Concello de Vilagarcía
de Arousa.
-Nos incendios ou situacións de extrema gravidade, constituirase o Posto de Mando Avanzado
(PMA) desde o cal se dirixirán e coordinarán as
actuacións do grupo de actuación. A prelación, por
orde ascendente, da coordinación desde os primeiros
momentos será:
*Xefe de dotación.
*Xefe do Servizo de Bombeiros (como director
técnico).
*Mando único (alcalde ou en quen delegue).
-O Posto de Mando Avanzado estará composto por:
*Director técnico do PMA.
*Alcalde (mando único).
*Xefe de Unidade de Protección Civil.
*Técnicos de distintas administracións ou outras
persoas que o Comité de Dirección considere
oportuno.
No 15 L Luns, 23 de xaneiro de 2006
3. Pola súa parte, e para a efectividade das obrigas
que adquire o Concello de Vilagarcía de Arousa,
o Consorcio contra Incendios e Salvamento para a
Comarca do Salnés deberá proceder nos 15 días
seguintes á adopción do presente acordo, polo órgano
competente do concello, a iniciar o proceso de modificación do artigo 21 dos seus estatutos, no sentido
de substituír a achega polo Concello de Vilagarcía
de Arousa do 6,4205169% dos gastos anuais de funcionamento do consorcio pola contribución ao desenvolvemento do servizo que queda sinalada nos números anteriores do presente acordo, queda exento, en
consecuencia, o Concello de Vilagarcía de Arousa
de efectuar a achega económica antes sinalada por
este concepto.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA
E FACENDA
Orde do 16 de xaneiro de 2006 pola que
se ditan instrucións sobre a confección
de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2006.
A Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2006, fixa a contía das retribucións para o dito
exercicio correspondentes aos funcionarios incluídos
no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de
maio, da función pública de Galicia.
Coa finalidade de facilitar a confección das nóminas
que se elaborarán para aboar as mencionadas retribucións, máxime despois da modificación da estrutura
das pagas extraordinarias previstas na citada lei, esta
consellería considera oportuno ditar as seguintes instrucións, que se limitan a aplicar o disposto na dita
disposición e nas precedentes polo que respecta ás
súas normas de vixencia indefinida, así como nas
demais normas reguladoras do réxime retributivo do
persoal ao servizo da Administración autonómica.
Por todo isto, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Instrucións sobre a contía das retribucións
dos funcionarios públicos que desempeñan postos de
traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia
aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto
na Lei 4/1988.
1. A contía das retribucións dos altos cargos da
Administración da Comunidade Autónoma, dos membros do Consello de Contas de Galicia, así como as
dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia
e os integrantes do Tribunal Galego de Defensa da
Competencia aprobadas no artigo 15 da citada Lei
de orzamentos para o ano 2006, son as que se reflicten
no anexo I desta orde.
Os secretarios xerais, directores xerais e asimilados
a que se refire o punto un do artigo 15 da Lei 7/2005,
do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, per-
DIARIO OFICIAL DE GALICIA
1.195
cibirán en cada un dos meses de xuño e decembro
un importe adicional na contía que, así mesmo, se
reflicte neste anexo.
2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano
2006, os funcionarios públicos que desempeñen postos
de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia
aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto
na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos II e IV desta orde.
As pagas extraordinarias dos funcionarios en servizo
activo, aos que lles resulte de aplicación o réxime
retributivo da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función
pública de Galicia, terán un importe, cada unha delas,
dunha mensualidade de soldo e trienios, máis o 80%
do complemento de destino mensual que se perciba,
na paga correspondente ao mes de xuño, e o 100%
deste complemento na do mes de decembro. A contía
que se vai incluír en cada paga extraordinaria recóllese
no anexo III.
3. Polo que respecta aos complementos específicos,
a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da percibida para o exercicio de 2005, sen
prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 13.Un
da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma
de Galicia para o ano 2006.
En consecuencia, a contía dos citados complementos
será a que figura na táboa que se detalla no anexo
V desta orde.
4. As contías das retribucións do persoal docente
non universitario establecidas por acordos do Consello
da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro e do 23 de
xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo
VI desta orde. Así mesmo, e por Decreto 120/2002,
do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do
complemento específico dos directores dos centros
escolares públicos. A porcentaxe de consolidación
relaciónase no citado anexo VI.
De igual maneira e con respecto ás pagas extraordinarias deste persoal, seralles de aplicación o establecido no punto dous parágrafo segundo destas instrucións e nas contías sinaladas así mesmo no
anexo III.
5. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º
da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos
por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas
do cambio de posto de traballo.
Para os efectos da absorción prevista no parágrafo
anterior, en ningún caso se considerarán os trienios,
o complemento de produtividade nin as gratificacións
por servizos extraordinarios, e só se computarán no
50% do seu importe as melloras retributivas derivadas
do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 13 da Lei de orzamentos xerais
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006,
entendendo que teñen este carácter o soldo referido
a catorce mensualidades, o complemento de destino
e o complemento específico.

Documentos relacionados