Programa da noite solidaria dende esta ligazón
Transcripción
Programa da noite solidaria dende esta ligazón
implícate 2016 1 implícate 2016 2 www.implicadas.com implícate 2016 benvida 4 PRESENTAN 5 Música 6 teatro 10 danza 14 poesía 15 3 www.implicadas.com implícate 2016 benvida En Implicadas no Desenvolvemento turramos por sumar. É certo que os tempos que corren son difíciles, que cada vez hai menos persoas dispostas a colaborar e custa máis traballo atopalas. Mais nós seguimos convencidas de que precisamente por iso o noso traballo é agora máis necesario ca nunca. O IMPLÍCATE é a nosa maneira de comezar o ano sumando. Sumamos voces, músicas, teatro, danza… arte a fin de contas que nos transforma, cura e anima. Levamos once anos neste camiño, que só ten sentido con vós. Esta noite é tamén a maneira de comezar o ano dando pulo económico importante aos programas que desenvolvemos no Sur da India e ofrecendo espazos para que as mulleres poidan decidir sobre as súas propias vidas. Este ano máis ca nunca animámosvos a sumar emocións, gozo e sobre todo compromiso. 4 www.implicadas.com implícate 2016 PRESENTAN MARGA PAZOS Licenciouse en Ciencias da Comunicación en 1998, en 2013 fixo o Master en Comunicación Política e Institucional da Facultade de Políticas da USC. Comezou como bolseira na Radio Galega en 1996, cando cursaba o segundo ano de carreira, e en TVG en 1998, acadando o seu posto fixo nesta empresa pública nas oposicións de 2001. Cubríu multitude de procesos electorais e eventos políticos de gran calado, realizou unha boa chea de entrevistas (Eduardo Galeano, Santiago Carrillo, Pérez Esquivel, Isaac Díaz Pardo, todos os políticos e conselleiros, ministros...). Do mesmo xeito, foi a condutora de ceremonias de entrega de galardóns como a dos Premios Galicia de Comunicación, Medallas de Galicia, Medallas Castelao, Premios da Cultura Galega, etc. En 2015 gañou o Mestre Mateo á Mellor Comunicadora de TV, e no mesmo ano viaxou a Palestina para gravar o documental “Colonos e Pombas”. YOLANDA CASTAÑO É a alma mater do Implícate. Seu é o traballo de contacto e relación co/as artistas, ademais de preparar cada ano o guión que dá fío ao espectáculo. Castaño leva presentando o Implícate dende a súa primeira edición mais o seu labor coa organización é moito máis extenso aínda. Dende a contribución con textos a volumes como Vanakkam/Benvidas ata a participación na campaña «Cambia de papel». De igual maneira a súa poesía e o seu labor como axitadora cultural atravesa todas as fronteiras. Ademais dos seus numerosos e premiados volumes de poesía, o último dos cales é A segunda lingua (Premio Caixanova de poesía), Yolanda Castaño organiza os ciclos de poesía Poetas di(n) versos, Ponte poética ou Con barqueira e remador (de tradución poética). 5 www.implicadas.com implícate 2016 música CAXADE Despois de 90 concertos e de editar o seu segundo disco e DVD, gravado ao vivo coa Banda de Música da Bandeira, o grupo de Alonso Caxade rematou o ano representando a Galiza no “SUNS Europe” Festival Europeo da Canción en Linguas Minorizadas. O de Caxade é un proxecto que conta cun par de anos e do que podemos falar xa como un referente da música galega. O bo acollemento da crítica, do público, as máis que satisfactorias vendas do seu disco de estrea (esgotada primeira e segunda edición), a grande cantidade de concertos por todo o país e Portugal, premios e nomemamentos fan de Caxade unha das revelacións dos últimos anos. Caxade rematou ano publicando “A Dança dos Moscas ao Vivo” arroupado polos 60 músicos da Banda de Música da Bandeira. Este DVD e CD saíu á venda o pasado 5 de decembro, distribuído polo selo cooperativo Discos da Máquina, presentándose oficialmente no Culturgal (Pazo da Cultura de Pontevedra). Mais é que Alonso Caxade non ten parada. Despois de chegar do Friûl (Italia), do Festival SUNS Europe, entrou no estudio para comezar a primeira fase da gravación do seu agardado próximo disco, que pensa publicar na primavera de 2016. 6 www.implicadas.com implícate 2016 música OS DA RÍA Arturito Puy e Fabián Santomé son dous auténticos trangalleiros, pero logo de moitos ans de xites senlleiros enriba dos esceairios, e moitas vegadas mesmo embaixo, erixíronse decote nos grandes reis da cantarela liviá galegueira. Acompañadelados ao pián polo benquerido Suso Pián, moito mellor do problema aquel, enxergan unha sesión de íntimos para os seus fans e as súas fás, nestes tempos de presetacionceira do seu novo díscolo: o ‘disco póstumo’, que quen sabe se non será o derrengueiro... 7 www.implicadas.com implícate 2016 música MARÍA MANUELA María Manuela naceu na Coruña o ano 1945. Criouse en Ferrol no barrio de Recimil e, nos seus anos mozos, formou parella artística (alén de matrimonial) co que fora o seu profesor de guitarra, Miguel o Tranquilo. Co dúo puxeron música a moitos poetas da terra. Xuntos loitaron coa voz en prol da democracia e pola dignidade da lingua galega, tanto tempo aldraxada. Na andaina musical da parella percorreron moito mundo cantando en dúo e nalgunha ocasión coa colaboración de Xoán Rubia. Actuaron por distintos países de Europa e por boa parte da xeografía peninsular e insular. Teñen formado parte do conxunto músicos como Paco Barreiro, Anxo e Xurxo, o grupo LeixaPren, e deste grupo Manolo Dopico e José Luis do Pico, que continuaron a tocar con ela todos estes anos. Tamén participaron no grupo Ramón Casal, Francisco Luengo, Pepe o frautista e un longo etcétera de amigos músicos que colaboraron en diferentes ocasións. María Manuela foi voceira do colectivo “Nunca Máis” en Ferrol, e participou nos concertos expansivos de “Burla Negra”, máis tarde no espectáculo Son Delas, reivindicando a igualdade desde o feminismo así como en actos en contra da guerra do Iraq. Tamén colaborou e colabora en diversos concertos por causas benéficas para diferentes ONGs. Actualmente participa como cantora en diferentes proxectos musicais, así como nun proxecto 8 www.implicadas.com implícate 2016 música MARÍA MANUELA musical que parte de diferentes traballos etnomusicolóxicos de José Luis do Pico Orjais. Por outra banda María Manuela é unha afamada pintora ferrolá e a súa actividade como tal é coñecida e apreciada en toda Galicia e fóra dela. A súa discografía consta de: Cantigas ó meu xeito (1974), Ana Mariña (1976), Idioma Meu (1977), Panxoliñas (1977), Cantigas para nenos e neneiros (infantil) (1978), María Manuela (recompilación) (1979), Erguerémo-la espranza (1982), Homaxe a Celso Emilio (1989), Imos cantar xuntos (infantil) (1990), Barco na alba (1991), Para Miguel (1999), Colaboración no libro-disco “Sempremar” dos colectivos Burla Negra e Nunca Máis (2003), O Meu Primeiro Celso Emilio (2012), A Miña Primeira Rosalía (2013). 9 www.implicadas.com implícate 2016 TEATRO A PANADARÍA A Panadaría son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O seu teatro caracterízase polo humor, a música vocal e a perspectiva feminista. A compañía naceu no ano 2013 presentando o espectáculo PAN!PAN! que foi nominado a Mellor Música Orixinal nos Premios María Casares 2015 e gañou o 1º Premio Xuventude Crea 2013, Premio María Casares 2015 á Mellor Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015. Con este primeiro espectáculo xa conseguiron premios e eloxios da crítica pero despois de estrear a súa nova obra, Panamericana, siguen sen ter decorados de pan de ouro e veludo, nin local de ensaio, nin furgoneta, nin homes. Aínda. Amasan un teatro de creación propia e, por iso, chamanse A panadaría, porque o seu é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación da persoa cos elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar. Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chamanse A panadaría, para alimentar corpo e alma. A avoa de Noelia, Lola, dixo delas: “sodes unha pandilla esplendorosa”. PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, uncowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. En escena, tres actrices constrúen 10 www.implicadas.com implícate 2016 TEATRO A PANADARÍA 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais! Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Idea orixinal / texto: Areta Bolado. Música orixinal: Ailén Kendelman. 11 www.implicadas.com implícate 2016 TEATRO PEDRO BRANDARIZ Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, showman, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, televisión … Este artista “de ampla presenza” ten un extenso curriculum teatral e audiovisual. Procede do mundo do clown, aínda que ten traballado en compañías de teatro de comedia, teatro infantil, cabaret e sobre todo como monologuista. Dende hai máis de doce anos Brandariz percorre a xeografía galega e peninsular de teatro en teatro, de sala en sala e de bar en bar. É unha das caras máis recoñecibles da TVG, grazas á intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo no exitoso programa Luar da TVG. Ademáis, o actor tamén participou en numerosas curtas de cinema e pezas experimentais. Outra das súas dimensións cómicas maniféstase na radio pois ten todos os mércores unha sección de humor en La Ventana de A Coruña de Radio Coruña Cadena Ser, ademáis de ser colaborador da sección Los Cocos da mesma emisora. Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu … 12 www.implicadas.com implícate 2016 TEATRO PEDRO BRANDARIZ Os seus espectáculos en solitario máis coñecidos son: PGU; Profundizando na Galiza Profunda; Familia?, non grazas; Pai Noso, Padre Nuestro; Contos e outras andrómenas (espectáculo infantil). Pero ademais traballa nas seguntes compañías: Os Sete Magníficos + Un (compañía de clown), Teatro do Astracán (teatro de comedia), DINAMOteatro (teatro de comedia e infantil), Dous son Compañía (compañía de clown), Manicómicos (compañía de clown e teatro de rúa), Produccións Desaqueloutradas (compañía de teatro infantil e xuvenil), e fíxoo no pasado en La ImproTK (compañía de improvisación teatral), Clowntacontos ou no Grupo Estable de teatro do Concello de Oleiros. Logo de ter quedado como segundo clasificado no programa “Buscando estrelas”, no eido audiovisual destaca a súa participación en espazos coma o Luar, mais tamén foi actor de reparto en series episódicas como “Luci”, “Para mariñeiros nós” o una humorística “Radio-Taxi”; tamén no falso documental “Koruño, Legado de Hércules”. Finalmente, protagonizou curtas como “Incomunicados” ou “Pinzitas”. 13 www.implicadas.com implícate 2016 DANZA ANXELA BLANCO (A Coruña 1983). Levo algo máis de dez anos navegando nas artes vivas e da escea, universo ao que cheguei dun xeito accidental e revelador. Máis autodidacta que formal, gran parte das influencias véñenme de viaxes, libros ou experiencias, nunha aprendizaxe por mistura e experimental, alén do teórico. Interésame o misterio da expresión e da aprendizaxe, por isto teño un pé na educación infantil e nas artes aplicadas a ela. Ademáis de soster unha práctica comunitaria e de xestión colectiva en diferentes asociacións ou grupos. Sen embargo, a maior parte da miña enerxía está no corpo e o proceso artístico, ben que precario, é a primeira canle de resistencia creativa e plenitude que podo artellar nesta viaxe cara Itaca. Repertorio: “Ulises e a nena durmida” (fragmento “Penélope nas cordas”) Autora: Anxela Blanco Compañía+intérprete: Anxela Blanco 14 www.implicadas.com implícate 2016 POESÍA ELÍAS PORTELA (Cangas do Morrazo, 1981) É poeta e tradutor en galego e islandés. Os seus primeiros proxectos en islandés desenvolvéronse baixo a personalidade de Elías Knörr, a modo de autor creacionista. Con este pseudónimo medieval foi escollido como un dos tres poetas máis representativos da lírica islandesa actual, na centésima edición da Poetry Review de Reino Unido. En galego ven de recibir o Premio Afundación de Poesía 2014 por Bazar de Traidores. En 2010 obtivo o premio Xohán de Cangas e, en 2011, o segundo posto no XII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos autores. A sua obra O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido foi finalista do Premio Anxel Casal ao mellor libro de poesía de 2011, organizado pola Asociación Galega de Editores. É autor de: Cos Peitos Desenchufados (Barbantesa, 2010), Sjóarinn með Morgunhestana undir Kjólnum (Stella 2010), en islandés, traducido ao galego como O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido (Barbantesa, 2011), Imaxes na Pel (Morgante, 2009), e agora este Bazar de traidores (Centro PEN Galicia, Col. Arte de Trobar, 2015). Participou tamén en diversas antoloxías. Ten traducido do islandés a obra de destacados autores como Sjón, Auður Ava, Kristín Ómarsdóttir ou Einar Már Guðmundsson, e algún textos medievais. A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ao autor. Adapta nos seus textos imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles unha lingua artificial propia: Lwyma. O carácter performático e musical dos seus recitais veleulle a participación en festivais como „SOUNDOUT: New Ways of Presenting Literature“ de Lettrétage en Berlín (2014) ou o „Vociferio: Festival de poesía escénica“ en Valencia (2013). 15 www.implicadas.com implícate 2016 POESÍA SUSANA SÁNCHEZ ARINS Susana Sánchez Arins nasceu no ano 74 e criou-se no fojo, estrada, lugar que não era nem dos sánchez nem das arines, polo que puido fazê-lo próprio. é mulher, de aldeia e galega, e essas três identidades marcam a sua personalidade com força. educada e formada num sistema educativo público, trabalha agora para mantê-lo em pé. leva três poemários publicados, de[construçom] (espiral maior 2009, prémio nacional de poesia XoseMaría Pérez Parallé 2008), aquiltadas (estaleiro editora, 2012) e a noiva e o navio (através editora 2012) e um outro livro que nem sabe mui bem que é, seique (através editora 2015). lê quanto cai nas suas mãos, e tem a utópica seguridade de que o mundo é melhorável, mesmo atravês da literatura. por isso colabora na plataforma de crítica literária a sega. mas por se é o caso, por se a literatura não dá para melhorar o mundo, faz parte da trupe de implicadas como sócia e voluntária. 16 www.implicadas.com implícate 2016 POESÍA ROMÁN RAÑA (Vigo, 1960) Publicou, entre outros, os poemarios Retrato de Sombra en Outono, Extramuros da noite, Eloxio da desorde, As metamorfoses do túnel e O incendio das palabras e recibiu numerosos premios literarios. Como prosista deu ao prelo O crime da rúa da Moeda Vella coa que gañou o Blanco-Amor de novela longa. Realizou edicións criticas dos máis grandes escritores do país: Manuel-Antonio, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño e Arcadio López-Casanova. Escribe regularmente artigos ensaísticos e críticos en diversas publicacións. 17 www.implicadas.com implícate 2016 POESÍA OLGA NOVO (Vilarmao, A Pobra do Brollón, Lugo, 1975) É poeta e ensaísta, licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora numeraria de IES en varios Institutos de Galicia, foi lectora de galego na Universidade da Alta Bretaña en Rennes e actualmente exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura nun IES de Vigo. Como poeta deuse a coñecer a través de tres poemarios de gran torrente vivencial, forza expresiva, fondura telúrica e sensualidade erótica: A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997), A cousa vermella (2004). Tambén publicou un libro de arte compartido coa pintora Alexandra Domínguez e o poeta Xoán Abeleira, tituladoMagnalia, e numerosos poemas en antoloxías, libros colectivos, revistas (Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Xistral) e xornais (El País, ABC). Fixo parte dos comités de redacción das revistas Ólisbos, Animal, Unión Libre e Valdeleite. Traduciu, dende o galego, El contradiscurso de las mujeres. Historia del proceso feminista, de Carmen Blanco. Como analista e ensaista publicou os seguintes libros:Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1995), O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, reeditado e ampliado en 2008), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005), Introducción a Unha tempada no paraíso de Claudio Rodríguez Fer (2010). Participou con estudos en congresos e revistas (Ínsula, Moenia, Boletín Galego de Literatura, 18 www.implicadas.com implícate 2016 POESÍA OLGA NOVO Anuario de Estudios Literarios Galegos, Revista Galega do Ensino, A Nosa Terra,La Torre. Revista de la Universidad de Puerto Rico, etc.). A súa atención céntrase sobre todo en propostas próximas ao surrealismo, e ten escrito diversos textos sobre o escritor André Breton, o cantautor Léo Ferré e o pintor Eugenio Granell, a carón das temáticas eróticas, como reflicte o ensaio “Tratado da pel”, publicado no monográfico “Erotismos” de Unión Libre (1999), coordinado por ela mesma. Ademais, tense interesado por poetas en lingua portuguesa, como o vangardista lusitano Fernando Pessoa e o surrealista brasileiro Sergio Lima. Acadou importantes galardóns coma o Premio Losada Diéguez de Creación Literaria polo seu poemario Nós nus, o Premio de Investigación Ánxel Fole polo estudo Uxío Novoneyra. Lingua loaira. Así mesmo, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía de 2004. 19 www.implicadas.com implícate 2016 MOITAS GRAZAS! 20 www.implicadas.com implícate 2016 www.implicadas.com