A calidade do aire en Galicia Balanzo 2007

Transcripción

A calidade do aire en Galicia Balanzo 2007
A CALIDADE DO AIRE
EN GALICIA
BALANZO 2007
Setembro 2008
Informe de
VERDEGAIA e ECOLOGISTAS EN ACCIÓN
INDICE
Resumo executivo...............................................................................3
O marco legal para a calidade do aire no Estado español e en
Galicia...................................................................................................4
Principais contaminantes e os seus efectos sobre a saúde...........5
O custo económico da contaminación atmosférica.........................8
Insuficiente información á cidadanía.................................................8
Valores límite establecidos pola normativa legal..........................11
Situación da calidade do aire en 2007 no Estado español............12
A deficiente medición da calidade do aire en Galicia....................13
Situación da calidade do aire en 2007 en Galicia...........................16
Propostas...........................................................................................21
Anexo..................................................................................................24
2
Resumo executivo
Respirar aire limpo e sen riscos para a saúde é un dereito inalienable de todo ser
humano. Está sobradamente demostrado que a contaminación atmosférica causa
danos á saúde das persoas e ao medio. Trátase dun problema cunha importante
vertente local, mais tamén de magnitude planetaria, xa que os contaminantes
poden viaxar longas distancias. A orixe deste problema áchase principalmente nas
emisións orixinadas polas industrias e o tráfico.
O presente informe pretende debuxar unha imaxe da situación da calidade do aire
en Galicia durante o ano 2007. Baséase nos datos oficiais ofrecidos pola
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia
a través da súa web. Complementa o informe “La calidad del aire en el Estado
español.Balance 2007”1 de Ecologistas en Acción, que non recolle datos sobre
Galicia, pois a Xunta foi o único goberno autonómico que non forneceu a tempo
ningún tipo de información para a realización dese informe.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible continúa a
incumprir as disposicións sobre información ao público contidas na
normativa de calidade do aire, negándolle á cidadanía o dereito a unha
información suficiente, clara e rápida.
Alén de garantir á cidadanía un acceso adecuado á información dispoñible sobre a
calidade do aire que respira, faise necesario dispor de máis e mellor información a
través da ampliación e mellora das redes que miden a calidade do aire en cidades
e contornos industriais. A medición da calidade do aire en Galicia presenta
importantes deficiencias. Ademais, hai indicios dabondo de que desde a
Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental se procuran ocultar as
superacións dos valores límite establecidos na lexislación, trasladando ou
deixando fóra de servizo estacións de medición da calidade do aire, non
garantindo o seu bo funcionamento ou ocultando ao público información.
A contaminación atmosférica en Galicia está lonxe de ser un problema
desprezable. Mesmo coa limitada información dispoñible, pódese afirmar que os
habitantes das cidades galegas e do contorno dalgunhas industrias, como
ALCOA San Cibrao, ENCE ou FINSA, están expostos a níveis de
contaminación atmosférica nocivos para a saúde. Aínda que en 2007 só se
rexistrou unha superación dun valor límite legal (para NO2 en Santiago), en todas
as cidades superáronse os valores de PM10 recomendados pola
Organización Mundial da Saúde2 e ademais en Ferrol, Coruña, Santiago e
Vigo tamén se supera o valor medio anual de NO2 que estará legalmente en
vigor en 2010.
http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique255
1
2
Nas estacións urbanas de medición da calidade do aire de Pontevedra e Lugo non se obtiveron
valores de PM10.
3
O marco legal para a protección da calidade do aire no Estado
español e en Galicia.
A UE iniciou a metade dos 90 un desenvolvemento lexislativo tendente a mellorar
a calidade do aire nas cidades europeas. Entre as normas máis relevantes está a
Directiva 96/62/CE (directiva nai) que establecía os contaminantes a medir, os
sistemas para realizar estas medicións, e a obriga de designar autoridades
responsables de aseguraren a calidade do aire e de informaren ao público.
Despois redactáronse diversas directivas fillas (entre elas as Directivas
1999/30/CE, 2000/69/CE, 2002/3/CE), que fixaban os límites dos distintos
contaminantes a considerar. Ningunha destas directivas foi transposta á
lexislación española no prazo convido e que mesmo houbo unha sentenza contra
o goberno estatal por iso. Finalmente aprobouse o Real Decreto (RD) 1073/2002
(de 18 de outubro) no que se inclúen as obrigas das dúas primeiras directivas
fillas. Segundo o citado RD son as Comunidades Autónomas as administracións
encargadas de velaren pola calidade do aire no conxunto do territorio.
Estas Directivas europeas marcan uns valores límite que non deben superarse, e
establecen uns prazos determinados a partir dos cais o seu cumprimento é
obrigatorio. Até a entrada en vigor do límite obrigatorio, as directivas van
marcando unhas marxes de tolerancia que son cada vez menores a medida que
se aproxima a data de cumprimento. Dentro dos 9 primeiros meses de cada ano,
os Estados membro deben informar á Comisión Europea dos valores rexistrados o
ano anterior, reseñando as superacións dos valores fixados pola directiva que
tivesen lugar, así como informar das medidas que se van tomar para corrixir esta
situación (Artigo 9.6 da Directiva 1999/30/EC). Alén diso, a Directiva 96/62/CE
require a elaboración de planos de acción para as zonas nas que as
concentracións dun ou máis contaminantes superan o valor ou valores límite
incrementados pola marxe de tolerancia temporal co propósito de asegurar o
cumprimento do valor ou valores límite na data especificada.
A parte final deste proceso vén marcado pola fusión das catro Directivas e a
Decisión do Consello, “por motivos de claridade, simplificación e eficacia
administrativa”, na Directiva 2008/50/CE.
O máis sorprendente desta nova Directiva é que establece valores límites
superiores non só aos recomendados pola Organización Mundial da Saúde ¡senón
incluso aos establecidos na anterior lexislación! Referímonos á Fase II das PM10
que desaparece nesta nova Directiva. Era na Fase II onde se acadarían as
directrices recomendadas pola OMS. Ao eliminarse quedan como valores límites
os fixados na Fase I: un valor anual de 40 microgramos/metro cúbico (μg/m ), o
dobre a respecto do recomendado pola OMS, e cinco veces máis, de 7 a 35, canto
aos días que se poden superar os 50 μg/m .
3
3
4
Esta nova Directiva establece ademais maiores prazos de tempo para que os
países cumpran cos valores límite: cinco anos para o dióxido de nitróxeno e un
ano máis para as PM103.
En Galicia, o Parlamento aprobou a Lei 8/2002, de 18 de decembro, de protección
do ambiente atmosférico. Trátase dunha lei “marco” que incorporou a Directiva
96/62/CE sobre avaliación e xestión da calidade do aire e que non ten sido
desenvolvida regulamentariamente. Até agora a penas foi levada á práctica. Entre
as tarefas pendentes, figuran a definición dun mapa de cargas e niveis críticos, a
elaboración de planos de saneamento e mellora da calidade do aire en zonas de
atmosfera contaminada e de planos de acción para o mantemento da calidade do
aire ou a creación do fondo de protección do ambiente atmosférico de Galicia.
Principais contaminantes e os seus efectos sobre a saúde
A contaminación atmosférica incide na aparición e agravamento de doenzas de
tipo respiratorio, así como outras asociadas, como as vasculares e os cancros. En
España, segundo o Ministerio de Medio Ambiente, prodúcense 16.000 mortes
prematuras ao ano relacionadas coa contaminación atmosférica. Sirva como
referencia da magnitude do problema o feito de que en España a cifra de mortes
debida aos accidentes de tráfico no ano 2006 foi de 4.104 persoas. É dicir, en
España a causa da contaminación do aire morren 4 veces máis persoas que polos
accidentes de tráfico.
Entre aqueles contaminantes máis problemáticos que se respiran nas cidades e
en contornos industriais salientan o dióxido de nitróxeno (NO2), as partículas en
suspensión (PM10), o ozono troposférico (O3), ou o dióxido de xofre (SO2).
- Dióxido de nitróxeno (NO2)
O NO2 presente no aire das cidades provén na súa maior parte da oxidación do
NO, cuxa fonte principal son as emisións provocadas polos automóbiles. O NO2
constitúe pois un bo indicador da contaminación debida ao tráfico rodado. Por
outro lado, o NO2 intervén en diversas reaccións químicas que teñen lugar na
atmosfera, dando lugar tanto á produción de ozono troposférico como de
partículas en suspensión secundarias menores de 2,5 micras (PM2,5), as máis
prexudiciais para a saúde. Xa que logo, á hora de considerarmos os efectos do
NO2 sobre a saúde débense ter en conta non só os efectos directos que
provoca,senón tamén a súa condición de marcador da contaminación debida ao
tráfico e a súa condición de precursor doutros contaminantes.
3
Máis información sobre esta mudanza lexislativa en “Decepcionante nova Directiva europea de
calidade do aire” (http://www.verdegaia.org/content/view/439/87/).
5
Os óxidos de nitróxeno son en xeral moi reactivos e ao inhalárense afectan o
tracto respiratorio. O NO2 afecta os tramos máis profundos dos pulmóns, inhibindo
algunhas funcións dos mesmos, como a resposta inmunolóxica, producindo unha
merma da resistencia ás infeccións. Os nenos e nenas e as persoas con asma son
os máis afectados por exposición a concentracións agudas de NO2 . Asemade, a
exposición crónica a baixas concentracións de NO2 asociouse cun incremento nas
doenzas respiratorias crónicas, o avellentamento prematuro do pulmón e coa
diminución da súa capacidade funcional.
- Partículas en suspensión (PM10)
O termo “partículas en suspensión” abrangue un amplo espectro de sustancias
orgánicas ou inorgánicas, dispersas no aire, procedentes de fontes naturais e
artificiais. A combustión de carburantes fósiles xerada polo tráfico ou industrias
pode producir diversos tipos de partículas: partículas grandes, pola liberación de
materiais non queimados (cinzas volátiles); partículas finas, formadas pola
condensación de materiais vaporizados durante a combustión; e partículas
secundarias, mediante reaccións atmosféricas de contaminantes desprendidos
como gases. No que atinxe aos seus efectos sobre a saúde adóitanse distinguir:
as PM10 (partículas “torácicas” menores de 10 μm que poden penetrar até as vías
respiratorias baixas); as PM2,5 (partículas “respirables” menores de 2,5 μm, que
poden penetrar até as zonas de intercambio de gases do pulmón); e as partículas
ultrafinas (menores de 100 nm, que poden chegar a pasar polo torrente
circulatorio).
Hoxe os científicos achan que as partículas en suspensión son o problema de
contaminación ambiental máis severo, polas súas graves afeccións ao tracto
respiratorio e ao pulmón. As PM10 están detrás de numerosas enfermidades
respiratorias, problemas cardiovasculares, e cancros de pulmón. Por outra banda,
os estudos sobre efectos a longo prazo estimaron que a exposición a partículas en
suspensión pode reducir a esperanza de vida entre varios meses e dous anos.
6
Segundo un estudo da Comisión Europea, publicado a comezos de 2005, a
presenza destas partículas na atmosfera produce cada ano 350.000 mortes
prematuras.
- Ozono troposférico (O3)
O ozono troposférico é un contaminante, a diferenza do das capas altas da
atmosfera (ozono estratosférico) que nos protexe fronte ás radiacións ultravioletas.
O ozono troposférico é un potente axente oxidante que se forma mediante unha
complexa serie de reaccións fotoquímicas nas que participa a radiación solar, o
dióxido de nitróxeno (NO2) e compostos orgánicos volátiles (COV). Xa que logo,
trátase dun contaminante secundario que se forma a partir de contaminantes
precursores cando se dan as condicións meteorolóxicas adecuadas. Os episodios
máis agudos de ozono teñen lugar nas tardes de verán. Esta molécula, altamente
reactiva, tende a se descompor nas zonas nas que existe unha alta concentración
de NO. Isto explica porqué a súa presenza no centro das grandes cidades adoita
ser máis baixa que nos cinturóns metropolitanos e nas áreas rurais circundantes.
Por outro lado, o ozono vese con frecuencia implicado en fenómenos de
transporte atmosférico a grandes distancias, polo que é considerado un problema
de contaminación transfronteiriza. Ademais, pódese formar en zonas rurais, a
partir de COV de orixe natural e de óxidos de nitróxeno (NOX), podéndose atinxir
niveis considerables de ozono.
Os efectos adversos sobre a saúde teñen que ver co seu potente carácter
oxidante. A elevadas concentracións causa irritación nos ollos, superficies
mucosas e pulmóns. A resposta á exposición ao ozono pode variar moito entre
individuos por razóns xenéticas, idade (afecta máis as persoas maiores, cuxos
mecanismos reparativos antioxidantes son menos activos), e pola presenza de
afeccións respiratorias como alerxias e asma, cuxos síntomas son exacerbados
polo ozono. Un importante factor que condiciona os efectos da exposición ao
ozono sobre os pulmóns é a taxa de ventilación. Ao aumentar o ritmo da
respiración aumenta o ozono que entra nos pulmóns, polo que os seus efectos
nocivos increméntanse co exercicio físico. Diversos estudos relacionan o ozono
con inflamacións de pulmón, síntomas respiratorios, incremento na medicación,
morbilidade e mortalidade. Aos seus efectos negativos para a saúde humana hai
que sumar os danos á vexetación.
- Dióxido de xofre (SO2)
Este contaminante ocupou un lugar central nos anos 80 mais a súa incidencia nas
cidades españolas diminuiu nos últimos anos debido principalmente á substitución
de combustibles nas caldeiras de calefacción. O progresivo abandono do carbón e
a prohibición do uso do fuelóleo, así como a limitación do contido de xofre
permitido no combustible para as calefaccións reduciron a súa presenza na
atmosfera da maioría das cidades en xeral, aínda que constitúe un contaminante
importante en determinados puntos da xeografía española, especialmente no
contorno das centrais térmicas de carbón.
7
A exposición crónica ao SO2 e a partículas de sulfatos correlacionouse cun maior
número de mortes prematuras asociadas a doenzas pulmonares e
cardiovasculares. O efecto irritativo continuado pode causar unha diminución das
funcións respiratorias e o desenvolvemento de enfermidades como a bronquite.
O custo económico da contaminación atmosférica
Os niveis presentes de contaminación atmosférica producen actualmente cerca de
370.000 mortes prematuras na Unión Europea, e teñen unha responsabilidade
directa sobre o gasto médico e da seguridade social, implicando unha importante
porcentaxe de visitas hospitalarias, necesidade de medicación e baixas laborais.
Alén diso, prodúcese un dano amplo e significativo ao ambiente, aos cultivos e ao
patrimonio cultural.
Os custos económicos da contaminación atmosférica no Estado español
referentes á saúde, segundo o informe elaborado polo Observatorio da
Sustentabilidade en España en 2007, son de “polo menos 16.839 millóns de euros
aínda que, segundo as estimacións realizadas, a cifra podería chegar a perto de
46.000 millóns (45.838). Iso supón que os custos derivados da contaminación
atmosférica representan como mínimo un 1,7% e un máximo do 4,7% do PIB
español, e entre 413 e 1.125 euros por habitante e ano. Coma no resto de Europa,
os maiores custos están relacionados coa mortalidad crónica asociada á
contaminación por partículas.
Aínda que as mudanzas necesarias nos modos de produción (no caso da
contaminación de orixe industrial) implican un custo, éste vese superado
claramente polos beneficios. A esta conclusión chegou a Comisión Europea
nunha “análise de impacto” que realizou, coa que pretendía calcular o custo da
aplicación de políticas de mellora da calidade do aire. Mesmo no peor dos
escenarios posibles, os beneficios superaban entre 1,4 e 4,5 veces aos
custos. E sobra dicir que estes cálculos están distorsionados, ao non incluíren
aquelas “baixas”, como as ambientais, que non poden traducirse a termos
monetarios.
Insuficiente información á cidadanía
As comunidades autónomas teñen a obriga legal de informaren á cidadanía sobre
a calidade do aire. Porén, a Consellería de Medio Ambiente e
Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, a pesar dalgúns avanzos
recentes, continúa a incumprir en grade medida as disposicións sobre
información ao público establecidas na lexislación sobre calidade do aire,
concretamente, o artigo 11 do RD 1073/2002 e o artigo 6 do RD 1796/2003.
8
Por exemplo, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental segue sen
facilitar información pública sobre as concentracións de dióxido de xofre, dióxido
de nitróxeno e partículas cada día, e tamén cada hora polo que atinxe aos valores
horarios de dióxido de xofre e de dióxido de nitróxeno Ou segue sen fornecer
información ao público sobre as concentracións de ozono, información que
debería ser actualizada polo menos unha vez ao día, e sempre que for apropiado
e viable, unha vez cada hora.
Desde 2007, o único que fai a Consellería de
Medio Ambiente é difundir diariamente a
través da súa web4 índices sintéticos da
calidade do aire (ICA) para sete cidades (A
Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra,
Santiago e Vigo), a partir dos datos obtidos
nas respectivas estacións urbanas de
medición da calidade do aire dependentes da
Xunta, mentres que a respecto das estacións
de contornos industriais non se ofrece diariamente ningún tipo de información. O
ICA fornece unha imaxe rápida e facilmente comprensible da calidade do aire,
mais non subministra información sobre os niveis dos diferentes contaminantes
para os cais, a diferenza do ICA, a lexislación fixa valores límite e umbrais de
información e alerta para a protección da saúde humana e do medio ambiente. Por
outra banda, só se ofrece o valor do ICA do día, co que, se non se realiza o
meticuloso labor de os descargar a diario, non se pode ver a evolución do ICA ao
longo dun determinado período. Ademais, instalou un panel diante da sede central
da Consellería de Medio Ambiente en Santiago con información sobre o ICA.
A Consellería de Medio Ambiente tamén difunde un informe anual sobre a
calidade do aire en Galicia. Despois das críticas efectuadas por Verdegaia e por
Ecologistas en Acción ao informe correspondente a 2006, e dunha queixa
presentada perante o Valedor do Pobo, o informe correspondente a 2007, a
diferenza dos de anos anteriores, sinala as superacións de valores límite e
umbrais de información e alerta establecidos pola lexislación e explica as posibles
causas desas superacións, alén de axustar máis o seu contido ao establecido no
artigo 34 da Lei 8/2002 de protección do ambiente atmosférico de Galicia5. Porén,
a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental segue sen ofrecer
información sobre as emisións á atmosfera de contaminantes procedentes do
4
http://medioambiente.xunta.es/calidadeAire/index.jsp
5
Artigo 34. Informe anual sobre o estado do ambiente atmosférico de Galicia.
1. A Administración pública galega elaborará anualmente un informe no que se recolla a
información ambiental relevante sobre a situación da calidade do aire na Comunidade Autónoma e
sobre as emisións dos distintos contaminantes, incluídas as dos gases con efecto invernadoiro, e
as súas fontes, así como sobre as medidas de prevención adoptadas e os progresos acadados. O
dito informe elaborarase de acordo coas pautas de información requiridas pola Comunidade
Europea para os seus informes periódicos e polo Estado español.
2. Tamén anualmente se preparará un informe sinxelo, que conteña a información máis destacada,
e adecuado para unha ampla difusión pública.
9
tráfico rodado e do sector doméstico. E é que, segundo indica a propia Xunta no
informe, aínda non procedeu á súa cuantificación como parte do Inventario Galego
de Emisións.
Outra carencia que aínda persiste no informe anual da Xunta sobre calidade do
aire é a falta de información sobre a poboación representada por cada estación
de medición da calidade do aire, o que é fundamental para coñecer cánta xente se
está vendo afectada cando se producen superacións dos niveis legais nunha
determinada estación. Isto impide facer unha análise correlativa entre estacións
que dan valores negativos e poboación afectada.
En 2007 solicitamos perante o conselleiro de Medio Ambiente e o director
xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a aplicación da “Proposta de
presentación da información sobre os datos da calidade do aire” 6 elaborada
por Ecologistas en Acción. Nesta proposta demándase o acceso, a través da
web, a información comprensible, tanto actual como histórica, para cada un dos
parámetros considerados na lexislación e para todas as estacións de medición da
calidade do aire, garantindo, en particular, información adecuada e rápida sobre as
superacións dos umbrais de alerta á poboación fixados pola lexislación para o
SO2, o NO2 e o O3. Alén diso, a proposta suxire medidas para divulgar a
información tamén a través de vías diferentes a Internet, como medios de
comunicación públicos e privados, paneis informativos nos centros das cidades e
nas industrias e o seu contorno, ou mensaxes aos teléfonos móbiles ou por correo
electrónico para as persoas interesadas.
6
http://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf/Present_datos.pdf
10
Valores límite establecidos pola normativa legal
- Dióxido de nitróxeno (NO2)
En relación co NO2, o valor límite anual establecido pola lexislación vixente para
o ano 2005 estaba fixado en 50 microgramos/metro cúbico (μg/m ), e dito límite
legal irá diminuíndo progresivamente (a razón de 2 μg/m por ano) até alcanzar no
ano 2010 o valor límite obxectivo de 40 μg/m , considerado o valor máximo
compatible cunha adecuada protección da saúde. É dicir, en 2007, o ano que se
analisa neste informe, non podían superarse os 46 μg/m .
3
3
3
3
Ademais, existe un valor límite horario, que en 2007 foi de 230 μg/m , que nunca
debe superarse máis de 18 veces cada ano. En años sucesivos este límite irá
baixando a razón de 10 μg/m até atinxir o límite obrigatorio de 200 μg/m no ano
2010.
3
3
3
- Partículas en suspensión (PM10)
A anterior lexislación establecía dúas fases respecto ás PM10: a Fase I, de
cumprimento desde o ano 2005, e a Fase II, de cumprimento no ano 2010.
A Fase I establecía que o valor límite anual non debe superar os 40 μg/m e un
valor límite diario obrigatorio de 50 μg/m , que non debía superarse máis de 35
días en todo o ano. Estes son os valores vixentes.
3
3
A Fase II establecía un valor límite anual de 20 μg/m , e un límite diario obrigatorio
de 50 μg/m que no debería superarse máis de 7 días ao ano. Estes niveis eran
considerados pola anterior lexislación como os valores máximos compatibles
cunha adecuada protección da saúde humana.
3
3
Mais, como xa se apuntou, coa nova Directiva 2008/50/CE elimínase a Fase II e
quedan como únicos valores límites os establecidos na Fase I. Renúnciase así a
cumprir coas directrices recomendadas pola OMS para garantir a saúde das
persoas.
- Ozono (O3)
Establécese un valor límite medio de 120 μg/m , que non debe superarse en
períodos de oito horas (límite octohorario) máis de 25 ocasións de media ao ano
para períodos trianuais. Estes períodos comezan a contabilizarse a partir de 2010.
3
A normativa por outro lado establece un umbral de aviso á poboación cando se
dean promedios horarios superiores a 180 μg/m , e un umbral de alerta á
poboación cando se dean promedios horarios superiores a 240 μg/m . En ambas
as situacións, as administracións están obrigadas (desde o momento en que
entrou en vigor a normativa) a proporcionaren información sobre a superación,
3
3
11
datos de previsión para as próximas horas, información sobre o tipo de poboación
afectada, e recomendacións.
- Dióxido de xofre (SO2)
A normativa establece uns valores límite, compatibles coa protección da saúde
humana. Por un lado, establece un valor límite diario, obrigatorio desde 2005,
fixado en 125 μg/m3. Este valor no debe superarse en máis de 3 ocasións.
Asimesmo establece un valor límite horario, de 350 μg/m3, tamén obrigatorio
desde 2005, que non debe superarse en máis de 24 ocasións.
Estado da calidade do aire en 2007 no Estado español
O informe “La calidad del aire en el Estado español. Balance de 2007” 7 de
Ecologistas en Acción, baseándose en datos oficiais ofrecidos por catorce
Comunidades Autónomas (entre as que non se atopa Galicia), ofrece resultados
moi preocupantes: polo menos un 53% da poboación española respira aire
contaminado, é dicir, aire que supera os límites legais ou os recomendados pola
Organización Mundial da Saúde. O contaminante máis problemático son as
partículas en suspensión (PM10): un 48% da poboación respira niveis excesivos
deste contaminante. Despois habería que salientar o dióxido de nitróxeno (NO2),
que afecta o 21% da poboación, en especial nas grandes cidades.
A causa principal dos problemas de contaminación atmosférica no Estado español
é un modelo de transporte e de mobilidade centrado prioritariamente no automóbil:
calcúlase que perto do 80% da contaminación das cidades é debida ao coche.
Web sobre mobilidade sustentable e calidade do aire:
http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique255
7
http://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf_Calidad_Aire_2007.pdf
12
A deficiente medición da calidade do aire en Galicia
A Rede Galega de Calidade do Aire (R.G.C.A.) estaba formada en 2007 por 71
estacións fixas. Sete teñen carácter urbano: as das cidades da Coruña, Ferrol,
Santiago, Ourense, Lugo Pontevedra e Vigo. As 64 restantes localízanse no
contorno das seguintes instalacións industriais: ALCOA-A Coruña, ALCOA-San
Cibrao, CEDIE (O Barco), CEMENTOS COSMOS (Sarria), Central térmica de As
Pontes (ENDESA), Central térmica de Meirama (UNIÓN FENOSA), Central
térmica
de
Sabón
(UNIÓN
FENOSA),
CITROEN
(Vigo),
ENCE,
FERROATLÁNTICA-Cee, FERROATLÁNTICA-Dumbría, FERROATLÁNTICASabón, FINSA-Santiago, MATERIALES DEL ATLÁNTICO (Narón), REPSOL, SGL
Carbon (A Coruña) e SOGAMA. As estacións urbanas da R.G.C.A. son
responsabilidade directa da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible, mentres que as industriais están adscritas ás respectivas industrias.
Alén das estacións fixas e das unidades móbiles integradas na R.G.C.A., en 2007
había dúas estacións fixas máis en Galicia, pertencentes á Rede Española de
Vixilancia da Contaminación Atmosférica de fondo, destinada a medir a
contaminación en contornos rurais8. Ademais, hai tres estacións urbanas -dúas
xestionadas polo Concello da Coruña e outra dependente do Concello de
Ourense- e estacións ubicadas nos portos da Coruña e de Vigo9.
Canto á composición e o funcionamento da R.G.C.A en 2007 cómpre salientarmos
os seguintes feitos:
-En 2007 entrou en funcionamento unha nova estación na cidade de Ferrol, a
única das principais cidades que carecía dela. Por primeiro ano, as estacións
urbanas mediron os niveis de PM10, malia que hai valores límite legais para este
importante contaminante en vigor desde 2005. Poren, seguen sen achegarse
datos sobre a contaminación por monóxido de carbono e benzeno nas cidades
galegas (agás no caso do benceno na cidade de Vigo, empregando métodos de
medición indicativos, non o método de referencia).
-Quedou fóra de servizo unha estación situada no contorno da empresa
madeireira FINSA en Santiago, a denominada Campo de fútbol, e mais outra
no contorno de ENCE, designada como Escola Naval, situada en Marín. En
ambas as dúas superaranse valores límite legais en 2006. A Xunta non sinala
no seu informe anual sobre a calidade do aire en 2007 as razóns que levaron ao
8
Estas estacións sitúanse no Saviñao (Lugo) e en Noia (A Coruña). O informe anual 2007 sobre a
calidade do aire en Galicia da Consellaría de Medio Ambiente recolle os datos da estación do
Saviñao, mais ignora os da estación de Noia. Desde febreiro de 2007 disponse de datos
publicados web do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño da nova estación de Noia
:http://www.mma.es/secciones/info_estadistica_ambiental/estadisticas_info/informes_coyuntura/info
rme_mensual/datos_mensuales/pdf/pto31042007.pdf.
9
Os valores obtidos nestas estacións non se incorporan ao Sistema de Información da R.G.C.A..
A Xunta prevé que se incorporen na publicación do informe anual sobre o estado da calidade do
aire correspondente ao ano actual.
13
peche destas estacións de medición da calidade do aire. No ano pasado,
Verdegaia e Ecologistas en Acción denunciaron publicamente que na estación
Campo de fútbol, xunto coa outra situada no contorno de FINSA (Bar García),
superáronse en 2006 os valores límite diario e anual para PM10. Tamén
salientamos que, tanto en 2006 como en 2005, na estación Escola Naval, no
contorno de ENCE, foi superado o valor límite de PM10 diario.
-A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible mudou a
ubicación da estación da calidade do aire de Santiago, ao que todo indica
sen facer previamente un estudo que o xustificase e logo de que se
superasen nela valores límite legais. Verdegaia solicitou por escrito á Dirección
Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao abeiro da lexislación de acceso á
información ambiental, copia do suposto estudo que xustificaría a falta da
idoneidade do emprazamento antigo e a idoneidade do novo emprazamento, coa
finallidade de o poder valorar, mais a Xunta non respondeu favorablemente á
solicitude. O traslado da estación produciuse despois de que se detectasen na
anterior ubicación da estación incumprimentos dos valores límite de NO2 para a
protección da saúde humana e de que Verdegaia o denunciase publicamente. A
estación trasladouse desde o Ensanche ao Campus Sur, unha ubicación que
semella inadecuada (ver anexo).
-En todos os casos nos que en 2006 houbo incumprimentos da lexislación
de calidade do aire para algúns contaminantes en determinadas estacións,
non se difunden datos para eses contaminantes referidos a esas estacións
en 2007. É o que acontece para SO2 na estación da Barxa (ALCOA-San Cibrao) e
para PM10 na Barxa e en Bar García (FINSA). Dúas estacións nas que se
detectaron superacións dos valores límite legais en 2006 foron eliminadas (Campo
de fútbol, no contorno de FINSA, e Escola Naval, no de Pontevedra) e outra foi
trasladada (estación urbana de Santiago).
-Hai 41 estacións industriais, dun total de 64, das que non se ofrece
información no informe anual da Xunta sobre a calidade do aire nin tan
sequera para un só contaminante10, o que fai pensar que esas estacións non
funcionan ou o fan de forma deficiente, ou que simplemente se quere ocultar a
información sobre os valores obtidos nelas.
Estas estacións son A Veiga, A Barxa e A Regueira (ALCOA-San Cibrao); Sur e NNW
(CEMENTOS Cosmos); As Neves, Taboada, Capelada, Vilariño, Fraga do Eume, Pena Feixa,
Curuxeiras, Furado, Recemel, Condomiñas e Abelleira (central térmica das Pontes de ENDESA);
Xalo, Meson, Cerceda, Galegos e Sobreira (central térmica de Meirama de UNIÓN FENOSA);
Armenton, Bordeiras, Paisaco, Lañas e Sorrizo (central térmica de Sabón de UNIÓN FENOSA);
Finca Miguel e Galiñas (CEDIE); Leste-Estación 1 (CITROËN);
Grixa e Raxo
(FERROATLÁNTICA-Cee); Ansean, Logoso e Paradela (FERROATLÁNTICA-Dumbría); Sabón e
Suevos (FERROATLÁNTICA-Sabón); Terra de Trasancos (MATERIALES DEL ATLÁNTICO);
Monte Xalo, Rodis, Cendon e Buscas (SOGAMA).
10
14
Sobre a calidade do aire en 2007 no contorno dalgunhas industrias non se
difundiu ningunha información. Referímonos a CEMENTOS COSMOS, á
central térmica de Sabón (UNIÓN FENOSA), a CEDIE, a FERROATLÁNTICADumbría, a FERROATLÁNTICA-Sabón, a MATERIALES DEL ATLÁNTICO e
mais SOGAMA (empresa participada maioritariamente pola Xunta).
Dúas das estacións para as que non se divulgaron datos correspondentes a 2007
(nin tampouco a 2006) sitúanse no contorno de CEDIE (Finca Miguel e Galiñas) e
en ambas as dúas incumprírase en 2005 o valor límite diario de PM10 para a
protección da saúde humana.
-O número de estacións con datos para os contaminantes principais
diminuiu drasticamente entre 2006 e 2007, agás para o ozono.
Número de estacións con datos para SO2, NO2, PM10 e O3
2006
2007
SO2
50
23
NO2
40
19
PM10
45
23
O3
13
14
Fonte: Informes sobre a calidade do aire en 2006 e en 2007 da Consellería de Medio Ambiente e
Desenvolvemento Sostible.
-Non son poucas as estacións que, para diversos contaminantes, presentan
porcentaxes de datos válidos inferiores ao 90 % que establece a lexislación,
polo que en teoría, neses casos, non se podería avaliar o cumprimento ou
incumprimento dos valores límite legais. Con menos do 90% de datos válidos
hai 5 de 23 estacións para SO2, 6 de 19 para NO2, 9 de 23 para PM10 e 6 de 14
para O3.
-É significativo o mal funcionamento das estacións de calidade do aire
urbanas que son xestionadas pola Subdirección Xeral de Tecnoloxía e
Control Ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Se
consideramos os dous contaminantes principais en contornos urbanos, vemos
como para o NO2 non se atinxe a porcentaxe mínima de datos en seis das setes
estacións, mentres que para PM10 non se obtiveron datos en Pontevedra e en
Lugo e nas restantes cidades non se acadou a porcentaxe mínima de datos
válidos.
15
Estado da calidade do aire en 2007 en Galicia
O informe “La calidad del aire en el Estado español. Balance de 2007” 11 de
Ecologistas en Acción non contén información para Galicia, pois a Xunta foi o
único goberno autonómico que non forneceu os datos necesarios. O presente
informe, elaborado conxuntamente por Ecologistas en Acción e por Verdegaia,
pretende debuxar unha imaxe da situación da calidade do aire en Galicia durante
o ano 2007. Baséase nos datos oficiais fornecidos pola Consellería de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia a través da súa web12
e complementa o informe “La calidad del aire en el Estado español. Balance 2007”
de Ecologistas en Acción. Vén dar continuidade ao informe “Calidade do aire en
Galicia 2006”13.
Este informe, o mesmo que o de ámbito estatal, céntrase nos principais
contaminantes atmosféricos: dióxido de xofre (SO2), dióxido de nitróxeno (NO2),
partículas inferiores a 10 micras (PM10) e ozono troposférico (O3). A continación
preséntase a situación para cada un destes catro contaminantes principais.
-Dióxido de xofre (SO2)
En 2007 non se incumpriron os valores límites diario e horario para este
contaminante establecidos na lexislación en ningunha das estacións da R.G.C.A.
Porén, só se ofrecen datos para 23 estacións, cando en 2006 se ofreceron datos
para 50. Ademais, 5 das estacións teñen menos dun 90% de datos válidos.
Unha das estacións para a que non hai resultados é a da Barxa, no contorno
de ALCOA-San Cibrao, a única na que en 2006 se superou o valor límite
diario para a protección da saúde humana. Noutra estación do contorno de
ALCOA-San Cibrao, Xove, superouse en 2007 en dúas ocasións o valor límite
diario (habería incumprimento se se superase en máis de 3 ocasións).
-Dióxido de nitróxeno (NO2)
O valor límite anual para a protección da saúde humana (46 ug/m3, en 2007)
foi superado na antiga estación de Santiago, que se situaba no Ensanche
(onde se mediron 54,8 ug/m3), e estivo a piques de ser superado na da cidade
da Coruña (45,96 ug/m3)14.
11
http://www.ecologistasenaccion.org/spip.php?rubrique255
12
Informe anual 2007. Calidade do aire en Galicia
(http://aire.medioambiente.xunta.es/docs/Informe2007.pdf)
13
http://www.verdegaia.org/images/stories/areas_tematicas/residuos_contaminacion/calidade_do_ai
re_en_galicia_2006.pdf
16
É importante salientar que en catro cidades foi superado en 2007 o valor
límite anual que estará en vigor no ano 2010 (40 ug/m3): Santiago (54,8
ug/m3)15 , A Coruña (45,96 ug/m3), Ferrol (43,78ug/m3 ) e Vigo (43,65 ug/m3). E
que, en comparación con 2006 (primeiro ano no que se mediu este parámetro ao
longo de todo o ano), obsérvase unha tendencia ao aumento ou ao mantemento
da concentración media anual deste contaminante nas cidades galegas.
Valor medio anual da concentración de NO2 nas cidades galegas
60
Valor medio anual de NO 2
(microgramos/metro cúbico)
55
Valor lím ite legal en 2007
50
45
40
Valor lím ite legal en 2010
35
2006
30
2007
25
20
15
10
5
0
A Coruña
Ferrol
Santiago
Lugo
Ourens e
Pontevedra
Vigo
Fontes: Informes sobre a calidade do aire en 2006 e en 2007 da Consellería de Medio Ambiente e
Desenvolvemento Sostible.
14
Sobre os datos para NO2 na cidade da Coruña, o informe da Xunta di que foron considerados
como non válidos, e que polo tanto non se pode facer unha valoración ao respecto, a pesar do cal
inclúe eses datos e o informe fai unha valoración dos mesmos, o que certamente resulta difícil de
entender. Non explica por qué motivos non son válidos, remitíndose a un Informe de validación dos
datos correspondentes a 2007 da Rede de Inmisión da Xunta de Galicia para obter información
adicional, informe que non está accesible na web da Xunta.
Segundo as outras dúas estacións de medición da calidade do aire situadas na Coruña, que non
son xestionadas pola Xunta senón polo Concello, o valor medio anual da concentración de NO2
estivo lonxe do valor límite legal. Na estación de Santa Margarita, o promedio anual medido foi de
22,4 ug/m3 , mentres que na de Pablo Iglesias foi de 22,1 ug/m3. Parece que as estacións
municipais serían bastante representativas da calidade do aire na cidade (estacións de fondo
urbano) mentres que a da Xunta sería representativa de zonas con tráfico máis ou menos intenso
(estación de tráfico).
15
Este valor refírese, como xa sinalamos, á antiga estación de Santiago, situada na Praza de Vigo
(Ensanche) até outubro de 2007. En decembro entrou en funcionamento unha nova estación en
Santiago, denominada Compostela, situada no Campus Sur (Facultade de Físicas). Chama a
atención que os valores medios que se dan para a nova estación Compostela (1,70 ug/m 3 horario e
1,68 ug/m3 diario) non sexan propios dunha estación urbana, estando incluso por debaixo da media
anual da estación de medición da contaminación residual ou de fondo do Saviñao, que presenta
unha media de 5.4 ug/m3 en todo o 2007.
17
Por último, é preciso sinalar que seis das sete estacións (todas agás a da Coruña)
non acadan o número de datos válidos mínimo (90%) que establece a lexislación,
polo que -en teoría- non se podería avaliar o cumprimento/incumprimento dos
valores límite nesas estacións.
-Partículas en suspensión (PM10)
O informe non recolle ningunha superación dos valores límite legais para
PM10 , pero chama a atención que non inclúa datos para este contaminante
referidos ás estacións nas que se superaron en 2006 os valores límite diario
e/ou o valor límite anual para a protección da saúde humana, estacións
situadas nos contornos das industrias ALCOA-San Cibrao, ENCE
(Pontevedra) e FINSA (Santiago). Tampouco se inclúe ningún dato para PM10
referido á estación Terra de Trasancos, situada no contorno da empresa
Materiales del Atlántico, en Narón, onde en 2006 estivo a piques de se superar o
valor límite diario.
Por primeiro ano medíronse os valores de PM10 en contornos urbanos. Até 2007
non se mediron, a pesar de que se trata do contaminante atmosférico máis
preocupante desde o punto de vista da saúde humana e de que hai valores límite
en vigor desde 2005. Porén, o informe da Xunta non recolle datos para as cidades
de Pontevedra e de Lugo, e para as restantes estacións a porcentaxe de datos
non acada o 90% (a máxima porcentaxe é de 50,90%, para Vigo), polo que, en
rigor, non se podería valorar o cumprimento de valores límite (especialmente do
valor límite diario).
Aínda que os datos dispoñibles para as cidades non permiten falar de ningún
incumprimento dos valores límite legais16 iso non supón que non sexan
preocupantes. De feito, pódese afirmar que os habitantes das cidades galegas
respiran aire contaminado con consecuencias negativas para a súa saúde,
cando menos nas zonas con tráfico intenso. En todas as cidades nas que se
mediron PM10 superouse amplamente o valor límite para a concentración
media anual de PM10 recomendado pola Organización Mundial da Saúde
(OMS) (20 ug/m3), e que estaría en vigor na UE en 2010 de non mediar a recente
modificación da lexislación europea sobre calidade do aire, a cal representou un
recúo en materia de protección do medio ambiente e da saúde humana, en liña
con outros recentes recúos ambientais e sociais. Tamén se superaría en máis de
sete veces o valor límite da media diaria (50 ug/m3) en todas as cidades, agás
Ourense17, o que suporía un incumprimento da normativa que estaba inicialmente
prevista para 2010 (agora ese valor pódese superar até 35 veces sen
incumprimento da lexislación).
16
Aínda que se, dado que non se acada o número mínimo de datos, tomamos o Percentil 90,5
como indicativo do valor límite diario, superaríase o valor legal nas cidades de Ferrol, Santiago e
Vigo.
17
No caso de Santiago incumpriríase considerando a antiga estación situada no Ensanche.
18
Valor medio anual da concentración de PM10 nas cidades galegas
45
Valor lím ite legal
Valor medio anual de PM 10
(microgramos/metro cúbico)
40
35
30
25
Valor lím ite OMS
20
15
10
5
0
A Coruña
Ferrol
Santiago
Lugo
Ourens e
Pontevedra
Vigo
Fontes: Informes sobre a calidade do aire en 2006 e en 2007 da Consellería de Medio Ambiente e
Desenvolvemento Sostible.
-Ozono (O3).
O informe da Xunta non recolle ningunha superación do umbral de información
para o ozono, aínda que non proporciona os valores máximos, polo que non se
pode comprobar.
Valoración xeral
Tendo en conta as importantes insuficiencias e deficiencias na medición da
calidade do aire en Galicia en 2007 apuntadas neste informe, non parece
razoable concluir, a partir do feito de se ter rexistrado un só incumprimento da
lexislación sobre calidade do aire18, que no noso país non haxa problemas
importantes de contaminación atmosférica que afectan negativamente a saúde
das persoas, que o estado global da calidade do aire en Galicia sexa moi bo. Máis
aínda se consideramos que hai indicios dabondo de que desde a Dirección
Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental se procuran ocultar as superacións
dos valores límite establecidos na lexislación, trasladando ou deixando fóra
de servizo estacións de medición do calidade do aire, non garantindo o seu
bo funcionamento ou ocultando ao público información. Pola contra, e sen
ignorar as carencias no diagnóstico da calidade do aire, parece razoable afirmar
que os habitantes das cidades galegas e do contorno dalgunhas industrias,
18
Só se rexistrou unha superación do valor medio anual de NO2 na antiga estación de Santiago. En
2006, rexistráronse 14 superacións nas estacións urbanas e industriais da R.G.C.A, como
destacamos no noso informe “Calidade do aire en Galicia 2006”.
19
como ALCOA San Cibrao, ENCE ou FINSA, están expostos a níveis de
contaminación atmosférica nocivos para a saúde.
Ao dispormos xa dun ano de medicións dos niveis de PM10, e de dous anos
completos de medicións dos niveis de NO2 nas cidades galegas, é posible afirmar
que, contrariamente á que parece ser a percepción dominante, a calidade do aire
nas cidades galegas non é boa. Os habitantes das cidades galegas respiran
aire contaminado con consecuencias negativas para a súa saúde, cando
menos os que viven nas zonas con maior tráfico. En todas as cidades
supéranse os valores de PM10 recomendados pola Organización Mundial da
Saúde e ademais en Ferrol, Coruña, Santiago e Vigo tamén se supera o valor
medio anual de NO2 que estará legalmente en vigor en 2010.
O tráfico de automóbiles, fonte de PM10 e NO2, é a principal causa de
deterioración da calidade do aire nas cidades galegas e españolas. Trátase
dun aspecto negativo máis asociado ao exceso de tráfico, que sumado a
outros tamén importantes (contaminación acústica, ocupación do espazo
público, perigo de accidentes,...) fan do tráfico unha causa importantísima de
deterioración da calidade de vida no ámbito urbano, por non falarmos da súa
20
contribución á mudanza climática global (boa parte das emisións de gases de
efecto invernadoiro debidas ao transporte por estrada en Galicia é causada polo
tráfico urbano).
Os coches, co seu espectacular incremento en número e en potencia
contrarrestaron as melloras tecnolóxicas nos combustibles e na eficiencia dos
motores desenvolvidas recentemente. Do mesmo xeito, o incremento de
automóbiles diesel fronte aos de gasolina contribuiu tamén ao aumento de
partículas e óxidos de nitróxeno, xa que os diesel emiten unha proporción
notablemente maior destes contaminantes.
Cómpre reducirmos drasticamente o tráfico nas cidades, restrinxindo moito máis o
uso do coche e potenciando todo o posible os desprazamentos a pé e en bicicleta
e o transporte público, con novas políticas territoriais e de transporte que deixen
de fomentar o uso do vehículo privado.
Propostas
A mellora da calidade do aire require da acción dos poderes públicos, que deben
considerar a contaminación atmosférica como un importante problema ambiental
que conleva serios prexuízos para a saúde humana. Para iso, propomos as
seguintes medidas, que deberían ser aplicadas, segundo os casos, pola Xunta
e/ou polos Concellos:
-Garantir o dereito da cidadanía a unha información adecuada sobre a
calidade do aire, cumprindo todas as disposicións sobre información pública
recollidas na lexislación. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible debería asumir a “Proposta de presentación da información sobre os
datos da calidade do aire”19 Nesa proposta demándase o acceso, a través da web,
a información comprensible, tanto actual como histórica, para cada un dos
parámetros considerados na lexislación e para todas as estacións de medición da
calidade do aire, tanto urbanas como industriais, garantindo, en particular,
información adecuada e rápida sobre as superacións dos umbrais de alerta á
poboación fixados pola lexislación para SO2, NO2 e O3. Alén diso, a proposta
suxire medidas para divulgar a información tamén a través de vías diferentes a
Internet, como medios de comunicación públicos e privados, paneis informativos
nos centros das cidades e nas industrias20 e o seu contorno, ou mensaxes aos
teléfonos móbiles ou por correo electrónico para as persoas interesadas.
-Ampliar a Rede Galega de Calidade do Aire e mellorar sustancialmente o
seu funcionamento de forma que se poida obter un bo diagnóstico da realidade
da calidade do aire. No que atinxe en particular aos contornos urbanos, cómpre
19
http://www.ecologistasenaccion.org/IMG/pdf/Present_datos.pdf
20
Actualmente só hai un panel informativo,... situado fronte á sede central da Consellería de Medio
Ambiente en Santiago. Para 2008 a Xunta prevé instalar “un novo panel nunha cidade galega”.
21
dispor tanto de estacións representativas da calidade do aire no conxunto da
cidade (estacións de fondo urbano) como daquelas áreas con maiores niveis de
contaminación (estacións de tráfico), capaces de medir adecuadamente os
principais contaminantes, incluído monóxido de carbono, benceno e PM2,5
(partículas con tamaño inferior a 2,5 micras).
-Completar o Inventario Galego de Emisións, especialmente no que se refire á
cuantificacións das emisións á atmosfera debidas ao transporte por estrada.
-Aplicar Planos de Acción para a mellora da calidade do aire en todos aqueles
casos en que a lexislación o esixe, é dicir, cando haxa superacións dos valores
límite legais, ou sempre que for conveniente para a protección do ambiente e da
saúde pública. O Protocolo de Actuación para a información á poboación en
situacións excepcionais de contaminación atmosférica, recentemente elaborado
pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, só serve para responder
perante sucesos puntuais de contaminación atmosférica aguda. A Consellería de
Medio Ambiente refírese a unha suposta Estratexia Galega de Mellora e Control
da Calidade do Aire cuxo texto non foi difundido publicamente.
A mellora da calidade do aire non debe ser só unha preocupación da Xunta, senón
tamén dos Concellos. Así, a Lei estatal 34/2007, de 15 de novembro, de calidade
do aire e protección da atmosfera, estabelece que “os municipios con poboación
superior a 100.000 habitantes e as aglomeracións, nos prazos
regulamentariamente estabelecidos, adoptarán planos e programas para o
cumprimento e mellora dos obxectivos de calidade do aire”.
-Desenvolver Planos de Mobilidade Sustentable nas cidades e as súas áreas
de influencia, que reorienten as prioridades de investimento público, hoxe
favorecedoras do uso do automóbil privado. Cómpre reducir o número de
vehículos en circulación a través dunha dobre estratexia: disuadir do uso do
automóbil e simultaneamente dar facilidades para os medios sustentables. Estes
Planos deberán contemplar a intermodalidade dende unha óptica de priorización
dos modos de transporte de menor impacto. A “pirámide da intermodalidade” tería
na súa base como modos máis empregados o camiñar e a bicicleta, seguidos polo
transporte público colectivo (tanto autobuses como tranvías) e, no derradeiro
lugar, o automóbil.
-Non construír novas infraestruturas de transporte por estrada en zonas
urbanas (accesos, circunvalacións, pontes, túneis,...) que favorezan aínda
máis o uso do coche, até esgotar as posibilidades das alternativas de transporte
sustentable.
-Frear a urbanización dispersa para evitar maiores aumentos das necesidades
de transporte. É preciso deter a espiral urbanización-estrada-urbanización cuxo
epicentro é o vehículo privado.
22
-Apostar decididamente polo transporte público colectivo, aplicando medidas
de comprobada eficacia como son a implantación de carrís-bus, rúas de uso
exclusivo, aumento de frecuencias e ampliación de horarios, servizos nocturnos
locais e comarcais, implantación de billete único/combinado e a substitución
paulatina da frota de autobuses por modelos dotados de plataformas axeitadas
para as persoas con discapacidades, carriños de bebés e a posibilidade de
transportar bicicletas, que usen enerxías alternativas e sexan pouco
contaminantes.
-Aplicar medidas disuasorias do emprego do automóbil privado, delimitando
áreas pechadas ao coche; establecendo unha limitación efectiva da velocidade
que permita a convivencia de tráficos; creando “áreas 30”; restrinxindo o
estacionamento e aplicando unha moratoria na construción de novos parques de
estacionamento nos centros urbano e estudando a posibilidade de instauración de
peaxes urbanas, cuxos ingresos se destinarían ao fomento do transporte
sustentable.
-Impulsar Planos Directores da Bicicleta que definan prazos e orzamentos para
crear unha rede eficaz de itinerarios ciclistas cunha sinalización axeitada e
infraestruturas de estacionamento seguras en todos os edificios públicos,
aparcadoiros e centros de interese das cidades. Estes planos contemplará tamén
campañas de promoción do uso da bici e de concienciación sobre a convivencia
de distintos modos de transporte nun mesmo espazo.
-Implantar planos de transporte en todas as empresas de máis de 200
traballadores/as e nos principais polígonos industriais das cidades e as súas
áreas de influencia, destinados a fomentar entre os traballadores e traballadoras
os modos de transporte menos contaminantes.
- Reducir progresivamente a produción de electricidade procedente das
centrais térmicas, especialmente das de carbón, a través da redución do
consumo de electricidade e da promoción intensa das enerxías renovables.
23
ANEXO
A nova localización da estación de medición da calidade do aire
en Santiago
A única estación de medición da calidade do aire en Santiago, xestionada pola
Subdirección Xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental da Dirección Xeral de
Calidade e Avaliación Ambiental, foi trasladada en outubro de 2007 desde a Praza
de Vigo, no Ensanche, a unha nova ubicación, no Campus Universitario Sur
(Facultade de Físicas). Iso fíxose, segundo a propia Xunta, após a realización dun
estudo detallado, que non se facitou a Verdegaia malia o termos solicitado por
escrito ao abeiro da lexislación sobre acceso á información ambiental. De acordo
co “Informe anual 2007.Calidade do aire en Galicia”, “as conclusións deste estudo
demostraban que os datos recollidos na antiga estación (Pza. de Vigo), non eran
representativos da calidade do aire na área metropolitana de Santiago de
Compostela por situarse enriba dun aparcadoiro onde a densidade circulatoria era
maior cá real na cidade”. A nova estación, denominada Compostela, entrou en
funcionamento en decembro de 2007.
A nova ubicación elixida non semella adecuada para unha estación de fondo
urbana. A lexislación di que “As estacións de fondo urbano deberán ubicarse de
forma que o seu nivel de contaminación reflita a contribución procedente de todas
as fontes situadas a barlovento da estación” para avaliar os contaminantes
lexislados a través do Real Decreto 1073/2002, como o NO2 ou as partículas.
Canto ao ozono, a lexislación esixe medir en ubicacións suburbanas, entendendo
por suburbana “a sotavento das zonas de emisións máximas, seguindo a
dirección(s) dominante do vento en condicións favorables á formación de ozono.
Algunhas estacións suburbanas poderán situarse a barlovento da zona de
emisións máximas coa finalidade de determinar os niveis rexionais de fondo de
ozono”.
As direccións de vento predominante en Santiago, segundo MeteoGalicia, son NE
(principalmente) e SO.
24
A estación do Campus Sur (punto 2 no mapa seguinte) está ubicada fóra da zona
de ventos predominantes a respecto da zona de emisións, polo que non está a
recoller as emisións situadas a barlovento da estación (a zona principal de
emisións de tráfico de Santiago está sinalada en amarelo no mapa). Xa que logo,
e a primeira vista, a nova ubicación non semella adecuada.
Verdegaia e Ecologistas en Acción demandan da Dirección Xeral de Calidade e
Avaliación Ambiental que faga público o estudo que xustifica a ubicación da nova
estación de calidade do aire.
25
www.verdegaia.org
www.ecologistasenaccion.org
26

Documentos relacionados