real filharmonía de galicia - COMPOSTELA

Transcripción

real filharmonía de galicia - COMPOSTELA
REAL
FILHARMONÍA
DE GALICIA
Harry Christophers
director
The Sixteen
coro
Julie Cooper soprano
Sian Menna contralto
Mark Dobell tenor
Eamonn Dogan baixo
xoves
21 | 03 | 2013
21.00 h
I
JOSEPH HAYDN (1732-1809)
Sinfonía núm. 26 en do menor, “Lamentatione”
Allegro assai con spirito
Adagio
Menuetto e trio
JAMES MACMILLAN (1959)
Miserere *
II
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Réquiem en re menor, KV 626
Réquiem aeternam
Kyrie eleison
Dies iræ
Tuba mirum
Rex tremendæ maiestatis
Recordare, Iesu pie
Confutatis maledictis
Lacrimosa
Domine Iesu Christe
Hostias et preces
Sanctus
Benedictus
Agnus Dei
Lux æterna
Julie Cooper soprano
Sian Menna contralto
Mark Dobell tenor
Eamonn Dogan baixo
Duración aproximada do concerto: unha hora corenta e cinco minutos
Pregámoslle ao público que non faga fotografías e que
desconecte os teléfonos móviles, reloxos, etc.
* Estrea en España
20,15 h PRECONCERTO: ALUMNOS DA ESCOLA DE ALTOS ESTUDOS MUSICAIS
DÚO DE TROMPETA E PERCUSIÓN
Víctor Vilariño trompeta / Mª Isabel Diego percusión
JAMES M. STEPHENSON: Vignettes for trumpet and percussion
ENCORE: White on White / Running with Lionel / Chasing Igor
Dinner with Andrew / MAX / Waltz in Berlin
Real Filharmonía de Galicia
Nace en 1996. O seu primeiro director foi Helmuth Rilling (1996-2000), a quen
sucedeu Antoni Ros Marbà (2000-2012). Dende 2013 Paul Daniel é o seu director
titular e artístico. A titularidade da Real Filharmonía de Galicia recae na Xunta de
Galicia, é xestionada polo Consorcio de Santiago e ten a súa sede permanente no
Auditorio de Galicia.
Nace en 1996. Su primer director titular fue Helmuth Rilling (1996-2000), a quien
sucedió Antoni Ros Marbà (2000-2012). Desde 2013 Paul Daniel es su director titular y artístico. La titularidad de la Real Filharmonía de Galicia recae en la Xunta de
Galicia, es gestionada por el Consorcio de Santiago y tiene su sede permanente en
el Auditorio de Galicia.
DIRECTOR ARTÍSTICO
E TITULAR
PAUL DANIEL
DIRECTOR ASOCIADO
MAXIMINO ZUMALAVE
PRINCIPAL
DIRECTOR INVITADO
CHRISTOPH KÖNIG
VIOLÍNS I
ADRIANA WINKLER
(concertino)
ANCA SMEU
(axuda de concertino)
ILDIKÓ OLTAI **
ANNA ALEXANDROVA
MICHAL RYCZEL
VICTORIA JUROV
ILYA FISHER
CLAUDIO GURIDI
DANIEL KORDUBAYLO
JULIA PETRUSHEVSKAJA
VIOLÍNS II
GRIGORI NEDOBORA *
NIKOLAI VELIKOV **
SAMIRA AJKIC
GYULA VADASZI
KIYOKO OHASHI
ENRIQUE ROCA
IRINA GRUIA
HELENA SENGELOW
VIOLAS
TILMANN KIRCHER *
NATALIA MADISON **
IONELA CIOBOTARU
OXANA BAKULINA
TIMUR SADYKOV
ANNE SCHLOSSMACHER
VIOLONCELLOS
PLAMEN VELEV *
BARBARA SWITALSKA **
THOMAS PIEL
CARLOS GARCÍA
AILSA LEWIN
CONTRABAIXOS
CARLOS MÉNDEZ *
ALFONSO MORÁN **
ORIOL XICART
TROMPAS
ALFREDO VARELA *
XAVIER RAMÓN **
TROMPETAS
JAVIER SIMÓ *
RAMÓN LLÁTSER **
TROMBÓNS
IAGO RÍOS (R)
ESTEBAN MÉNDEZ (R)
MARCOS DORADO (R)
TIMBAL
JOSÉ VICENTE FAUS
CLAVE
ÓRGANO
SIMONA KANTCHEVA (R)
FRAUTAS
LAURENT BLAITEAU *
LUIS SOTO **
ÓBOE
CHRISTINA DOMINIK *
MARC BORRÁS ***
CLARINETES
BEATRIZ LÓPEZ *
VICENTE LÓPEZ **
FAGOTES
JUAN CARLOS OTERO *
MANUEL VEIGA **
* Principal
** Coprincipal
*** Alumno EAEM
(R) Reforzo
facebook.com/RealFilharmoniadeGalicia
The Sixteen
Con máis de 30 anos de experiencia, logrou unha inmellorable reputación pola execución da primeira polifonía inglesa e as obras mestras do
Renacemento así como pola frescura da súa visión da música barroca, do
primeiro clasicismo e dunha variada mostra de música do século XX. Todo
iso é froito da paixón do seu fundador e director, Harry Christophers. A
formación promove un ciclo anual no Queen Elizabeth Hall de Londres así
como `A choral Pilgrimage´, unha xira polas catedrais máis representativas de Inglaterra que devolve a música aos edificios orixinais para os que
foi escrita. Fai xiras por toda Europa, Xapón, Australia e América, participou nos festivais e salas de concertos máis prestixiosos a nivel internacional e formou parte das obras escénicas de gran repercusión como Fairy
Queen de Purcell en Tel Aviv e Londres, King Arthur, tamén de Purcell, no
Centro Belem de Lisboa e as novas producións das óperas de Monteverdi
Il Ritorno d´Ulisse in Patria na Ópera de Lisboa.
Es una de las agrupaciones más destacadas a nivel mundial, con más
de 30 años de experiencia, que ha logrado una inmejorable reputación
por la ejecución de la primera polifonía inglesa y las obras maestras del
Renacimiento así como por la frescura de su visión de la música barroca, del primer clasicismo y de una variada muestra de música del siglo XX. Todo ello es fruto de la pasión de su fundador y director, Harry
Christophers. La formación promueve un ciclo anual en el Queen Elizabeth
Hall de Londres así como `A choral Pilgrimage´, una gira por las catedrales más representativas de Inglaterra que devuelve la música a los edificios originales para los que fue escrita. Ha hecho giras por toda Europa,
Japón, Australia y América, ha participado en los festivales y salas de
conciertos más prestigiosos a nivel internacional y ha formado parte de
las obras escénicas de gran repercusión como Fairy Queen de Purcell en
Tel Aviv y Londres, King Arthur, también de Purcell, en el Centro Belem de
Lisboa y las nuevas producciones de las óperas de Monteverdi Il Ritorno
d´Ulisse in Patria en la Ópera de Lisboa.
Harry Christophers
director
Fundador e director de The Sixteen e director invitado habitual das máis prestixiosas orquestras e compañías de ópera é, sen dúbida, un dos mestres máis
afamados. En 2000, instituíu `A Choral Pilgrimage´, unha xira anual de concertos
que leva a música anterior á Reforma ás principais catedrais e igrexas británicas
e, en 2008, foi nomeado director artístico de Boston Handel and Haydn Society.
Tamén é o principal director invitado da Orquesta e Coro de la Comunidad de
Madrid, da Orquesta Ciudad de Granada e ten unha relación moi estreita coa
BBC Philharmonic Orchestra. Cada vez está máis implicado coa ópera, tralo seu
éxito no coliseo de Lisboa co Orfeo de Gluck e, en 1998, iniciou alí un ciclo de
Monteverdi de novas producións con Il Ritorno d´Ulisse in Patria. Desde entón,
dirixiu A frauta máxica de Mozart, King Arthur de Purcell, Platée de Rameau ou
L´incoronazione di Poppea de Monteverdi, entre outras. É Membro Honorífico do
Magdalen College da Universidade de Oxford e da Royal Welsh College of Music
and Drama ademais de Doutor Musical Honorífico da Universidade de Leicester.
Fundador y director de The Sixteen y director invitado habitual de las más prestigiosas orquestas y compañías de ópera es, sin duda, uno de los maestros
más afamados. En 2000, instituyó `A Choral Pilgrimage´, una gira anual de conciertos que lleva la música anterior a la Reforma a las principales catedrales e
iglesias británicas y, en 2008, fue nombrado director artístico de Boston Handel
and Haydn Society. También es el principal director invitado de la Orquesta y
Coro de la Comunidad de Madrid, de la Orquesta Ciudad de Granada y tiene
una relación muy estrecha con la BBC Philharmonic Orchestra. Cada vez está
más implicado con la ópera, tras su éxito en el coliseo de Lisboa con el Orfeo
de Gluck y, en 1998, inició allí un ciclo de Monteverdi de nuevas producciones
con Il Ritorno d´Ulisse in Patria. Desde entonces, ha dirigido La flauta mágica de
Mozart, King Arthur de Purcell, Platée de Rameau o L´incoronazione di Poppea
de Monteverdi, entre otras. Es Miembro Honorífico del Magdalen College de la
Universidad de Oxford y de la Royal Welsh College of Music and Drama además
de Doctor Musical Honorífico de la Universidad de Leicester.
Julie Cooper
soprano
Traballou por todo o mundo como solista e membro de agrupacións corais. Como
solista destacan o papel de Iphis nunha produción escenificada de Jephta de
Händel xunto ao Frankfurt Festival Chorus en Mainz e a estrea da nova ópera de
Will Gregory Piccard in Space presentada no South Bank Centre, gravada para
BBC Radio 3. Ademais participou na exitosa serie de BBC 4 Televisión Sacred
Music presentada por Simon Russel Beale. Entre os seus compromisos da presente tempada están Belinda en Dido e Eneas con The King’s Consort en Viena,
Ámsterdam e Utrecht, o Réquiem de Brahms con The Sixteen no Bridgewater
Hall de Manchester, Madrigales de Gibbons con The Hilliard Ensemble e The
Indian Queen de Purcell con The Sixteen no Wigmore Hall e A Paixón segundo
San Mateo de Bach coa London Bach Society. Foi elixida recentemente membro
asociado de The Royal Academy of Music.
Ha trabajado por todo el mundo como solista y miembro de agrupaciones corales. Entre sus interpretaciones solistas más recientes destacan el papel de Iphis
en una producción escenificada de Jephta de Händel junto al Frankfurt Festival
Chorus en Mainz y ha formado parte en el estreno de la nueva ópera de Will
Gregory Piccard in Space presentada en el South Bank Centre y grabada para
BBC Radio 3. Además ha participado en la exitosa serie de BBC 4 Televisión
Sacred Music presentada por Simon Russel Beale. Entre sus compromisos de
la presente temporada están Belinda en Dido y Eneas con The King’s Consort
en Viena, Ámsterdam y Utrecht, el Réquiem de Brahms con The Sixteen en
el Bridgewater Hall de Manchester, Madrigales de Gibbons con The Hilliard
Ensemble y The Indian Queen de Purcell con The Sixteen en el Wigmore Hall y
la Pasión según San Mateo de Bach con la London Bach Society. Ha sido elegida
recientemente miembro asociado de The Royal Academy of Music.
Sian Menna
contralto
Actúa habitualmente con Sociedades Corais en todo o Reino Unido e o seu
repertorio inclúe as Paixóns de Bach, o Requiem de Duruflé, Misa en do menor
de Mozart, In the Beginning de Copland, The Dream of Gerontius de Elgar e o
Requiem de Verdi. Da súa discografía destaca a primeira gravación de Omar
Khyyam de Bantock con BBC Symphony Orchestra baixo a dirección de Vernon
Handley e Música Coral de Tippett xunto a BBC Singer. Entre os seus personaxes para ópera inclúense A Ciesca en Gianni Schicchi, Cherubino en As vodas
de Fígaro ou a feiticeira e Dido en Dido e Aeneas, entre outros. Recentemente
interpretou o Requiem de Verdi en Exeter ou a Segunda Fada en O soño dunha
noite de verán de Mendelssohn coa Orchestra of the Age of Enlightenment.
Graduouse con mención de honor en canto e piano no Royal College of Music
de Londres e, desde entón, actuou nas salas de maior prestixio do mundo cun
repertorio que abarca desde o Renacemento ata estreas contemporáneas.
Actúa habitualmente con Sociedades Corales en todo el Reino Unido y su
repertorio incluye las Pasiones de Bach, el Requiem de Duruflé, Misa en do
menor de Mozart, In the Beginning de Copland, The Dream of Gerontius de
Elgar y el Requiem de Verdi. De su discografía destaca la primera grabación
de Omar Khyyam de Bantock con BBC Symphony Orchestra bajo la dirección
de Vernon Handley y Música Coral de Tippett junto a BBC Singer. Entre sus
personajes para ópera se incluyen La Ciesca en Gianni Schicchi, Cherubino
en Las bodas de Fígaro o la Hechicera y Dido en Dido y Aeneas, entre otros.
Recientemente ha interpretado el Requiem de Verdi en Exeter o la Segunda
Hada en El sueño de una noche de verano de Mendelssohn con la Orchestra of
the Age of Enlightenment. Se graduó con mención de honor en canto y piano
en el Royal College of Music de Londres y, desde entonces, ha actuado en las
salas de mayor prestigio del mundo con un repertorio que abarca desde el
Renacimiento hasta estrenos contemporáneos.
Mark Dobell
tenor
Traballou como solista por toda Europa e Norteamérica cos directores de maior
prestixio mundial como Sir John Eliot Gardiner ou Sir Roger Norrington. Conta cun
extenso repertorio que comprende as máis importantes obras de Händel, Bach,
Mozart ou Monteverdi. Entre as súas actuacións recentes destacan as Vésperas
de Monteverdi no Town Hall de Birmingham e o Cadogan Hall de Londres, San
Nicolás de Britten na Abadía de St. Albans ou a Historia da Natividade de Schütz
en St John´s Smith Square de Londres, entre outras. Nesta tempada, interpretará a
Paixón segundo San Xoán de Bach na Catedral de Derby e na Abadía de St. Albans
e as Vésperas de Monteverdi no Royal Albert Hall de Londres. Paralelamente canta en The Cardinall´s Musick, I Fagiolini e The King´s Consort. Foi membro do coro
do Clare College da Universidade de Cambridge onde se licenciou en estudos
clásicos para logo cursar un posgrao na Royal Academy of Music, onde lle foi
concedido o Premio Clifton ao mellor recital fin de curso.
Ha trabajado como solista por toda Europa y Norteamérica con los directores de
mayor prestigio mundial como Sir John Eliot Gardiner o Sir Roger Norrington.
Cuenta con un extenso repertorio que comprende las más importantes obras de
Händel, Bach, Mozart o Monteverdi. Entre sus actuaciones recientes destacan
las Vísperas de Monteverdi en el Town Hall de Birmingham y el Cadogan Hall
de Londres, San Nicolás de Britten en la Abadía de St. Albans o la Historia de
la Natividad de Schütz en St John’s Smith Square de Londres, entre otras. En
esta temporada, interpretará la Pasión según San Juan de Bach en la Catedral
de Derby y en la Abadía de St. Albans y las Vísperas de Monteverdi en el Royal
Albert Hall de Londres. Paralelamente canta en The Cardinall’s Musick, I Fagiolini
y The King’s Consort. Fue miembro del coro del Clare College de la Universidad de
Cambridge donde se licenció en estudios clásicos para luego cursar un postgrado
en la Royal Academy of Music, donde le fue concedido el Premio Clifton al mejor
recital fin de curso.
Eamonn Dogan
baixo
Cantante e director, actuou, como solista, coa Sinfónica Cidade de Birmingham,
The Orchestra of the Age of Enlightenment e The Academy of Ancient Music
baixo as batutas de, entre outros, E. Higginbottom, N. Kramer e J. Skidmore.
Entre as súas interpretacións recentes están O Mesías de Händel en Pamplona,
Madrid e O Escorial; o Oratorio de Nadal de Bach en Castellón e Oslo e A
Paixón segundo San Mateo de Bach no Symphony Hall de Birmingham. Tamén
interpretou papeis operísticos como os de Eneas en Dido e Eneas de Purcell e
Mercurio en O xuízo de Paris de Eccles na Ópera Grange Park ou un Papageno
(A frauta máxica de Mozart) moi encomiado pola crítica para a Ópera do Festival
de Longborough. Como director, é director asociado de The Sixteen, principal
director invitado de The National Youth Choir de Gran Bretaña, director do coro
Britten Sinfonia Voices e catedrático na Guildhall School of Music and Drama
de Londres. Graduouse no New College da Universidade de Oxford e completou
estudos na Guildhall School of Music and Drama.
Desempeña una intensa doble carrera como cantante y director. Como solista
ha actuado con la Sinfónica Ciudad de Birmingham, The Orchestra of the Age
of Enlightenment y The Academy of Ancient Music bajo las batutas de, entre
otros, E. Higginbottom, N. Kramer y J. Skidmore. Entre sus interpretaciones
recientes están El Mesías de Händel en Pamplona, Madrid y El Escorial, el
Oratorio de Navidad de Bach en Castellón y Oslo y La Pasión según San Mateo
de Bach en el Symphony Hall de Birmingham. También ha interpretado papeles operísticos como los de Eneas en Dido y Eneas de Purcell y Mercurio en
El juicio de Paris de Eccles en la Ópera Grange Park o un Papageno (La flauta
mágica de Mozart) muy alabado por la crítica para la Ópera del Festival de
Longborough. Por otra parte, es director asociado de The Sixteen, principal
director invitado de The National Youth Choir de Gran Bretaña, director del
coro Britten Sinfonia Voices y catedrático en la Guildhall School of Music and
Drama de Londres. Se graduó en el New College de la Universidad de Oxford
y completó estudios en la Guildhall School of Music and Drama.
Lamentatione
Joseph Haydn (1732 - 1809) compuxo a Sinfonía núm. 26 en re menor (Hob I/26), coñecida como
Lamentatione, para a súa interpretación en Semana Santa. Escrita entre 1768 e 1769, como sonata
da chiesa sen o comezo pausado, estrutúrase nun movemento lento enmarcado entre dous rápidos
(Allegro-Adagio-Minueto). Haydn utiliza para esta sinfonía temas derivados do canto gregoriano,
sobre todo nos dous primeiros movementos, así como lamentacións utilizadas pola igrexa católica
nos servizos de Xoves Santo, inspirado nun Drama da Paixón vixente até o século XVIII a través de
distintas publicacións. No Allegro, despois dun inicio triste e sombrío, o óboe e os segundos violíns
presentan o canto gregoriano e, na segunda parte da exposición, os primeiros violíns representan
o berro de Xudas (Crucificádeo!) coa súa escala ascendente. Unha melodía das Lamentacións de
Xeremías é tamén a base para elaborar o material temático do Adagio, que ten algo de marcha,
ao contrario que o austero Minueto final, unha danza que se asemella a un cantabile sacro a pesar
de non estar baseado en melodías antigas. Este último movemento, cun lixeiro trío de marcados
acentos, reexponse e remata a obra coa meditación propia da tradición sacra.
Salmo 51
James MacMillan é un compositor escocés nado en Kilwinning en 1959 cuxa linguaxe musical
está influída pola música celta, Harrison Birtwistle, Messiaen ou Shostakovich, pero que ten a
principal inspiración na súa fonda fe católica. O resultado son as súas composicións densas, punzantes, de texturas atonais e melodías tonais, irregulares e complexas que ben lembran a Wagner
ou a polifonía de Bach. Miserere (2009) é unha composición, para coro mixto a capella en oito
partes, sobre un dos textos de penitencia da igrexa cristiá, o Salmo 51 (xa utilizado por Palestrina,
Gesualdo ou Allegri) que fala da culpa e do pecado con esperanza e optimismo. Dedicada a Harry
Christophers e The Sixteen, estreárona o 29 de agosto de 2009 no Festival Carolus-Borromeuskerk
de Anveres. MacMillan plasma nesta partitura o sentido do salmo como viaxe espiritual cara
adiante cun enfoque musical melódico e sofisticado e un manexo experto das seccións feminina
e masculina do coro.
Réquiem
En xullo de 1791, mentres traballaba en A frauta máxica, Wolfgang Amadeus Mozart (1756 - 1791)
recibiu, inicialmente de forma anónima, o encargo do conde Walsegg-Stuppach para a composición
dun réquiem. O compositor salzburgués, enfermo e obsesionado pola morte desde a do seu pai, creu
que se trataba dun emisario do destino e comezou a composición como se fose para o seu propio
funeral. Finalmente, Mozart morreu sen finalizalo. Mostra da arte final do autor, estilo e escritura
moi depurados, profunda espiritualidade e diálogo/oposición entre a angustia e a serenidade, composta no medio da tristeza, a inquietude e a desesperanza, a Missa prol defunctis latina ou Misa de
réquiem non é unha obra litúrxica, aínda que si relixiosa, cuxo nome procede da primeira palabra da
súa introito -“Requiem æternam dona eis Domine […]” [“Dálles, Señor, o descanso eterno (…)”].
O exame da partitura autógrafa do Réquiem KV 626 revela que Mozart só rematou a orquestración
dos dous primeiros números, Introitus e Kyrie, deixando indicacións precisas para completar a orquestración do resto da obra. Os aspectos románticos da obra ponse de manifesto no Kyrie, con
ousadas extensións harmónicas que suxiren o fúnebre e insondable. No Dies irae Mozart consegue
axuntar a obxectiva espiritualidade coa súa propia fe. Despois do espanto, case expresionista, do
Rex tremendae chega o Recordare de resignada súplica e fonda congoxa. Sanctus, Benedictus e
Agnus Dei, que poderían ser esbozados por el, así como o Lacrimosa (do que só escribiu oito ou
nove compases), son as partes que completou e rematou, a petición da viúva do compositor, o seu
alumno Franz Xaver Süssmayr. A cita do inicial Requiem aeternam no Lux aeterna co que finaliza a
obra parece ser un desexo do propio Mozart.
Lamentatione
Joseph Haydn (1732 – 1809) compuso la Sinfonía núm. 26 en re menor (Hob I/26), conocida como
‘Lamentatione’, para su interpretación en Semana Santa. Escrita entre 1768 y 1769, como sonata da
chiesa sin el comienzo pausado, se estructura en un movimiento lento enmarcado entre dos rápidos
(Allegro-Adagio-Minueto). Haydn utiliza para esta sinfonía temas derivados del canto gregoriano, sobre todo en los dos primeros movimientos, así como lamentaciones utilizadas por la iglesia católica
en los servicios de Jueves Santo, inspirado en un Drama de la Pasión vigente hasta el siglo XVIII a
través de distintas publicaciones. En el Allegro, después de un inicio triste y sombrío, el oboe y los
segundos violines presentan el canto gregoriano y, en la segunda parte de la exposición, los primeros
violines representan el grito de Judas (¡Crucificadle!) con su escala ascendente. Una melodía de las
Lamentaciones de Jeremías es también la base para elaborar el material temático del Adagio, que
tiene algo de marcha al contrario que el austero Minueto final, una danza que tiene algo de cantabile
sacro a pesar de no estar basado en melodías antiguas. Este último movimiento, con un ligero Trío
de marcados acentos, se reexpone y remata la obra con la meditación propia de la tradición sagrada.
Salmo 51
James MacMillan es un compositor escocés nacido en Kilwinning en 1959 cuyo lenguaje musical
está influenciado por la música celta, Harrison Birtwistle, Messiaen o Shostakovich, pero cuya principal inspiración es su profunda fe católica. El resultado son sus composiciones densas, punzantes,
de texturas atonales y melodías tonales, irregulares y complejas que bien recuerdan a Wagner o la
polifonía de Bach. Miserere (2009) es una composición, para coro mixto a capella en ocho partes,
sobre uno de los textos de penitencia de la iglesia cristiana, el Salmo 51 (ya utilizado por Palestrina,
Gesualdo o Allegri) que habla de la culpa y el pecado con esperanza y optimismo. Dedicada a
Harry Christophers y The Sixteen, la estrenaron el 29 de agosto de 2009 en el Festival CarolusBorromeuskerk de Amberes. MacMillan plasma en esta partitura el sentido del salmo como viaje
espiritual hacia delante con un enfoque musical melódico y sofisticado y un manejo experto de las
secciones femenina y masculina del coro.
Réquiem
En julio de 1791, mientras trabajaba en La flauta mágica, Wolfgang Amadeus Mozart (1756 - 1791)
recibió, inicialmente de forma anónima, el encargo del conde Walsegg-Stuppach para la composición de un réquiem. El compositor salzburgués, enfermo y obsesionado por la muerte desde la de su
padre, creyó que se trataba de un emisario del Destino y comenzó la composición como si fuera para
su propio funeral. Finalmente, Mozart murió sin haberlo finalizado. Muestra del arte final del autor,
estilo y escritura muy depurados, profunda espiritualidad y diálogo/oposición entre la angustia y la
serenidad, compuesta en medio de la tristeza, la inquietud y la desesperanza, la Missa pro defunctis
latina o Misa de Réquiem no es una obra litúrgica, aunque si religiosa, cuyo nombre procede de la
primera palabra de su introito –“Requiem æternam dona eis Domine […]” [“Dales, Señor, el descanso eterno (…)”]. El examen de la partitura autógrafa del Réquiem KV 626 revela que Mozart sólo
terminó la orquestación de los dos primeros números, Introitus y Kyrie, dejando indicaciones precisas
para completar la orquestación del resto de la obra. Los aspectos románticos de la obra se ponen de
manifiesto en el Kyrie, con osadas extensiones armónicas que sugieren lo fúnebre e insondable. En
el Dies irae Mozart consigue aunar la objetiva espiritualidad con su propia fe. Después del espanto,
casi expresionista, del Rex tremendae llega el Recordare de resignada súplica y honda congoja.
Sanctus, Benedictus y Agnus Dei, que podrían haber sido esbozados por él, así como el Lacrimosa
(del que sólo escribió ocho o nueve compases), son las partes que completó y terminó, a petición de
la viuda del compositor, su alumno Franz Xaver Süssmayr. La cita del inicial Réquiem aeternam en el
Lux aeterna con el que finaliza la obra parece ser un deseo del propio Mozart.
próximos concertos
MARZO
ABRIL
domingo 31 | 20 h
ORQUESTA NOVA
DA SINFÓNICA DE GALICIA
Diego García Rodríguez director
María Victoria Pedrero violoncello
venres 5 | 21 h
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Christoph König director
Nicolai Lugansky piano
Obras de Vivaldi, Chaikovski, Mahler
P. I. Chaikovski
Concerto para piano e orquestra núm. 1
en si bemol menor, op. 23
H. Rott
Sinfonía núm. 1 en Mi maior
AUDITORIO DE GALICIA
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
15705 Santiago de Compostela
DESPACHO DE BILLETES
Tel.: +34 981 571 026 / 573 979
OFICINA
Tel.: +34 981 574 153 / 552 290
Fax: +34 981 574 250
www.compostelacapitalcultural.org
www.auditoriodegalicia.org
www.rfgalicia.org

Documentos relacionados