Folleto - Pazo da Cultura de Pontevedra

Transcripción

Folleto - Pazo da Cultura de Pontevedra
pazo da cultura + illa do covo
6 OUTUBRO ACTIVIDADES
pícnic
11 a 20 horas
roteiros
visitas
danza
obradoiros
concertos
flamenco
cruza o río, fai ponting
+ info www.pazodacultura.org
986 833 061
cruza o río, fai ponting... e vente de pícnic
postos de comida durante todo o día
(agás que chova)
wc
pesdelán
wc
canción de outono
postos de comida
obradoiro o corpo e a natureza
wc
cans con dono
performance danza
música clásica
para cans
performance danza
concerto
performance
flamenco
roteiros, detectives na illa e obradoiro voando libres
pazo + illa
Concello de Pontevedra
D.L.: PO 454-2013
11.00 e 17.00 h · roteiro pazo + illa 2 h
PORTA PRINCIPAL PAZO DA CULTURA
Visita guiada ao Pazo da Cultura e á Illa do Covo coa artista Itziar Ezquieta e o
arquitecto Santiago Ezquieta. Visita guiada ás exposicións Na Beira do Río.
Diálogos na pintura e Tempo Gris, acompañados polo comisario Ramón Rozas.
Inscrición previa no Pazo da Cultura.
11.00 h · xincana familiar 3 h
Detectives na illa das esculturas. Grupos (máx. 5 persoas) competirán para
descubrir os misterios da Illa do Covo. Vir preparados/as cunha cámara de fotos.
Idade mínima 4 anos. Prazas limitadas. Inscrición previa no Pazo da Cultura.
12.30 e 18.00 h · performance de danza
Move-mento: escola de danza Deborah (6 min). PASARELA PEONIL de madeira
fronte á ponte peonil.
Oximoron: performance de danza contemporánea Claro D. (15 min).
ESCULTURA S/T, José Pedro Croft.
13.00 e 17.30 h · performance flamenco 10 min
Povera: Isaías Salazar. Pobre en materiais e rico en significado: así podería
definirse a Arte Povera, da que forma parte este espazo estético que
chamamos Illa do Covo. Mais “pobre en materiais e rico en significado” é tamén o
flamenco, que con apenas a gorxa, as palmas e o corpo dá vida e estremece de
forma implacable. CEO ACURTADO, Giovanni Anselmo.
13.30 h · obradoiro de danza 1 h
Obradoiro. Pesdelán. Aínda que moitos de vós non movérades nunca un pé, iso
non é un problema: neste obradoiro sairemos todos bailando.
16.00 h · obradoiro 1.30 h
O corpo e a natureza como instrumentos: Gonzalo Maceira, ao compás da
natureza. DESCAMPADO á esquerda dos postos de comida.
16.00 e 19.00 h · música
Música clásica para cans. Aída Álvarez (viola), Carmen Gallego (violín), María José
Pámpano (violín) e L. A. R. Legido (batería e xoguetes): músicos da Orquestra
Filharmónica Cidade de Pontevedra. Temas clásicos e improvisacións
acompañados de percusións e xoguetes, no que agardamos que os cans ladren,
aullen e movan moito o rabiño! Cabida limitada.
16.00 h · obradoiro
Voando libres. Ventos estudos ambientais. Percorrido polo contorno da Illa
do Covo comentando os valores ambientais: observación de aves con telescopios
e identificación das especies arbóreas. Confección de paxaros e outras “cousas”
co que atopemos na Illa. Prazas limitadas. Inscrición previa no Pazo da Cultura.
16.30 e 19.30 h · banda deseñada
Cans con dono. Alumnos e alumnas do Garaxe Hermético farán tiras de banda
deseñada dos cans cos seus donos.
17.00 h · concerto + danza 30 min
Canción de outono. Concerto Orquestra Cámara Lira + Escola de Danza
Deborah.
18.30 h · música 1 h
Na punta do pé. Pesdelán. Un lecer diferente ao redor do baile e para todos os
públicos. O tempo pasará sen darnos conta mentres aprendemos, rimos,
bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
19.00 h · concerto 45 min
Gold & Colt + Querido Extraño. Fusión de dúas pequenas bandas de rock &
roll. XAMINORIO XUNQUEMENES ABAY, Enrique Velasco.
Mañá e tarde · performances CCG
Xogando as agachadas (6 min 20 seg), Diálogos de danza e pintura (4 min) e
Minimalismo no aire do río (15 min). Compoñentes do Centro Coreográfico
Galego realizarán varias performances na Illa.
INSCRICIÓNS
A partir do luns 30 no Pazo da Cultura. De luns a venres en horario de
08.30 a 14.30 horas.

Documentos relacionados