Comprendo o meu entorno - Federación Autismo Galicia

Transcripción

Comprendo o meu entorno - Federación Autismo Galicia
Comprendo o meu entorno
Manual de accesibilidade cognitiva
para persoas con trastorno do espectro do autismo
Comprendo o meu entorno
Manual de accesibilidade cognitiva
para persoas con trastorno do espectro do autismo
Autoras
Ana Nieves Bouzas, logopeda (ASPANAES)
Paula Carreiro Prieto, psicopedagoga
(Asociación TRASCOS)
María Arceo Tourís, mestra de educación especial
(Federación Autismo Galicia)
Colaboradoras
Victoria Barreiro Díaz, psicóloga (Capaces Lugo)
Ángela Goiricelaya Seco, axente de emprego
(Federación Autismo Galicia)
Teresa García Barcala, responsable de proxecto
(Federación Autismo Galicia)
Revisión lingüística: Andrea Villarino Rúa
Edición: Federación Autismo Galicia
Maquetación e impresión: Difux S. L.
Os símbolos empregados son obra de Sergio Palao
para CATEDU (http://catedu.es/arasaac) que os
publica baixo licencia Creative Commons
Agradecemento á Comisión para a
Accesibilidade Cognitiva e TEA de Galicia
A Federación Autismo Galicia nace no ano 1995 por iniciativa
das entidades que teñen como finalidade o traballo en prol
das persoas con trastornos do espectro do autismo, (TEA),
o que se reflicte na especialización da intervención e nos
servizos específicos creados ao longo destes anos.
O espírito de confluencia que deu lugar a esta Federación
de entidades galegas mantense hoxe en día máis vivo ca
nunca, nun momento no que os TEA acadan un alto grao
de incidencia na poboación e as súas necesidades e as das
familias fanse máis evidentes. Ben é certo que nos últimos anos
téñense experimentado importantes avances na intervención
específica e danse pasos cara á efectiva inclusión social
adoptando medidas de mellora en todos os eidos nos que se
desenvolve a vida da persoa con TEA. Un exemplo dos cambios
é o propio concepto de discapacidade baseado nos múltiples
factores que a ocasionan:
«A discapacidade é un concepto que evoluciona e que
resulta da interacción entre as persoas con discapacidades
e as barreiras debidas á actitude e ao entorno que evitan
a súa participación plena e efectiva na sociedade, en
igualdade de condicións coas demais». Convención Internacional
de Persoas con Discapacidade, 2006.
4
A idea fundamental que este concepto formula é que a discapacidade non só ven dada polos factores internos da persoa,
senón tamén polas barreiras que a actitude e o entorno lle
engaden. Neste sentido é preciso avanzar na construción
dunha sociedade na que todos os cidadáns poidan desenvolverse plenamente; unha sociedade inclusiva de todos e para
todos. Para isto, cómpre eliminar barreiras e provocar cambios
de actitude, partindo, entre outras medidas, da introdución de
axustes razoables no entorno que faciliten o seu uso, incorporando medidas que o fagan máis comprensible e amigable.
Todos nós atopamos nalgún momento barreiras cognitivas
que nos impiden desenvolvernos con plena autonomía: sinais
ou normas de uso inexistentes ou confusas, que non resultan
de axuda, por exemplo, para atopar unha consulta nun hospital, entender como usar un armario nun vestiario, pasar o torno
da piscina ou como e onde inserir a tarxeta no autobús. Estas
dificultades que poden presentárselle a calquera persoa, son,
para aquelas con problemas de comunicación, elementos
engadidos que dificultan o seu goce dos servizos da comunidade; barreiras cognitivas que impiden a súa plena autonomía.
Dende a Federación Autismo Galicia, queremos contribuír á
construción desa sociedade igualitaria dende a nosa experiencia coas persoas con TEA e transmitir o noso coñecemento
a través de propostas de mellora no entorno, entendendo por
Comprendo o meu entorno
este tanto os espazos nos que nos desenvolvemos como a
forma en que os utilizamos. Para implantarse de xeito efectivo, estas propostas precisan da incorporación de políticas de
accesibilidade; e do apoio de todos os sectores da sociedade como administracións públicas, empresas, colectivos ou
persoas. Sobre todo, precisamos dun cambio de visión e de
actitude sobre o que significa un entorno “para todos”, aquel
que poidamos utilizar con plena capacidade, no que non hai
muros demasiado altos, senón axudas para salvalos.
1. Accesibilidade: universal e cognitiva
2. Trastornos do espectro do autismo
3. Eliminando barreiras de comunicación:
boas prácticas
A publicación Comprendo o meu entorno forma parte da nosa
proposta de mellora do entorno. Partindo do concepto de
accesibilidade universal, recollemos os aspectos relacionados
coa accesibilidade cognitiva para describir a continuación
cales son as necesidades que, neste aspecto, presentan as
persoas con trastornos do espectro do autismo e de onde se
derivan. Rematamos este documento cunha serie de propostas de mellora no entorno baseadas na utilización de sistemas
alternativos de comunicación e outros apoios visuais.
Esta guía foi elaborada por un equipo técnico multidisciplinar,
formado por técnicos da Federación Autismo Galicia e as súas
entidades membro pero, sobre todo, non sería posible sen o
apoio e colaboración de persoas con trastorno do espectro do
autismo que achegan a visión e a actitude para construír a
sociedade que queremos para “todos”.
Comprendo o meu entorno
5
1.Accesibilidade universal
e accesibilidade cognitiva
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.1. ACCESIBILIDADE UNIVERSAL
1.1.1. Definición de accesibilidade universal
Non hai moito tempo o concepto de accesibilidade estaba ligado de forma case exclusiva á supresión de barreiras
arquitectónicas, mentres que na actualidade falamos de
accesibilidade universal, un concepto moito máis amplo que
recolle as necesidades de todas as persoas.
A accesibilidade universal é entendida como a norma ou
condición que deben cumprir os entornos, procesos, bens,
produtos e servicios, así como os obxectos ou instrumentos,
ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables
e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e de forma máis autónoma e natural posible.
É unha característica básica do entorno construído. É a condición que posibilita o chegar, entrar, saír e utilizar as casas, as
tendas, os teatros, parques, e os lugares de traballo. A accesibilidade permite ás persoas participar nas actividades sociais e
económicas para as que se concibiu o entorno construído. Isto
implica, non só a eliminación de barreiras físicas, senón tamén
psicolóxicas, culturais, informativas e comunicativas.
1.1.2. Lexislación que a regula
Neste apartado imos recoller as principais leis e decretos
en materia de accesibilidade universal aplicada aos espazos
públicos.
Comprendo o meu entorno
CONVENCIÓN DOS DEREITOS DAS PERSOAS CON
DISCAPACIDADE
Foi aprobada na Asemblea Xeral da ONU o 13
de decembro de 2006 e a súa ratificación por
parte dos estados membros comezou o 30 de
marzo de 2007. Menciona a accesibilidade coma
un dos seus principios xerais. É un instrumento
internacional dos dereitos humanos destinado
a protexer os dereitos e a dignidade da persoas
con discapacidade e garantir que gocen de plena igualdade ante a lei. En España a Convención
entrou en vigor de xeito xeral e para España o
3 de maio de 2008 e menciona a discapacidade
como un concepto que evoluciona e resulta da
interacción entre as persoas con deficiencias e
barreiras debidas á actitude e ao entorno. A lexislación española, e en concreto a Lei 6/2011 de
adaptación normativa á Convención, establece
que unha sociedade aberta e inclusiva ten que
modificar o entorno solidariamente para acoller
ás persoas con discapacidade como elementos
enriquecedores.
7
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
REAL DECRETO 1/2013, 29 DE NOVEMBRO POLO QUE
SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI XERAL DOS
DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE E DA SÚA
INCLUSIÓN SOCIAL
Garante o dereito á igualdade de oportunidades e de
trato, así como o exercicio real e efectivo dos dereitos
por parte das persoas con discapacidade en igualdade
de condicións respecto do resto de cidadáns e cidadás,
a través da promoción da autonomía persoal, da accesibilidade universal, do acceso ao emprego, da inclusión
na comunidade e a vida independente e da erradicación de toda forma de discriminación. Do mesmo xeito,
establece o réxime de infraccións e sancións que garanten as condiciones básicas en materia de igualdade
de oportunidades, non discriminación e accesibilidade
universal das persoas con discapacidade.
RD 366/2007 DE 17 DE MARZO POLO QUE SE ESTABLECEN AS
CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN
DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE NAS SÚAS RELACIÓNS
COA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO
Neste real decreto establécense as condicións de accesibilidade e non discriminación que respecto das persoas con discapacidade deben presentar as Oficinas
de Atención ao Cidadán, impresos e calquera outro
medio que a Administración do Estado dedique especificamente e no ámbito das súas competencias ás
relacións cos cidadáns.
8
RD 505/2007 DE 20 DE ABRIL POLO QUE SE APROBAN
AS CONDICIÓNS BÁSICAS DE ACCESIBILIDADE E NON
DISCRIMINACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
PARA O ACCESO E UTILIZACIÓN DOS ESPACIOS PÚBLICOS
URBANIZADOS E EDIFICACIÓNS
O obxecto deste real decreto é establecer unhas
nocións básicas para garantir a todas as persoas a utilización non discriminatoria, independente e segura
dos edificios, coa fin de facer efectiva a igualdade de
oportunidades e a accesibilidade universal.
RD 1544/2007 DE 23 DE NOVEMBRO POLO QUE SE REGULAN
AS CONDICIÓNS BÁSICAS DE ACCESIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN PARA O ACCESO E UTILIZACIÓN DOS MODOS DE
TRANSPORTE PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Dentro deste real decreto establécense as condicións
básicas de accesibilidade e utilización dos distintos
xeitos de transporte para persoas con discapacidade.
LEI 39/2006 DE 14 DE DECEMBRO DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN ÁS PERSOAS EN SITUACIÓN
DE DEPENDENCIA
Esta lei ten como principios sinalados a calidade, sustentabilidade e accesibilidade dos servizos de atención
ás persoas en situación de dependencia.
Comprendo o meu entorno
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
Segregación
Integración
Exclusión
Inclusión
Comprendo o meu entorno
9
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.1.3. Deseño universal. Definición e obxectivos
A idea de accesibilidade evolucionou nos últimos anos ata
chegar a unha nova concepción, onde o principal obxectivo
consiste en concibir o entorno e os obxectos de forma inclusiva ou apta para todas as persoas. Xorde así o concepto de
deseño universal, o cal está baseado no principio de que só
existe unha poboación que está composta por individuos
con distintas características e habilidades.
O deseño universal é unha estratexia encamiñada ao desenvolvemento de entornos, produtos, tecnoloxías da información e da comunicación e servicios accesibles para todos
e que todos poidan utilizar; en especial as persoas con discapacidade na maior medida posible. A aplicación dos principios do deseño universal ás medidas e solucións xerais
adoptadas pode eliminar as barreiras para a participación
na vida social. O deseño consiste en concibir entornos que
con normalidade poidan ser utilizados por todos os cidadáns, con independencia de calquera característica física,
sensorial ou intelectual.
O obxectivo do deseño universal é facer a vida máis sinxela
para todos permitindo que tanto o entorno construído como
a comunicación e os produtos ou servizos sexan accesibles e
10
comprensibles. O concepto de deseño universal promove un
maior protagonismo do usuario coa meta de satisfacer as necesidades das persoas con discapacidade e os seus cambios
ao longo da vida.
O deseño universal ofrece unha filosofía e unha estratexia básicas no proceso que conduce cara a plena cidadanía, a vida
independente e a integración. A clave neste proceso é a de
achegar solucións xerais, isto é, solucións adoptadas para o
conxunto dos usuarios. O obxectivo é estender este concepto
na maior medida posible, de xeito que se poida reducir ao
mínimo a necesidade de solucións que impliquen algún grao
de segregación ou existencia de servicios especiais. O deseño
universal contribúe á prevención e eliminación de obstáculos
para a integración, tanto psicolóxica como educativa, ou con
respecto ao ámbito familiar, cultural, social, profesional, urbano e arquitectónico.
Deste xeito pode axudar a definir unha política coherente para
a inclusión das persoas con discapacidade, así será posible
alcanzar o obxectivo común de fortalecer a súa autonomía.
Pode afirmarse que o deseño universal enriquece o concepto
de accesibilidade co principio de“mesmas oportunidades
para todos” garantindo así a participación e a inclusión dun
xeito igualitario
Comprendo o meu entorno
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.1.4. Principios básicos do deseño universal
Para cumprir cos obxectivos expostos anteriormente faise
preciso detallar ao máximo as necesidades dos usuarios de
xeito que os encargados de deseñar e planificar teñan unha
idea concreta dos obxectivos do deseño universal.
Os principios básicos do deseño universal son os seguintes:
1.Uso universal, para todos: deseño útil e aproveitable
para calquera grupo de usuarios.
5. Tolerancia para o erro ou o mal uso: o deseño minimiza
os danos e consecuencias adversas das accións realizadas involuntariamente ou por erro.
6. Pouco esforzo físico requirido: o deseño pode ser utilizado eficiente e confortablemente coa mínima fatiga.
7.Tamaño e espazo para achegamento, manipulación e
uso: tamaño e espazo adecuados para a aproximación,
alcance, manipulación e uso, con independencia das
características físicas do usuario, postura ou mobilidade.
2.Flexibilidade de uso: o deseño adáptase a un amplo
abano de preferencias e destrezas individuais, facilita
a elección de métodos de uso, acomoda alternativas e
adáptase ás capacidades dos usuarios.
3.Uso simple e intuitivo: permite un uso sinxelo de entender, con independencia da experiencia do usuario,
o seu coñecemento, habilidade da linguaxe ou capacidade de concentración.
4.Información perceptible: o deseño aporta a información necesaria de forma efectiva ao usuario con independencia das condicións ambientais ou as habilidades
sensoriais do individuo.
Comprendo o meu entorno
11
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.2. ACCESIBILIDADE COGNITIVA
1.2.1. Definición de accesibilidade cognitiva
A accesibilidade cognitiva é un campo de recente expansión
en beneficio das persoas con discapacidade intelectual ou
do desenvolvemento, como os trastornos do espectro do
autismo.
Cando falamos de accesibilidade cognitiva estamos a facer
referencia ás capacidades cognitivas no relacionado co procesamento da información; é dicir, a atención, percepción,
memoria, resolución de conflitos ou comprensión.
A organización estadounidense de persoas con discapacidade intelectual The Arc2 define a accesibilidade cognitiva
como “o conxunto de requisitos que o proceso de comunicación debe cumprir para que a información sexa accesible”.
O termo accesibilidade cognitiva é de recente creación e
xurdiu da cultura da accesibilidade, na que a eliminación
de barreiras arquitectónicas no entorno físico liderou a con-
12
cienciación social de que todas as persoas teñen dereito a
gozar da autonomía propia e a integrarse na sociedade. Á
accesibilidade cognitiva chegouse máis tardiamente, xa que
as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento tiveron menos oportunidades para expresar os seus
desexos e necesidades.
A accesibilidade cognitiva abrangue todas aquelas estratexias
que axudan a que as persoas que presentan necesidades
derivadas de procesos cognitivos diferentes poidan acceder
á información e procesala para utilizala na súa adaptación
ao medio. No caso das persoas con trastorno do espectro do
autismo, unha área de especial dificultade nestas persoas é
o procesamento da información que vén do entorno social e
a interacción con outras persoas. Para iso, apóstase pola mellora da sinalización dos espazos; sinalando non só o espazo,
senón tamén a secuencia de acción, é dicir, o proceso para
desenvolver unha acción dentro dese espazo.
Comprendo o meu entorno
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.2.2. Barreiras na comunicación, a quen afectan?
O caso de persoas que presentan graves problemas na comunicación, este proceso cotián pode converterse nunha
barreira que pode ocasionar o illamento do individuo, a perda
da autonomía persoal e a dependencia doutras persoas para a
realización de calquera tarefa.
A maior parte das dificultades cognitivas que presentan as
persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento
relaciónanse coas dificultades que teñen para comprender
o entorno que os rodea. Débense intentar levar a cabo procesos de apoio á comprensión dos entornos cos avances da
regulación e as prácticas reais. A comprensión facilitada dos
entornos onde as persoas viven, conviven e realizan certas
actividades benefician non só as persoas con discapacidade
intelectual ou do desenvolvemento, senón tamén a persoas
maiores que teñen déficits cognitivos e de comprensión e
que lles poden levar a non comprender os entornos que
non lles son familiares; ou os estranxeiros que descoñecen o
idioma do lugar onde se atopan.
Comprendo o meu entorno
13
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.2.3. Sistemas alternativos e aumentativos
de comunicación
Os Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación
(SAAC) son xeitos de expresión distintos da linguaxe falada,
que teñen como obxectivo aumentar (aumentativos) ou
compensar (alternativos) as dificultades de comunicación e
linguaxe de moitas persoas.
A comunicación e a linguaxe son esenciais para toda persoa,
para relacionarse cos demais, aprender, gozar e para participar na sociedade. Grazas a estes sistemas, non deben verse
freados polas dificultades na linguaxe. Por esta razón, todas
as persoas, xa sexan nenos, mozos, adultos ou persoas maiores que por calquera motivo non adquirisen ou perderan un
nivel de fala suficiente para comunicarse de xeito satisfactorio, poden precisar un sistema alternativo de comunicación.
Entre as persoas que se poden beneficiar do uso dun SAAC,
podemos atopar persoas con parálise cerebral, discapacidade intelectual, trastornos do espectro do autismo, enfermidades neurolóxicas tales como a esclerose, o Párkinson, as
14
distrofias musculares, os traumatismos craneo-encefálicos, as
afasias, ou as pluridiscapacidades de tipoloxías diversas entre
outras moitas.
A comunicación alternativa e aumentativa non é substitutiva senón complementaria á rehabilitación da fala natural
e ademais pode axudar ao éxito da mesma cando esta non
sexa posible. Tan pronto como se observen dificultades no
desenvolvemento da linguaxe oral ou pouco despois de que
calquera accidente ou enfermidade provocase o seu deterioro, poden utilizarse estes sistemas comunicativos, xa que non
existe ningunha evidencia de que o uso da comunicación
alternativa e aumentativa interfira no desenvolvemento ou a
recuperación da mesma.
Ademais dos SAAC, hai outros tipos de apoios que se adaptan
ás necesidades destas persoas con barreiras na comunicación, que son os apoios visuais; que se poden definir coma
unha representación visual dunha realidade, que pode ser
un obxecto, unha acción un concepto e mesmo un elemento
gramatical.
Comprendo o meu entorno
1. Accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva
1.2.4. Características do apoio visual
• O apoio visual utilizado na comunidade debe ser válido
para persoas con distintas capacidades.
As persoas con trastorno do espectro do autismo son excelentes pensadores visuais, é dicir, comprenden, asimilan
e reteñen mellor a información que se lles presenta de
xeito visual. Esta forma de representar a información de xeito
concreto, visual e permanente axústase ás características
específicas do pensamento dunha persoa con autismo. Isto
deu lugar a que o uso de apoios visuais se convertese nunha
das estratexias básicas e fundamentais nos procesos de
aprendizaxe das persoas con TEA.
• Debe ser intuitivo e sinxelo de comprender de acordo á
experiencia, coñecementos, habilidades lingüísticas ou
capacidade de atención do usuario.
Existen diferentes tipos de apoios visuais (obxectos reais en
miniatura, fotografías, debuxos a man,pictogramas, linguaxe
escrita...) e a elección do máis axeitado depende das características, necesidades e intereses de cada persoa. Sexa cal sexa
o tipo de apoio visual que se utilice, hai unhas características
básicas que todos deben cumprir:
Comprendo o meu entorno
• O deseño debe comunicar de xeito eficaz a información
necesaria para o usuario atendendo ás condicións ambientais ou ás capacidades sensoriais do mesmo.
• Non debe proporcionar información ambigua, pouco
precisa ou indesexable.
• Debe proporcionar unha información con independencia da cultura do individuo.
• Os apoios visuais deben ser sinxelos de recordar, con
vontade de permanecer no tempo sen que sufra degradación a información que conteñan.
• Deben ter sentido no contexto no que se sitúan.
15
2.Trastornos do espectro do autismo
2. Trastornos do espectro do autismo
Os trastornos do espectro do autismo (TEA) son trastornos
complexos que afectan ao desenvolvemento do sistema
nervioso e o funcionamento cerebral, especialmente nos aspectos relacionados co procesamento da información que
provén dos estímulos sociais. Na actualidade non é posible
determinar unha causa única que explique a aparición dos
TEA, pero si a forte implicación xenética da súa orixe.
Debido aos avances médicos e científicos, os criterios utilizados para definir e diagnosticar estes trastornos cambian
co tempo. Aínda que non é o único manual, adóitase tomar
como referencia a nivel mundial o Manual Diagnóstico e Estatístico dos Trastornos Mentais, máis coñecido como DSM
(Diagnostic and Statistic Manual of Mental Disorders), realizado pola Asociación Americana de Psiquiatría (American
Psychiatric Association). Este manual recolle unha serie de
criterios diagnósticos que definen distintas enfermidades e
trastornos baseándose na experiencia clínica e comprobados
mediante estudos de campo.
O DSM-IV incluía o autismo dentro dos “Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento” (TXD). No DSM-V, este termo
substitúese por “Trastorno do Espectro do Autismo”, que se
inclúe, á súa vez, nunha categoría máis ampla de “Trastornos
do Neurodesenvolvemento”. Polo tanto, atopámonos tamén
ca substitución da clasificación categorial do TXD (que no
Comprendo o meu entorno
DSM IV incluía: Trastorno Autista, Síndrome de Asperger,
Síndrome de Rett, Trastorno Desintegrativo Infantil, TXD non
especificado) nunha única categoría dimensional que é o
“Trastorno do Espectro do Autismo”.
Por outro lado, tamén podemos sinalar como un cambio
importante a redución da tríade referida a comunicación,
socialización e comportamento a dous dominios, déficits
sociais e de comunicación e interesen restrinxidos e comportamentos repetitivos.
Un dos cambios máis positivos do DSM-V é o de establecer
que os TEA poidan ser diagnosticados xunto con outras alteracións ou trastornos coma o trastorno por déficit de atención
e hiperactividade (TDAH), trastorno do movemento estereotipado, trastorno obsesivo compulsivo (TOC) ou outros
trastornos mentais como a ansiedade ou a esquizofrenia. O
traballo no campo do autismo demostra que este pode estar
presente con calquera outro trastorno do desenvolvemento
ou outro trastorno mental, podendo cambiar o cadro clínico
ao longo dos anos.
Actualmente DSM-V engloba o TEA nunha nova categoría
denominada “Trastornos do Neurodesenvolvemento”. Co
cambio de nome, trátase de resaltar a dimensionalidade do
trastorno nas diferentes áreas que se ven afectadas e a dificultade para establecer límites precisos entre os subgrupos.
17
2. Trastornos do espectro do autismo
Os TEA caracterízanse polos seguintes criterios1:
1. Déficits persistentes de comunicación social e interacción
social en múltiples contextos, como:
• Déficits na reciprocidade socio-emocional: que vai, por
exemplo, dende un achegamento social inusual e un fracaso
na reciprocidade das conversas a unha capacidade reducida
de compartir intereses, emocións ou afecto ou a un fracaso
no momento de iniciar interaccións sociais ou responder
ás mesmas.
As persoas con TEA teñen problemas coa aprendizaxe
que se ha de transmitir socialmente, que adoita adquirirse
mediante a observación e a imitación. Por iso ás veces
certos costumes sociais, aparentemente sinxelos para nós,
como saudar, requiren para elas dunha aprendizaxe previa.
• Déficits nas condutas de comunicación non verbal: que van por
exemplo dende unha integración escasa entre a comunicación verbal e non verbal ata un contacto ocular escaso, presentando dificultades para manter a mirada ou unha linguaxe
corporal anómala. Presentan así mesmo déficits na comprensión e o emprego de xestos e poden chegar a unha carencia
total de expresividade facial e comunicación non verbal.
Atopámonos cun un amplo espectro que abrangue dende
persoas sen linguaxe verbal, a persoas cunha linguaxe verbal adecuada, mesmo cun exquisito vocabulario. Expresar
necesidades, seguir instrucións sinxelas ou preguntar e
contestar a preguntas pode resultar moi complicado para
as persoas con TEA. Ademais, a comprensión de bromas ou
dobres sentidos constitúen acotío unha dificultade engadida. Por exemplo, frases feitas como “ter a cabeza chea de
paxaros” poderían ser tomadas de forma literal tendo que
explicarllas para que comprendan o seu significado. Incluso
naqueles que desenvolven unha linguaxe verbal, é frecuente unha entoación inusual e a presenza de ecolalias (uso
repetitivo da linguaxe).
• Déficits no desenvolvemento, mantemento e comprensión das
relacións, que van, por exemplo, dende dificultades para
axustar a conduta aos diversos contextos sociais ata problemas para participar en xogos que impliquen imaxinación
ou para iniciar amizades. Poden chegar a unha ausencia de
interese nas persoas do seu grupo de idade.
As persoas con TEA teñen intereses individuais, mostran
interese polas outras persoas e por interactuar, aínda que
ás veces o xeito no que o expresen non sexa o adecuado.
Por iso precisan aprender a relacionarse respectando, por
exemplo, as distancias interpersoais ou coñecendo as normas sociais para iniciar ou manter unha conversa.
1. Tradución do DSM-V ao castelán por Rubén Palomo Seldas e ao galego pola Federación
Autismo Galicia.
18
Comprendo o meu entorno
2. Trastornos do espectro do autismo
2. Presentan patróns de comportamento, intereses ou actividades restrinxidos e repetitivos:
• Movementos motores recorrentes, aliñación de ob­xectos,
linguaxe estereotipada ou repetitiva (ecolalia), balanceos...
• Adherencia a rutinas de maneira que mostran malestar ante
cambios. Insisten en facer sempre as mesmas actividades
ou rituais, como por exemplo seguir sempre a mesma ruta
para ir ao colexio ou comer sempre os mesmos alimentos.
• Intereses altamente restrinxidos: tenden a mostrar unha
inusual fascinación por temas concretos, apego excesivo
ou preocupación excesiva con obxectos inusuais.
Paxaros na cabeza. Ilustración de Elisabet Martí.
Comprendo o meu entorno
• Hiper ou hipo-reactividade sensorial: intereses insólitos
polos aspectos sensoriais do entorno, aparente indiferenza
ao calor e o frío, resposta adversa a determinados sons
ou texturas, sentido do olfacto ou do tacto exacerbado e
fascinación polas luces ou obxectos que rodan.
19
2. Trastornos do espectro do autismo
Cada persoa con TEA é diferente, pero todas comparten
características comúns en distintos niveis de intensidade:
Niveis de severidade para o trastorno do espectro do autismo
Comunicación social
Intereses restrinxidos e condutas repetitivas
Nivel 3: “require apoio moi substancial”
Severos déficits en habilidades de comunicación social verbal e
non verbal que causan severas discapacidades de funcionamento.
Iniciación de interaccións sociais moi limitada e mínima resposta
ás aproximacións sociais de outros.
Preocupacións, rituais fixos e/ou condutas repetitivas que interfiren marcadamente co funcionamento en todas as esferas. Marcado
malestar cando os rituais ou rutinas son interrompidos; resulta moi
difícil afastalo do interese fixo ou retorna a el rapidamente.
Nivel 2: “require apoio substancial”
Marcados déficits en habilidades de comunicación social verbal
e no verbal; aparentes discapacidades sociais incluso recibindo
apoio; limitada iniciación de interaccións sociais e reducida ou
anormal resposta ás aproximacións sociais de outros.
Rituais e condutas repetitivas, preocupacións ou intereses fixos que
aparecen con suficiente frecuencia como para ser obvios ao observador casual e interfiren no funcionamento en contextos variados.
Evidénciase malestar ou frustración cando se interrompen rituais e
condutas repetitivas; dificultade a afastalo dun interese fixo.
Nivel 1: “require apoio”
Sen recibir apoio, os déficits na comunicación social causan discapacidades observables. Ten dificultade ao iniciar interaccións
sociais e demostra claros exemplos de respostas atípicas ou non
exitosas ás aproximacións sociais de outros. Pode aparentar unha
diminución no interese de interactuar socialmente.
Rituais e condutas repetitivas que causan interferencias significativas co funcionamento nun ou máis contextos. Resiste intentos
de outros para interromper os rituais e condutas repetitivas ao ser
afastado dun interese fixo.
Figura 1: Niveis de severidade para o TEA2.
2. Tradución ao castelán do DSM-V por Rubén Palomo Seldas e ao galego pola Federación
Autismo Galicia.
20
Comprendo o meu entorno
2. Trastornos do espectro do autismo
Existen varias teorías que, con maior ou menor aval experimental, dan indicacións do funcionamento psicolóxico das persoas
con TEA na actualidade. Estas teorías contribúen a comprender mellor ás persoas con TEA e profundar nos motivos polos
que a accesibilidade cognitiva é tan importante para a súa
autonomía e desenvolvemento persoal.
TEORÍA DO DÉFICIT DE ATENCIÓN CONXUNTA
(Mundy, Kasari e Sigman, 1992)3
Enténdese por atención conxunta a capacidade que demostran as persoas para coordinar a atención con respecto a un
interlocutor social, é dicir, compartir un enfoque común con
respecto a algún obxecto ou acontecemento. As habilidades
de atención conxunta son esenciais á hora de aprender a linguaxe así como para a comprensión do funcionamento do
mundo social.
A atención conxunta comeza a manifestarse antes dos 6
meses de idade mostrándose na capacidade do neno para
seguir a dirección indicada da mirada, un xiro da cabeza ou
un xesto co dedo por outra persoa, permitindo ao neno empezar a desenvolver as interaccións afectivas recíprocas que
serán cruciais no desenvolvemento posterior da comunica-
ción social. As habilidades de atención conxunta poderían
pronosticar o futuro desenvolvemento da linguaxe.
Estas habilidades axudan ao individuo a satisfacer as súas
necesidades e desexos e tamén son necesarias para ter
unha interacción axeitada e un desenvolvemento de relacións significativo.
Ante esta carencia de parámetros sociais para organizar o
seu mundo, é imprescindible que estas persoas poidan organizalo a través de claves sociais significativas e accesibles ás
súas capacidades. Trátase de organizar para elas un mundo
que poida ser predicible. Resulta por iso fundamental crear
espazos accesibles empregando apoios visuais que faciliten
a comprensión do mundo que as rodea. Así, unha secuencia
de pictogramas no vestiario dunha piscina podería ilustrar, en
tres ou catro escenas, os pasos a seguir para acceder á mesma,
favorecendo así tanto a comunicación como a comprensión
do mundo social para a persoa con autismo.
3. 1994- Mundy, P., Kasari, C. y Sigman, M. (1994). “Joint attention, developmental level, and
symptom presentation in autism”. Cambridge Journals: Development and Psichopathology.
Comprendo o meu entorno
21
2. Trastornos do espectro do autismo
TEORÍA DA MENTE
(Baron-Cohen e Frith, 1985)4
A chamada teoría da mente ou do déficit metarrepresentacional plantexa que as persoas con autismo presentan déficits
na súa capacidade de representar os estados emocionais
dos outros (pensamentos, crenzas, intencións e desexos) e
entender que son distintos aos propios.
A representación interna dos estados mentais doutra persoa
permítenos entender o que fai, poñernos no seu lugar e por
tanto entender o que a motiva a actuar dunha determinada
maneira. A persoa con autismo presenta dificultades para
decatarse do que a outra persoa pensa, o que comporta que
a conduta allea sexa para ela incomprensible ou carente de
sentido e non sexa, polo tanto, capaz de axustar a súa propia
conduta e favorecer así a interacción social. O déficit da teoría
da mente explica a dificultade que a persoa con autismo ten
para comprender os convencionalismos, os enganos, o sentido figurado dunha frase, as intencións, a ironía, a burla, ou ben
comprender certas habilidades sociais ou conversacionais
como respectar as quendas ou seguir o tema de conversación.
Sen unha teoría da mente, o mundo social convértese nun
lugar terrible e impredicible para a persoa con TEA. Tendo
isto en conta, debemos axudar á persoa con autismo introducindo regularidade no mundo social, facéndolle explícitos
aspectos da interacción social que ela non capta e ensinándolle estratexias para adaptarse en cada nova situación.
Por iso son necesarias medidas que axuden a estruturar o
ambiente reducindo a súa complexidade e que ao mesmo
tempo faciliten apoios para realizar actividades como o
desprazamento nun itinerario con autonomía e seguridade.
4. Baron-Cohen, S., Leslie, A. M. e Frith, U. (1985). Does the autistic child have a ‘theory of
mind’? Cognition.
22
Comprendo o meu entorno
2. Trastornos do espectro do autismo
TEORÍA DA COHERENCIA CENTRAL DÉBIL
(Frith, Happé e Siddons, 1994)5
Outra teoría que nos achega á comprensión das dificultades
das persoas TEA defende que o seu estilo de procesamento
é distinto ao das persoas con desenvolvemento típico (neurotípicas): trátase da hipótese da coherencia central débil.
A través dela explícase que as persoas neurotípicas teñen
tendencia a procesar a información que chega do contexto de
forma global, é dicir, o procesamento global predomina sobre
os detalles. No caso das persoas con TEA, o procesamento está
centrado nos detalles.
Imaxe: Willi Heidelbach. Flickr.
Imaxe: Monika Tugcu.
Fotocommunity.
Poñamos por caso, a montaxe dun crebacabezas. As persoas
neurotípicas centramos a atención no resultado final da composición, no seu significado; mentres que a persoa con autismo
centra a atención nas pezas do crebacabezas, de xeito que para
ela a composición será sempre igual, aínda que o resultado
final sexa, pro exemplo, un crebacabezas sen debuxo.
Isto explica a súa mellor execución en tarefas nas que prima
este tipo de procesamento como as figuras enmascaradas.
5. Frith, U., Happé, F. e Siddons, F. (1994). Autism and theory of mind in everyday life. Social
Development. 3, 108-124.
Comprendo o meu entorno
23
2. Trastornos do espectro do autismo
TEORÍA DO DÉFICIT NAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS
(Ozonoff, Pennigton e Rogers, 1991)
Outra liña de investigación céntrase nas funcións executivas,
que inclúen a planificación, a flexibilidade, a memoria de
traballo, a monitorización e a inhibición. Estas funcións son
necesarias tanto para unha acción motora sinxela (por exemplo, orientar a acción motriz para tomar un vaso de auga),
como para planificar e executar pensamentos e intencións
complexas (por exemplo, programar as actividades do día).
Como sabemos, a conduta nas persoas con autismo pode ser
ríxida e inflexible. Moitas persoas con autismo chegan a mostrar ansiedade ante cambios triviais no entorno e insisten en
seguir coas súas rutinas detalle a detalle. Poden mostrar así
mesmo problemas para inhibir respostas. Tamén presentan
dificultades para modificar a súa conduta ante unha nova información e teñen problemas para dotar dun sentido global
as actividades que se realizan, é dicir, presentan dificultades
na planificación.
En relación con estas dificultades, canto máis estruturado e
comprensible sexa o entorno, máis se favorece a súa independencia e autonomía. Á hora de fomentar a planificación
nas persoas con TEA, é moi importante adaptar os espazos
con claves visuais, xa que estas cumpren a función de “imaxes
mentais externas” para planificar e orientar a acción. É dese­
xable que os espazos públicos estean dotados de claves
visuais específicas para as rutinas habituais, posto que lugares ou situacións novas ou descoñecidas poden producirlles
ansiedade, frustración ou desconcerto ao non saber o que vai
suceder, como comportarse ou o que se espera deles.
24
Comprendo o meu entorno
2. Trastornos do espectro do autismo
Ademais destas hipóteses, existen unha serie de características sensoriais e perceptivas particulares nas persoas con
TEA, que a miúdo mostran alteracións no procesamento da
información acerca do seu propio corpo. Nas súas primeiras
descricións, Leo Kanner xa detallaba dificultades a este nivel
e están ben documentados os problemas e as atipicidades no
procesamento e desenvolvemento sensoriomotor. O rango
destas dificultades sensoriais é amplo.
As persoas con TEA teñen un mundo perceptivo moi distinto
ao resto das persoas. Posúen experiencias sensoriais perceptivas inusuais dende o punto de vista do desenvolvemento
típico. Estas experiencias poden ocasionar híper ou hiposensibilidade, variacións na percepción ou dificultades no
momento de interpretar a información obtida a través dun
sentido. Estas experiencias baséanse en experiencias reais,
pero poden parecer, soar ou ser sentidas de xeito completamente diferente polas persoas con TEA. Algunhas das
experiencias sensoriais máis comúns son:
Comprendo o meu entorno
• Hipersensibilidade ou hiposensibilidade: cada canal
sensorial funciona de modo diferente, por exemplo,
presentar hipersensibilidade auditiva (poden resultarlle
irritantes e incluso sentir dor ante sons concretos coma
unha moto ou a voz dun neno pequeno) e hiposensibilidade táctil (parecen non sentir dor nin apreciar os
cambios de temperatura). As persoas con TEA, ás veces,
levan a cabo condutas autoestimulatorias (falar cun
ton elevado ou mover as mans) que son vistas como
condutas “estrañas”, pero que para eles son estratexias
involuntarias que adquiren para facer fronte a esta hipo
ou hipersensibilidade. Por moito que estas condutas
parezan extravagantes o carentes de significado, resulta
prexudicial detelos sen coñecer que función desempeñan estas condutas (supresión da dor, estimulación,
relaxación) e ver de que xeito podemos cambiar esas
condutas por estratexias que impliquen a mesma
función e coas que poidan facer fronte a estas sensibilidades a miúdo dolorosas.
25
2. Trastornos do espectro do autismo
• Alteración ou fascinación debido a certos estímulos:
a fascinación que causan algúns estímulos é todo o
contrario á perturbación que causan outros: por un lado
a perturbación produce dor, mentres que a fascinación
é pracenteira e produce estados de calma e paz. A orixe
de cada unha destas alteracións ou fascinacións ten un
carácter moi individual. Un único estímulo pode xerar,
á par, fascinación e perturbación en diferentes persoas.
Algúns destes estímulos poderían ser determinadas
texturas, sons, olores ou sabores.
• Inconsistencia da percepción: a percepción incoherente
dos estímulos sensoriais é unha das características máis
desconcertantes das persoas con TEA. Por exemplo, un
neno que rexeita a súa comida favorita, ou un neno que
parece non oír e noutro momento reacciona ante un
son case imperceptible.
• Percepción Fragmentada: as persoas con TEA definen
ás persoas, cousas e lugares tomando como referencia
as partes en lugar do conxunto. De repente algo
que lles era familiar ata ese momento, pode chegar a
converterse en algo completamente estraño se algún
compoñente cambia, xa que poden recoñecer á súa nai
pola cor do vestido e non recoñecela se o vestido que
leva é dunha cor distinta.
26
• Percepción distorsionada: é o cambio que se pode dar
na percepción da forma, do espazo ou do son, sobre
todo pódense producir en momentos nos que están
sobreexcitados ou nerviosos, por exemplo, un neno que
teme baixar as escaleiras ou que ao subilas levanta os
pés demasiado por riba dos chanzos.
• Agnosia sensorial: é a dificultade que teñen algunhas
persoas con TEA para interpretar un sentido. Neste estado pódese perder a interpretación de calquera sentido.
A miúdo estas persoas actúan coma se verdadeiramente
estivesen cegos, xordos ou durmidos; pero normalmente é consecuencia dunha experiencia desagradable e
cada persoa tenta buscar as súas propias estratexias
para facerlle fronte.
• Percepción retardada: é habitual nas persoas con TEA
mostrar respostas tardías aos estímulos. Pode darse en
calquera canal sensorial (visión, audición, tacto olfacto
ou gusto). Por iso, as persoas con TEA precisan de máis
tempo para procesar as preguntas e as súas respostas,
para ver e identificar unha imaxe no seu conxunto ou
non son conscientes do perigo das alturas.
• Vulnerabilidade á sobrecarga sensorial: algunhas persoas con TEA pódense sentir sobrecargados o excedidos
en situacións que a outras persoas non afectarían.
Comprendo o meu entorno
2. Trastornos do espectro do autismo
Como vemos, os TEA son trastornos de gran complexidade
que afectan ao desenvolvemento e funcionamento cerebral,
especialmente nos aspectos máis directamente relacionados
co procesamento da información que procede dos estímulos
sociais. Independentemente do nivel cognitivo ou do maior
ou menor grao de consecución de habilidades, os TEA xeran
nas persoas que os presentan unha situación de indefensión
ante o mundo que as rodea que lles dificulta desenvolverse
en actividades cotiás básicas se non contan con apoios e
adaptacións axeitados. Dado que as persoas con TEA destacan pola súa boa capacidade para o procesamento da
información visual, ditas adaptacións deberán ter en conta
esta habilidade e nelas deberá predominar a información
visual, por exemplo, en forma de pictogramas ou fotografías.
A información visual dota ao entorno dun maior significado
para estas persoas, o que redunda nunha maior independencia, autonomía e autocontrol.
Comprendo o meu entorno
27
3.Eliminando as barreiras de
comunicación: boas prácticas
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Neste apartado imos ver algunhas ideas e exemplos referidos
a prácticas dirixidas á mellora da accesibilidade cognitiva en
espazos e servizos da comunidade. Estas propostas están
baseadas en experiencias con bos resultados no día a día
de persoas con TEA, na procura de que a contorna sexa máis
practicable para elas. Veremos exemplos de sinalización con
pictogramas que forman parte dun proxecto de mellora
da accesibilidade cognitiva testado por persoas con TEA,
así coma outros recursos ó noso alcance que poden ser de
utilidade á hora de crear espazos facilmente comprensibles.
Como se apunta en apartados anteriores, adóitase dicir
que as persoas con TEA son pensadores visuais e é certo
que a información visual é clave á hora de acadar un bo
procesamento, comprensión e recordo da información. A
nosa misión á hora de crear apoios é facilitar na medida
do posible ese proceso de percepción e comprensión e
favorecer o recordo, sen esquecer a importancia de poder
explorar o mundo que nos rodea de forma autónoma, así
coma a posibilidade de coñecer por anticipado os acontecementos futuros para minimizar así a ansiedade ante o
descoñecido e a incerteza dun entorno pouco amable. É
moi importante para as persoas saber o que se espera delas
en cada momento, que expectativas se teñen segundo a
situación e que pasos dar en cada momento sen necesidade
das indicacións de outros, podendo gozar da comunidade e
Comprendo o meu entorno
dos seus servizos de forma plena e autónoma. Para acadar
unha contorna fácil de ver e de procesar servirémonos dos
apoios visuais. Existen moitos tipos de apoios visuais e moitas técnicas que facilitan a comprensión do entorno para
persoas con discapacidade cognitiva ou TEA. De seguido
veremos algúns exemplos e ideas que nos poden axudar á
hora de sinalizar algún espazo ou deseñar algún apoio visual
necesario para facilitar a comprensión da contorna. Falamos
de apoios visuais porque, aínda que a maioría dos exemplos
que imos ver están feitos con pictogramas, non debemos
esquecer que son moitos os apoios que dan información
visual e axudan á mellor comprensión do mundo que nos
rodea. Entre eles os textos en lectura fácil, as imaxes, os
camiños visuais, as cintas para separar espazos ou delimitar
percorridos, dispositivos TIC, etc.
Cando falamos da elaboración de apoios visuais para persoas con TEA sabemos que unha das premisas principais
é a individualización. Sabemos que á hora de facer apoios
visuais as características, capacidades e intereses da persoa
son fundamentais para elaborar uns apoios visuais que sexan
funcionais, motivadores e efectivos. Que faremos cando eses
apoios visuais sexan para un grupo heteroxéneo de persoas?
Que criterios seguiremos? Cal é a mellor opción cando pretendemos sinalizar un espazo que será utilizado por moitas
persoas e moi diferentes entre si?
29
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Poderíase dicir que “o máis sinxelo é o mellor”. Baixo este
criterio elaboraremos os apoios visuais tendo en conta que
estas novas adaptacións (pictogramas, imaxes, camiños
visuais, etc.) requirirán dun debido proceso de aprendizaxe
posterior. Neste caso a nosa misión será procurar que ese
proceso de aprendizaxe sexa o menos complicado posible.
Teremos sempre presente que é moi difícil acadar a fórmula
exacta para que tódalas persoas comprendan de seguida os
apoios. Ás veces será necesario o uso de apoios adicionais ou
procesos de aprendizaxe que si serán individualizados e feitos á
medida de cada individuo. Non podemos esquecer que un bo
resultado, a efectividade e funcionalidade do proceso depende
tanto dos apoios como das competencias e as oportunidades.
A sinalización e os apoios da contorna non son por si sós
suficientes para acadar que esta sexa accesible cognitivamente;
é preciso para as persoas crear competencias, é dicir, levar a
cabo unha aprendizaxe para ler esas claves facilitadas así como
crear as oportunidades de uso significativo nesa contorna.
Iso si, contaremos cunha serie de apoios que nos servirán de
base, claves facilitadas sobre as que poderemos traballar, un
denominador común que dotará de sentido á súa contorna.
Unha vez temos claro que os apoios deben ser sinxelos e
claros, pensaremos en qué criterios seguir para que cheguen
a un grupo máis amplo de persoas. Durante o proceso de
creación, colocación e posteriormente, deberase comprobar a
súa funcionalidade con un grupo de persoas con características
diferentes con e sen discapacidade intelectual para verificar
que os apoios son comprensibles. Debido á heteroxeneidade
do trastorno do espectro do autismo como tamén ás diferenzas
30
entre as persoas con discapacidade intelectual, é practicamente
imposible realizar unha adaptación que sexa perfecta para todos. É imprescindible contar coas persoas destinatarias durante
o proceso de creación dos apoios, ninguén mellor que elas poderán dicir se os pasos que estamos a dar son os acertados na
busca de facilitar a comprensión. Posteriormente á colocación
da sinalización e dos apoios é moi importante avaliar periodicamente a súa eficacia e funcionalidade. O seu uso nos diferentes
contextos por distintas persoas aportará unha información moi
valiosa para realizar os cambios e modificación pertinentes para
mellorar a súa eficiencia. O feito de sinalizar e crear apoios debe
ser un proceso vivo e flexible, en constante revisión e aberto ós
cambios que se precisen de cara á mellora.
A continuación faremos un percorrido por distintas actuacións
que se poden ter en conta á hora de mellorar a accesibilidade
cognitiva. Falaremos de sinalización, axudas para estruturar
e delimitar o espazo, documentos en lectura fácil, libros
de comunicación e novas tecnoloxías da información e a
comunicación (TIC).
Primeiro abordaremos consellos e ideas para a elaboración
de sinais. Estas deben ser comprensibles e lexibles. A comprensibilidade refírese ás características sobre o contido e a
información que nos aportan os apoios, neste sentido deben
ser claros e doados para que se comprendan sen dificultade.
Por outro lado a lexibilidade fai referencia ás características
de forma dos apoios, é dicir, os apoios estarán deseñados e
construídos de forma que sexan fáciles de ver e de ler. A continuación veremos uns consellos para acadar unha sinalización
comprensible e lexible.
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
3.1. SINALIZACIÓN COMPRENSIBLE E LEXIBLE
Unha boa opción, non a única, á hora de escoller imaxes para
a sinalización é a dos pictogramas. Estes debuxos esquemáticos teñen ao seu favor que son sinxelos, lineais, con poucos
detalles e que favorecen a xeneralización. Algúns consellos á
hora de escoller os pictogramas son:
Mellorando a comprensión dos sinais
• Utilizar unha imaxe por concepto. Os pictogramas deben
ser sinxelos e intuitivos para facilitar as funcións de identificar, distinguir e recoñecer para comprender. En xeral
resultan máis comprensibles canto máis icónicas e parecidas á realidade. É certo que non para todas as persoas,
pero si observamos que adoitan ser as máis comprensibles
e representativas de primeiras, cun só golpe de vista.
Comprendo o meu entorno
Figuras 1 e 2: Nestes dous exemplos de pictogramas de “ATARSE OS CORDÓNS” a
figura 2 posúe información máis concreta é polo tanto máis comprensible.
• Pensando nas persoas con TEA e no seu estilo cognitivo,
que atende máis ás partes que ao significado global, é
recomendable que os carteis de sinalización (pictogramas) non se compoñan por moitas imaxes nun mesmo
recadro informativo xa que lles supón máis dificultade
integralas e acadar o significado global. Necesitan
información concreta e moitos elementos xuntos para
definir un concepto poden distraer a atención e dificultar a comprensión do significado xeral. (Exemplo:
figuras 1 e 2).
31
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 3: Exemplo de sinalización para un vestiario. Polo contexto
podemos deducir que a imaxe rodeada corresponde a unha parte dun
banco. Para unha persoa con TEA podería ser un “martelo”. Podería
pasar que se centrarse neste detalle perdendo o significado global que
desexamos transmitir que é o de vestiario.
• Outro detalle importante referido ás imaxes é que en
ocasións, as persoas con TEA poden presentar dificultades
de integración visual, en concreto co peche visual. Debido a
isto pódelles resultar difícil recoñecer figuras segmentadas,
é dicir, cando a imaxe se ve cortada ou incompleta non
funcionan os mecanismos de percepción adecuados que
lles permiten construír unha imaxe mental que axudaría a
comprender qué están a ver. O contexto e as imaxes que
acompañan a unha figura incompleta non teñen por que
axudar á comprensión debido as súas dificultades para
coñecer o contexto ou deducilo como explicamos con
anterioridade ó falar da coherencia central débil (UtahFrith).
(Exemplo: figura 3).
32
Figura 4: No caso de ter
que utilizar ámbalas dúas
imaxes, tentaríamos de
non utilizar a mesma imaxe
para os tres conceptos.
• Manter a coherencia de significado entre imaxes. Unha imaxe
por idea coa fin de reforzar a mensaxe, non utilizar unha
mesma imaxe para dous conceptos diferentes. (Exemplo:
figura 4).
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 5: A imaxe vai acompañada da etiqueta escrita, esta tipografía pode dificultar a comprensión das letras, polo que sempre
utilizaremos unha tipografía sinxela.
• A imaxe irá sempre acompañada da etiqueta escrita facilitando a asociación, cubrindo outra modalidade de entrada
de información e tamén para unificar a nomenclatura dos
espazos, asegurándonos de que todo o mundo utilice a
mesma etiqueta verbal para esa imaxe. A palabra ou palabras deben ir centradas, escoller unha tipografía simple
(ver información en documentos en lectura fácil) e que non
dificulte a percepción e comprensión das diferentes letras.
(Exemplo: figura 5).
Comprendo o meu entorno
Figura 6: Exemplo de tradución literal que pode dificultar a comprensión, canto máis claro e sinxelo máis doado de entender.
• Coidado cos apoios visuais que supoñen a tradución dun
texto a imaxes, podemos provocar o que se coñece coma
sobrecarga visual. Cando queremos facilitar a comprensión
dun texto tendemos a pensar que o mais útil é traducir palabra
por palabra a imaxes, coma se doutro idioma se tratase, pero
en moitas ocasións o que estamos a facer deste xeito é utilizar
demasiados estímulos visuais que en vez de aclarar a mensaxe
o que fan é complicala máis. Ás veces o exceso de estímulos,
moitos deles arbitrarios e pouco claros para moitas persoas,
poden provocar ruído visual e dificultar a comprensión global
da mensaxe. Mellor unha imaxe por cada concepto importante
procurando que as imaxes sexan o máis icónicas e universais
posible. (Exemplo: figura 6).
33
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 7: Nestes exemplos as frechas representan una parte importante do significado en cada imaxe. ¿Que pasaría se desapareceran ou
se non deramos conta delas? ¿Que se entendería no caso de non comprender as frechas?
• Coidado coas frechas. O uso de frechas é moi habitual á hora
de sinalizar percorridos ou indicar dirección, pero debemos
ter en conta que non deixan de ser símbolos arbitrarios
que requiren dunha aprendizaxe previa e que existen
moitas persoas con TEAque descoñecen o seu significado.
Con frecuencia utilízanse as frechas acompañando outras
imaxes para indicar dirección, para destacar unha parte
dun todo, para indicar movemento, para amosar causa e
efecto, para representar unha acción… (Exemplo: figura 7).
34
Figura 8: Podemos buscar imaxes claras que aporten o significado
sen necesidade de engadir elementos adicionais que poden non ser
comprendidos ou incluso distraer a atención da idea principal.
• Cando estamos a sinalizar debemos procurar escoller a
opción máis sinxela e a que supoña o menor número
posible de símbolos arbitrarios que poidan distraer do
concepto principal. (Exemplo: figura 8).
• Ás veces será necesario sinalizar algo máis que os espazos.
Nalgunhas ocasións sinalizaremos obxectos que poden
pasar desapercibidos ou que precisen dunha aclaración
sobre o seu uso. (Exemplo: figura 9).
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 9: Pode ser que nun primeiro golpe de vista o obxecto da primeira imaxe non nos diga moito sobre a súa utilidade. A imaxe amosa
a súa utilidade de forma facilmente comprensible.
A este respecto presentamos un exemplo obtido durante
o proceso de adaptación e sinalización do servizo das piscinas do Sar e Santa Isabel, en Santiago de Compostela, no
que participaron persoas da Asociación de Pais de Persoas
con TEA da Coruña (ASPANAES). Durante o proceso de
creación dos apoios, avaliouse a comprensión dos mesmos
cun grupo heteroxéneo de persoas con TEA e Discapacidade Intelectual asociada. Con este proceso de avaliación
pretendíase detectar as dificultades que poderían aparecer
de cara á comprensión dos pictogramas. (Exemplo: figura
10). Na imaxe seguinte podemos ver unha táboa na que
se recollen as respostas literais de 5 das persoas que participaron durante este proceso de avaliación. A forma de
presentar as imaxes era de unha en unha e sen etiqueta
escrita. Tratábase da primeira vez que vían esas imaxes e
anotábase a resposta literal que daban á pregunta “Qué é?”.
Observamos que na maioría dos casos resulta máis comprensible a imaxe na que se visualiza a acción que aquela
que representa só o obxecto.
Figura 10
Comprendo o meu entorno
35
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 11: Secuencia de uso da taquilla das piscinas Fontes do Sar.
36
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 13
Mellorando a lexibilidade dos sinais
Figura 12: Pictos norma colocados nos vestiarios de dúas piscinas.
• Secuenciar instrucións. Existen ocasións nas que dividir e
ilustrar unha acción en pequenos pasos simplificados favorece a comprensión e facilita o seguimento e planificación
da tarefa. (Exemplo: figura 11).
• Plasmar normas de uso. Algunhas persoas poden necesitar
que a información estea sempre á vista para recordar as
normas. (Figura12).
Comprendo o meu entorno
• No que se refire ó deseño e forma das imaxes temos que
recordar que a imaxe debe ser útil non bonita. Non abusaremos do uso das cores xa que o seu exceso pode distraer
a atención do significado global da imaxe.
• O contraste da imaxe principal co fondo tamén é importante. Se a cor de fondo é moi estridente podemos provocar que interfira coa imaxe e dificulte a percepción. Para
algunhas persoas os pictogramas en branco e negro con
gran contraste son os máis fáciles de procesar (exemplo
Manual AIGA, que se pode extraer deste link: http://www.
aiga.org/symbol-signs/). Noutros casos as liñas negras sobre fondo branco soamente non chegan a definir claramente as figuras e é necesario encher algunhas delas con
cor, realzando formas que aporten significado e axuden a
definir mellor o que estamos a amosar. (Figura 13).
37
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
• Existen moitos casos nos que o uso das cores pode ser
un recurso de apoio moi válido para diferenciar áreas ou
zonas, para distinguir camiños visuais dos que falaremos
mais adiante, para clarificar carteis informativos con varias
seccións, etc. (Exemplo: figura 14).
• A estética e manter a coherencia na forma tamén é importante. Coidaremos que as imaxes e a letra estean centradas. Da mesma maneira coidaremos que os apoios teñan
coherencia entre eles cando estean nun mesmo espazo
procurando que o estilo, tamaño da imaxe e a letra e os
materiais sexan similares.
Figura 14: Un exemplo da utilidade dos códigos de cor é a do
seu uso para delimitar ou sinalizar as plantas nun directorio, nun
centro de saúde, centro comercial, etc.
38
• O lugar onde se van colocar é tan importante coma a
súa forma. Para seren facilmente visibles, comprensibles
e funcionais, coidaremos de estudar os percorridos ou
itinerarios paso a paso. Resolveremos os problemas de
obstáculos no espazo, analizaremos os percorridos labirínticos, calcularemos a distancia dende á que deben ser
percibidos e clarificaremos os puntos de incerteza ou de
toma de decisións nun percorrido, referidos ós lugares
onde hai interseccións e debemos decidir que camiño
tomar para chegar ao noso destino.
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
• Estudaremos cal é a colocación máis axeitada segundo a
distribución e o uso do espazo. Colocaremos os sinais nun
lugar e á unha altura adecuada para seren vistos. Pensaremos na diversidade de persoas que poderán acceder a
eses apoios sen esquecer ás persoas en cadeira de rodas
é os nenos e nenas, polo que colocaremos os sinais a unha
altura axeitada para eles, evitando que teñan que flexionar
demasiado a cabeza para poder velos ou de que cheguen
a pasaren desapercibidos por ese motivo. Tendo clara a
altura apropiada, decidiremos se é mellor colocar os sinais
sobre as portas ou pola contra colocalos preto delas na
parede, pode darse o caso de portas que adoitan estar
abertas e iso dificultaría que o sinal estivera no campo de
visión axeitado en todo momento. Para algunhas persoas
con TEA é importante ter claro qué hai detrás das portas así
e como saber a cales delas se pode acceder e cales son de
prohibido o paso. (Figura 15).
• O material no que se han de imprimir ou plasmar os pictogramas tamén debe ser adecuado, teremos en conta que
sexa un material que non entorpeza a visión, que permita
que o texto e a imaxe sexa visible dende diferentes ángulos,
prestando atención aos reflexos de luces e os materiais moi
satinados que dificultan a discriminación das imaxes.
Comprendo o meu entorno
Figura 15: É de importancia empregar, na medida do posible,
pictogramas ou símbolos universais, que sexan de uso estendido
na comunidade e que probablemente poidan encontrar en outros
lugares favorecendo deste xeito a xeneralización e o acceso a diferentes ámbitos.
39
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
3.2. AXUDAS PARA ESTRUTURAR E DELIMITAR O ESPAZO
Outro recurso de baixo custo que pode resultar de utilidade para delimitar espazos é o uso de bandas guía e postes
separadores.
A estrutura e distribución de certos edificios xa construídos
pode resultar un labirinto incomprensible para moitas persoas.
En moitas ocasión o uso de sinalización visual con frechas
de dirección non é o suficientemente claro e intuitivo para
que o espazo sexa comprensible e practicable. En ocasións é
necesario o uso de camiños visuais, isto refírese á utilización
de bandas guía (figura 16), que son liñas de cor que recorren
o chan dende un punto a outro guiándonos durante todo
o percorrido ata o noso destino. A vantaxe que ten este
tipo de apoio para as persoas con TEA ou para calquera en
xeral é que a información que se precisa esta presente en
todo momento. Esta continuidade dá seguridade e achega
información fiable para ás persoas, resultando a opción máis
axeitada e facilitadora no caso de certos itinerarios. Ó longo
do percorrido é recomendable pór recordatorios visuais e
escritos do destino cara onde me leva ese camiño. Ás veces
poderemos empregar como apoio unhas pegadas (figura 17)
para marcar un lugar de espera, a posición correcta, un punto
de saída ou a dirección do paso.
40
Figura 16: Exemplos de bandas guía, que co obxectivo de
facilitar e mellorar a circulación dos doentes e do persoal algúns
hospitais están instalando nas súas instalacións.
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 18:
Exemplo de postes
separadores, que son
elementos que delimitan
xente, zonas ou espazos.
Figura 17:
Neste caso as
pegadas definen o
lugar dos pes para
acadar a posición
correcta diante do
espello e a pía, para
lavar as mans, os
dentes, etc.
Comprendo o meu entorno
Os postes separadores (figura 18), que se adoitan utilizar
para encarrilar filas ou para delimitar zonas ás que non se
pode acceder, poden ser de utilidade en moitas ocasións
nas que as marcas no chan, liñas ou pegadas, non sexan o
suficientemente claras. Se o noso interese está en delimitar
un espazo, as liñas no chan poden non ser eficaces para todos
xa que se precisan de varios requisitos para interpretalas.
Primeiro, que a persoa mire cara abaixo e preste atención
ao chan e, despois, que esa liña sexa comprendida coma un
límite, coma un muro que non se debe traspasar. En ocasións
o mais sinxelo e colocar postes de cordón ou cinta de cores
que non precisan de nada máis agás que topes con eles no teu
camiño, funcionan coma unha barreira física real, concreta,
visible e palpable que me obriga a parar ou me invita a seguir
o seu curso dependendo do caso.
41
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
3.3. DOCUMENTOS EN LECTURA FÁCIL
O termo lectura fácil refírese á unha adaptación dos textos
escritos que permite unha lectura e comprensión facilitada.
No caso das persoas con TEA tamén é importante coidar a
forma e contidos dos textos que se presentan, aínda que
vaian acompañados de imaxes. Son moitas as situacións ó
longo da vida na que, a través de textos, se nos da acceso á
información, á literatura e á cultura. E isto non so é un dereito
por si só, se non que nos permite o exercicio de outros,
como é o da participación. Necesitamos comprender para
poder tomas decisións, decisións que poden ser cruciais na
nosa vida. Proporcionar información de fácil comprensión
adaptando textos ou textos con imaxes danos acceso a
información lexislativa, documentos das administración
públicas, informes médicos, contratos de traballo, etc.
Debido á heteroxeneidade das capacidades comprensivas
e comunicativas resulta moi difícil elaborar ou simplificar
textos que sirvan para tódalas persoas polo que intentaremos
obviar a información superflua e dar prioridade a aquela
que resulta imprescindible e relevante en cada caso. Existen
diversos manuais que describen con detalle os criterios
a seguir para elaborar textos en lectura fácil. Neste caso
enumeraremos algúns deses criterios pensando en facilitar a
comprensión de textos para persoas con TEA. Estes criterios
clasificaranse en dous bloques referidos á comprensibilidade
do texto (redacción e uso da lingua, o contido) e á lexibilidade
(aspectos formais do texto).
42
Mellorando a comprensión dun texto
Algunhas das ideas que nos poden ser útiles á hora de
simplificar e facer máis comprensible un texto dende
o punto de vista do seu contido poden ser:
• Utilizar unha linguaxe precisa, sinxela e directa.
• As frases deben ser curtas explicando unha
soa idea por cada frase.
• Non utilizar metáforas ou dobres sentidos.
• Escoller palabras de uso frecuente.
• Empregar exemplos para explicar os termos
difíciles.
• Evitar conceptos abstractos.
• Utilizar a voz activa do verbo mellor que a
pasiva.
• Evitar frases negativas e negacións dobres.
• Cando o texto inclúa números mellor que se
escriban en cifra que en letra.
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
3.4. LIBROS DE COMUNICACIÓN
Mellorando a lexibilidade dun texto
Neste apartado veremos algúns consellos sobre os aspectos formais do texto que nos axudarán a hora de
lelo e percibilo de forma eficiente:
• No que se refire á grafía hai que coidar o seu
tamaño e a tipografía. As tipografías máis adecuadas son aquelas nas que as letras non teñen
adornos nin remate por exemplo: Verdana ou
Tahoma.
• Que as liñas de texto non sexan moi longas
(55-60 caracteres).
• Interliñado ancho proporcionado á letra.
• Parágrafos curtos (6-8 liñas).
• Texto sen xustificar á marxe dereita, o que facilita o cambio de liña durante a lectura.
• Cada páxina é mellor rematala cun punto para
evitar a perda de información ao pasar de
páxina.
Comprendo o meu entorno
A accesibilidade cognitiva non só se refire á necesidade de recibir información de forma pasiva por parte das
persoas, senón que debe incluír tamén a parte activa da
comunicación, debemos aportar apoios para facilitar o
acto de solicitar información. Un recurso moi útil neste
sentido son os librosde comunicación. Os libros de comunicación son ferramentas moi utilizadas no eido da
comunicación aumentativa e alternativa que permiten,
ás persoas que teñen dificultades na comunicación e no
uso da linguaxe oral, comunicarse de forma mais sinxela e funcional. Os libros de comunicación temáticos con
imaxes (pictogramas ou fotografías), poden conter vocabulario útil para determinados ámbitos e situacións,
tamén frases habituais, preguntas e respostas frecuentes,
etc. Estes libros resultan de utilidade en edificios públicos, museos, servizos deportivos ou centros de saúde, e
non só facilitan a comprensión a persoas con TEA e discapacidade cognitiva, senón que poden servir no caso
de persoas maiores, estranxeiros, persoas que non saben
ler ou calquera que presente un problema de comunicación transitorio ou permanente. Un moi bo exemplo
de caderno de comunicación é o “Caderno de apoio á
comunicación co paciente”, elaborado polo CEAPAT e o
IMSERSO, para mellorar a comunicación no ámbito hospitalario ou consulta médica. (Exemplo: figura 19).
43
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
Figura 19: Imaxe do interior do
“Caderno de apoio á comunicación
co paciente” que serve de apoio para
que o paciente lle poida explicar o
que lle pasa e desa forma, poder
axudalo do mellor xeito posible.
Estes libros con información facilitada para a comunicación
tamén servirán para que os traballadores que se atopen nos
puntos de información, de cara ó público, teñan recursos e
coñezan un modo adecuado de comunicarse con calquera
que poida acudir a eles para solicitar información ou axuda.
44
Comprendo o meu entorno
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
3.5. NOVAS TECNOLOXÍAS
Na actualidade as posibilidades que nos ofrecen as novas
tecnoloxías (tecnoloxías da información e a comunicación TIC)
no eido da accesibilidade son incalculables. A dispoñibilidade
de Internet en moitos ámbitos a través de redes inalámbricas
e a incorporación das tabletas, phablets e os móbiles de
nova xeración á vida cotiá, nun momento no que a maioría
das persoas teñen algúns destes dispositivos ou polo menos
a posibilidade de acceder a un a un costo relativamente
aceptable, bríndanos a oportunidade de crear e descargar
unha gran cantidade de apoios en formato dixital.
As TIC:
Figura 20: O punto de información debe estar
claramente sinalizado e fácil de atopar xa que
supón un lugar de referencia para as persoas
onde acudir no caso de precisar axuda.
Comprendo o meu entorno
• Destacan pola súa versatilidade, adaptabilidade e flexibilidade. Permítennos dispor, en pouco espazo, de apoios en
distintos formatos e niveis de comprensión adaptados á diversidade da cidadanía. Xa que a información que prestan é
eminentemente visual poden resultar un recurso moi útil no
caso de persoas con TEA podendo soportar diferentes sistemas de símbolos (pictográficos, fotografías, texto escrito)
sempre coa posibilidade de personalizarse en cada caso. No
que se refire á accesibilidade, as TIC permítennos multitude
de posibilidades de apoio á comunicación pero tamén de
acceso á información. En contraposición coa información
estática que nos ofrece un papel ou cartel, as TIC ofrécennos un medio dinámico no que ver ou ler información pero
45
3. Eliminando as barreiras de comunicación: boas prácticas
no que a persoa controla en todo momento a cantidade
desa información que está a recibir e o tempo que precisa para procesala. Ao momento, pódese adaptar á persoa,
permitindo cambios de cor, de tamaño, de brillo, definición,
intensidade, posibilidade de pór ou non unha saída de voz,
posibilidade de gravar, etc.
• Poden ser portátiles polo que acompañan á persoa e achegan seguridade en todo momento.
• Son predicibles no que respecta ao seu uso. Pulsar unha mesma icona sempre ten a mesma consecuencia, de xeito que dotan á persoa de control sobre a situación e resultan fiables.
• Dotan de autonomía á persoa favorecendo o seu desenvolvemento persoal e a súa autoestima.
Imaxe: Zinglife.
Son moitos, hoxe en día, os lugares nos que atopamos puntos de información fixos baseados nas novas tecnoloxías, con
pantallas táctiles nas que acceder a información sobre as instalacións ou o seu uso. Tamén é cada vez máis frecuente, o
uso dispositivos portátiles (tipo tabletas) que funcionan como
guías en museos, centros comerciais, edificios históricos, etc.
Estes soportes posibilitan ter información visual dispoñible en
distintos formatos e tamén un manexo autónomo por parte
da persoa modificando as características da interface (entorno
visual) que se adapta ao usuario.
46
Comprendo o meu entorno
4. Conclusións
Non debemos esquecer xamais a parte activa da persoa, a
necesidade de formar parte activa da sociedade e da contorna, polo tanto, é preciso pensar en puntos de información
accesibles no só dotados cos medios materiais necesarios
senón con persoas de referencia. As persoas tamén podemos
ser sinais, damos información, polo que debemos estar preparados para ofrecer esa información en diferentes formatos
respectando a diversidade.
Tentaremos cubrir as necesidades de adaptación de cada
espazo en tódolos sentidos de accesibilidade non so no
urbanístico, e manter o proceso vivo en todo momento permanecendo abertos as adaptacións e necesidades que vaian
aparecendo. Realizando os cambios que se consideren necesarios despois do uso e comprobación da funcionalidade dos
apoios, contando sempre neste proceso coa participación
das persoas destinatarias deses apoios. Estamos a dar os primeiros pasos cara á consecución dunha comunidade na que
a inclusión e participación de todos sexa posible. A facilitación da contorna fai ás persoas capaces, autónomas; fomenta
a súa autodeterminación facilitándolles a posibilidade de
decidir. Dá poder á persoa, permite a participación activa
da persoa na comunidade, o exercicio da cidadanía activa.
A persoa síntese parte e participante desa comunidade. Este
control sobre a contorna achégalle seguridade. Un entorno
predicible e comprensible reflíctese dun xeito significativo en
dimensións tan importantes para a calidade de vida como é
o benestar emocional.
Comprendo o meu entorno
47
Bibliografía
- Ginnerup, S. Comité de expertos sobre Diseño Universal
(2010): Hacia la plena participación mediante el Diseño Universal. Madrid: Ministerio de Sanidad y Política social, Secretaría General de Política Social y Consumo, Instituto de
Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO).
- I Plan Nacional de Accesibilidad 2004-2012. Por un nuevo paradigma, el Diseño para Todos, hacia la plena igualdad de
oportunidades. Aprobado polo Consello de Ministros o 25
de xullo de 2003. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Secretaría General de Asuntos Sociales. IMSERSO.
- Galán, G. Congreso Internacional de Diseño Universal (2011).
Principios del Diseño Universal en pictografía. Málaga: Centro
europeo de recursos avanzados para la diversidad humana.
- Pérez Bueno, L.C; Andreu, A; CERMI y Telefónica (2010). La
accesibilidad en los centros educativos. Colección Telefónica
accesible. Madrid: Cinca.
- VV. AA. (2011). Bibliotecas accesibles para todos. Pautas para
acercar las bibliotecas a las personas con discapacidad y a las
personas mayores. Madrid: Ministerio de Santidad Política
Social e Igualdad. IMSERSO.
- Accesibilidad y capacidades cognitivas, movilidad en el entorno urbano, vialidad, transporte y edificios públicos. Conocimiento y experiencias (2009). Fundación ONCE e Technosite.
48
- Accesibilidad y capacidades cognitivas, movilidad en el entorno urbano, vialidad, transporte y edificios públicos. Legislación,
normativa y estándares (2009). Fundación ONCE e Technosite.
- Marcos Rodrigo, J.M; Romero Corral, D.; ARASAAC. Accesibilidad a la comunicación y señalética en entornos no habituales
mediante la utilización de un sistema de comunicación basado en pictogramas. (2011) Zaragoza: Gobierno de Aragón.
Centro Aragonés de Tecnologías para la Educación. Colegio
público de EE ALBORADA.
- Martínez, M. A; Cuesta, J.L e colaboradores (2013). Todo sobre
el autismo. Los trastornos del espectro autista. Guía completa
basada en la ciencia y en la experiencia. Tarragona: Altaria.
- Frith, U (2006). Autismo. Hacia una explicación del enigma.
Madrid: Alianza Editorial.
- De Clerq, H (2012). El autismo desde dentro. Una guía. Perú:
Eita; Ávila: Autismo Ávila.
- Bogdashina, O (2007). Percepción Sensorial en el Autismo y
Síndrome de Asperger. Experiencias sensoriales diferentes,
mundos perceptivos diferentes. Ávila: Autismo Ávila.
- Russell, J (1999). El autismo como trastorno de la función ejecutiva. Madrid: Editorial Médica Panamericana.
- Peeters, T (2008). Autismo: de la comprensión teórica a la intervención educativa. Ávila: Autismo Ávila.
Comprendo o meu entorno
- Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con
Discapacidade do 13 de decembro de 2006.
- García Muñoz, O. Lectura fácil: métodos de redacción y evaluación. Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
- Hogdon, L.A. (2002). Estrategias visuales para mejorar la
comunicación. Ayudas prácticas para la escuela y el hogar.
EEUU: Quirk Roberts Publishing.
- www.sid.usal.es
- Hernández, J.Mª (2007). Déjame que te hable de los niños y
niñas con autismo de tu escuela. Madrid: Teleno.
www.asociacionalanda.org
- Riviere, A (2001). Autismo: Orientaciones para la intervención
educativa. Madrid: Trotta.
- www.catedu.es/arasaac
- Proyecto Peana. Javier Tamarit.
http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/185/
cd/unidad_8/material_m8/programa_peana.pdf
- Pautas de deseño de pictogramas para todas as persoas. Fundación ONCE.
- Riviere, A., Martos, J. (2000). El niño pequeño con autismo.
Madrid: IMSERSO.
- Accesibilidad y capacidades cognitivas. Movilidad en el entorno urbano, vialidad, transporte y edificios públicos. Fundación
ONCE e Technosite.
- Mesibow, G., Howley, M. (2010). El acceso al currículo por alumnos con trastorno del espectro del autismo: uso del programa
TEACCH para favorecer la inclusión. Ávila: Autismo Ávila.
- Lectura Fácil. Puerta de acceso a la información, al conocimiento y a la lectura. Down España.
- Martos, J., González, P., Llorente, M. e Nieto, C. (2005). Nuevos desarrollos en autismo: El futuro es hoy. Madrid: APNAIMSERSO.
- Baumgart, D., Jonson, J., Helmstetter, E. (1996). Sistemas alternativos de comunicación para personas con discapacidad.
Madrid: Alianza psicología.
- Pautas de diseño de pictogramas para todas las personas.
(2011-2013). Fundación ONCE.
Comprendo o meu entorno
- Arquitectura y discapacidad intelectual. Momentos de coincidencia. Ángel B. Comeras Serrano e Antonio Estepa (coordinación). El entorno como factor de inclusión. Teresa Muntadas Peiro (páxinas 25 a 47).
- Linda Hodgon (2002). Estrategias visuales para mejorar la comunicación. Quirk Roberts Publishing.
- Caderno de apoio á comunicación co paciente. IMSERSO,
Centro de Referencia Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (2012).
49

Documentos relacionados