Galego

Transcripción

Galego
DO PRUDENTE SABER E O MÁXIMO POSIBLE DE SABOR é un proxecto de DO PARANÁ,
Espazo Serigráfico.
Un concurso que premiará aos orixinais seleccionados, con edición de obra en papel e xornada
de estampación en vivo de filloas con chocolate, aberta ao público.
O seu propósito é promover, valorar e expandir a técnica serigráfica como medio de creación,
experimentación e edición. Pretende difundir obras orixinais múltiples e procesos creativos.
Busca establecer relacións colaborativas entre produtores e coleccionistas privados, empresas
e institucións.
Conta coa colaboración de:
Tita Fraga, artista, filloeira | Nicolás del Río, deseñador, web | Kenya Pineda, ilustradora, loxística |
Uqui Permui, tipografía e gráfica... entre outr*s, e mailos membros do Xurado.
BASES DE PARTICIPACIÓN
1. Porán optar ao premio, *s interesad*s no ámbito da edición de arte, ilustración, deseño… e que presenten orixinais editables a través
da técnica serigráfica. É condición indispensable, estar presente o día da entrega do premio, para a numeración e firma da edición e que
os orixinais no haxan sido presentados previamente a outros concursos ou certames, en espera de resolución.
2. Pódese participar en calquera das dúas categorías (Saber e Sabor) ou en ambas. O premio outorgarase a 1 participante por categoría.
3. DOSSIER: *s interesad*s presentarán: A) FICHA DE INSCRICIÓN debidamente cuberta; B) FICHA OBRA por cada unha das obras
postuladas, sen limitación no número de orixinais por autor-a; C) AUTORIZACIÓN de publicación de imaxes debidamente asinada; D)
ORIXINAIS, cunha imaxe de referencia.
4. Toda a documentación se enviará a Do Paraná, Espazo Serigráfico, [email protected] indicando en asunto “Premio DO PRUDENTE
SABER & O MÁXIMO POSIBLE DE SABOR”, Categoría elixida, nome e apelido.
5. O prazo de admisión de orixinais será xoves 26 de xaneiro de 2015.
6. O xurado estará constituído por recoñecidos profesionais nos seus ámbitos de actuación: Alba Pardo (EMAO, Serigrafía Artística),
Galería TRINTA, Miguel Anxo Rodríguez (USC), Natalia Poncela (Critica Independiente) e Uqui Permui, ademais de Teófila Noemí Ruiz,
Directora de DO PARANÁ, Espazo Serigráfico.
7. Actuará en pleno, en sesión a ser posible única. As deliberacións serán secretas e de elas redactarase a acta correspondente. Sábado
31 de xaneiro de 2015.
8. O fallo do xurado darase a coñecer na páxina web de Do Paraná www.doparana.com e na súa páxina de Facebook https://www.
facebook.com/doparana.serigrafia
9. A notificación axs ganadorxs realizarase mediante correo electrónico o martes 3 de febreiro de 2015. A entrega de premios será o
venres 13 de febreiro de 2015 no taller Do Paraná.
10. Os orixinais deberán reunir certas condicións técnicas:
1ª Edición Concurso Edición de obra serigráfica en 2 formatos: papel e consumible.
PREMIO SABER PAPEL 2 TINTAS
ORIXINAL: a dúas tintas (máximo) poderá propoñerse en distintos tamaños e formatos, pero as medidas do papel non excederán de 42
x 30 cm (horizontal ou vertical) e o tamaño da mancha impresa (final, 2 tintas) deberá prever como mínimo, 3 cm. de marxe por cada
lado (base e altura). Si fose concibido a sangue, guillotinarse a edición, unha vez impresa. Si proxéctase con tintas transparentes, (non
cubritivas) para obter matices por sobreimpresión, deberá indicarse expresamente a orde de estampa das cores. O papel a estampar será
branco, con 2 opcións segundo o deseño seleccionado: estucado mate de 250 gramos ou verxurado de 300.
EDICIÓN: A edición, que estará a cargo de Do Paraná, será de 50 exemplares e 5 P/A, numeradas e asinadas por o/a ganador/a en acto
público. 45 exemplares entregaranse ao autor/a. Os 10 restantes destinaranse: 2 ao taller, con destino aos fondos da súa colección; 1
exemplar para cada membro do xurado, e os restantes para sortear entre os asistentes á entrega de premios. O/a participante seleccionado/a poderá asistir ao taller si deséxao, a consensuar probas de estampa e secuencia de estampación. Tamén poderá preparar as súas
propias cores.
PREMIO SABOR SOPORTE FILLOAS
O orixinal a unha tinta deberá adaptarse a un soporte circular e non poderá exceder os 13 cm de diámetro. A estampa farase con chocolate. Evitaranse as tramas e liñas finas ou corpos de texto menores a 16. Óptimo, unha gráfica duotono.
FOTOLITOS
ORIXINAIS DIXITAIS (vectorizados, 2 cores/pantones e a tipografía trazada) enviaranse por mail: [email protected] xunto con todo o
dossier.
ORIXINAIS AUTÓGRAFOS enviaranse por correo postal: Do Paraná, Espazo Serigráfico, rúa Ulla, 25 baixo, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España (xunto con toda a documentación) ou se entregarán persoalmente no taller. O soporte será filme, poliéster
ou papel cebola (vexetal) o máis fino posible para garantir a maior transparencia. Absterse de acetatos comprados en librerías. Poderán
realizarse con retocadores de negativos fotográficos (opacadores), tinta chinesa ou rotring. Admítense recortes de cartolina negra e/ou
vinilos autoadhesivos de cores escuras. É condición indispensable a maior opacidade.
11. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases, resolvendo a organización cantas cuestións puidesen
suscitarse e que non fosen especificadas ou previstas nas mesmas.
Escola-Taller | Obra Gráfica | Obxectos de autor | Espazo Coworking
Ulla, 25 baixo, Santiago de Compostela
881 97 80 75 | 627 43 61 26
www.doparana.com

Documentos relacionados