Maquetación 1 - Turismo de Narón
Transcripción
Maquetación 1 - Turismo de Narón
NARÓN para os teus ollos ÍNDICE Edición Concello de Narón. Concellería de Turismo Colabora Deputación da Coruña Produce Item - Aga Fotografías Ovidio Aldegunde Depósito legal C 1164-2011 NARÓN PARA OS TEUS OLLOS 02 COMO É? 04 ACHEGÁNDONOS Á SÚA HISTORIA 12 COMO CHEGAR? NARÓN INDUSTRIAL NARÓN COMERCIAL NARÓN TURÍSTICO DIRECTORIO (SERVIZOS, OCIO, CULTURA) 08 16 18 22 54 NARÓN, PARA OS TEUS OLLOS Narón amósase nesta guía ante os teus ollos como é: unha cidade viva, dinámica, extensa e intensa, chea de encantos, algúns ben sabidos pero moitos outros grandes descoñecidos que suporán auténticas sorpresas para o viaxeiro. Abre os ollos porque para eles son as xoias arquitectónicas, os espazos naturais únicos, a maxia de muíños e torrentes, o rebumbio dos espectáculos e a incesante cultura, a intensa actividade deportiva, a arte viva, o bulicio de feiras e cabalos, os inigualabes pementos doces, o próspero comercio, a industria vital e o progreso, o dinamismo das rúas e das xentes, e a auga, e os ríos, e o mar... Narón é moito máis do que imaxinas. Deixa que os teus ollos cho descubran. Ría de Xuvia á altura do Couto para os teus ollos NARÓN | 02 05 | NARÓN para os teus ollos COMO É? Narón é un dos municipios máis poboados da Comunidade con 37.980 habitantes, o que o sitúa como oitavo concello máis poboado de Galicia. O oitenta por cento dos veciños de Narón están agrupados na capital, Narón, que se corresponde co núcleo urbano integrado polos barrios da Gándara, Alto do Castiñeiro, O Couto, Santa Icía, Piñeiros e Xuvia; a poboación restante distribúese entre as parroquias da zona rural: Castro, Doso, O Val, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes e Trasancos. Situado na Terra de Trasancos coruñesa, Narón conta cunha extensión de 66,2 Km², e o seu contorno dota a este territorio dunhas características climáticas de tipo oceánico, caracterizado por temperaturas pouco extremadas e cunha oscilación térmica pequena, con invernos suaves e veráns frescos. Vista aérea do paseo marí.mo á altura de Xuvia para os teus ollos NARÓN | 04 Muíño de Pedroso 07 | NARÓN para os teus ollos Narón ten conexións coa autoestrada AP-9 e a autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. A posibilidade de opcións como o tren da costa e a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago fan deste concello un destino ben comunicado. Narón é un polo de atracción da poboación que ve neste concello un espazo de progreso con posibilidades para desenvolverse a todos os niveis. Nin sequera a acusada crise de natalidade que sofre o país modificou a tendencia crecente do censo desde comezos do século XX, cando contaba con pouco máis de 8.000 habitantes. Un dato relevante que amosa o desenvolvemento poboacional é que tan só un de cada tres censados naceu neste concello. Ao abeiro das posibilidades de traballo, así como a oferta de servizos, o concello foi porto de chegada de preto de 17.000 persoas, principalmente dos municipios lindeiros. Vista panorámica das conexións por estrada, infraestruturas e centro urbano para os teus ollos NARÓN | 06 Escola infan.l municipal de Piñeiros 09 | NARÓN para os teus ollos COMO CHEGAR? Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade a autoestrada AP-9 Ferrol-Tui que enlaza coa A-6 Madrid-A Coruña ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén os núcleos urbanos entre si. A autovía AG-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba posúe tres accesos no termo municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o termo municipal cos concellos limítrofes. Paseo marí.mo e ría para os teus ollos NARÓN | 08 Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid non ten estación en Narón, de xeito que cómpre desprazarse aos concellos limítrofes de Ferrol ou Neda para coller este tren. Por aire: en canto ao transporte aéreo, hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello desde lonxe. Rotonda de Freixeiro 011 | NARÓN para os teus ollos DISTANCIAS QUILOMÉTRICAS DENDE NARÓN A OUTRAS LOCALIDADES GALEGAS Localidade Distancia en km A CORUÑA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54 ARES . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ . . . . . . . . . . . . . . 32 BETANZOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40 CEDEIRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29 FERROL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5 FISTERRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 154 LUGO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 98 MIÑO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 27 MONFERO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 39 MUGARDOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21 NEDA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4 OURENSE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 180 ORTIGUEIRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43 PONTEVEDRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 153 PONTEDEUME . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20 RIBADEO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 125 SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40 SAN SADURNIÑO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12 SANTIAGO DE COMPOSTELA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 95 TUI . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 203 VALDOVIÑO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8 VIGO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 190 VILALBA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60 VIVEIRO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 78 PLANO PARROQUIAL Límites do concello O Val Sedes Castro Trasancos San Xiao Pedroso Doso NARÓN para os teus ollos NARÓN | 12 PLANOS DE SITUACIÓN E COMUNICACIÓNS Narón na comarca e en Galicia Ferrol A Coruña Cedeira Valdoviño Ferrol NARÓN Mugardos Ares Neda NARÓN Santiago de Compostela Lugo A Madrid Moeche San Sadurniño Somozas Fene 13 | NARÓN para os teus ollos Pontevedra Vigo A Portugal Ourense ACHEGÁNDONOS Á SÚA HISTORIA Para contar a historia de Narón habería que falar da cultura propiamente megalítica ou das mámoas, que arrinca dun Neolítico final (do 3.000 ao 2.700 a.C). As mámoas, herdo quizais dunhas xentes de Oriente, foron inicialmente concibidas como lugares destinados a enterramentos, e concentrábanse tanto en vales coma en outeiros. O aspecto de montiños que teñen é o que lles dá nomes como Monte de Nenos ou Montiños de Moura. Aínda que a actividade agrícola provocou a súa destrución nas áreas dedicadas ao cultivo, quedan en Narón dous campos de mámoas. Un primeiro conxunto con 14 túmulos, situado no cumio do monte de Nenos, e outro nos límites co concello de San Sadurniño. Os dous datan da Idade de Bronce. Dos 52 castros existentes na terra de Trasancos, polo menos 13 están incluídos nas actuais terras de Narón, en mal estado de conservación. Pór.co da ermida de Santa Margarida para os teus ollos NARÓN | 14 No ano 844 dexérganse no mar de Xoiva –actual ría de Xuvia– as naves encarnadas dos normandos, que espoliaron os obxectos litúrxicos de ouro e prata e queimaron o mosteiro prerrománico entón de San Martiño. Máis de 10.000 homes e 200 naves saquearon as vidas dos veciños. Aínda que Galicia sufriría varios ataques máis, sería esta a única invasión normanda documentada nas crónicas de Trasancos. Ata o ano 977, no que aparece na colección diplomática do mosteiro de San Martiño de Xuvia o primeiro documento, a historia de Trasancos escribíase nas epígrafes doutras terras. Coa lectura do manuscrito, asinado por Visclavara Suarit, sabemos que San Martiño é o eixo de toda a vida trasanquesa, non só como difusor cultural a través da escritura senón como centro político, económico e relixioso. Os condes e duques, señores destas terras, manteñen aínda os antigos títulos de príncipes, pervivindo así ao longo dun milenio institucións do pasado. 15 | NARÓN para os teus ollos Ábsida do mosteiro do Couto Estes príncipes teñen uns infantes aos que lles conceden as "villae". Á súa vez estes cabaleiros viven das rendas que perciben dos labregos e das taxas que lles impoñen aos homes libres da súa xurisdición. Trasancos acolle o máis importante clan de Galicia, que ten residencia no mosteiro de San Martiño. É a dinastía dos Petriz ou Froilaz, máis tarde condes de Trava, que contribuiron a consolidar este mosteiro, xunto ao de San Salvador de Pedroso, entre os máis influentes de Galicia. Nos primeiros anos do s. XIII, a terra de Trasancos sofre profundísimos cambios, e fúndanse as vilas de Neda e Ferrol. Polo ano 1418 rómpese en Trasancos o equilibrio social entre liñaxes, da que se deriva a primeira revolución irmandiña, dirixida por Roi Xordo. O sangue irmandiño decorreu polo Eume e o Xuvia, e quedou Trasancos baleiro. Co decorrer do tempo, no XVI o noso concello articúlase nunha serie de coutos ou xurisdicións relacionadas cunha serie de casas tradicionais. O couto Pazo de Baltar. Pedra de Armas do século XVI para os teus ollos NARÓN | 16 de Trasancos era xurisdición de Antonio de Castro. Tamén existían San Xiao de Narón, dependente da vila de Ferrol, San Mateo de Trasancos, O Val e o Couto de Pedroso. En 1820 creáronse en Trasancos unha serie de concellos con orixe nas Cortes de Cádiz e a base territorial das antigas xurisdicións. En 1837 comeza o labor do Concello de Narón, localizado na Pena de Embade. Coincidindo coa creación dos concellos prodúcese a mediados do século XIX, a industria do Concello de Narón renóvase totalmente, xurdindo os laminados de cobre e os teares. Co comezo do século aparecen os grandes caciques parroquiais e as grandes mobilizacións obreiras, que van desde a protesta en 1918 das traballadoras do algodón ata a reivindicación de reformas por parte dos tan perseguidos sindicatos labregos na Segunda República. A historia actual de Narón escríbese co crecemento dos barrios, co urbanismo, cun movemento asociativo e cultural, e coa vida individual e social de cada un dos nosos veciños e veciñas. 17 | NARÓN para os teus ollos Capela do Sagrado Corazón no pazo-convento de Baltar NARÓN INDUSTRIAL Polígono Industrial da Gándara dende O Couto Polígono Industrial As Lagoas Ao igual que ocorre co resto da comarca, a radiografía económica de Narón pasa de forma determinante polo auxe da construción naval nos anos 60 e 70, onde florece un denso tecido capilar de empresas auxiliares xurdidas ao abeiro dos grandes estaleiros. O proceso de Narón é moi singular en Galicia. Á parte das cidades que superan os 50.000 habitantes, é moi difícil atopar un caso de desenvolvemento económico como o que viviu este concello nos últimos 25 anos. O crecente e puxante Narón dos nosos días, no que florece un denso tecido empresarial e tense creada unha magnífica infraestrutura tanto para a industria –con tres polígonos de primera liña: o de Río deo Pozo, un dos maiores de Galicia, así como o da Gándara e o das Lagoas– como para os servizos, é de base recente. Sen ir máis lonxe, o xigante Megasa, buque insignia da industria local, fundouse en 1954 e precisamente ao abeiro dos estaleiros. De para os teus ollos NARÓN | 18 igual modo naceron multitude de empresas auxiliares no ámbito do metal, construción, servizos ou enxeñería. Así pois, non se pode disociar o despegue do Narón moderno da evolución no seu conxunto da comarca de Ferrolterra, con Ferrol como cabeceira, no momento na que esta se converteu, xunto con Vigo, nunha das dúas áreas máis importantes da industrialización de Galicia. Polígono Industrial Río do Pozo 19 | NARÓN para os teus ollos Varias decenas de empresas máis empregan a milleiros de traballadores en moi distintos sectores produtivos: téxtil, elaboración de estruturas de metal, ferraxería, distribución, elaboración de cemento, enerxías alternativas... o cal explica que Narón sexa un polo de atracción da xente nova que busca un lugar próspero, con servizos e con futuro no que desenvolver o seus proxectos de vida. NARÓN COMERCIAL O sector de servizos é tan importante para Narón coma o desenvolvemento industrial e os servizos sociais para a poboación. E o comercio en Narón vén de experimentar un pulo importantísimo dende comezos da década coa implantación de dúas grandes áreas comerciais, de servizos e lecer. Dende finais de 2002 Narón conta cun dos máis grandes centros comerciais e de ocio de España: Dolce Vita Odeón, situado no polígono da Gándara, conta con 14 salas de cine con capacidade para máis de 3.500 persoas, unha área de entretemento familiar con diversos establecementos de ocio infantil, a boleira máis importante de Galicia, bares musicais e de copas, tendas deportivas, restaurantes, etc. Dolce Vita Odeón para os teus ollos NARÓN | 20 Centro Comercial de Narón, situado no centro neurálxico do Narón urbano 21 | NARÓN para os teus ollos Algunhas das principais empresas mundiais dedicadas ao lecer implantáronse dende o primeiro momento en Odeón, seguindo a estela da dinamización comercial e de servizos posta en marcha logo da apertura en 1999 do Centro Comercial Narón, nos baixos da Praza de Galicia. No contorno do Polígono das Lagoas e na Estrada de Castela localízanse unha serie de tendas dedicadas ao mundo do moble, concentradas na área urbana de Xuvia-Freixeiro-Alto do Castiñeiro. O Centro Comercial Narón ocupa unha superficie de 6.000 metros cadrados e aparcadoiro e nel asentáronse empresas de alimentación, locais de hostalería e diversos comercios. O sector de comercialización de ferraxería en Ferrolterra ten tamén en Narón un dos seus maiores referentes, dedicándose estas empresas en gran parte á venda de máquinas, ferramentas, materiais de construción, ferramenta agrícola, as pezas de uso doméstico ou a bricolaxe. Pero sería un erro falar do comercio en Narón referíndose tan só aos dous centros comerciais. No sector da alimentación, por exemplo, un gran número de almacéns maioristas e minoristas establecéronse no municipio, ofrecendo aos veciños un gran número de produtos e servizos alimentarios. Así pois en Narón hai que subliñar a existencia dun importante comercio minorista, que cobre a demanda da poboación do concello en diferentes ramas: confección, alimentación, librarías ou mercerías, e que se localizan principalmente nas zonas urbanas. para os teus ollos NARÓN | 22 O comercio tradicional ten unha extraordinaria importancia en Narón, mesmo no casco urbano 23 | NARÓN para os teus ollos NARÓN TURÍSTICO PRAIAS Aínda que Narón non é un concello coñecido pola súa costa, conta con tres fermosas e bravas praias, pouco frecuentadas, afastadas por abruptos cantís que dificultan a baixada a elas. A máis longa é a de Hortiña, que chega aos 600 metros. As outras dúas reciben os nomes de Casal e Lopesa, este último atópase xunto á Pena Lopesa, coa que se funde nun illote. Teñen 430 e 300 metros de anchura, respectivamente, e sitúanse entre os cantís característicos desta parte alta da costa coruñesa. En total, algo máis dun quilómetro de praias aínda por descubrir. Sobre a Pena Lopesa existen varias lendas. Nunha delas dise que aquí vivía un rei que posuía un gran tesouro. Os ladróns vixiábano para ver de quitarllo mentres el saía a pasear co seu cabalo polos cantís do contorno. Un día, xa cansos de agardar, decidiron sitialo para que morrese de fame pero pasaron días e máis días, meses e anos e isto non sucedeu, polo cal, esgotados polo esforzo, abandonaron o seu obxectivo e o rei viviu longos anos feliz. As pequenas calas de Casal e Lopesa sitúanse nun contorno rural, virxe, illado, posúen forma de cuncha e con area branca. Ventosas e con forte oleaxe, son ideais para contemplar a forza das ondas, a paisaxe da serra e as praias contiguas de Covas e A Frouxeira. Constitúen un espazo ideal para os amantes da natureza e dos lugares pouco masificados. para os teus ollos NARÓN | 24 Costa de Narón. Pena Lopesa entre as calas de Casal e Lopesa 25 | NARÓN para os teus ollos PAZO-CONVENTO DE BALTAR Situado no núcleo rural de Baltar, a construción orixinal débese a Juan Pardo e Andrade a finais do século XVI, sendo cedida pola derradeira Marquesa de San Sadurniño, María da Natividade Quindós e Villarroel, aos Misioneiros Claretianos en 1910. Da súa data de creación só conserva hoxe en día dous grandes brasóns ou pedras de armas en cantería esculpida. Posteriormente foi modificado, incluíndo a capela do Sagrado Corazón e unha fonte de estilo barroco. Cerca de Baltar tamén temos a casa medieval de Quintá e maila capela de Santa Margarida do século XVI. A última reconstrución do seu interior data de 1914 e dela temos mostras como as abondosas fiestras cadradas, a balconada ou os canzorros nos tellados. Pazo-convento de Baltar, na parroquia do Val para os teus ollos NARÓN | 26 27 | NARÓN para os teus ollos OS MUÍÑOS Son historia viva de Narón. O seu interese non é só arquitectónico, senón etnográfico e paisaxístico, con lugares claves de Narón, como a Presa do Rei ou o núcleo histórico de Xuvia. Estes son algúns dos máis salientables Seguindo o curso do río Freixeiro, atopamos o muíño de Amenadás, que aínda se mantén en funcionamento. Creada no século pasado, esta construción recolle un adianto tecnolóxico de grande interese, os muíños de turbina, de moito aproveitamento das augas, pois se idearon para cursos de pouca auga. O muíño das Aceas é un muíño de mareas, levantado a finais do século XVIII, promovido por unha sociedade de empresarios galegos e franceses, que foi unha das principais fábricas de fariñas de Galicia no século XIX, cando recibía o trigo desde Ucraína e América. O edificio consta de represa, muíño, vivenda, almacéns e casa de recreo adosada, todo pechado cun muro de pedra. Esta Real Fábrica de Muíño das Aceas para os teus ollos NARÓN | 28 29 | NARÓN para os teus ollos fariñas é unha obra de grandes dimensións, que permite a entrada das mareas a través dunha comporta xiratoria e embalsa máis de 50.000 metros cúbicos de auga, enerxía dabondo para mover as grandes pedras moedoras de que dispón. O muíño de Xuvia, en 1858, era o principal muíño do país en capacidade de produción na súa clase. Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza, reflectida nunha fermosa presa, recollida por un paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda. Muíño no río Xuvia. Detalle dos arcos para os teus ollos NARÓN | 30 O muíño conta cunha fachada sobria, realizada con muros de cachotería recebada e pintada. Ten ademais ocos reducidos e remárcase con pezas de cantería regular. O corpo inferior amosa as saídas de auga por uns arcos de medio punto. O muíño de Gradaílle data da década dos cincuenta do século XX. Situado na ribeira do río Xuvia, na parroquia de San Salvador de Pedroso, este muíño fariñeiro tamén é coñecido como muíño de Entrerríos. É de planta cadrada e posúe dúas alturas. A planta baixa ten dous grandes arcos polos que circula a auga. Muíño de Xuvia O muíño de Pedroso e o seu contorno constitúen unha excepcional área recreativa, con zona de acampada, merendoiro, aparcadoiro, e muíño reconstruído e en funcionamento, que pode ser visitado, sendo un verdadeiro centro de interpretación da nosa etnografía. Área recrea.va do Muíño de Pedroso 31 | NARÓN para os teus ollos PENA MOLEXA Conta a lenda que unha doncela se transforma nestas penas durante a noite do solsticio de verán. Sen dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón, ademais de que constitúe unha grande obra da natureza. É un penedo de varias toneladas que encabalga unhas rochas noutras dun xeito espectacular. Segundo a lenda máis popular a Pena Molexa e outras rochas do lugar son en realidade un rei e os seus guerreiros, convertidos en rochas por un feitizo. Na noite do solsticio de verán, polo San Xoán, transfórmanse en homes e mulleres de novo para lembrarlles ás xentes que sempren estarán aí para gardaren a súa terra. E contan que tamén esa noite o rei e os seus homes e mulleres percorren e vixilan os montes, visitan e protexen as casas, ademais de coidaren dos vellos porque gardan as nosas tradicións máis antigas. Ao rematar a noite do solsticio, voltan de novo a ser pedras en Pena Molexa, dende a que velan por todos os habitantes desta terra. A grandiosidade da Pena Molexa causa admiración entre os visitantes para os teus ollos NARÓN | 32 CASTROS O Castro de Petouzal, situado no Couto, responde á tipoloxía de asentamentos costeiros que utilizaban a ría como fonte de recursos alimentarios mercé á pesca, etc. Del só se conservan os muros, de dez metros de altura, e os foxos, cunha profundidade de cinco metros. Ambos os dous están situados na súa cara sudoeste, mirando ao val de Trasancos. O Castro de Eiravedra é o castro prevalente de Narón. Domina a paisaxe e o territorio, desde o val de Pedroso á ría de Xuvia e ata as terras de San Sadurniño. A súa forma é ovalada, cunha muralla no interior e un terraplén cara ao exterior. Neste castro podemos atopar vestixios dalgunha vivenda, tamén de forma circular. Unha mostra da magnitude e a relevancia estratéxica deste asentamento témola nas torres de defensa da entrada nordés e na altura dos valados circundantes. Sobre este castro conta unha lenda que querendo casar unha parella, o pai dela non llo permitía, amenazándoa con encantala e levala á croa do castro ao saír unha galiña cos seus poliños dando voltas arredor do castro. A 33 | NARÓN para os teus ollos xove quedou convertida nunha grande e fea cobra. Para desencantala o noivo debería darlle un bico e aínda que lle costaba facelo por fin se decidiu. Entón a serpe converteuse nunha fermosa muller espida. Reprodución dun símbolo celta no Trece CASONAS E PAZOS Os grandes pazos e chalés, dos que Narón conta con exemplos salientables, transportarannos a distintas épocas a través de estilos e liñas arquitectónicas diferentes. O pazo do Vento é unha construción de pedras de cantería, que conta con gran profusión de detalles arquitectónicos no seu interior. Entre eles destacan unha grande escalinata de pedra e unha lareira típica. Detalles exteriores coma o hórreo de pilastras ou un gran pombal-merendeiro poligonal, aínda amosan a imaxe da fidalguía das xentes que o fixeron construír. Cando chegamos ao Pazo do Vento, atopámonos cun muíño de vento circular, feito excepcional en Narón. É unha construción amurallada, que xa carece de tellado e de maquinaria, pero que chama á visita pola súa peculiar distribución. Está formado por un conxunto de casona, muíños, alpendres, pombal e un pozo de cantería moi dimensionado, xunto a un hórreo de pilastras de cantería de máis de sete metros de longo. Pazo do Vento Chalé Antón, de propiedade municipal para os teus ollos NARÓN | 34 O Pazo de Libunca, casona da Pena de Embade, é unha construción realizada pola familia dos Montenegro en 1918. Ten un marcado estilo colonial que lembra as mansións americanas. Desa época mantén a súa decoración de liñas modernistas, con columnas e balconadas reberetadas de cerámica traída de Talavera. O coñecido como chalet de Cabezas, convertido nun hotel de luxo, tamén conserva as verxas de reixería, o pórtico de columnas neoclásicas e un minixardín botánico, no que se atopa unha bonita fonte de cerámica. De estilo modernista, ten un gran pórtico con columnas neoclásicas, enfeitado con cerámica levantina, artísticos enreixados de ferro e orixinal decoración. O Chalé Antón é unha construción levantada nas primeiras décadas do século XX e restaurada no ano 1982. A fachada principal conta cunha ornamentación nas molduras, liñas de imposta, capiteis e balaustrada no soportal. Nun dos lados da fachada salienta unha torre con decoración nos ocos. O vestíbulo interior está decorado con cerámica. De propiedade munici- 35 | NARÓN para os teus ollos Pazo de Nelle pal, nel desenvólvese un amplo programa de espectáculos e actos culturais durante todo o ano. O Pazo de Nelle, a casona de verán dos Pita Romero, a dos Freire, a de Román, que evoca un estilo romántico francés de finais do século XIX son algúns dos moitos exemplos de casa señoriais que poboan este concello. Pazo de Libunca, na actualidade reconver.do en hotel Restos do muíño de vento do Pazo do Vento para os teus ollos NARÓN | 36 MOSTEIRO DO COUTO (OU DE SAN MARTIÑO) Situado na ruta xacobea do Camiño Inglés, as súas orixes remóntanse ao reinado de Ramiro I, a mediados do século IX. Cos Condes de Traba, a mediados do século XI terá un novo auxe, aínda que a súa época de maior esplendor será no XII cando se incorpore na orde de Clunny, edificándose a igrexa románica. A súa decadencia será progresiva desde o século XIII. No XVI incorpórase á congregación de Castela como priorato dependente de San Salvador de Lourenzá. En 1568, o Papa Gregorio XIII autoriza a Felipe II a súa venda, manténdose como priorato ata a desamortización de 1835. A edificación do actual mosteiro de San Martiño do Couto é obra de comezos do século XII, mercé a unha dozaón do conde de Traba realizada en 1137. Entre os seus grandes protectores hai que salientar o rei Fernando II de Galicia e León. Xunto ao mosteiro, que está declarado Monumento Ar- 37 | NARÓN para os teus ollos Vista xeral do Mosteiro do Couto tístico Nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha construción actual que data do século XII, se ben a súa fachada e a torre son do século XVIII. A igrexa representa un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha planta basilical de tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha tumba da familia Esquío e varios cadaleitos de cantería no seu contorno, entre eles un sarcófago do século XI. Di a lenda que existe un túnel subterráneo e secreto que une o mosteiro do Couto con Neda, á outra beira da ría; algúns atribúen a súa orixe ao anterior castro do Couto e contan que o habitan mouros e diversos encantos. Ábsida do Mosteiro do Couto. Detalle para os teus ollos NARÓN | 38 CAPELAS, IGREXAS E CRUCEIROS O patrimonio arquitectónico de Narón é especialmente significativo no medio rural. Estes edificios en forma de igrexas, capelas e cruceiros constitúen verdadeiros tesouros do concello, ao seu interese artístico, únese o aspecto espiritual e antropolóxico que sempre ofrecen as construcións relixiosas. A igrexa de San Lourenzo de Doso posúe unha vistosa bóveda de canón, do século XVI, que recibe o visitante nesta igrexa vella de San Lourenzo. Actualmente está medio ruinosa, pero elementos coma súa Torre do Campanario manteñen a beleza deste modelo de igrexa parroquial galega. A igrexa de San Salvador, situada na parroquia de Pedroso, é a herdeira do antigo e desaparecido mosteiro de Pedroso, que aló polo século XIII estaba no seu esplendor. O cruceiro figurado do adro, o único de Narón que presenta a particularidade de dispor dun pousadeiro, está construído en pedra serpentina, ou toelo, das canteiras de Moeche. 39 | NARÓN para os teus ollos Igrexa de San Salvador de Pedroso e cruceiro en pedra de toelo A capela de Santa Margarida do Val púxose en pé, ao abeiro dos Andrade, no século XV, sendo unha das máis antigas do Concello. Atópase situada nun contorno rural, é de planta rectangular e no interior a nave principal posúe unha bóveda rebaixada. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de crucería e delimitada por un arco triunfal, de características oxivais, apoiado en columnas rematadas en capiteis de sinxela decoración. A súa portada ten un interese especial, de estilo gótico serodio, e nela incorpórase un xabarín, símbolo dos señores de Andrade. Xunto a ela destaca un cruceiro antigo coas imaxes de Cristo e Santa Margarida, construído en toelo de Moeche. Pola parte traseira da fachada, atópase unha fermosa e aprezada fonte, situada xusto no Camiño dos romeiros a Santo André de Teixido, que, segundo a tradición, posúe unhas augas con efectos curativos para os males que afectan aos ollos e á vista, en xeral. Ermida en Sedes A capela da O lembra cando, nos tempos de seca, sacábase a Virxe da O en procesión para conseguir para os teus ollos NARÓN | 40 que chovese. Malia que non sempre o deu feito, froito da forte devoción popular construíuse esta sínxela capela na súa honra e creouse a romaxe que aínda se mantén nos nosos días. Nos arredores da capela da O atópanse a ponte de Chao e os muíños de Perfecto e Chao. Igrexa de Santo Estevo de Sedes 41 | NARÓN para os teus ollos Capela de Santa Margarida do Val RÍO XUVIA O espazo formado polas ribeiras do río Xuvia e do Castro, cunha extensión de 2.074 Ha, está incluído na Rede Natura 2000, Lic e Zepa, Sitios de Importancia Comunitaria e de Especial Protección polo seu interese natural e ecolóxico. Un dos lugares naturais máis pintorescos de Narón o constitúe o río Xuvia, que nos seus últimos treitos se encaixa bordeando o Monte dos Ancos e se ensancha ao chegar á Presa do Rei, que é a que abasteceu de auga á Real Fábrica de Moeda de Xuvia. A Presa do Rei, con grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real Fábrica de Moeda, fronte ao muíño de Xuvia. Foi moi importante para o desenvolvemento da industria naval de Ferrol e hoxe segue en activo como fábrica téxtil. Este espazo natural é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón. Ribeiras do río Xuvia para os teus ollos NARÓN | 42 As fragas das ribeiras do Xuvia forman un ecosistema único, alternando as zonas de val, coma as húmidas marismas de Chao de Doso e Pedroso, cos treitos encaixonados como na Presa do Rei. Non só se recrea a vista na variedade de verdes e azuis que se reflicten nas súas augas, senón que cada recanto é unha sorpresa, como o da presa dos antigos muíños de Fabián ou de Gradaílle, ata acougar o seu curso en Borracáns e remansarse na presa do muíño da ponte de Xuvia. Presa no río Xuvia O paseo pola ribeira do Xuvia é un agradable percorrido descendente, entre vizosa vexetación, que chega ata a ría de Xuvia, sorteando muíños e demais construcións e industrias de carácter fluvial (pesqueiras, presas, pontes...), entre as que destaca con nome propio a fábrica de moeda, no interesante núcleo histórico de Xuvia. Carballos, castiñeiros, avelairas, chopos, freixos, ameneiros, salgueiros, acacias e unha serie de arbustos entre flores silvestres, como a melisa e os 43 | NARÓN para os teus ollos Os fér.les prados son outra paisaxe recorrente en Narón fentos, forman unha flora variada e interminable. Nas marismas de Pedroso está localizado o liño algodonoso, especie en vías de extinción na Península. Capítulo á parte merece a variada fauna que pulula pola zona. Os corzos que pastan e beben á marxe do río. Os raposos e os xabaríns que baixan dende os montes da Pereiruga e unha enorme variedade de aves e animais acuáticos, sen contar insectos e bolboretas, forman unha lista imposible de completar. RÍO FREIXEIRO O río Freixeiro nace nos montes da Lagoa e desemboca na ría de Ferrol, despois de percorrer os concellos de Narón e Ferrol, servindo de límite natural entre eles, en parte do su percorrido, que é duns 8 km. Na súa cabeceira é coñecido como arroio de Vespasante, unindo as súas augas a outros cursos como o Casavella, do Pozo, Seco, Sobecos e Pedregal, este último xa na desembocadura, co que forma unha marisma que constitúe un hábitat de moitas aves acuáticas. O leito do río Freixeiro foi aproveitado no pasado por 3 muíños, o de Amenadás e A Comportas na Presa do Rei para os teus ollos NARÓN | 44 Veiga, na súa parte final, e o das Aceas, que funcionaba coas mareas na súa desembocadura. RÍA DE XUVIA A ría de Xuvia ofrece un percorrido de perfil chan e baixa dificultade nos seus 14 quilómetros. A súa única limitación preséntana os camiños estreitos da ribeira e as zonas pedrosas. Con este itinerario rodéase o fondo da ría e a súa zona marismal. Partindo desde a ribeira do concello de Neda, atravesaremos o casal do Salto ou o mosteiro do Couto, ata chegar ao ancoradoiro de Lóngaras, punto final do percorrido. CAMIÑO VELLO A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO De toda Galicia, e incluso de fóra de Galicia van os peregrinos a Santo André de Teixido, pero o camiño clásico e o que aglutinaba aos romeiros que querían completar a súa peregrinación a Teixido partía precisamente de Narón, do Mosteiro do Couto, onde vemos hoxe o taboleiro anunciador da antiga ruta coñecida como Camiño Vello a Teixido. Unhas frechas gravadas sobre táboas de madeira, colocadas oportu- 45 | NARÓN para os teus ollos Panel informa.vo do Camiño de Santo André ao seu paso polo Couto, ao carón do Mosteiro namente en cada cruce de camiños, vainos orientando na marcha. A lenda é de todos coñecida: Cristo estaba percorrendo o mundo e, canso de andar, detívose en Teixido. Para recuperar forzas tomou unha mazá e cando a abriu atopou nela a Santo André. O Santo queixouse amargamente da súa situación, esquecido e abandonado naquelas afastadas terras. Xesús compadeceuse e prometeulle a Santo André que a súa romaría sería a máis visitada, xa que ninguén, nin morto, nin vivo, deixaría de acudir a ela. Outras versións din que Xesús lle respondeu: “Queda aí Santo André, que quen no veña de vivo unha vez virá de morto tres”. Sexa como sexa, a ermida de Santo André, despois da de Santiago de Compostela, é o principal centro de peregrinación para os galegos. Cóntase que o apóstolo Santo André, navegando preto de Teixido, volcou e a súa barca converteuse en pedra –o que hoxe sería a máis grande das Illas Gabeiras–. Pois, polo visto, o señor pediulle que quedase alí e, a cambio, construiullle un santuario ao que peregrinarían vivos ou mortos todos os homes. Os vivos chegan a O peixe, símbolo do camiño de Santo André para os teus ollos NARÓN | 46 pé ou en coche, e os mortos, coa alma en pena, convertidos en animais. O percorrido comeza entón no adro da igrexa de San Martiño. Aos 13 km de camiño por terras de Narón, hai que engadir logo outros 29 km polos municipios de Valdoviño e Cedeira. Comezaremos subindo cara ao Outeiro do castro de Petouzal, cuberto de bosque, para baixar despois ao muíño das Aceas. Atravesando a estrada de Castela, o camiño pasa preto do castro de Sequeiros, percorrendo a corredoira de Feal e outros camiños que levan á Pena de Embade. Logo discorre entre os municipios de Narón e Valdoviño, Carreira de Arriba, Monte Boeira, Carballo e as ladeiras do Monte Esperón con espléndidas vistas sobre o val de Trasancos, os montes da Lagoa e o grande areal da Frouxeira. A ruta a través do municipio de Valdoviño levaranos polos montes de A Moura ata as marxes do encoro das Forcadas, para baixar logo a Vilarrube e chegar ao Porto do Cabo. Aquí era tradición pasar a última 47 | NARÓN para os teus ollos Encoro das Forcadas, no concello limítrofe de Valdoviño noite antes de iniciar a última xornada de marcha ata Santo André. Aínda conservan os veciños do lugar o seu talante hospitalario e ofrecen ao peregrino refuxio para descansar do camiño. A última etapa comeza en Porto do Cabo, a 11 Km de Teixido e enlaza cunha pista forestal que atravesa a serra da Capelada. A ruta descende despois, atravesando o Chao de Uzal, ata chegar ao Cristo dos Cadrís. Dende alí iníciase o descenso de 1,5 km, pola Costa Grande ata Teixido. Santuario de Santo André de Teixido As reliquias de Santo André ou sanandreses son pequenas figuras de masa de pan, sen fermentar e pintadas de cores. As figuras tradicionais eran as pombas, a man, a rosca trenzada e as representacións humanas, aínda que agora existen máis modelos: áncoras, rodas, corazóns, trevos e outros motivos vexetais. Na fonte do Santo, os romeiros soían beber auga dos seus tres canos. Tras pedir un desexo, poden saber se este será concedido, para sabelo bótase unha migalla de pan na pía da auga. Se a migalla aboia, o desexo cumprirase, se pola contra se afunde a petición será rexeitada. para os teus ollos NARÓN | 48 CAMIÑO INGLÉS A SANTIAGO POR NARÓN O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII. Vindo dende a cidade de Ferrol, onde se inicia este camiño inglés a Santiago, o camiñante debe avanzar polo polígono da Gándara, para adentrarse no concello de Narón, seguindo a Avenida do Mar de Caranza en paralelo á ría de Ferrol. Despois de cruzar baixo a vía do ferrocarril que une Ferrol Betanzos, a Rúa da Pena conducirao ata o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Fronte á entrada do mosteiro un camiño asfaltado sobe ata un cruceiro. Neste punto, o peregrino torce á dereita para enlazar co camiño do Salto. Toma despois a senda peonil que, sen abandonar en ningún momento a ribeira da ría, chega ata unha central eléctrica que hai que rodear por detrás. Camiño vello a Teixido, en dirección á Capela da Fame 49 | NARÓN para os teus ollos Desviándose cara á dereita, o camiño desemboca no muíño das Aceas e a súa ponte, que cómpre cruzar. Seguindo a vía da dereita, antes de chegar á estrada, o viaxeiro atravesa outro ponte peonil e rodea a fábrica Megasa, sempre pola beira do mar. Este tramo levarao ata outra ponte, a do río Xuvia, para adentrarse xa no concello de Neda e proseguir o camiño cara a Santiago, pasando posteriormente por Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Bruma, Betanzos, Sigüeiro e finalmente, Santiago de Compostela. ALDEA NOVA Aberto ao público en xaneiro de 2008, no Monte dos Nenos (Sedes) atópase o parque temático do mundo rural Aldea Nova. Trátase dun espazo de 35.000 metros cadrados de superficie, no que se recrea a vida nunha aldea típica de Galicia. Aquí pódense atopar instalacións coma un albergue con capacidade para 50 persoas, unha casa de aldea na que se sitúa un museo etnográfico, ademais dunha granxa con distintas especies animais. Este inmenso parque da natureza e da cultura autóctona de Galicia é un produto exclusivo, auténtico e vivo, en constante evolución. É unha mostra de recupera- En Aldea Nova desenvólvense ac.vidades dirixidas ao coñecementos das nosas orixes Aldea Nova: recreación dun castro Aldea Nova: enxeño na área de renovables para os teus ollos NARÓN | 50 ción da identidade galega e do mantemento dos valores do contorno e do medio ambiente galegos. Pero ademais, este grande escenario natural desde o que se divisa unha panorámica privilexida, recolle unha ampla variedade de elementos endóxenos de Galicia. Conta cun coidado bosque autóctono de 200 especies, un invernadoiro, hortas e frutais, todos eles coidados ecoloxicamente, así como gando galego autóctono (vacas, cabalos, cans, galiñas, ovellas...), unha alvariza, unha gran campa de deporte rural. Para máis información, pódese visitar a web oficial de Aldea Nova www.aldeanova.es. Vista xeral das instalacións do Parque Temá.co MAGNOLIO CENTENARIO Único magnolio desta idade que se conserva en Galicia, calcúlanselle máis de 300 anos. Pertencente á familia Magnolia Grandiflora, situado á beira da desembocadura do río Xuvia, posiblemente a súa orixe proveña dalgún mariñeiro local ou dun emigrante que no seu día trouxo esta árbore como algo exótico tralas súas viaxes. Xunto a el destaca un paseo de magnolios, estes si, algo máis novos. 51 | NARÓN para os teus ollos A Magnolia Grandiflora é testemuña da vida dos naroneses dende hai máis de 300 anos MIRADOIRO DO ALTO DA LAGOA Situado en Vilarquinte, no Val, é un miradoiro natural a 308 m de altura dende o que se divisan impresionantes vistas sobre as praias de Covas ata o fermoso areal da praia de Valdoviño, ademais de presentar unha fermosas postas de sol perdéndose no horizonte mariño. MONTE DE NENOS Localizado na parroquia de Sedes, conserva os vestixios máis antigos do concello, con máis de 3.000 anos de historia. O cemiterio prehistórico ten máis de 17 mámoas catalogadas, unhas das cales é visible desde a pista que percorre a rota por este monte, aínda que non se percibirán ben ao non estar sinalizadas; dende este monte avístanse espectaculares panorámicas sobre a paisaxe. Vista dende o Monte dos Nenos para os teus ollos NARÓN | 52 MIRADOIRO DO MONTE DE ANCOS Nel, ademais dun excelente miradoiro sobre boa parte da comarca, atoparemos unha área natural e recreativa onde se pode gozar das fabulosas vistas sobre a entrada da ría de Ferrol. O Monte de Ancos, aínda que pertence xa ao veciño concello de Neda, é digno de salientar coma un dos espazos que mellor nos permite descubrir o trazado e as formas que definen o concello de Narón. Para chegar a el debemos tomar un desvío entre as casas á esquerda, nada más pasar a ponte sobre o Xuvia. No alto, onde a estrada traza unha gran curva atópanse os restos dun pequeno castro. Non é máis que un círculo de terra entre eucaliptos, pero crese que neste Monte se asentou a mítica cidade celta de Libunca, capital dos ártabros. Panorámica da entrada da ría de Ferrol dende Ancos Ría e Monte de Ancos dende o paseo de Xuvia 53 | NARÓN para os teus ollos O PEMENTO DO COUTO É unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria da comarca de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto, lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos. A zona de produción está constituida pola totalidade da comarca de Ferrol, integrada polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares. Trátase dunha comarca natural na que a reducida altitude sobre o nivel do mar, a protección que exercen os sistemas montañosos que rodean os vales de produción e a proximidade á costa orixinan un microclima diferenciado, caracterizado sobre todo pola súa suavidade e pola súas lixeiras oscilacións térmicas, ao que hai que engadir a presenza de solos moi axeitados para este cultivo. Os pementos do Couto adoitan pesar entre 4 e 6 gramos por unidade, a súa lonxitude atópase entre os 4 e 8 cm e a súa anchura rolda os 2 cm. O seu pedúnculo mide entre 2 e 3 cm, sem- O microclima especial favorece a produción desta variedade de pemento doce para os teus ollos NARÓN | 54 pre de menor lonxitude có froito, ríxido e normalmente recto ou cunha lixeira curvatura. A súa pel é de cor verde escura, con pouco brillo. O froito ten un espesor de entre 1 e 1,5 mm aproximadamente. No tocante ao sabor, este é doce, a diferenza doutros pementos coma os de Padrón, carece de picazón debido á ausencia de capsicina, principal compoñente activo dos pementos picantes. O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no concello naronés a Festa do Pemento do Couto, que contribuíu a dar a coñecer este produto como unha excelencia gastronómica. Proba da súa fama, é de salientar os numerosos establecementos de restauración da comarca de Ferrol que inclúen xa o “Pemento do Couto” na súa carta. Datos do produtor COOPERATIVA DO CAMPO O VAL Vilacornelle, s/n. O Val-Narón (A Coruña) Tel. +34 981 453 901 Fax +34 981 453 901 www.cooperativaoval.com 55 | NARÓN para os teus ollos O pemento do Couto converteuse en imprecindible nos restaurantes da comarca DIRECTORIO (SERVIZOS, OCIO, CULTURA) Equinarón 2011. Detalle para os teus ollos NARÓN | 56 57 | NARÓN para os teus ollos DOLCE VITA SHOPPING ODEÓN Centro Comercial Dolce Vita Odeón Pol. da Gándara s/n - 15570 NARÓN Tel. 981 39 79 40 / Fax. 981 38 90 17 [email protected] 43º 29´23.60” N; 8º 12´12.34” O Localizado no Polígono da Gándara, unha situación estratéxica derivada da súa proximidade aos núcleos urbanos de Narón, Ferrol e A Coruña, así como outros núcleos, que aínda que non tan densamente poboados, si vitais para o desenvolvemento económico-comercial do país, como Ares, Mugardos, Fene, Neda, Valdoviño, Cedeira, Moeche, San Sadurniño, Somozas, Cabanas, Pontedeume, As Pontes, etc. Dolce Vita Odeón cos cales está unido nunha entidade comarcal cunha poboación de 200.000 habitantes. Ademais no seu contorno existen outras importantes instalacións comerciais, concesionarios das principais marcas de coches, hotel de 3 estrelas, así como importantes polígonos industriais que garanten un movemento incesante de clientes. As súas variadas opcións comerciais e de lecer, pola comodidade das instalacións, polo seu aparcadoiro gratuíto, boas comunicacións, e situación estratéxica dentro do polígono, fan de Dolce Vita Odeón o punto de xuntanza para visitantes de todas as idades, que atopan tanto en todo o mencionado an- teriormente, como nas variadas e continuas actividades que de seguido están a celebrarse no Centro Comercial, unha cobertura das súas necesidades de consumo e de lecer, todos os días do ano e cun horario moi amplo. Converteuse nos últimos anos nun referente, cada vez máis afianzado, para toda a poboación, non só de Ferrolterra, senón tamén de todo norte de Galicia. CENTRO COMERCIAL DE NARÓN Estrada de Castela, 224-226 15570 Narón Tel. 981 392 309 [email protected] Situado nunha inmellorable localización, no núcleo urbano de Narón, ao carón da casa do Concello, do auditorio, do centro de saúde, da biblioteca, da casa da cultura e dunha das prazas públicas máis concorridas. O Centro Comercial de Narón, ofrece unha completa e diversa oferta comercial que permite aos seus clientes e ao público en xeral atopar produtos e servizos de calidade, dentro da máis diversicada oferta. Nas súas instalacións aséntanse máis de 30 empresas comerciais e de ocio, contando cun hipermercado dunha das máis prestixiosas firmas galegas de alimentación, ademais de complementarse con 32 empresas dunha ampla variedade de servizos e cun aparcadoiro para os seus clientes e visitantes coa primeira hora gratuíta. para os teus ollos NARÓN | 58 PAZO DA CULTURA Logo da consolidación de Narón coma referente na xestión cultural pública en Galicia, o Concello de Narón, xunto co seu Padroado da Cultura, inaugurou no 2008 o novo Pazo da Cultura. O segundo maior auditorio de Galicia serve de espazo de acollida de grandes eventos culturais á vez que sede da Escola Profesional de Teatro de Narón e das escolas de baile, música e danza do Padroado de Cultura. Pero ademais é capaz de acoller a meirande parte da programación cultural que ata hoxe se celebraba no Auditorio Municipal de Narón, que xa quedou pequeno co devir dos anos. A programación teatral é un referente en toda a Comunidade 59 | NARÓN para os teus ollos As Escolas de música, danza e teatro desenvolven a súa ac.vidade no Pazo O Pazo conta cun escenario de mil metros cadrados e un aforo de novecentas butacas FEIRAS, MERCADOS, FESTAS E ROMARÍAS OENACH CÉLTICO Mercado celta que recrea un “Oenach”, espazo que as tribos celtas utilizaban na Idade do Ferro para establecer alianzas militares, operacións mercantís e matrimonios. Un Oenach era o lugar de encontro onde os celtas intercambiaban produtos e realizaban rituais máxicos e relixiosos. 3.000 anos despois da súa creación, recuperouse esta feira, imprimíndolle un carácter festivo, a través do cal moitos veciños e turistas regresan ás nosas orixes cada 29 de agosto para participar en xogos, compras ou demostracións das artes antigas. Unha versión non tan afastada deste mercado celébrase todos os anos na Feira do Trece. A organización instala un mercado de artesáns con postos de cerámica, gando, comida da época... Todo iso amenizado con representacións teatrais, que tratan de mostrar como era a vida na época celta e exhibicións de deportes rurais propios de Galicia e Euskadi (demostracións de pulsos ártabros, corte de troncos con machado, serrados con tronzador, lanzamentos de pedras e carreiras con peso. Ideal para “revivir” a época celta e gozar nun contorno propio da antigüidade. Data: 29-30 xullo Lugar: Sedes Periodicidade: Anual FEIRA DO CABALO DO TRECE Actividade: Gran oferta de gando cabalar (Cabalos, eguas, poldros... ). Produtos alimentación da zona (Queixos, pan, chourizos... ). Produtos agrícolas da comarca. Apeiros da labranza. Data: 13 de Abril de 9:00 a 15:00 horas. Lugar: Recinto Feiral do Trece (Sedes) Periodicidade: Anual FEIRA DA ARTESANÍA POPULAR GALEGA DE NARÓN Actividade: Artesanía popular galega. Artesanía do campo (zocas, cestos de vimbio, produtos de barro...). Expositores de produtos e demostracións in situ (como se fai unha zoca, un cesto...). Apeiros de labranza. Produtos de alimentación da zona (queixos, pan, chourizos, empanadas...). Data: mes de Xullo (data variable) de 9.00 a 15.00 horas Lugar: A Solaina (zona do feirón) Periodicidade: Anual FEIRA DO TRECE Actividade: Gando vacún, bovino, avícola, cabalar... Produtos alimentación da zona (Queixos, empanada, empanada de raia...). Artesanía popular (zocas, cestos de vimbio, téxtil..). Data: O día 13 e o último domingo de cada mes A Feira do Cabalo do Trece é un clásico entre as feiras cabalares de Galicia para os teus ollos NARÓN | 60 Lugar: Recinto Feiral do Trece (Sedes). Periodicidade: Quincenal Os días 13 e o derradeiro domingo de cada mes, esta zona da parroquia de Sedes convértese nun lugar onde se comercia con todo tipo de produtos agropecuarios e mercadorías de tipo domésticos sen faltaren as esmorgas gastronómicas. Esta é a feira de maior prestixio da Comarca de Ferrolterra. FEIRÓN DA SOLAINA Actividade: Produtos alimentarios (Queixo, pan, produtos cárnicos, polbeiras...). Produtos agrícolas. Téxtil e calzado. Data: Primeiro domingo de mes de 9.00 a 15.00 horas. Lugar: A Solaina. Periodicidade: Mensual Máis recente (1988), o Feirón da Solaina destaca por ser un mercado de tipoloxía urbana. Celébrase o primeiro domingo de cada mes na parroquia de Santa Icía, e nel intercámbianse produtos de vestir, do fogar ou alimenticios. FEIRA DAS AVES VISTOSAS E DE CURRAL Actividade: Gando avícola (faisáns, ocas, galiñas, galos, aves exóticas...) Data: Mes de decembro (data variable) de 9.00 a 15.00 horas Lugar: Recinto Feiral do Trece (Sedes) Periodicidade: Anual Romaría de Santa Lucía Celebrada todos os 13 de decembro na parroquia de Sedes. Romaría da Saleta A ermida do Lodairo, na parroquia do Couto, é o escenario desta festa cada terceiro domingo de decembro. OUTRAS FESTAS E ROMARÍAS O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase nesta data a primeira acta oficial do ano 1837, na que aparece o nome de Narón. O Día de Narón é unha das moitas datas que esparexen o calendario do concello de festas, tradicións e outras actividades, nas que se mestura o espírito relixioso co ambiente de lecer e co carácter comercial. Romaría da Virxe da O Celébrase na parroquia de Pedroso o segundo domingo de maio. Feira do Trece: recreación de palloza e menhir 61 | NARÓN para os teus ollos Romaría de Santa Margarida Séguese celebrando en torno a esta igrexa do Val, aínda que nos últimos anos quedou reducida a unha festa de carácter parroquial. Fonte de Santa Margarida, preto da ermida GUÍA DE ALOXAMENTOS E RESTAURACIÓN ALOXAMENTOS HOTEIS/PENSIÓNS Pazo Libunca H**** Lugar de Castro, s/n Tel.: 981 383 540 Fax: 981 391 108 www.pazolibunca.eu [email protected] Husa Odeón HR*** Avenida de Castelao, 17 Tel.: 981 372 951 Fax: 981 381 357 www.hotelhusaodeon.com [email protected] Hotel Palmera HR** Estrada de Cedeira, km 3 Tel.: 981 397 502 Fax: 981 397 611 [email protected] Chip’s HR* Polígono da Gándara, 96-97 Tel.: 981 330 981 Fax: 981 330 982 www.hotelchips.com [email protected] Kensington H* Estrada de Castela, 832 Tel.: 981 387 326 Fax: 981 387 399 www.kensington-hotel.com [email protected] Marcial HR* Río Pereiro, 5 Tel.: 981 384 417 Fax: 981 381 242 www.hotelmarcial.com [email protected] Narón HR* Polígono Industrial Rio do Pozo Avenida Gonzalo Navarro Parcela 19, nº 25 Tel.: 981 389 335 Fax: 981 381 381 www.hotelnaron.com Casa Basoa P*** Estrada de Castela, 778 Tel.: 981 384 122 Fax: 981 384 122 [email protected] Tijuana PR*** Polígono Industrial Río do Pozo Carpinteiros, 156 Tel./Fax: 981 388 972 www.hoteltijuananaron.com [email protected] A rica gastronomía é un atrac.vo turís.co máis de Narón para os teus ollos NARÓN | 62 Marcial II PR** Río Pereiro 6-8 Tel.: 981 384 417 Fax: 981 381 242 www.hotelmarcial.com [email protected] Ricolo PR** Miguel de Cervantes, 47 Tel.: 981 392 203 Fax: 981 934 871 Casa Juanito I PR** Concepción Arenal, 161 Tel.: 981 388 454 Fax: 981 391 496 www.hostaljuanito.es [email protected] Casa Juanito II PR* Concepción Arenal, 163 Tel.: 981 388 454 Fax: 981 391 496 www.hostaljuanito.es [email protected] Carballo PR* Vista Alegre, 4. Doso Tel.: 981 362 557 Fax: 981 495 300 [email protected] 63 | NARÓN para os teus ollos CÁMPINGS Río Xuvia (3ª categoría) Pedroso, s/n Tels.: 981 445 047 / 689 392 856 www.campingrioxuvia.com RESTAURANTES Casa Becerra Forxas, 18. San Xiao Tel.: 981 381 905 www.casabecerra.com [email protected] Restaurante Casa Ricolo* San Avelino-Piñeiros, 9-11 Tel.: 981 386 363 A Ponte Mesón Vilacomelle, 7 Tels.: 981 363 354 / 629 866 666 Asador Manolo Estrada de Castela, 668 Tel.: 981 387 356 As Lagoas Estrada de Cedeira, Km.1 Tel.: 981 380 909 Casa Alonso Estrada de Cedeira (O Feal), 88 Tel.: 981 383 594 La Ruta Estrada de Castela, 162 Tel.: 981 380 741 Marcial Río Pereiro, 6-8 Tel.: 981 384 417 Fax: 981 381 242 www.hotelmarcial.com [email protected] Mesón El Refugio Avenida Souto Vizoso, 21 Tel.: 981 390 284 O’Pote Estrada de Cedeira (Freixeiro), 8 Tel.: 981 390 939 Restaurante Casa Pendás Lugar de Carballo, 26, Sedes Tel.: 981 368 098 Restaurante Mesón O Castiñeiro Avenida. Souto Vizoso, 26 Tel.: 981 383 695 Restaurante Sidrería Los Molinos Avenida Malde Vizoso, 7 Tel.: 981 390 181 Urimare Marcial Calvo, 4 Tel.: 981 384 219 OCIO Pazo da Cultura de Narón Rúa Holanda - Urb. Ciudad Europa Tel.: 981 391 144 Despacho telefónico: 981 102 897 (horario: de 11 a 13:30 e de 18 a 20 horas) CINES Cinebox Narón - 12 salas Polígono Industrial da Gándara, s/n Centro Comercial Dolce Vita Odeón www.cinebox.es Tel.: 902 221 622 Día do espectador: Xoves BOLERA Bowling Odeón - 12 pistas Polígono Industrial da Gándara, s/n Centro Comercial Dolce Vita Odeón Tel.: 981 389 139 PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS A Gándara Tel.: 981 387 522 Santa Icía (Campo da Serra) Tel.: 981 387 522 As Lagoas Tel.: 981 387 522 As Telleiras Tel.: 981 397 405 ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS Sociedade Deportiva Cultural e Recreativa O Freixo Tel.: 981 380 892 Sociedade de Caza e Pesca Xuvia Tel.: 656 270 853 Sociedade Deportiva Irmandiños do Val Tel.: 629 454 425 Odeón Narón Bowling Club Tels.: 666 867 723 630 340 592 Moto Club Fojeteiros Tel.: 697 269 102 Lago Competición Tel.: 981 362 575 Kick Boxing Narón Tel.: 661 756 593 Escola Tenis de Mesa de Narón Tel.: 981 385 826 Escola Superior de Karate Narón Tel.: 687 404 453 Club Cidade de Narón Tels.: 981 387 937 609 185 456 Club de Remo Narón Tel.: 639 436 208 Club Tenis de Mesa Cidade de Narón Tel.: 981 397 069 Club para o Desenvolvemento das Artes Orientais Tel.: 699 514 333 Club de Golf Campomar Tel.: 981 453 910 Club Deportivo Lodairo Tel.: 676 682 011 para os teus ollos NARÓN | 64 Club Deportivo A Gándara Tel.: 981 387 289 626 067 217 Club Deportivo A Solaina Tel.: 981 390 664 Club Deportivo Acordes Tel.: 981 319 441 Club de Cazadores A Faísca Tel.: 639 085 249 Club de Atletismo Sierra Narón Tel.: 981 387 522 Club de Amigos da Chave de Ferrolterra Tel.: 650 590 651 Club Balonmán Narón Tel.: 650 480 123 Club A Taberna do Feal Tel.: 699 970 175 CCDR Airiños de Castro Tel.: 981 391 906 Auto Club Clásicos Narón Tel.: 981 382 864 Os amantes do golf contan cun espazo perfecto nas instalacións do Club Campomar 65 | NARÓN para os teus ollos ADCR Eiravedra Tel.: 629 414 145 Agrupación Deportiva Santiago Apóstol Tel.: 981 383 851 Agrupación Deportiva Altea Tel.: 981 393 561 AS NOITES DE NARÓN Zona de Copas / Pubs / Discotecas Unha forma de gozar do ocio e da noite nos distintos barrios e zonas da cidade. Narón é un referente na “movida” comarcal xa que, ao longo da estrada de castela, pasando por Xuvia e Piñeiros, hai unha morea de pubs, cafeterías, discotecas e locais de copas ateigadas de xente calquera fin de semana. Estrada de Castela Bares de copas e pubs marcan un dos percorridos máis coñecidos de Narón, un nutrido número de establecementos onde gozar da conversa dos amigos e bailar ata altas horas da madrugada. Estrada de Castro Máis música e máis baile nun contorno tamén emblemático, onde os ritmos máis novos soan nos pubs desta zona a carón da Estrada de Castela. A Gándara O ambiente máis novo da cidade atópase neste barrio de Narón que discorre paralelo á ría e onde Odeón é o centro insignia da zona. TELÉFONOS DE INTERESE SERVIZOS MUNICIPAIS Concello de Narón Tel.: 981 337 700 Xulgado de Paz Tel.: 981 382 105 981 383 200 Servizo de Limpeza Punto Limpo Tel.: 981 391 074 Auditorio Municipal (Casa da Cultura) Tel.: 981 391 144 Centro de Formación “Irmás Froilaz” Tel.: 981 333 135 C.M. de Atención ás Persoas Maiores Tel.: 981 391 881 Casa da Mocidade Tel.: 981 390 918 TRANSPORTES Tranvías de Ferrol Tel.: 981 383 415 Arriva Noroeste Tel.: 981 330 046 Autos Paco Tels.: 981 383 100 / 981 397 200 Radio Taxi Narón Tel.: 981 388 888 SAÚDE E URXENCIAS Centro de Saúde Tel.: 981 385 860 Consultorio O Val Tel.: 981 363 166 Consultorio Pedroso Tel.: 981 368 449 Centro Coordinador de Emerxencias Tel.: 112 Urxencias sanitarias Tel.: 061 Cruz Vermella Tel.: 981 222 222 Policía Local Narón Tels.: 092 981 381 700 / 981 390 400 Policía Nacional Tels.: 091 981 356 494 Garda Civil Tel.: 062 Bombeiros Ferrolterra Tel.: 080 Asociación de loita contra os malos tratos Tel.: 626 002 323 Teléfono da Muller Tel.: 626 002 323 Protección Civil-SOS Galicia Tel.: 900 444 222 Protección Civil Narón Tel.: 981 390 000 BIBLIOTECAS Biblioteca Municipal Tels.: 981 386 800 981 382 173 Biblioteca do Alto Tel.: 981 382 173 Biblioteca da Gándara Tel.: 981 390 918 para os teus ollos NARÓN | 66 T U R I S M O para os teus ollos NARÓN