LIBRO DE RESUMOS CARDIFF 2012 abrev
Transcripción
LIBRO DE RESUMOS CARDIFF 2012 abrev
Táboa de contidos Benvida e agradecementos ...................................................................................................... 3 Galiza alén do Arco Atlántico. ................................................................................................ 4 Unha visión multidisciplinar dos Estudos Galegos ............................................................... 4 Comité científico e organizador .............................................................................................. 6 Información xeral..................................................................................................................... 7 Horario abreviado do congreso .............................................................................................. 8 Programa completo con resumos por orde cronolóxica ....................................................... 9 Mércores, 12 de setembro .......................................................................................................... 9 Xoves, 13 de setembro ............................................................................................................. 40 Venres, 14 de setembro ............................................................................................................ 78 Normas de presentación dos orixinais................................................................................ 122 Publicacións da AIEG.......................................................................................................... 124 Enderezos de interese en Cardiff ........................................................................................ 125 Oficinas de turismo ................................................................................................ 125 Servizo de taxis ...................................................................................................... 126 Servizo de autobuses urbanos ................................................................................ 126 Saúde e atención médica ........................................................................................ 126 Obxectos perdidos .................................................................................................. 126 Bibliotecas.............................................................................................................. 126 Museos recomendados ........................................................................................... 126 Restaurantes ........................................................................................................... 127 Pubs enxebres......................................................................................................... 127 Pubs – Gastro pubs................................................................................................. 128 Cafeterías ............................................................................................................... 129 1 Índice onomástico e de correos electrónicos ...................................................................... 129 Mapas do campus e do centro de Cardiff .......................................................................... 133 Entidades colaboradoras do congreso ................................................................................ 134 2 Benvida e agradecementos A Asociación Internacional de Estudos Galegos dá a benvinda a case 150 congresistas que contribuirán con conferencias, participacións en mesas redondas e relatorios e, naturalmente, tamén a quen asistirá como oínte ao que será o X congreso da nosa historia. Moitos de vostedes viaxan ao congreso de países fóra e ás veces lonxe de Galiza, diáspora positiva e animadora que reflite outra vez máis o continuo interese nos Estudos Galegos a nivel global. Confiamos en que a sede deste X congreso tanto amose a nosa preocupación construtiva polas realidades das nacións sub-estatais no mundo como constitúa un lugar no que poidamos identificar os riscos, desafíos e respostas a semellante realidade. Outra vez máis o congreso trianual da AIEG amosa no seu contido científico unha variedade de temas coa que caracteriza a súa interdisciplinaridade, transversalidade académica e institucional. Queremos agradecer, en primeiro lugar, o apoio constante que nos deu o Consello da Cultura Galega que financiou catro conferencias plenarias para este congreso. A súa presencia en Cardiff sobrancea o compromiso firme que mantén o Consello da Cultura Galega coa AIEG ao longo da nosa existencia, recoñecendo así a nosa función de embaixadora de Galicia no eido académico. É unha grande honra para nós que unha figura da envergadura intelectual de Rosario Álvarez represente ao Consello da Cultura, entre outras persoas, neste X congreso da AIEG en Cardiff, País de Gales. Tamén queremos agradecer a plena dispoñibilidade e as contribucións importantísimas, tanto loxísticas como académicas, que nos chegaron de diversas institucións de rango internacional. A Universidade de Cardiff contribúe ao congreso tanto no sentido económico e institucional, poñendo ao noso dispor dende 2009 varias bases de apoio para o congreso. Da mesma maneira debemos agradecer colaboracións indispensábeis: do Instituto Cervantes en Londres, da Embaixada Española en Londres, e da Asemblea Galesa, que puxo á disposición da AIEG o seu senado á beira da baía de Cardiff no que se celebrará unha recepción no primeiro día do congreso e no que asemade se ofrecerá unha benvida moi galesa a todos os conferenciantes. Quixeramos agradecer en particular a tres centros de estudos galegos ubicados nas Illas Británicas –Cork, Birmingham e Oxford- a súa aportación ao congreso na forma de bolsas para estudantes, cuxa presencia en Cardiff, en gran parte debida á xenerosidade desas bolsas, amosa o futuro dinámico que lle agarda á disciplina científica dos estudos galegos. Finalmente, o noso máis sentido recoñecemento debe dirixirse cara a vostedes. Sen a súa presenza tan numerosa, non seriamos quen de ofrecer un programa tan diverso e, esperamos, tan agasallador en diversos sentidos. Esperamos que o diálogo científico durante os días 12-14 de setembro de 2012 sexa rico e frutífero e que dea pé a novas perspectivas, 3 achegas, publicacións e, sobre todo, a novos diálogos e congresos que nos permitan a todos asegurar que a galeguidade sexa outra presencia máis no campo do espírito humano. Galiza alén do Arco Atlántico. Unha visión multidisciplinar dos Estudos Galegos Os congresos da AIEG son convocatorias trianuais, con sede rotatoria, que se realizan sen interrupción desde 1985. A primeira tivo lugar na Universidade de Maine-Orono, e a segunda na Universidade de Brown en 1988. Tras a terceira edición en 1991, que tivo como sede a Universidade da Cidade de Nova York, o congreso trasladouse en 1994 por primeira vez a Europa, á Universidade de Oxford. A partir dese ano, os congresos da AEIG comezaron a alternar sedes sudamericanas e europeas até a actualidade: Trier (1997), La Habana (2000), Barcelona (2003), Salvador da Bahia (2006) e na anterior cita, Galiza (2009). Nesta ocasión, o Congreso regresa ás Illas Británicas dezaoito anos despois para reunir a máis dun cento de galicianistas en Caerdydd (Cardiff, no seu nome en inglés), capital do País de Gales. As orixes da asociación están relacionadas co traballo e coa dedicación de galicianistas de Norteamérica na súa primeira década de existencia. A súa vitalidade viuse reforzada, de maneira considerábel, a partir dos anos 90 coa creación e expansión dos Centros de Estudos Galegos mais os correspondentes lectorados galegos arredor do mundo. As áreas de traballo das estudosas e estudosos comezaron sendo a literatura, a historia, a cultura e a lingua galegas. Nas últimas edicións foise reforzando a inclusión de estudos doutras áreas para que os congresos da AIEG continúen sendo os eventos máis importantes para toda a comunidade académica internacional que se dedique, sexa cal for a disciplina, a estudos relacionados con Galiza. Nestas case tres décadas de existencia da AIEG, os estudos galegos viñeron a consolidarse como supradisciplina na que cada vez atopan acubillo máis eidos do saber. Nunha realidade social cada vez máis complexa e cambiante, a variedade de puntos de vista, ferramentas e discursos son necesarios para acadar novas formas de pensar ‘Galiza’. Esta visión multidisciplinar vén propiciando colaboracións entre o ámbito académico, cultural, político e social radicado en Galiza con colegas que desenvolven o seu labor noutros recantos do planeta, moitas veces albiscando puntos de conexión e fricción entre distintas nacións subestatais e periféricas. Aproveitando o marco da capital galesa de Caerdydd/Cardiff, o X Congreso da AIEG “Galiza alén do Arco Atlántico: unha visión multidisciplinar dos Estudos Galegos” busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo tematicamente transversais e interdisciplinarias sobre Galiza no contexto do Arco Atlántico, mais tamén facéndose extensíbeis a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral. Xa que logo, o X Congreso da AIEG persegue converterse en plataforma desde a que facer un balance do estado dos estudos académicos internacionais e galegos sobre todo tipo 4 de temáticas relacionadas con Galiza, de xeito que encete un diálogo entre aqueles traballos realizados por especialistas provenientes de fóra do país, con aqueloutros desenvolvidosdentro do sistema académico e científico galego. O primeiro obxectivo do X Congreso da AIEG é contribuír ao proceso de apertura dos estudos galegos a novas áreas de coñecemento, de xeito que xunto á reflexión sobre temáticas máis tradicionais se potencie a presenza de disciplinas e perspectivas de análise de incorporación máis recente aos estudos galegos. O segundo obxectivo do X Congreso da AIEG é o de afondar na promoción cultural, intelectual e científica das identidades culturais/nacionais que comparten a franxa atlántica, identificando os desafíos do presente e a proposta de estratexias coas que facerlles fronte. Máis especificamente, a localización do congreso en Cardiff/Caerdydd hase aproveitar para compartir metodoloxías e experiencias entre Gales e Galiza co propósito de destacar algunhas vías de xestión, mobilización e organización de proxectos en común, no marco dunha comparativa das experiencias das dúas nacións subestatais no contexto da Europa actual. 5 Comité científico e organizador Comité científico Jaine Beswick, Southampton University – Inglaterra. Burghard Baltrusch, Universidade de Vigo. Helena Miguélez Carballeira, Bangor University – Gales. Benita Sampedro Vizcaya, Hofstra University – Estados Unidos. Xulio Ferreiro Baamonde, Universidade da Coruña. Iolanda Ogando, Universidad de Extremadura. María Rosa Lojo, Universidad de Buenos Aires – Arxentina. Xosé Manuel Núñez Seixas, Universidade de Santiago de Compostela. Jorge Cagiao, Université de Tours – Francia. António Apolinário Lourenço, Universidade de Coimbra – Portugal. José Colmeiro, The University of Auckland – Nova Celandia. Eugenia R. Romero, Ohio University – Estados Unidos. Carsten Sinner, Universität Leipzig – Alemaña. Comité organizador 6 Craig Patterson, Cardiff University – Gales. Olga Castro, Aston University, Birmingham – Inglaterra. Elisa Fernández Rei, Universidade de Santiago de Compostela. Gabriel Pérez Durán, Universidade de Vigo. Débora Campos, Universidad de Buenos Aires – Arxentina. Xabier Cid, University of Stirling – Escocia. Rosa Aneiros, Consello da Cultura Galega. David Miranda Barreiro, Bangor University – Gales. Información xeral A inauguración do X Congreso da AIEG realizarase o mércores 12 de setembro, a partir das 09:30 da mañá no Council Chamber, Main Building, da Universidade de Cardiff (cf. mapa no final do libro de resumos). A mesa de acreditacións do congreso estará instalada ao longo da mañá no Viriamu Jones Gallery a partir das 9:00, e a partir das 11:00 no Cardiff Business School (CARBS). Ás 17:35 os congresistas serán recibidas/os pola Asemblea Galesa (Cynulliad Cenedlaethol) na baía de Cardiff. Ás 18:00 haberá un concerto de Anthony Dudson e Mano Panforreteiro na mesma Asemblea Galesa. Xoves 13 de setembro: O congreso continuará no Cardiff Business School (CARBS). A partir das 18:30 haberá Asemblea Xeral da AIEG, e despois a celebración da cea oficial do X congreso da AIEG no Parc Hotel, Cardiff, na que faremos brindis a unha nova executiva da AIEG. Xoves 14 de setembro: O congreso continuará no Cardiff Business School (CARBS). Ás 17:20 terá lugar a conferencia de clausura do congreso, e a partir das 18:30 o acto de clausura no Concert Hall da School of Music da Universidade de Cardiff, no que actuarán Amanda Whiting a Mano Panforreteiro. En caso de dúbida, as/os congresistas poden dirixirse sempre ás/aos bolseiras/os do congreso (identificadas/os con “Organización do congreso”) que estarán en cada unha das aulas e na mesa de acreditación. A organización tamén está dispoñíbel a través dos seguintes teléfonos: Craig Patterson: 00447757056830 Olga Castro: 00447849834935 David Miranda Barreiro: 0044828884786 7 Horario abreviado do congreso Mércores, 12.09.2012 Xoves, 13.09.2012 Venres, 14.09.2012 9:00 – 9:30 9:00 – 10:00 9:00 – 10:50 Acreditación (Viriamu Jones Conferencia plenaria Paneis e relatorios en sesións Gallery [Council Chamber, (Manuel Gago, CARBS, sala paralelas F (CARBS) Main Building]); a partir das 11:00 en CARBS 9:30 – 10:00 Inauguración do congreso L03) 10:00 – 11:50 10:50 – 11:00 Paneis e relatorios en sesións Pausa paralelas C (CARBS) 10:50 – 12:00 11:00 – 12:50 Pausa Paneis e relatorios en sesións 10:00 – 11:00 paralelas G (CARBS) Conferencia inaugural 12:00 – 13:00 (David Mackenzie; Council Conferencia plenaria 13:00 – 14:00 (Rosario Álvarez, CARBS, sala Pausa Xantar Chamber, Main Building) L03) 11:00 – 12:50 13:00 – 14:00 Paneis e relatorios en sesións 14:00 – 15:00 Pausa Xantar Conferencia plenaria paralelas A (CARBS) 13:00 – 14:00 Pausa Xantar 14:00 – 15:00 Conferencia plenaria (Xurxo Mariño, CARBS, sala L03) 15:00 – 15:30 Pausa-Café + PRESENTACIÓN DA REVISTA ELG (Luís Costa Vázquez, CARBS, 14:00 – 15:00 Conferencia plenaria (Chus Pato, CARBS, sala L03) paralelas D (CARBS) 16:50 – 17:20 16:20 – 16:50 Pausa Café + Presentación Pausa-Café + Presentación Demo da Web libro electrónico de contribucións al Congreso AIEG 2009 Lourido) 17:20 – 18:20 17:00 – 18:20 Conferencia de clausura Paneis e relatorios en sesións (Helena González Fernández, 18:00 – 18:40 paralelas E (CARBS) CARBS, sala L03) Recepción e petiscos na 18:20 – 18:30 Cynulliad Cenedlaethol Pausa 18:30 – 19:30 18:30 – 19:40 Acto de clausura Asemblea de socios/as da (Concert Hall, Department of AIEG Music) 18:40 – 19:50 21:00 Cea oficial do X Congreso da Concerto: The Homens (Club AIEG Ifor Bach) Cymru | National Assembly for Walles 18:45 – 19:30 Actuación musical de Anthony Dudson e Mano Panforreteiro 8 paralelas H (CARBS) Paneis e relatorios en sesións Paneis e relatorios en sesións paralelas B (CARBS) 15:00 – 16:50 Paneis e relatorios en sesións 15:00 – 16:20 www.poesiagalega.org (Isaac 15:30 – 17:20 sala L03) Programa completo con resumos por orde cronolóxica Mércores, 12 de setembro 9:00 – 9:30 9:30 – 10:00 Acreditacións (Viriamu Jones Gallery [Council Chamber, Main Building]; a partir das 11:00 en Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School Acto de apertura (Council Chamber, Main Building) Craig Patterson, Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) David Boucher, Director da Ysgol leithoedd Ewropeaidd, Cyfieithu a Gwleidyddiaeth Caerdydd | Cardiff School of European Languages, Translation and Politics Rosario Álvarez, Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega 10:00 – 11:00 Conferencia plenaria de apertura (Council Chamber, Main Building) Galicia: un enigma histórico? (David Mackenzie, Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) Presentadores: Craig Patterson & Martín Veiga RESUMO: Este relatorio pretende abranguer a longa traxectoria da cultura galega, coa finalidade de explorar ata que punto se pode dicir que vén sendo distinta doutras culturas. Examinaremos todos os eidos, dende a historia, a cultura en xeral, as relacións históricas, a poesía ou a evolución política, nun intento por parte dun estranxeiro de se aproximar a unha visión coherente da vida e costumes dun país alleo Biobibliografía: Licenciado en Hispánicas pola U. de Oxford; Doutor pola de Nottingham (Ed. e estudo crítico da Corónica de Santa María de Iria: director, R. Brian Tate). Bibliotecario no British (Museum) Library, 1970-74; Profesor de Español na New University of Ulster, 1947-86; Profesor Visitante na University of Wisconsin– Madison, 1977-78 e 1983-84; Catedrático de Estudos Galegos, University of Birmingham, 1986-96; Catedrático Oficial de Estudos Hispánicos, National University of Ireland Cork, 1997-2008; Catedrático Visitante, University of Wisconsin–Madison, 2010; Catedrático Visitante, University of Wisconsin–Milwaukee, 2010-11. Membro Correspondente da Real Academia Galega; Honorary Associate, Hispanic Society of America. 9 11:00 – 12:50 Paneis e relatorios en sesións paralelas A (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 1. Lingüística, fonética, oralidade, lingua galega] Galego oral. Novas liñas de investigación Moderadoras: Elisa Fernández Rei & Xosé Luís Regueira (coords.) Lugar de celebración: Sala Q23 1. O Corpus (de textos orais) de Gustav Henningsen e a súa importancia para a investigación lingüística e cultural | Sandra Vázquez Núñez (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) 2. A entoación galega. Aproximación desde a dialectoloxía perceptiva | Elisa Fernández Rei (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) 3. O CORILGA. Un corpus oral integrado para o estudo da lingua oral | Xosé Luís Regueira (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) 4. Lingua e xénero en interacción | Noemi Basanta (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) [Sección 2. Posguerra, economía, socioloxía da literatura, imaxinario social, economía, sociedade policontextual, grupo Galaxia, exilio, censura, Xohan Casal, Luís Seoane] 1. Desenhar a história própria. Processos de (auto-)elaboraçon do conhecemento sobre o grupo Galaxia | Cristina Martínez Tejero (Universidade de Santiago de Compostela) 2. Aproximación á Revista de Economía de Galicia. Voces, censura e aposta firme polo futuro económico de Galicia | María Dolores Villanueva Gesteira (Universitat de Barcelona) Moderadora: María García Liñeira Lugar de celebración: Sala C23 3. A contrafío da saudade. A construción dun novo imaxinario literario segundo Xohán Casal | Mª Teresa Bermúdez Montes & Gabriel Pérez Durán (Universidade de Vigo) 4. O papel da correspondencia de Luís Seoane para a promoción da arte galega e para a comprensión da súa evolución estética: ilustración a partir das cartas inéditas do artista | Rafael Fraguas (Université de Perpignan) 10 [Sección 3. Antropoloxía, arte, arte rupestre, iconografía, oralidade, contos populares, paisaxe, relixión, patrimonio material e inmaterial] 1. As imaxes das virxes da Costa da morte: crebas santas atlánticas? | Francisco Xosé Fernández Naval (escritor) & María Isabel Longueira Mira (fotógrafa) 2. A imaxinaría literaria feminina da muller de auga: a Galiza e Gales da perspectiva da literatura comparada. Unha visión multidisciplinar | Xulio Pardo de Neyra (Universidade da Coruña) Moderadora: Ana Boullón Lugar de celebración: Sala Q21 3. Escenas de caza nos petróglifos galegos e portugueses | Xosé Lois Vilar Pedreira (Instituto de Estudos Miñoranos) [Sección 4. Sociedade policontextual, alteridade, 1. As traducións d’A Esmorga | Xosé Manuel imaxinario nacional, literatura, estranxeiro, Dasilva (Universidade de Vigo) tradución, censura, Blanco-Amor, teatro, 2. Retos e estratexias da primeira tradución narrativa] inglesa d’A Esmorga | Craig Patterson (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) Moderador: Martín Veiga Lugar de celebración: Sala L02 3. De George Borrow a Aubrey Bell: a imaxe do galego como portador de auga na literatura de viaxe, ficción e historia literaria escrita en inglés | Christopher George (Universidade de Santiago de Compostela) 4. Eran un castelán, un andaluz e un galego... Imaxes do ‘propio’ e do ‘alleo’ no teatro galego (1882-1923) | Iolanda Ogando González (Universidad de Extremadura) 11 RESUMOS | Sección 1 [Lingüística, fonética, oralidade, lingua galega] Galego oral. Novas liñas de investigación Moderadores: Elisa Fernández Rei & Xosé Luís Regueira (coord.) Lugar de celebración: Sala Q23 OBXECTIVOS: Presentar e someter a discusión as liñas que se están a desenvolver sobre a lingua falada no Instituto da Lingua Galega. Sandra Vázquez Núñez Galega) (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua “O Corpus (de textos orais) de Gustav Henningsen e a súa importancia para a investigación lingüística e cultural” No ano 2009 o etnógrafo Gustav Hennigsen dooulle ao Instituto da Lingua Galega unha importante colección de gravacións realizadas en distintos lugares de Galicia entre os anos 1964 e 1968. Estes rexistros corresponden a un traballo de investigación sobre crenzas tradicionais aínda que tamén se recollen unha boa cantidade de contos e cantigas populares. Actualmente están catalogadas todas as gravacións e estase a rematar o proceso de transcrición. Nas 105 horas de gravacións aparecen uns 400 informantes (homes e mulleres de todas as idades) de aldeas e vilas galegas, sobre todo da provincia da Coruña. Nestes rexistros atópanse gravacións directas da vida real (fías, romarías, misas, reunións onde se contaba e cantaba) e gravacións guiadas, nas que o entrevistador pregunta sobre determinados temas (costumes, enfermidades e remedios, contos, etc.) a unha ou varias persoas. Estas gravacións son, probablemente, as máis antigas que se conservan en formato traballo de campo. O obxectivo desta comunicación é presentar o proxecto e a súa utilidade lingüística e socioliteraria. Debido ás características mencionadas as gravacións teñen un gran potencial investigador: estudo de narrativas orais, análise do discurso, variación dialectal, análise do cambio lingüístico a todos os niveis, as relacións entre lingua e identidade, etc. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela en 2008. Desde o ano 2005 vén colaborando en distintos proxectos relacionados coa lingua galega. Actualmente participa no proxecto do Instituto da Lingua Galega “Transcrición dos textos orais do arquivo etnográfico do profesor Gustav Henningsen”. Os seus intereses de investigación diríxense cara á sintaxe e a estrutura da información nas narrativas orais tradicionais, así como a súa relación coa cultura e sociedade na que se insiren. 12 Elisa Fernández Rei (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) “A entoación galega. Aproximación desde a dialectoloxía perceptiva” Contamos cun grupo de investigación no ILG que, desde o ano 2003, vén colaborando nun proxecto internacional denominado AMPER (Atlas Multimedia da Prosodia Románica). Este proxecto ten como principal obxectivo a elaboración dun atlas que reflicta a variación prosódica dialectal existente en todos os dialectos da Romania. A nosa participación neste proxecto e as investigacións derivadas dela permítennos debuxar un mapa bastante completo da variación dialectal da entoación galega. Partindo deste coñecemento, estamos a desenvolver un estudo experimental que vai encamiñado a facer unha validación perceptiva dos datos prosódicos recollidos ao longo de todos estes anos en moitas variedades do dominio lingüístico galego. Así, nesta comunicación presentaremos os resultados obtidos en relación a: 1. a distancia prosódica percibida polos falantes entre as entoacións de distintas variedades lingüísticas, 2. os parámetros prosódicos que lles permiten aos falantes discriminar modalidades oracionais. Biobibliografía Profesora do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. As súas principais liñas de investigación son a entoación, a fonoloxía e a lingua oral dos medios de comunicación. Sobre todos estes temas publicou artigos en revistas nacionais e internacionais, así como capítulos de libros en diversas monografías. Actualmente dirixe un proxecto de investigación financiado polo MICINN: Estudio perceptivo de la variación prosódica dialectal (FFI2009-12738). Xosé Luís Regueira (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) “O CORILGA. Un corpus oral integrado para o estudo da lingua oral” O Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega (CORILGA) é un proxecto iniciado en 2011 no Instituto da Lingua Galega que ten por obxectivos fornecer unha ferramenta nova para o estudo da lingua oral. Trátase dun corpus en que as transcricións (ortográfica e fonética) están aliñadas coa onda sonora e que permite múltiples niveis de anotación. Desta maneira, permitirá traballar en diferentes niveis, desde o segmento fónico ao texto, o que resulta especialmente interesante para o estudo da interacción entre niveis distintos (prosodia e sintaxe, prosodia e discurso, estrutura informativa e sintaxe, etc.). Nesta comunicación discutiranse os obxectivos, criterios, estrutura e aplicacións deste corpus, así como as futuras conexións con outros córpora actualmente en desenvolvemento, por un lado, do castelán de Galicia (de maneira que se poida ter unha imaxe completa da variacións lingüística en Galicia), e por outra banda, do portugués europeo. Biobibliografía Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, os seus intereses de investigación céntranse na fonética e na lingua oral. Publicou diversos traballos 13 sobre fonética e sociolingüística (variación, estándar), así como de gramática e de historiografía. Recentemente publicou o Dicionario de pronuncia da lingua galega (A Coruña, 2010), e é responsable da súa gravación e posta en rede (ilg.usc.es/pronuncia). Foi elixido membro da Real Academia Galega. Noemi Basanta (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) “Lingua e xénero en interacción” Esta proposta insírese dentro da perspectiva de estudos que analizan as diferenzas e similitudes presentes na linguaxe de mulleres e homes. Constitúe unha liña de traballos que se iniciou con forza na década dos 70 e que goza dunha ampla bibliografía nos países anglófonos. No dominio dos estudos galegos, aínda que existen escasas achegas desde unha perspectiva estritamente teórica, non encontramos estudos académicos feitos sobre a análise de datos empíricos. Neste sentido, o traballo que presentamos sería pioneiro porque constitúe a análise cuantitativa e cualitativa de dúas horas e media de gravación de tres grupos homoxéneos e mixtos nos que participan individuos pertencentes a tres matrimonios galegofalantes. Analizamos aspectos como a xestión das quendas de palabra, as proposicións temáticas, os mecanismos de cooperatividade, as interrupcións ou os solapamentos. Constitúe pois, un traballo interdisciplinario en tanto que emprega para o traballo de campo técnicas da análise do discurso e da análise fonética situadas á par dunha elaboración teórica que aglutina a perspectiva da sociolingüística, a lingüística aplicada ou a teorización feminista. Na comunicación que queremos levar a cabo, realizaremos unha aproximación aos resultados obtidos e estabeleceremos vinculacións cos principais estudos realizados noutros lugares. Para alén diso, o traballo tamén está vinculado cunha iniciativa que actualmente se está a poñer en marcha no Instituto da Lingua Galega e que consiste na elaboración dun corpus oral en lingua galega que permita a aliñación entre o audio e a transcrición ortográfica, fonética e prosódica en conversas coloquiais. As gravacións coas que traballamos foron incorporadas para determinar o rendemento desa base de datos, de maneira que este estudo tamén constituiría a primeira aplicación práctica. Consecuentemente, os resultados tamén serán explicados á luz das posibilidades que ofrece esta plataforma. Biobibliografía Estudante de último curso das licenciaturas de Filoloxía Galega e de Filoloxía Portuguesa na USC, é bolseira de colaboración no Instituto da Lingua Galega, onde participa nos traballos do proxecto CORILGA. Publicou un artigo vinculado á edición de textos medievais galegos en Cadernos de Lingua. Os centros de interese investigador nos que se encontra traballando actualmente son a análise da dialéctica entre lingua e xénero, materializado nun traballo de investigación empírica levado a cabo baixo a dirección do profesor X.L. Regueira, e mais o estudo de repertorios periféricos de expresión literaria a través do traballo de documentación de cantigas populares. 14 RESUMOS | Sección 2 [Posguerra, economía, socioloxía da literatura, imaxinario social, economía, sociedade policontextual, grupo Galaxia, exilio, censura, Xohan Casal, Luís Seoane] Moderadora: María García Liñeira Lugar de celebración: Sala C23 Desenhar a história própria. Processos de (auto-)elaboraçon do conhecemento sobre o grupo Galaxia Cristina Martínez Tejero (Universidade de Santiago de Compostela) A inquestionável centralidade do grupo Galaxia dentro do Sistema Cultural Galego desde um período próximo à sua fundaçom assenta num processo planificador que engloba diversas estratégias —postas em funcionamento especialmente durante o seu período de consolidaçom, 1950-1963— como a criaçom de instituiçons (exemplo paradigmático do qual é a própria editora); a conquista das já existentes (como a Real Academia Galega ou a Universidade de Santiago de Compostela); a pluralidade de espaços e ámbitos de actuaçom; a capacidade de sobrevivência em meios adversos (tanto nas suas vertentes política como económica) ou o desenvolvimento dumha acçom política difusa. A pretensom era alcançar a hegemonia para intervir (com autoridade) na própria definiçom do sistema cultural, assim como do país. Com este pano de fundo, a intençom desta comunicaçom é abordar os processos de construçom do conhecimento sobre o grupo Galaxia, entendendo por isto o percurso na elaboraçom desse saber, com o fim de oferecer instrumentos de análise da sua arquitectura (métodos de selecçom e arrumaçom), agencialidade (quem e para quem), funçom (para quê) ou reproduçom (grau de aceitaçom dos critérios em uso). As particularidades que a focagem deste grupo achega a este tipo de estudo venhem determinadas, dumha parte, pola inexistência dum ámbito disciplinar formalmente estabelecido que apreenda de forma completa a actividade de Galaxia (assim como a dispersom e parcialidade em que isto é traduzido) e, por outra, o privilégio concedido a individualidades (Ramón Piñeiro, nomeadamente) face a umha focagem grupal. A isto é necessário somar o existência de toda umha corrente de estudos produzidos polos próprios integrantes do grupo (ampliado e modificado com o passo do tempo), feito que nom dever ser deslindado das estratégias de conquista (e manutençom) da centralidade antes referidas. Biobibliografía Licenciada em Filologia Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o Diploma de Estudos Avançados no Programa de Doutoramento de Teoria de Literatura e Literatura Comparada. As suas linhas de pesquisa privilegiadas conectam a sociologia da literatura com o estudo de sistemas culturais em processo de autonomizaçom. Foi investigadora contratada na Faculdade de Filologia da USC entre 2008 e 2011 e fai parte do grupo de investigaçom Galabra. Intregrante do projeto FISEMPOGA (Fabriacação e socialização de ideias num período de mudança política. Galiza: 1968-1982), realiza a sua tese de doutoramento sobre o grupo Galaxia e o sistema cultural galego no tardofranquismo. 15 Aproximación á Revista de Economía de Galicia. Voces, censura e aposta firme polo futuro económico de Galicia María Dolores Villanueva Gesteira (Universitat de Barcelona) Os estudos económicos en Galicia son escasos, en boa medida debido a que non se creou a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Santiago de Compostela ata o curso 196768. Xaime Isla Couto, o gran ideador da Editorial Galaxia, era profesor de economía polo que deseguida fomentou a edición dunha revista e de traballos de economía dende Galicia para Galicia. A idea do grupo era facer chegar ó público especializado unha publicación “dedicada ó estudo e orientación sobre os problemas concretos de estrutura e desenvolvemento económico da Rexión”. Con este obxectivo, recollido nun dos moitos documentos conservados sobre Galaxia, emprende a súa singradura a Revista de Economía de Galicia. Xaime Isla, Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro, Río Barja, Domingo García Sabell, Cruz Gallástegui e Xosé Luís Blanco, foron os encargados de encetar a idea e darlle forma. Un ano despois, en xaneiro de 1958, publícase o primeiro número da Revista de Economía de Galicia que tentaba cubrir un ermo absoluto neste campo e, ó mesmo tempo, realizar unha reflexión profunda do estado dun país e por onde pasan as liñas de revitalización económica. O traballo que pretendemos presentar é unha achega á publicación, o seu sustento económico que en boa medida correu a cargo da emigración en Arxentina e Uruguai ou a actuación da censura que puña multas considerables por algún dos editoriais, con documentos inéditos ó respecto que se atopan na Biblioteca Francisco Fernández del Riego, na Fundación Xaime Isla e a Fundación Penzol. Ó mesmo tempo debuxaremos un panorama global da época, outros proxectos se puxeron en marcha, que voces participaron e quen optou por outras vías. Non podemos esquecer a importancia de cada artigo, nin a presenza de Xosé Manuel Beiras, como subdirector da publicación e que despois escribiría un dos libros fundamentais do que se cumpren 40 anos, O atraso económico de Galicia. Biobibliografía Licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en Filoloxía Galega e en Filoloxía Románica. Na actualidade prepara a súa tese de doutoramento sobre a primeira etapa da editorial Galaxia e a súa importancia na consolidación da lingua galega, na súa visibilización e na creación dun modelo de estándar. Entre as súas publicacións destacan os libros Lingua en sociedade, a aldea da Xesteira (Deputación de Pontevedra & Consello da Cultura Galega, 2006) e A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (Deputación de Pontevedra, 2010), polos que recibiu, respectivamente, o Premio Antón Fraguas de Investigación e o Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais. Os seus ámbitos de estudo principais son a (socio)lingüística e a historia da lingua, especialmente o período franquista. 16 A contrafío da saudade. A construción dun novo imaxinario literario segundo Xohán Casal Mª Teresa Bermúdez Montes & Gabriel Pérez Durán (Universidade de Vigo) Nesta comunicación abordaremos o estudo dalgúns aspectos do pensamento político e estético de Xohán Casal, autor da nova narrativa galega que ata ben pouco tempo era practicamente descoñecido, a partir de textos inéditos seus que se atopan nos arquivos da Real Academia Galega. Nestes escritos revélase de xeito nidio a súa ollada sobre o mundo a través dun pensamento autónomo que polemiza coas directrices piñeiristas no que se refire a un posicionamento político de esquerdas orientado á acción, por unha banda, e á configuración dun imaxinario social e a súa materialización nun imaxinario literario e nacional, por outra. A partir deste contexto, a nosa intención é debuxar a conflitividade que introduce o pensamento de Xohán Casal nas súas prácticas discursivas, servíndonos de presupostos tradutolóxicos. Dende este perspectiva, desvélase unha sociedade complexa na que existen diferentes imaxinarios sociais con validez simultánea, malia contrapoñérense entre si. Así, neste magma, a cultura converteuse nun sistema de relación e replicación de información intra e transcultural, sometido a unha fricción continua entre: (i) variación/selección, (ii) transmisión/dar a coñecer e (iii) sedimentación (temporal). Biobibliografía María Teresa Bermúdez Montes (<http://uvigo.academia.edu/TeresaBerm%C3%Badez>) doutorouse en 2002 cunha tese sobre os mecanismos de renovación na narrativa galega contemporánea. É autora de diversos traballos no ámbito da historiografía da literatura galega contemporánea e da narratoloxía, centrados fundamentalmente nos eixos seguintes: estudo dos autores e obras da nova narrativa, efectos do control censorial sobre as producións literarias, relato breve contemporáneo e literatura de autoría feminina. Realizou estadías de investigación en universidades brasileiras e europeas. Exerceu labores docentes e investigadores na Universitat Autònoma de Barcelona e na Universidade da Coruña. Na actualidade, é profesora na Universidade de Vigo e membro de GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía, UVigo). Ten colaborado en diferentes publicacións colectivas e revistas especializadas, como o Anuario de Estudos Literarios Galegos, Grial, Dorna ou o Boletín Galego de Literatura, entre outras. Gabriel Pérez Durán (<http://uvigo.academia.edu/GabrielPérezDurán/>) obtivo a licenciatura en Filoloxía Galega (2006) e o Diploma de Estudos Avanzados (2008) na Universidade de Vigo. Na actualidade está a rematar unha tese de doutoramento que trata as relacións entre música e tradutoloxía, usando metodoloxías das ciencias e as humanidades. Ademais é membro do Grupo de Investigación GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía) e realiza crítica literaria para revistas como Protexta, Anuario Grial de Estudos Literarios e Grial. Tamén ten publicado algúns artigos sobre as obras dramáticas de Xohana Torres, a terceira cultura, música e teoría da tradución. Como músico ten participado en diferentes grupos que van dende a música clásica ata a tradicional ou máis experimental. 17 O papel da correspondencia de Luís Seoane para a promoción da arte galega e para a comprensión da súa evolución estética: ilustración a partir das cartas inéditas do artista Rafael Fraguas (Université de Perpignan) Luís Seoane foi un personaxe polifacético: artista, gravador, ilustrador, poeta e editor, entre outras cousas. Nas súas diferentes tarefas sempre intentou dar a coñecer Galicia, sexa a través da súa arte, a súa poesía ou a súa historia. Marcado polo exilio que o levou en 1936 a Arxentina, vai a pór toda a súa vitalidade a necesidade de promover a imaxe da súa terra. Illado no exilio, os intercambios epistolares vanlle permitir seguir en contacto cos seus amigos artistas e intelectuais espallados polo mundo. A partir da comunicación epistolar de Luís Seoane, o propósito deste relatorio é duplo. En primeiro lugar, sobrancearemos, a través da súa correspondencia inédita con pintores (Colmeiro, Maside, Laxeiro,...), con intelectuais (Alonso Montero, García Sabell, Fernández del Riego,...), con poetas e escritores (Rafael Alberti, Rafael Dieste,...), entre outros, co propósito de levar a cabo un proxecto de divulgación do que Galicia tiña de importante na cultura, en xeral, e a historia de arte, en particular. Veremos, pois, como Luís Seoane intentou realzar o valor universal da arte galega, poñendo de relevo a Galicia como unha terra fértil de grandes creadores universais. En segundo lugar, a través da súa correspondencia pódese chegar a comprender a construción estética da obra de Luís Seoane. Acceder a esta documentación permítenos ver a súa evolución persoal e como conflúen nel modelos artísticos do continente europeo e americano, amais de propiciar un debate de ideas cos seus interlocutores. En definitiva, o epistolario de Luís Seoane ábrenos unha porta ao que sería a súa ‘cociña’ creativa. Biobibliografía Licenciado en estudos hispanoamericanos na Université de Perpignan en 1993. Mestre de primaria desde o ano 2000. Máster en estudos hispanoamericanos da Université de Perpignan en 2011. Doutorando en historia da arte na Université de Perpignan, en colaboración coa Universitat de les Illes Balears. 18 RESUMOS | Sección 3 [Antropoloxía, arte, arte rupestre, iconografía, oralidade, contos populares, paisaxe, relixión, patrimonio material e inmaterial] Moderadora: Ana Boullón Lugar de celebración: Sala Q21 As imaxes das virxes da Costa da morte: crebas santas atlánticas? Francisco Xosé Fernández Naval (escritor) & María Isabel Longueira Mira (fotógrafa) O mar vai deixando na liña da marea dos areais oceánicos, crebas, refugos ou despoxos que, durante anos, en Galicia, propiciaron o oficio de crebeiro (1). De sempre, as crebas, tiveron un valor mítico para os pobos do litoral. Tratábase de obxectos procedentes dese mundo misterioso que é o mar, onde segundo Homero, o “sol fai a súa volta”, destino de San Brandán e da nave que trasladou o corpo de Arturo. Ese mar, de cando en vez, deixaba na ribeira unha mensaxe en forma de creba santa. Segundo as súas lendas, a virxe dos Remedios de Lira, a Xunqueira de Cee (2), a das Areas de Fisterra, Nosa Señora do Monte de Camariñas, a da Estrela de Ponteceso, amais da virxe da Barca de Muxía (3) son, ao cabo, crebas santas, chegadas por mar e depositadas polas ondas no litoral. A entronización destas imaxes no lugar actual de culto, en templos anteriores que cristianizaban a memoria de ritos e cultos pagáns (4), coincide en case todos os casos co período no que en Inglaterra e Irlanda se produce o cambio de relixión e a prohibición e persecución do culto mariano, o que supuxo a destrución de moitas imaxes. Sábese que os fieis de moitas parroquias agocharon as súas virxes baixo terra, ou encomendáronlle a un navegante que as levase a outro país ou, tamén, as lanzaron ao mar, confiando en que este decidise o destino (5). Así chegaron a Galicia a virxe Inglesa de Mondoñedo ou a de Reza en Ourense. Esa é a orixe da Virxe dos Ingleses que, aparecendo en Cádiz, actualmente se adora en Valladolid. Este relatorio pretende formular e responder a dúas preguntas: 1. Proceden de Inglaterra ou Irlanda as imaxes das virxes da Costa da Morte? 2. Algunha delas é creba chegada por mar? Biobibliografía Francisco X. Fernández Naval (Ourense), poeta e narrador. Premio Cidade de Ourense de poesía en 1980 e en 2007 polos libros A fonte abagañada e Miño, respectivamente; premio Xerais de novela en 1988 pola obra O bosque das antas e premio Fiz Vergara Vilariño 2010 por Bater de sombras. É autor dunha ampla obra en galego, que inclúe poesía, novela, libros de relatos, ensaio, literatura infantil, xuvenil e de viaxes, guións cinematográficos e teatro. Algúns títulos traducíronse a outras linguas, entre elas, o castelán pero tamén ao éuscaro, catalán, árabe e portugués. 19 Maribel Longueira (A Coruña). Fotógrafa. Licenciada en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade Santiago de Compostela. Cursos de doutoramento sobre patrimonio e fotografía. Experta en xestión de Patrimonio e Bens Culturais pola Universidade da Coruña. Exposicións individuais: “Alguén agarda que volva alí”, “Os hórreos e a cultura do pan”, “A paisaxe en Galicia”, “O Prestige” (Batz sur mer- Bretaña), “O mar da vida”, “O Papagaio, a pegada dos sentidos” (Galicia- A Habana), “Xente no medio” (Galicia- Cuba- Brasil). Publicacións fotográficas: “Alguén agarda que volva alí”, “O mundo da pesca na literatura galega”, “Unha viaxe á procura do solpor”, “Muros: ronsel de pedra, espiral de mar”, “Mar de Lira”, “Homenaxe a Ánxel Casal”, “O Papagaio”, “Entremiradas I. Galicia-Buenos Aires”, “Entremiradas II Galicia.Cuba”. A imaxinaría literaria feminina da muller de auga: a Galiza e Gales da perspectiva da literatura comparada. Unha visión multidisciplinar Xulio Pardo de Neyra (Universidade da Coruña) Trátase de afondar no comparatismo literario a través do estudo da muller da auga da perspectiva da comparanza das literaturas europeas, en concreto rescatando a imaxinaría da serea galega e galesa. A serea constitúese como un dos espazos simbólicos máis acaídos para o desenvolvemento da expresión masculina a respecto da figura da muller. A serea e a auga, a muller e o elemento mariño, indisolubelmente relacionados até o punto de teren constituído un binomio intensamente expresivo sobre o medo que os homes dirixiron cara ao paraíso das mulleres. Casos como “La Serpe” da Pardo Bazán, “El cuento de Sirena” de Torrente, dúas das probas máis emblemáticas da literatura española de sereas; así como “A sirena” de Otero Pedrayo ou “O cabaleiro namorado da fada do relanzo” de Fole, estas propiamente galegas; non fan máis que demostrar a validez e a implicación do mito da muller da auga cun programa especialmente europeo, nórdico. En todos os casos, o hipertexto alí agachado fálanos da forza do mito que no século XIV describe, cun éxito máis que sobranceiro, o fillo bastardo do rei D. Dinis, o célebre D. Pero, conde de Barzelos. E o mesmo mar de que teñen saído sereas como a oteriana ou a que Fernández Paz desenvolve n’A Serea da Illa Negra, o Océano Galego dos suevos, remítenos indefectibelmente á mesma forza feminina do Océano Atlántico en que aínda mora a Marinha, a serea do Mar de Arousa, aquela muller da auga que engaiolou o cabaleiro de Goiáns, dando así orixe á xénea dos Marinhos señores da torre de Lampón e da simbólica illa de Sálvora. Biobibliografía Despois de ter sido profesor nas Universidades de Santiago de Compostela e Estremadura (España), e de conseguir superar as Probas de Habilitación Nacional para o Corpo de Profesores(as) Titulares de Universidade na Área de Coñecemento de Filoloxías Galega e Portuguesa, desde 2010 é Profesor Titular de Universidade na Universidade da Coruña, onde está adscrito ao Departamento de Didácticas Específicas, sendo o único docente da UDC cuxo perfil profesional é a Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas. Ten participado en máis dun centenar de congresos, simposios e encontros. Dentro da súa 20 bibliografía, onde se sitúan máis de cen relatorios, así como unha trintena de libros, destácanse liñas de investigación relacionadas co sexismo literario, a literatura comparada, o republicanismo, a introdución e a extensión do vangardismo no feito literario galego ou, por caso, as orixes e o estudo do trobadorismo medieval galego. Escenas de caza nos petróglifos galegos e portugueses Xosé Lois Vilar Pedreira (Instituto de Estudos Miñoranos) Galicia conta cunha colección de superficies gravadas (petróglifos) que supera as 2000 unidades. Os motivos representados son elementos xeométricos como coviñas, circos, espirais, labirintos, reticulados,... que conforman o grupo de arte abstracta. O outro grupo de motivos está composto por escenas de equitación, paneis de armas e escenas de caza. A bibliografía actual cita a existencia de ducia e media de escenas de caza na arte rupestre galega e do norte de Portugal pero un estudo detallado, bibliográfico e de campo revela unha cantidade aproximada ás corenta representacións cinexéticas. Para levar a cabo este traballo analizamos iconograficamente as superficies insculturadas fixando a atención en varios parámetros prefixados: zoomorfos cazados ou acosados con mostras de seren cazados o que implica a presenza de frechas, lanzas, trampas. A presenza antropomorfa con ostentación de iren armados. A representación de cánidos axotando as vítimas. Tamén a aparición no escenario venatorio de combinacións circulares e ídolos cilindro. Na case totalidade das escenas fica claro que o animal cazado é o cervo, un exemplar macho potente vencido polo home que domina o medio, a natureza, o mundo, o mesmo home domina a equitación e goberna as armas ofensivas que representa nos paneis, o mesmo home aparece soterrado en cistas individuais acompañado por un rico enxoval funerario (armas e xoias). Tentamos evidenciar unha arte rupestre con vocación de transmitir unha mensaxe de poder a través dunha iconografía establecida e común ó territorio galego e portugués actual. Biobibliografía Nacido en Baiona, Val Miñor en 1965 e licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten dedicado as súas investigacións á arte rupestre dende a descuberta en febreiro de 1984 da estación do Outeiro dos Lameiros (Baiona), un conxunto de máis de 30 superficies gravadas que xiran ó redor do maior panel de arte esquemática da Península Ibérica. Convencido de que a conservación baséase no coñecemento polo público ten impartido ducias de charlas e dirixido visitas guiadas diúrnas e nocturnas a moitos conxuntos de arte rupestre do país. É autor da guía do Outeiro dos Lameiros e dirixiu as musealizacións arqueolóxicas do propio Outeiro dos Lameiros, de Saiáns e de Couso. Tamén dirixiu as escavacións de 5 fosas de represaliados do franquismo. 21 RESUMOS | Sección 4 [Sociedade policontextual, alteridade, imaxinario nacional, literatura, estranxeiro, tradución, censura, Blanco-Amor, teatro, narrativa] Moderador: Martín Veiga Lugar de celebración: Sala L02 As traducións d’A Esmorga Xosé Manuel Dasilva (Universidade de Vigo) Para ninguén constitúe unha novidade que A esmorga é unha referencia cardinal na historia literaria galega. Alén diso, a novela de Blanco Amor mesmo foi considerada unha achega de importante relevo dentro da narrativa europea contemporánea. Malia todo, A esmorga está lonxe de ser, paradoxalmente, un dos libros galegos máis traducidos. Ata hoxe, á parte da transferencia ao castelán levada a cabo polo propio autor co título La parranda, cabe rexistrar versións en asturiano (1998), ruso (2004), italiano (2006, 2007), francés (2007) e inglés (2012). O presente estudo tenta, de modo específico, analizar a proxección internacional da obra, reparando sobre todo na influencia de dous aspectos que posúen indubidable importancia na traxectoria editorial do emblemático título de Blanco Amor. Facemos alusión, por unha banda, á intervención da censura por dúas ocasións, unha en 1956 e outra en 1970, impedindo totalmente a publicación primeiro e chapodando algunhas pasaxes despois. Por outra banda, referímonos ao labor de autotradución que Blanco Amor realizou da súa propia narración ao pouco tempo de aparecer en galego. O obxectivo do noso traballo consistirá en determinar a repercusión dos aspectos devanditos na difusión d’A esmorga noutros idiomas, determinando nas correspondentes versións os efectos da acción da censura e da existencia dun dobre testemuño textual do autor con respecto á obra. A maneira de exemplo ilustrativo, téñase en conta que en datas recentes, e de xeito absolutamente inconcibible, saíu do prelo en Buenos Aires, onde no seu momento tivo por forza que ser editada A esmorga, unha versión de La parranda, subvencionada pola Xunta de Galicia, que contén aínda varios fragmentos mutilados polo franquismo. Biobibliografía Doutor en Filoloxía e profesor titular da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, dentro do Departamento de Tradución e Lingüística. Tradutor e autor de numerosos estudos de crítica literaria e tradutolóxicos relativos sobre todo aos ámbitos galego e lusobrasileiro. Entre as súas últimas publicacións figuran os volumes O alleo é noso. Contribucións para a historia da tradución en Galicia, Ramón Piñeiro, tradutor, Reciprocidades ibéricas. De Almeida Garrett a Miguel Torga, Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro. 1946-1949 e Aproximaciones a la autotraducción. Retos e estratexias da primeira tradución inglesa d’A Esmorga Craig Patterson (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) A tradución de obras literarias escritas nun idioma ‘minorizado’ leva inevitablemente aparellada unha serie de reflexións no tocante á metodoloxía, os medios e os recursos dispoñibles para o 22 proceso de traducir. Esta comunicación basearase na miña experiencia profesional como tradutor dunha das obras fundamentais da literatura galega. Ao describir e comentar o meu traballo n'A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, espero poñer de relevo as circunstancias problemáticas que envolven o proceso de tradución do galego ao inglés, e ao mesmo tempo resaltar algunhas das prácticas que son características da natureza desta disciplina. Examinarei a relación entre a autotradución d’A esmorga que no seu día realizou Blanco Amor e a miña tradución do texto orixinal ao inglés, así como os desafíos lingüísticos que a tradución do texto presenta, ademais dalgunhas solucións que propoño para eles. Biobibliografía Profesor titular de Estudos hispánicos e galegos na Universidade de Cardiff. A tradución galega do seu primeiro libro presentouse baixo o título d’O devalar da idea: Otero Pedrayo e a identidade galega. Nos últimos tempos a súa investigación veu examinando a produción cultural galega baixo o prisma teórico dos estudos poscoloniais. Tradutor d’A Esmorga ao inglés (On a Bender, Planet, 2012), está agora a rematar a edición inglesa do Sempre en Galiza. É o Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos e membro correspondente da Real Academia Galega. De George Borrow a Aubrey Bell: a imaxe do galego como portador de auga na literatura de viaxe, ficción e historia literaria escrita en inglés Christopher George (Universidade de Santiago de Compostela) A imaxe do portador de auga procedente de Galicia na literatura inglesa e norteamericana durante o século XIX aparece varias veces e merece especial atención especialmente polo papel que ten na creación dunha imaxe do galego no estranxeiro. Deste modo, os hispanistas ou aventureiros que viaxaron e/ou escribiron sobre o norte da Península Ibérica formaron o seu imaxinario, para tomar o termo prestado de Nora Moll (2002), principalmente a partir dos inmigrantes galegos en Madrid. Esta forma unha parte do repertorio imagolóxico galego, unha área de estudo que implica ligazóns co concepto do carácter nacional, a proxección da imaxe de Galicia no Reino Unido e nos Estados Unidos e como se propagan estes acenos de identidade a través da literatura tanto de ficción como de non-ficción escrita por non-galegos fóra de Galicia. O galego, en Madrid, chegou a ser sinónimo de portador de auga. Atopamos nos diferentes autores os antecedentes, fontes e razóns polas cales creouse a idea do galego sinónimo de portador de auga. Da mesma maneira miraremos os fundamentos históricos e semánticos do termo portador de auga nas súas variacións e como se emprega nos textos como personaxe ou caracterización dos galegos como tal: profesión, idea e aceno de identidade, ademais como afectou as ideas sobre a homoxeneidade e heteroglosia lingüística dentro da nación española. Biobibliografía Christopher George está a rematar a súa tese na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi por primeira vez no ano 1997 como estudante de intercambio da University of Oklahoma. Comezou os estudos do terceiro ciclo uns anos despois e fixo o DEA sobre o Grupo Brais Pinto e a Xeración Beat. A súa tese titúlase: Nineteenth Century Hispanism in the U.S.: The European 23 Tradition of Literary Historiography and George Ticknor's History of Spanish Literature. Está interesado en literatura galega moderna, poesía galega, nacionalismo e identidade, historia literaria e hispanismo nos EEUU. Eran un castelán, un andaluz e un galego... Imaxes do ‘propio’ e do ‘alleo’ no teatro galego (1882-1923) Iolanda Ogando González (Universidad de Extremadura) Sendo o teatro un instrumento esencial na ‘educación’ dos pobos desde as súas orixes, a literatura dramática presenta ao longo dos séculos XIX e XX interesantes mostras da súa utilidade na materialización das imaxes nacionais a través da ‘encarnación’ de comportamentos exemplares e da difusión dos novos modelos lingüísticos cultos. Acompañando estas formas de configuración da identidade colectiva, xorden con forza as imaxes de e sobre o estranxeiro, sobre o outro, percepcións estereotipadas e estereotipantes que permiten establecer termos de comparación e contraste entre o carácter propio e o alleo. Deste xeito, neste relatorio, resultado do traballo realizado no proxecto de investigación Recuperación del patrimonio teatral de Galicia 1882-1923, queremos presentar o corpus de obras producidas neste período desde unha perspectiva de análise imagolóxica e nacional, co obxectivo de pór de relevo que, por moitas delas, poderemos atopar un interesante abano de figuras do outro, imaxes alleas que paga a pena describir. En efecto, a presenza do ‘estranxeiro’, regularmente presente no teatro escrito en lingua galega case desde as súas orixes, constitúe unha das máis interesantes e, na nosa opinión, fecundas vías de constitución da identidade propia e, xa na actualidade, unha das máis poderosas ferramentas para o descubrimento das imaxes que, sobre os galegos e sobre os non galegos, tiñan os autores e intelectuais galeguistas deste case medio século de transición entre os séculos XIX e XX. Biobibliografía Doutora en Filoloxía Galega coa tese Teatro histórico en Galicia (2002). Profesora de lingua portuguesa na Universidad de Estremadura. Autora dos libros: Teatro histórico: construción dramática e construción nacional (2004) e de Almeida Garrett: retrato paratextual com teatro ao fundo (2009). Actualmente as súas liñas de investigación son: 1. teatro galego e a configuración nacional, 2. marcas nacionais na lingua e na cultura portuguesa, 3. lingua portuguesa: didáctica e tecnoloxías. 13:00 – 14:00 24 Pausa Xantar 14:00 – 15:00 Conferencia plenaria (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School, Sala L03) A cultura científica: estratexias de comunicación e de integración (Xurxo Mariño, Consello da Cultura Galega | Universidade da Coruña) Presentador: Gabriel Pérez Durán Organizado polo Consello da Cultura Galega RESUMO: Na sociedade de hogano a ciencia é unha ferramenta para o desenvolvemento do pensamento crítico que debe formar parte esencial da cultura que se transmite aos cidadáns. Moitos aspectos que forman parte da vida cotiá —alimentos transxénicos, células troncais, enerxía nuclear, etc.— reclaman uns coñecementos científicos mínimos, que son precisos para que cadaquén poida formarse unha opinión de seu. A comunicación da cultura científica e o achegamento desta ás outras manifestacións culturais —humanidades, artes— é unha tarefa necesaria, pero habitualmente descoidada polas institucións académicas e culturais. Afortunadamente, en Galicia estanse a desenvolver proxectos innovadores e eficaces de comunicación científica, que botan man das novas tecnoloxías e tamén da mestura con formas de expresión coma o teatro. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega está a construír pontes de achegamento entre as ‘dúas culturas’ para tentar diminuír a fenda que as separa. A tradución ao galego do libro The two cultures de C.P. Snow, o uso do cómic como vía de comunicación científica, ou a xornada de debate na que participaron escritores-científicos son algúns exemplos desta labor. Biobibliografía Doutor en CC. Biolóxicas, profesor do Dep. de Medicina da Universidade da Coruña, membro do grupo de investigación en neurofisioloxía Neurocom. Membro da sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega. Desenvolve diversas actividades de comunicación da cultura científica, como os “cafés-teatro-científicos”, os “discurshows”, a sección “monólogo” do programa Conexións da TVG, ou a colaboración habitual en diversos medios escritos (revista MUY Interesante, culturagalega.org, amazings.es, etc.). Ten publicados dous libros de divulgación científica co CCG: Os dados do reloxeiro e Po de estrelas. 25 15:30 – 17:20 Paneis e relatorios en sesións paralelas B (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 5. Cambio lingüístico, sociolingüística, 1. Contra a hibridación | Carlos Callón (A Mesa dialectometría, oralidade, identidades de pola Normalización Lingüística) fronteira, normalización lingüística, Galicia, 2. Borders and Boundaries: Contexts of Portugal] Language Use and Identity Configuration in Southern Galicia | Jaine Beswick (University of Southampton) Moderador: David Mackenzie Lugar de celebración: Sala Q21 [Sección 6. Historia, literatura, Idade Media, mecenado cultural, ficción, feminismo, Liber Sancti Jacobi, representación, intertextualidades, muller, Méndez Ferrín] 3. The Orality-Literacy Continuum in Galician: Language Choice, Cultural Identity, and Language Policy at a Crossroads | Obdulia E. Castro (Regis University) 1. Reflexões sobre a concepção de história presente no Liber Miraculorum | Andréia Cristina Lopes Frazão da Silva (Universidade Federal do Rio de Janeiro) 2. O mecenado literario na Galiza do século XIV. A corte nobiliaria dos Andrade | Ricardo Pichel Gotérrez (Lector do CEG da Universidad Complutense de Madrid | Instituto da Lingua Galega) Moderadora: Olga Castro Lugar de celebración: Sala L02 3. A historia das mulleres e das relacións de xénero na Galiza. Unha aproximación en feminino cara a Idade Media | Miguel García Fernández (Universidade de Santiago de Compostela) 4. ¿Quen é Ela que...? | María Carreira López (Universitat Autònoma de Barcelona) [Sección 7. Sociedade civil, asociacionismo, música, musicoloxía comparada, teatro, Castelao, Leandro Carré] 1. Políticas teatrais nos concelhos galegos no séc. XVIII. Estratégias e dinámicas induzidas no campo teatral | Lucia Montenegro-Pico (Universidade de Santiago de Compostela) 2. Son do Norte. As tradicións folclóricas da música galega e as das provincias nórdicas rusas | Anna Sedova (Escola Musical SRDC Tempo Novo) Moderadora: Eva Moreda Lugar de celebración: Sala Q23 3. Un caso compricado: tensións repertoriais no teatro de Leandró Carré | Carlos Caetano Biscainho Fernandes (Universidade da Coruña) 4. Un texto inédito de Castelao: “Proyeuto de teatro galego ô xeito do da «Chauve Souris»” | Laura Tato Fontaíña (Universidade da Coruña) 26 [Sección 8. Socioloxía da literatura, mercado editorial, produción editorial, franquismo] 1. Achegamento á produción editorial en galego na etapa 1939-1975 | Carme Fernández PérezSanjulián, Mª Antonia Pérez Rodríguez & Francisco Salinas Portugal (Universidade da Coruña) 2. A construción da memoria histórica e cultural recente na Galiza: sobre os proxectos editoriais, discurso histórico e representacións narrativas | Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Luís Martínez-Risco Daviña & Carlos Velasco Souto (Universidade da Coruña) Produción e mercado editorial na Galiza durante a etapa franquista Moderadora: Carme Fernández Pérez-Sanjulián (coord.) Lugar de celebración: Sala C23 3. Librarías-editoras: da produción á lectura | Mª Antonia Pérez Rodríguez, Mª Obdulia Luis Gamallo & Francisco Salinas Portugal (Universidade da Coruña) ) 4. As Cartas de Galicia de Prosper-Henri Devos: historia dunha edición, análise dunha publicación | Mª Obdulia Luís Gamallo & Francisco Salinas Portugal (Universidade da Coruña) ) RESUMOS | Sección 5 [Cambio lingüístico, sociolingüística, dialectometría, oralidade, identidades de fronteira, normalización lingüística, Galicia, Portugal] Moderador: David Mackenzie Lugar de celebración: Sala Q21 Contra a hibridación Carlos Callón (A Mesa pola Normalización Lingüística) O idioma da Galiza leva séculos padecendo un proceso de substitución e exclusión do seu territorio natural. Unha das secuelas visíbeis (e audíbeis) desta inxustiza é a progresiva deformación da lingua, que en moitos trazos, mesmo estruturais, vai hibridándose co español. Aínda que —como se dicía— o galego leve séculos padecendo esta situación, hai determinados procesos de perda de autenticidade que se están a vivir nos últimos anos. Non ha de nos estrañar tal situación, se tivermos presente que é nestes últimos lustros cando se está a producir tamén a maior perda de falantes do idioma galego. A mudanza lingüística en Galiza non é só o troco dun código completo por outro. Dada a súa imposición desde o poder político, militar, relixioso, etc., o español incide nas escollas ou “innovacións” dentro do galego. Tales mudanzas van descompondo as estruturas internas do idioma, colocándoo dese xeito nun novo e serio perigo para o seu futuro. Así, o galego espontáneo transmítese decote ferido e furado polo castelán. Son moitas as palabras, expresións, pronuncias, etc., que a sociedade foi e vai abandonando para as substituír por outras proporcionadas polo único referente de corrección e prestixio: o español. É aí onde se insire a perda de moita riqueza léxica e fraseolóxica, a residualización de tempos verbais como o 27 infinitivo persoal ou o futuro de subxuntivo, a aparición de tempos compostos, a despalatalización do x, as mudanzas na entoación e na colocación dos pronomes átonos, etc. Esta perda de trazos xenuínos é, por regra xeral, máis forte canto máis formal sexa o rexistro utilizado (p. ex., un/ha falante que aínda conserve o infinitivo persoal, tende a deixar de usalo en situacións formais, tanto orais como escritas, salvo esforzo consciente). Nesta comunicación reflexionarase sobre o momento en que se encontra agora mesmo este proceso e cales son as alternativas, tanto individuais como institucionais, para o corrixir. Biobibliografía Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza) e portavoz da plataforma Queremos Galego. Profesor de Lingua e Literatura galegas en secundaria e investigador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferenciante. Tamén presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas e foi membro do Consello Asesor de RTVE-G. Publicou os ensaios Unha historia que nos pertence (2005), En castellano no hay problema (2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros) e Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco e premio Fervenzas Literarias). Borders and Boundaries: Contexts of Language Use and Identity Configuration in Southern Galicia Jaine Beswick (University of Southampton) Although the River Miño constitutes a geographical and political state border between Portugal and Galicia, the borderland communities still maintain commercial contact and communication, facilitated in part by the degree of mutual intelligibility and structural similarity between their respective language varieties. Earlier research in the towns of Tui and Valença (Beswick 2005) examined the dialectal convergence of certain phonological features that are divergent in their respective standard language varieties, and also highlighted the role of linguistic accommodation and identification practices in these levelling processes. This paper revisits the area in order to expand the discussion regarding the relationship between identity configuration, social attitudes and language variation and use. Here however, I draw on data collected from a sample of speakers from Tui in Southern Galicia, and in line with current theoretical considerations stemming from Barth’s early work on ‘ethnic boundaries’ (1969 e 1994) I focus on individual’s linguistic repertoires and the role of socio-psychological borders determining group inclusion and exclusion in the configuration of local, complex, multiple identities. The main hypothesis is that internal group borders are closely linked to processes of self-identification, loyalty with, and empathetic behaviour towards, other members of the ingroup, whereas external group borders establish the out-group parameters of exclusion and otherness. Such borders thus afford a measuring stick by which compatibility with the applicable central linguistic features of identity can be evaluated and by which demarcation from those that lie outside this framework can be recognised (Beswick 2007: 36-37). By adopting a constructivist approach to identification practices, I investigate speakers’ social attitudes towards accent variation, code-switching phenomena and phonological production strategies in interactions across the geolinguistic border with socio-psychological perceptions regarding in- 28 group and out-group membership. Biobibliografía Jaine Beswick is Programme Leader for Portuguese Studies and Senior Lecturer in Linguistics at the University of Southampton. Her main research interests are Portuguese, Galician and Iberian sociolinguistics and contemporary Portuguese and Galician migration and diasporas. Recent publications include: Regional Nationalism in Spain: Language Use and Ethnic Identity in Galicia (2007); Linguistic Ideologies in Institutional Settings: the Pronunciation of Galician in Radio Broadcasts (‘Spanish at Work: Discourse and Institutional Settings in the SpanishSpeaking World’, 2010) and she is co-editor of Portuguese-Speaking Diaspora in Great Britain and Ireland (Portuguese Studies, 2010). Her current book is on Portuguese diaspora in the Channel Islands. The Orality-Literacy Continuum in Galician: Language Choice, Cultural Identity, and Language Policy at a Crossroads Obdulia E. Castro (Regis University) Language and culture in Galicia are immersed in a redefining act; an act of redefinition needed from within and forced from outside. Following Jameson’s (1991) idea: the postmodern world is creating new forms of post national identity in Galicia, but these forms are inextricably connected and determined by Galicia’s long history: real, imagined, and reinvented. The disassociation between literacy in Castilian and orality in Galician has played a major historical role in the status of the Galician language. Intentional and deliberate efforts have been made to encourage a shift to literacy in both languages but, although the latest surveys show Galicians amongst the most avid readers in Spain, only 4% of readers in that country read in Galician below Castilian, English, Catalan, and French, in that order. The questions here are how the orality-literacy continuum is integrated (or not) as the Galician community makes meaning and what becomes meaningful enough as to define the community itself. Eastman (1984) considers language use to be only a surface feature of ethnic identity: speakers can stop using it but still consider it as part of their heritage. Regarding the Galician situation, Iglesias-Álvarez and Ramallo (2003) consider Galician to be the cohesive element of multiple dimensions of Galician identity. Regueira Fernández (2006) and Jaine Beswick (2007) agree that even if Galician speakers do not know the language, they still identify with it as an intrinsic measure of ethnic identity. Nevertheless, results from studies conducted by the Sociolinguistics Institute of the Royal Galician Academy (SSRAG 2003) seem to indicate that the use of Galician is not essential for ethnic identity. Concentrating on the orality-literacy continuum, this presentation will share results of a study on language, cultural, and social perceptions of intercultural development reflected in the current sociolinguistic situation of Galicia. 29 Biobibliografía Obdulia Castro is currently Associate Professor and Chair of the Department of Modern and Classical Languages at Regis University in Denver, Colorado. She is a native of Pontevedra, Spain. She obtained her Licenciatura en Letras from the Universidad Católica Andrés Bello in Caracas, Venezuela; and her M. A. and PhD from Georgetown University. She is the author of the books Aproximación a la fonología y morfología gallegas (1998) and Issues in Spanish Morphophonology: Implications for Language Acquisition (2006). Her articles have appeared in a number of selected Conference Proceedings, and academic journals such as Hispania and Foreign Language Annals. RESUMOS | Sección 6 [Historia, literatura, Idade Media, mecenado cultural, ficción, feminismo, Liber Sancti Jacobi, representación, intertextualidades, muller, Méndez Ferrín] Moderadora: Olga Castro Lugar de celebración: Sala L02 Reflexões sobre a concepção de história presente no Liber Miraculorum Andréia Cristina Lopes Frazão da Silva (Universidade Federal do Rio de Janeiro) O Liber Miraculorum é uma hagiografia que reúne narrativas de milagres atribuídos a São Tiago. Este personagem neotestamentário, segundo a tradição, foi o responsável por evangelizar a Hispânia. Após retornar a Palestina, foi martirizado e seu corpo milagrosamente trasladado até a Galiza, onde foi sepultado e, após alguns séculos, desvelado. Este livro contém um prólogo e a narração de vinte e dois milagres, que teriam ocorrido entre 1050 e 1110, salvo duas exceções um que é situado na época da descoberta do túmulo e outro datado de 1135. Esta obra compõe a compilação anônima, formada por cinco livros distintos, conhecida como Liber Sancti Jacobi, que foi organizada no século XII, a partir de fontes diversas, na escola vinculada à Catedral de Compostela, durante o episcopado de Diego Gelmírez. Provavelmente o Liber Miraculorum foi o primeiro livro do conjunto que compõe a compilação a ser finalizado; os autores situam a sua redação entre 1135 a 1150. Dentre as muitas possibilidades de abordagem deste texto, optamos por discutir que concepção de história perpassa as narrações miraculosas presentes nesta obra. Partimos do pressuposto de que para os letrados medievais a hagiografia era uma modalidade de escrita da história, ou seja, um relato sobre o passado considerado verdadeiro. Neste sentido, defendemos que o Liber Miraculorum apresenta uma visão particular da história, que é fruto da confluência de diversas tradições e influências, bem como do seu contexto social de produção. Esta perspectiva de história mediou a descrição e a compreensão dos acontecimentos relatados. Biobibliografía Bacharel e Licenciada em História; Mestre em História Antiga e Medieval; Doutora em História Social; Professora do Instituto de História da Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ), Brasil, atuando nos Cursos de Graduação e Pós-graduação; Co-coordenadora do Programa de Estudos Medievais da UFRJ; Pesquisadora do Conselho Nacional de Pesquisa Científica (CNPq). Maiores informações disponíveis em http://lattes.cnpq.br/5791321365823463 30 O mecenado literario na Galiza do século XIV. A corte nobiliaria dos Andrade Ricardo Pichel Gotérrez (Lector do CEG da Universidad Complutense de Madrid | Instituto da Lingua Galega) A xeración de empresas culturais (nomeadamente obras literarias, autóctonas ou traducidas) nas letras baixomedievais vén asociada xeralmente á existencia dun entramado nobiliario latente no que, por razóns de diferente índole (cultural, socio-política, económica, moral, relixiosa, etc.), unha ou varias das súas figuras se erixe(n) como comitente(s) dun proxecto editorial determinado. Este mecenado literario, que moitas veces vai á par doutras empresas culturais (p. ex. de índole arquitectónico), atopámolo nas letras galegas medievais da man dunha das cortes nobiliarias máis recoñecidas no séc. XIV: a dos Andrade, unha estirpe de nobres cabaleiros afincados, principalmente, nas terras coruñesas de Betanzos e de Pontedeume, con raizame desde mediados do séc. XIII e cuxo poderío económico e político iría medrando a partir do primeiro terzo da centuria seguinte e, sobre todo, na segunda metade do séc. XIV. As causas do seu ascenso socio-político cómpre buscalas na súa estreita relación coa realeza (castelá e portuguesa) do seu tempo e cos seus principais caudillos. No primeiro caso, os Andrade máis destacados da 1ª metade do séc. XIV (Ruí Freire de Andrade e Nuno Freire deAndrade I) estiveron moi vinculados coa política bélica e o ideal cabaleiresco practicado por Afonso XI. Pasado o ecuador do século, a fidelidade á perdida causa lexitimista e, por tanto, ao controvertido reinado de Pedro I o Cruel, así como a adhesión vasalática aos reis portugueses Pedro I e Fernando I (aliados tamén da causa lexitimista), caracterizan o comportamento do nobre Nuno Freire de Andrade II (fillo de Ruí Freire), destacadísimo emigrado galego na corte portuguesa como demostran os seus cargos de Mestre da Orde do Cristo e chanceler-mor de Fernando I. En cambio, o seu irmán menor, o célebre Fernán Pérez de Andrade o Boo, se nun principio abrazaba o petrismo, despois cedíalle definitivamente o seu estratéxico apoio ao bastardo Henrique de Trastámara (futuro Henrique II). Porén, a dita vinculación coa realeza non sería posíbel sen o favor dos principais caudillos dos reis casteláns que, nesta época, tiñan como principal representante a estirpe galega dos Castro, integrados na influínte Casa de Lemos (sucesora dos poderosos Traba do séc. XIII): sen dúbida, a man dereita de Afonso XI e Pedro I foron os nobres galegos Pedro Fernández de Castro (o da Guerra) e Fernando Ruíz de Castro (toda a lealdade de España), dos que, por súa vez, a familia dos Andrade constituían os seus principais vasalos. Consecuencia directa de todos estes contactos e relacións nobiliárquicas foi a apertura de distintas canles de transmisión cultural e literaria: circulación e préstamo de libros, textos e imaxes das cortes reais castelá e portuguesa cos aliados galegos (tanto aqueles adeptos á causa petrista, como a rama dos Freire de Andrade, como os que optaron finalmente polo henriquismo, como o caso de Fernán Pérez o Boo). Este contexto socio-político e cultural posibilitou, así pois, a creación (versións e traducións) de diferentes obras literarias prosísticas (historiográficas e de ficción) de gran calado na Galiza do séc. XIV, entre outras: a tradución da General Estoria (ca. 1330, encargada posibelmente por Nuno Freire de Andrade I), a retradución da Crónica Troiana (a. 1373, patrocinada por Fernán Pérez de Andrade) e a recreación da Historia Troiana “bilingüe”, orixinariamente redactada en castelán por encargo de Pedro I (ca. 1365-69) e rematada en galego (ca. 1369-71) por iniciativa, probabelmente, de Nuno Freire de Andrade II. 31 Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Galega (2004) e Filoloxía Hispánica (2006) pola Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega, profesor da USC entre 2006 e 2009; actualmente profesor de lingua galega na Universidade Complutense de Madrid e corresponsábel do Centro de Estudos Galegos (UCM). A súa tese de doutoramento (A Historia Troiana (BMP ms. 558): edición e estudo histórico-filolóxico) está en trámite de depósito (2012). A súa produción científica reflicte as diferentes liñas de investigación nas que traballou até o momento: lingua e literatura medieval e moderna, edición de textos (medievais e modernos), historia da lingua e gramática histórica, ciencias e técnicas historiográficas (paleografía e codicoloxía), lexicografía e lingüística computacional. A historia das mulleres e das relacións de xénero na Galiza. Unha aproximación en feminino cara a Idade Media Miguel García Fernández (Universidade de Santiago de Compostela) O presente relatorio ten por obxectivo fundamental presentar un panorama xeral dos estudos que se teñen realizado na Galiza sobre a participación das mulleres na sociedade medieval. Tras definir os ‘fundamentos’ sobre os que se sustentou o desenvolvemento da historia das mulleres e das relacións de xénero nas dúas últimas décadas, procurarase incidir nos ‘avances’ realizados por distintas autoras (e empregamos o feminino pois é xusto recoñecer que teñen sido Elas as que comezaron e contribuíron a asentar o tema no panorama universitario galego), as obras de referencia que teñen resultado deste quefacer investigador, así como os diferentes enfoques que se aplicaron tanto no campo da historia social, como na historia da arte e da literatura. Neste sentido tamén se fará unha breve mención ás contribucións realizadas por parte dos investigadores foráneos. A continuación, ofreceremos unha breve presentación dos temas que xa nos son parcialmente coñecidos —como os arquetipos femininos, a cuestión do matrimonio e a integración das mulleres nas liñaxes, as relacións entre elas e o poder, os traballos realizados polas mulleres, así como o seu acceso á cultura ou a toma de conciencia feminina— e, finalmente, faremos fincapé en cinco propostas de futuro coas que agardamos que a historia das mulleres e das relacións de xénero vinculada á Galiza medieval continúe a desenvolverse, dando visibilidade a unha realidade social sumamente destacada. Biobibliografía Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2011). Foi bolseiro de Introdución á Investigación JAE-Intro do CSIC e colaborador no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”. A súa liña de investigación céntrase na historia das mulleres e das relacións de xénero na Galicia medieval, sendo un dos organizadores do I Encontro Interdisciplinar de Historia de Xénero. As mulleres na Historia de Galicia (2011) e do ciclo de seminarios Mulleres con poder ao final da Idade Media (2011). Publicou o artigo: “Las Sarmiento: mujeres con poder al final de la Edad Media” en Isabel del Val Valdivieso & Cristina Segura Graíño (coord.) (2011). La participación de las mujeres en lo político. Mediación, representación y toma de decisiones. Madrid: Al-Mudayna, 135-154. 32 ¿Quen é Ela que...? María Carreira López (Universitat Autònoma de Barcelona) Á hora de investigar sobre a obra literaria de Méndez Ferrín atopamos moitas referencias académicas sobre a intensa e extensa pegada da literatura medieval, sobre todo da literatura artúrica e, por extensión, da Materia de Bretaña. Estes vencellos semellan reforzados no momento en que se sinalan as súas investigacións en filoloxía románica. Emporiso, en moi contadas ocasións se menciona a influencia da lírica italiana medieval na obra do ourensán, porque esta influencia é menos evidente, aínda que constatable, como se pode observar máis adiante. Esta comunicación pretende poñer de manifesto o diálogo que se establece entre os versos do poeta galego “Quén é esa que sobe a encosta de Cortiña Grande”, publicados por primeira vez en 2002, coa Rima IV de Guido Cavalcanti “Chi è questa che ven, ch’ogn’om la mira”. A relación formal entre ambos os dous poemas da pé a encetar un estudo comparativo sobre a representación feminina e a simboloxía que estas representacións agochan. Unha análise detida de cadansúa proxección feminina, así como da percepción que delas se xera a través do tempo e da cultura, ou sexa, segundo o sistema literario no que se encadra o autor e a obra. A comunicación rematará, finalmente, coa vontade de tirar conclusións sobre os significados que subxacen no retrato da muller como tópico do Dolce Stil Nuovo e a contraposición co papel da muller na imaxe que se espreita na composición de Ferrín. Biobibliografía María Carreira López naceu en Castroverde (Lugo) e actualmente reside en Barcelona. É socia da Asociación Internacional de Estudios Galegos desde 2003. Licenciada en Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona no ano 2000. En 2003 obtivo o Diploma d’Estudis Avançats cun traballo titulado “Estudio das representacións femininas na narrativa breve de Xosé Luís Méndez Ferrín”, supervisado por Helena González Fernández. Actualmente está a elaborar unha tese de doutoramento dirixida por Maria Xesús Lama López. Participacións en congresos: 1. “Referencias nos contos de X. L. Méndez Ferrín a un clásico do cinema: Metrópolis, de Fritz Lang.” VIII Congreso AIEG, Salvador de Bahia. 2006. 2. “El deseo femenino asociado a la violencia: O crime do chalet vermello de X. L. Méndez Ferrín.” Los hábitos del deseo. Formas de amar en la modernidad. Universitat Autònoma de Barcelona, 2003. 3. “Análise dunha das figuras femininas nun relato breve de Méndez Ferrín: Mantis Religiosa”. VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Barcelona. 2003. 33 RESUMOS | Sección 7 [Sociedade civil, asociacionismo, música, musicoloxía comparada, teatro, Castelao, Leandro Carré] Moderadora: Eva Moreda Lugar de celebración: Sala Q23 Políticas teatrais nos concelhos galegos no séc. XVIII. Estratégias e dinámicas induzidas no campo teatral Lucia Montenegro-Pico (Universidade de Santiago de Compostela) A adopçom dumha focagem integradora e dum método de análise virado para os processos sociais revelou a existência na Galiza do XVIII dumha realidade teatral complexa e fértil; apontando para a organizaçom, em forma de temporadas, de espectáculos teatrais, encenados nos coliseus estáveis das principais cidades, por companhias itinerantes de origem maioritariamente italiana e espanhola. Devido à heteronomia do campo cultural na Galiza da altura, esta actividade teatral estava fortemente condicionada polas decisons tomadas desde as instituiçons do poder. Jogarám um papel decisivo os órgaos políticos locais, os consistórios, instituiçons responsáveis da concessom das licenças de encenaçom teatral para as companhias visitantes, instrumento legal indispensável para autorizar a realizaçom de qualquer diversom pública. A nossa hipótese é a existência de umha relativa aquiescência dos concelhos galegos, e portanto dos agentes que os constituem, para com a diversom teatral, sustendo com isto um campo teatral galego emergente. Para testar isto, utilizaremos como corpus os livros de actas dos plenos dos concelhos, e aplicando ferramentas quantitativas e qualitativas, o nosso objectivo geral será obter os dados de onde abstrair as linhas de actuaçom dos concelhos galegos (grau e estratégias de permissividade e estímulo, ou contrariamente constrangimento, resistência e controlo) em relaçom ao campo teatral. Conduziremos umha análise comparatista das dinámicas político-culturais que adoptam, em particular, duas cámaras municipais galegas, a da Corunha e a do Ferrol (devido a estas cidades partilharem factores socioeconómicos favoráveis à evoluçom teatral, mas com diferenças na sua estrutura político-administrativa). E, de modo mais concreto, a partir da revisom dos dados de concessom de licenças e da análise doutros condicionantes, como o capital cultural e o habitus dos agentes envolvidos e dos públicos teatrais perfilados, procuraremos concluir as causas das dinámicas teatrais e dos posicionamentos em política teatral manifestados nestes espaços sociais, dentro do mapa geral da Galiza ilustrada. Biobibliografía Investigadora contratada FPU na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada em Filologia Galega e Portuguesa (2008), recebeu o Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e o Premio Nacional a la Excelencia, e obtivo o título de máster em «Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura». Integrante do grupo de investigaçom Galabra desde 2006, colabora no projeto «Contributos para o estudo do período ilustrado en Galiza. Levantamento de documentación primaria e bibliografía (1705-1820)» financiado pola Xunta de Galicia. Actualmente realiza a sua Tese de Doutoramento sobre o campo teatral na Galiza do XVIII. Resultados desta pesquisa fôrom divulgados em colóquios internacionais e diferentes publicaçons. 34 Son do Norte. As tradicións folclóricas da música galega e as das provincias nórdicas rusa Anna Sedova (Escola Musical SRDC Tempo Novo) A idea deste breve relatorio é revelar e describir certos aspectos interesantes no campo da cultura musical tradicional galega comparada coa cultura musical tradicional das provincias nórdicas da Rusia. Por un lado, neste traballo persigo investigar as tradicións orais dende un punto de vista lingüístico: lendas, cantos, baladas, cantigas etc; e así, a través da súa letra, e aproximándome aos estudos das músicas tradicionais como os sistemas dos sons, sinais e símbolos, gustaríame ofrecer unha perspectiva etnomusicolóxica. Pódese dicir que a presente comunicación é unha tentativa de amosar en material auténtico “un sisteme où tout se tienne”, de describir o “esquema” do “son do Norte” no sentido musical, incluíndo a parte verbal que me propoño observar, o aspecto fonolóxico e o “son do Norte” como a identidade persoal e nacional-cultural nun espazo xeográfico. A miña curiosidade polo tema vén da evidente semellanza entre as culturas musicais e folclóricas dos nosos “nortes”: da Galiza e as das provincias nórdicas da Rusia occidental (Karelia, Zaonexye, Lenigradskaya oblast, Pskovskaya oblast, Novgorodskaya oblast). Dita semellanza pode crear unha boa premisa para responder, posteriormente, a “por que” e “como” nas pesquisas seguintes. Despois de 70 anos de URSS e 39 anos de ditadura franquista respectivamente, Rusia e Galiza , comparten unha historia moi parecida no século XX, no que se refire á represión das súas culturas locais, linguas e identidades nacionais. Ambos os dous pobos sufrimos ao perder as nosas raíces e por iso, como indica a frase de Günter Grass “Aprendede a historia, nenos!”. (Diarios de caracol), só observando os tempos pasados (pois o futuro non acontece sen o pasado), poderemos lembrarnos de quen somos. En definitiva, opino que a través da exploración da música e a lingua podemos atopar a resolución dalgúns dos problemas do século XXI. Biobibliografía Historial académico: Facultade de Filoloxía (Universidade Estatal de San Petersburgo), 2009. Especialidade en lingua e literatura portuguesa. Un caso compricado: tensións repertoriais no teatro de Leandró Carré Carlos Caetano Biscainho Fernandes (Universidade da Coruña) A densificación dos modelos repertoriais (temáticas, estilos, xéneros, lingua literaria etc.), elemento decisivo no fortalecemento dun sistema literario, foi unha das teimas dos envolvidos no alargamento e espallamento da literatura galega nas primeiras décadas do século XX. No caso concreto do teatro, a superación das fórmulas da dramática rexionalista (ruralismo, costumismo, fórmulas cómicas, tendencia á extensión breve,...) constituíuse nun dos obxectivos de boa parte dos dramaturgos vinculados ás Irmandades da Fala, entre os que se inclúe o coruñés Leandro Carré Alvarellos, quen proclamou insistentemente, por exemplo, a necesidade de incorporar localizacións urbanas e diversificar a orixe social das personaxes. Neste sentido, títulos como Un caso compricado, escrita a finais de 1922, parecen indicar unha vontade por parte do seu autor de introducir subxéneros como o policíaco ou de investigación criminal. Porén, nesta comunicación focaranse as tensións repertoriais que afectaban a Leandro Carré entre os modelos anteriores fortemente consolidados e a vontade de diversificación, atendendo especialmente ao acontecido en Un caso compricado, para o que se revisará a pervivencia neste título de fórmulas 35 decimonónicas do teatro rexionalista, os aspectos novidosos da peza e, de maneira especial, a concreción final destes últimos ou o seu eventual esvaecemento ao longo da acción —ficando reducidas, se así for, a unha declaración inicial de intencións. Revisarase igualmente a repercusión que os modelos repertoriais presentes en Un caso compricado tiveron a efectos da recepción do texto escrito e das súas representacións. Biobibliografía Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa (2006), exerce desde 2007 como profesor na Universidade da Coruña. Ten publicado as monografías Leandro Carré. Teatro recuperado (2011), Un país desde as táboas. 125 anos de teatro galego (2008), A Escola Dramática Galega na configuración do sistema teatral (2007) e Conformando o brinquedo. Reflexións á volta da preparación do actor (2004). Tamén é coautor dos volumes O ideario teatral das Irmandades da Fala (2002) e Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego, 1990-1999 (2000) e preparou, con Xosé Manuel Sánchez Rei, a edición do volume Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación (2011). Un texto inédito de Castelao: “Proyeuto de teatro galego ô xeito do da «Chauve Souris»” Laura Tato Fontaíña (Universidade da Coruña) Neste relatorio a autora pretende presentar a toda a comunidade científica de especialistas en Literatura Galega este texto inédito de Castelao. O seu coñecemento vai permitir aprofundar no proxecto de creación dun teatro nacional galego que, desde a súa fundación, mantiveron as Irmandades da Fala, e, máis en concreto, da proposta do ilustre rianxeiro. O texto será enmarcado nas propostas estéticas e dramáticas da década de 1920 tanto no entorno galego como español e europeo. RESUMOS | Sección 8 [Socioloxía da literatura, mercado editorial, produción editorial, franquismo] Produción e mercado editorial na Galiza durante a etapa franquista Moderadores: Carme Fernández Pérez-Sanjulián (coord.) Lugar de celebración: Sala C23 Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Mª Antonia Pérez Rodríguez & Francisco Salinas Portugal (Universidade da Coruña) “Achegamento á produción editorial en galego na etapa 1939-1975” Nos estudos histórico-culturais considerouse tradicionalmente que a conservación da conciencia de galeguidade e a vertebración dun proxecto democrático a través da edición se concentrara en Galiza arredor de determinados proxectos editoriais. Esta valoración asentada non recolle o feito de que ese mesmo labor foi desenvolvido por outros proxectos diferentes daqueles que conseguiron unha maior proxección ou duración no tempo e cuxo estudo está, en grande medida, por facer. En concreto, nesta primeira comunicación pretendemos deseñar unha primeira aproximación á análise da complexidade do panorama dos diferentes proxectos editoriais que publicaron en galego e na Galiza durante o período da ditadura para podermos reflexionar sobre o seu impacto 36 na configuración dun discurso de resistencia política e cultural. Presentaremos o catálogo de editoras e imprentas e, ao tempo, incorporaremos outras informacións de interese (distribución espacial, relación de persoas e organismos que funcionan como promotores e editores,...). Biobibliografía Carme Fernández Pérez-Sanjulián. Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da UDC, é autora de numerosas publicacións sobre literatura galega e portuguesa contemporánea e participou en varios proxectos de investigación, uns de carácter literario (narrativa histórica galega, emerxencia literaria na Galiza e no Brasil, etc) e outros de carácter interdisciplinar relacionados coa aplicación das novas tecnoloxías ás Humanidades. Neste momento dirixe dous proxectos de pesquisa sobre a edición na Galiza durante a etapa 1939-1975. Mª Antonia Pérez Rodríguez. Doutora en Ciencias da Información e premio extraordinario de doutoramento pola USC, na actualidade é profesora titular de Documentación na Facultade de Humanidades e Documentación da UDC. As súas liñas de investigación céntranse principalmente na recuperación, análise e clasificación de textos editados durante o seu exilio polos refuxiados da guerra civil de 1936 e no estudo das editoriais fundadas por eles (ou nas que participaron) no desterro. Tamén na clasificación de bens patrimoniais con potencialide de posta en valor de cara ao turismo cultural e na análise da pintura galega do século XX. Francisco Salinas Portugal. Licenciado en Filoloxía Románica e en Filoloxía GalegoPortuguesa pola USC e doutor por esta Universidade (1991) cunha tese sobre A escrita da angolanidade na narrativa de Pepetela, fixo tamén estudos na Universidade de Lisboa (198081). Na actualidade é Profesor Titular de Filoloxías Galega e Portuguesa na UDC. Participou en proxectos de investigación sobre literatura dramática e sobre literatura e cultura galegas. Colabora en revistas da súa especialidade na Galiza, Portugal, Brasil, USA, Italia,... e interveu en diferentes eventos, congresos e conferencias sobre literatura galega e sobre literaturas africanas de lingua portuguesa principalmente. Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Luís Martínez-Risco Daviña & Carlos Velasco Souto (Universidade da Coruña) “A construción da memoria histórica e cultural recente na Galiza: sobre os proxectos editoriais, discurso histórico e representacións narrativas” A produción editorial na Galicia durante o franquismo estivo condicionada e limitada, como no resto do Estado español, por unha política que consideraba esencialmente perigosa a produción cultural que non respondese ao proxecto ideolóxico do franquismo e, de forma especial, pola relación que se establecía entre separatismo e interese nas denominadas culturas rexionais e, en consecuencia, nos idiomas hispánicos diferentes do castelán. A pesar destas limitacións, a actividade editorial non foi testemuñal, senón que cumpriu un papel central na resistencia cultural que se tornou chave na oposición global ao franquismo e na súa achega á procura dunha sociedade libre e democrática. Por tanto, nesta comunicación propómonos realizar unha aproximación á análise do papel que cumpriron os principais proxectos editoriais que se desenvolveron na Galiza durante a etapa da ditadura e a transición; analizaremos en que medida esta ‘industria’ editorial se comportou como 37 un aparato ideolóxico no que se refire á aposta pola conservación da identidade sociocultural de Galiza e á loita contra o franquismo, prestando unha atención especial á presenza do que se ten dado en chamar a ‘recuperación’ da memoria e da propia cultura, tanto desde o punto de vista historiográfico (memorias, estudos, documentos,…), como desde a súa representación ficcional. Biobibliografía Carme Fernández Pérez-Sanjulián. Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da UDC, é autora de numerosas publicacións sobre literatura galega e portuguesa contemporánea e participou en varios proxectos de investigación, uns de carácter literario (narrativa histórica galega, emerxencia literaria na Galiza e no Brasil, etc) e outros de carácter interdisciplinar relacionados coa aplicación das novas tecnoloxías ás Humanidades. Neste momento dirixe dous proxectos de pesquisa sobre a edición na Galiza durante a etapa 1939-1975. Luís Martínez-Risco Daviña Carlos Fco. Velasco Souto. Doutor en Xeografía e Historia pola USC e profesor titular de Historia Contemporánea na UDC. Investigador especializado en temas de historia social da Galiza, é autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas. As súas obras de máis relevo son: A sociedade galega da Restauración na obra literaria de Pardo Bazán (18751900), Agitacións campesinas na Galiza do século XIX, Labregos Insubmisos, Galiza na II República, O Agrarismo Galego, 1936 Represión e Alzamento militar en Galiza. Recentemente publicou A represión franquista en Oleiros (1936-1950). Mª Antonia Pérez Rodríguez, Mª Obdulia Luis Gamallo & Francisco Salinas Portugal (Universidade da Coruña) ) “Librarías-editoras: da produción á lectura” De cara a podermos completar a análise do panorama editorial na Galiza durante o período que se estende de 1939 a 1975, faise necesario reflexionar sobre o importante labor que cumpriron as librarías que funcionaron, non só como establecementos comerciais, senón tamén como editoras, nas diferentes vilas e cidades galegas. Así, na presente comunicación, pretendemos facer unha análise da función e do labor que desenvolveron, cal foi o seu catálogo, o seu nivel de produción, en que áreas se centrou o seu traballo editorial ou cal foi a súa influencia no mercado do libro. Tamén pretendemos avanzar hipóteses sobre a relación co proceso de configuración do lector, tendo en conta ademais que moitas destas librarías exerceron como centros culturais e, polo tanto, con certa incidencia na relación autor-lector pola vía das presentacións de obras, sen esquecer a introdución de libros prohibidos que chegaron moitas veces a través delas. Mª Obdulia Luís Gamallo & Francisco Salinas Portugal (Universidade da Coruña) “As Cartas de Galicia de Prosper-Henri Devos: historia dunha edición, análise dunha publicación” En 1968 editáronse en Vigo, as Cartas de Galicia do escritor e xornalista belga Prosper-Henri Devos (1889-1914), edición levada a cabo por Xosé Ramón e Fernández-Oxea. Como correspondente do xornal L’Étoile Belge na Galiza, Devos deixou numerosas crónicas e artigos, onde, dende a súa óptica persoal, ofrece datos sobre os costumes e as xentes do país. Estas cartas 38 serviríanlle de introdución á súa obra Un jacobin de l’An CVIII (1910) (Un xacobino do ano 108, 1913), unha novela en que, aos 20 anos, xa pretendía liberar á literatura belga do seu ornamento rexionalista para levala sobre o terreo, intelectualmente máis prolífico, da análise psicolóxica. Neste traballo trátase de analizar a edición de 1968 e a personalidade deste singular escritor, a súa visión do país e dos seus costumes, para subliñar, finalmente, as consecuencias que para as letras belgas tivo a súa morte prematura. Biobibliografía Mª Obdulia Luis Gamallo. Licenciada en Filoloxía Francesa, Románica e Hispánica pola USC e doutora en Literatura Xeral e comparada pola Universidade Paris III-Sorbonne Nouvelle, na actualidade é Profesora Contratada Doutora na UDC (área de Filoloxía Francesa). As súas liñas de investigación céntranse na literaturas francesa e de expresión francesa e na novela galega contemporánea. Tradutora ao galego do teatro de Octave Mirbeau e estudosa dos relatos curtos, ambientados na Galiza, de Gonzalo Torrente Ballester, actualmente está centrada no estudo dos autores francófonos da África negra, sobre todo, Boubacar Boris. Francisco Salinas Portugal. Licenciado en Filoloxía Románica e en Filoloxía GalegoPortuguesa pola USC e Doutor por esta Universidade (1991) cunha tese sobre A escrita da angolanidade na narrativa de Pepetela, fixo tamén estudos na Universidade de Lisboa (198081). Na actualidade é Profesor Titular de Filoloxías Galega e Portuguesa na UDC. Participou en proxectos de investigación sobre literatura dramática e sobre literatura e cultura galegas. Colabora en revistas da súa especialidade na Galiza, Portugal, Brasil, USA, Italia... e interveu en diferentes eventos, congresos e conferencias sobre literatura galega e sobre literaturas africanas de lingua portuguesa principalmente. 18:00 – 18:40 Recepción e petiscos na Cynulliad Cenedlaethol Cymru | National Assembly for Wales. Visita guiada e coa presenza de Bethan Jenkins (Deputada de Plaid Cymru). 18:45 – 19:30 Actuación musical: Anthony Dudson e Mano Panforreteiro (Cynulliad Cenedlaethol Cymru | National Assembly for Wales) 39 Xoves, 13 de setembro 9:00 – 10:00 Conferencia plenaria (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School, Sala L03) A conformación dun territorio dixital. Recursos e servizos culturais galegos en Internet (Manuel Gago Mariño, Consello da Cultura Galega | Universidade de Santiago de Compostela) Presentador: Xabier Cid Organizado polo Consello da Cultura Galega RESUMO: Aínda que nocións como territorio e fronteira supoñen unha sorte de incongruencia técnica cando falamos do ciberespazo, está de abondo demostrado entre teóricos e investigadores que a tecnoloxía adoita estar conformada (e, xa que logo, limitada e moldeada) pola sociedade que a consume, que a adquire e da que se apropia. Neste traballo queremos explorar a evolución dixital da cultura en lingua galega, detectando en que medida o patrimonio e os recursos culturais galegos están incorporados á Rede e obtendo unha radiografía do estado da dixitalización do noso acervo cultural presente e pasado. O obxectivo é analizar a conformación social da Internet cultural galega desde a experiencia de 14 anos de operacións de dixitalización de contido no Consello da Cultura Galega. Biobibliografía: Doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Gago é autor de varios libros sobre xornalismo electrónico e arquitectura da información en Internet que confluíron na súa tese de doutoramento, lida en 2011 e titúlada Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia. Gago traballa no Grupo de Novos Medios da USC investigando sobre retóricas conversacionais nos medios sociais e novos formatos narrativos no ciberxornalismo e imparte docencia en varios másters sobre temas de ciberxornalismo e novos medios. Desde o ámbito da divulgación cultural, Gago é autor de numerosas publicacións e accións sobre divulgación cultural e científica estruturadas ao redor do seu blog persoal Capítulo Cero (<www.capitulocero.org>). Exposicións como Ao pé do lar, sobre a evolución da cociña en Galicia (Museo do Pobo Galego, 2010) ou en proxectos arqueolóxicos: Gago formou parte do equipo de investigación do poboado da Lanzada (campaña 2010) e promoveu, canda o arqueólogo Antón Malde, a intervención arqueolóxica no santuario galaicorromano de Pena Furada (Coirós, A Coruña) en 2011. Tamén neste ano fundou patrimoniogalego.net, a rede social de publicación do patrimonio cultural galego. As súas últimas publicacións son Rías Baixas Territorio Gastronómico (VVAA, Deputación de Pontevedra, 2011) e Herdeiros pola Forza (co-escrito co arqueólogo Xurxo Ayán, 2.0 Editora, 2012). 40 10:00 – 11:50 Paneis e relatorios en sesións paralelas C (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 9. Poesía, poesía non lírica, corpo, feminismo, alteridade, estranxeiría, literatura de viaxes, Xela Arias, Luísa Castro, Celso Fernández Sanmartín, Estevo Creus] 1. Equilibrios, exilios, e intemperies. A relación co outro na poesía de Xela Arias | María Xesús Nogueira Pereira (Universidade de Santiago de Compostela) 2. Xela Arias, um corpo, uma voz: manifestações —via poesia— ao redor da questão feminina em Galicia nos anos 1980 e 1990 | Mônica A. H. Carvalho de Sant’Anna (Universidade de Vigo) Moderadora: María Xesús Lama Lugar de celebración: Sala Q23 3. Experiencia e experimentación como repertorios poéticos nun sistema literario dependente: os casos de Celso Fernández Sanmartín e Estevo Creus a poesía galega actual | Isaac Lourido Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) 4. As cartografías móbiles e os itinerarios escuros de Baleas e baleas de Luísa Castro | Martín Veiga (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) [Sección 10. Sociedade policontextual, imaxinario nacional, criterio filolóxico, Transición, feminismo, normalización cultural, xénero, Lupe Gómez, María Reimóndez] Moderadora: Olga Castro Lugar de celebración: Sala C23 1. Gender and Nation? Evaluating the Discourse of Political Nationalist about Feminism in Galicia | Paula Portas Pérez (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) 2. Out of the Normal: Cultural Normalisation in Galicia and its Maladapted Members | Helena Miguélez Carballeira (Prifysgol Bangor | Bangor University) 3. Literary Citizenship, or the Linguistic Criterion | María Liñeira (University of Oxford) 41 [Sección 11. Literatura comparada, ficción, cidade, música, movida viguesa, cinema] Escrituras e voces da cidade (I parte) Moderadora: Carmen Mejía Ruiz (coord.) Lugar de celebración: Sala Q21 [Sección 12. Sociolingüística, edición, lexicografía, ecdótica, variedade estándar, normalización lingüística, libro electrónico, literacidade] 1. A cidade e as súas poéticas na última poesía galega | Carmen Mejía Ruiz (Universidad Complutense de Madrid) 2. O galego nas cidades: apuntes sobre sociolingüística urbana en Galicia | Diego Muñoz Carrobles (Universidad Complutense de Madrid) 3. La música de la movida viguesa y su repercusión. Su semejanza y contraste con la música rusa de la misma época | Maria Sokolova (Universidad Complutense de Madrid) 1. Aproximación ao libro electrónico: primeiros deseños, comercialización e índices de consumo | Laura Sáez Fernández (Lectora do CEG da University of Oxford) 2. Novas tendencias editoriais na Galiza. Unha achega dende a alteridade e anonimidade | Mark Wiersma (Universidade de Santiago de Compostela) Moderador: Isaac Xubín Lugar de celebración: Sala L02 3. A lexicografía académica galega no século XXI | María Dolores Sánchez Palomino (Universidade da Coruña) 4. A edición crítica da narrativa contemporánea galega. Cuestións metodolóxicas | Olivia Rodríguez González (Universidade da Coruña) RESUMOS | Sección 9 [Poesía, poesía non lírica, corpo, feminismo, alteridade, estranxeiría, literatura de viaxes, Xela Arias, Luísa Castro, Celso Fernández Sanmartín, Estevo Creus] Moderadora: María Xesús Lama Lugar de celebración: Sala Q23 Equilibrios, exilios, e intemperies. A relación co outro na poesía de Xela Arias María Xesús Nogueira Pereira (Universidade de Santiago de Compostela) A comunicación pretende levar a cabo unha aproximación ao discurso poético de Xela Arias (1962-2003). No estudo terase en conta a totalidade da súa produción publicada en forma de libro: Denuncia do equilibrio (1986), Tigres coma cabalos (1990), Darío a diario (1996) e 42 Intempériome (2003). Logo de contextualizar a súa obra no mapa da poesía galega contemporánea, a análise centrarase na complexa relación que o eu estabelece co outro no plano textual. O estudo esixe profundar en conceptos como a ruptura do equilibrio, o sentimento de estranxeiría e autoexilio, o corpo e a linguaxe, presentes, baixo formulacións diversas, nas páxinas da autora. O estudo destes elementos ten como obxectivo identificar as principais claves da poesía da autora, así como a evolución desta. O traballo ofrecerá ademais algunhas pautas que permitan reconstruír a recepción da poesía de Xela Arias tanto no momento da súa publicación como nos anos posteriores á súa morte. Biobibliografía Doutora en Filoloxía Galega e profesora na Facultade de Humanidades de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela). A narrativa de Álvaro Cunqueiro e a poesía galega contemporánea, con especial atención á perspectiva do xénero, son as súas principais liñas de investigación. Publicou as monografías Soñadores e familia. Os personaxes na nararativa de Álvaro Cunqueiro (2009), Viaje a Lugo. Páginas sobre la ciudad (2011) e Dicionario Lois Pereiro (2011), alén de numerosos artigos en volumes colectivos e revistas especializadas. Xela Arias, um corpo, uma voz: manifestações —via poesia— ao redor da questão feminina em Galicia nos anos 1980 e 1990 Mônica A. H. Carvalho de Sant’Anna (Universidade de Vigo) A questão do corpo, assim como a sua representação, articula-se com a problematização da identidade, por isso tornou-se um debate essencial no feminismo contemporâneo. Os corpos podem articular discursos sem que seja necessária a fala, pois são codificados com e como signos. Xela Arias teve sua posição política sobre a língua, o feminismo e principalmente sobre e com uma escrita corporal, tal como articularam as feministas dos anos 1980. A intenção deste trabalho é evidenciar a sintonia desta escritora galega com o feminismo, a articulação poética com o corpo e o erotismo nos anos posteriores à abertura política no Estado Espanhol, quando estes temas ainda eram vistos sob o foco de uma sociedade fechada para questões relacionadas à questão feminina e temas como o erotismo e a sexualidade. Biobibliografía Doctora em Teoria da Literatura e Literatura Comparada (Universidade de Santiago de Compostela – 2011). Mestre em Estudos Literários (Universidade Federal do Espírito Santo – 2002). Pós-Graduação (Latu-Sensu) em Literatura Brasileira (Instituto de Ensino Superior “Professor Nelson Abel de Almeida” – 1992). Licenciatura em Letras –Português (Universidade Federal do Espírito Santo – 1991). Atividade Docente Atual: Professora Leitora Universidade de Vigo. 43 Experiencia e experimentación como repertorios poéticos nun sistema literario dependente: os casos de Celso Fernández Sanmartín e Estevo Creus a poesía galega actual Isaac Lourido Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) O obxectivo do relatorio é revisar os repertorios poéticos dominantes en sistemas literarios caracterizados pola súa condición fraca, dependente e/ou marxinal. Seguindo marcos de análise como os propostos por Xoán González-Millán ou Arturo Casas, interésanos testar a hexemonía e os procesos de canonización impulsados polo que o primeiro destes autores definiu coa idea de nacionalismo literario, ben como a proposta de poéticas alternativas e heterodoxas en sistemas culturais como os descritos. Tomando como referencia a poesía galega das últimas dúas décadas, pretendemos explorar a pertinencia de aplicar os conceptos de experiencia e experimentación para a análise dese mesmo obxecto de estudo, con especial interese en detectar tanto a súa posición no conxunto do sistema como a súa relación cos repertorios, grupos e institucións fixados pola crítica e a historiografía literaria última. A problematización dos propios conceptos de experiencia e experimentación forma parte do plano de investigación deseñado, por un lado ampliando as máis evidentes referencias á etiqueta poesía de experiencia homologada para outros sistemas literarios, e polo outro evitando a identificación simplificadora entre experimentación e vangarda. As traxectorias de Celso Fernández Sanmartín e Estevo Creus, poetas ambos encadrados pola crítica na xeración ou grupo poético dos 90, correspóndense con algunhas das constantes anotadas, por exemplo na disposición de sensibilidades alternativas e contraditorias na enunciación discursiva e nos mundos construídos, na habilitación de canles de transición entre os niveis empírico e ficcional, na comprensión máis que literaria (e nalgún sentido experimental) do poético ou na vocación intermedial dos últimos traballos de Creus. Biobibliografía Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada (USC, 2011). Membro do grupo de investigación Teoría da Literatura e Literatura Comparada (GI-1371, USC), do Grupo Alea de Análise Poética (USC) e da rede internacional de investigación Poetics of Resistance. Últimas publicacións: “Reconocer el territorio, reinventar la cartografía: Vanguardia poética e intervención social en la Galicia contemporánea” (en Ben Bollig e Arturo Casas (eds.). Resistance and Emancipation: Cultural and Poetic Practices, 2011) e “Entre Rosalía 21 y Labregos do tempo dos sputniks: la poesía gallega como espectáculo” (Dossier Poesía y espacio público: condiciones, intervención, efectos. En Tropelías, 18 (2011). As cartografías móbiles e os itinerarios escuros de Baleas e baleas de Luísa Castro Martín Veiga (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) O poemario Baleas e baleas (1988), o primeiro que Luísa Castro publicou na súa integridade en galego, foise aos poucos constituíndo como un dos libros máis influíntes da poesía galega contemporánea, sobre todo por mor da súa singular indagación nas raiceiras dun complexo universo familiar mediante unha expresión poética de profunda forza imaxinativa, poderosa carga metafórica e deriva cara ao surreal, aspectos que actuaron como precedentes temáticos, estilísticos e discursivos para algunhas poéticas femininas posteriores. Ademais, esta obra caracterízase por propoñer como escenario —ou máis ben como escuro itinerario— a cartografía 44 dun ámbito sempre móbil e cambiante, pois nas súas páxinas consígnanse unha serie de viaxes, tanto de carácter real como imaxinario, por diferentes espazos atlánticos. Estes percursos transitan entre as ensoñacións dunha rapaza nova nunha vila costeira do norte de Galicia e a continua evocación do seu pai ausente, embarcado nas augas xeadas do mar de Irlanda. Para alén de examinar estas xeografías, de índole física mais tamén sentimental, o relatorio explora a interacción que con elas estabelece a voz poética, nunha tentativa de determinar a orixe e o sentido das inquedantes relacións familiares que xacen no cerne da obra. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (Universidade de Santiago de Compostela) e doutor en Estudos Hispánicos (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork). É profesor titular de Estudos Hispánicos na Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork e director do Centro Irlandés de Estudos Galegos na mesma universidade. Publicou varios libros, artigos e capítulos de libros sobre poesía contemporánea, con especial fincapé no estudo da vida obra de Antón Avilés de Taramancos. Outros dos seus intereses como investigador inclúen a tradución literaria e a literatura de viaxes no ámbito hispánico. É ademais autor de catro libros de poemas, polos que recibiu prestixiosos premios literarios. RESUMOS | Sección 10 [Sociedade policontextual, imaxinario nacional, criterio filolóxico, Transición, feminismo, normalización cultural, xénero, Lupe Gómez, María Reimóndez] Moderadora: Olga Castro Lugar de celebración: Sala C23 Gender and Nation? Evaluating the Discourse of Political Nationalist about Feminism in Galicia Paula Portas Pérez (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) What has been the relation of Galician nationalism with feminism? Have the different demands of feminism and territorial autonomy coincided in Galicia? Since a novel political nationalist activity —Marxist and socialist in character— began with the formation of the Unión do Pobo Galego (UPG) and the Partido Socialista Galego (PSG) in the mid 1960s in Galicia, this has narrativized feminism and ‘women’s needs’ as necessarily enmeshed with their demands for ‘national and social liberation’. This paper examines and critically evaluates the engagement of political nationalist practices with feminism in Galicia. Through a diachronic, dialogic reading of the parties’ own textual and other discursive practices, the paper deconstructs political nationalism’s narratives (Bakhtin, 1981). It shows how feminism and women have mostly been sites of narrative ambivalence for ‘popular nationalism’. On the one hand, nationalists positioned themselves as feminists and as defenders of Galician women’s rights. On the other hand, both a woman’s place in the nation and the movement’s active engagement in feminism were a source of narrative anxiety and/or a gap. Whether positioned simply as nationals or as participants in the movement, women were not fully part of the ‘homogeneous society’ which nationalism constructed (Bataille, 1979; Laclau, 2005). Instead, women were often as much an excess or 45 surplus to nationalism as an uncomfortable ‘one’. This paper shows how contemporary Galician nationalism has worked as a masculinist project, trying to grip, police and subordinate the field of legitimate feminist practice in Galiza to the norm of nationhood. Biobibliografía Paula Portas studied Politics in Santiago de Compostela before she moved to Wales, where she completed a master on European Public Policy at Cardiff University. Later, in her PhD research conducted at Cardiff, she examined the appearance of two distinctive Galician political communities during and after the transition to democracy in Spain: ‘the colony’, first, and later ‘the nation’. Her thesis was nominated to the 2011 PSA Prize to the best thesis in comparative politics. She has taught International Relations and Research Methods in the School of European Languages, Translation and Politics (Cardiff University). She has written on Galician nationalism and discourse analysis. Out of the Normal: Cultural Normalisation in Galicia and its Maladapted Members Helena Miguélez Carballeira (Prifysgol Bangor | Bangor University) If there is a word that can compress the Galician cultural imaginary after the ratification of the Statute of Autonomy in 1981, that word is ‘normalisation’. In the Catalan context, studies such as Kathryn Crameri’s or Oriol Izquierdo’s have pointed to the potentially circular nature of the discourse of normalisation, whereby the final objective of ‘optimal normality’ can never truly be achieved in a context of political dependence on the Spanish state, but nevertheless creates a series of power centres in its wake that become profitable for a guiding elite. But, if as Kathryn Crameri said, cultural policy however defined is a balancing exercise between ‘the desirable and the possible’ (2008: 17), then the Bourdieusian question of who sets what is desirable and limits what is possible, and to what effects, becomes central also for any contemporary understanding of the Galician cultural field. For the reality is that the discourse of normalisation, coupled with intensive academic research on a polysystemic delineation of Galician culture, has led to constant interventions on what periodically becomes an urgent cultural void to be filled. Yet no explanation is usually given for why some voids seem more in need of remedial cultural policies than others; for why certain cultural lacunae are best to be left at that or for what happens when cultural participants take it upon themselves to intervene outside the institutionalised borders of what should pass for ‘normal’ national cultural production. In this paper I will look at the creative projects of Lupe Gómez and María Reimóndez as examples of such ‘outward’ interventions on the ideology of normalisation. Biobibliografía Helena Miguélez Carballeira is lecturer in Spanish at Bangor University and Director of the Centre for Galician Studies in Wales. Her research interests include gender and nationalist discourses, and translation in non-state cultures. Her articles have been published in The Translator, Bulletin of Hispanic Studies, Hispanic Research Journal, Anuario literario de estudos galegos and Men and Masculinities. Her book A Sentimental Nation: Gender, Culture and Politics in Galicia, is forthcoming with the University of Wales Press in 2013. 46 Literary Citizenship, or the Linguistic Criterion María Liñeira (University of Oxford) The history of literary phenomena in Galicia is intertwined with the history of multilingualism. Galician, Spanish, Latin, and Portuguese are some of the languages historically predominant in Galicia and all share space in the literary field as written literary languages. However, the analysis of literary phenomena is usually done from the paradigm of national literature (methodological nationalism) which, from the premise of the existence of a single national language, rarely deals with the production in other languages. Therefore, the analysis of the relationship between Galician and Spanish tends to be confined to the social history of the Galician language, leaving unexplored areas of intersection between languages such as bilingualism and the role of literary translation. This communication presents a reflection on the linguistic criterion that seeks to draw attention to its shortcomings without forgetting its political importance to subaltern communities as strategic essentialism (Spivak). Biobibliografía María Liñeira read for a licenciatura and a Diploma de Estudos Avanzados in Filoloxía Galega at the Universidade de Santiago de Compostela. From 2004-9 she was the Oxford University Lectora in Galician Language and Literature at the Centre for Galician Studies (The Queen’s College, University of Oxford). She combined her duties with reading a Master in Studies and is currently finishing her Doctoral Thesis on Galician literary citizenship between 1939 and 1965. She has edited a collection of articles by Álvaro Cunqueiro entitled El laberinto habitado: Los artículos de Álvaro Cunqueiro en ‘Destino’ (1961–1976) (Nigratrea 2007). RESUMOS | Sección 11 [Literatura comparada, ficción, cidade, música, movida viguesa, cinema] Escrituras e voces da cidade (I parte) Moderadores: Carmen Mejía Ruiz (coord.) Lugar de celebración: Sala Q21 Carmen Mejía Ruiz (Universidad Complutense de Madrid) “A cidade e as súas poéticas na última poesía galega” A cidade moderna como espazo atractivo e de interese para o poeta, no que a pluralidade dos seus elementos urbanos foron motivo de indagación poética, foi sinalada por Baudelaire na obra titulada El pintor de la vida moderna. Curiosamente na tradición literaria galega “a cidade” como tema non ten, segundo Ramón Nicolás, un espazo salientable. Desta maneira e seguindo co tema que xa tratei noutra ocasión, nun artigo publicado na Revista Raído (vol. 4, n..7 , jan/jun. 2010. UFGD. Brasil) titulado “A poesía urbana nas literaturas peninsulares: poetas nacidos na década de cinquenta”, e se se ten en conta que é un tema de actualidade -como mostra a antoloxía poética que editou Gonzalo Vázquez (2011) e que ven a encher un oco na nosa literatura-, pretendo con esta comunicación facer un percorrido polas diferentes cidades cantadas por voces pertencentes a xeracións diferentes e a diversas 47 sensibilidades. Cidades “sen nome, cidades froito do estereotipo ou cidades que son parte dunha visión única sobre o feito urbano”, en palabras de G. Suárez. Desde unha perspectiva contrastiva tentaremos analizar aqueles poemas e aquelas voces que desde a diferenza das súas poéticas nos permitan facer unha enumeración non só das temáticas urbanas senón da vinculación real ou imaxinaria dos poetas coas cidades presentadas, e así delimitar, se se puidese, as poéticas urbanas desta última poesía galega e os seus imaxinarios tanto individuais como colectivos. Dareille unha especial relevancia aos poetas do Grupo Bilbao de Madrid, que conta con nomes consagrados como F. Bouza, V. Araguas, X. Frías, M. Pereira, xunto aos máis novos como R. Yáñez, L. Luna ou Ana Cibeira para contrastar os imaxinarios urbanos daqueles poetas que escriben en galego desde fóra de Galicia e que a súa escrita podería ser un referente identitario fronte a aqueles que cantan a cidade desde dentro de Galicia e que non sempre falan de cidades galegas, como Claudio Rodríguez Fer ou María Lado, entre outros. Biobibliografía Doutora en Filoloxía Románica e profesora titular de Filoloxía Románica da Universidade Complutense de Madrid. É a responsable do Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense e da revista de Estudos Galegos Madrygal que edita a UCM e membro do Consello Asesor das Revistas de Filoloxía Románica, de Linguas e Literaturas catalana, galega e vasca da UNED, de Ángulo recto e de Ianua. Revista Philolóxica Románica. Conta coas seguintes monografías: A figura do dictador na novela moderna e contemporánea: (narrativa hispanoamericana) (1987) e O oriente maravilloso e exótico. Dous relatos de viaxes (en colaboración, Bucarest, 2007). É directora do estudo colectivo recentemente publicado titulado Dúas vidas e un exilio. Ramón de Valenzuela e Mª Victoria Villaverde. Estudo e Antoloxía. (2011). Madrid. Editorial Complutense. Coordinou, dende o ano 1989, diversas Xornadas sobre as Linguas e Literaturas Catalana, Galega e Vasca celebradas na UCM. Neste momento coordina as actividades do Centro de Estudos Galegos. Participa, en diversos grupos de investigación multidisciplinares. Destaca o seu interese polo estudo da lingua e a literatura galega, as linguas en contacto, a narrativa peninsular comparada e, fundamentalmente, a poesía galega comparada coa poesía peninsular. Diego Muñoz Carrobles (Universidad Complutense de Madrid) “O galego nas cidades: apuntes sobre sociolingüística urbana en Galicia” Nesta comunicación intentaremos realizar algunhas achegas á sociolingüística urbana no contexto das cidades galegas. As diferenzas entre o mundo rural e o espazo urbano non son unicamente sociais ou económicas, senón tamén lingüísticas. Segundo os datos estatísticos máis recentes (IGE, 2010) a lingua galega presenta unha maior vitalidade nas poboacións de menor tamaño, polo tanto, as cidades constitúen un espazo en vías de castelanización, onde o galego posúe unha vitalidade menor. Xa que a sociedade contemporánea camiña cara a unha progresiva urbanización, o feito de que o galego non penetra na poboación urbana pode constituír un grave perigo para a normalización da lingua. O noso obxectivo consiste, primeiro, en repasar as cifras de usos lingüísticos referidas ás sete principais cidades galegas: Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Ferrol e Pontevedra. Despois esbozaremos algunhas ideas e estratexias que a sociolingüística urbana pode desenvolver para frear o proceso de substitución lingüística e restituírlle á lingua galega a 48 condición de idioma urbano. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid (Francés, Italiano e Galego) e Máster en Comunicación Intercultural (Español-Rumano) pola Universidade de Alcalá de Henares. Dende 2008, investigador no Departamento de Filoloxía Románica da UCM, membro do Grupo de Investigación GILAVE. Secretario da Revista de Filoloxía Románica e de Ángulo Recto Colaborou nos diversos volumes que apareceron no marco do grupo GILAVE e os diferentes proxectos de investigación previstos. Liñas de traballo e investigación: sociolingüística urbana; linguas en contacto; lingua, cultura e inmigración; linguas románicas e estandarización. Maria Sokolova (Universidad Complutense de Madrid) “La música de la movida viguesa y su repercusión. Su semejanza y contraste con la música rusa de la misma época” En esta comunicación se pretende recuperar la importancia cultural de la movida, sobre todo la música de los años ochenta en Vigo como modo de expresión. Se verá la relación que tiene con la movida madrileña. Sobre todo se hará hincapié en las letras de las canciones. Por ello se profundizará en las composiciones de grupos gallegos como Siniestro Total, Golpes Bajos entre otros. Se focalizará, por ejemplo, en Os Resentidos, no sólo por haber sido formado por Anton Reixa (figura fundamental de este movimiento), sino también porque componen sus canciones en gallego. Se estudiará la repercusión de la movida viguesa para demostrar su influencia e impacto en aquel momento y en la actualidad. La base de documentación será el libro de Emilio Alonso Vigo a 80 revolucións por minuto, en el cual hay una extensa recopilación de los grupos surgidos en esos años, de los estilos, de los géneros de música, de las cadenas de radio, de las publicaciones, de las revistas, de los fanzines, de los locales, de la pintura, de teatro, de cortometraje, de cine, de fotografía entre otras expresiones artísticas. Nos detendremos en interrogantes como por qué surgió este movimiento, existe o no la movida, cuál fue su desarrollo, sigue evolucionando hoy en día o se reconvirtió, qué influencia tuvo o tiene hoy en día etc. Al mismo tiempo nos interesa analizar las letras de las canciones rusas igualmente de los años ochenta (con grupos como Kino, Nautilius Pompilius etc.) para compararlas no solo desde el punto de vista histórico (la influencia la época de Transición en España y la Perestroyka en Rusia), pero también desde el punto de vista social. Nos centraremos sobre todo en diferencias musicales y diferencias en las letras, para ver posibles confluencias y diferencias en ambos movimientos, en su razón de ser, en su progresión, evolución e influencia posterior. Biobibliografía Estudante de Filoloxía Románica desde 2007 e de Filoloxía Hispánica dende o ano 2010. Este curso académico 2011-2012 obtivo a bolsa de colaboración do Ministerio de Educación. Asiste 49 habitualmente a Congresos, Seminarios e outros eventos organizados pola Universidade Complutense de Madrid. Cursa Lingua Galega II na UCM e participa na organización das actividades do Centro de Estudos Galegos. Investiga temas de literatura galega comparada RESUMOS | Sección 12 [Sociolingüística, edición, lexicografía, ecdótica, variedade estándar, normalización lingüística, libro electrónico, literacidade] Moderadores: Isaac Xubín Lugar de celebración: Sala L02 Aproximación ao libro electrónico: primeiros deseños, comercialización e índices de consumo Laura Sáez Fernández (Lectora do CEG da University of Oxford) O libro galego vaise facendo paso paseniñamente no pequeno mundo editorial galego. Este traballo pretende analizar estas primeiras achegas por parte das editoras, así como as políticas editorias seguidas en termos de distribución, venda e xestión de dereitos. Por outra banda, analizaremos os datos de consumo destes produtos e tentaremos avaliar as posibilidades deste novo mercado. Biobibliografía Lectora de galego na University of Oxford. Estudou tradución e interpretación en Vigo e leva traballando como tradutora e intérprete profesional dende 2004. Como tradutora traballou para distintas editoras galegas. É cofundadora da editora de álbum ilustrado e literatura infantil Patasdepeixe Editora. Novas tendencias editoriais na Galiza. Unha achega dende a alteridade e anonimidade Mark Wiersma (Universidade de Santiago de Compostela) A presente comunicación procurará analizar o panorama de edición independente en galego dende un punto de vista informativo e pragmático, facendo especial fincapé nunha iniciativa en particular, a de Estaleiro Editora, un proxecto que xurdiu en 2007 coa idea de albergar a escritura de todas as opcións ortográficas na Galiza, vendo que no espazo literario galego non existía unha editora destas características. Publícase dende a normativa oficial do RAG, o reintegrado do AGAL até o portugués mesmo. A través dunha introdución na que formulara unha problemática aberta aos asistentes en canto á lingua galega no seu contexto actual e histórico, cuestións de recepción e a posición da produción literaria na esfera pública, a comunicación efectuará unha análise dalgunhas propostas editoriais da actualidade, tanto dende a produción de pensamento en soportes tradicionais como na blogosfera. A comunicación procurará realizar unha vez posta enriba da mesa algunhas consideracións fundamentais para contextualizar mellor o asunto e xerar debate: que diferenzas se presentan ante o investigador que procure transferir un pensamento teórico proveniente dun contexto de hexemonía lingüística cara á unha lingua en alteridade, para non dicir minoritaria? O New Criticism, por exemplo, collería outros matices nunha situación de diglosia? Por exemplo, se a poesía e sobre todo un enfoque no vehículo comunicativo mesmo, como entendelo cando este vehículo está en constante proceso de desvalorización? Que función xoga unha poesía 50 normalizada, editada para eliminar grupos cultos e castelanísmos? O colectivo Estaleiro Editora (<http://www.estaleiroeditora.org/>) é unha organización sen ánimo de lucro, voluntaria e asemblearia na que participo como portavoz e corrector. O proxecto procura publicar na variante da lingua ‘galega’ que o/a autor/a considere apropiada, eis a editora ofrece un abano de poesía, teatro, ensaio e novelas con estas características. Ultimamente o proxecto está a recibir moita atención a nivel nacional, aparecendo en Protexta (o suplemento de Tempos Novos), Dioivo e mesmo no El País. No mes de maio esta editora organizará a terceira anual Xornadas de Edición Independente: 3 días de discusión e talleres sobre asuntos relacionados coa lingua galega publicada na Galiza dende o punto de vista da edición independente. Biobibliografía Mark Wiersma cursou estudos de tercer ciclo no Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Compostela. Agora está na fase de tese, estudando a relación da poesía na esfera pública e a composición poética grupal. Dende 2009 é membro de Estaleiro Editora. A lexicografía académica galega no século XXI María Dolores Sánchez Palomino (Universidade da Coruña) A Real Academia Galega vén de publicar en liña o seu último dicionario monolingüe, que pode ser considerado como o dicionario xeral da lingua galega, polas súas características e polo volume de voces que contén. Este feito marca un novo fito na lexicografía galega, o que nos leva a efectuar un balance sobre ela e en particular sobre o labor desenvolvido neste eido pola institución académica, contextualizándoo no momento actual e poñéndoo en relación co levado a cabo noutras tradicións lexicográficas do noso contorno. Biobibliografía Profesora Titular de Filoloxía Románica na UDC. Participou e participa en importantes proxectos de investigación relacionados coa lingua galega, algún deles de carácter internacional, e dirixou tamén bastantes proxectos neste eido. É Académica Correspondente da RAG e corredactora dos dicionarios monolingües desta institución (1990, 1997), así como corredactora principal do novo dicionario xeral da lingua galega que a RAG acaba de publicar en liña. Autora de diversas publicacións sobre lexicografía galega, impartiu numerosos cursos de doutoramento sobre a materia, e na actualidade imparte esta docencia en diferentes mestrados e cursos de posgrao. Dirixe o grupo de investigación "Estudos románicos e comparados" da UDC e entre 2003 e 2011 foi Vicepresidenta da Asociación de Tradutores Galegos. 51 A edición crítica da narrativa contemporánea galega. Cuestións metodolóxicas Olivia Rodríguez González (Universidade da Coruña) O traballo dará conta dos resultados da aplicación, a textos contemporáneos da literatura galega, de metodoloxías de vangarda na edición crítica. A ecdótica galega alcanzou un alto nivel no tratamento de textos medievais e modernos; pero, aínda que moi relevantes, son escasos os traballos realizados en textos literarios contemporáneos. A autora pretende aplicar elementos fundamentalmente provenientes da metodoloxía neo-lachmanniana ás especiais características da transmisión textual en época contemporánea. O traballo escolle un exemplo de narrativa galega anterior á guerra civil, período que supuxo a parálise, cando non destrución, da liña de evolución de transmisión textual de importantes obras literarias, que, por outra banda, se reeditarían posteriormente axustándose ás sucesivas normativas oficiais da Real Academia Galega. Xunto co traballo de edición crítica dun texto contemporáneo galego, ofrécense notas dunha reflexión teórica parelela sobre a pertinencia e escolla da metodoloxía empregada. Este relatorio supón un anticipo do traballo de investigación que a relatora elabora en colaboración co Instituto Germán Orduna de Buenos Aires (Arxentina), Centro de Investigacións Bibliográficas e Crítica Textual pertencente ao C.O.N.I.C.E.T. arxentino, que hoxe dirixe o investigador e profesor de Historia da Lingua na Universidade de Buenos Aires, José Luis Moure, descendente da emigración galega en Arxentina. Biobibliografía Titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na UDC. Comparatismo ibérico, narratoloxía, crítica e retórica veñen sendo as súas liñas de investigación. Autora e editora de libros como Estética e teoría da cultura en Vicente Risco (2001), Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (2005); Camilo José Cela, Retorno a Iria Flavia, (2006); Urbano Lugrís, Balada de los mares del norte (2008); Mariano Tudela, Una vida de literatura (2012). Publicacións en Grial; 1616; Madrygal; Revista de Filología Románica, Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca; A Trabe de Ouro; La Tribuna; Boletín da Real Academia Galega, etc. 12:00 – 13:00 Conferencia plenaria (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School, Sala L03) Lingua galega: entre a identidade e a mundialización (Rosario Álvarez, CCG | USC | ILG) Presentador: Xosé Luís Regueira Organizado polo Consello da Cultura Galega RESUMO: son varios os ámbitos científicos e foros de debate intelectual que na última década se teñen ocupado deste tema ou de temas conexos. Tense falado da difícil adhesión á querenza dunha sociedade monolingüe, que nos foi transmitida como a situación lingüística ideal e que se acaba revelando utópica, pois a realidade mostra insistentemente que a normalidade está do lado das 52 sociedades bilingües ou plurilingües. Tamén da dificultade de vida normalizada —e incluso de pervivencia— das linguas con ámbito territorial reducido, maior se non teñen estado, pois a súa aprendizaxe e uso (na prensa, na literatura, na ciencia, nos negocios,...) se discute e mide, na propia comunidade, en termos de rendibilidade no contexto planetario. E, aínda, tense alertado do perigo de que a lingua identitaria se enquiste no seu espazo territorial ou simbólico, sexa porque os seus falantes a abandonan fóra del, sexa por non dar captado o interese dos falantes doutra lingua ou de estudosos alleos. Neste contexto, propoñémonos analizar a presenza da lingua galega no mundo, fóra do territorio que lle é propio por nacenza: a través dos galegofalantes que residen fóra da terra, dos estranxeiros que a incorporaron ao seu fardel, do seu ensino como lingua estranxeira, das conexións exteriores do tecido académico e investigador galego. Biobibliografía: Vicepresidenta do Consello da Cultura Galega. Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela na área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Académica numeraria da Real Academia Galega desde 2003. Directora do Instituto da Lingua Galega (USC) desde 2005. Na investigación, a súa actividade principal céntrase na variación e cambio lingüísticos, á procura dunha descrición da gramática do galego moderno que explique mellor o estándar mais non se limite a este código. Nesta liña, forma parte desde o inicio do equipo do Atlas Lingüístico Galego e na actualidade dirixe o proxecto internacional Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués (Galicia, Portugal, Brasil); é coautora, xunto con Xosé Xove, da Gramática da Lingua Galega (Galaxia 2002) e dirixe o equipo do ILG encargado de redactar a gramática da Real Academia Galega. De forma complementaria, e polas mesmas razóns, ten interese na gramática contrastiva portuguésgalego, tanto no ámbito do PE coma no do PB. Tamén se ocupa de forma regular da edición e estudo de textos do “galego medio” (posteriores ao período medieval, anteriores ao “Rexurdimento”). 13:00 – 14:00 Pausa Xantar 14:00 – 15:00 Conferencia plenaria (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School, Sala L03) O texto como resistencia, corpo e ruína: a tradución e o poema (Chus Pato, Poeta) Presentadora: Olga Castro Financiada polo Instituto Cervantes de Londres RESUMO: partindo dunha lectura atenta d’O cometido de quen traduce de Walter Benjamin, magnificamente trasladado ao galego por Burghard Baltrusch, Xoán Manuel Garrido Vilariño e Silvia Montero Küpper da Universidade de Vigo, e do ensaio que sobre ese mesmo corpus realiza Paul de Man no seu libro A resistencia á teoría tratarei de analizar as semellanzas e diferenzas entre o traballo 53 do/da tradutora e o/a poeta e así mesmo tratarei de debuxar a idea do poema como resistencia, resto e ruína. Resiste o poema como resiste unha punta de sílex, unha machada biface ou as taboiñas de escritura caldea. Resiste porque os/as poetas traballan co material máis resistente do idioma. Resiste porque un poema é o resto dunha destrución. Porque é un fragmento de idioma que se sitúa no lugar do que foi destruído ou do que nunca aconteceu (pode posicionarse na pel dunha fraga, dos defuntos, dos espectros que roldan a escritura, da verdade, do amor, da xustiza, das utopías), é trae iso que non está de novo onde cara un. Resiste como resisten os restos, as ruínas. Resiste porque é testemuña e un implante de futuro. Un poema resiste e resiste por definición. Resiste contra a lingua de consenso, contra a palabra mito, contra a palabra que é mímese, representación do que está fóra da palabra e é sempre lingua de poder. Resiste contra a teoloxía política, contra o trono e o altar e é sen soberano, sen banda que a suxeite, fóra de banda, fóra de estado, fóra de bandeira. Resiste porque amosa a imposible harmonía entre a serie sónica (canto) e o sentido (concepto). Resiste porque amosa a imposible harmonía entre o tropo e o significado. Resiste porque non é significado. Resiste porque o poema é un fóra de arquivo. Porque no poema sucede o que nunca sucedeu o que nunca vai suceder e sucede sempre no poema. Resiste porque no poema sucede o imposible. Biobibliografía: publicou os seguintes libros de poemas: Urania (Ourense, Calpurnia, 1991), Heloísa (A Coruña, Espiral Maior, 1994), Fascinio (Muros, Toxosoutos, 1995), Nínive (Vigo, Edicións Xerais, 1996), A ponte das poldras (Santiago de Compostela, Noitarenga, 1996; 2ª ed.: Vigo, Galaxia, 2006), m-Talá (Vigo, Edicións Xerais, 2000), Charenton (Vigo, Edicións Xerais, 2003), Hordas de escritura (Vigo, Edicións Xerais, 2008), Secesión (Vigo, Galaxia, 2009) e a antoloxía sonora Nacer é unha república de árbores (Cumio. Pontevedra, 2011). A Erín Moure débenselle os catro volumes con traducións ao inglés: From m-Talá (Vancouver, Nomados, 2003), Charenton (Exeter y Ottawa, Shearsman Books & BuschekBooks, 2007), mTalá (Exeter y Ottawa, Shearsman Books & BuschekBooks, 2009) e Hordes of writing (Exeter y Ottawa, Shearsman Books & Buschek Books, 2011). A súa obra está incluída en prestixiosas antoloxías de ámbito nacional, estatal e internacional , así mesmo foi invitada aos festivais internacionais de Barcelona, Rosario, A Habana, Bos Aires, Bratislava, Rotterdam e Felix de Ambëres. Nínive foi galardoado co premio Losada Diéguez e por Hordas de escritura recibiu o premio nacional da crítica e de novo o Losada Diéguez. 54 15:00 – 16:20 Paneis e relatorios en sesións paralelas D (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 13. Historia, franquismo, memoria histórica] A memoria histórica difundida desde catro eidos: proxectos e obras para rememorar o trauma causado polo fascismo en Galiza Moderador: John Patrick Thompson (coord.) Lugar de celebración: Sala L02 [Sección 14. Literatura comparada, ficción, cidade, alteridade, narrativa, cinema] 1. O traballo de recuperación da memoria histórica desde a política institucional | Luís Bará (IES Torrente Ballester) 2. O papel que fixo o IEM na divulgación do coñecemento dos crimes franquistas: unha visión desde o asociacionismo | Xosé Lois Vilar Pedreira (Instituto de Estudos Miñoranos) 3. A construción dunha cartografía da memoria: os monumentos conmemorativos en Galiza | John Patrick Thompson (Montana State University) 1. Viajeros extranjeros por las ciudades gallegas del XIX: no todos los caminos llevan a Santiago | Juan José Ortega Román (Universidade Complutense de Madrid) Escrituras e voces da cidade (II parte) 2. De Venecia a Santiago de Compostela en Moderadora: Carmen Mejía Ruiz (coord.) Lugar de celebración: Sala Q21 [Sección 15. Lingüística, fonética, ecdótica, sintaxe, semántica] Moderador: Ernesto González Seoane Lugar de celebración: Sala Q23 Settecento de Marcos Calveiro | Rocío Peñalta Catalán (Universidad Complutense de Madrid) 3. Mitificación e desmitificación de Santiago de Compostela en Trece badaladas/ Trece campanadas | Javier Rivero Grandoso (Universidad Complutense de Madrid) 1. A edición sinóptica: unha ferramenta metodolóxica para o estudo da variación lingüística aplicada á lírica profana galegoportuguesa | Helena Bermúdez Sabel (Universidade de Santiago de Compostela) 2. Construcións biargumentais con caer en galego | Xosé Soto Andión (Universidade de Vigo) 3. Contribución ó estudo comparado do vocalismo tónico de catro linguas románicas: galego, castelán, francés e italiano | Alba Aguete Cajiao (Universidade de Santiago de Compostela) 55 1. O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro | María López Sandez (Universidade de Santiago de Compostela) [Sección 16. OBRADOIRO ROSALIANO] 2. Rosalía de Castro entre os retratos da familia Tobío | Marga Romero Lorenzo (IES San Paio de Tui | Universidade da Coruña) Novos estudos rosalianos: a vida, a obra e o tempo de Rosalía de Castro 3. Rosalía dende as novas tendencias críticas: unha ollada a súa obra dende a transculturalidade e os estudos de masculinidades | Begoña Regueiro Salgado (Universidade de Santiago de Compostela) Moderador: Anxo Angueira Lugar de celebración: Sala C23 RESUMOS | Sección 13 [Historia, franquismo, memoria histórica] A memoria histórica difundida desde catro eidos: proxectos e obras para rememmorar o trauma causado polo fascismo Moderador: John Patrick Thompson (coord.) Lugar de celebración: Sala L02 Luís Bará (IES Torrente Ballester) “O traballo de recuperación da memoria histórica desde a política institucional” Luís Bará Torres leva máis de dúas décadas traballando—primeiro no asociacionismo, despois na política institucional—para homenaxear as vítimas do fascismo e facilitar á sociedade o coñecemento do pasado silenciado. Bará Torres dedicará a introdución do seu relatorio a explicar os factores éticos e ideolóxicos que o levaron a participar na institucionalización da memoria republicana, galeguista e antifranquista. Despois procederá a comentar os proxectos máis salientábeis dos que foi partícipe primeiro como concelleiro e responsábel da concellaría de cultura e festas do BNG en Pontevedra e logo como Director Xeral de Cultura durante o Bipartito. Unha das grandes tarefas do primeiro mandato do BNG en Pontevedra (1999-2003) foi desmantelar o sistema simbólico e de valores do franquismo e do posfranquismo. Por exemplo, elimináronse os nomes franquistas das rúas, recoñeceuse institucionalmente a figura de Alexandre Bóveda e conmemoráronse os 50 anos do pasamento de Castelao cun amplo programa de actividades desde roteiros para escolares até espectáculos musicais e audiovisuais. O relator comentará ademais as duras críticas, provenientes das capas conservadoras, que provocou esta política que eliminou tamén as raíñas das festas polo seu carácter clasista e sexista (e ademais franquista). Na terceira parte da súa intervención, o relator afondará no papel que desempeñou como Director Xeral de Cultura (2005-2009). O seu obxectivo prioritario neste cargo foi institucionalizar, por primeira vez no posfranquismo, o recoñecemento dos que morreron por defenderen a democracia e os dereitos nacionais de Galiza. Fará un percorrido por varios dos proxectos que se organizaron desde a Consellaría de Cultura e Deporte como o Barco da 56 Memoria, a exposición Memorial da Liberdade. Represión e resistencia en Galiza (1936-1977) e O Proxecto de Investigación Interuniversitario as Vítimas, os Nomes, as Voces e os Lugares. Falará tamén do 2006 Ano da Memoria e do rol que tivo a Illa de San Simón como punto de referencia da represión sufrida en Galiza polo franquismo. Biobibliografía Luís Bará ten unha longa traxectoria na política institucional. Entre 1999 e 2005 foi Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística no concello de Pontevedra, no que impulsou iniciativas como o Ano Castelao (2000), Ano Sarmiento (2002) e Salón do Libro Infantil e Xuvenil (2000—). Entre 2005 e 2009 foi Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, cargo desde o que impulsou actuacións relacionadas coa memoria histórica, o patrimonio inmaterial, a proxección internacional da cultura galega, as letras, as artes escénicas e musicais e o audiovisual. Entre 2009 e 2011 desempeñou o cargo de concelleiro non electo no concello de Pontevedra con responsabilidades en materia de mobilidade e obras urbanas e desde 2011 é concelleiro electo con competencias en Patrimonio histórico e Mobilidade. Xosé Lois Vilar Pedreira (Instituto de Estudos Miñoranos) “O papel que fixo o IEM na divulgación do coñecemento dos crimes franquistas: unha visión desde o asociacionismo” O relator afondará en varios dos proxectos, nacidos no seo do Instituto de Estudos Miñoranos, cuxo obxectivo foi a divulgación do coñecemento dos crimes franquistas. O IEM naceu hai doce anos para estudar, conservar e difundir o patrimonio natural e cultural do Val Miñor (Gondomar, Nigrán e Baiona). Con eses obxectivos artellou as súas actividades a través de faladoiros (charlas de personaxes da cultura, política e ciencia), a revista anual (REM) e xeiras (visitas guiadas ao patrimonio do Val Miñor) ao que hai que sumarlle presentacións de libros, exposicións, publicacións de libros, liñas de investigación e traballos de musealización. Unha das liñas de traballo do IEM incidiu de xeito especial e intenso sobre a represión franquista no Val Miñor; recolléronse documentos, recadáronse datos e fixéronse entrevistas a persoas que sufriron a represión ou a viviron como actores ou espectadores. Un episodio que marcou fondamente O Val Miñor foi o crime acontecido no lugar que logo foi ‘bautizado’ como A Volta dos Nove. O IEM foi o motor que organizou a instalación dun monumento conmemorativo, obra de Fernando Casás, no lugar do asasinato dos nove homes. O traballo no tema da represión franquista continuou coas escavacións de foxas de asasinados: dúas no cemiterio de San Xián (O Rosal) e a dos Nove no cemiterio de Baiona. Leváronse a cabo outras noutros lugares do país como Grandal (Vilarmaior, A Coruña) e Filgueira (Crecente, Pontevedra) sempre a petición dos familiares que queren recuperar os corpos dos seus. O IEM mantén unha páxina web con datos das actividades; hai por exemplo unha exposición sobre as escavacións e realízanse actos con charlas sobre estas actividades. Para desenvolver traballos que requiren a consulta de documentación en concellos e xulgados ou permisos de escavación en cemiterios municipais ou parroquias, atópase en non poucas ocasións coa non colaboración dalgúns políticos e membros da igrexa católica. 57 Biobibliografía Naceu en Baiona (Val Miñor) no ano 1965 e cursou estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Compostela. Froiteiro de profesión, participa activamente nos traballos do IEM do que é membro da súa xunta de goberno. Como arqueólogo dirixiu as escavacións das foxas con asasinados da represión franquista en San Xián, Baiona, Filgueira e Grandal. John Patrick Thompson (Montana State University) “A construción dunha cartografía da memoria: os monumentos conmemorativos en Galiza” Nas dúas últimas décadas Galiza foi testemuña dunha proliferación de monumentos conmemorativos que axudan a sociedade a reelaborar o trauma que seguiu o levantamento fascista. As asociacións de memoria e os artistas xuntáronse para reclamaren espazos e daren forma aos eventos que sufriron os e as perseguidos/as. Nalgúns casos a política institucional participou na construción dos monumentos (por exemplo en Vilagarcía, Fene, Compostela e Pontevedra), mais polo xeral foron iniciativas desde abaixo que, nalgúns casos, tiveron que se enfrontar a unha dereita remisa a pór en cuestión as falacias franquistas. Na primeira parte deste relatorio Thompson contextualizará o fenómeno dos monumentos dentro do movemento xeral en Galiza para levantar conciencia sobre a Segunda República e as atrocidades cometidas polos vencedores. En seguida examinará tres dos vinte e tres monumentos erixidos até o presente; entrará tanto nas parcelas da historia traumática que simboliza cada monumento como nas historias actuais dos monumentos. Os espazos que rodean os monumentos convertéronse en lugares de reunión onde decote se ritualiza a conmemoración da inxustiza; cada monumento funciona como metáfora dun evento concreto e tamén como metonimia de toda a traxedia que supuxo o fascismo en Galiza e no resto de España. O relator afondará nos textos estéticos que brindan os tres monumentos; comentará as visións dos artistas obtidas en entrevistas e combinará estas ‘interpretacións autorizadas’ coas súas propias. Ao final da súa intervención o relator fará unha breve reflexión verbo do risco que ten todo monumento de perder a súa efectividade. Os monumentos poden desprazar a memoria e lembrar por nós, como sostén Pierre Nora, ou mesmo chegar a ser ‘invisíbeis’ segundo Robert Musil. Para evitar que perdan o valor simbólico para as futuras xeracións, é preciso non só manter a ritualización que ocorre nestes lugares de memoria, mais tamén involucrar activamente a xente nova nos rituais e nas visitas aos monumentos. Biobibliografía John Thompson licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Compostela, doutorouse pola Universidade de Michigan en Ann Arbor e desde 2003 traballa na Universidade do Estado de Montana en Bozeman (EUA) onde é profesor titular. Especializouse primeiro na ficción narrativa que representa o trauma causado polo fascismo en Galiza. Publicou artigos en inglés que afondan nesta temática e o seu libro, As novelas da memoria: trauma e representación da historia na Galiza contemporánea (Galaxia 2009), foi a culminación desta liña de traballo. Agora está a escribir outro libro sobre os monumentos conmemorativos que lembran as vítimas do réxime franquista en Galiza. Mergullouse tamén na sociolingüística através da súa análise do conflito normativo publicada en Contemporary Galician Studies: Between the Local and the Global (MLA 2011). 58 RESUMOS | Sección 14 [Historia, franquismo, memoria histórica] Escrituras e voces da cidade (II parte) Moderadora: Carmen Mejía Ruiz (coord.) Lugar de celebración: Sala Q21 Juan José Ortega Román (Universidade Complutense de Madrid) “Viajeros extranjeros por las ciudades gallegas del XIX: no todos los caminos llevan a Santiago” Proponemos en este estudio un análisis comparado de tres relatos de viajes pertenecientes a tres distintos viajeros que visitaron Galicia durante el siglo XIX y que dejaron plasmadas sus vivencias, precisiones y observaciones en diferentes relatos. Los personajes en cuestión son el arqueólogo francés Alexandre de Laborde (1806), el inglés George Henry Borrow (1836) y el portugués Inácio Francisco Silveira da Mota (1886); tres visiones dispares que, aun así, tienen numerosos puntos en común. Nuestro principal objetivo es recrear la imagen de la Galicia del siglo XIX apoyándonos en visiones exteriores, tal vez mucho más objetivas y enriquecedoras que las oriundas. Al margen de este hecho, queremos incidir en el hecho de que existen más caminos y más centros urbanos de interés que los de Santiago de Compostela, la ciudad que monopolizaba y monopolizará el interés de escritores, aventureros y peregrinos a lo largo de la historia. Tal vez un distanciamiento de la visión algo mística e idealizada que tiene el relato del peregrino nos ofrezca un punto de vista más sincero, aséptico y fidedigno de la verdadera Galicia. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Hispánica e Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid. De 1992 a 1994 foi Lector de Español na Universidade de Timişoara (Romanía). Desde 1996 é profesor asociado de lingua e literatura romanas na Universidade Complutense de Madrid, así como profesor de español para estranxeiros no Centro Complutense para a Ensinanza do Español. Participou en numerosos congresos e simposios nacionais e internacionais e ten publicacións sobre a lingua e a literatura romanas, así como sobre a lingua española e a ensinanza do español. Aparte dunha gran cantidade de artigos sobre temas diversos como a tradución, a literatura de viaxes, a paremioloxía ou a onomástica, é cotraductor do sueco ao español da triloxía Millennium de Stieg Larsson. Rocío Peñalta Catalán (Universidad Complutense de Madrid) “De Venecia a Santiago de Compostela en Settecento de Marcos Calveiro” Settecento (Xerais, 2010) de Marcos S. Calveiro es una novela histórica que nos lleva a la Venecia de Antonio Vivaldi y, precisamente, el músico veneciano es uno de los protagonistas de 59 esta novela coral, en la que también aparecen otros personajes reales, como la contralto Anna Girò o el célebre Giacomo Casanova. Settecento nos presenta a un Vivaldi al final de su carrera, tratando de encontrar la inspiración para componer una última ópera. La novela permite reconstruir, con gran fidelidad, la Venecia del siglo XVIII, que se convierte en algo más que un simple escenario. La importancia de la música barroca, el protagonismo del compositor italiano, la presentación de la ciudad de los canales como un gran teatro y la aventura del viaje permiten relacionar esta obra con la novela breve de Alejo Carpentier Concierto barroco (1974). La trama de Settecento nos conduce, además, a París, Viena y Santiago de Compostela. Esta última ciudad, agotada por las epidemias y las hambrunas, sirve de contrapunto a la alegre y festiva Venecia. Biobibliografía Licenciada en Periodismo pola Universidade de Málaga, Licenciada en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e Máster en Estudos Literarios pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente prepara a súa tese de doutoramento no programa “Estudos Interculturais Literarios” cunha bolsa de investigación e participou en diversos seminarios e congresos internacionais. É membro do grupo de investigación “A aventura de viaxar e a súas escrituras”, en cuxas actividades e publicacións participa, editando volumes como Ciudades imaginadas en la literatura y en las artes (Universidad Complutense, 2008) ou Ciudad en obras. Metáforas de lo urbano en la literatura y en las artes (Peter Lang, 2010). É secretaria das revistas Ángulo Recto. Revista de estudios sobre la ciudad como espacio plural e Sesión no numerada. Revista de letras y ficción audiovisual. Ademais, participa na vida literaria coa publicación de relatos breves en revistas e antoloxías. Javier Rivero Grandoso (Universidad Complutense de Madrid) “Mitificación e desmitificación de Santiago de Compostela en Trece badaladas/ Trece campanadas” Trece badaladas, novela coa que Suso de Toro gañou o Premio Nacional de Narrativa de 2003, ten na cidade de Santiago de Compostela un elemento indispensábel para a construción do argumento narrativo. As rúas da cidade e, sobre todo, a Catedral, son o espazo necesario para favorecer a intriga e o misterio dunha novela a medio camiño entre o thriller, o terror e o relato detectivesco, pois crean unha atmosfera única para ambientar a inquietude e a inseguridade dos personaxes. Aínda que a adaptación cinematográfica, —Trece campanadas, dirixida por Xavier Villaverde e protagonizada por actores tan relevantes no panorama actual como Juan Diego Botto, Luis Tosar e Marta Etura—, dista moito do texto que serve de materia prima, si que se aproveita a imaxe lúgubre dunha Santiago escura, marco inigualábel para un thriller con escenas que buscan asustar ao espectador. A narración da novela prodúcese a través de distintos personaxes, que ofrecen as diferentes visións da cidade compostelá. As distintas perspectivas conforman unha imaxe completa de Santiago, como por exemplo o confrade Ramírez, que está fascinado pola Catedral e a cidade vella, mais non lle gustan as aglomeracións turísticas que a converten nunha especie de parque temático. A súa ideoloxía conservadora fai que critique as novas actividades económicas da cidade, principalmente o turismo e o ámbito universitario, e as novas construcións como a Cidade da Cultura. Estes aspectos non aparecen na adaptación cinematográfica, que aproveita a escuridade da noite e as inquietantes esculturas barrocas para crear un ambiente fantasmagórico. 60 O noso obxectivo é analizar como funciona a cidade e os procesos de mitificación e desmitificación que se perseguen tanto na novela como na película para descubrir os propósitos dos autores. Desta maneira, compararemos as dúas linguaxes artísticas para estudar como e por que dúas obras que parten dunha mesma idea teñen formulacións e resultados tan diferentes. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de La Laguna e Máster en Estudos Literarios pola Universidade Complutense de Madrid, actualmente prepara a súa tese de doutoramento sobre cidades na novela criminal das literaturas do Estado español cunha bolsa de Formación de Persoal Universitario do Ministerio de Educación. Participou en diversos seminarios e congresos internacionais e publicou varios capítulos de libro e artigos en importantes revistas académicas. Fixo as notas á edición italiana de Libro de poemas, de Federico García Lorca, traducido por Valerio Nardoni, e editou un monográfico sobre a novela criminal, Anatomía de la novela policial (da revista La Página), e un volume sobre modelos urbanos e mitos en Peter Lang, Ciudad mito: modelos urbanos culturales en la literatura de viajes y en la ficción, xunto a Edmundo Garrido. Na actualidade é secretario da revista complutense Madrygal: Revista de Estudos Galegos e membro do Grupo de Investigación GILAVE, que está desenvolvendo un proxecto de estudo sobre a cidade nos libros de viaxe e a ficción. RESUMOS | Sección 15 [Lingüística, fonética, ecdótica, sintaxe, semántica] Moderador: Ernesto González Seoane Lugar de celebración: Sala Q23 A edición sinóptica: unha ferramenta metodolóxica para o estudo da variación lingüística aplicada á lírica profana galego-portuguesa Helena Bermúdez Sabel (Universidade de Santiago de Compostela) A edición sinóptica caracterízase por permitir o contraste de forma con forma, signo con signo, de todas as leccións da tradición textual obxecto da edición. O seu iniciador, Jean Roudil, acrecentaba a etiqueta de «experimental» a esta tipoloxía, querendo insistir, xa na propia nomenclatura, na diversidade de campos de estudo que esta edición permite. Dentro destas posibilidades de análise, cómpre que destaquemos o estudo da variación en todas as súas vertentes. Por unha banda, un estudo sistemático da variación gráfica permite facer análises encamiñadas cara á identificación das distintas mans que participan no proceso de copia, caracterizando as tradicións dos scriptoria e mesmo recoñecendo a orixe dos copistas. Por outra banda, as leccións equipolentes ou as diverxencias de tradición na transmisión dun texto fican claramente identificadas nunha edición sinóptica, convertendo esta nunha ferramenta que facilita os procesos de elaboración dunha edición crítica, concretamente a collatio codicum. Porén, aquí queremos destacar a funcionalidade da edición sinóptica experimental como a ferramenta metodolóxica máis axeitada para o estudo da variación lingüística propiamente dita. A estruturación da edición sinóptica deseñada por Roudil pode axeitarse, con maior ou menor éxito, á tradición xurídica obxecto do seu interese, mais consideramos que non se adecúa de 61 aplicala ao estudo da variación lingüística na lírica profana galego-portuguesa, ao tratarse de diferentes tradicións manuscritas, diferentes xéneros e, o que tal vez sexa máis determinante, diferentes obxectivos que motivan a edición. Así pois, queremos presentar aquí a nosa proposta de edición sinóptica que pretende suplir as carencias que detectamos na metodoloxía exposta por Roudil ao ampliar o seu uso. Mantendo o principio de Roudil de conservación da personalidade dos distintos manuscritos, a nosa proposta céntrase nunha identificación sistemática das variantes, utilizando marcas visuais que permitan categorizar a súa tipoloxía e acrecentando un aparato de notas rigoroso que determine a motivación da variación. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Románica pola USC (2011). Actualmente está realizando o 5º curso da Licenciatura en Filoloxía Portuguesa, estudos que compaxina co Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos (USC). Realiza tarefas de edición, corrección (galego, portugués) e tradución (inglés-galego) para a editorial Urco Editora desde 2010. Construcións biargumentais con caer en galego Xosé Soto Andión (Universidade de Vigo) Neste traballo propóñome estudar e analizar construcións biargumentais con caer como núcleo de predicado. Nel vou examinar unha diversidade de estruturas do galego en que participa este verbo, apañadas en textos de procedencia oral e escrita. O obxectivo é chegar a probar, tomando como base presupostos da teoría da construción e mais da semántica de casos, que as construcións nucleadas por este predicado non poden ser clasificadas unicamente como de acción e movemento, dado que tamén dan lugar a estruturas de proceso, estado, situación... Son daquela construcións cun predicado moi versátil, conmutable segundo o esquema de que se trate por outros predicados tan aparentemente distantes coma “atacar, desaparecer, baixar, coincidir, debilitarse, sentar, decatarse, situarse...”. Recoller, agrupar e analizar esta clase de construcións permitirá mostrar a variedade de contidos nelas existente (v.g. Entrar nun certo estado, cadrar, estar situado, colgar, ter determinada consideración de alguén...), o rendemento de certos esquemas e papeis semánticos (non sempre coincidentes cos tradicionais, como é o caso de situado, experimentante, portador de estado, produtor de efecto) así como a predominancia dunhas ou doutras funcións sintácticas e valores aspectuais. Alén disto, os datos expostos han contribuír a certificar a relevancia da interface léxico, semántica e sintaxe nos actuais estudos gramaticais e de lingüística así como a repensar algunhas das clasificacións semánticas (verbos de acción, de estado, de sentido,...) que agrupan os verbos en compartimentos non transversais tomando como base só o significado léxico ou o valor aspectual derivado do lexema verbal. 62 Biobibliografía Profesor titular da área de Filoloxía galega e portuguesa na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. As súas pescudas céntranse, sobre todo, na semántica e sintaxe da construción, na gramática e en menor medida na dialectoloxía e mais na sociolingüística. Realizou estadías de investigación na Universidade de Oxford e ten publicados ou aceptados para publicar traballos en revistas como, entre outras, Revista de Filología Románica, Revue Romane, Vox Romanica, Quaderni di Semantica, Zeitschrift für romanische Philologie, Modern Language Review, Neuphilologische Mitteilungen, La Linguistique, Bulletin of Hispanic Studies. Contribución ó estudo comparado do vocalismo tónico de catro linguas románicas: galego, castelán, francés e italiano Alba Aguete Cajiao (Universidade de Santiago de Compostela) O estudos sobre fonética acústica proliferan na actualidade, e con especial forza aqueles referidos ó estudo das vogais. Pese a todo, non son tan numerosos este tipo de estudos comparativos no ámbito románico. Porén, estes estudos comparativos son de grande interese para a didáctica de linguas, para a logopedia ou a foniatría —por exemplo para tratar pacientes bilingües que teñen maior destreza nunha lingua ca noutra—. Pero cremos que na actualidade a maior contribución dos estudos en fonética acústica comparada está en relación coas tecnoloxías da fala. Co estudo comparado do vocalismo podemos trazar patróns, de aplicación a diferentes sistemas de recoñecemento e síntese de voz, baseándonos nas semellanzas e diferenzas entre as linguas. O traballo que presentamos aquí é un pequeno estudo comparativo entre as vogais tónicas de diferentes linguas románicas: o galego, o castelán, o francés e o italiano. En primeiro lugar elaboramos un cuestionario que servise de base para as gravacións. Trátase dun corpus creado especificamente para este estudo, xa que buscabamos a realización das vogais nun contexto fonético ideal e cunha estrutura prosódica semellante para cada intervención, que non alterase os datos de duración e intensidade. Os informantes son homes con formación superior, de idade comprendida entre os 20 e 30 anos, falantes nativos de cada unha das linguas e coñecedores da finalidade do traballo no que estaban a participar. O obxectivo deste traballo é presentar unha pequena mostra comparada dos datos acústicos máis relevantes —estrutura formántica, duración e intensidade— das vogais tónicas desas catro linguas románicas, co fin de establecer unha comparación que mostre os puntos en que se asemellan e aqueles nos que diverxen. Biobibliografía Estudante do último ano de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Durante o curso académico 2011-2012 conta cunha Bolsa de Colaboración co Departamento de Filoloxía Galega da USC, traballando no ámbito da fonética acústica das linguas románicas baixo a dirección de Manuel González González. 63 Aspira a un futuro como investigadora no campo dos estudos lingüísticos das linguas románicas, con especial interese no campo da fonética e no galego. RESUMOS | Sección 16 [OBRADOIRO ROSALIANO] Novos estudos rosalianos: a vida, a obra e o tempo de Rosalía de Castro Moderador: Anxo Angueira Lugar de celebración: Sala C23 O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro María López Sandez (Universidade de Santiago de Compostela) Tense sinalado a miúdo a dimensión ensaística dos prólogos de Rosalía de Castro aos poemarios en galego e mesmo a súa condición de precursores do ensaísmo galego. Asemade, nos artigos xornalísticos e mesmo nas cartas que compoñen o seu epistolario, Rosalía verque reflexións e análises que se achegan tamén ao xénero ensaístico. Esta dimensión ensaística da obra de Rosalía concitou o interese crítico e é o aspecto central nalgún dos traballos recentes sobre Rosalía de Castro, como o libro gañador do premio Vicente Risco de ensaio O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de Pilar García Negro. A nosa intención é explorar a dimensión ensaística da produción ficcional en prosa de Rosalía. Como se fai palpable en ocasións desde os propios subtítulos ou outros elementos paratextuais, a miúdo as novelas de Rosalía gardan relación con outros subtextos, sitúanse nun espazo fronteirizo e tentativo. Notas ao pé, digresións, notas ou reflexións autoriais conforman un espazo que, desde a ficción, abre a porta ao terreo non ficcional da reflexión ensaística, se ben baixo a cobertura e protección do molde ficcional. É revelador que moitos elementos paratextuais cuestionen a tipoloxía dos seus propios textos: Flavio preséntase como un “ensayo de novela”, El caballero de las botas azules ou El primer loco como “cuento extraño”, Ruínas subtitúlase “desdichas de tres vidas ejemplares”. Nun contexto no que a escrita en si era aínda unha ousadía nunha muller, pero moito máis se esta se subtraía ao terreo da ficción literaria, Rosalía atopou na escrita, xa poética, xa novelística, a canle para inserir o seu pensamento, de xeito que o ensaio constitúe un poderoso subtexto da súa produción. Isto pretendemos explorar, concretamente no ámbito menos analizado ata o de agora da ficción narrativa. Biobibliografía Profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e profesora de Ensino Secundario. Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego (Cantares gallegos, Arredor de si e o ciclo textual de Tagen Ata). Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007 pola obra Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio; na que se analiza, entre outras cuestións, o tratamento que Rosalía dá á paisaxe e o funcionamento deste mecanismo descritivo desde unha perspectiva ideolóxica e identitaria. É autora de artigos e estudos sobre a obra de Rosalía de Castro como “Rosalía e a paisaxe galega”, en Rosalía 21, Vigo: Xerais, 2009. É membro do grupo de investigación Rosalía de Castro. 64 Rosalía de Castro entre os retratos da familia Tobío Marga Romero Lorenzo (IES San Paio de Tui | Universidade da Coruña) Con este relatorio entraremos na polémica actual que cuestiona a identidade atribuída ao pai de Rosalía de Castro desde os estudos de Carballo Calero e das relacións familiares de Lois Tobío coa familia paterna da autora, aceptada pola maioría da crítica, discutida actualmente por autores como Méndez Ferrín en artigos de prensa ou J. A. Durán como guionista do documental Rosalía de Castro: sombras sen sombra. No centro do noso relatorio centrarémonos na presenza de Rosalía de Castro entre os retratos da familia Tobío, como filla de José Martínez Viojo, e na existencia da correspondencia entre Rosalía de Castro e o pai de Lois Tobío, Lois Tobío Campos. Palabras chave: estudos rosalianos, Rosalía de Castro, Lois Tobío, biografía, filiación paterna de Rosalía de Castro, Méndez Ferrín. Biobibliografía Marga Romero Lorenzo (Vigo, 1964). Profesora. Escritora.Tradutora. Profesora de Lingua e Literatura Galegas no Instituto de Ensino Medio San Paio de Tui. A súa investigación actual céntrase na elaboración de tese de doutoramento (Universidade da Coruña) sobre Lois Tobío. Froito do seu labor investigador son os libros sobre Otero Pedrayo, — unha guía de lectura sobre Os camiños da vida —, Entrevistas con Rafael Dieste (Compilación, notas e versión en galego), Dieste na aula ou a biografía Lorenzo Varela e diversos artigos ou conferencias sobre a literatura de Mulleres e relacións entre a cultura galega e alemá. Rosalía dende as novas tendencias críticas: unha ollada a súa obra dende a transculturalidade e os estudos de masculinidades Begoña Regueiro Salgado (Universidade de Santiago de Compostela) A relevancia da figura de Rosalía de Castro e a calidade e riqueza dos seus textos son os causantes de que varias tendencias críticas estudasen a autora dende distintas perspectivas: poesía rexionalista, existencialista, social, feminista, etc. Novos tempos traen novas tendencias e un mundo que avanza e cambia fainos revisar as nosas conviccións e os nosos puntos de vista. Nos últimos tempos, a construción dun mundo global motivou a emerxencia de estudios interliterarios e transliterarios. Así mesmo, cambios na organización social e na distribución dos papeis desenvolvidos por cada sexo, fixo que emerxesen os estudios de masculinidades para reflectir cómo o xénero é un constructo cultural. Son novos xeitos de mirar o mundo e a literatura que nos fan mirar de novo tamén a obra das grande figuras literarias. Así, se estudamos os textos de Rosalía dende esta nova óptica, poderemos comprobar a presenza de elementos transculturais que fan que a galeguidade de Rosalía non só apareza nos textos máis enxebres, senón que se filtre tamén nos textos escritos en castelán e ambientados fóra de Galicia, sendo así un claro exemplo de transliterariedade. Do mesmo xeito, se xunto coas heroínas, botamos unha ollada os heroes, poderemos ver que a construción de personaxes femininos da entidade de Mara non só modifican o modelo de muller, senón que ofrecen outro modelo de home e outra forma de relación entre os sexos. Deste xeito, o 65 que pretendo facer con este traballo é unha aproximación a obra de Rosalía dende a óptica das novas tendencias críticas do século XXI. A obra dos autores universais precisa ser observada dende todos os prismas, porque cada día ofrece novas luces, e por suposto, Rosalía é un deles. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidad Complutense de Madrid coas especialidades de Literatura Española e Literatura Española do S. XX, e co título de profundización en Lingua e Literatura Galegas. Doutora en Literatura Española, con mención europea, pola Universidade Complutense de Madrid, coa tese de doutoramento La Poética del Segundo Romanticismo español. Profesora axudante doutora no departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid. É membro dos Grupos de Investigación UCM “Temas y Géneros de la Literatura Española en la Edad de Plata” y “LEETHI”, e da Acción NEWW- COST (IS0901 “Women Writers in History”) para o estudo da recepción da literatura feminina en Europa. Publicou varios artigos e estudos centrados, sobre todo, en diferentes aspectos do Grupo do Segundo Romanticismo español, a poesía española contemporánea e a literatura galega actual. Coeditora de Lo real imaginado, soñado, creado. Realidad y literatura en las letras hispánicas (2009) e autora de La poética del Segundo Romanticismo, Madrid, FUE, 2010. Ademais, codirixe, dende 2000, a Revista de Creación Literaria Otras Palabras e é membro do Grupo Bilbao de poesía de expresión galega en Madrid. 17:00 – 18:20 Paneis e relatorios en sesións paralelas E (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 17. Onomástica, toponimia, lingüística histórica] Moderadoras: Ana Isabel Boullón Agrelo e Luz Méndez Lugar de celebración: Sala Q21 66 1. A multidisciplinaridade na onomástica | Ana Isabel Boullón Agrelo (Universidade de Santiago de Compostela) 2. Evolución do nome persoal en Galicia. Recuperación da onomástica autóctona e últimas tendencias | Luz Méndez (Asociación Galega de Onomástica) 3. Semantic Remnants of Proto-Celtic in Galician Landscape Vocabulary | Reuben M. Closson (Regis University) [Sección 18. OBRADOIRO ROSALIANO] A internacionalización dos estudos rosalianos Moderadora: Helena Miguélez-Carballeira Lugar de celebración: Sala C23 1. Dúas literatura do XIX: María Susanna Cummins e Rosalía de Castro | Kathleen March (University of Maine) 2. Xénero e nación nas traducións ao inglés de Rosalía de Castro: claves para unha (re)lectura feminista | Olga Castro (Aston University) 3. Internacionalização dos estudos rosalianos: Rosalía de Castro no Brasil | Marleine Paula Marcondes e Ferreira de Toledo (Universidade de São Paulo) [Sección 19. Lingüística, lexicografía, lingüística de corpus, TLPGP, dialectoloxía] O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, aspectos metodolóxicos e aplicacións Moderador: Ernesto González Seoane (coord.) Lugar de celebración: Sala Q23 1. Aspectos metodolóxicos do deseño e elaboración do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués | Ernesto González Seoane (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) 2. O Tesouro do léxico patrimonial e a súa contribución á lexicografía e á dialectoloxía galegas | Rosa Mouzo Villar (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) 3. O Tesouro do léxico patrimonial no marco do espazo lingüístico galego-portugués (PE e PB) | Marta Negro Romero (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) 67 [Sección 20. Historia, Guerra civil, anarquismo, fascismo, Falange, literatura, narrativa] 1. Anarcho Syndicalist Infiltration of the Galician Falange during the Spanish Civil War. The Case of the North Atlantic Coast Around Valdoviño | Álvaro Jaspe (Ollscoil Uladh | University of Ulster) 2. San Simón: da Illa da Memoria á Illa do Pensamento | John Patrick Thompson (Montana State University) Moderadora: Paula Portas Perez Lugar de celebración: Sala L02 3. Na Galiza, as letras con sangue entran: novela histórica e novela negra na actualidade | Kathleen March (University of Maine) RESUMOS | Sección 17 [Onomástica, toponimia, lingüística histórica] Moderadoras: Ana Boullón e Luz Méndez Lugar de celebración: Sala Q21 A multidisciplinaridade na onomástica Ana Isabel Boullón Agrelo (Universidade de Santiago de Compostela) A onomástica é unha disciplina necesariamente multidisciplinar. A través da antroponimia e da toponimia galegas, podemos ver abondas mostras, non só sobre as materiais estritamente lingüísticas ou sociais. Por exemplo, os apelidos teñen servido para axuda en estudos de base xenética, e determinados topónimos informan sobre a composición xeolóxica do chan (Lousa/Laxe-Laxa) ou sobre xacementos arqueolóxicos (Arca, Mama). Ademais, son privilexiadas testemuñas dos movementos históricos: exemplifican movementos de repoboación medievais (os topónimos Cumbraos, Toldaos, o apelido Franco e o topónimo Francos), ou migracións selectivas máis recentes (como os cataláns a finais do XVIII e principios do XIX). Os nomes propios tamén son indicadores sociolóxicos, porque determinados grupos sociais tenden a escoller determinados nomes; en Galicia o proceso de castelanización ten un reflexo moi preciso nos conxunto dos apelidos e máis dramático no dos nomes propios. E, desde logo, desde o punto de vista lingüístico, entre outros aspectos dános información complementaria da variación dialectal, tanto no que se refire á fonética (o seseo implosivo nos topónimos e apelidos rematados en -z/-s), como ó léxico (os apelidos Raposo/Golpe) ou á morfoloxía (os apelidos Louzán/Louzao, os topónimos Fontán/Fontao, etc.). En definitiva, para o estudo da onomástica é imprescindible ter en conta outras disciplinas, da mesma maneira tamén ela pode render información moi valiosa en campos de estudo moi variados. Biobibliografía Profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega, traballa sobre todo no ámbito da antroponimia, da lexicografía e da 68 edición de textos. Ten participado na elaboración de dicionarios, en congresos internacionais e publicado en volumes colectivos e en revistas de investigación. Tamén formou parte do comité organizador e científico de varios congresos e simposios, editou volumes académicos de homenaxe e de actas de congresos e conta con experiencia no ámbito da tradución. É membro correspondente da Real Academia Galega, de varias asociacións científicas e ten vinculación con revistas académicas. Evolución do nome persoal en Galicia. Recuperación da onomástica autóctona e últimas tendencias Luz Méndez (Asociación Galega de Onomástica) Os estudos sobre os nome persoais, enmarcados dentro da Onomástica, son escasos en Galicia fronte, por exemplo, ós estudos toponímicos, moi frutíferos nos últimos anos e que mesmo sitúan a onomástica galega no panorama internacional. A historia da nosa lingua, chea de avatares, non se pode desligar da historia dos nosos nomes propios de persoa, recluídos durante séculos na intimidade do fogar ou do pequeno espazo físico en que a maioría da poboación vivía. A oficialidade que se lle negou ó nome autóctono (e tamén ao apelido), témola hoxe recuperada pero o rescate do noso acervo onomástico, talvez ferido de morte, é lento. Con este traballo preténdese obter unha imaxe da evolución na escolla dos nomes de nenos e nenas nas últimas dúas décadas en Galicia a partir dos nomes dos socios dun coñecido club infantil televisivo. O estudo, dalgunha maneira, é a continuación doutro feito no ano 2001 tamén con datos de socios dese club. Nel veremos se é posible concluír en que medida os anos de traballo a prol da normalización da lingua teñen axudado en algo á recuperación da onomástica persoal autóctona; analizarase ademais se houbo algún cambio de tendencia na sociedade galega á hora de seleccionar os nomes das novas xeracións e compararase a actual con tendencias anteriores ao longo da historia da lingua. Cun corpus de arredor de 35.000 persoas, intentaremos tamén describir outros aspectos actuais relativos á escolla de nome de pía tales como a motivación, o gusto polo nome único, a comparación das modas galegas coas doutras partes de España, etc. Biobibliografía Naceu en Ventosa (Agolada). É licenciada en Filoloxía Hispánica (subsección GalegoPortugués) pola universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseira e axudante colaboradora en proxectos de investigación no seo do Instituto da Lingua Galega e actualmente é colaboradora externa deste Instituto. No eido profesional, impartiu docencia como profesora asociada da Universidade de Vigo de 1998 a 2005. Ademais traballa desde 1989 como Asesora Lingüística da Televisión de Galicia. Alí dirixiu o programa divulgativo sobre lingua Cazador de Palabras e coordinou o proxecto Atlas Mundial Galego Online. 69 Desde 1993 é vocal de libre designación da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia. Como membro da devandita Comisión colaborou na elaboración dos Nomenclátores publicados pola Xunta de Galicia e no Proxecto Toponimia de Galicia. É socia fundadora da Asociación Galega de Onomástica (AGOn) e foi a súa presidenta no período 2003-2006. Ademais forma parte do consello editorial da Biblioteca Galega de Onomástica desta asociación. É membro tamén do International Council of Onomastic Sciences (ICOS) No terreo da Onomástica desenvolve o seu labor investigador e sobre este tema versan a maioría dos seus artigos, en concreto, sobre toponimia de Galicia. No ano 2000 publicou a obra de divulgación ¿Por que se chama así este sitio? (O significado dos nosos nomes de lugar). Semantic Remnants of Proto-Celtic in Galician Landscape Vocabulary Reuben M. Closson (Regis University) Through a perusal of landscape- and geography-related lexicons of Proto-Celtic, Latin, Galician and modern Celtic languages, the author intends to establish the existence of Proto-Celtic semantic remnants within contemporary Galician. The Onomástica galega houses much evidence to support the notion that a Celtic language—Celtiberian—is a substrate to modern Galician (Kremer ed., 2009). Etymologically speaking, a close relationship is difficult to establish. However, it can be noted semantic differences that distinguish between glosses in contemporary Galician landscape lexicon differ from the distinctions found in Latin of similar terms. For example, while the semantic difference among the approximate Latin glosses for “field” (i.e. campus, ager, pascuus, arvum, etc.) lies in their utility, the denotative entries of the Galician terms eira, eido and, eixido in the Diccionario Xerais da Lingua all emphasize the proximity of said field to their owner’s home. Meanwhile, a veiga is also ample and fertile ground, but near a river. A bouza is a poula on top of a hill or mountain. This concept of naming a geographic marker based on surroundings as much as on utility and characteristics of that land itself is limited to examples like valle and pratus in Latin. The prevalence of this semantic marker in Galician signals influence from outside of the Latin superstrate. The results of this study can assist in understanding the evolution of the Galician language and the effects of a substrate on an imperializing force’s imposed language. Biobibliografía Reuben M. Closson is an American undergraduate who was first intrigued by language diversity while listening to his grandfather speak Spanish growing up. He was inspired by great Spanish teachers to pursue fluency as a real goal, but soon realized that fluency was only attainable by immersion. He signed up for a high school sojourn to Argentina, which he followed up with a Study Abroad experience to Salvador, Brazil in college. Both experiences brought him into close contact with the Galician population in South America. He quickly learned that Galician language and culture was intimately connected to its Celtic roots. 70 RESUMOS | Sección 18 [OBRADOIRO ROSALIANO] A internacionalización dos estudos rosalianos Moderadores: Helena Miguélez-Carballeira Lugar de celebración: Sala C23 Dúas literatura do XIX: María Susanna Cummins e Rosalía de Castro Kathleen March (University of Maine) Maria Susanna Cummins (1826-1866), nada en Salem, Massachusetts. Foi autora de: The Lamplighter (1854), Mabel Vaughn (1857), Haunted Hearts (1864), El Fureidis (1860), A Talk About Guides (1864), Around Mull (1865). A primeira novela foi publicada cando Cummins tiña 26 anos e vendéronse 20.000 exemplares en 20 días, e dúas veces esa cantidade en dous meses. Foi traducida a seis idiomas e foi, dende logo, un dos bestsellers máis importantes nos Estados Unidos (xunto con Susan Warner, Wide, Wide World e Harriet Beecher Stowe, Uncle Tom's Cabin). Algúns críticos, entre eles Nathaniel Hawthorne, rexeitaban o aparente sentimentalismo. A comezos do século XX, as novelas de Cummins xa non eran tan coñecidas, até a publicación por Tauchnitz Library de tres títulos en 1948. Hoxe en día crese que as obras de Cummins retrataban as condicións de vida dos grupos marxinais, social e economicamente, e que non lles faltaban ideais como o da autonomía. Na súa primeira novela, La hija del mar (1859), Rosalía de Castro inclúe un epígrafe en francés de The Lamplighter de Maria Susanna Cummins. No posíbel, tentaremos ver de que maneira(s) ambas as dúas escritoras coinciden, e especialmente, que aspectos desa novela levarían a Rosalía a empregar un epígrafe da norteamericana. Dende unha perspectiva ampla, veremos que escritoras estranxeiras podían ser lidas na Galiza/España en vida de Rosalía, en versión orixinal ou quizais en tradución. Nunha palabra, cal sería o verdadeiro círculo de literatas da escritora galega —tendo en conta que se lle relacionaba intimamente co campo galego moito máis que coa literatura internacional. Xénero e nación nas traducións ao inglés de Rosalía de Castro: claves para unha (re)lectura feminista Olga Castro (Aston University) Unha constante ao longo da historia é o silencio ao que o canon patriarcal someteu tradicionalmente á literatura de autoras. Lonxe disto, a literatura galega ten xustamente nunha autora, Rosalía de Castro (1837-1885), un dos mitos fundacionais. Desde xa antes da instauración do 17 de maio como Día das Letras Galegas en 1963, a ‘canonización’ de Rosalía de Castro debeuse principalmente ao seu discurso combativo no plano nacional, e as xerarquías literarias do momento presentaron a autora como muller sufridora e resignada, como ‘poetisa’ costumista, como santiña e chorona. Nas últimas décadas, porén, publicáronse ducias de traballos e investigacións que ofrecen unha relectura da produción literaria da autora en clave feminista, desvelando a existencia dunha Rosalía de Castro poliédrica, plural e moi rica que conxuga a súa conciencia nacional cunha perspicaz conciencia de xénero para identificar a discriminación que 71 sufrían as mulleres da súa contorna, o que sen dúbida converte á autora galega en toda unhapioneira do feminismo literario occidental. A partir da (re)lectura feminista que achegan estes traballos, e tendo en conta que Rosalía de Castro é unha das figuras autoriais galegas máis traducidas a máis idiomas, neste relatorio examinarei as traducións de Rosalía de Castro ao inglés publicadas entre 1909 e 2010 para avaliar até que punto estas traducións reflicten (ou non) a dobre conciencia de xénero e nacional da autora, co propósito de determinar en que medida estas traducións ao inglés contribúen a difundir (ou obstaculizar) a mensaxe nacional e/ou feminista rosaliana. A este respecto, outorgareille especial relevancia ás traducións a inglés dos ensaios Daughter of the Sea (1995), Lieders (1996) e Bluestockings (1997) realizadas por Kathleen March, en comparación coas traducións máis recentes destes textos publicadas no recompilatorio The Poetry and Prose of Rosalía de Castro (2010), en edición e tradución de John Dever e Aileen Dever. Biobibliografía Profesora titular de Estudos de Tradución na Aston University, en Birmingham. Logo de licenciarse en Xornalismo (USC) e en Tradución (UVigo), doutorouse pola Universidade de Vigo cunha tese sobre as intervencións feministas na tradutoloxía galega, coa que obtivo mención europea e premio extraordinario de doutoramento. En 2012 publicarase a monografía Feminismos (Xerais, 2011) da que é coautora. É vicepresidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade e secretaria da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Máis información: http://www1.aston.ac.uk/lss/staff/castroo Internacionalização dos estudos rosalianos: Rosalía de Castro no Brasil Marleine Paula Marcondes e Ferreira de Toledo (Universidade de São Paulo) Neste momento de agitada globalização, com a Rede Mundial de Computadores facilitando o intercâmbio entre pesquisadores de todo o planeta, a internacionalização de instituições de ensino e de atividades científicas dos pesquisadores tornou-se prática obrigatória. É dentro desse contexto que se pretende conduzir esta comunicação, com a finalidade de mostrar que a grande poeta de Galiza tem angariado expressiva recepção no Brasil, como atesta, por exemplo, a obra Rosalía de Castro — Poesia, seleção e versão do galego e do espanhol por Ecléa Bosi, que a editora Brasiliense, São Paulo, Brasil, publicou em 1966 e republicou em 1987. A tradução é bem cuidada e a seleção dos poemas de bom gosto. Notas de rodapé, semânticas, filológicas e literárias, completam o trabalho de Ecléa Bosi. Ler Rosalía, a partir dessa seleta, é recuperar as raízes do lirismo popular, simples e espontâneo, que impregnou a alma galega e portuguesa e veio como herança para os brasileiros; é voltar às origens. De outro lado, o trabalho busca evidenciar que inúmeros são os artigos, ensaios, monografias e dissertações, vários deles hospedados na Internet, de professores universitários e ensaístas brasileiros que estudam a obra da grande escritora de Galiza e trocam saberes com estudiosos de diversas partes do mundo. Biobibliografía Graduada em Letras e Direito pela Universidade de São Paulo (USP). Professora da Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas da Universidade de São Paulo (USP), onde se doutorou com a tese “A sátira medieval galego-portuguesa: o sirventês moral”, e da Escola Superior de 72 Propaganda e Marketing (ESPM). Tem trabalhado na graduação e pós-graduação. Professora convidada e visitante de universidades de Portugal, Espanha, França, China, Panamá, Peru. Autora de várias obras publicadas no Brasil e no exterior, como, por exemplo, A voz das águas, O ato de redigir, Cultura Brasileira, Entre olhares e vozes, Milton Hatoum: itinerário para um certo relato, Olga Savary: erotismo e paixão. Tem colaborado, ao longo dos anos, em jornais e revistas especializadas. Avaliadora e supervisora do Ministério da Educação do Brasil. RESUMOS | Sección 19 [Lingüística, lexicografía, lingüística de corpus, TLPGP, dialectoloxía] O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués, aspectos metodolóxicos e aplicacións Moderador: Ernesto González Seoane (coord.) Lugar de celebración: Sala Q23 Ernesto González Seoane (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) “Aspectos metodolóxicos do deseño e elaboración do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués” O obxectivo prioritario do TLPGP é ofrecer unha ferramenta de consulta de libre acceso a través de internet que permita localizar de maneira áxil e inmediata toda a información existente nas fontes e materiais compilados acerca dunha determinada entidade léxica e, ao tempo, xerar de maneira automática unha representación cartográfica da súa distribución territorial. O procesamento das obras compiladas realizouse procurando conciliar, por unha banda, o necesario respecto á literalidade do texto orixinal e, por outra, a vontade de habilitar ferramentas de consulta que permitisen superar as limitacións derivadas da enorme complexidade e heteroxeneidade interna do corpus. En efecto, mesmo cinguíndonos exclusivamente ás obras que se presentan en forma de glosario ou de vocabulario, en aparencia as máis sinxelas e regulares, é doado detectar numerosas fontes de complexidade. Sen pretensións de sermos exhaustivos, entre as máis evidentes cabe mencionar a pluralidade de linguas ou variedades normativas empregadas na construción dos lemarios, a adopción de criterios ou procedementos diferentes á hora de representar graficamente certos fenómenos ou procesos fonéticos (rotacismo, gheada, seseo, etc.), as notorias diferenzas na estrutura tanto das obras como dos artigos lexicográficos, a diversidade dos criterios de lematización manexados por cada autor, os diferentes sistemas de clasificación semántica das voces compiladas, etc. A comunicación proposta pretende dar conta da estratexia adoptada para posibilitar a integración dun corpus tan marcadamente diverso nunha plataforma única, así como da metodoloxía seguida no deseño da base de datos e na elaboración dos criterios de lematización e de clasificación semántica do léxico compilado. Biobibliografía Catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Desde o inicio da súa traxectoria investigadora a súa actividade está centrada nos ámbitos da lexicografía e da estandarización do galego moderno. Entre os seus traballos cabe citar A estandarización do léxico (2003), en colaboración con María Álvarez de la 73 Granja, Dicionario de dicionarios do galego medieval (2006), en colaboración con María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo, e A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas (2008), en colaboración con Antón Santamarina e Xavier Varela Barreiro. Entre 2004 e 2012 foi decano da Facultade de Filoloxía da USC. É un dos integrantes do equipo de investigación responsable do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. Rosa Mouzo Villar (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) “O Tesouro do léxico patrimonial e a súa contribución á lexicografía e á dialectoloxía galegas” Consideramos que a culminación e posta a disposición da comunidade científica do TLPGP constituirá sen dúbida unha valiosa contribución para o desenvolvemento da lexicografía e da dialectoloxía galegas. Neste sentido, debe terse en conta que, segundo queda dito, unha boa parte dos materiais compilados proceden de traballos de investigación que nunca chegaron a ver a luz en letra impresa ou que, en todo caso, tiveron unha difusión moi limitada. Mesmo así, algúns deles foron empregados, case sempre de forma parcial ou pouco sistemática e a miúdo a través de obras intermediarias, como fontes para a elaboración de dicionarios xerais. Esta comunicación ofrecerá diversas mostras dos posibles aproveitamentos do TLPGP para completar ou matizar a información fornecida polos dicionarios actuais (por exemplo, para corrixir ausencias de voces ou de acepcións), así como para depurar erros debidos a malas interpretacións das fontes orixinais ou a problemas na transmisión da información. Por outra banda, o TLPGP, ao incluír unicamente léxico con referenciación xeográfica precisa, constitúe un instrumento complementario das obras de referencia básica para a dialectoloxía galega, como son o Atlas Lingüístico Galego e o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. Neste traballo trataremos de ofrecer algunhas mostras de como o TLPGP pode contribuír a precisar, confirmar ou mesmo a corrixir as informacións de que dispoñemos ata o agora acerca da distribución territorial de determinadas solucións, así como sobre procesos de cambio e substitución. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Galega (2007) pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 2006 e 2011 foi bolseira do Instituto da Lingua Galega, onde na actualidade traballa como investigadora contratada. Desde o ano 2006 colabora nos proxectos Elaboración dos materiais do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica e Atlas Lingüístico Galego. Desde o ano 2010 participa tamén no proxecto Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. A súa actividade investigadora está ligada á xeografía lingüística. Realizou varios estudos sobre variación lingüística (léxico e sintaxe) e na actualidade está a traballar na súa tese de doutoramento sobre o tema Familia, relacións sociais e indumentaria no ALPI: análise lexical e variacional. Marta Negro Romero (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) “O Tesouro do léxico patrimonial no marco do espazo lingüístico galego-portugués (PE e PB)” Entendemos que outra das posibles liñas de explotación do TLPGP deriva da súa concepción como instrumento que trata de maneira conxunta e integrada os datos léxicos procedentes das variedades populares galegas, portuguesas e brasileiras. Resulta evidente que esta concepción, ao permitir presentar conxuntamente a distribución de cada variante ou elemento léxico dentro do 74 complexo lingüístico galego-portugués-brasileiro, convérteo nun instrumento privilexiado para a abordaxe de estudos de carácter contrastivo ou centrados na análise dos procesos de variación e mudanza que teñen lugar dentro da área. De maneira particular, consideramos que esta presentación pode permitirnos ademais evidenciar a existencia de “descontinuidades” na distribución territorial actual de determinadas solucións e, deste xeito, deitar luz sobre os procesos de emerxencia, propagación, mudanza e decadencia que tiveron e teñen lugar no interior deste complexo lingüístico. Nesta liña cobra especial importancia a expansión areal de formas léxicas e variantes morfemáticas, non só reavaliando o papel da fronteira no espazo constitutivo, senón analizando a difusión no vasto e complexo espazo brasileiro, onde son usuais voces que hoxe, no contexto das variedades europeas, pasan por caracteristicamente galegas. A nosa comunicación terá como obxectivo ilustrar as vías de explotación mencionadas. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Galega (2002) pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde decembro do 2002 ata outubro do 2004 foi bolseira de colaboración no proxecto Atlas Lingüístico Galego desenvolvido no ILG. Entre outubro de 2004 e setembro de 2008 foi docente de español e colaboradora da Cátedra de Estudos Galegos da Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa. Entre febreiro do 2009 e xuño do 2010 traballou como investigadora contratada en diversos proxectos do ILG relacionados coa xeografía lingüística. No ano 2009 obtivo o DEA. Desde xullo do 2010 ata a actualidade goza dun contrato predoutoral da USC para o desenvolvemento da súa tese de doutoramento. Membro do equipo investigador do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. RESUMOS | Sección 20 [Historia, Guerra civil, anarquismo, fascismo, Falange, literatura, narrativa] Moderadora: Paula Portas Pérez Lugar de celebración: Sala L02 Anarcho Syndicalist Infiltration of the Galician Falange during the Spanish Civil War. The Case of the North Atlantic Coast Around Valdoviño Álvaro Jaspe (Ollscoil Uladh | University of Ulster) This paper will consist of three principal sections. It will begin by giving an overview of the coordinated and well organised CNT/FAI membership that existed along the Rias Altas of Coruña, to the north of Ferrol, focussing specifically around the Valdoviño district. It will then examine the impact of the rebel insurgent uprising on the syndicalist organisations and local communities in this part of Galicia, as well as the military authorities attempts to corral and repress these into the newly created national syndicalist organisations. Particular attention will be given to the maritime communities and affiliated professions along this coast and how, given their strength in numbers, they were able to adapt and survive in the new political reality, much to the chagrin and frustration of the new rebel authorities. As well as noting the difficulties and differences among these artificial Falange groupings from the very outset in an openly hostile environment, the main focus of the paper will set out to describe how subsequent 75 anarchist infiltrations of these new groupings became so successful and widespread, that the military insurgents were obliged to carry out extensive investigations and infiltrate the newly created fascistic civilian branches of the newly created Falange unions of the so called New Spain. Whilst some attention will be paid to the already existing antagonisms between Falange and Army in Galicia, the paper proposes to provide further evidence of the serious unrest within the Galician rearguard in the first year of the war and the measures to which the new regional and Nationalist authorities were forced to act, echoing the recent work published on this phenomenon of resistance as well as repression and surveillance of the maritime communities of Galicia. Biobibliografía Alvaro Jaspe, is Head of Spanish at the University of Ulster. A former Vicente Cañada Blanch Junior Fellow at the University of London, under Professor Paul Preston, he has published articles on Galicia in the Spanish Civil War, as well as the development of the diplomatic relationship between Spain and Ireland in the twentieth century. He has also published pedagogical texts for Spanish. San Simón: da Illa da Memoria á Illa do Pensamento John Patrick Thompson (Montana State University) A historia máis recente do arquipélago de San Simón e San Antón —máis coñecido como a Illa de San Simón— é o enfoque deste relatorio. Ao ser un campo de concentración polo que pasaron sobre seis mil persoas desde o principo da guerra civil ata 1943, San Simón é un dos lugares de memoria en Galiza que máis condensan o trauma causado polo fascismo. Por iso foron tan polémicas as obras do arquitecto César Portela quen, entre 1998 e 2005, levou a cabo unha transformación tanto dos edificios (especialmente os interiores) como do propio espazo das illas. Non en van protestaron os ex presos e as asociacións de memoria cando viron como a illa se convertera nunha atracción turística cun hotel de semiluxo e baños dedicados á talasoterapia. Na primeria parte do relatorio mostraranse fotos da illa embelecida, reflexionarase sobre as dificultades que supón esta mudanza cosmética para a transmisión da memoria traumática e farase un breve comentario sobre os textos que publicou Portela en Illas de San Simón e San Antonio: A recuperación dun sitio histórico, que trivializan a memoria traumática da época fascista. Despois, o relator falará da reorientación ideolóxica da illa que levou a cabo a Consellaría de Cultura e Deporte durante o bipartito. En San Simón inaugurouse O Ano da Memoria e instalouse unha exposición permanente, comisariada por Antón Caaeiro, que contou a historia do campo desde a óptica das vítimas. A illa foi declarada A Illa da Memoria e serviu como epicentro das actividades memorialísticas que a consellaría realizou entre 2005 e 2009. Cando volveu ao poder o Partido Popular de Galicia, unha das súas primeiras accións foi quitar a exposición de Caaeiro e “rebautizar” San Simón A Illa do Pensamento. O relator comentará, na última parte da súa intervención, algúns dos riscos desta nova orientación reaccionaria cara á memoria histórica que segue até o presente. Biobibliografía Licenciouse en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Compostela, doutorouse pola Universidade de Michigan en Ann Arbor e desde 2003 traballa na Universidade do Estado de 76 Montana en Bozeman (EUA) onde é profesor titular. Especializouse primeiro na ficción narrativa que representa o trauma causado polo fascismo en Galiza. Publicou artigos en inglés que afondan nesta temática e o seu libro, As novelas da memoria: trauma e representación da historia na Galiza contemporánea (Galaxia 2009), foi a culminación desta liña de traballo. Agora está a escribir outro libro sobre os monumentos conmemorativos que lembran as vítimas do réxime franquista en Galiza. Mergullouse tamén na sociolingüística a través da súa análise do conflito normativo publicada en Contemporary Galician Studies: Between the Local and the Global (MLA 2011). Na Galiza, as letras con sangue entran: novela histórica e novela negra na actualidade Kathleen March (University of Maine) Na novela galega contemporánea, coinciden dous xéneros que a miúdo empregan a violencia, o sangue: a novela da guerra civil e a novela negra. A primeira vista, ambas as dúas modalidades semellan ter intereses diverxentes, mais unha ollada ampla pode levarnos a preguntar por que a morte con sangue vai xunguida á literatura premiada e moi lida na Galiza? Este estudo ten en conta unhas obras representativas, sen tentar abranguer todos os títulos posibeis. O obxectivo é comparar dous xeitos de analizar —e de fundar ou imaxinar— unha identidade política galega. Por unha banda, o emprego da lingua sempre é unha maneira de 'facer patria', mais por outra, un tema histórico como a guerra de 1936-39, moitas veces relacionados acontecementos co mundo rural, non tería tanta relación coa paraliteratura ou a literatura popular do mundo urbano dos detectives. A lectura detida de Pensa nao e As rulas de Bakunin (sen esquecermos outras moitas novelas que teñen como eixo a guerra) vai ser comparada coa lectura de novelas como as de Miguel Anxo Fernández (Un nicho para Marilyn, Lume de cobiza) e Meu pai vaite matar. Teorizamos que a novela negra en galego non pode ter a mesma función das novelas e programas da tele do crime no mundo anglosaxón, por exemplo, porque se en inglés é un xénero que apoia e promove o imperio e fomenta a idea de seguridade nos lectores, en galego non deixa de estar presente a relación ideolóxica lingua/mundo rural. A comparación dunha pequena escolma de novelas recentes será base para un estudo máis amplo da relación literatura~nacionalismo (ou, ficción~realidade) que non está do todo resolta na Galiza. 18:20 – 18:30 Pausa 18:30 – 19:40 Asemblea de socios e socias da AIEG 20:30 Cea oficial do X Congreso da AIEG (The Parc Hotel) Menú degustación, The Parc Hotel (Park Place) 77 Venres, 14 de setembro 9:00 – 10:50 Paneis e relatorios en sesions paralelas F (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 21. OBRADOIRO ROSALIANO] 1. Edición e hermenéutica da Rosalía poeta | Anxo Angueira (Universidade de Vigo) 2. “Vidal o sin ventura”. Poesía, gastronomía e denuncia | Isaac Xubín (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) Novas achegas ao estudo da poesía Moderadora: María Xesús Lama Lugar de celebración: Sala C23 3. Rosalía e Seoane dúas voces desde o exilio: o problema da recepción, a figura do emigrante e a visión da muller | Ana Garrido González (Lectora do CEG da Uniwersytet Warszawski) 4. Liberdade expresiva e ética da tradución. Rosalía de Castro traduce a Ventura Ruiz Aguilera | María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela) 1. A construción do discurso acerca das linguas do estado español. Análise de artigos sobre a lingua galega presentes na prensa escrita estatal durante a “era Aznar” (1996-2004) | Paula Bouzas (Georg-August-Universität [Sección 22. Medios de comunicación, opinión Göttingen) pública, imaxinarios, representación discursiva, 2. Rituais conversacionais na televisión. comunicación non verbal, quinésica, TV] Propostas para un estudo contrastivo nos espazos A Revista (TVG) e Divendres (TV3) | Sonia Varela Pombo (Universitat Autònoma de Barcelona) Moderador: Xose Luís Regueira Lugar de celebración: Sala E48 78 3. Aspectos da comunicación non verbal en Galiza e no arco atlántico | Aitor Rivas (Investigador independente) 4. Prostitución e medios de comunicación en Galiza: unha achega á representación discursiva dos anuncios de sexo de pago | Olga Castro (Aston University) , Ana Belén Puñal Rama (Universidade de Santiago de Compostela) & Iván Cuevas (Observatorio Galego dos Medios do Colexio de Xornalistas de Galicia) [Sección 23. Relacións interliterarias, alteridade, tradución, identidade, Galicia-Portugal, GaliciaCataluña, teatro, Castelao, Carolina Michaëlis, grupo Nós] 1. Carolina Michaëlis de Vasconcelos e os estudos galegos: libros e cartas | Alexia Dotras Bravo (Escola Superior de Educação do I.P. De Bragança | Universidade de Coimbra) 2. O goberno portugués contra Castelao: a aventura galega do CITAC | Antonio Iglesias Mira (Centro de Investigação em Artes e Comunicação, CIAC) Moderadora: María García Liñeira Lugar de celebración: Sala Q21 3. Lois Tobío fronte a Luís Tobío: razóns para traducir | Marga Romero Lorenzo (IES San Paio de Tui | Universidade da Coruña) 4. Estvdio (1913-1920): recepción de la literatura gallega en una revista catalana de expresión castellana | María Victoria Navas Sánchez-Élez & Juan M. Ribera Llopis (Universidad Complutense de Madrid) 1. As coordenadas políticas da elección da lingua de comunicación da Igrexa católica en Galicia e Casubia | Maria Boguszewicz (Uniwersytet [Sección 24. Sociolingüística, política lingüística Warszawski) comparada, galego exterior, relixión, paisaxe 2. A paisaxe lingüística de Santiago de lingüística] Compostela | Matthew P. Wellings (Universidade de Vigo) Moderadora: Elisa Fernández Lugar de celebración: Sala Q23 3. Unha mirada nova para unha cuestión vella. Comprender a vitalidade da Fala como un fenómeno social orixinado desde a fonética | Bartosz Dondelewski (Uniwersytet Jagielloñski W Krakowie) [Sección 25. Miscelánea, literatura comparada, 1. O bispo idealizado no contexto de Idade Media, Reino Suevo, teatralidade, retórica, reorganização da Igreja no reino suevo: relixión, narrativa, novela negra] uma análise das atas conciliares bracarenses e dos escritos martinianos | Leila Rodrigues da Silva (Universidade Federal do Rio de Janeiro) Moderador: David Miranda Barreiro Lugar de celebración: Sala L02 2. Nos dez anos da morte de Carlos Casares. Uma reflexão sobre o dogmatismo e violência em Ilustrísima | Delia Cambeiro (Universidade do Estado do Rio de Janeiro) 3. Galicia e Sicilia máis aló dos tópicos literarios: a novela negra de Carlos G. Reigosa e Andrea Camilleri | Annamaría Capúzzolo (Universidade da Coruña) 79 RESUMOS | Sección 21. [OBRADOIRO ROSALIANO] Novas achegas ao estudo da poesía Moderadora: María Xesús Lama Lugar de celebración: Sala C23 Edición e hermenéutica da Rosalía poeta Anxo Angueira (Universidade de Vigo) As múltiples edicións da obra poética de Rosalía de Castro, en galego e en castelán, desde La flor até os textos dispersos, pasando por Cantares gallegos, carecen, desde o noso punto de vista, dun apartado herméutico totalmente satisfactorio. No noso proxecto de edición da obra poética completa, que será editada por Xerais no ano 2013, ademais de atender loxicamente á fixación e comentario filolóxicos do texto, cremos imprescindible achegar un aparato crítico contextualizador do mesmo —con notas históricas, xeográficas, etnográficas, culturais, literarias, políticas, etc.— para lle achegarmos ao lector todos os datos posibles para a súa persoal intelección. Por outro lado, e ademais diso, cremos tamén indispensable incluír comentarios específicos sobre o significado e a interpretación ou interpretacións de cada un dos poemas que teña en conta tamén a lectura do poemario no que se insire e o macrotexto poético e literario da autora. Biobibliografía Profesor na Universidade de Vigo. Vén centrando a súa actividade investigadora no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Fernández Morales, Curros Enríquez e Sarmiento) e na obra de Méndez Ferrín, sobre quen realizou a súa tese Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego. Como poeta destacan os seus títulos O valo de Manselle e Fóra do sagrado e como narrador Bágoas de facer illas, Pensa nao, Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro, A morte de A. ou Iria. É membro fundador das Redes Escarlata e habitual articulista d’A Trabe de Ouro, Espiral e O Xornal. “Vidal o sin ventura”. Poesía, gastronomía e denuncia Isaac Xubín (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) Nas 39 octavas que compoñen o seu poema Aló no corrunchiño máis hermoso, integrado en Cantares gallegos, Rosalía de Castro versifica un conto popular galego onde, por tras da vontade orixinal de servir de exemplo, o do ut deas do mundo labrego e a súa identidade colectiva, aparecen ao longo do texto unha serie de elementos etnográficos relacionados directamente coa gastronomía galega, como se fosen topónimos axeitados á descrición dunha paisaxe coñecida. Ao longo deste relatorio aprofundaremos en como Rosalía de Castro emprega estes feitos culinarios, a meirande parte deles pertencentes ás actividades desenvolvidas durante o día da matanza, para enmarcar o seu discurso e no xeito en que a autora se serve desta ferramenta para acadar as súas angueiras literarias e sobordar o verniz máis evidente da denuncia e de visibilización e eternización daquilo que está marxinado. 80 Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Viviu no País Vasco onde se trasladou para aprender éuscaro. Realizou traducións do éuscaro e publicou un dicionario bilingüe galego-éuscaro. É mestre en Política lingüística e planificación da lingua galega, e traballou como tradutor, profesor e investigador. É membro das Redes Escarlata e ten publicado poesía e narrativa breve. Dende 2009 é lector de galego no Colexio Universitario de Cork. En 2011 obtivo o premio Eusebio Lorenzo Baleirón polo seu poemario Con gume de folla húmida. Rosalía e Seoane dúas voces desde o exilio: o problema da recepción, a figura do emigrante e a visión da muller Ana Garrido González (Lectora do CEG da Uniwersytet Warszawski) Nos anos 40 e 50, en Galicia, Rosalía era primeiro ocultada e logo nesgada. Poren, alén do mar os desterrados, como tamen dalgún xeito o for a ela, continúan o lexítimo proceso de consagración iniciado na República. E o que é máis importante, fano sen desdebuxala e convertela nesa ‘nai chorona dos galegos’. A melancolía de Rosalía é tamen a dunha desterrada. Ela foi, ¿porque non chamarlle así?, unha emigrada económica e unha exiliada política. Non só por defender o seu pobo, tamén por defender a súa liberdade de ser como muller. Sofre a soidade de quen está lonxe pero tamén a soidade da incomprensión, do silenciamento e a angustia da dificultade de chegar aos lectores a quen realmente está dirixida a súa obra. A mesma, idéntica angustia coa que conviven e traballan día a día os exiliados republicanos. Pretendemos neste relatorio establecer paralelismos entre a obra e o estilo poético de Rosalía e dos exiliados, especialmente o de Seoane. Centrándonos no problema da recepción, as figuras humanas que constrúen ambos autores como protagonistas dun éxodo cruento pero tamén épico e facendo especial fincapé na figura da muller, tan importante nos dous autores. Ademais, analizaremos tamén aqueles puntos que arredan aos dous autores e o moi distinto uso que ambos fan das figuras mitolóxicas galegas (a compaña, os trasnos,…) Liberdade expresiva e ética da tradución. Rosalía de Castro traduce a Ventura Ruiz Aguilera María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela) A vizosidade contemporánea dos estudos rosalianos estanos aprendendo a recoñecer papeis e dimensións da autora antes pouco exploradas ou socialmente menos visibles. Lentamente, vai emerxendo ante nós unha Rosalía actriz ou unha Rosalía xornalista. Cobramos tamén conciencia do valor da Rosalía pensadora, da autora de manifestos literarios e políticos, da lectora de Edgar Allan Poe e de E.T.A Hoffmann ou da escritora de contos e de novelas. É tal, en suma, a diversidade da escrita rosaliana que resultaría cando menos limitador confinala unicamente na función de poeta. Pero mesmo se queremos cinxirnos a este último papel, debemos concluír que a súa produción poética goza dunha grande diversidade interna. A cabalo entre dúas linguas e entre varios xéneros líricos dos que a miúdo a poeta parte para transformalos ou subvertelos (o cantar, a elexía, a égloga, a oda…), a obra en verso de Rosalía conta tamén con valiosas traducións nas que teñen aprofundado autores como Machado da Rosa (1958) e López e Pociña 81 (1999). Partindo destes traballos fundacionais, nesta intervención presentarei o traballo da Rosalía tradutora centrándome nas súas versións galegas dos poemas de Ventura Ruiz Aguilera e explorando aquelas solucións que permiten recoñecer a aposta rosaliana por unha concepción ética e politicamente reparadora das prácticas tradutivas. RESUMOS | Sección 22. [Medios de comunicación, opinión pública, imaxinarios, representación discursiva, comunicación non verbal, quinésica, TV] Moderador: Xosé Luís Regueira Lugar de celebración: Sala E48 A construción do discurso acerca das linguas do estado español. Análise de artigos sobre a lingua galega presentes na prensa escrita estatal durante a “era Aznar” (19962004) Paula Bouzas (Georg-August-Universität Göttingen) Na chamada ‘era da información’ o discurso mediático ten un papel fundamental na construción da nosa visión do mundo. Isto afecta tamén a perspectiva e a actitude que o público adopta con respecto á situación das linguas non hexemónicas, tema de frecuente debate político e social. Este traballo, a través da aplicación da metodoloxía propia da lingüística textual, ten como obxectivo analizar o discurso acerca das linguas do estado presente nos artigos publicados na prensa escrita española durante o goberno de Aznar (1996-2004). A análise concentrarase especialmente, aínda que non só, no caso do galego e terá como fonte a prensa de maior difusión durante ese período (El País, ABC, El Mundo). As bases teóricas para a análise serán os conceptos desenvolvidos, entre outros e outras, por lingüistas como Van Dijk ou Brinker. A aplicación destes conceptos permitirá demostrar, non só ata que punto as linguas non hexemónicas están connotadas con frecuencia dun xeito negativo nos discursos analizados, senón tamén cales son os mecanismos lingüísticos, moitas veces non explícitos, responsables deste tipo de connotación. Biobibliografía Estudou filoloxía galega na universidade de Santiago de Compostela (2000) e doutorouse en lingüística por esta universidade (2010). Entre os anos 2003 e 2008 foi lectora de galego na universidade de Heidelberg, onde ademais impartiu diferentes seminarios de lingüística ata o ano 2009. Dende o ano 2010 imparte clases de linguística iberorrománica na Georg-AugustUniversität Göttingen. 82 Rituais conversacionais na televisión. Propostas para un estudo contrastivo nos espazos A Revista (TVG) e Divendres (TV3) Sonia Varela Pombo (Universitat Autònoma de Barcelona) Neste relatorio presentamos unha proposta de análise comparativa entre as estratexias e técnicas que resolven a comunicación empregadas en dúas linguas, a galega e a catalá, respecto das funcións de saúdos, despedidas e agradecementos nas conexións en directo en programas de televisión. Para o noso estudo, realizaremos unha selección de varios audios extraídos de dous espazos da programación da Televisión de Galicia (TVG), A Revista, e da Televisió 3 de Catalunya (TV3), Divendres. A diferenza doutros formatos, en que a mensaxe se transmite de maneira unidireccional e con escasa interacción entre os participantes do programa, estes programas ofrecen unha complexidade de relacións persoais, espaciais e temporais que os fan merecentes deste tipo de estudos. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o Diploma de Estudos Avanzados. Desde o ano 2002 imparte a súa docencia sobre lingua, literatura e cultura galegas na Universitat Autònoma de Barcelona. Na actualidade está a cursar nesta universidade o máster oficial Tractament de la Informació i la Comunicació Multilingüe (TICOM). Especializouse no estudo da historia da lingua galega, nomeadamente na diacronía de interferencias léxicas. As liñas de investigación actuais encádranse na pragmática lingüística e o discurso dos medios de comunicación. Aspectos da comunicación non verbal en Galiza e no arco atlántico Aitor Rivas (Investigador independente) Na miña comunicación tratarei de analizar a comunicación non verbal dalgúns relatos orais e proporei unha serie de trazos comúns (e outros diferenciadores) a todas as nacións atlánticas. Trátase dunha proposta de análise comparativa entre a tradición quinésica oral de diferentes linguas e culturas atlánticas a través da individualización e definición de quinemas (unidades mínimas de movemento corporal). Na miña achega tamén pretendo facer fincapé nas influencias das culturas maioritarias (economicamente máis ricas) e os modelos que exercen sobre as minoritarias (ou máis pobres) e os procesos de substitución que se están a producir na dialectoloxía xestual no caso galego. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Ex profesor de lingua e literatura en centros de ensino secundario en Galiza. Ex lector de lingua e literatura galegas na Universidade de Tübingen. Ex-profesor de lingua e cultura españolas no instituto de secundaria MargareteSteiff-Gymnasium de Giengen an der Brenz (Alemaña). Escritor de teses de doutoramento en prácticas. Procurador de emprego a tempo completo. 83 Prostitución e medios de comunicación en Galiza: unha achega á representación discursiva dos anuncios de sexo de pago Olga Castro (Aston University), Ana Belén Puñal Rama (Universidade de Santiago de Compostela) & Iván Cuevas (Observatorio Galego dos Medios do Colexio de Xornalistas de Galicia) Este relatorio sintetiza os resultados dunha investigación pioneira no campo da comunicación e xénero dentro dos estudos galegos, realizada para o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza en 2010 e centrada na representación mediática da prostitución nos medios de comunicación galegos, galardoada co II Premio á Incorporación da Perspectiva de Xénero na Investigación, da USC (2011). O proxecto de investigación analizou todas as cabeceiras galegos e a canle televisiva autonómica desde un enfoque cuantitativo e cualitativo, abranguendo tanto pezas informativas sobre prostitución como os ‘anuncios de sexo de pago’, popularmente coñecidos como ‘anuncios de relax’ ou ‘anuncios de contactos’. As conclusións deste proxecto demostraron que a prostitución non forma parte da axenda mediática, aínda que nas poucas ocasións que si se cobre, os contidos informativos presentan a prostitución ou ben como unha actividade frívola ou como un acto condenábel relacionado co comercio sexual, denunciando as condutas delitivas de proxenetas e redes de trata e tráfico con fins de explotación sexual. Esta (falta de) cobertura contrasta, porén, coa difusión extensa que os medios fan dos anuncios de sexo de pago, sen teren en conta que poidan servir de agocho de actividades de prostitución e de comportamentos vulneradores dos dereitos humanos e desoíndo os debates sociais sobre a prohibición desta forma de publicidade. Partindo dos datos desvelados nesta investigación, o presente relatorio céntrase en explorar a representación das relacións de xénero nos anuncios de sexo de pago en galego e castelán publicados nos medios impresos galegos, un ‘negocio’ do que participan todos os xornais galegos (a excepción do xa desaparecido Xornal de Galicia). Dunha banda, ofreceranse datos cuantitativos sobre a súa presenza e volume de negocio actual. E da outra, realizarase unha análise crítica do discurso que desvelará o sexismo inherente á representación das relacións de xénero, definindo ás mulleres de acordo a estereotipos fondamente misóxinos (virxes, viciosas, indulxentes, noviñas) e propios dos valores capitalistas da sociedade de consumo (desconto especial, 2x1, novidade, mellor prezo), etc. En última instancia, o relatorio permitirá concluír que existe unha grande hipocrisía nos medios de comunicación galegos: mentres por un lado non ofrecen unha axeitada cobertura da prostitución e se limitan a ser altofalantes das regulacións abolicionistas do goberno, polo outro lúcranse con este gorentoso negocio co que están a promover a existencia mesma das prácticas de prostitución clandestina. Biobibliografías Olga Castro é profesora titular de Estudos de Tradución na Aston University, en Birmingham. Logo de licenciarse en Xornalismo (USC) e en Tradución (UVigo), doutorouse pola Universidade de Vigo cunha tese sobre as intervencións feministas na tradutoloxía galega, coa que obtivo mención europea e premio extraordinario de doutoramento. É vicepresidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade e secretaria da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Participou na investigación “O tratamento da prostitución nos medios de comunicación galegos” (2010). Máis información: http://www1.aston.ac.uk/lss/staff/castroo Belén Puñal é xornalista e investigadora en Comunicación e Xénero no grupo CIDACOM da 84 USC. Participou nas investigacións “O tratamento da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos” (2007), “Análise lonxitudinal da abordaxe da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos” (2008) e “O tratamento da prostitución nos medios de comunicación galegos” (2010). Coordinou co profesor Luís Álvarez Pousa os libros Rompendo moldes. Áreas de especialización e xénero (2011) e mais Claves para unha información non sexista (2010). Dirixiu as I e as II Xornadas sobre Información e Xénero, en 2009 e 2011 na facultade compostelá de Ciencias da Comunicación. Iván Cuevas está licenciado en Xornalismo e en Filoloxía Románica. Ten colaborado nas investigacións “O tratamento da violencia de xénero nos medios galegos”, “Análise lonxitudinal da violencia de xénero nos medios de comunicación galegos” e “A representación da prostitución nos medios de comunicación galegos” e publicado en diversas revistas como Lletres Asturianes, Revista de Filoloxía Asturiana, Protexta ou Campo de los Patos, entre outras. É secretario executivo do Observatorio Galego dos Medios e coordinador da revista Comunicación e Cidadanía. RESUMOS | Sección 23. [Relacións interliterarias, alteridade, tradución, identidade, Galicia-Portugal, Galicia-Cataluña, teatro, Castelao, Carolina Michaëlis, grupo Nós] Moderadora: María García Liñeira Lugar de celebración: Sala Q21 Carolina Michaëlis de Vasconcelos e os estudos galegos: libros e cartas Alexia Dotras Bravo (Escola Superior de Educação do I.P. De Bragança | Universidade de Coimbra) Carolina Michaëlis de Vasconcelos (1851-1925), unha das máis importantes romanistas europeas, ben coñecida nos estudos galegos polos profundos traballos sobre lírica galaicoportuguesa, legou a súa biblioteca persoal á universidade de Coimbra, da que foi a primeira profesora muller. Un magno proxecto dirixido pola profesora Manuela Delille permite consultar agora as cartas con varias personalidades galegas. Por tanto, continuando cos estudos das relacións entre entre Carolina Michaëlis de Vasconcelos, a erudita alemá afincada en Portugal, e a literatura ibérica (teño xa traballos sobre os estudos cervantinos e lopescos), nesta ocasión pretendo analizar a correspondencia cos intelectuais galegos con quen mantivo contacto, presentes tamén na súa biblioteca persoal. Dona Carolina posúe correspondencia con Manuel Casás, Presidente do Instituto Coruñés de Estudios Gallegos, despois Presidente da Real Academia Galega (1942-1960), con Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro, con Ramón de Araña e outros intelectuais galegos. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Hispánica (2000) e Filoloxía Galega (2002) e doutora en Literatura Española (2006), cunha tese sobre os traballos cervantinos de Salvador de Madariaga (Alcalá de Henares: CEC, 2008), e especialista em literatura infantil e promoción da lectura pola UCLM (2009). En literatura galega, traballou nos Informes de Literatura do Centro Ramón Piñeiro para 85 a Investigación em Humanidades entre 2007 e 2009, formou parte en dúas ocacións no curso de Formación Continua de LIJMI, e pertence desde 2009 a AIEG. Foi profesora adxunta da Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo entre 2005 e 2009, investigadora auxiliar do Centro de Literatura Portuguesa da Universidade de Coimbra entre 2009 e 2012 e na actualidade é profesora adxunta da Escola Superior de Educação de Bragança. O goberno portugués contra Castelao: a aventura galega do CITAC Antonio Iglesias Mira (Centro de Investigação em Artes e Comunicação, CIAC) Durante o ano de 1969 produciuse en Portugal unha das maiores afrontas ao Estado Novo: a crise académica de Coimbra, onde os estudantes desafiaron ao goberno encoraxados por un clima de revolta, solidariedade e imaxinación. Na formación dese clima destaca o traballo do CITAC (Circulo de Iniciação Teatral da Academia de Coimbra), grupo de teatro universitario moi vencellado ao movemento estudantil. Desde 1968 o CITAC tiña como director artístico ao catalán Ricard Salvat, unha das figuras destacadas do teatro peninsular da época. Salvat revolucionou o ambiente cultural de Coimbra co seu curso de teatro e o seu primeiro espectáculo, Brecht + Brecht, chamando tamén a atención da policía do réxime. No seu segundo espectáculo co CITAC, Salvat recorre á figura de Castelao para facer un percorrido polo século XX e presentar un espectáculo inzado de valores democráticos e rebeldes. Para este espectáculo, Castelao e a sua época (CSE), o CITAC contou coa colaboración de Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, así como outros artistas como o músico José Niza. A calidade dos colaboradores e o empeño do CITAC fan con que CSE sexa unha das estreas máis agardadas do ano. Os ensaios de CSE decorren paralelamente aos inicios da crise académica e ao aumento exponencial da tensión entre estudantes e autoridades e, na madrugada anterior á estrea, o director é preso e posto na fronteira con España. A peza fica prohibida e, na secuencia da crise, moitos integrantes do CITAC son enviados forzosamente ao servizo militar. Pasado o tempo, o proxecto cae no esquecemento e esa oportunidade excepcional de (re)coñecemento entre Galiza e Portugal esváese. Este relatorio pretende rescatar do esquecemento a historia desa aventura galega emprendida polo CITAC e que estivo tan intimamente ligada ao decorrer da Crise Académica de 1969. Biobibliografía Nacín na Coruña en 1980 e son licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña (UdC) e en Estudos Artísticos, especialidade en teatro, pola Universidade de Coimbra (UC). Tamén son mestre pola Universidade do Algarve (UAlg) en Teatro e intevenção social e cultural. Fun lector de galego na UALG durante tres anos, onde desenvolvín as miñas inquedanzas a respecto da literatura e aprofundei na teoría teatral nun mestrado. Froito diso é a miña tese Castelao e a sua época na Coimbra de 1969, defendida en 2011. Actualmente son investigador colaborador do Centro de Investigação em Artes e Comunicação (CIAC). Lois Tobío fronte a Luís Tobío: razóns para traducir Marga Romero Lorenzo (IES San Paio de Tui | Universidade da Coruña) Con esta comunicación pretendemos afondar nas razóns que moveron a Tobío a dedicar partes fundamentais da súa vida á tradución. Razóns que enfrontan e complementan ao asinante de 86 traducións do inglés ou do alemán ao español, Luís Tobío, republicano que inicia o seu camiño do exilio na Habana e asenta no Uruguai, levando no seu fardel o inicio dunha carreira diplomática xa brillante e grandes coñecementos do dereito e doutras linguas, co asinante de traducións do inglés, francés e sobre todo do alemán ao galego, Lois Tobío, nacionalista, membro sempre activo do Seminario de Estudos Galegos que escribe páxinas brillantes na historia da tradución en Galiza e que sabe da importancia deste labor na normalización lingüística e literaria. Deterémonos nas diferentes razóns que o levan a traducir a autores como Will Durant, Ralph Roeder, Yames Purdy, Heinicht Mann, Thomas Mann, Hermann Hesse ou Hermann Heller ao español, razóns fundamentalmente económicas e editoriais, fronte ás motivacións de tipo ideolóxico e de activismo en defensa do galego, motivación fundamental das versións a esta lingua de obras de autores como Goethe, Rilke ou Brecht e de ser tamén un dos tradutores, conxuntamente con Plácido Castro e F. Delgado Gurriarán, do volume Poesía Inglesa e francesa vertida ao galego, publicado en Bos Aires en 1949. Biobibliografía Profesora. Escritora.Tradutora. Profesora de Lingua e Literatura Galegas no Instituto de Ensino Medio San Paio de Tui. A súa investigación actual céntrase na elaboración de tese de doutoramento (Universidade da Coruña) sobre Lois Tobío. Froito do seu labor investigador son os libros sobre Otero Pedrayo, —unha guía de lectura sobre Os camiños da vida—, Entrevistas con Rafael Dieste (Compilación, notas e versión en galego), Dieste na aula ou a biografía Lorenzo Varela e diversos artigos ou conferencias sobre a literatura de Mulleres e relacións entre a cultura galega e alemá. Estvdio (1913-1920): recepción de la literatura gallega en una revista catalana de expresión castellana María Victoria Navas Sánchez-Élez & Juan M. Ribera Llopis (Universidad Complutense de Madrid) Trabajo de reconocimiento y ordenación de la creación literaria gallega y de las referencias a las letras galaicas contenidas en las páginas de Estvdio (1913-1920). Esta publicación periódica catalana en castellano es un magnífico exponente del cosmopolitismo cultural que marca la vida literaria del periodo de entreguerras. Perfil que, en el ámbito peninsular, no desestima el alcance de las relaciones interliterarias propiciadas por el discurso iberista. Ideología de origen ochocentista, actualizada por élites intelectuales en el primer tercio del novecientos. Nuestra propuesta se encuadra en una línea de trabajo, ya recogida en dos contribuciones previas: Navas, M.V., “Estvdio (1913-1920): las letras portuguesas en una revista catalana de expresión castellana”, Les relacions entre les literatures ibèriques (RELIBE), Barcelona, 18, 19 i 20 de juny de 2009 [ver edición]. Madrenas, D. y Ribera, J.M. “Estvdio (1913-1920): Projecció i traduccions de la literatura catalana en una revista barcelonina d’expressió castellana”, XVI Col.loqui Internacional de Llengua i Literatura Catalanes (Salamanca, julio 2012). 87 RESUMOS | Sección 24. [Sociolingüística, política lingüística comparada, galego exterior, relixión, paisaxe lingüística] Moderadora: Elisa Fernández Lugar de celebración: Sala Q23 As coordenadas políticas da elección da lingua de comunicación da Igrexa católica en Galicia e Casubia Maria Boguszewicz (Uniwersytet Warszawski) A lingua, como vehículo de comunicación, é unha cuestión chave para o cristianismo. Na Idade Media, o idioma da Igrexa en Europa foi o latín que neste sentido funcionou como unha lingua sagrada. Tanto a evolución das linguas en Europa como a Reforma co postulado luterano de contacto directo coa Sagrada Escritura impuxeron unha reformulación do problema lingüístico na Igrexa católica. No Concilio de Trento confirmouse que a única lingua litúrxica era o latín, pero aconsellouse o uso das linguas vernáculas na predicación e catequización. Nas comunidades de fala diferente da oficial do Estado, a actuación da Igrexa puido axudar a protexer e fomentar a lingua minoritaria ou, no caso contrario, constituír un grave perigo para a súa supervivencia. A relación lingua-relixión é ben distinta en Galicia e en Casubia. Trátase dunha cuestión moi complexa na que conflúen moitos factores, pero parece que o momento decisivo neste proceso foi o das primeiras formulacións nacionalistas de ambos territorios. Galicia perdeu a súa independencia na Idade Media e incorporouse á Coroa de Castela. Cando no século XIX apareceu o rexionalismo galego impulsado desde os círculos liberais de A Coruña e Santiago de Compostela, Galicia formaba parte do Estado Español. En cambio, Casubia nunca chegou a crear unha entidade estatal ben definida e independente. En 1772, como consecuencia da primeira partición de Polonia, Casubia foi incorporada a Prusia. De modo que a reivindicación decimonónica da identidade casubia confundíase coa defensa dos valores nacionais polacos. Ao mesmo tempo, a loita polo mantemento da “poloniedade” identificouse coa loita pola catolicidade fronte ao protestantismo prusiano. Galicia e Casubia viviron no século XIX uns problemas comúns (a precaria situación económica, a emigración masiva, a situación de diglosia, etc.), pero seguramente non compartiron o mesmo grado de presencia das súas linguas nas igrexas. Biobibliografía Doutora pola Universidade de Varsovia. Ensina Historia e Cultura de España no Instituto de Estudios Ibéricos e Iberoamericanos desta universidade. Iniciou a súa carreira como investigadora co tema da Igrexa católica en España durante o franquismo e a Transición. Na súa tese doutoral analizou a difusión e a recepción dos textos do prerrexurdimento galego. É autora dunha serie de artigos sobre este período da literatura galega. Actualmente dedicase ao estudio comparativo das culturas minoritarias europeas, especialmente as españolas e polacas. 88 A paisaxe lingüística de Santiago de Compostela Matthew P. Wellings (Universidade de Vigo) A comunicación proposta é a presentación dun proxecto de investigación en que se aplica por vez primeira en Santiago de Compostela a liña de investigación chamada ‘Paisaxe Lingüística’ (PL). Esta consiste na cuantificación e análise da presenza de diferentes linguas (neste caso o galego e o castelán, mais tamén o inglés, o francés, o chinés e demais) nos textos escritos do espazo público (sinalética, rotulación comercial, anuncios ou avisos privados, etc.). O estudo da PL resulta especialmente relevante en Galicia ao tratarse dunha comunidade bilingüe, un bilingüismo ademais historicamente diglósico, cun reparto desigual do galego e o castelán en canto a usos e ámbitos. Na investigación observamos interesantes tendencias, por exemplo segundo zona e autoría, en canto ás linguas empregadas nos textos que están á vista nas rúas compostelás. En canto ás diferenzas segundo autor, cuantificamos o incremento no uso do galego nos textos de autoría ”institucional” (onde predomina o galego, aínda que non se usa exclusivamente esta lingua) fronte aos textos privados (con máis variedade pero cun moi notable predominio do castelán). Constatáronse, ademais, diferenzas significativas entre as zonas ‘nova’ e ‘vella’ da cidade, con máis variedade na segunda (zona turística e de comercio máis pequeno), fronte ao dominio asombroso do castelán na zona nova. Se a paisaxe lingüística é un campo de batalla importante para unha lingua minorizada como o galego (e en moitos casos no noso estudo observamos unha batalla física polo espazo público), concluímos que neste eido aínda hai moito camiño que percorrer para poder considerar que o galego acadase unha normalización plena. Isto é, o baixo emprego do galego na PL é indicativo dunha falta de prestixio, e o seu uso neste ámbito non reflicte os usos e actitudes lingüísticos mostrados polos composteláns noutros dominios. Por último, propoñemos algunhas liñas concretas para avanzar en futuros estudos da PL de Galicia. Biobibliografía Nacín en Chester no Reino Unido mais levo seis anos vivindo en Santiago de Compostela onde traballei coma profesor de inglés e lector desta lingua na Universidade de Vigo. Son licenciado en Linguas Modernas (Francés e Español) pola University of Durham (Reino Unido) e estou a cursar o Mestrado Interuniversitario en Lingüística Galega na Universidade de Vigo. É do meu proxecto fin de máster que xorde a comunicación proposta. Unha mirada nova para unha cuestión vella. Comprender a vitalidade da Fala como un fenómeno social orixinado desde a fonética Bartosz Dondelewski (Uniwersytet Jagielloñski W Krakowie) Esta comunicación pretende desenvolver algunhas ideas presentadas na súa forma primitiva na miña tese de licenciatura, que versan sobre a intersección entre as ciencias sociais e os estudos da linguaxe, co afán de propor unha visión alternativa da excepcional vitalidade da Fala, o xeolecto de Xálima (Cáceres, España). As explicacións puramente históricas, que abundaron na literatura sobre a Fala ata os anos 90, baséanse principalmente nun material lingüístico escaso e apto 89 apenas para describir e para axudar a comprender a realidade do val estremeño que só se verificou en pasado, sendo a situación actual con moita probabilidade máis complexa. Así, a explicación do motivo e dos mecanismos do seu mantemento na actualidade poderá encontrarse entre a forma de que se reviste a lingua de Xálima e o papel que a última desempeña na comunidade. Por outra banda, considero de igual importancia abordar a cuestión das propiedades fonéticas da fala, as cales acredito seren o suficientemente saíntes desde o punto de vista perceptivo como para activar os mecanismos identitarios, constituíndo así un eixo identitatrio da comunidade (os hipotéticos trazos de non-pertenza), que resultan na converxencia e a diverxencia lingüísticas. A finalidade principal do texto é trazar os camiños de investigación máis prometedores, determinando ferramentas teóricas útiles en relación á face social do problema (unha visión holística do eu e da súa identidade baseada na Identity Process Theory de Breakwell e na proposta da teoría xeral do eu de Stets e Burke, atribuídos a unha rede social densa) e á fonética da fala (identificación dos trazos mencionados a través das nocións novas de speech/speaker perception de Krauss e Pardo e a sociolingüística perceptiva integrada de Clopper e Thomas). Comentaranse tamén as dificultades teóricas desta proposta interdisciplinar e presentaranse ideas de estudos empíricos oportunos. Biobibliografía Bartosz Dondelewski é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Uniwersytet Jagielloñski W Krakowie. Foi bolseiro dos Cursos de Verán de Lingua e Cultura Galegas en Santiago de Compostela e do programa Erasmus na Universidade de Lisboa. Os seus intereses científicos céntranse nas relacións entre a lingua e a identidade, a fonética e as ciencias sociais e tamén nas culturas xudías europeas. Participou en varias conferencias interdisciplinares e de hispanistas, tales como II Congreso Nacional de Estudiantes Polacos de Filologías Ibéricas en Cracovia ou III Conferencia Nacional de Estudiantes y Doctorandos de filoloxías hispánicas en Wroclaw. As súas comunicacións foron posteriormente editadas. RESUMOS | Sección 25. [Miscelánea, literatura comparada, Idade Media, Reino Suevo, teatralidade, retórica, relixión, narrativa, novela negra] Moderador: David Miranda Barreiro Lugar de celebración: Sala L02 O bispo idealizado no contexto de reorganização da Igreja no reino suevo: uma análise das atas conciliares bracarenses e dos escritos martinianos Leila Rodrigues da Silva (Universidade Federal do Rio de Janeiro) Entre os anos de 550 e 580, após a conversão dos suevos ao cristianismo, a igreja local investiu em um amplo processo de reorganização interna. Como parte desse encaminhamento, entre outras iniciativas, realizou dois concílios em Braga, um em 561 e outro em 572. Nestes eventos esteve presente de modo atuante o bispo Martinho de Dume, clérigo de reconhecida erudição entre seus contemporâneos. Responsável pela presidência do segundo encontro, bem como pela redação de suas atas, Martinho é também autor de um corpus 90 documental diretamente associado ao referido processo de reorganização da instituição eclesiástica. Tais escritos indicam que o aludido bispo gozava de importante prestígio no círculo clerical e fora um legítimo representante do segmento episcopal local. Nesse sentido, justifica-se o amplo e sintonizado diálogo estabelecido entre parte da sua obra e as atas conciliares. Ou seja, alguns dos seus textos compartilham as preocupações discutidas pelos bispos nos concílios e apresentam perspectivas confluentes em relação a tais questões. No movimento de organização interna da Igreja, dentre os vários temas com os quais as lideranças religiosas se ocuparam, é possível verificar a atenção conferida às atribuições e à conduta episcopal. Neste trabalho, à luz da historiografia, interessa-nos analisar as referências a tais aspectos nas atas conciliares e nos escritos martinianos, buscando verificar em que medida é possível identificar um perfil de bispo, caracterizado por um dado modelo de comportamento e respectivas prerrogativas, idealizado pelo próprio episcopado local. Biobibliografía Bacharel e Licenciada em História; Mestre em História Antiga e Medieval; Doutora em História Social; Professora do Instituto de História da Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ), Brasil, atuando nos Cursos de Graduação e Pós-graduação; Co-coordenadora do Programa de Estudos Medievais da UFRJ. Maiores informações disponíveis http://lattes.cnpq.br/2926937854553969 e http://www.pem.historia.ufrj.br/leila.htm em Nos dez anos da morte de Carlos Casares. Uma reflexão sobre o dogmatismo e violência em Ilustrísima Delia Cambeiro (Universidade do Estado do Rio de Janeiro) Para lembrarmos os dez anos do desaparecimento do escritor galego Carlos Casares (1941-2002), em 9 de março, propomos um ensaio em que refletimos sobre dogmatismo e violência, neste seu romance de 1980. O comportamento da figura do bispo Fernando Fanego, ou Ilustrísima, ao longo da diegese, diverge tanto em relação à insolência de outros representantes da Igreja quanto à impiedosa provocação de habitantes da pequena cidade da Galiza em que ele exercia a diocese. Personagem marcada essencialmente pela tolerância e pela bondade, Ilustrísima entusiasmou-se com a abertura de um cinema na cidade. Após tal acontecimento, a obra de Casares propõe aos leitores intrigante visão sobre a paisagem em que se opõem uma Igreja refratária, defasada frente às novas descobertas científicas e ao mundo em transformação; e uma outra defensora do progresso, atenta observadora dos movimentos renovadores da nova arte cinematográfica que se anunciava. O cinema, no texto, provoca, dá ênfase e continuidade à diegese, incita a fúria desestabilizadora entre cidadãos, que deixaria o cinema em chamas e a família de um jornalista posta em sangue. Dentre as obras de Casares —traduzido em várias línguas modernas— Ilustrísima é a expressão de um bispo acometido por sérias dúvidas e incertezas humanas; é o relato de desvelados sectarismos religiosos, incontrolada violência popular e manipulada/manipuladora hipocrisia de uma beata, além de tramas opositoras e de traição ao esclarecido prelado. Por essa e outras obras do ourense Carlos Casares, que ultrapassam o regional e tratam de questões universais do homem 91 —dentre elas, apenas citamos Vento ferido (1967), Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), Os escuros soños de Clío (1979), Os mortos daquel verán (1987), Deus sentado nun sillón azul (1996) e O sol do verán (2002)— a crítica o considera um dos grandes escritores e difusores da literatura e da língua galegas, fora da Galiza no século XX. Biobibliografía Professora Associada/UERJ, com Pós-Doutorado na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña; Procientista UERJ; tem livros e vários artigos e capítulos de livros publicados; dentre eles, publicou recentemente Visões e Revisões em Literatura Comparada, também Melancolias, um livro de ficção; atua na Pós-Graduação stricto sensu em Literatura Comparada, Linha de Pesquisa - Literatura: Teoria e História; Ex-Professora da Aliança Francesa do Rio de Janeiro; é Professora de literatura italiana do IL/UERJ; tradutora. Galicia e Sicilia máis aló dos tópicos literarios: a novela negra de Carlos G. Reigosa e Andrea Camilleri Annamaría Capúzzolo (Universidade da Coruña) A principios de 2000 empézase a falar de Noir Mediterráneo, vertente policial de autores que nos relatos transforman o universo criminal, determinado agora pola globalización da economía e, en particular, pola relación entre mafias e mundo da política, as finanzas e a industria. As miñas investigacións leváronme a identificar o eixe Galicia-Sicilia, onde cobran importancia dous autores que orixinalmente non son de novela policial e cuxa obra centrou a atención do gran público sobre aspectos das súas propias sociedades de procedencia só coñecidos polas masas como tópicos literarios ou sensacionalismo de gran pantalla. Estamos ante realidades “periféricas”: o norte da Península Ibérica e o extremo sur de Italia, lugares que, lonxe de ser simples escenarios, chegan a ser protagonistas da historia, con memorias e enleamentos culturais diferentes. Na narrativa dos autores examinados, Carlos Reigosa e Andrea Camilleri, estas realidades ocupan un lugar privilexiado. O traballo ocúpase da análise dos personaxes creados por estes autores: os elementos implicados na súa construción, o seu funcionamento e a súa onomástica. Do estudo resulta unha tipoloxía de personaxes modelo que se repiten en cadansúa narrativa. Finalmente, ocuparémonos das estratexias de realismo e do seu funcionamento en ambos escritores. 92 11:00 – 12:50 Paneis e relatorios en sesions paralelas G (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 26. Pedagoxía, lingua galega, aprendizaxe de 2ª lingua, psicoloxía, Sarmiento, tic] Moderador: Manuel Gago Lugar de celebración: Sala Q23 [Sección 27. OBRADOIRO ROSALIANO] A narrativa de Rosalía de Castro Moderadora: Kathleen March Lugar de celebración: Sala C23 1. Frei Martín Sarmiento and the Child Psychology of Education | Adrian Ó h-Éalaithe (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) 2. A política educativa galega para as novas minorías etnolingüísticas | Montserrat Recalde & Carme Silva Domínguez (Universidade de Santiago de Compostela) 3. A Internet como espazo de revitalización para as linguas minorizadas: unha aproximación desde o galego | Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña) 1. Hysteria and Desire in El caballero de las botas azules | Manus O’Duibhir (Coláiste Na Tríonóide | Trinity College Dublin) 2. A resistencia á modernidade. Ruinas, de Rosalía de Castro, entre o residual e a emerxencia | Margarita García Candeira (Universidad de Huelva) 3. Os outros, os tristes, os poetas: a loucura nas novelas de Rosalía de Castro | María Xesús Lama (Universitat de Barcelona) [Sección 28. Sociedade policontextual, imaxinario social, identidade nomádica, migración, publicidade, xénero] Moderadora: Débora Campos Lugar de celebración: Sala Q21 1. Galicia expósita: as orixes espúreas da identidade moderna en Sete palabras de Suso de Toro | Danny M. Barreto (Vassar College) 2. “A muller loba”: licantropía e emigración galega en Nova York | David Miranda Barreiro (Prifysgol Bangor | Bangor University) 3. A raíña Christina de Suecia: Representative of Galician Identity? Cultural Identity in Teresa Moure’s Herba moura | Catherine Barbour (University of St. Andrews) 4. A identidade galega como reclamo publicitario | Beatriz Galiano Leis (Lectora do CEG da Università degli Studi di Roma “La Sapienza”) 93 [Sección 29. Sociedade policontextual, sistema cultural galego, normalización cultural, invisibilización, ficción, música, xénero, representación, lesbianismo, Otero Pedrayo, Xosé Manuel Pintos] 1. Estudos críticos do pregón d’A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos | Marta Vázquez Naveira (Universidade da Coruña) 2. Silencios que non son: o continuum lesbiano nas narradoras galegas | María Reimóndez (Universidade de Vigo) Moderadora: Olivia Rodríguez 3. A gaita galega: unha nación sedutora | Mano Panforreteiro (Investigador independente) Lugar de celebración: Sala L02 4. [Sección 30. Miscelánea, imaxinario nacional, identidade, Castelao, audiovisual, Galicia-Gales, nacionalismo, política] 1. Apuntamentos sobre a compatibilidade do nacionalismo e do federalismo na teoría da federación. O caso de Castelao | Jorge Cagiao y Conde (Université de Tours) 2. Do racismo á redención: Castelao, a raza e a identidade galega | Craig Patterson (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) Moderadora: Kathleen March Lugar de celebración: Sala E48 3. National Cinema and Minoritized Languages: The Case of Wales and Galicia | Antía Pereira Carreiro (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) 4. Cinema galego: novas perspectivas críticas e metodolóxicas | Ánxeles Torres Padín (Prifysgol Bangor | Bangor University) RESUMOS | Sección 26. [Pedagoxía, lingua galega, aprendizaxe de 2ª lingua, psicoloxía, Sarmiento, TIC] Moderador: Manuel Gago Lugar de celebración: Sala Q23 Frei Martín Sarmiento and the Child Psychology of Education Adrian Ó h-Éalaithe (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) Frei Martín Sarmiento began to research and discuss child psychology and the psychology of education long before other educators we are more familiar with, such as Pestalozzi (1746-1827), Herbart (1776-1841) and Froebel (1782-1852) began to do so, and long before the beginnings of psychology as a discipline of study in the late nineteenth century. The subject was not studied nor discussed in the university faculties prior to this period and it was J. F. Herbart's Allgemeine Pädagogik (General Pedagogy) which helped to develop pedagogy as an academic discipline while provoking an epistemological tension between the science of education and philosophical thinking. Even though Johann Herbart, the German philopsopher and psychologist, is still 94 considered the father of educational psychology, Martín Sarmiento thought and wrote about the very same discipline before Herbart was even born, and although he in no way inspired the debate on education which Herbart did half a century later, his ideas were valid and innovative in a society that was far from prepared for such psychological and philosophical discussion. While most agree that the Philosophy of Education has its modern precedents in figures such as J. Locke, J. J. Rousseau, Kant and Herbart, while philosophical thinking is attributed to Plato, Aristotle, S. Augustine and S. Thomas Aquinas, Frei Martín Sarmiento understood that the two disciplines were inextricably linked and strove to understand the two. In doing so he also attempted to leave behind a legacy of writings on the subjects which I believe he hoped would be preserved for future generations of enlightened thinkers, administrators and educators. This paper will outline the principal elements of Sarmientan Child Psychology, discussing both the Benedictine's interest in the subject of infancy and his concept of infancy in an educational context along with his proposals for the overall amelioration of education. Biobibliografía Adrian Ó h-Éalaithe is a doctoral research student associated with University College Cork, Ireland, whose thesis examines the contributions of Frei Martín Sarmiento to the pedagogical debate in eighteenth-century Spain. Freelance translator and researcher, his interests lie not only in the field of Galician studies but also in Irish studies. As a native Irish speaker and a speaker of Spanish and Galician, he also studies both the traditional and modern links between Ireland and Galicia. Adrian has previously worked as a language teaching assistant at the Universities of Cork and Coruña and is a member of the Amergin Institute for Irish studies. A política educativa galega para as novas minorías etnolingüísticas Montserrat Recalde & Carme Silva Domínguez (Universidade de Santiago de Compostela) O panorama lingüístico do Estado Español resulta moito máis complexo e diverso do que adoita recoñecerse politicamente, dado que dende finais do século XX e durante a primeira década do XXI experimentou unha chegada importante de inmigrantes procedentes sobre todo de Hispanoamérica, Portugal, Brasil, Romanía, Marrocos e o sur do Sáhara. Esta diversidade reflíctese tamén dentro das aulas, onde se fai cada vez máis necesaria unha adaptación das técnicas didácticas habituais e da concepción do ensino tradicional para integrar as novas culturas de forma non traumática. Con esta finalidade aprobáronse unha ampla serie de normativas a nivel europeo, estatal e autonómico (Declaración da Unesco 2001; Declaración do Consello de Europa 1999, Plan Estratéxico de Cidadanía e Integración 2011-2014 do Ministerio de Traballo e Inmigración; Plan Galego de Cidadanía e Integración 2008, Plan de Acollida da Xunta de Galicia 2005; Plan Integral de Inmigración da Xunta de Galicia 2011-2013, etc.). Nesta achega analizaremos as políticas educativas da Comunidade Autónoma Galega dirixidas á integración das minorías etnolingüísticas procedentes doutros países co marco legal ao fondo. Examinaremos as directrices lexislativas e recomendacións ao respecto, así como a súa interpretación e aplicación no sistema educativo galego, para poder concluír cal dos tres paradigmas tradicionalmente considerados na educación das minorías (asimilacionista, multicultural e intercultural) se está impoñendo como modelo e se se están a respectar as recomendacións legais. Metodoloxicamente adoptaremos unha perspectiva interdisciplinar na 95 que se combinarán as novas teorías sobre a educación para a paz e a diversidade coa análise crítica do discurso. Biobibliografía Montserrat Recalde. Profesora no Departamento de Lingua Española da Universidade de Santiago de Compostela. Liñas de investigación: sociolingüística, análise do discurso, lingüística de corpus, políticas de integración para inmigrantes. Carme Silva Domínguez. Profesora no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Liñas de investigación: gramática, descrición do estándar e análise das políticas lingüísticas para a integración de inmigrantes. A Internet como espazo de revitalización para as linguas minorizadas: unha aproximación desde o galego Estefanía Mosquera Castro (Universidade da Coruña) O desenvolvemento das novas tecnoloxías supuxo importantes mudanzas en todos os ámbitos da sociedade, mesmo no modo en que os seres humanos nos relacionamos. Neste sentido, nin a lingua nin a literatura ficaron alleos a estas transformacións e, do mesmo modo, beneficiáronse das vantaxes que a Internet e a Sociedade da Información lles ofrecían. De igual forma que as mostras de literatura dixital que podemos achar na Rede nos últimos tempos teñen suscitado o debate sobre a hipótese de estarmos perante un novo xénero literario, con características específicas, tamén no relativo ás linguas, a aparición dun novo sistema de escrita reducida provocou a discusión entre os especialistas que cuestionaron e cuestionan se podemos considerar este como unha nova modalidade discursiva. Do noso punto de vista, consideramos que o desenvolvemento destes medios de representación da escrita constitúe unha mostra relevante da vitalidade das linguas, porque se serven das características particulares do contorno electrónico para innovar outras formas de creación lingüística e, igualmente, se adaptan ao novos contextos de uso. Mais unha mostra de que as linguas encontran neste soporte posibilidades até entón impensábeis é o feito de que a Internet supón unha nova vía de revitalización das linguas, nomeadamente daquelas que se achan baixo a presión e o contacto dunha lingua minorizada, cal o galego a respecto do castelán ou o galés en relación co inglés. Estas achan nos avances conseguidos polas tecnoloxías da información e, fundamentalmente, da comunicación novos camiños mediante os cales facérense visíbeis. Consecuentemente, cómpre considerarmos a importancia deste novo espazo, dado que se configura como un medio importante que contribúe, se for utilizado de forma acaída, para a normalización das linguas, en canto que desvincularmos a lingua dos avances tecnolóxicos pode supor a perda total de visibilidade e, por tanto, facilitar o proceso de substitución lingüística. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña, realizou tamén un Mestrado en Lingua e Usos Profesionais e un Mestrado en Formación de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas na mesma 96 universidade. Actualmente é doctoranda en Lingua e Novas Tecnoloxías na Universidade da Coruña, concretamente na Facultade de Filoloxía, onde imparte materias do ámbito lingüístico galego. Foi Premio Fin de Carreira da Universidade da Coruña e da Xunta de Galicia en 2009 , Premio Nacional á Excelencia no Rendemento Académico Universitario en 2011 e Finalista do Premio Internacional Educared 2011. Certame de Innovación Educativa con TIC. RESUMOS | Sección 27. [OBRADOIRO ROSALIANO] A narrativa de Rosalía de Castro Moderadores: Kathleen March Lugar de celebración: Sala C23 Hysteria and Desire in El caballero de las botas azules Manus O’Duibhir (Coláiste Na Tríonóide | Trinity College Dublin) The prologue to Rosalía de Castro’s El caballero de las botas azules, “Un hombre y una musa,” is a dialogue in which an aspiring author summons an unknown muse to help him stand out from the crowd through literary achievement. The author is a self-made man, whose achievements in the prosaic world of commerce and politics leave him unsatisfied. He desires what money cannot buy— the cultural status of a great author. The muse explains how under the conditions of modernity even the “barbero” and the “sargento” are capable of producing literary works. To stand out from the literary crowd, therefore, the author must be capable of producing a work not based on tradition, but something new, a work that can keep ahead of the ephemeral fashions of the day. At the end of the prologue the muse is revealed as novelty, and this ambiguous, androgynous figure immediately commands the author’s devotion— he understands that novelty is the key to success in a democratized literary sphere. Jacques Rancière, writing on Madame Bovary, describes the sociological processes that make cultural acquisition, fashion, and novelty a central concern for Flaubert’s (and we can add, Rosalia’s) novels. For Rancière, the nineteenth century political, industrial, and cultural (media) revolutions released desires not only for political emancipation and material improvement, but also for cultural goods. This world of universal equivalence generates Emma Bovary’s confusion of the material and the ideal, a confusion that the true artist can never commit, and is the reason, for Rancière, that Flaubert allows her to die. This paper explores de Castro’s work, and especially the prologue and the novel El Caballero de las botas azules, in terms of Rancière’s discussion of the hysterical desire for cultural attainment of the nineteenth century. Biobibliografía Investigador predoutoral da Área Teoria da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Realiza a súa tese sobre o concepto de animalidade na poesía contemporánea. Xunto coa investigadora María do Cebreiro Rábade ten traballado nos conceptos de histeria e androxinia nas novelas Flavio e El caballero de las botas azules de Rosalía de Castro. Actualmente exerce como profesor e investigador convidado no Coláiste Na Tríonóide | Trinity College Dublin. É membro do grupo de investigación Rosalía de Castro. 97 A resistencia á modernidade. Ruinas, de Rosalía de Castro, entre o residual e a emerxencia Margarita García Candeira (Universidad de Huelva) Esta comunicación trata de contribuír ao estudo das poéticas da modernidade na obra narrativa de Rosalía de Castro, tomando como referencia o relato de Ruinas, que leva xa no seu título un compoñente temporal asociado á decadencia e ás consecuencias do discorrer histórico. Tratarase de explicar a dialéctica entre o novo e o vello que esta obra amosa, para examinar en que medida a súa configuración un tanto melancólica permite falar de trazos antimodernos na obra rosaliana, no sentido acuñado por Antoine de Compagnon, que cualifica como tales a una serie de autores franceses (entre eles, o propio Baudelaire) que amosaron unha profunda ambigüidade ante a modernidade radical. A atención aos distintos núcleos que na novela indican un estado transicional permite identificar unha tensión entre o residual e o emerxente (Williams) que testemuña a chegada dun novo modo de produción cuxas ramificacións en termos de inconsciente ideolóxico (Althusser) poden ser abordadas nas ruínas humanas que poboan o relato. A propia condición situada da autora, o seu emprazamento sociolóxico e vital e a súa procedencia dunha clase nobre en crise, pode analizarse segundo os achegamentos metodolóxicos de Bourdieu. En último termo, terase en conta a teoría crítica existente sobre a ruína, figura dotada cun grande potencial simbólico e alegórico desde a antigüidade pero que cobra un matiz específico ao relacionarse cunha determinada xestión do loito histórico, tal como a considera unha tradición determinada e rica de pensamento psicanalítico (Zucker). Nese senso, a noción da historia como ruína (Benjamin), implícita na obra rosaliana, prefigura unha serie de conflitos asociados á modernidade traumática que o século XX porá de manifesto (Bauman). Biobibliografía Licenciada en Xornalismo e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Teoría da literatura e Literatura comparada pola mesma institución cunha tese sobre a lectura da tradición moderna, de Baudelaire a Gil de Biedma, na obra de Luis García Montero. Estudou literatura e cultura europea na Universidade de Cambridge e traballou como bolseira FPU na área de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é profesora na Universidade de Huelva. Está especialmente interesada no tratamento rosaliano do espazo e da imaxinación poética, así como nas relacións da autora co pensamento literario europeo moderno. É membro do grupo de investigación Rosalía de Castro. Os outros, os tristes, os poetas: a loucura nas novelas de Rosalía de Castro María Xesús Lama (Universitat de Barcelona) Estúdase a representación da outredade na obra de Rosalía de Castro a través da presenza da loucura e da condición “estraña” dos protagonistas das súas novelas La hija del mar, Flavio e El primer loco. O rexeitamento e inaccesibilidade que caracterizan o estranxeiro segundo Kristeva relaciónanse na obra rosaliana co esencial estrañamento do mundo que caracteriza o suxeito romántico e que sitúa aos seus personaxes en confrontación constante co mundo que os rodea e consigo mesmos, entregados á indagación sobre os seus contraditorios sentimentos e reaccións e 98 finalmente enfrontados a problemática consideración social de quen vive en conflito coa realidade. Trátase de individuos destinados a unha tráxica soidade provocada pola intensidade incondicional dun sentimento amoroso non correspondido que converte a súa loucura amorosa nun correlato da loucura poética de maneira que, ademais da súa compoñente social, implica unha reflexión sobre o acto de creación. Biobibliografía Profesora Titular de Lingua e Literatura Galega na Universitat de Barcelona. A súa tese de doutoramento centrouse no estudo das manifestacións do celtismo e da materia de Bretaña na literatura galega e publicou diversos artigos arredor desta temática. É autora dunha edición crítica (Galaxia,1994) e unha edición escolar (Galaxia, 2006) de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e dunha breve antoloxía da súa poesía (Tris-Tram, 2003). Actualmente participa nos proxectos Us and Them: Discourses on Foreignness by Irish and Galician Women Writers (1980-2007) dirixido por Manuela Palacios (USC) e Mujeres y novela criminal en España (1975-2010): autoras, figuras de poder, víctimas y criminales (MUNCE) dirixido por Elena Losada Soler (UB). RESUMOS | Sección 28. [Sociedade policontextual, imaxinario social, identidade nomádica, migración, publicidade, xénero] Moderadora: Débora Campos Lugar de celebración: Sala Q21 Galicia expósita: as orixes espúreas da identidade moderna en Sete palabras de Suso de Toro Danny M. Barreto (Vassar College) Sete palabras (2010), the autobiographical novel by Suso de Toro, leads the reader in pursuit of Faustino de Toro, the mysterious, ghostly paternal grandfather of the narrator and presumably the author. The narrator’s search is not only for a missing relation but also an unredeemed origin, identity and family narrative. This journey is one that leads to the town of Zamora and the island of Cuba, and back to the nineteenth century. These spaces and times, read metaphorically, represent the territorial, linguistic and temporal limits of modern galeguidade. In the hospitals and orphanages the scant documentation from the 1800s that he uncovers refers to Faustion with a single word meant to encapsulate his entire existence: expósito. Instead of a biography, de Toro’s search results in a novel, a literary family history whose lacunae can only be filled by fiction and conjecture. De Toro’s work, then, constructs a contemporary Galician subject whose origins in the nineteenth century are marked by absences, illegitimacy, abandonment and emigration. Sete palabras exemplifies the obstinacy of illegitimacy as a part of Galician identity at a time when many critics and writer’s concerns center on questions of legitimacy. These legitimating projects, while they vary across time, have often sought to limit Galicia to a homogenous and discrete territorial and linguistic entity. Yet galeguidade continues to elide any limiting discourse and dras our attention to the fact here exist multiple Galicias. Time and again we find ourselves having to stick adjectives to a number of places, peoples and practices that are undeniably Galician but that do not conform to these rigid 99 territorial and linguisctic boundaries: for example, Galicia irredenta, Galicia emigrante and Galicia castelanizada. Similarly, I want to argue for the existence of a Galicia espúrea, or a spurious Galicia. Spurious Galicia refuses to ignore the discontinuities, traumas ad absences in its own history. Biobibliografía Danny M. Barreto (PhD, Stony Brook University, 2010) é Visiting Assitant Professor dos Estudos Hispánicos en Vassar College (Nova York). As súas investigación e publicacións en revistas como Galicia 21, Journal of Spanish Cultural Studies e Galician Review tratan de cuestións de xénero e sexualidade, lingua e identidade nacional na produción literaria e cinematográfica galega do século XIX en adiante, e o estudo da cultura galega en relación con outras comunidades transatlánticas e outras nacións sen estado, especialmente en América Latina. Actualmente está a preparar un manuscrito que continúa a investigación que comezou na súa tese de doutoramento sobre as relacións domésticas e o problema de reconciliar fogar e patria na narrativa do Rexurdimento. “A muller loba”: licantropía e emigración galega en Nova York David Miranda Barreiro (Prifysgol Bangor | Bangor University) “A muller loba” (1993) é un relato de Claudio Rodríguez Fer, publicado na colección “Contos do Castromil” que de 1992 a 1994 esta compañía de transportes repartiu gratuitamente entre os seus viaxeiros. O relato, de corte fantástico, narra a historia de Ruth, galega descendente dunha muller loba, que decide instalarse en Nova York. Esta cidade xoga un papel ambivalente na narración. Por unha banda, Ruth afaise rapidamente á xungla urbana neoiorquina, que parece espertar os seus instintos animais. Por outra, os continuos intentos dos seus amantes por “domesticala”, facéndolle perder a súa independencia, lévana á elixir a soidade para sobrevivir. A historia de Ruth remata no xardín da Fundación Ford no centro de Manhattan, onde se agocha nunha cova custodiada pola que parece ser unha silveira galega que destaca entre a coidada (mesmo estandarizada) vexetación do parque. O seu tío, emigrante galego coma ela que a acolle á súa chegada, ten un terrible final: perde o seu traballo, tolea, e vaga polas estacións de metro, proclamando na antiga lingua dos canteiros (“o verbo dos arxinas”) que en Nova York existe unha cova que conecta esta cidade con Galicia. O relato de Rodríguez Fer entretece cuestións de identidade, xénero e clase. Ruth representa unha mitoloxía identitaria na que se mesturan a lenda e o folclore, que loita por perdurar na sociedade moderna, e acaba converténdose no desvarío que lle serve a un vello tolo para manter unha mítica conexión coa súa terra de orixe. Ao mesmo tempo, encarna unha feminidade forte e independente, que prefire a soidade á domesticación. En contraste, o fatal destino do seu tío amosa os efectos do cruel capitalismo americano nos emigrantes e a ameaza da perda da identidade local no mundo globalizado. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, fixo un Mestrado en European Studies e un doutoramento en Hispanic Studies na Prifysgol Bangor | Bangor University, onde tamén traballou como lector de español, e está actualmente contratado temporalmente como Lecturer in Hispanic Studies. Na súa tese, titulada “Discovering the Big Other: Modernity, 100 Otherness, and Nation in Early Twentieth-Century Spanish New York Narratives”, analiza o papel xogado por Nova York nun corpus de obras narrativas publicadas en España nas primeiras décadas do século XX. No seu novo proxecto de investigación, está a estudar a presenza desta cidade na literatura galega. A raíña Christina de Suecia: Representative of Galician Identity? Cultural Identity in Teresa Moure’s Herba moura Catherine Barbour (University of St. Andrews) This paper will examine the significance of the historical figure Christina of Sweden in the acclaimed novel Herba moura by Teresa Moure, examining whether the writer’s interpretation of this iconic global figure of female emancipation and subversion could be taken as a model for Galician identity. Through what she describes as a collective history of women, Moure transgresses age, profession, social class, nation and century; resurrecting overshadowed feminine historical contributions and thus exposing the repression of peripheral voices which has included those writing in Galician. One of the three female perspectives explored is that of the independent, outspoken and highly intelligent Swedish queen, 'unha muller de armas tomar', whose disillusionment with the establishment bears resemblance to the views of the provocative author herself. Renowned for her unconventional behaviour, Christina finds herself marginalised when she converts to Catholicism and abdicates the throne in defiance of the pressure to produce an heir. Her intellectual admiration and romantic affection for the ‘Father of Modern Philosophy’ Descartes is of particular resonance as he is seen as a symbol of identity, rationality and arguably patriarchal masculinity. Christina’s emigration to the continent and ensuing nostalgia for her native land and former lifestyle parallels the plight of generations of Galicians. Ultimately, her self-searching dedication to philosophy, literature and travel reflects the need for global perspectives as well as cultural investment in the consolidation of a fragile identity, with her insistence on the creation of a universal language reiterating the need for intercultural dialogue which avoids conflict and colonisation. I will investigate whether Moure’s postmodern portrayal of a seventeenth century Swedish monarch could be seen as representative of the peripheral identity of contemporary (women) writers who write in Galician from Galicia. Biobibliografía Catherine graduated with a BA in French and Spanish from Queen's University in Belfast and MLitt in Spanish and Latin American Studies from the University of St Andrews. She is particularly interested in Galician Studies having lived in the area for two years, in Santiago and Ourense respectively, and is currently in the first year of her PhD, researching the Representation of Cultural Identity in Contemporary Galician Narrative Written by Women. Catherine é licenciada en Filoloxía Francesa e Española pola Queen's University of Belfast, con Máster en Estudos Españois e Latinoamericanos pola University of St Andrews. Amosa un interese especial polos estudos galegos trala súa estadía de dous anos en Galicia, primeiro en Santiago e logo en Ourense. Na actualidade estuda o primeiro ano do seu doutoramento, centrando a súa investigación na representación da identidade cultural que emerxe da narrativa contemporánea feminina galega. 101 A identidade galega como reclamo publicitario Beatriz Galiano Leis (Lectora do CEG da Università degli Studi di Roma “La Sapienza”) No panorama publicitario galego dos últimos tempos apréciase unha crecente recorrencia ao elemento identitario como estratexia de apelación ao consumidor. As teorías empresariais e publicitarias vixentes na actualidade tenden a considerar as marcas como “receptáculos de significado”, entidades que por si mesmas son quen de transmitir unha serie de conceptos e beneficios (determinados valores simbólicos como calidade, status, distinción etc.) que o consumidor percibe máis alá da funcionalidade do produto. A relación que se establece entre un consumidor e unha determinada marca xa non só é, polo tanto, o simple acto da compra; os intereses empresariais pasan por tentar establecer relacións a longo prazo e vínculos emocionais que en moitos casos se basean en elementos identitarios. Unha marca non é un logotipo, senón a identidade que unha empresa crea a través da selección dunha serie de elementos tanxibles e formas de proceder, e que lle permite diferenciarse da competencia dentro do mercado. Deste xeito, a través dun breve percorrido por algunhas das campañas publicitarias máis exitosas e a este respecto máis significativas dos últimos anos, tentaremos determinar que elementos da identidade, idiosincrasia e cultura galegas se consideran comercialmente máis efectivos e, polo tanto, rexistran unha maior recorrencia na linguaxe publicitaria. Neste sentido, e, paralelamente, veremos como nese proceso de construción identitaria que para unha empresa constitúe a súa marca a escolla do galego como lingua de comunicación comercial pode chegar a xogar un papel fundamental. Biobibliografía Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (promoción 20052010). No curso 2010-2011 cursou o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas nesta mesma universidade. Realizou prácticas profesionais no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Muros e no Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela. Actualmente exerce como lectora de lingua, literatura e cultura galegas na Facoltà di Scienze Umanistiche da Università degli Studi di Roma “La Sapienza”. 102 RESUMOS | Sección 29. [Sociedade policontextual, sistema cultural galego, normalización cultural, invisibilización, ficción, música, xénero, representación, lesbianismo, Otero Pedrayo, Xosé Manuel Pintos] Moderadores: Olivia Rodríguez Lugar de celebración: Sala L02 Estudos críticos do pregón d’A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos Marta Vázquez Naveira (Universidade da Coruña) Con esta comunicación pretendo facer un estudo crítico dun dos ensaios máis relevantes da literatura galega, o prólogo da primeira obra da literatura galega moderna. Hai moitos e moi variados estudos sobre A Gaita Gallega mais en case todos eles abandónase o estudo do seu “pregón” que é o verdadeiro alicerce de toda a nosa literatura moderna. A Gaita Gallega é unha obra miscelánea de poesía, épica, teatro e crónica na que se intenta reflexionar sobre a situación do país, e, principalmente, do estado da súa lingua. Toda a obra é unha reivindicación do uso do galego por medio dunha linguaxe coidada e próxima ao latín, facendo referencia a anteriores ilustrados (en especial ao Pai Sarmiento de quen Pintos se sente discípulo) ou con citas de autoridade. Mais todo isto non se podería entender de non comezar a obra con ese “prólogo” que serve de carta de presentación e de declaración de intentos que outros escritores souberon usar de exemplo (moi especialmente Rosalía de Castro en Cantares Gallegos). En definitiva, con este pequeno estudo procurarase reivindicar a importancia non da Gaita Gallega cuxo valor é sobradamente recoñecido senón do seu prólogo que considero parte fundamental da obra e da nosa literatura. Biobibliografía Nacín en Coruña o 24 de abril de 1975. Son Licenciada en Filoloxía Hispánica (desde o curso 1997-1998) e en Filoloxía Galega (desde o curso 2007-2008). Defendín a miña Tese de Licenciatura o 21 de febreiro de 2003. Actualmente estou terminando a miña tese de Licenciatura (trátase dun análise comparativo textual de tres novelas de Antonio Muñoz Molina e as versións fílmicas das mesmas) tendo como titoras a Olivia Rodríguez (da Universidade da Coruña) e a Carmen Becerra (da Universidade de Vigo). Nos últimos anos traballei como profesora de secundaria en diferentes colexios de Galicia. Silencios que non son: o continuum lesbiano nas narradoras galegas María Reimóndez (Universidade de Vigo) A escasa presenza de obras de temática lesbiana na narrativa de autoras galegas semella constituír a escusa perfecta para manter silencio sobre a importancia política destes textos. As achegas críticas teñen sido realmente escasas no caso da narrativa (Domínguez Portela 2009) e mesmo na poesía onde o corpus é certamente maior (González 1999-2000). Porén, as autoras galegas estamos inmersas no corpus máis amplo da literatura occidental, onde como demostra Emma Donoghue 2010 existe unha presenza permanente da temática lesbiana que unha e outra vez queda relegada ao silencio no que aos estudos críticos se refire (algo que tamén se pode 103 deducir do estudo de Callón 2011 para a temática gay). Este silencio agocha tamén unha importante invisibilización do enorme traballo que se ten feito dende os feminismos para debater dende posicións poliédricas as maneiras de conceptualizar as obras de temática lesbiana e a súa relación (ou carencia dela) co activismo LGTB. Alén disto, as obras de temática lesbiana escritas en galego teñen unha importancia fundamental para a biodiversidade do canon literario, en particular no que á novela se refire. Así, dende as achegas do feminismo máis político de María Xosé Queizán, Teresa Moure ou eu mesma á visión máis en clave de narrativa individual de Beatriz Dacosta en Precipicios a temática lesbiana constitúe un alicerce fundamental máis na escrita das autoras galegas. Lonxe de centrar esta achega en debates xa obsoletos como a necesidade de definir o “lesbianismo” dunha obra pola orientación sexual da súa autora, esta comunicación céntrase na definición temática e busca encardinar as contribucións das autoras galegas a ese continuum da temática lesbiana occidental e analizar dende un punto de vista crítico os silencios que rodean a recepción destas obras. O obxectivo é tamén desenterrar e expoñer as raíces dende as cales traballamos as autoras para evitar que as nosas obras se perciban, en palabras de Donoghue unha e outra vez como “un crebacabezas irresoluble, unha novidade perpetua” (2010:8). Biobibliografía Tradutora e intérprete, escritora, activista e estudosa da tradución e da literatura. Ten publicado artigos sobre diferentes temas en todos estes ámbitos cun claro enfoque feminista e poscolonial. É igualmente autora de novelas, poesía, teatro e guión cinematográfico, ademais de numerosas traducións. Forma parte do grupo de investigación da Universidade de Vigo Feminario de investigación teorías e resistencias. No seu traballo de crítica literaria destaca o seu estudo das violencias da crítica contra as autoras galegas no libro “Violencias (In)Visibles” publicado por Icaria en 2010. Neste momento realiza a súa tese sobre a tradución feminista e poscolonial en Galicia na Universidade de Vigo. A gaita galega: unha nación sedutora Mano Panforreteiro (Investigador independente) Neste relatorio analizo a gaita como símbolo identitario tanto en Galicia como na diáspora. O estudo céntrase na evolución da imaxe social do gaiteiro desde o xermolo dunha conciencia nacional no século XIX até a contemporaneidade. A imaxe do gaiteiro construída durante o Rexurdimento é froito da interacción dos conceptos de xénero, nación e clase. Este músico simboliza unha masculinidade hexemónica tradicional que conxuga atractivo e potencia (hetero)sexual. Nel proxectouse a esencia do bardo e no seu instrumento, a da nostalxia lírica. O gaiteiro converteuse ademais no heroe das clases populares. Durante décadas de decadencia, a causa da chegada da Modernidade e agravada pola guerra civil e a posterior ditadura, a gaita e o gaiteiro sufriron unha degradación do seu status. Desde a fin do século XIX o gaiteiro comezara a ser desprazado do centro do palco e en décadas posteriores sería ben incorporado dentro de formacións máis numerosas ben substituído por conxuntos que tocaban outros tipos de música. Ao longo da historia tanto a gaita como o gaiteiro demostraron versatilidade e capacidade de adaptación ante as transformacións sociais e políticas. Músico e instrumento medíronse con outros estilos e parámetros musicais e no último terzo do século XX 104 comezaron a revitalizarse. A imaxe do gaiteiro tivo que ser actualizada, entre outros factores pola incorporación de gaiteiras á música profesional. Nos últimos trinta anos intérprete e instrumento experimentaron un proceso de popularización e fortalecemento simbólico que os levou a erixirse en referentes tanto institucionais como contraculturais. Solistas destacados entraron no mercado profesional e transformáronse en produtos comerciais cobrando unha nova dimensión na que triunfa o trinomio étnico-moderno-sedutor. En síntese, mostrarei como a imaxe contemporánea da gaiteira e o gaiteiro herdou os atributos adquiridos no Rexurdimento e converteuse en epítome dunha personaxe atractiva e heroica. Biobibliografía Gaiteiro desde pequeno, Mano Panforreteiro formouse como actor, e estudou Piano e Educación Musical. Traballa na música e no teatro como compositor, actor e músico; facetas que desenvolveu en Berrobambán desde 1999 a 2009. As súas intervencións no ensino son intensas e frecuentes. Mano encontra fascinante saltar barreiras entre disciplinas e borrar fronteiras entre culturas. En parte por iso é músico en Kibitka e nos dúos Dvá, con Vadim Yukhnevich, e Manamana, con Anne Gennen. Esta filosofía inspira o seu espectáculo I hear that in New York con Sabine Müller e o seu proxecto artístico en solitario: Miraquenvén. RESUMOS | Sección 30. [Miscelánea, imaxinario nacional, identidade, Castelao, audiovisual, GaliciaGales, nacionalismo, política] Moderadora: Kathleen March Lugar de celebración: Sala E 48 Apuntamentos sobre a compatibilidade do nacionalismo e do federalismo na teoría da federación. O caso de Castelao Jorge Cagiao y Conde (Université de Tours) Este traballo toma como base de estudo a contribución de Castelao á teoría da federación, principalmente a súa obra Sempre en Galiza (1944). Discútese no relatorio a tese, dabondo corrente en ciencias socias, da necesaria incompatibilidade entre o federalismo (o individuo, a razón, etc.) e o nacionalismo (o organismo, a tradición, etc.). Esta tese, que o autor considera moi matizable, ten dous inconvenientes maiores: primeiro, o carácter ideolóxico da mesma, encuberta nun discurso que se presenta como científico; segundo, as consecuencias prescritivas que carrexa necesariamente como discurso que se presenta como coñecemento. Se damos por válido que a tarefa da ciencia é principalmente descritiva (Kelsen subliña tamén o seu carácter anti-ideolóxico), o científico terá que dicir qué é e cómo pode ser o federalismo, qué é e cómo pode ser o nacionalismo, qué significa ser federalista, e qué ser nacionalista. O seu traballo ten que lévalo a facerse, entre moitas outras, preguntas como as seguintes: ¿que quere o federalismo? ¿que quere o nacionalismo? ¿poden querer cousas diferentes? ¿poden querer o mesmo?, etc. Se a resposta á pregunta “¿poden querer o mesmo?” pode ser afirmativa, como o caso de Castelao —que non é un caso illado— semella amosalo, terase que rexeitar entón a tese da necesaria incompatibilidade entre nacionalismo e federalismo. Tratarase así de ver cales son as condicións de posibilidade da compatibilidade entre federalismo e nacionalismo na teoría da federación. 105 Biobibliografía Profesor titular na Université François-Rabelais de Tours (Francia) onde ensina a civilización e o dereito español. O seu traballo de investigación céntrase na teoría do federalismo e da nación, cunha especial atención ao contexto español e galego. Do racismo á redención: Castelao, a raza e a identidade galega Craig Patterson (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) O enfoque sobre a raza e a identidade nas obras dos escritores galegos centrouse case exclusivamente en Vicente Risco. A pesar de que os comentarios anti-semíticos na obra risquiana explican en gran parte este fenómeno, tamén se debe sen dúbida ao seu apoio ao réxime franquista. O teórico apóstata do nacionalismo galego foi un branco fácil dada a reticencia da crítica a botar a mesma ollada escrutadora sobre os demais escritores galegos que se consideran indispensábeis na normalización dunha cultura minoritaria nacional. Castelao, o mascarón de proa simbólico do nacionalismo galego, expresa ideas claramente racistas en relación coas culturas negra e xudía na súa escritura pública e privada durante os anos trinta e os primeiros anos da década do 40. Con todo, chega a arrepentirse destas ideas despois de vivir experiencias formativas nos Estados Unidos e na América Latina durante o seu exilio, período cando a súa obra amosa unha tendencia cara ao distanciamento de conceptos puramente esencialistas en relación ao lugar e a identidade. Esa comunicación explora as complexidades da relación que ten Castelao coa raza e coa identidade ao examinar a súa obra publicada, os seus cadernos e o seu arte visual. Por medio de referencias á teoría crítica sobre a raza e poscolonialismo, pretende situar a Castelao dentro dun contexto máis amplo da escritura sobre o exilio e a diáspora, ademais de reflexionar sobre as implicacións que se poden formular a base desta análise para o seu estado dentro da cultura galega actual. Biobibliografía Profesor titular de Estudos hispánicos e galegos na Universidade de Cardiff. A tradución galega do seu primeiro libro presentouse baixo o título de O devalar da idea: Otero Pedrayo e a identidade galega. Nos últimos tempos a súa investigación veu examinando a produción cultural galega baixo o prisma teórico dos estudos poscoloniais. Tradutor d’A Esmorga ao inglés (On a Bender, Planet, 2012), está agora a rematar a edición inglesa do Sempre en Galiza. É o Presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos e membro correspondente da Real Academia Galega. National Cinema and Minoritized Languages: The Case of Wales and Galicia Antia Pereira Carreiro (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) Mass media is nowadays an undeniable instrument for influencing and changing attitudes and perceptions of the world. It is clear that it plays an important role in political power and social development. As a consequence of this, culture is constantly being transformed according to values and principles that are transmitted by this means of communication. In such a context, the 106 cinema of minoritized- language contexts encounters a range of challenges when attempting to identify the means that are necessary for it to articulate new cultural expressions. This paper will examine such construction through a comparative analysis of the Welsh and Galician contexts with a focus on cinema. By observing the elements that have been used on a variety of Welsh and Galician filmic representations, the similarities and differences between the two visual cultures will be identified. This will help evaluate the way or ways in which certain cinematographic elements are being portrayed in the two national cinemas. Ultimately this paper will discuss if they are to any extent significant for the re-construction of the national identity in Wales and Galicia as well as for the cultural normalization and the survival of the two minoritized languages, Welsh and Galician. Biobibliografía Antia Pereira Carreiro has been working since 2009 at the University of Birmingham where she teaches modules on Galician language and culture. She is also responsible for the organization of activities related to the Galician Language and Culture for the promotion of this language and culture. She holds a BA in English Studies and a BA in Galician and Portuguese Studies and is currently doing postgraduate studies on Galician and Welsh cinema. Cinema galego: novas perspectivas críticas e metodolóxicas Ánxeles Torres Padín (Prifysgol Bangor | Bangor University) Malia a situación económica de crise occidental e o efecto desmantelador que está a ter na cultura galega contemporánea, o cinema galego e o audiovisual semellan estar a vivir un dos seus mellores momentos creativos. Porén, nos estudos cinematográficos de ámbito peninsular e nos propios estudos culturais galegos atopamos un xiro retórico recorrente: a referencia ao cinema galego en termos de “ausencia” seguindo o marco crítico desenvolvido por Rábade Villar (2011) o cinema galego como espectro no contexto dos estudos culturais actuais. Mais como a mesma autora afirma, esta espectralidade é unha oportunidade para achegármonos a este campo de estudo desde a propia perspectiva da descontinuidade ou do que se teñen considerado como “carencias”. Neste relatorio examinarei os principais patróns críticos que amosaron os estudos cinematográficos galegos ata o de agora: 1) a tendencia a estudar case de xeito exclusivo e descritivo a figura do director e da súa filmografía, desatendendo outros factores históricos e sociolóxicos do campo cultural, 2) o frecuente laio sobre o lento desenvolvemento do medio, ou nalgúns casos a súa inexistencia. Na segunda parte farei unha serie de propostas metodolóxicas para o estudo do cinema galego, baseadas en teorías críticas ata o de agora pouco utilizadas na disciplina. Entre estas destacarei o marco da teoría do “star system” (Dyer 1970, MacDonald 1998 e Geraghty 2000) para o estudo de figuras como Luís Tosar, ou as teorías de Pierre Bourdieu sobre o campo cultural aplicadas ao cinema galego. Biobibliografía Lectora de galego do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Bangor en Gales. Os seus intereses en investigación inclúen os estudos fílmicos, a tradución audiovisual, e a terminoloxía baseada en corpus. Ata o de agora ten publicado un artigo na revista Viceversa de tradución e un Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán baseado en corpus, (do que é coautora) 107 froito da súa tesiña na Universidade de Vigo. Actualmente está a realizar un doutoramento na Escola de Linguas Modernas na Universidade de Bangor sobre cinema. 13:00 – 14:00 Pausa Xantar 14:00 – 15:00 Conferencia plenaria (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School, Sala L03) Da corredoira á Internet: a identidade da música galega diante da globalización (Luís Costa Vázquez, Consello da Cultura Galega | Universidade de Vigo) Presentador: Elisa Fernández Rei Organizado polo Consello da Cultura Galega RESUMO: Ao igual que tantas comunidades culturais e políticas no contexto europeo, e cada unha para o seu espazo, Galiza veu construíndo unha identidade cultural ao longo dos dous últimos 200 anos, na que tamén se inclúe a conformación dun imaxinario musical específico. Este proceso ten dado como resultado un conxunto de tópicos formais e discursivos, que ata hai pouco tempo permitían unha identificación exitosa cada adentro e cara afora, do que era a música galega, nos diferentes niveis da súa realización, e especialmente no ámbito da música popular. Sen embargo, os trocos no contexto social galego que teñen acaecido na segunda metade do s. XX, e particularmente nos últimos 30 anos transcorridos ata hoxe, están a demandar unha relectura deste relato identitario, en todas as frontres, incluído o musical. O contexto actual, marcado pola globalización cultural que afecta tanto aos creadores como aos receptores, enfróntanos a unha reflexión e a unha lectura crítica dos tópicos da identidade musical de Galiza. Criterios como a territorialidade, o instrumentario ou os estilemas formais da tradición oral, tenden a ceder protagonismo fronte a outros que teñen máis que ver coas estratexias da recepción e a posición da música feita desde Galiza no conxunto das etiquetas comerciais da grande distribución, e especialmente no da “música celta”. Propoñemos unha reflexión sobre a vixencia dos tópicos identitarios históricos, o seu papel no contexto actual de definición dunha etiqueta de “música galega”, tanto no imaxinario colectivo dos galegos como receptores, como no contexto do mercado internacional do grande consumo musical, e mesmo algunhas hipóteses sobre o futuro inmediato desta categoría, na dialéctica entre a liberdade dos creadores e as expectativas do público. Biobibliografía Doutor en Música pola USC, licenciado en Musicoloxía (Univ. de Oviedo) e licenciado en Historia (UNED). Profesor de Musicoloxía na actualidade, no Conservatorio Superior de Música de Vigo e Profesor Asociado na Universidade de Vigo. Como investigador, realizou a súa tese de doutoramento sobre o nacionalismo musical en Galicia, e conta con máis de 40 publicacións especializadas, nas que ten estudiado a música galega no período contemporáneo, con especial atención ás dimensións 108 sociolóxicas e antropolóxicas destas manifestacións. É membro da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega, e no campo administrativo, é Director do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (Pontevedra). 15:00 – 16:50 Paneis e relatorios en sesions paralelas H (Ysgol Fusnes Caerdydd | Cardiff Business School) Máis información e resumos, cf. infra [Sección 31. Miscelánea, literatura comparada, Galicia-Brasil, narrativa, lusofonía, GaliciaPortugal] Moderador: Burghard Baltrusch Lugar de celebración: Sala L02 1. Feijóo y Montenegro e Verney: o Teatro Crítico Universal, o Verdeiro Método de Estudar e a crítica à cultura ibérica em setecentos | Cláudio de Sá Capuano (Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro) 2. Olhares da infância e para a infância. Estudo comparativo entre os contos “A língua das mariposas”, de Manuel Rivas, e “Dias raros”/”Cidade-Mundo”, de João Anzanello Carrascoza | Marleine de Paula Marcondes e Ferreira de Toledo (Universidade de São Paulo) 3. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal | María Magdalena Vila Barbosa (Universidade de Vigo) 4. A função referencial de reintegração em sistemas culturais deficitários: o caso de Portugal para a Galiza em 1974-1978 | Roberto López-Iglésias Samartim (Universidade da Coruña) [Sección 32. Sociedade policontextual, imaxinario nacional, identidade, exilio, música, diáspora, Cuba, fotografía, migración] Moderador: Xabier Cid Lugar de celebración: Sala Q23 1. Finding Galicia in Europe: Travelogues of Early Galician Nationalists | Katie Brown (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) 2. Representacións transformadas | Janet Iglesias Cruz (Universidad de La Habana) 3. Os Catro poemas galegos de Julián Bautista: mito galego e mito español | Eva Moreda (The Open University) 109 [Sección 33. OBRADOIRO ROSALIANO] Presentación de proxectos relacionados coa obra de Rosalía de Castro Moderadora: Olga Castro Lugar de celebración: Sala C23 [Sección 34. Imaxinario nacional, identidade (nomádica), filosofía, morriña, saudade, melancolía, alteridade, migración, ficción, Méndez Ferrín, Waldo Álvarez Ínsua] Presentación do Proceso Rosalía 2013 | Luís Bará (ies Torrente Ballester). Presentación dos Seminarios rosalianos en Barcelona | María Xesús Lama, Helena González e María do Cebreiro Rábade Villar Mesa redonda sobre novidades editoriais. Coa intervención de Anxo Angueira (presentación da edición da obra galega completa en Xerais) e Henrique Monteagudo e María do Cebreiro Rábade (presentación do monográfico A renovación metodolóxica dos estudos rosalianos, na revista Grial). 1. A superposición semántica de Morriña e Saudade | Attilio Castellucci (Università degli Studi di Roma “La Sapienza”) 2. O concepto da melancolía na obra de X.L. Méndez Ferrín | Natalia Szejko (Uniwersytet Warszawski) Moderador: Craig Patterson Lugar de celebración: Sala Q21 3. Fixing Galicia: An Early Emigrant’s Imagining of Home | Ben Inman (University of Liverpool) RESUMOS | Sección 31. [Miscelánea, literatura comparada, Galicia-Brasil, narrativa, lusofonía, Galicia-Portugal] Moderador: Burghard Baltrusch Lugar de celebración: Sala L02 Feijóo y Montenegro e Verney: o Teatro Crítico Universal, o Verdeiro Método de Estudar e a crítica à cultura ibérica em setecentos Cláudio de Sá Capuano (Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro) É bastante conhecida a obra Verdeiro Método de Estudar, do padre oratoriano português Luis Antonio Verney (1713-1792), publicada em 1746 (primeiramente na Itália e posteriormente em Portugal). A obra, cujo título completo é O Verdadeiro Método de Estudar, para ser útil à República e à Igreja: proporcionado ao estilo, e necessidade de Portugal é um livro obra epistolar, assinada por um pseudônimo (Barbadinho da Congregação de Itália) e endereçada a um douto da Universidade de Coimbra. Nela, o escritor empreende uma profunda crítica ao sistema educacional português, ainda marcado, na época, por práticas caras à escolástica. No entanto, mais de uma década antes, aparecia o Teatro Crítico Universal (1726-1739), do padre galego Benedito Feijóo (Bento ou Benito Jerônimo Feijóo y Montenegro, 1676-1764), reunião de ensaios críticos e satíricos, em que aspectos da situação cultural do Portugal (e mesmo da Galiza) são criticados, devido ao que o ensaísta chama de profundo 110 atraso cultural. A crítica se estende ao até a alguns aspectos ligados ao próprio sistema educacional da época. Assim sendo, o presente trabalho visa apresentar de forma geral as ideias do padre Feijóo, para mostrar até que ponto seus escritos anteciparam as ideias que estariam posteriormente apresentadas no livro de Luis Antonio Verney. Biobibliografía Cláudio de Sá Capuano possui graduação em Letras pela Universidade do Estado do Rio de Janeiro (1996), mestrado em Letras (Ciência da Literatura) pela Universidade Federal do Rio de Janeiro (2001) e doutorado em Letras pela Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (2005). É Professor Adjunto I no Departamento de Letras e Comunicação Social da Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro. Participa, como líder, do grupo de pesquisa Discursos: história, literatura e memorialismo em interfaces contemporâneas (UFRRJ/CNPq). Atua principalmente nos seguintes temas: Literatura Portuguesa, Literaturas Africanas de Língua Portuguesa, Literatura Brasileira e Afro-brasileira, Língua e Cultura Galega. Suas pesquisas centram-se prioritariamente nas relações entre História e Literatura. Olhares da infância e para a infância. Estudo comparativo entre os contos “A língua das mariposas”, de Manuel Rivas, e “Dias raros”/“Cidade-Mundo”, de João Anzanello Carrascoza Marleine de Paula Marcondes e Ferreira de Toledo (Universidade de São Paulo) Na sensibilidade da infância é que reside a descoberta da vida, o desabrochar das surpresas e das transformações. É pelo olhar infantil que muitos recortes do cotidiano ganham nuanças especiais, assinalados, muitas vezes, por cores fortes e marcantes. É uma perspectiva atraente, permeada de sinceridade e pormenores, que apenas a visão de uma criança consegue captar. É justamente essa perspectiva o fio condutor da presente comunicação, que tem por objetivo apresentar uma análise comparativa entre o conto A língua das mariposas, do escritor, ensaísta e jornalista galego Manuel Rivas , e os contos Dias raros e Cidade-mundo, do redator de propaganda, editor, escritor e professor universitário brasileiro João Anzanello Carrascoza. Estudar esses contos é penetrar na infância submetida a provações impostas pelos pais e pela sociedade; é descobrir as contradições entre o dizer e o fazer dos adultos; é encontrar na natureza o elemento de aproximação de gerações distantes; é surpreender-se com as consequências derivadas do poder maternal; é conhecer os resultados da exploração do desconhecido. Uma riqueza de temas que fazem do foco narrativo um instrumento valioso, cuja finalidade maior é apresentar um mundo carregado de sutilezas e poesia. Biobibliografía Graduada em Letras e Direito pela Universidade de São Paulo (USP). Professora da Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas da Universidade de São Paulo (USP), onde se doutorou com a tese “A sátira medieval galego-portuguesa: o sirventês moral”, e da Escola Superior de Propaganda e Marketing (ESPM). Tem trabalhado na graduação e pós-graduação. Professora convidada e visitante de universidades de Portugal, Espanha, França, China, Panamá, Peru. Autora de várias obras publicadas no Brasil e no exterior, como, por exemplo, A voz das águas, O ato de redigir, Cultura Brasileira, Entre olhares e vozes, Milton Hatoum: itinerário para um certo relato, Olga Savary: erotismo e paixão. Tem colaborado, ao longo dos anos, em 111 jornais e revistas especializadas. Avaliadora e supervisora do Ministério da Educação do Brasil. Primeira aproximación á tradución da literatura galega en Brasil e Portugal María Magdalena Vila Barbosa (Universidade de Vigo) Nos sistemas literarios minoritarios a tradución inversa desempeña unha función extraliteraria de prestixio e autorrecoñecemento. A literatura galega traducida ten presenza en 34 comunidades lingüísticas, ocupando o portugués, nos últimos anos, o terceiro lugar coma lingua de chegada. O propósito principal desta comunicación é a análise da política editorial das traducións literarias de obras galegas vertidas ao portugués de Portugal e Brasil. Ademais de presentar os datos estatísticos dos libros galegos traducidos ao portugués entre 1975 e 2011, trataremos os fenómenos paratradutivos que modelan a faciana do panorama da tradución dende o galego. Abordaremos interrogantes coma: por que se traduciron determinados libros e autores e non outros; que visión da literatura galega se desexa construír e se constrúe de feito a través desa escolla; en que medida influíron ―se o fixeron― esas obras galegas vertidas ao portugués na canonización dos nosos autores e na construción da imaxe da cultura e literatura galega nos dous países receptores. Subliñamos a importancia destas dúas variábeis: o par de linguas implicadas e a direccionalidade. O enorme grao de parentesco entre as dúas linguas e a situación política e sociolingüística do galego son as causas que explican a existencia de situacións extremas como a promoción de autores galegos coa etiqueta de escritores españois ―recorréndose á (auto)tradución castelá coma un novo orixinal― e as alegacións a favor da exportación dos autores galegos a Portugal e Brasil sen pasar polo filtro da tradución ―apostándose así pola intelixibilidade entre esas linguas ou polo uso dun galego reintegracionista. Se ben as traducións son fenómenos da cultura de chegada (Even-Zohar 1990 e Toury 1995), cando falamos de literaturas aínda en construción, a planificación da exportación dos seus autores cara a outros mercados adquire unha especial relevancia, acadando así protagonismo a cultura de partida. Dende o sistema exportador galego, cunha etiqueta de pequena literatura (Figueroa 2001), a exportación faise con certo desexo militante de autoafirmación. Biobibliografía 2011-en curso: Investigadora predoutoral contratada no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo a través das Axudas de apoio á etapa predoutoral do Plan I2C (Xunta de Galicia). 2010-en curso: Realización da Tese de doutoramento no programa de Tra-dución e Paratradución (Universidade de Vigo). 2009-2010: Mestrado en Tradución e Paratradución (Universidade de Vigo). 2008-2009: Tese de licenciatura: “Traducir la literatura brasileña. Aproximación a Tebas do meu coração, de Nélida Piñon, en castellano”. Director: Xosé Manuel Dasilva Fernández (Universidade de Vigo). 2008-2009: CAP: especialidade lingua estranxeira (Universidade de Valladolid). 2003-2008: Licenciatura en Tradución e Interpretación (Universidade de Vigo). 112 A função referencial de reintegração em sistemas culturais deficitários: o caso de Portugal para a Galiza em 1974-1978 Roberto López-Iglésias Samartim (Universidade da Coruña) Os grupos e agentes que participam no processo de institucionalização de sistemas culturais deficitários mantêm relações com os seus homólogos de outros sistemas culturais identificados em virtude de compartilharem (quer esses agentes e grupos quer ambos os sistemas no seu conjunto) programas, estratégias, afinidades de diverso tipo ou materiais constitutivos. Para o caso galego, Portugal funciona para o galeguismo historicamente considerado como referente de reintegraçom em virtude de compartilhar com o Sistema Cultural Galego (SCG) elementos identitários constituintes (tradição, língua, etnia, saudade, volksgeist ...). Ora, desde a eclosão na Galiza do nacionalismo de orientação marxista e anticolonial na década de sessenta do século XX, ao lado desta referencialidade de reintegração sustentada polos grupos com maior grau de institucionalização e maior apego à tradição galeguista, é possível detetar nos programas e nas práticas de vários grupos ativos no SCG tanto a secundarização deste elemento como a troca da função histórica de referente de reintegração pola de referente de analogia (nomeadamente ao calor dos acontecimentos revolucionários do 25 de Abril de 1974) ou de oposição (durante o processo de elaboração lingüística em andamento desde inícios de setenta), facto que verificámos está em dependência direta dos projetos político e lingüístico que cada grupo participante no SCG deseja implementar. Através da análise das relações e dos discursos e as práticas culturais dos grupos envolvidos no SCG entre 1974 e 1978, a presente comunicação estuda a função referencial atribuída por estes agentes ao sistema cultural português em partícular, e ao intersistema lusófono em geral, nos vários campos culturais em que atuam no período de máxima incerteza no processo de mudança política operada no Estado Espanhol durante a passagem do regime franquista para o regime autonómico e a monarquia parlamentar. Biobibliografía Licenciado em Filologia Galega com prémio extraordinário (1998), Filologia Portuguesa (1998), DEA em Estudos Clássicos e Medievais (2000) e Doutor em Filologia Galega (2010) pola USC. Bolseiro de investigação do Instituto Camões (1999-2001) e da USC (2003-2005), professor na Universidade de Vigo (2003) e, desde 2006, professor contrado na Universidade da Corunha. Participa no projeto Fabricação e Socialização de Ideias num Sistema Emergente durante um Período de Mudança Política (Galiza 1968-1982), onde se enquadrou a tese de doutoramento O Processo de Construçom do Sistema Literário Galego entre o Franquismo e a Transiçom (19741978): Margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural (USC, 2010). Desde novembro de 2010 dirige a Agália. Revista de Estudos na Cultura e desde julho de 2011 é Secretário Geral da Associação Internacional de Lusitanistas (CV disponível em http://www.grupogalabra.com/equipa/ 55-roberto-lopez-iglesiassamartim.html?catid=34%3Aequipa). 113 RESUMOS | Sección 32. [Sociedade policontextual, imaxinario nacional, identidade, exilio, música, diáspora, Cuba, fotografía, migración] Moderador: Xabier Cid Lugar de celebración: Sala Q23 Finding Galicia in Europe: Travelogues of Early Galician Nationalists Katie Brown (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) In this time of ‘ever closer union’, Galicia is increasingly questioning its place within Europe. It is today discussed whether Galicia can take advantage of Europe as a framework beyond the Spanish state. In this context, it is instructive to examine the role of Europe in the history of Galician nationalism. This paper therefore explores how the idea of Europe was a key factor of early Galician nationalism, providing Galicians with role-models beyond Castille-dominated Spain. In particular, it focuses on three travelogues by early Galician nationalists: two autobiographical (Risco’s Mitteleuropa and Castelao’s Diario 1921) and one fictionalised (Otero Pedrayo’s Arredor de si) asking how travels within Europe created a sense of Galician identity. After a critical examination of the relationship between journeys and identity formation in general, this paper analyses how encounters with other Europeans engendered an increased sense of Galician distinctness from Spain and similarity with central Europe (in both cultural and ethnic terms). These relatively unexplored texts provide a valuable insight into the continued importance of Europe for Galicia. Biobibliografía Katie Brown is currently studying for an MA European Studies at Cardiff University, funded by a Formula Santander scholarship. She received a First Class BA Modern Languages and European Studies (French and Spanish) from the University of Bath, for which she won the Gordon Horner Prize for Best Undergraduate Performance. Her main research interest is the relationship between literature and national identity. Having discovered a passion for Galicia through her MA course, she is writing her dissertation on European travelogues of Galician nationalists. Representacións transformadas Janet Iglesias Cruz (Universidad de La Habana) El cambio del siglo XIX al XX, va a representar para los españoles en Cuba un cambio, pasando de nacionales a extranjeros. Este momento histórico puede verse como “un dilatado proceso de adaptación que tomó unos cuantos años, caracterizados por conflictos —tan comunes entre los mismos peninsulares como entre éstos y los antillanos— y a la vez por un manifiesto deseo de formar parte del nuevo orden político y económico establecido en las … Antillas tras el armisticio.” La fotografía tiene un papel fundamental para documentar este proceso de transformación del gallego que viene a Cuba. Estos valiosos documentos primarios nos permitirán reconstruir el desarrollo cotidiano de estas comunidades. En esta comunicación pretendemos mediante el estudio de la fotografía visualizar las transformaciones que ocurrieron en los gallegos emigrados a Cuba entre 1899 y 1930. Pues, consideramos a la fotografía como 114 “una huella real de un acontecimiento”, aunque estamos conscientes que la fotografía no es la realidad, sino, a penas, una representación de un fragmento de la realidad. Biobibliografía Profesora Investigadora de la Casa de Altos Estudios Don Fernando Ortiz de la Universidad de La Habana. Ha colaborado con el Centro Gallego de La Habana y la Cátedra de Cultura Galega de la Universidad de La Habana. Miembro desde el 2011 de la Asociación Internacional de Estudios Gallegos. Participó en sus IV y IX Congreso. Organizó el evento “A 100 años de Manuel Curros Enríquez en La Habana”, Universidad de La Habana, 2008. Sobre los gallegos en Cuba, ha publicado: Revista “Debates Americanos”; Escuchando el rumor de los pinos desde Cuba. en De raíz profunda. Galicia y lo gallego en Cuba (Universidad de Santiago de Compostela); Revista de Estudios Históricos de la Masonería Latinoamericana y Caribeña. Tradución e identidade nacional na Época Nós Silvia Vázquez Fernández (University of Exeter) No contexto do proceso de creación da identidade nacional galega levado a cabo pola Xeración Nós na primeira metade do século XX, a tradución de textos literarios irlandeses tivo un papel fundamental. Seguindo un ideario político nacionalista baseado nos conceptos de Celtismo e Atlantismo, os intelectuais galegos estableceron, por medio da tradución, unha relación de irmandade con Irlanda non só co fin de introducir en Galicia os innovadores modelos literarios irlandeses e de promocionar e normalizar o uso da lingua galega, senón tamén para crear un efecto de identificación entre as dúas nacións e, deste xeito, incorporar a Galicia dentro da tradición mitolóxica celta. Tendo en conta estas consideracións, tratarei de mostrar como estas traducións foron empregadas como instrumentos políticos que contribuíron a articular un discurso nacionalista. Atendendo aos postulados teóricos propostos polas modernas teorías de tradución postcolonial, que teñen en conta as desigualdades existentes entre comunidades lingüísticas e relacionan a actividade tradutora con procesos políticos como dominación e submisión, asimilación e resistencia (Robinson 1997), ofrecerei unha visión da tradución como proceso de apropiación que procura establecer un diálogo co alleo e serve como forma de resistencia a influencia da cultura castelá e de reafirmación da identidade nacional de Galicia. Biobibliografía Silvia Vázquez licenciouse en Filoloxía Hispánica na universidade de Santiago de Compostela e obtivo o título de Máster en Tradución Aplicada na universidade de Exeter. Actualmente, está cursando o doutoramento na universidade de Exeter cunha tese titulada “Tradución, minoría e identidade nacional. A tradución/ apropiación de W.B Yeats en Galicia (1920-1936)”. Silvia ensinou Lingua Española en diferentes institucións como a universidade de Leicester, a universidade de Oxford e a universidade de Exeter. Os seus principais intereses de investigación son os Estudos de Tradución, a identidade nacional en Galicia e as metodoloxías para a aprendizaxe de linguas. 115 Os Catro poemas galegos de Julián Bautista: mito galego e mito español Eva Moreda (The Open University) En 1946, o compositor español exiliado en Buenos Aires Julián Bautista (1901 – 1961) escribiu o ciclo de cancións Catro poemas galegos, baseados en Catro poemas pra catro grabados, de Lorenzo Varela, á súa vez inspirados nos gravados de Luís Seoane que retrataban catro coñecidas figuras histórico-míticas galegas: María Pita, Rui Xordo, María Balteira e o bispo Adaúlfo. A obra foi estreada en xuño de 1948, no prestixioso festival anual da Sociedade Internacional de Música Contemporánea. Case vinte anos despois, en 1967, Catro poemas galegos foi incluído no programa do Segundo Festival de Música de América e España, un dos eventos culturais estrela dos anos sesenta organizado polo goberno franquista en Madrid; a inclusión de Bautista no programa é menos sorprendente do que pode parecer a primeira vista, pois desde os anos 50 o réxime franquista mantivera contactos con varios músicos exiliados para reintegralos (de forma máis simbólica que literal) na vida musical do país. Este artigo explora a inclusión dos Catro poemas galegos no festival e a súa recepción na prensa musical madrileña. Céntrase nas interpretacións que se deron á obra e a súa relación co mito, o que fixo que fose aceptable para o réxime franquista incluír unha obra que desenvolve temas nacionalistas galegos nun evento destinado a demostrar a hexemonía dunha cultura española centralista e castelanista. Biobibliografía Doutora en Musicoloxía por Royal Holloway College – Universidade de Londres. As súas liñas de investigación céntranse na historia política e cultural da música española durante o século XX, e as súas publicacións existentes ou en preparación abarcan temas como a prensa musical española na posguerra, a recepción da música española no Reino Unido durante a Primeira Guerra Mundial, ou a presenza de compañías de bailes tradicionais e flamenco en Londres durante a Guerra Fría. Actualmente é docente na Open University. Tamén é novelista en lingua galega e obtivo varios premios de narrativa. RESUMOS | Sección 33. [OBRADOIRO ROSALIANO] Presentación de proxectos relacionados coa obra de Rosalía de Castro Moderadora: Olga Castro Lugar de celebración: Sala C23 Presentación do Proceso Rosalía 2013. Luís Bará (IES Torrente Ballester) Presentación Proceso Rosalía é unha iniciativa dirixida a concertar unha acción pública cidadá sobre a figura de Rosalía de Castro, o seu compromiso como galega e como muller, a súa obra rupturista no contido e na forma, e o seu papel central na fundación da literatura galega contemporánea. Unha figura histórica que precisa dunha “posta ao día” para romper clixés e propiciar o achegamento de expertos e a cidadanía en xeral a unha vida complexa polas súas decisións contracorrente e a unha obra extraordinariamente rica, diversa e innovadora. A conmemoración en 2013 do 150 116 aniverario da publicación de Cantares Gallegos, os 50 anos da creación da festa das letras galegas en 1963 xustifican unha iniciativa deste tipo. No horizonte dos próximos anos novas conmemoración e o segundo centenario de 2037 balizan un tempo para poñer a Rosalía no mapa, no corazón e nas arelas das persoas comprometidas con Galiza. Do proxecto ao proceso A iniciativa tenta ir máis alá dun proxecto ao uso. Un proxecto ten como finalidade cambiar unha realidade determinada, crear un produto, unha actividade, un espectáculo. Un proceso supón a definición clara de obxectivos e propostas para transformar a realidade no nivel das ideas, das percepcións, das actitudes e das actuacións. Obxectivos Nacionais: coñecemento e recoñecemento de Rosalía de Castro nas múltiples dimensións da súa figura como escritora/intelectual/pensadora feminista Internacionais: divulgación internacional da vida, obra e pensamento de Rosalía Criterios Participación Xénero Autoxestión Socialización Autofinanciamento Continuidade no tempo Contidos 1. Conmemoración internacional do Día de Rosalía (24 de febreiro). Festival Rosaliano. 2. RedeRosalía Espazo web concebido como soporte de iniciativas, ideas, proxectos, novas do proceso. Punto de encontro e de relación de institucións e persoas implicadas no proceso. 3. Áreas 3.1. Área de creación Literatura Audiovisual BD Música. Producións. Produtos. Novos formatos 3.2. Área de Pensamento. Pensamento Feminista. Pensamento Galeguista. Espazo das Utopías. Foro Rosalía. 3.4. Área de publicacións. 3.5. Área institucional e académica. Centro Rosalía. Documentación. Estudo. Modelo de financiamento Patrocinadores/as, Promotores/as, Socios/as, Colaboradores/as 117 Organigrama Equipo de coordinación. Coordinación de áreas e proxectos. Consello asesor: persoas e entidades Bioblibliografía: Luís Bará Torres (Vilaboa, 1965) Licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago (1988). Profesor de ensino medio en espectativa de destino no Instituto Rosalía de Castro de Compostela (1989-1990) Profesor de Ensino Medio no IES Torrente Ballester de Pontevedra (1990-1999 e 2009-2011). Actividade institucional 1999-2005. Concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística no concello de Pontevedra. 2005-2009. Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia. 2009-2011. Concelleiro non electo no concello de Pontevedra. 2011- Concelleiro de Centro Histórico, Patrimonio Cultural e Mobilidade no Concello de Pontevedra. Actividade académica e publicacións Coautor dos libros de didáctica da lingua A descrición, A Narración, A exposición e argumentación, O diálogo, editados por Xerais. Integrante do comité organizador de Cultur.Gal (2008), Congreso Alexandre Bóveda (2003), Congreso Castelao Co pensamento na Galiza (2000), Congreso sobre o exilio galego (2001), Congreso Galicia na loita antifranquista (2006). RESUMOS | Sección 34. [Imaxinario nacional, identidade (nomádica), filosofía, morriña, saudade, posmorriña, melancolía, alteridade, migración, ficción, Méndez Ferrín, Waldo Álvarez Ínsua] Moderadores: Craig Patterson Lugar de celebración: Sala Q21 A superposición semántica de Morriña e Saudade Attilio Castellucci (Università degli Studi di Roma “La Sapienza”) A saudade en Portugal e a Morriña en Galicia constitúen trazos distintivos de ambos os dous pobos. Trátase de estados de ánimo que desde tempos inmemoriais caracterizan de maneira profunda o sentir e a identidade dun pobo. A valencia semántica dos dous termos semella equivalente e, incluso na propia Galicia, o lexema “saudade” parece que se documenta xa en época medieval. Moi difundido xa entre os trobadores galego-portugueses, continúa a ser empregado na actualidade con bastante frecuencia. O lexema “morriña”, en cambio, documéntase máis tarde. A hipótese máis aceptada é que “saudade” ten unha orixe máis culta, e por iso se documenta precozmente na lingua escrita, mentres que “morriña” é de orixe popular, 118 de aí que se difunda inicialmente só na lingua oral, motivo polo cal os primeiros testemuños en textos documentais ou obras non aparecen ata moito despois. Pero realmente isto é así? Chegados a este punto as hipóteses poden tomar dous camiños. Un, que os dous termos fosen utilizados contemporaneamente desde ben cedo, pero que por pertenceren a dous niveis estilísticos diferentes, un alto e outro popular, un deles deixase pegada escrita desde os comezos da lingua, mentres que do outro non tivésemos noticia ata tempos relativamente recentes. A outra hipótese é que “morriña” nace posteriormente e en ámbito galego. Neste caso cómpre preguntarse por que o galego, dispoñendo xa da palabra “saudade” para expresar este peculiar estado de ánimo, este modo de sentir característico dun pobo e dunha cultura, sentiu a necesidade de recorrer a outro lexema, alcuñando un novo termo cun significado equivalente. Outra cuestión que aínda non se pechou ten que ver coa etimoloxía dos dous termos. Resulta interesante analizar, para ambos os dous casos, a reconstrución derivativa para valorar se a xénese dos dous termos foi restablecida de maneira filoloxicamente correcta e indiscutible, ou se existe a posibilidade de revisar as hipóteses adoptadas ata este momento sobre este particular. Biobibliografía Licenciado en Filoloxía Románica na Università degli Studi di Roma en 1992. En 1996 obtén o Doutoramento. Dende 1999 ensina Lingua e Literatura Galega na Università degli studi di Roma “La Sapienza”. Impartiu, ademais, Lingua e Tradución Española tanto en Roma como na Università della Basilicata. Foi bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Como tradutor, son súas as versión italianas das novelas galegas A esmorga, de Eduardo Blanco Amor, O club da calceta e Pirata de María Reimóndez, As rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello, e dunha escolla de poesía de Lino Braxe; do español traduciu El trompetista del Utopia de Fernando Aramburu, Las Trece Rosas de Jesús Ferrero e unha escolla de poesía de Kirmen Uribe; do catalán traduciu poesías soltas de Laia Noguera i Clofent. O concepto da melancolía na obra de X.L. Méndez Ferrín Natalia Szejko (Uniwersytet Warszawski) Neste traballo preténdese expoñer a relación entre os movementos filosóficos do existencialismo e as teorías filosófico-sociais da melancolía na obra narrativa de X.L. Méndez Ferrín. Como punto de partida tomaranse en conta, sobre todo, as seguintes obras literarias: Percibal e outras historias, Arraianos, O crepúsculo e as formigas. Trátase, en primeiro lugar, da construción dos espazos imaxinarios e o uso destes para obter un efecto determinado. Dentro de este ambiente sitúanse tanto a elección dos personaxes como a ambientación destes dentro das relacións interpersoais, que son unha realización dun proxecto dado. Un dos elementos máis importantes para a formulación da melancolía constitúeo o feito de aludir aos trazos filosóficos da identidade galega, particularmente ao concepto da melancolía galega, a saudade. Moi importante é a influencia dos traballos de Ramón Otero Pedrayo e o emprego dos conceptos de añoranza, nostalxia e arela como a singularización do ser. No marco desta análise farase a comparación cos fenómenos de melancolía e depresión descritos por Julia Kristeva como emocións básicas para o desenvolvemento creativo do ser humano e a súa loita co baleiro ontolóxico no que vive. En primeiro lugar vaise aplicar o canibalismo melancólico e desintegración existencial. 119 Basearase, ademais, en traballos de Jean-Paul Sartre e Albert Camus e as teorías existencialistas da rebeldía existencial, revolución metafísica e filosofía do absurdo. Farase, ademais, unha descrición das teorías de psiquiatra polaco Antoni Kępiński no marco dos motivos descritos en obras do autor galego cun enfoque especial aos conceptos de lebensraum e diferentes tipos da tristeza (miúda e ruidosa, visible e invisible, sucia e limpa, valeira e chea). Biobibliografía Estudante do master na sección da literatura do Instituto de Estudos Ibéricos e Iberoamericanos da Universidade de Varsovia (2 ano), diplomatura no Instituto de Estudios Ibéricos e Iberoamericanos de Universidade de Varsovia (2008-2010), bolseira do proxecto Erasmus en Universidade de Santiago de Compostela (2009-2010), participante do Curso de verán da lingua e cultura galegas organizado por USC (nivel medio 2011), participante das aulas de lingua, cultura e literatura galega e Universidade de Varsovia (2010-2012), participante e relator en varias conferencias en Polonia (Varsovia, Wrocław, Lublin, Łódź), estudante de medicina da Universidade de Medicina de Varsovia (dende ano 2006), membro da Asociación Estudantil de Psiquiatría. Fixing Galicia: An Early Emigrant’s Imagining of Home Ben Inman (University of Liverpool) This paper explores the tension between an imagined Galicia, imagined from the distance of emigration, and the real material territorially bounded space by exploring the encounter between the two in the celebrated emigrant journalist and writer Waldo Álvarez Insua’s Galicia Contemporánea: Páginas de Viaje (1889). The text, a compilation of travel writings and short essays, recounts his journeys around Galicia on his first return visit since emigrating, communicating to the intended audience of fellow Galicians resident in Cuba his observations and impressions of “home” after twelve years of absence. In this paper I examine how this alternative imagining of the territory of origin created and sustained by emigrant elites and frequently visualised by Álvarez Insua in El Eco de Galicia (1878-1902), the cultural journal he founded in Havana, does not reflect the reality of the Galicia he reencounters upon his return. I argue that beyond the idiosyncratic emotion conditions of saudade and morriña these early visions of the homeland are also the product of a conflict between the first-hand lived experience of an acutely mobile Galicia and the essentialist desire to “fix” Galicia, looking back to a region in stasis. Biobibliografía I am a second year PhD student examining cultural mobility across the Galician Atlantic through the early Galician emigrant press. Taking three examples of these publications from three separate points (Havana, Buenos Aires, and Montevideo) as case studies, I aim to trace the movement of not just people but also goods, texts, and ideas between these dispersed communities to highlight the role of the emigrant press in developing and maintaining complex transatlantic networks, and to show that Galicia’s migration experience went beyond the unidirectional movement of emigrants and the solely bilateral links between home and away. 120 17:20 – 18:20 Conferencia plenaria de clausura (Concert Hall, Department of Music) Habitar, ocupar, transitar. Prácticas literarias e escritoras na era dixital (Helena González Fernández, Universitat de Barcelona) Presentadora: María do Cebreiro Rábade Villar RESUMO: Un dos fenómenos máis interesantes que acompañaron o abrir de século XXI foi a proliferación dos formatos populares de escrita electrónica, o blogomillo. O blog literario apareceu como unha oportunidade para as escritoras galegas xestionaren directamente a súa obra de creación e ensaiaren as súas propostas a partir dun concepto expandido da textualidade. Nun momento histórico complexo e convulso no que atinxe ás políticas culturais e lingüística, a cultura galega asiste á emerxencia de novas escritoras que ven na era dixital un reto, porque se produce unha popularización da lectura no soporte electrónico. O texto literario de autoría feminina ten, daquela, unha oportunidade de autoxestión que convida a ampliar a experimentación coa palabra cara ao que Heloísa Buarque de Hollanda denominou prácticas literarias, e que sobordan os límites convencionais do texto. Agora, nun momento no que o blog xa non é un formato de moda e moitas destas bitácoras desaparecen ou se complementan con redes sociais, cómpre analizar e valorar de maneira panorámica as contribucións das escritoras e as súas prácticas literarias nese formato. Que uso fixeron as escritoras galegas do blog? Que tipo de prácticas literarias resultan máis innovadoras? Como influíron estas prácticas literarias na súa obra? As identidades xeradas no blog e noutros formatos electrónicos asociados responden ás perspectivas emancipadoras que adiantou o primeiro ciberfeminismo? Como negocian as escritoras o xénero e a nación nestes soportes? Que tipos de comunidades on-line xeraron estes entornos? Biobibliografía: Profesora titular de Estudis Gallecs i Portuguesos e investigadora do Centre Dona i Literatura na Universitat de Barcelona. Especializouse en crítica literaria feminista, cultura popular, literatura galega contemporánea e relacións culturais Galicia-Cataluña. Entre os seus libros recentes destacan Máxima audiencia (con I. Clúa, 2011), Género y nación (2009), Do sentimento á conciencia de Galicia (con M.X. Lama, 2009), Palabras extremas (con M. Palacios, 2008), a edición de Más allá del tiempo de María Mariño (2007), Elas e o paraugas totalizador (2005). É codirectora de Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal (en edición) e forma parte do consello editorial de Lectora. Revista de Dones i Textualitat. http://www.ub.edu/filgalport/helena_gonzalez.htm 121 18:00 – 19:00 Acto de clausura (Concert Hall, Department of Music) Cara a tres décadas da AIEG PRESENTACIÓN EDITORIAL ACTUACIÓN MUSICAL: Amanda Whiting Normas de presentación dos orixinais Con posterioridade á celebración do congreso editaranse varias publicacións por eido temático, en editoriais galegas e internacionais sometidas a un proceso de revisión por pares. Todas aquelas e aqueles relatores que desexen que os seus traballos sexan valorados para incluírse nestas publicacións, deben enviar os seus manuscritos a [email protected] antes do 30 de novembro de 2012 cumprindo as seguintes NORMAS PRELIMINARES DE EDICIÓN. As autoras e autores serán informados en todo momento da editorial e colección para a que se preseleccionou o seu traballo así como das normas de presentación de orixinais desa editorial. Antes do envío do seu manuscrito á editorial, as autoras e autores resérvanse o dereito de aceptar ou rexeitar a súa inclusión nese volume. 1. O texto debe ser entregado en formato electrónico antes do 31 de decembro de 2012 en versión electrónica formatada para PC (en Microsoft Word). 2. O arquivo ha ser remitido a [email protected]. 3. Extensión máxima de 7000 palabras. 4. Xunto co orixinal, deberá enviarse un resumo de 12-15 liñas (entre 150 e 200 palabras). O resumo deberá enviarse na lingua de redacción do texto e en lingua inglesa (e no seu caso en galego). Este resumo deberá estar incorporados na primeira páxina do texto (inmediatamente antes do comezo deste) en Times New Roman a 11 puntos. 5. O resumo irá acompañado dun máximo de 5 palabras chave en galego e en inglés. 6. A primeira páxina do documento deberá conter, por esta orde, e sempre en liñas diferentes: a) o título; b) o nome e apelidos da/o autor/a ou autores/as; c) a súa institución; d) o enderezo electrónico do autor/a; e) O resumo de 12-15 liñas. 7. Outros aspectos de formato: interliñado a 1,5. Tipo e corpo de letra: Times New Roman de 12 puntos. Marxes: 3 cm á esquerda, á dereita, arriba e abaixo. Xustificación completa. As notas irán situadas a pé de páxina: hanse numerar con números árabes de 1 en diante, e a numeración avanzará correlativamente desde o principio ata o final do texto. Para os números hanse utilizar 11 puntos, e para o texto das notas 10 puntos (e, en tódolos casos, Times New Roman). As citas a pé de páxina non se utilizarán para introducir novas referencias bibliográficas completas, que, en 122 tódolos casos, estarán incluídas na bibliografía final do traballo. 8. Táboas, cadros e gráficos: tanto na versión electrónica como na impresa, cada táboa, cadro ou gráfico debe estar debidamente inserido no lugar definitivo que lle corresponde. Tódolos cadros, gráficos e táboas deben realizarse coas ferramentas axeitadas que forneza o procesador de textos utilizado para o formato do artigo. 9. Transcrición de fragmentos de fala. Nos casos en que se empreguen convencións de transcrición, deberá incluírse un “Apéndice” de convencións de transcrición, que irá colocado ó final do texto, e inmediatamente antes das referencias bibliográficas. Os exemplos e fragmentos de transcrición deberán estar, no seu caso, acompañados (e en liñas independentes e sucesivas) da glosa correspondente na lingua do artigo e/ou en galego. 10. Remisións bibliográficas dentro do texto. O formato debe se-lo seguinte: (Hymes, 1974: 122-23) (Hymes, 1974: 122-23; Dorian, 1981: 16) (Fishman, 1968a, 1968b; Fishman, Ferguson & Das Gupta, 1968) 11. Modelo de cita bibliográfica literal: utilice sangría francesa de 1,25 cm. Corpo e tipo de letra: Times New Roman de 10 puntos. O texto debe ter unha xustificación completa. 12. Unha sección titulada “Referencias bibliográficas” deberá ser incluída ó final do manuscrito. Sígase o seguinte modelo: Auer, P. (1997). “Bilingual conversation analysis and beyond”. Relatorio presentado no First International Symposium on Bilingualism, Newcastle upon Tyne, 912 abril 1997, Inglaterra. Fishman, J. (ed.) (1968). Readings in the Sociology of Language. A Haia: Mouton. Gumperz, J.J. & D. Hymes (1972). Directions in Sociolinguistics. Nova York: Holt, Rinehart & Winston. Heller, M. (1995). “Code-switching and the politics of language”. In L. Milroy & P. Muysken (eds.), One speaker, two languages. Cross-disciplinary perspectives on code-switching. Cambridge: Cambridge University Press, 158-74. Labov, W. (1972). Sociolinguistic Patterns. Filadelfia: University of Pennsylvania Press. Lanza, E. (1992). “Can bilingual two years olds switch?”, Journal of Child Language 19, 633-58. Nussbaum, L. (1991). “Plurilingualism in a foreign language classroom in Catalonia”. In Papers for the Workshop on Impact and Consequences: 123 Broader Considerations (Bruxelas, 22-24 Novembro 1990, Network on CodeSwitching and Language Contact). Estrasburgo: European Science Foundation, 141-63. Publicacións da AIEG Libros a partir das contribucións ao IX Congreso (Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, 13-17/VII/2009): Novas achegas ao estudo da cultura galega II, ed. Olivia Rodríguez González, Burghard Baltrusch & Laura Carballo Piñeiro, A Coruña: Universidade da Coruña [no prelo]. Boletín Galego de Literatura 45, ed. Arturo Casas Vales, Santiago de Compostela: Servizo de Publicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Libros a partir das contribucións ao VIII Congreso (Salvador da Bahia, 15/IX/2006): 13- Soldando Sal. Galician Studies in Translation & Paratranslation, ed. por Burghard Baltrusch, Gabriel Pérez Durán e Kathrin Sartingen, München: Martin Meidenbauer Verlag, 2009. A lingüística galega desde alén mar, ed. por Gabriel Rei-Doval, Santiago de Compostela: Universidade de Vigo, Instituto da Lingua Galega, Departamento de Filoloxía Galega e Asociación Internacional de Estudos Galegos, 2009. Novas achegas ao estudo da cultura galega, edición electrónica por Olivia Rodríguez González e Laura Mariño Sánchez, A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, Consello da Cultura Galega e Asociación Internacional de Estudos Galegos 2009. Actas de congresos anteriores: Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos: “Mulleres en Galicia” / “Galicia e os outros pobos da Península”, Universitat de Barcelona, 28-31 de maio de 2003, edición de María Xesús Lama López, Sada (A Coruña): Ediciós do Castro; Barcelona: Centro de Estudos Galegos, 2008. Libro + CD-Rom. ISBN: 978-84-8485-266-7. Consulta e descarga en http://dialnet.unirioja.es/servlet/libro?codigo=328977. Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos: un século de estudios galegos, Galicia fóra de Galicia : Universidad de La Habana, 17-21 de abril de 2000, edición de Dieter Kremer, Sada (A Coruña): Ediciós do Castro; Trier: GalicienZentrum der Universität Trier = Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Trier, 2001, ISBN 84-8485-000-5 (o.c.) 84-8485-001-3 (v.1) 848485-002-1 (v.2). 124 Actas do V Congreso Internacional de Estudios Galegos: Universidade de Tréveris = Akten des 5. Internationalen Kongresses für Galicische Studien: Universität Trier, 8-11 de outubro de 1997, edición de Dieter Kremer, Sada (A Coruña): Ediciós do Castro; Trier: Galicien-Zentrum der Universität Trier = Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Trier, 1999, ISBN 84-7492-938-5 (o.c.) 84-7492-939-3 (v.1) 84-7492-940-7 (v.2). Proceedings of the 4th International Conference on Galician Studies: in memoriam, Emilio González López, 1903-1991 = Actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos: in memoriam, Emilio González López, 1903-1991, editado por Benigno López Salgado, Oxford: Centre for Galician Studies, 1997, ISBN 1-901393-01-1 (o.c.) 1-90-1393-02-X (v.1) 1-90-1393-03-8 (v.2). Actas do Segundo Congreso de Estudios Galegos = Proceedings of the Second Galician Congress: (Brown University, Novembro 10-12, 1988): homenaxe a José Amor y Vázquez, editado por Antonio Carreño, Vigo: Galaxia 1991, ISBN 84-7154-805-4. Disponíbel en http://books.google.es/books?id=-SmKOwHjrisC. First Galician Studies Conference (october 10-11, 1985, University of Maine, Orono, Maine), edited by Kathleen N. March, Maine: University of Maine Press 1987, ISBN-10: 089101067X, ISBN-13: 978-0891010678. Enderezos de interese en Cardiff Oficinas de turismo Cardiff Tourist Information Centre The Old Library, The Hayes, Cardiff Tel: 44(0)29 2087 3573 E: [email protected] Cardiff Bay Tourist Information Wales Millenium Centre Bute Place, Cardiff Bay, Cardiff CF10 5AL Tel: 44 (0)29 2087 7927 E: [email protected] Sobre oficinas de turismo: http://www.visitcardiff.com/about-cardiff/tourist-information-centres 125 Servizo de taxis Taxi aeroporto: http://www.taxiscardiff247.co.uk/ Tel: 029 21111020 Taxis urbanos: a) Dragon Taxis: 029 2033 3333. b) Capital Cabs: 029 2022 2999. Servizo de autobuses urbanos a) http://www.cardiffbus.com/english/ Rutas de autobuses: a) http://www.cardiffbus.com/english/networkmaps.shtml Información sobre rutas e horarios: Tel: 0871 200 22 33 Tel: 029 2066 6444 E: [email protected] Saúde e atención médica a) University of Wales, Heath Park, CF14 4XW Tel: 029 2074 7747. b) Atención médica urxente: 999 Obxectos perdidos a) Cardiff Central Police Station, King Edward VII Ave, Cathays Park, CF10 3NN. Bibliotecas a) Cardiff Central Library, The Hayes, Cardiff, CF10 1FL Tel: 029 2038 2116. Museos recomendados a) National Museum Cardiff, Cathays Park, Cardiff, CF10 3NP Tel: 029 2039 7951 http://www.museumwales.ac.uk/en/cardiff/ b) St Fagans National History Museum, St Fagans, Cardiff, CF5 6XB Tel: 029 2057 3500 http://www.museumwales.ac.uk/en/stfagans/ c) The Cardiff Story, The Old Library, Cardiff, CF10 1BH Tel: 029 2078 8334 http://www.cardiffstory.com/ 126 Restaurantes Cardiff, centro cidade a) The Potted Pig (galesa/británica), 27 High Street, 029 2022 4817. b) Café Citta (italiana), 4 Church Street, 029 2022 4040. c) Jamie’s Italian (italiana), The Hayes, 029 2002 7792 d) Casanova (italiana), 13 Quay Street, 029 2034 4044 Cardiff, Pontcanna a) Fish at 85 (peixe/marisco, galesa/británica), 85 Pontcanna Street, 029 2002 0212. b) Oscars of Cardiff (galesa/británica), 6-10 Romilly Crescent, 029 2034 1264. c) Bullys (galesa/británica), 5 Romily Crescent, 029 2022 1905. d) The Cinnamon Tree (india), 173 King's Road, 029 2037 4433. e) The Happy Gathering (chinesa), 233 Cowbridge Road East, 029 2039 7531. f) Patagonia (británica/argentina), 11 King's Road, 029 2019 0265. Cardiff, Cardiff Bay a) Harry Ramsdens (británica), Stuart Place 029 2046 3334. b) Woods Brasserie (británica), The Pilotage Building, Stuart Street, 029 2049 2400. c) Tempus Restaurant (británica), St. David’s Hotel, Havannah Street, 02920 454 045. d) The Promised Land (británica/galesa), 4 Windsor Place, 02920 398998. Cardiff, Penarth a) Pier64 (británica/europea), Penarth Marina, 029 20 000064. b) The Old Custom House (británica), Penarth Marina, 02920 705551 / 02920 705544. Cardiff, outras zonas a) Juboraj Lakeside (bangladesí/india), Lake Road West, 029 2045 5123. b) The White House Restaurant (británica), St Fagans, 029 2056 5400. Pubs enxebres Cardiff, centro cidade a) The Vulcan 10 Adam Street. b) The Westgate 49 Cowbridge Road East. c) The Borough 8 St. Mary Street. d) Goat Major, High St. e) The Pen and Wig, 1 Park Grove. f) The Cottage, St. Mary Street. g) The City Arms, 10-12 Quay Street. Cardiff, Pontcanna/Canton a) The Robin Hood, 16 Severn Grove, Pontcanna. b) The Old Butchers Arms. 29 Llandaff Road Canton. 127 c) The Clive, 360 Cowbridge Road East, Canton. d) The Insole, 16 Harvey Street, Canton. Cardiff, Llandaff a) The Butchers Arms, 16 High Street, Llandaff. b) The Black Lion, 49 Cardiff Road Llandaff. Cardiff, Splott a) The Royal Oak, 200 Broadway, Splott (con ximnasio de boxeo). Cardiff, Cardiff Bay a) The Packet Hotel. 96 Bute Street The Bay Pubs – Gastro pubs Cardiff, centro cidade a) Zero Degrees (micro brewery), 27 Westgate Street. b) Pica Pica (cócteles, “tapas”), 15-23 Westgate Street. c) 10 Feet Tall, 12 Church Street. d) The Old Arcade, Church St. e) The Jazz Cafe, 21 St Mary’s Street. f) Nos Da, Hostel and Bar, 53-59 Despenser Street. g) Dempseys (“irlandesa”), 15 Castle St, Cardiff. h) Y Fuwch Goch, 5A Womanby Street. i) Clwb Ifor Bach, 11 Womamby Street. j) Buffalo Bar, 11 Windsor Place. Cardiff, Pontcanna/Canton a) The Cricketers, Cathedral Road Pontcanna. b) The Conway, Conway Road, Pontcanna. c) Y Mochyn Du, Sophia Close. d) The Cayo Arms, 36 Cathedral Road, Pontcanna. e) Jolyons, 10 Cathedral Road, Pontcanna. f) Chapter Arts Centre Bar, Market Road, Canton. Cardiff, Llandaff a) The Malsters, Llandaff. Cardiff, Cardiff Bay a) Eli Jenkins, 7-8 Bute Crescent, Cardiff Bay. b) Cwtch Bar, Car Jolyons Boutique Hotel, Bute Crescent, Cardiff Bay. c) The Glee Comedy Club, Mermaid Quay, Cardiff Bay. d) Ffresh, Wales Millennium Centre, Cardiff Bay. 128 Cafeterías a) The Plan, 28-29 Morgan Arcade, 029 2039 8764. b) Wally’s Deli, 38-46 Royal Arcade, 029 2022 9265. c) Truffles, 2-3 Church Street, 029 2021 0242. d) Brava, 71 Pontcanna Street, 029 2037 1929. e) Cafe Minuet, 42 Castle Arcade, 029 2034 1794. f) Crumbs, 3 Morgan Arcade, Cardiff, 029 2039 5007. Cafeterías en Cardiff Market a) Rosarios, 19A Caroline Street. b) The Louis, St. Mary Street. c) The Black and White, 1 North Clive Street, Penarth Road, Grangetown. Índice onomástico e de correos electrónicos Beswick, Jaine (University of Southampton) A Aguete Cajiao, Alba (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 55, 63 Álvarez, Rosario (CCG | USC | ILG) [email protected], 52 Angueira, Anxo (Universidade de Vigo) [email protected], 78, 80 [email protected], 26, 28 Biscainho Fernandes, Carlos Caetano (Universidade da Coruña) [email protected], 26, 35 Boguszewicz, Maria (Uniwersytet Warszawski) [email protected], 79, 88 Boullón Agrelo, Ana Isabel (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 66, 68 Bouzas, Paula (Georg-August-Universität Göttingen) B [email protected], 78, 82 Bravo, Alexia Dotras (Escola Superior de Educação do Bará, Luís (IES Torrente Ballester) [email protected], 55, 56 Barbour, Catherine (University of St. Andrews) [email protected], 93, 101 I.P. De Bragança | Universidade de Coimbra) [email protected], 79, 85 Brown, Katie (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) [email protected], 109, 114 Barreto, Danny M. (Vassar College) C [email protected], 93, 99 Basanta, Noemi (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) [email protected], 10, 14 Bermúdez Montes, Mª Teresa (Universidade de Vigo) [email protected], 10, 17 Bermúdez Sabel, Helena (Universidade de Santiago de Cagiao y Conde, Jorge (Université de Tours) [email protected], 94, 105 Callón, Carlos (A Mesa pola Normalización Lingüística) [email protected], 26, 27 Compostela) [email protected], 55, 61 129 Cambeiro, Delia (Universidade do Estado do Rio de G Janeiro) [email protected], 79, 91 Capuano, Cláudio de Sá (Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro) [email protected], 109, 110 Capúzzolo, Annamaría (Universidade da Coruña) [email protected], 79, 92 Carreira López, María (Universitat Autònoma de Barcelona) [email protected], 26, 33 Castellucci, Attilio (Università degli Studi di Roma “La Sapienza”) [email protected], 110, 118 Castro, Obdulia E. (Regis University) [email protected], 26, 29 Castro, Olga (Aston University) [email protected], Gago Mariño, Manuel (Consello da Cultura Galega | Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 40 Galiano Leis, Beatriz (Lectora do CEG da Università degli Studi di Roma “La Sapienza”) [email protected], 93, 102 García Candeira, Margarita (Universidad de Huelva) [email protected], 93, 98 García Fernández, Miguel (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected] / [email protected], 26, 32 Garrido González, Ana (Lectora do CEG da Uniwersytet 67, 71, 78 Closson, Reuben M. (Regis University) [email protected], 66, 70 Costa Vázquez, Luís (Consello da Cultura Galega | Universidade de Vigo) [email protected], 108 Cuevas, Iván (Observatorio Galego dos Medios do Colexio de Xornalistas de Galicia) [email protected], 78, 84 Warszawski) [email protected], 78, 81 George, Christopher (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 11, 23 González Seoane, Ernesto (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 67, 73 González, Helena (Universitat de Barcelona) D [email protected], 121 I Dasilva, Xosé Manuel (Universidade de Vigo) [email protected], 11, 22 Dondelewski, Bartosz (Uniwersytet Jagielloñski W Krakowie) [email protected], 79, 89 Iglesias Cruz, Janet (Universidad de La Habana) [email protected], [email protected], 109, 114 F Fernández Naval, Francisco Xosé (escritor) [email protected], 11, 19 Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (Universidade da Coruña) [email protected], 27, 36, 37 Fernández Rei, Elisa (Universidade de Santiago de Iglesias Mira, Antonio (Centro de Investigação em Artes e Comunicação, CIAC) [email protected], 79, 86 Inman, Ben (University of Liverpool) [email protected], 110, 120 Isaac Xubín (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) [email protected], 80 Compostela | Instituto da Lingua Galega) [email protected], 10, 13 J Fraguas, Rafael (Université de Perpignan) [email protected], 10, 18 Jaspe, Álvaro (Ollscoil Uladh | University of Ulster) [email protected], 68, 75 130 Montenegro-Pico, L Lucia (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 26, 34 Lama, María Xesús (Universitat de Barcelona) [email protected], [email protected], 93, 98 Liñeira, María (University of Oxford) [email protected], 41, 47 Longueira Mira, María Isabel (fotógrafa) [email protected], 11, 19 López Sandez, María (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 56, 64 López-Iglésias Samartim, Roberto (Universidade da Moreda, Eva (The Open University) [email protected], 109, 116 Mosquera Castro, Estefanía (Universidade da Coruña) [email protected], 93, 96 Mouzo Villar, Rosa (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 67, 74 Muñoz Carrobles, Diego (Universidad Complutense de Madrid) [email protected], 42, 48 Coruña) [email protected], 109, 113 Lourido Hermida, Isaac (Universidade de Santiago de N Compostela) [email protected], 41, 44 Luis Gamallo, Mª Obdulia (Universidade da Coruña) Navas Sánchez-Élez, María Victoria (Universidade Complutense de Madrid) [email protected], 79, [email protected], 27, 38 87 M Negro Romero, Marta (Instituto da Lingua Galega | Universidade de Santiago de Compostela) Mackenzie, David (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) [email protected], 9 March, Kathleen (University of Maine) [email protected], 67, 68, 71, 77 Mariño, Xurxo (Consello da Cultura Galega | Universidade da Coruña) [email protected], 25 [email protected], 67, 74 Neyra, Xulio Pardo de (Universidade da Coruña) [email protected], 11, 20 Nogueira Pereira, María Xesús (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 41, 42 Martínez Tejero, Cristina (Universidade de Santiago O de Compostela) [email protected], 10, 15 Martínez-Risco Daviña, Luís (Universidade da Coruña), 27, 37 Mejía Ruiz, Carmen (Universidad Complutense de Madrid) [email protected], 42, 47 Méndez, Luz (Asociación Galega de Onomástica) [email protected], 66, 69 Miguélez Carballeira, Helena (Prifysgol Bangor | Bangor University) [email protected], 41, 46 Ó h-Éalaithe, Adrian (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | University College Cork) [email protected], 93, 94 O’Duibhir, Manus (Coláiste Na Tríonóide | Trinity College Dublin) [email protected], 93, 97 Ogando González, Iolanda (Universidad de Extremadura) [email protected], 11, 24 Ortega Román, Juan José (Universidade Complutense de Madrid) [email protected], 55, 59 Miranda Barreiro, David (Prifysgol Bangor | Bangor University) [email protected], 93, 100 P Panforreteiro, Mano (Investigador independente) [email protected], 94, 104 131 Pato, Chus (Poeta) [email protected], 53 Patterson, Craig (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) [email protected], 11, 22, 94, Romero Lorenzo, Marga (IES San Paio de Tui | Universidade da Coruña) [email protected], 56, 65, 79, 86 106 S Peñalta Catalán, Rocío (Universidad Complutense de Madrid) [email protected], 55, 59 Pereira Carreiro, Antia (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) [email protected], 94, 106 Pérez Durán, Gabriel (Universidade de Vigo) [email protected], 10, 17 Pérez Rodríguez, Mª Antonia (Universidade da Coruña) [email protected], 27, 36, 38 Pichel Gotérrez, Ricardo (Lector do CEG da Universidad Complutense de Madrid | Instituto da Lingua Galega) [email protected], 26, 31 Portas Pérez, Paula (Prifysgol Caerdydd | Cardiff University) [email protected], 41, 45 Puñal Rama, Ana Belén (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 78, 84 Sáez Fernández, Laura (Lectora do CEG da University of Oxford) [email protected], 42, 50 Salinas Portugal, Francisco (Universidade da Coruña) [email protected], 27, 36, 38 Sánchez Palomino, María Dolores (Universidade da Coruña) [email protected], [email protected], 42, 51 Sant’Anna, Mônica A. H. Carvalho de (Universidade de Vigo) [email protected], 41, 43 Sedova, Anna (Escola Musical SRDC Tempo Novo) [email protected], 26, 35 Silva Domínguez, Carme (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 93, 95 Silva, Andréia Cristina Lopes Frazão da (Universidade R Federal do Rio de Janeiro) [email protected], 26, 30 Rábade Villar, María do Cebreiro (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 78, 81 Recalde, Montserrat (Universidade de Santiago de Compostela) [email protected], 93, 95 Regueira, Xosé Luís (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) [email protected], 10, 13 Regueiro Salgado, Begoña (Universidade de Santiago de Silva, Leila Rodrigues da (Universidade Federal do Rio de Janeiro) [email protected], 79, 90 Sokolova, Maria (Universidad Complutense de Madrid) [email protected], 42, 49 Soto Andión, Xosé (Universidade de Vigo) [email protected], 55, 62 Szejko, Natalia (Uniwersytet Warszawski) [email protected], 110, 119 Compostela), 56, 65 T Reimóndez, María (Universidade de Vigo) [email protected], 94, 103 Ribera Llopis, Juan M. (Universidad Complutense de Madrid) [email protected], 79, 87 Rivas, Aitor (Investigador independente) [email protected], 78, 83 Rivero Grandoso, Javier (Universidad Complutense de Madrid) [email protected], 55, 60 Rodríguez González, Olivia (Universidade da Coruña) [email protected], 42, 52 Tato Fontaíña, Laura (Universidade da Coruña) [email protected], 26, 36 Thompson, John Patrick (Montana State University) [email protected], 55, 58, 68, 76 Toledo, Marleine Paula Marcondes e Ferreira de (Universidade de São Paulo) [email protected], 67, 72, 109, 111 Torres Padín, Ánxeles (Prifysgol Bangor | Bangor University) [email protected], 94, 107 132 Vilar Pedreira, Xosé Lois (Instituto de Estudos Miñoranos) V [email protected], 11, 21, 55, 57 Varela Pombo, Sonia (Universitat Autònoma de Villanueva Gesteira, María Dolores (Universitat de Barcelona) [email protected], 78, 83 Barcelona) [email protected], 10, 16 Vázquez Fernández, Silvia (University of Exeter) [email protected], 115 W Vázquez Naveira, Marta (Universidade da Coruña) Wellings, Matthew P. (Universidade de Vigo) [email protected], 94, 103 [email protected], 79, 89 Vázquez Núñez, Sandra (Universidade de Santiago de Wiersma, Mark (Universidade de Santiago de Compostela | Instituto da Lingua Galega) Compostela) [email protected], 42, 50 [email protected], 10, 12 Veiga, Martín (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | X University College Cork) [email protected], 41, 44 Velasco Souto, Carlos (Universidade da Coruña) Xubín, Isaac (Coláiste na hOllscoile Corcaigh | [email protected], 27, 37 University College Cork) [email protected], Vila Barbosa, María Magdalena (Universidade de Vigo) [email protected], 109, 112 78 Mapas do campus e do centro de Cardiff Poden descargarse diferentes mapas pdf da cidade de Cardiff/Caerdydd desde aquí: http://www.visitcardiff.com/travel-information/maps Velaquí un mapa interactivo do campus universitario da Prifysgol Caerdydd/Cardiff University: http://www.cardiff.ac.uk/locations/maps/index.html Para moverse mellor no campus, pódese descargar un mapa en pdf desde aquí (a Business School está sinalada co número 11): http://www.cardiff.ac.uk/locations/resources/loc-guide-12.pdf 133 Entidades colaboradoras do congreso ORGANIZA: COLABORAN: OUTRAS ENTIDADES QUE COLABORAN: 134
Documentos relacionados
Se - Novas da Galiza
decrescimento, a crítica do trabalho, a auto-gestom (vejam o artigo de María Pampín no número 132 do NOVAS DA GALIzA), os cuidados ou, como modelos globais, as cooperativas integrais ou os soberani...
Más detalles