Estándar oral e modelos de lingua

Transcripción

Estándar oral e modelos de lingua
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
Xosé Luís Regueira
Estándar oral e modelos de lingua
Neste traballo trátase a idea do estándar oral galego e do papel que o
ensino pode ou debe ter na difusión e no asentamento de modelos de lingua
oral.
Primeiro faise unha diferenciación entre estándar oral e “normativa”, logo
fálase dos condicionantes particulares do estándar oral do galego,
repásanse algunhas características dos modelos de lingua oral que se
difunden na sociedade actual, e finalmente trátase a importancia do ensino
na difusión e consolidación de modelos de lingua estándar.
1. INTRODUCIÓN
A idea da necesidade dun estándar oral para o galego foi
aparecendo de maneira reiterada nos últimos anos en diversos
ámbitos relacionados co estudo e coa normalización da lingua, desde
conferencias e artigos, ata discusións e comentarios na prensa ou na
radio. Xeralmente vai asociada á preocupación pola lingua empregada
nos discursos públicos, especialmente nos que se difunden a través
dos medios falados (radio e televisión, e agora tamén na rede).
Nos tempos recentes elaboráronse algunhas ferramentas para
establecer os marcos dentro dos que se poderían realizar accións
para o establecemento ou a consolidación de modelos de referencia
para o estándar oral. Non obstante, dado que “estándar” con
frecuencia se asocia a “normativo” e que se toma como referencia a
lingua escrita, segue percibíndose certa confusión arredor desta
cuestión, que ademais se mestura coa “falta de modelos”, sentida por
xornalistas e outros profesionais da palabra.
Neste texto pretendo, en primeiro lugar, discernir o estándar
oral da lingua normativa, e a seguir centrarme no desenvolvemento e
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
nas características do estándar oral da lingua galega, describir de
maneira resumida algúns dos modelos de lingua que se reciben na
sociedade actual e, finalmente, tratar o papel do ensino, ou para
mellor dicir, do profesorado de lingua galega, na difusión de modelos
de lingua oral que correspondan aos criterios discutidos previamente.
2. LINGUA ESCRITA E LINGUA ORAL, OU POR QUE O
ESTÁNDAR ORAL NON É UNHA NORMATIVA
Dixo, e con razón, Amparo Tusón (2008: 15) que dicir
“lingua oral” é unha redundancia, como dicir “sube arriba” ou
“entra dentro”, porque a oralidade é a esencia e a existencia
das linguas. Todas as linguas son orais, faladas, e só unha
pequena porción delas se escribe (uns poucos centos, das 6000
linguas que se estima que se falan actualmente no mundo).
Así e todo, na nosa sociedade a importancia da comunicación
escrita é innegable, e a súa presenza nas nosas vidas é continua,
desde os medios de comunicación, á documentación que manexamos
cada día (en papel ou en pantalla). As nosas cidades están cheas de
mensaxes escritas, e son, en certa maneira, textos. E nos tempos
recentes, incluso o contacto co mundo que nos rodea e cos nosos
amigos e coñecidos se establece cada vez máis por escrito, a través
das redes sociais. Por tanto, non é certo que cada vez se lea menos,
senón máis ben é o contrario: cada vez escríbese e lese máis. A
queixa pola crise da lectura refírese fundamentalmente aos textos
literarios, ou a certo tipo de textos literarios, mais iso é só unha parte
da comunicación escrita que se produce a diario na nosa sociedade.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
2
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
A relevancia da lingua escrita, por outro lado, é un feito cultural
nas sociedades europeas desde a fin da Idade Media, cando menos.
Mesmo a idea de “cultura” se entendía ligada á letra escrita, e só en
tempos recentes se estendeu a noción de “cultura oral”. E por tanto,
“lingua” quería dicir “lingua escrita”. Todo isto levou que a lingua
escrita servise de modelo de corrección, e que a lingua falada fose
vista como unha manifestación imperfecta, chea de anacolutos, de
frases incompletas e de deturpacións de toda clase.
A lingüística do século XX centrouse na lingua oral, xa dende
Saussure, e así os primeiros e máis logrados froitos do estruturalismo
déronse na fonoloxía (lémbrense Trubetzkoy e Jakobson, entre
outros), que é privativa da lingua falada. A pesar diso, as nosas
gramáticas (e as das linguas veciñas) seguen describindo sobre todo
as modalidades escritas. E, sen dúbida, as ideas recibidas seguen
pesando na nosa consideración das linguas. Aínda hoxe a existencia
dunha gramática e dun dicionario (que son instrumentos escritos) é
considerada por unha boa parte da sociedade como un signo de que
unha variedade lingüística é verdadeiramente unha “lingua”.
De igual maneira, tamén nas cuestións de corrección, de
normativa e de modelos, seguimos a tomar a lingua escrita como
referente. Seguramente por iso se produce unha certa confusión
entre “estándar oral” e “normativa oral”. Porque unha “normativa
oral” nin existe nin creo que deba existir, se a entendemos como un
paralelo á normativa ortográfica e morfolóxica que utilizamos para
escribir.
A lingua oral, aínda sendo estándar, presenta un menor grao de
fixación, e sobre todo nunca está codificada de maneira explícita
como unha “normativa” que hai que seguir de maneira necesaria
para, por exemplo, falar en público. As linguas “normais” (ou sexa,
linguas de estados) do noso ámbito cultural teñen todas elas
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
3
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
ortografías codificadas, ben polos estados (pénsese no Acordo
Ortográfico do portugués) ou ben por organismos nos que o estado
delega esta función (coma a Real Academia Española). Mais ningunha
delas ten unha normativa, codificada de maneira semellante, para a
lingua oral.
Normalmente a pronuncia da lingua estándar preséntase como
a descrición dun determinado modelo de lingua. Por exemplo, no
Oxford dictionary of pronunciation for current English (Upton et al.
2001: xi) toman como pronuncia de referencia a dos locutores dos
medios de comunicación falados, asociada, segundo os autores, a
“connotations of education and sophistication”. Para o portugués non
existen dicionarios de pronuncia, mais nos dicionarios xerais que
inclúen unha transcrición coa pronuncia das voces recollidas séguese
o mesmo procedemento. No Grande dicionário da Porto Editora, os
autores
din
que
presentan
“uma
pronúncia
neutra
da
língua
portuguesa não marcada diatopicamente e socialmente bem aceite
pela comunidade linguística” (Teixeira et al. 2004. s.p., énfase dos
autores), e no Dicionário da língua portuguesa contemporânea da
Academia
das
Ciências
de
Lisboa
séguese
“a
norma
culta,
aproximada, de Lisboa e Centro do país” (Academia das Ciências de
Lisboa 2001: xviii). Para o francés, Warnant (187: xxi) afirma: “nous
avons choisi de recueillir la prononciation des intellectuels et des gens
cultivés, qui (…) s’expriment d’ordinaire non seulement avec clarté,
mais encore avec élégance”. Recentemente publicouse o volume de
fonética e fonoloxía da Nueva gramática de la lengua española da
Real Academia Española, e nel faise unha descrición baseada en
gravacións de “informantes, titulados universitarios procedentes de
las capitales de todos los países del mundo hispánico” (RAE 2011:
xx).
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
4
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
É dicir, o estándar das linguas dos estados non está codificado
expresamente, senón que se presenta como o modelo de lingua que
encontramos na vida pública oficial, nas escolas e universidades, e
sobre todo nos medios de comunicación falados, especialmente nos
programas máis formais (informativos, documentais), así como na
vida pública en xeral: no parlamento, no teatro, nos actos culturais
ou nos actos relixiosos.
Estes modelos de lingua formáronse, a partir da lingua falada
polas elites sociais que configuran o que Jürgen Habermas chamou “a
esfera
pública”,
ao
longo
dos
últimos
séculos.
Son
modelos
fundamentalmente urbanos e propios dos grupos económicos que
exercen o poder económico, cultural e ideolóxico das diferentes
comunidades lingüísticas. Nótese que nas citas indicadas máis arriba
o modelo descrito como estándar portugués é o de Lisboa e o centro
(urbano) do país e “socialmente bem aceite”. Igualmente, o modelo
presentado pola RAE é o de universitarios das capitais dos países de
fala española. Isto leva consigo que a lingua das clases traballadoras
e a lingua das zonas rurais queda excluída do que se considera
estándar. O mesmo podería indicarse para o inglés, o francés,
italiano, alemán, etc. Son por tanto, certos dialectos sociais os que se
seleccionan como representantes do estándar oral e que se presentan
como modelos, e de feito son os que se ensinan nas escolas como
“español”, “francés”, “portugués”, etc. (cf. Regueira 2008).
3. O ESTÁNDAR ORAL DA LINGUA GALEGA
Como se pode deducir do comportamento xeral das linguas
estatais, o estándar oral da lingua galega encóntrase con serias
dificultades para a súa definición, e sobre todo para a súa aceptación
social. A lingua galega historicamente foi e, en gran medida, segue a
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
5
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
ser a lingua das clases traballadoras e sobre todo lingua rural, xa que
as elites urbanas desertaron do galego, e ao paso en que se foi
producindo a urbanización da sociedade galega as modernas clases
medias configuráronse maioritariamente en español.
Durante o Rexurdimento a recuperación da lingua escrita
(literaria) non foi acompañada dunha recuperación do galego como
lingua de comunicación pública. Os mesmos protagonistas da proeza
lingüística, literaria, cultural e política que supuxo a (re)construción
dunha lingua literaria e dunha literatura constituída por obras
senlleiras de altísima calidade estética, nas súas relacións persoais,
na súa correspondencia, e nos seus usos públicos non utilizaban o
galego, agás de maneira excepcional, como ocorreu nos Xogos Florais
de Tui en 1891. Como dixo Beatriz García Turnes (1999: 436), foron
“incapaces de superar os fortísimos condicionamentos que os retiñan,
no plano da oralidade, do lado do castelán”.
O galego accedeu á esfera pública, cando menos parcialmente,
na época das Irmandades e nos anos previos á Guerra Civil, mais o
camiño da constitución dun estándar oral para o galego foi cortado de
raíz pola ditadura do xeneral Franco. Así que foi a partir dos anos
1960 cando o galego comezou a ser empregado en asembleas, en
discusións culturais e políticas, e a partir de finais dos anos 1970
foise estendendo en actos culturais, na actividade política e sindical,
en
certos
círculos
profesionais,
no
ensino
e
nos
medios
de
comunicación falados, aínda que só de maneira moi parcial ata a
creación da Radio Galega e da Televisión de Galicia en 1985.
Agora o galego está, finalmente, en ambientes urbanos, é
utilizado por profesionais e por figuras públicas e emprégase na
comunicación pública e nos medios de comunicación para aquelas
funcións que cobren normalmente os estándares das linguas estatais:
noticiarios, conferencias, teatro, clases, ritos relixiosos... Non cabe
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
6
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
ningunha dúbida de que nestes ambientes, nestes medios de traballo
e nestes grupos sociais, se está a configurar un(s) modelo(s)
estándar da lingua galega. E as características e os condicionantes
dese(s) modelo(s) veñen dados polas características sociais e
lingüísticas deses grupos sociais.
4. MODELOS DE GALEGO NA SOCIEDADE ACTUAL
Postas así as cousas, que modelos de galego encontramos na
nosa sociedade, naquelas situacións e para as funcións comunicativas
en que normalmente se utiliza a variedade estándar?
Máis
arriba
mencionei
que
as
linguas
estatais
europeas
presentan o modelo estándar, cando menos nos aspectos fónicos,
como unha descrición da fala de certos grupos sociais urbanos. Esa é
a fala que se reflicte de
maneira particular
nos medios de
comunicación, especialmente a dos programas informativos. De feito,
algúns
dicionarios
de
pronuncia
estándar
afirman
describir
fundamentalmente a fala dos locutores da televisión e da radio, como
din as novas versións do Cambridge English pronouncing dictionary
de Daniel Jones (Jones 2003: v): “The model used for British English
is what is referred to as BBC English; this is the pronunciation of
professional speakers employed by the BBC as newsreaders and
announcers on BBC1 and BBC2 television, the Wold Service and BBC
Radio
3
and
4,
as
well
as
many
commercial
broadcasting
organisations such as ITN”. Algo semellante fai, para o alemán, o
Duden Aussprachewörterbuch
portugués
estándar
tamén
(Duden 1990: 29). O español e o
é
o
que
aparece
nos
programas
informativos das televisións estatais. Nos programas informativos da
radio e da televisións públicas de Galicia debería, por tanto, aparecer
o galego estándar oral.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
7
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
Se repasamos atentamente a lingua que encontramos nos
informativos da TVG, encontramos varios modelos diferentes de
galego. Son textos correctos no nivel gramatical e léxico, pois
normalmente están supervisados por lingüistas profesionais. Mais nos
aspectos fonéticos, fonolóxicos e prosódicos, poden oírse diferenzas
moi notables entre unhas voces e outras. Neles hai xornalistas que
falan un galego que inequivocamente responde ás características do
galego tradicional, tanto no que atinxe á pronuncia dos sons do
galego coma á prosodia (encontros de vogais, entoación). Xeralmente
estes modelos de galego encóntranse entre as voces en off. Mais en
moitos
outros
casos
o
galego
que
se
oe
non
posúe
esas
características. Nestes momentos (inverno 2012-13) o presentador
principal do Telexornal 1 non distingue as sete vogais do galego, e as
súas vogais átonas son máis parecidas ás do castelán ca ás do galego
tradicional. O Telexornal 2 está presentado por unha xornalista que
diferencia as sete vogais tónicas (aínda que cunha distancia algo
reducida entre medias abertas e medias pechadas), mais as súas
vogais finais son as do castelán, e tamén moitas das características
da súa entoación. Estas afirmacións poden ser corroboradas por
análises acústicas das súas emisións. A proliferación de locucións con
fonética castelá tamén se encontra noutras voces en off e moitos dos
correspondentes.
O dito aquí refírese ao estado actual dos informativos, pero
podería estenderse aos anos anteriores. Un informe elaborado por
min sobre a lingua dos telexornais da TVG, que tivo en conta as
emisións dos TX1, TX2 do 4 ao 8 de xuño de 2001, así como as catro
emisións do mesmo horario da fin de semana do 16 e 17 do mesmo
mes, mostraron unha situación semellante, ou se cadra aínda peor ca
a actual. Naquel informe computei o tempo que os espectadores
recibían catro tipos de galego, que chamei G1 (galego con fonética
galega),
G2
(galego
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
con
algunhas
deficiencias,
coma
escasa
8
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
diferenciación de vogais medias tónicas, algunhas entoacións, etc.),
G3 (galego con deficiencias graves, 5 vogais, vogais átonas coma as
do castelán, problemas na realización do [ʃ]...), e G4 (vocalismo e
entoación do castelán, non realización de [ʃ] nin de [ŋ]). O resultado
foi que, das 7 horas 21 minutos e 52 segundos en que se rexistrou
locución, só durante 35’20” os espectadores recibían unha fonética
que correspondese á que oímos no galego tradicional, ou sexa
aproximadamente 3 minutos durante cada telexornal. Os datos totais
foron os seguintes:
L
INGUA
T
G1
G2
G3
G4
0h
2h
3h
1h
35’ 20”
EMPO
%
29’ 25”
8,0
14’ 03”
33,8
0
1
03’ 04”
43,
14,2
92
7
Táboa 1
Tempo total de emisión e porcentaxe para cada modelo de galego nos
informativos da TVG (xuño 2001)
Graficamente:
50
40
30
20
10
0
G1
G2
G3
G4
Gráfica 1
Modelos de galego nos informativos da TVG (xuño 2001). Porcentaxe de
tempo semanal para cada modelo de lingua.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
9
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
Podería pensarse que estou a xustificar a mala sona que en
certos ambientes ten o “galego da TVG”. Mais non é así. Hai espazos
dramáticos ou de variedades en que se poden oír algunhas voces cun
galego que podería considerarse un bo modelo de lingua ou, cando
menos, un bo comezo cara a un estándar galego baseado na fonética
e nas formas da lingua tradicional. Por outro lado, as dobraxes (agora
escasas) son un dos espazos, dentro das súas limitacións, en que se
produciu unha maior actuación de mellora e coidado da lingua. Así é
que a lingua utilizada na TVG, en conxunto, e aínda sen responder en
moitos momentos ao que poderiamos considerar un estándar oral con
fonética propiamente galega, é a que mellor sae da comparación con
outras instancias da vida pública que tamén corresponden co
estándar oral nas linguas da nosa contorna.
Tomemos por caso a lingua da actividade política, a que se
utiliza
no
Parlamento,
comparecencias
e
a
das
declaracións
campañas
aos
electorais
medios
de
ou
das
comunicación.
Certamente non é xusto xeneralizarmos e dicirmos que todas as
persoas da actividade política que teñen acceso aos micrófonos e ás
cámaras teñen un mal galego, pois hai algunhas voces que
poderiamos considerar bos modelos de lingua (como Tareixa Paz ou
Carmen Gallego, por citar só dúas deputadas). Mais entre as figuras
que ocupan as primeiras liñas, os candidatos, líderes, voceiros, e
cargos institucionais de relevancia, poucos son os que fan notar as
sete vogais do galego, e non é raro que haxa problemas persistentes
coas consoantes características, aínda que os problemas máis
salientes e rechamantes teñen que ver coa colocación do clítico
persoal,
problemas
coa
conxugación
verbal,
sintaxe,
léxico,
fraseoloxía, etc. A pasada campaña electoral do outono do 2012 foi
un bo exemplo: o único candidato que presentaba unha inequívoca
fonética galega insistía en colocar o clítico persoal antes do verbo en
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
10
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
frases coma “Llo digo e llo repito”, seguindo as regras de colocación
dos clíticos propias do castelán.
Mais,
a
pesar
de
que
xornalistas
e
políticos
sexan
os
profesionais con maior influencia por ocuparen boa parte do espazo
dos medios de comunicación, non debemos esquecer que outros
colectivos tamén teñen papeis relevantes na difusión de modelos de
prestixio. Un deles sen dúbida é o dos escritores. Eles encarnan, en
principio, un modelo de lingua que, en moitos casos, se toma como
exemplar, a pesar de que a difusión social dos seus discursos sexa
hoxe reducida, pois habitualmente prodúcense en actos públicos non
masivos (conferencias, mesas redondas, presentación de libros e
outros actos culturais). Pois ben, se repasamos, por exemplo os libros
editados polo Consello da Cultura Galega co título
Poetas e
narradores nas súas voces 1 poderemos comprobar que a maioría dos
autores e autoras len fragmentos das súas obras cunha fonética
semellante á que encontrabamos na TVG ou en moitas das figuras da
política.
Mais o percorrido ten que pasar necesariamente por volvermos
a mirada cara a nós mesmos: o profesorado de lingua e literatura
galegas, en todos os niveis educativos, desde o ensino infantil á
universidade. É notorio que unha parte do profesorado, incluíndo
figuras de relevancia, ten unha fonética moi influída polo castelán, e
seguramente todos coñeceremos compañeiros e compañeiras que
teñen problemas coa colocación dos pronomes, coa pronunciación de
palabras coma xeito, e mesmo coa nasal de unha.
En resumo, na sociedade actual encontramos unha diversidade
de modelos orais de lingua que van desde unha fonética e unha
gramática máis achegada ao galego tradicional a outro estremo en
1
http://www.culturagalega.org/especiais/poetasenarradores/index.htm (febreiro 2013).
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
11
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
que a compoñente fónica da lingua corresponde ao castelán, e tamén
algúns elementos da gramática.
5. ESTÁNDAR ORAL: MODELOS E CRITERIOS
A situación actual, descrita brevemente na sección anterior,
débese ás dinámicas sociais e sociolingüísticas da nosa sociedade. Por
unha banda, como resultado do proceso de urbanización acelerada
(Precedo et al. 2008) e da mobilidade social que se produciu en
Galicia nas últimas décadas, unha parte dos profesionais que teñen
acceso ao discurso público procede de ámbitos galegofalantes. Mais
un número importante procede das capas medias urbanas que xa non
tiñan o galego como lingua inicial nin como lingua do seu ambiente, e
accederon ao galego por medio do ensino ou por contacto con grupos
urbanos galegofalantes na adolescencia. Nalgúns casos, o galego é a
súa lingua habitual (son os chamados “neofalantes”) e moitos outros
só utilizan o galego como lingua de comunicación pública, mais na
comunicación privada habitual son castelanfalantes. Os profesionais
que proceden de ambientes galegofalantes e algúns “neofalantes”
manteñen as características que consideramos básicas da lingua
galega: 7 vogais en posición tónica e pretónica, vogais finais átonas
moi pechadas, entoación, colocación dos pronomes clíticos persoais,
verbos,
etc.
Por
contra,
a
maioría
dos
“neofalantes”
e
dos
castelanfalantes teñen un sistema fonolóxico coincidente co do
español (5 vogais tónicas, vogais átonas semellantes ás tónicas,
entoación) así como unha tendencia marcada á anteposición dos
clíticos persoais en contextos en que o galego non o permite, ás
veces formas verbais compostas, etc.
Por outro lado, non hai que esquecer que todos nós estamos
expostos de maneira continuada e intensa aos modelos lingüísticos e
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
12
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
comunicativos do castelán, e de maneira máis acusada aínda nos
ámbitos que son novos ou recentes para o galego: os medios de
comunicación, a actividade política, o discurso público.
Esta
situación, xunto co baixo prestixio social que o galego segue a ter na
nosa sociedade (xa que segue a estar asociado a ruralidade e a baixo
estatus social), leva a que a lingua que se encontra naqueles ámbitos
que son propios da lingua estándar teña características, sobre todo
nos aspectos fonéticos, máis achegadas ao castelán ca ao galego
tradicional.
Desde hai tempo levo ocupándome desta cuestión, e teño
defendido a necesidade de que o estándar oral do galego debe ter as
características que son propias da lingua histórica galega, no sentido
de que preserve as características que consideramos básicas da nosa
lingua, tanto no tocante á fonética e á fonoloxía coma á gramática.
Eses foron os principios en se baseou a proposta de modelo oral que
presentei no Dicionario de pronuncia da lingua galega (Regueira
2010), e tamén na súa versión sonora que se encontra na rede
(ilg.usc.es/pronuncia). Creo que, cando menos no nivel do discurso
sobre a lingua, existe un amplo consenso en que a lingua oral ten que
manter as características que marcan esa continuidade e que
asemade axudan a manter a lingua galega diferenciada do castelán e
contribúen a achegala ao portugués (ou cando menos a non
distanciala
máis
aínda).
Estes
son
criterios
que
están
ben
establecidos na estandarización da lingua escrita, e creo que deben
ser tamén o punto de partida para as propostas de estándar oral.
Entre as características que ese estándar oral debería reunir (cfr.
Regueira 2005, 2010: 11-24) están:
a) Vocalismo de 7 vogais tónicas e pretónicas, con boa
distinción entre vogais medias abertas e pechadas; vogais átonas
finais con timbres máis pechados ca as tónicas: [ɪ] (vogal intermedia
entre [ɪ] e [e], [ʊ] (intermedia entre [u] e [o]), [ɐ] (vogal central
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
13
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
máis pechada ca [a]. As vogais [ʊ] e [ɐ] son tamén as pronuncias
normais do artigo, e de aí o contraste en secuencias coma o outro
[ʊˈowtɾʊ], o lobo [ʊˈloβ̞ʊ], ou o contraste entre o artigo a [ɐ] e a
contracción á [a] 2.
b) Consonantismo que marca adecuadamente os contrastes
entre a postalveolar [ʃ] (coma en axar) e [s] (asar), entre a alveolar
[n] e a velar [ŋ], non só en posición intervocálica, senón tamén en
palabras
composta
coma
benestar
[bɛŋes̺ˈtaɾ],
benaventurado
[bɛŋaβ̞en̪ tuˈɾað̞ ʊ], en final diante de pausa (Ben! [ˈbɛŋ]) e diante de vogal
(En Ourense [ẽŋowˈɾɛns̺ɪ]).
c) Entoación.
d) Gramática e léxico de acordo coas convencións do estándar
escrito.
Unha crítica que se ten feito a este “purismo” da lingua oral é
que dificulta o achegamento dos castelanfalantes ao galego, ou,
incluso, que os discrimina respecto aos falantes que teñen o galego
como lingua inicial e habitual. Certamente non podemos utilizar as
diferenzas fónicas ou gramaticais para discriminar aquelas persoas
que se achegan ao galego e o adoptan como lingua ben ocasional ou
ben habitual. A xente que se achega ao galego debe encontrar
comprensión e apoio, non rexeitamento, e creo que neste punto case
todos estamos de acordo.
Mais outra cousa é o caso dos profesionais que teñen que
utilizar o galego porque forma parte do seu traballo, ou mesmo é
unha ferramenta fundamental para o exercicio da súa profesión.
Neses casos, e deixando á parte outras consideracións de índole
política ou ética, temos que pedirlles, exixirlles, que utilicen un galego
2
Estas vogais poden apreciarse no alumnado do CPI d’A Picota no vídeo “Orgullosos do noso, orgullosos
de Mazaricos: https://www.youtube.com/watch?v=2SZ73zDmSUk (febreiro 2013).
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
14
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
estándar que responda aos criterios mencionados antes, como parte
dos seus deberes como profesionais. O feito de seren “neofalantes”
non é un obstáculo para chegaren a ser, mesmo, modelos de
utilización da lingua, como ben demostra o caso de Belén Regueira3,
e varios outros. Esa exixencia debería ser moito máis estrita no caso
dos profesores e profesoras de lingua galega, porque a lingua non só
é a súa ferramenta de traballo, senón a súa profesión e, de maneira
non menor, a súa responsabilidade.
Un caso diferente é o da actividade política. Certamente, como
cidadáns debemos esixirlles aos nosos representantes que fagan un
uso serio e digno da lingua. E sobre todo facerlles ver que utilizar
unha lingua “auténtica” e, se queremos, “coidada” vai no seu propio
interese de presentarse ante a sociedade como persoas cribles e
dignas de confianza. Naturalmente esa exixencia debe dirixirse sobre
todo
ás
persoas
que
se
mostran
máis
comprometidas
coa
normalización da lingua, coa defensa da cultura galega e de Galicia
como suxeito político. En certa maneira, o uso que fagan da lingua é
a garantía do seu compromiso coa nación. Mais hoxe non é
infrecuente que un discurso coidado na gramática e no léxico, que
evita os castelanismos e que mostra a intención de achegarse ao
portugués en aspectos da linguaxe dese ámbito, estea pronunciado
con fonética fundamentalmente coincidente coa do castelán. Tamén
esa exixencia debería dirixirse especialmente aos que ocupan os
postos de goberno.
6. ESTÁNDAR E VARIACIÓN
Unha das características que diferencian o estándar oral do
escrito é a súa maior flexibilidade, xa que na lingua falada dáse unha
3
http://vimeo.com/17854182 (febreiro 2013).
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
15
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
maior variación. Por outra parte, os modelos de lingua oral cambian
máis rapidamente no tempo ca a lingua escrita, que tende a unha
maior fixación. A lingua escrita está codificada dunha maneira
bastante ríxida, e o seguimento das normas é coercitivo (lembremos
a exixencia de coñecer e seguir as normas da escrita en exames,
probas, ou en calquera escrito de carácter formal ou público). Mais na
lingua falada esa coerción é moito menor. Por poñer un caso, non ten
a mesma importancia que unha persoa diga “canciós”, por exemplo
no Parlamento, ou nunha clase, ca que apareza escrito nun
documento formal.
Nalgúns
xéneros
comunicativos
(coma
un
programa
informativo) e nalgúns actos de fala (coma un discurso institucional
dunha
autoridade
política
ou
académica)
as
exixencias
de
conformación aos modelos estándar son, habitualmente, bastante
estritas. Mais noutras situacións, a
flexibilidade
con variantes
dialectais ou sociais debería ser a norma. Por citar un exemplo,
Lorena Pose, presentadora do espazo “A Revista”, na TVG, utiliza con
certa frecuencia a gheada, e tamén outras variantes da súa fala
nativa
(nuite,
muito).
Segundo
informou
a
prensa 4,
na
TVG
recibíronse queixas polo uso da gheada e recibiu instrucións de evitar
esa pronuncia, mais non consta que ninguén se queixase polo feito de
que diga nuite. O mesmo ocorre con outros informadores que utilizan
o plural en –ós (elecciós), de maneira consciente ou non. Creo que a
utilización de trazos dialectais, dentro dun modelo fonético e
gramatical inequivocamente galego, non prexudica, senón que
enriquece o galego do discurso público.
Dentro desta perspectiva, a consideración da debatida cuestión
do uso da gheada e do seseo no discurso público parece que non
ofrece moitas dúbidas, e o coherente sería que se utilizase de
4
V. El País, ed. Galicia, 24.03.2012
(http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/03/24/galicia/1332614868_924474.html, acceso marzo 2013).
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
16
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
maneira normal. De momento a lingua oral estándar segue a ser o
galego con /ɡ/, como se ve en case a totalidade das situacións en que
se require o uso do estándar. Non obstante, nalgúns ámbitos a
gheada vai gañando presenza, como o da música e o da poesía. Se
ben o feito de que grupos coma Heredeiros da Crus utilicen gheada e
seseo pode considerarse como un reforzo do carácter non estándar
destes trazos (xa que probablemente os empreguen polo feito de
seren trazos non institucionais), iso non pode dicirse dos recitados de
poesía de Anxo Angueira, por exemplo, e moito menos do emprego
sistemático e “normal” que fai da gheada e o seseo María Lado, en
recitais, en entrevistas e en calquera outra circunstancia. Hai tamén
algunhas profesionais da lingua que utilizan de maneira pública e
formal o galego con gheada e seseo, e profesoras que o usan nas
súas clases.
Estes usos aínda se circunscriben a unha minoría reducida. Mais
na medida en que estes modelos de lingua se fagan máis visibles e
máis frecuentes neses contextos comunicativos irán facéndose
“normais”, e poderán acceder cada vez con maior facilidade ás
situacións comunicativas en que se require a lingua estándar. É dicir,
desde o meu punto de vista, a mellor (e se cadra a única) maneira de
que o galego estándar teña gheada (e, talvez, seseo), ou polo menos
de que o galego con gheada e seseo sexa tamén estándar, é que as
falantes e os falantes desas variedades de lingua as utilicen de
maneira normal en todas as situacións comunicativas; ou o que é o
mesmo, actuar como se, de feito, xa fosen normais na lingua oral
estándar.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
17
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
7. O ENSINO E OS MODELOS DE ESTÁNDAR ORAL
A preocupación pola lingua falada nos usos públicos mostrouse
moitas veces como crítica a certas persoas ou medios (“o galego da
TVG”, “o galego dos políticos”, etc.). Mais tamén se ten indicado a
necesidade de modelos “auténticos”, como o expresaba o Seminario
de Sociolingüística da RAG (2003: 186): “que se difundan modelos de
prestixio asociados á fonética galega”, ou, máis recentemente, eu
mesmo (Regueira 2012: 196-198). E o ensino e os medios de
comunicación son as canles principais para facer chegar estes
modelos á sociedade, aínda que outras tamén son relevantes (e aquí
entrarían todos os usos públicos da lingua oral).
Creo que se pode asegurar que entre entre o profesorado de
lingua galega existe un consenso bastante amplo sobre esta
necesidade, aínda que seguramente non será tan amplo no tocante
ás características dese modelo a difundir, ou polo menos da
importancia relativa de diferentes trazos. Non é raro que certos
profesores
de
lingua
e
literatura
galegas
consideren
que
a
diferenciación das sete vogais, ou a pronuncia do [ʃ] de xeito, son
“detalles” menos importantes ca a colocación do pronome, ou o plural
do tipo animais. De feito, algúns profesores teñen recoñecido, coma
se fose un detalle de escasa relevancia, que eles non distinguían “as
abertas e as pechadas”.
Mais nos últimos anos a percepción foi
mudando, e hoxe estamos a sentir de maneira bastante xeral que
non só é relevante aquilo que se escribe, senón tamén o que se di.
Boa mostra disto foi a celebración do III Encontro de Equipos e de
Docentes pola Normalización, no mes de febreiro pasado, dedicado á
lingua oral.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
18
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
O feito é que o primeiro “modelo de prestixio” co que se
encontran normalmente os falantes novos é o que oen nas aulas de
lingua e literatura galegas, no ensino obrigatorio e secundario. Por
esta razón, é de importancia fundamental que o galego que se
traslade nesas aulas “soe a galego”, que sexa inequivocamente
galego na súa pronuncia e na súa entoación.
Tense argüído que a insistencia nun galego “purista” na fonética
sería discriminatorio para os neofalantes urbanos, porque lles fai
sentir que “non falan ben” e pode producirlles un sentimento de
exclusión. Mais creo que tamén se pode argumentar, no sentido
contrario, que teren un bo modelo fónico na aula é para eles unha
referencia insubstituíble. O labor do profesorado, neste sentido, ten
que ser o de servirlles de modelo, e axudarlles activamente a que
poidan aprender un modelo de lingua coas características que lles
permitan acceder, se eles así o quixeren, a postos en que ese nivel
de lingua falada sexa exixible, tal coma locutor dunha radio ou
televisión, ou mesmo profesora ou profesor de galego. Teñamos en
conta que moitos dos “neofalantes” sono polo ensino, polo exemplo e
pola influencia de profesoras e profesores de lingua galega. Que estas
lles propoñan, a través da súa práctica diaria, un modelo suficiente
de galego non redunda, pois, na súa discriminación, senón todo o
contrario, na súa habilitación para accederen a un bo galego falado.
Para os falantes habituais de galego, ese modelo de boa
fonética galega contribúe a reforzar a súa propia lingua e a súa
autoestima lingüística. Se o modelo de galego que se lles propón
desde as aulas é un galego con fonética castelá, a mensaxe que lles
estamos a dar é xustamente a contraria.
O ensino, especialmente na etapa secundaria, exerce unha
influencia fundamental na conformación da visión do mundo das
alumnas e alumnos. E isto dígoo pola miña propia experiencia,
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
19
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
seguramente compartida por moita outra xente. E sen dúbida tamén
a figura da profesora ou do profesor xoga un papel determinante na
imaxe que o alumnado, nesta idade crítica de formación, vai ter da
lingua galega, e tamén das linguas que están ao seu arredor na
sociedade. Esta consideración fai que resulte necesario que o
profesorado actúe de maneira responsable e consecuente, tanto no
tocante ás actitudes cara á(s) lingua(s), coma nos modelos que de
maneira práctica se lles están a mostrar nas aulas. De aí, tamén, a
conveniencia de respectar as súas variedades de fala, no caso do
alumnado galegofalante, ao tempo que se lle facilita a aprendizaxe
daqueloutras (lingua estándar, lingua literaria) que van ampliar o seu
abano de competencia lingüística, necesario para se desenvolver con
éxito na sociedade actual.
8. CABO
A pesar da sensación de que a figura da profesora e do profesor
ten menos relevancia da que tivo noutras épocas pasadas, e mesmo
de que non goza da consideración debida na nosa sociedade, o certo
é que segue a xogar un papel de primeira importancia na formación
da mocidade, non só na transmisión de contidos e saberes, senón
sobre todo na visión do mundo que o alumnado vai desenvolvendo na
súa etapa formativa. E entre eses valores está o respecto á
diversidade, a non discriminación, tampouco por razón da lingua ou
da variedade que se fale.
Tamén é certo que na sociedade actual o ensino non é a canle
única a través da que a xuventude adquire coñecementos e actitudes,
dado o papel que teñen os medios de comunicación e as redes sociais
na sociedade actual. Mais, así e todo, o profesorado segue a xogar un
papel non menor na formación das novas xeracións de estudantes. A
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
20
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
lingua que estes reciben nas aulas é, sen dúbida, un modelo de
lingua estándar, e a misión do profesorado é propoñerlles un modelo
de lingua que reúna as características fundamentais do galego, tanto
nos aspectos gramaticais coma fonéticos.
O profesorado de lingua e literatura galegas é consciente de
que ten un papel especial no ensino. Trinta anos despois da
implantación
do
ensino
obrigatorio
da
nosa
materia,
moitas
profesoras e profesores aspiran, lexitimamente, a un estatuto de
“normalidade” na súa función docente, mais o feito é que esta
raramente se consegue, sobre todo por seguir a nosa lingua galega a
ser obxecto de debate político e social, e lonxe da ansiada
“normalidade”. Mais ese papel especial tamén nos dá aos profesores
e profesoras de galego unha dimensión diferente da que teñen outros
colegas na formación do alumnado. E na nosa misión vai alén de
transmitir coñecementos e espertar inquietudes, e inclúe tamén a
formación en valores referidos ás linguas, e a través da lingua,
darlles instrumentos aos nosos alumnos e alumnas para que sexan
capaces de comprender mellor a sociedade en que vivimos, e así
facer que sexan cidadáns e cidadás máis conscientes e máis
responsables.
E
isto
tamén
o
podemos
conseguir,
en
parte,
transmitíndolles unha lingua galega auténtica, e axudándolles a
reflexionar sobre o papel da lingua, da fala, na sociedade en que
vivimos.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
21
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
Referencias bibliográficas
Academia das Ciências de Lisboa (2001): Dicionário da língua
portuguesa contemporânea. 2 vols. Lisboa: Verbo.
Duden = Duden Aussprachewörterbuch. Wörterbuch der deutschen
Standardaussprache. Bearbeitet von Max Mangold in Zusammenarbeit
mit der Dudenredaktion. Mannheim: Dudenverlag, 1990, 3ª ed.
García Turnes, B. (1999): “Cultivo e elaboración da lingua galega no
período da restauración (1875-1916)”, en Álvarez, R. e Vilavedra, D.
(coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor
Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade, vol. 1,
435-453.
Jones, D. (2003): Cambridge English pronouncing dictionary. 16ª ed.
Ed. por Peter Roach, James Hartman e Jane Setter. Cambridge:
Cambridge University Press.
Precedo Ledo, A. / Míguez Iglesias, A. / Fernández Justo, M. I.
(2008): “Galicia: o tránsito
cara a unha sociedade urbana no
contexto da Unión Europea”, Revista Galega de Economía 17, 89-108
(http://www.usc.es/econo/RGE/Vol17_ex/galego/art6g.pdf).
RAE = Real Academia Española (2011): Nueva gramática de la lengua
española. Fonética y fonología. Barcelona: Espasa / RAE / Asociación
de Academias de la Lengua Española.
Regueira, X. L. (2005): “Estándar oral”, en Álvarez, R. e Monteagudo,
H. (eds.): Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela:
Consello da Cultura Galega, 69-95.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
22
A letra miúda-nº2 – Revista de sociolingüística da CGENDL
Regueira, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A
Coruña: RAG (ilg.usc.es/pronuncia).
Regueira, X. L. (2012): “Autenticidade e calidade da lingua: purismo
e planificación lingüística no galego actual”, Estudos de Lingüística
Galega 4, 187-201.
Teixeira, G. (dir.) (2004): Grande dicionário. Língua portuguesa.
Porto: Porto Editora.
Tusón, A. (2008): “El estudio de la oralidad desde una perspectiva
etnográfica”,
en
Fernández
Rei,
E.
e
Regueira,
X.
L.
(eds):
Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da
Cultura Galega, 15-33.
Upton, Cl. / William A. / Kretzschmar, Jr. / Konopka, R. (2001):
Oxford dictionary of pronunciation for current English. Oxford: Oxford
University Press .
Warnant, L. (1987): Dictionnaire de la pronontiation française dans
sa norme actuelle. Paris: Duculot.
Santiago de Compostela- ISSN 2255-0976
23

Documentos relacionados