teatro - COMPOSTELA

Transcripción

teatro - COMPOSTELA
www.compostelacapitalcultural.org
2014 XANEIRO / XUÑO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
TEATRO PRINCIPAL / SALÓN TEATRO / ZONA C
TEATRO
GALEGO
e português
a
es
tre
a
ab
so
lu
t
Da Vinci tiña razón!
teatro/comedia
galego 85’
de Roland Topor
Producións Teatrais Excéntricas
Santiago de Compostela
Colette Moreau / María Costas
Alain Moreau / Evaristo Calvo
Josette Boulin / María Garat
Guy Boulin / Víctor Mosqueira
Inge / Ana Sanmartín
Robert Moreau / Santi Romay
Marcelino de Santiago “Kukas”
escenografía
Piti Sanz
música orixinal e espazo sonoro
Octavio Mas
iluminación
Cloti Vaello
vestiario
Rubén G. Pedrero
produción
Fernando Pedrido
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 16 XANEIRO 21.00
VENRES 17 XANEIRO 21.00
SÁBADO 18 XANEIRO 21.00
DOMINGO 19 XANEIRO 21.00
axudante de dirección
Quico Cadaval
dirección e adaptación
Estrea absoluta da nova produción
de Excéntricas do dramaturgo
Roland Topor, un artista morto
hai dezaseis anos que xuntou a
contracultura, o pop e a tradición
surrealista. Nestes tempos que
corren de pesimismo, este é un
espectáculo para facer rir que non
deixará a ninguén indiferente. É
unha obra que imita, para mofarse,
a forma da comedia burguesa de
sofás e moble-bar. Todo acontece
nunha luxosa casa de campo clónica
inscrita nunha urbanización de nivel
alto. Da Vinci tiña razón! é a última
loucura de Excéntricas.
VENDA ENTRADAS:
14 euros * / 8 euros (anfiteatro)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
*suplemento bono: 3 euros
Bye, Bye, Honey
teatro musical
galego 85’
de José Prieto
Obras Públicas
Galicia
actores
Iolanda Muíños
César Goldi
Carlos Mosquera Mos
músicos
Ramón Orencio
Fran Facal
Chechu Mosquera
SALÓN TEATRO
XOVES 23 XANEIRO 20.30
VENRES 24 XANEIRO 20.30
SÁBADO 25 XANEIRO 20.30
DOMINGO 26 XANEIRO 18.00
Afonso Castro
iluminación e espazo escénico
Obras Públicas
vestiario
Carlos Mosquera Mos
música
José Prieto
dirección
Bye, Bye, Honey conta a historia
de Marta, unha rapaza de barrio
que non é un anxo nin é un demo
e que, cando decide deixar a súa
casa e a súa familia, emprende
un camiño incerto e perigoso,
rodeada por todas partes de
“lumpen, pachanga e rock ’n’ roll”.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
As do peixe
teatro/comedia
galego 85’
de Cándido Pazó
Abrapalabra Creacións Escénicas
Galicia
Lisa / Susana Dans
Conchi / Mónica Caamaño
Tere / Casilda Alfaro
Begoña / Rocío González
Carlos Alonso
escenografía e vestiario
Samuel Alonso
música orixinal
Afonso Castro
iluminación
Cristina Domínguez
dirección
TEATRO PRINCIPAL
VENRES 31 XANEIRO 21.00
As do peixe é unha viaxe a través
da memoria, unha crónica das
mulleres traballadoras da conserva
baseada en testemuñas reais. Catro
mulleres (Conchi, Begoña, Lisa e
Tere) reúnense periodicamente
nun espazo público dedicado á
memoria das conserveiras e tratan
de relembrar o seu pasado laboral
e o de tantas mulleres que, logo de
que a fábrica de conservas máis
importante da vila pechara despois
de moitas loitas e desenganos, se
viron sen traballo. A súa historia
amosa unha realidade: o derrube
dunha economía e dun xeito de vivir.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Matanza
teatro/traxicomedia/contemporáneo
galego 60’
de Roberto Salgueiro
Triatreros
Vigo
Porco 1 / Antonio Martínez
Porco 2 / Omar Ferrín
Matachín / Celia González
SALÓN TEATRO
DOMINGO 2 FEBREIRO 18.00
Laura Iturralde
escenografía, iluminación e vestiario
Beatriz Campos
dirección
Matanza é unha comedia
visceral apousentada nun drama
existencialista. Esta peza de corte
contemporáneo preséntanos a
dous porcos momentos antes de
ser acoitelados polo matachín. Na
realidade de Matanza estes porcos
pensan e senten como calquera de
nós, coa diferencia de que están
destinados a ser sacrificados para
alimentar á súa comunidade.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
Pegadas
teatro/contemporáneo
galego 60’
textos de Suso de Toro, Anxós Sumai, Benito Pérez Galdós,
Manuel Pazos, Euripides e Laila Ripoll
Teatro de Ningures
Cangas
Casilda Alfaro
Anxo Graña
música orixinal e deseño son
Salvador del Río
iluminación
Ningures Producións
escenografía
Diego Seixo
fotografía e deseño
Casilda Alfaro
adaptación
Etelvino Vázquez
dirección
SALÓN TEATRO
XOVES 6 FEBREIRO 20.30
VENRES 7 FEBREIRO 20.30
Cada pegada é o recordo dunha
obra, dunha escena, dun personaxe.
Pegadas que quedan na memoria.
Son mulleres, mulleres e un home,
que viviron momentos nun tempo,
mais que non se foron de todo,
quedaron sempre as melodías das
súas voces e andan anicadas por
algún agocho, e ás veces falan
así, por sorpresa, para volver ao
seu recuncho de seguido. A peza
pretende propiciar a reflexión e a
análise do pouso que deixan algúns
momentos vividos e compartidos.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
a
es
tre
a
ab
so
lu
t
Desalmad@s
teatro/comedia dramática
galego 55’
de María Ángeles Iglesias
VerdeVeras
Santiago de Compostela
Ela / María Ángeles Iglesias
Xus Raíndo
deseño movemento
Tato López
música orixinal e deseño sonoro
VerdeVeras Expresións Artísticas
escenografía, iluminación e vestiario
María Ángeles Iglesias
dramaturxia
Carlos Neira
dirección xeral
SALÓN TEATRO
SÁBADO 8 FEBREIRO 20.30
DOMINGO 9 FEBREIRO 18.00
Unha muller busca a súa alma
xemelga pero... ¿Onde encontrala?
¿En qué sitio se esconde esa
“outra metade”? ¿E se o corpo
e a alma se contradín? De amor
e soidade, de desilusión e de
sonos, de tolos e cordos... De
todo isto conta Desalmad@s.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
Novas diretrizes em tempos de paz
de Bosco Brasil
teatro/drama
portugués 50’
Escola da Noite
Coimbra
Clausewitz / Igor Lebreaud
Segismundo / Jorge Loureiro
Ana Rosa Assunção
vestiario e imaxe gráfica
Danilo Pinto
iluminación
Zé Diogo
son
António Augusto Barros
dirección
programa Troco x Troco
SALÓN TEATRO
XOVES 13 FEBREIRO 20.30
O 18 de abril de 1945, cando a
Segunda Guerra Mundial está
preto do final, un emigrante polaco,
Clausewitz, desembarca no porto
de Rio de Janeiro. Segismundo,
o oficial da aduana, desconfía
das intencións de Clausewitz e
proponlle un desafío que leva os
dous personaxes a confrontar
as súas memorias: dun lado un
actor que perdeu familiares e
amigos e do outro un extorturador
que sempre cumpríu ordes.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
Sede de mal
teatro/comedia e música en directo
de Carlos Santiago, Luis Iglesia B. e Xavier Deive
galego 70’
Boneca Lareta / Culturactiva
Galicia
Luis Iglesia B.
Xavier Deive
Boneca Lareta
escenografía, deseño son e iluminación
Anxo Graña, Luis Iglesia B. e Xavier Deive
música
Antónimo
vestiario
Pseudónimo
dirección
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 13 FEBREIRO 21.00
VENRES 14 FEBREIRO 21.00
Logo do seu éxito en Matalobos e
de xirar con Gaivotas subterráneas,
Luis Iglesia B. e Xabier Deive
dan renda solta ao seu lado máis
salvaxe e divertido en Sede de
mal, unha comedia a doce cordas
sobre o lado escuro da vida...
Humor, teatro, música ao vivo con
blues e rock ’n’ roll “á galega”.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Gita all’Inferno
teatro/drama/contemporáneo
italiano 70’
de Nunzio Caponio, coa colaboración de Simeone Latini
Akròama, Teatro Stabile d’Innovazione
Cagliari, Cerdeña
Nunzio Caponio
Simeone Latini
Luisanna Ciuti
voz recitante
Annalisa Zedde e Toty Resta
intérpretes video
Roberto Putzu
realización video
Salvatore Aresu
escenografía e vestiario
Lele Dentoni
dirección técnica
Stefanie Tost
produción
Federico Cabras
fotografía
SALÓN TEATRO
SÁBADO 15 FEBREIRO 20.30
Nunzio Caponio e Simeone Latini
dirección
Viaxe a La Divina Commedia
Un político anónimo é asaltado e morto
nunha anónima floresta à entrada
de unha cidade anónima. Orientado
por un estraño, vivindo à marxe da
sociedade, é informado da súa nova
condición de “alma perdida”. Terá
que facer escollas, comezando unha
viaxe a través do Inferno de Dante,
esperando saír da escuridade. Moito
mudou desde 1300. A obra, intacta
nos seus versos, transformouse
radicalmente, e non é mais que a vida.
E o que parecía unha posibilidade
atrainte, convértese na enésima proba
do pensamento de Dante: a nosa vida,
as nosas accións e as nosas escollas
erradas lévannos ao noso inferno.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller) 35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (día espectáculo, 2 h. antes da función)
Galizien Amerika Linie
Xacarandaina
A Coruña
Santiago Mañasco
iluminación
Fátima Freiro
textos
imaxes.com
audiovisuais
Pablo Federico
deseño gráfico
Xacarandaina
produción
Henrique Peón
dirección e coreografía
AUDITORIO DE GALICIA
DOMINGO 16 FEBREIRO 20.00
danza tradicional
galego 80’
Galizien Amerika Linie pretende
achegar ao público ese fenómeno
importantísimo da nosa historia máis
recente, a emigración, nun espectáculo
no que se mestura a arte tradicional
(bailes, danzas, músicas, vestiario)
coas novas tecnoloxías escénicas.
De todos é sabido que os galegos
fomos un pobo emigrante, pero aínda
que nos toca a todos de preto, non
somos o suficientemente conscientes
do drama que supuxo aquel éxodo
e da importancia económica e
cultural que eses emigrantes
tiveron e o amor que dispensan
desde a distancia a súa terra.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Auditorio de Galicia
(día do espectáculo, a partir das 18.00 h)
Barbazul, unha sabotaxe amorosa
opereta para soprano e clown
teatro/contemporáneo
galego 60’
Yudith / Mónica de Nut
Barbazul / Borja Fernández
Uxía P. Vaello
vestiario e axuda dirección
Laura Iturralde
iluminación
Manolo Cortés
tradución
Isaac Piñeiro
ZONA C (BONAVAL)
XOVES 20 FEBREIRO 20.30
VENRES 21 FEBREIRO 20.30
SÁBADO 22 FEBREIRO 20.30
DOMINGO 23 FEBREIRO 19.30
XOVES 27 FEBREIRO 20.30
VENRES 28 FEBREIRO 20.30
SÁBADO 1 MARZO 20.30
DOMINGO 2 MARZO 19.30
imaxe gráfica
Marta Pazos
dirección
Mónica de Nut e Borja Fernández
constrúen unha versión libre
do mito de Barba Azul partindo
do libreto que escribiu o poeta
húngaro Béla Bálasz para unha
ópera de Béla Bartók en 1918.
Barba Azul é un mito clásico da
tradición europea reinterpretado,
en múltiples ocasións, na linguaxe
das artes literarias, escénicas e
cinematográficas.
VENDA ENTRADAS:
8 euros (6 euros, xoves día do espectador)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Zona C (o día do espectáculo a partir das 19.00 h,
domingos a partir das 18.00 h)
Té con Kant
teatro/experimental/comedia
galego 80’
de María Caparrini e Marta Pérez
Inversa Teatro
Vigo
Theodora Krauss / Marta Pérez
Johanna Gottfried / María Roja
María Roja
escenografía
Centro Dramático Galego
vestiario
Wolfgang Amadeus Mozart
música
Leonor Sangabriel e Berio Molina
fotografía
María Crespo e Ángel Sousa
edición de video
María Caparrini e Marta Pérez
ZONA C (BONAVAL)
XOVES 6 MARZO 20.30
VENRES 7 MARZO 20.30
SÁBADO 8 MARZO 20.30
DOMINGO 9 MARZO 19.30
dirección
Té con Kant é un proxecto
experimental que conxuga o ensaio
filosófico e a creación escénica
xogando co humor e a ironía para
obter unha peza de teatro íntimo
próxima ao formato de teatrodidáctico-conferencia. Johanna
Gottfried e Theodora Krauss son dúas
mulleres ilustradas chegadas á nosa
época nunha viaxe no tempo desde
a Prusia do s. XVIII. Unha vez aquí
tentarán exercer como axitadoras
filosóficas coa pretensión de remover
e promover a reflexión (e acción) do
público ao redor da problemática
moral nos nosos días, a partires das
ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel
Kant. Atréveste a pensar con nós?
VENDA ENTRADAS:
8 euros (6 euros, xoves día do espectador)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller) 35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Zona C (día do espectáculo a partir das 19.00 h,
domingos a partir das 18.00 h)
Amor flexible
teatro/comedia
galego 80’
de Alex Sampayo, Borja F. Caamaño,
Tamara Canosa, Avelino González e Araceli Gonda
Redrum Teatro
Santiago de Compostela
Piluca / Mela Casal
Tristán / Guillermo Carbajo
Eva / Tamara Canosa
Redrum Teatro
escenografía e vestiario
Carlos Álvarez-Ossorio
iluminación
Manuel Riveiro
música
Alex Sampayo
dirección
TEATRO PRINCIPAL
VENRES 7 MARZO 21.00
Nesta vida todos queremos algo.
Tristán quere a Eva. Eva quere os
cartos de Tristán. Piluca viaxar a
Cabo Verde co seu noivo Bembé...
e para que todos consigan o que
queren, os mozos teñen que casar
antes de que Tristán descobra o
segredo de Eva. Para isto as mulleres
urdirán un divertido plan que poderá
custarlle a vida ao rapaz. Amor
flexible é unha comedia actual,
cercana e amable, que profundiza
nas relacións familiares e de
parella dende a óptica que mellor
se achega ao público, o humor.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Curriculum Vitae
teatro/comedia
galego 80’
de Alex Sampayo, Borja F. Caamaño, Diego Ameixeiras,
Araceli Gonda, Avelino González, Manolo Cortés e José Prieto
Redrum Teatro
Santiago de Compostela
Si e non *
Ela / Mónica García
El / Guillermo Carbajo
Redrum Teatro
Redrum Teatro
escenografía e vestiario
David Machado
deseño son
Carlos Álvarez-Ossorio
iluminación
Manuel Riveiro
música
Alex Sampayo
dirección
microteatro/comedia
galego 15’
Cándida / Mónica García
Breogán / Guillermo Carbajo
Alex Sampayo
dirección
Si e non é a terceira das cinco pezas que compoñen
Curriculum Vitae: seredes complices da conversa entre
un mozo DJ con poucas ganas de traballar e unha
experimentada funcionaria que estará disposta ao que
sexa por atoparlle un posto ao fillo dunha amiga.
A REGADEIRA DE ADELA
XOVES 20, VENRES 21 E SÁBADO 22 FEBREIRO
TEATRO PRINCIPAL
SESIÓNS A PARTIR DAS 20:30
SÁBADO 8 MARZO 21.00
3 euros
* adianto da obra teatral Curriculum Vitae
Curriculum Vitae é unha comedia
sobre entrevistas de traballo na que
asistiremos, a través da invisible cuarta
parede dunha oficina, a esas “curiosas”
escenas que teñen lugar entre dúas
persoas, cando unha delas está sendo
xulgada pola outra para acceder a
un posto de traballo. Humillación,
enchufismo, ineptitude, mala hostia,
abuso... vanse sucendendo nas
cinco pezas que compoñen a obra
para mostrar a crúa realidade do
mundo laboral. Iso si, todo contado
dende o humor, que é a mellor
forma de contar as cousas serias.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
As mil vidas de Matías Houseman
de José Prieto
monólogo teatral tráxico-cómico
galego 70’
Teatro de Adro
Santiago de Compostela
Matías Houseman / Josito Porto
Afonso Gutiérrez
escenografía e iluminación
Josito Porto
música e deseño son
José Prieto
dirección e vestiario
ZONA C (BONAVAL)
XOVES 13 MARZO 20.30
VENRES 14 MARZO 20.30
SÁBADO 15 MARZO 20.30
DOMINGO 16 MARZO 19.30
XOVES 20 MARZO 20.30
VENRES 21 MARZO 20.30
SÁBADO 22 MARZO 20.30
DOMINGO 23 MARZO 19.30
Matías Houseman quixo vivir mil vidas,
pero esqueceuse de vivir a máis
importante... a súa. Neste monólogo
traxicómico de José Prieto, o actor
Josito Porto interpreta a curiosa e
polifacética vida de Matías Houseman,
un home gris que racha coa súa
monótona existencia para vivir todo o
que soñou vivir: en pouco máis dunha
hora de espectáculo no que a diversión
tamén deixa cabida á reflexión, chega
a ser estrela da música, futbolista de
primeira división, monologuista cómico,
mafioso, líder espiritual e incluso
presidente do goberno, entre outras
moitas actividades e profesións.
VENDA ENTRADAS:
8 euros (anticipada) / 10 euros (billeteira)
xoves (día do espectador):
6 euros (anticipada) / 8 euros (billeteira)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller) 35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Zona C (día do espectáculo a partir das 19.00 h,
domingos a partir das 18.00 h)
Fémina Sapiens
teatro/experimental/comedia
galego 60’
de Marta Pérez
Inversa Teatro
Vigo
Fémina Sapiens / Marta Pérez
Eufrasio Lucena
escenografía
Inversa Teatro
vestiario e música
Gus Abreu
fotografía
María Rodríguez
grafismo
Carlos Álvarez-Ossorio
dirección e edición de video
SALA AGUSTÍN MAGÁN
Centro Sociocultural de Santa Marta
SÁBADO 15 MARZO 20.00
SÁBADO 22 MARZO 20.00
Fémina Sapiens é un solo teatral
escrito e interpretado por Marta Pérez
e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio
onde se pon de manifesto a pregunta
sobre se é posible a evolución en torno
ao aspecto Sapiens (ou se, pola contra
somos máis proclives á involución)
e onde se cuestiona a linguaxe e o
rol imposto á muller desde a propia
decisión da bipolaridade Muller-Homo.
Fémina Sapiens é un personaxe
que tenta buscar e analizar cal é o
eslabón perdido entre a racionalidade
e moralidade pasando polos estadios
íntimos de violencia existentes
en tres relacións fundamentais:
a amizade, a familia e o amor.
VENDA ENTRADAS:
8 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
CSC Santa Marta
(días de espectáculo, a partir das 18.30 h)
a
es
tre
a
ab
so
lu
t
Longa viaxe cara á noite
de Eugene O’Neill
CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
teatro/drama
galego 105’
Centro Dramático Galego
Galicia
James / Gonzalo Uriarte
Mary / Luisa Merelas
Jamie / Marcos Vieites
Edmund / Alberto Rolán
Juanjo Amado
iluminación
Guillermo Vázquez
María Negreira
SALÓN TEATRO
deseño: trisquelia | fotografía: graciela vilagudín
manuel guede oliva
escenografía
espazo sonoro
eugene o�neill
LONGA
VIAXE
CARA Á
NOITE
Rodrigo Roel
SÁBADO 22 MARZO 20.30
DOMINGO 23 MARZO 18.00
VENRES 28 MARZO 20.30
SÁBADO 29 MARZO 20.30
DOMINGO 30 MARZO 18.00
VENRES 4 ABRIL 20.30
SÁBADO 5 ABRIL 20.30
DOMINGO 6 ABRIL 18.00
vestiario
Manuel Guede Oliva
dirección e dramaturxia
Con elementos da vida do propio
O´Neill, Longa viaxe cara á noite
narra a crónica dun só día na vida dos
Tyrone, unha familia norteamericana
quebrada polas frustracións e os
vicios. James, un actor de éxito e
fortuna, que pasou a súa vida de
escenario en escenario sen poder
formar un verdadeiro fogar; Mary, a súa
muller, presa dunha adicción imposible
de desarraigar; Jamie, o fillo maior e
alcohólico; e Edmund, o alter ego de
O´Neill, un mozo soñador e romántico,
pero enfermo de tuberculose.
VENDA ENTRADAS:
8 euros (6 euros, xoves día do espectador)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
a
es
tre
a
ab
so
lu
t
A Mamma
teatro/comedia
galego 70’
de Lino Braxe
Teatro do Noroeste
Santiago de Compostela
A Mamma / Luma Gómez
Bernardo Martínez
deseño espazo sonoro
Tino Viz (Margen Fotografía)
fotografía
ZONA C (BONAVAL)
MÉRCORES 26 MARZO 20.30
XOVES 27 MARZO 20.30
VENRES 28 MARZO 20.30
SÁBADO 29 MARZO 20.30
DOMINGO 30 MARZO 19.30
MÉRCORES 2 ABRIL 20.30
XOVES 3 ABRIL 20.30
VENRES 4 ABRIL 20.30
SÁBADO 5 ABRIL 20.30
DOMINGO 6 ABRIL 19.30
Eva Alonso
deseño gráfico e produción
Eduardo Alonso
dirección, escenografía e iluminación
A Mamma é, en certa medida, a historia
de toda unha xeración, a dos culpables
de que as cousas estean como están.
Por iso a historia de A Mamma é a
historia dun fracaso, pero do fracaso
daqueles que deixaron pasar por diante
todas as oportunidades de rectificar.
Esa xeración que educou aos seus
fillos na abundancia e na liberdade
e, agora, todo iso vólvese en contra.
Fillos mal preparados para a crise e
excesivamente preparados para nada.
Un sentido responsable de tomalo todo
con ironía e retranca une a Teatro do
Noroeste e a Lino Braxe en A Mamma.
VENDA ENTRADAS:
8 euros (6 euros, xoves día do espectador)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Zona C (o día do espectáculo a partir das 19.00 h,
domingos a partir das 18.00 h)
a
es
tre
a
ab
so
lu
t
Avestruz en terra allea
teatro/contemporáneo
galego 75’
de Paula Carballeira
adaptación a partir do poemario Contatrás II-I publicado por Edicións Positivas
Berrobambán
Santiago de Compostela
Paula Carballeira
Nuria Sanz
David Loira
X. Carlos Hidalgo
escenografía
Fidel Vázquez
iluminación
Cloti Vaello
vestiario
Nacho Sanz
música
David Loira
escenogafía
Chiqui Pereira
dirección
TEATRO PRINCIPAL
SÁBADO 29 MARZO 21.00
Quen máis, quen menos, cando
nos decatamos de que os soños a
miúdo non se fan realidade e de que
nos volvemos persoas totalmente
diferentes ás que nos imaxinabamos
chegar a ser, sentímonos coma as
avestruces en granxas galegas, tan
lonxe dos seus espazos naturais. Ese
desacougo de non saber se este é o
noso lugar e o noso tempo é a materia
do novo espectáculo de Berrobambán
Avestruz en terra allea. Benvidos ao
cabaret do desacougo. Con música
e con humor, ata as preocupacións
que levamos dentro da alma poden
verse desde outro punto de vista.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
As orações de Mansata
de Abdulai Sila
teatro/traxicomedia
portugués 150’ (en dúas partes)
PROXECTO P-STAGE
Cena Lusófona
A Escola da Noite (Coimbra)
Companhia de Teatro de Braga
Teatro Vila Velha (Salvador, Brasil)
de
Abdulai
Sila
encenação
António
Augusto
Barros
P-STAGE
IV ESTÁGIO
INTERNACIONAL
DE ACTORES
Desenvolvido no âmbito do
Programa ACP-UE de apoio aos
sectores culturais ACP. Programa
executado pelo Secretariado
do Grupo dos Estados ACP
e financiado pela União Europeia.
http://pstage.wordpress.com
Popnyate / Amador Fernandes
Nghalula, katandera / Elane Nascimento
Kemeburema, Yewta Yawta / Emílio Lucombo
Kamala Djonko, talibé / Igor Lebreaud
Djinna Hara, Nke Bah, talibé / Jorge Biague
Annura, katandera / Marleny Musa
Djondez / Miguel Magalhães
Mwankeh / Paulo Figueira
Yem Yem, talibé / Ridson Reis
Amambarka / Rogério Boane
Djuku, katandera / Solange Sá
Nkungha / Trindade Gomes da Costa
Djibisappoh / Wilson de Sousa
Fernando Conceição
iluminación
João Mendes Ribeiro e Luísa Bebiano
escenografía
Ana Rosa Assunção
vestiario e imaxe gráfica
António Augusto Barros
dirección
programa Troco x Troco
SALÓN TEATRO
VENRES 11 ABRIL 20.30
SÁBADO 12 ABRIL 20.30
Oito conselleiros do Xefe Supremo
disputan entre eles a mellor forma de
derrocar ao líder e ocupar a cadeira da
“Suprematura”. Para conseguilo parten
en busca das “Orações de Mansata”,
que supostamente lles facilitaran
o dominio sobre o seu pobo, nun
proceso no que a traizón, a tortura e o
asasinato son reducidas á banalidade.
Espectáculo cun elenco de 13 actores
oriundos de 6 países de lingua oficial
portuguesa construido no eido do IV
Estágio Internacional de Actores da
Cena Lusófona (proxecto P-Stage).
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Salón Teatro (o día do espectáculo,
2 horas antes da función)
Misterio cómico
teatro/comedia
galego 70’
de Dario Fo
Teatro do Morcego
Misterio Cómico
de Darío Fo
Narón
25º aniversario
Premio Compostela mellor
actor e director
Celso Parada
Pablo Costas
música
Teatro do Morcego
iluminación e vestiario
M
Celso Parada
adaptación
Júlio Cardoso
dirección e espazo escénico
Dirección:
Júlio Cardoso
Teatro do Morcego
PRESENTA:
TEATRO PRINCIPAL
MÉRCORES 7 MAIO 21.00
PREMIO COMPOSTELA 1992
Mellor Actor e Mellor Director
Para celebrar o 25º aniversario da
fundación da compañía, Teatro do
Morcego volve cunha nova versión
de Misterio cómico, ou orixinalmente
Misterio bufo, texto de Darío Fo
co que acadou dous premios
Compostela en 1992 ao mellor actor e
ao mellor director. Considerada unha
das suas obras máis importantes,
Dario Fo quere contar en Misterio
bufo a verdadeira historia, a do
pobo, a que foi sempre marxinada
pola cultura oficial, reivindicando
o verdadeiro coñecemento dun
elemento esencial da cultura
italiana, como é a súa tradición
oral e escrita de teatro popular.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Antiheroica
teatro/contemporáneo
galego 65-70’
de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón
Ut-Tópico Teatro
Santiago de Compostela
A Pobra do Caramiñal
Fran Godón
Toni Salgado
Fran Godón
iluminación
Vanesa Sotelo
dirección, deseño e dramaturxia
ZONA C (BONAVAL)
XOVES 8 MAIO 20.30
VENRES 9 MAIO 20.30
SÁBADO 10 MAIO 20.30
DOMINGO 11 MAIO 19.30
XOVES 15 MAIO 20.30
VENRES 16 MAIO 20.30
SÁBADO 17 MAIO 20.30
DOMINGO 18 MAIO 19.30
- Que é un antiheroe?
- É como un heroe
pero con todo o
mundo en contra.
Como se fose un álbum de humanidades,
en Antiheroica as historias dos antiheroes
toman os corpos dos dous únicos habitantes
dun espazo impersoal, pechado e infinito.
A morte, a herdanza, a soidade e o tempo
son algunhas das claves universais e eternas
sobre as que se constrúe esta proposta na
que a morte e a resurrección fían as escenas
na espera de atopar un sentido que nunca
chega. Unha paleta de cores na que se
mestura o riso coa tristura, a sorpresa co
predicible e onde mesmo hai cabida para
a tenrura, a comprensión, o sufrimento
ou a grima. Unha sucesión de antiheroes
que pasan por diante do espectador e
que o animan a entrar nun xogo dinámico
no que calquera pode atoparse.
VENDA ENTRADAS:
8 euros (6 euros, xoves día do espectador)
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Zona C (o día do espectáculo a partir das 19.00 h,
domingos a partir das 18.00 h)
O Feo
teatro/comedia
galego 60’
de Marius von Mayenburg
CatroCadeiras
A Coruña
Lette / Machi Salgado
Karlmann / Manuel Polo
Scheffler / Xoán Abreu
Fanny / Laura Campos
José Faro
escenografía
Fran Nuñez
iluminación
Juan Carlos Corredoira
dirección, adaptación e vestiario
TEATRO PRINCIPAL
MÉRCORES 14 MAIO 21.00
Lette considérase unha persoa
normal. Traballa duro como
enxeñeiro e goza dun matrimonio
apracible e sen sobresaltos. Mais
un día descubre unha terrible
verdade: é espantosamente feo.
Así comeza O feo de Marius von
Mayenburg, unha comedia que dun
xeito divertido e mordaz denuncia
a nosa obsesión pola beleza e polo
éxito, obrigándonos a reflexionar
acerca do que realmente nos
define como persoas hoxe en día.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Autos da Revolução
teatro/drama
portugués 105’
de António Lobo Antunes
Centro Dramático de Évora CENDREV
A Companhia de Teatro do Algarve ACTA
Évora / Faro
Mário Spencer
Bruno Martins
Tânia da Silva
Jorge Baião
Maria Marrafa
Rosário Gonzaga
SALÓN TEATRO
XOVES 15 MAIO 20.30
Elsa Blin
escenografía e vestiario
Gil Nave
música
Pierre-Etienne Heymann
dirección
Autos da Revolução componse de
fragmentos de cinco novelas de
António Lobo Antunes que colocan
a Revolución como telón de fondo.
O espectáculo propón os relatos
cruzados de sete personaxes, cada
un lembra o seu 25 de Abril e conta o
que sucedeu con el: unha burguesa
caritativa, un operario de mudanzas,
un militante político que estivo
preso en Caxias, un banqueiro, unha
campesina explotada nunha quinta,
a esposa dun contra-revolucionario e
unha criada. Estes personaxes non son
ningúns heroes, son persoas comúns,
cheos de contradicións. Cada un grita
a súa verdade, a súa duplicidade,
o seu fervor, a súa fraqueza, o seu
desvarío, a súa inocencia...
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller) 35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
S. Teatro (día espectáculo, 2 h. antes da función)
p
e ree
co s
lo tre
qu a
io
Diante do espello
teatro/drama
galego 70’
de Fran Godón
Ut-Tópico Teatro
Santiago de Compostela
A Pobra do Caramiñal
Sarah / Vanesa Sotelo
Ruth / Yelena Molina
Fran Godón
dirección, deseño e dramaturxia
TEATRO PRINCIPAL
MARTES 20 MAIO 21.00
PREMIO ABRENTE DE
TEXTOS TEATRAIS 2013
Dúas mulleres en cadanseu cuarto
de hotel a noite ou madrugada
antes do seu “gran día”. Sarah está a
preocuparse polos últimos detalles,
nerviosa porque nunhas horas vai
estrear a súa primeira gran obra na
capital. Ruth está na cidade para
presentarse a unha proba de selección
a mañá seguinte e pensa na súa
familia: nos seus fillos e o seu marido.
Os seus pensamentos só se ven
entorpecidos polo ruído de cadanseu
teléfono que, a modo de chamada para
público, soa tres veces para avisar da
aproximación da vida. Diante delas
unha parede de espello cómplice e
silenciosa, coa que falan, na que se
miran, na que escriben e que as vai
espindo pouco a pouco. Sarah e Ruth
teñen máis en común do que parecía.
VENDA ENTRADAS:
fóra de abono
3 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios
que non serven para cambiar o mundo pero fan que quedemos máis tranquilos
de Santiago Cortegoso
teatro/comedia
galego 75’
Ibuprofeno Teatro
Caldas de Reis
El / Santiago Cortegoso
Ela / Marián Bañobre
Diego Seixo
escenografía
Salvador del Río
iluminación
Héctor Pazos
técnico de luz e son
Marián Bañobre
vestiario
Carmela Bueno
movemento escénico
Santiago Cortegoso e Marián Bañobre
dirección
TEATRO PRINCIPAL
XOVES 22 MAIO 21.00
PREMIO MARÍA CASARES 2013
Mellor Texto Orixinal e
Mellor Actriz Protagonista
É evidente que nos enganan e nos
manipulan. Só interesamos como
consumidores ou como votantes,
que é o mesmo. Como podemos
cambiar esta situación? Pasando á
acción. Tomando a revancha pola nosa
conta. Non seremos quen de darlle
a volta ao sistema, pero podemos
darnos pequenos caprichos. Como?
Levando a cabo pequenos ACTOS
PSEUDORREVOLUCIONARIOS
que non serven para cambiar o
mundo pero fan que quedemos máis
tranquilos. Dous personaxes dunha
comedia romántica envoltos nun
espectáculo cómico-político-absurdo
de orixinal estética que recrea os
xogos da nosa infancia.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Meu ben
teatro/comedia
galego 80’
de Elaine Murphy
Eme2
Santiago de Compostela
Amber / Rocío González
Kay / Elina Luaces
Lorraine / Mercedes Castro
Avelino González e Olga F. Nogueira
tradución
Sandra Romaris e Xocas López
asesoramento lingüístico
Anxo Graña
espazo sonoro
Afonso Castro
iluminación
Roi Fernández
realización audiovisual e deseño gráfico
Mari Seoane
SALÓN TEATRO
MÉRCORES 4 XUÑO 20.30
XOVES 5 XUÑO 20.30
VENRES 6 XUÑO 20.30
SÁBADO 7 XUÑO 20.30
DOMINGO 8 XUÑO 18.00
vestiario
Janite
fotografía
Xocas López e Anxo Graña
produción
Julio Perugorria
distribución
Álvaro Lavín
dirección
Amor, sexo, vida, morte e clases de salsa.
Tres xeracións de mulleres.
Un ano extraordinario.
Amber vive sen preocupacións, acabada
de saír do instituto, está no mellor da
vida, mocea cun tal Paul e anda de festa
rachada.... ata que sofre unha molesta
“indixestión”. A súa nai Lorraine ataca
un cliente no traballo polo que ten que
visitar un “médico da cabeza” que lle
receita facer algo bo para ela mesma
unha vez por semana: é hora de se
apuntar a clases de salsa! A avoa Kay,
pola súa banda, tenta sentirse viva nos
frustrantes sesenta mentres coida do
seu marido enfermo. Tres xeracións
de mulleres de clase media contan a
historia de un ano extraordinario.
VENDA ENTRADAS:
12 euros*
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller) 35 euros
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
S. Teatro (día espectáculo, 2 h. antes da función)
*suplemento bono: 2 euros
Demolición
teatro/comedia
galego 80’
de Cándido Pazó
Talía Teatro
Santiago de Compostela
Artur Trillo
Toño Casais
Carlos Alonso
deseño escenografía
RTA
realización escenografía
Dani Trillo
iluminación e deseño gráfico
Rubén Prieto
fotografía e video
Martina Cambeiro
vestiario e maquillaxe
Auri Ferreiro
produción
Diego Rey
axudante dirección
TEATRO PRINCIPAL
MÉRCORES 11 XUÑO 21.00
XOVES 12 XUÑO 21.00
Cándido Pazó
dirección
Dúas persoas moi distintas coinciden,
casualmente, como curiosos
espectadores da demolición dun
gran edificio que, despois de anos e
anos de litixios e demoras, ten que
ser derrubado por mandato xudicial.
Na medida en que entre eles dous se
vai establecendo unha insospeitada
relación, asistimos a un espectáculo
que fala do que todo o mundo
fala. Demoledoramente divertido.
Demoledoramente humano.
VENDA ENTRADAS:
10 euros
BONO TEATRO GALEGO (5 obras a escoller)
35 euros
entradas.novagaliciabanco.es / 902 434 443
Teatro Principal (18.00-21.00 h, de martes a sábado)
Bono Teatro Galego
TEATRO PRINCIPAL / SALÓN TEATRO / ZONA C
5 obras a escoller ao longo do 2014
35 euros
Válido previo troco por unha localidade na billeteira
do Teatro Principal en horario de 18:00 a 21:00h.,
de martes a sábado, e os días de función no recinto
correspondente a cada representación.
Cambio válido ata esgotar as localidades. A posesión
do bono non garante reserva de localidade.
Excepcionalmente algunha obra pode ter
un suplemento. Consultar a programación e
condicións específicas por función.
5
4
3
2
1
Desconto non acumulable con outras ofertas.
Este programa está suxeito a posibles cambios e
cancelacións; prégase consultar a carteleira diaria
e www.compostelacapitalcultural.org. O cambio ou
cancelación dun espectáculo non suporá a devolución
do importe (total ou parcial) do prezo do bono.
A programación correspondente ao último trimestre
do ano anunciarase durante o mes de setembro.
www.compostelacapitalcultural.org
b o n o TEATRO GALEGO 2014
5 obras
a escoller
35 €
*
e português
TEATRO PRINCIPAL / SALÓN TEATRO / ZONA C
www.compostelacapitalcultural.org
Consultar programación e condicións específicas por función
Válido previo canxeo na billeteira do T. Principal (18-21h., martes a sábado)
e os días de función no recinto correspondente
*excepcionalmente algunha obra pode ter un suplemento
2014 XANEIRO / XUÑO
SANTIAGO DE COMPOSTELA
TEATRO PRINCIPAL / SALÓN TEATRO / ZONA C
TEATRO
GALEGO
e português
wwww.compostelacapitalcultural.org

Documentos relacionados