As parroquias de Tui - Deputación de Pontevedra

Transcripción

As parroquias de Tui - Deputación de Pontevedra
XULIO MARTÍNEZ SIGÜENZA
As parroquias de Tui –síntese histórica–
As liñas que configuran este pequeno estudio pretenden ser unha
aproximación histórica –escasamente divulgada– de cada unha
das once parroquias, ordenadas
alfabeticamente no texto, que
integran o actual concello de Tui
(Pontevedra), excluíndo o casco
urbano, que xa dispón de guías
específicas. Os datos foron obtidos mediante a busca de información en manuscritos existentes en
diferentes arquivos, de revisións
bibliográficas e do contacto directo cas xentes –con recordos históricos herdados– e co seu
contorno. Terras transmitidas de
avós a pais, e de pais a fillos.
Sabemos que cada parroquia co
seu patrimonio cultural, moitas
veces oculto, ben merece unha
publicación monográfica, pero é
este un propósito que excede os
obxectivos do presente traballo.
Esperemos, pois, que estas páxinas axuden a coñecer e a valorar
un pouco máis esta fermosa
comarca, de fronteira e río secular. Un territorio antano eminentemente campesiño, agora un
marco xeográfico, como todos, a
cabalo entre o tradicional e o
urbano.
O AUTOR
11
Termo municipal
de Tui.
Parroquias.
RELACIÓN DAS PARROQUIAS TUDENSES
1. Areas. 2. Baldráns. 3. Caldelas. 4. Guillarei. 5. Malvas. 6. Paramos. 7. Pazos de Reis. 8. Pexegueiro. 9. Randufe. 10. Rebordáns. 11. Ribadelouro.
12
1
A R EA S
Esta parroquia ribeirá consta de
sete barrios baixo os nomes de:
Regueiro, Toxeira, Atrio, Gaios,
Carballo, Bouzalabada e Anta
(este último mencionado en antigas escrituras que datan do ano
1095, e o seu topónimo ben puidera aludir á existencia no lugar
de mámoas ou túmulos funerarios), os cales se distribúen ó
longo dun terreo pouco escarpado na parte baixa e aterrazado na
zona alta, limítrofe xa co municipio de Tomiño.
A súa poboación ten por fronte
as vistas da orografía portuguesa
e o tránsito lento das augas do
Miño. Afluente deste é o San
Martiño, a canle do cal rega as
fértiles terras de Santa Mariña.
No século XII, ano de 1112, a
raíña dona Urraca doa ó bispo
de Tui a entidade coñecida por
entón co topónimo de Arenas,
que así a denomina “por los
terrenos y lugares antiguos con
todo lo que la Reyna tenia desde
el Río de Molinos hasta Piedrafita
que está sobre Pesigario (actual
Pexegueiro)” 1.
Durante os anos que se suceden
á segunda metade do século XIX
só habitaban a parroquia 82 fregueses que dependían no contencioso do xuíz de Tui e polo
político e gobernativo do de Salceda de Caselas. Os seus décimos valían daquela a cifra de
15.000 reais, que por enteiro
gozaba o seu cura párroco, o cal
dispuña onda a igrexa (posiblemente orixinaria do século XIII,
sofre numerosas reformas nos
séculos XVII, XVIII e XIX. Aínda
se conserva unha porta lateral
preoxival románica), de casa rectoral –hoxe en día restaurada e
rehabilitada para turismo rural– e
horto rectoral de 13 ferrados de
pan en semente. Percibía tamén
unha renda anual de 16 e 3/4
ferrados de trigo, 17 de centeo,
16 e medio de miúdo, 26 reais, 2
marabedís e un polo. A fábrica
do templo relixioso cobraba en
tributos a contía de 2 ferrados de
trigo, 1 e medio de centeo, 2 de
miúdo, 5 de millo, 25 reais e 6
marabedís.
José Argibay, veciño de Santa
María de Pías (Mondariz), será o
mestre canteiro que realice as
obras da capela maior da igrexa
en 1864.
A patroa titular de Areas é a Virxe
e mártir Santa Mariña, a festivida-
13
Igrexa
parroquial.
Foto Sigüenza.
Pazo e capela de San
Bieito de Bouzabalada.
Foto Sigüenza.
de da cal se celebra o día 18 de
xullo ó pé do templo parroquial.
Festas importantes tamén son a
das Dores e a do Rosario, que
se celebran respectivamente en
agosto e outubro. Outra congregación festivo-relixiosa ten lugar
unha vez ó ano na capela de San
Bieito en Bouzabalada, ermida
contigua ó pazo que leva o
mesmo nome do barrio. Este
14
notable casarío posúe unha
extensión de varias hectáreas de
terreo e foi reconstruído o seu
inmoble durante o século XVIII,
tal como figura no frontispicio:
“reedificose año 1790”.
No pazo de Bouzabalada viviu
ata a súa morte José Peñaredonda, comandante retirado do exército que desempeñou durante
breve tempo as funcións de alcal-
de de Tui nos momentos escuros
do Alzamento Nacional de 1936.
Posiblemente houbo noutros
tempos no barrio de Gaios, ou
proximidades, unha casa nobre.
Nunha labra heráldica (arrancada
do seu lugar de orixe e incrustada nunha parede de ladrillo
dunha vivenda en construcción
en dito barrio) aparecen esculpidas as liñaxes dos Troncoso de
Antiga marca
en poste de
viña. Foto A.
Rodríguez.
Viveiro forestal.
Foto Sigüenza.
Lira e os Sotomayor, representadas polo característico brazo que
sostén unha espada, un tronco
de árbore con raíces descubertas
e animal apoiado sobre patas traseiras –os primeiros– e as faixas
de escaques –os segundos–. Quizais este blasón proceda dalgún
antigo abade de Areas que pertenceu á coñecida casa da Picoña
en Salceda de Caselas2.
Hai que mencionar como elemento de grande interese botánico e arquitectónico o viveiro
forestal, onde na actualidade se
reproducen numerosas especies
arbóreas destinadas á venda a
particulares e para repoboacións
forestais. Este, fundado polo
coñecido enxeñeiro de montes
Rafael Areses, foi creado nun
principio para subministrar varie-
dades de gando vacún, cereais e
legumes, principalmente para as
zonas de Galicia, Asturias e
León. No camiño de acceso ó
viveiro forestal recolléronse
sobre o terreo varias machadas
pulidas atribuídas a un período
Neolítico3.
15
2
B A L D R Á N S
Se comezamos co apartado máis
afastado da historia do home,
tocamos coa prehistoria. No
barrio do Cerqueiro acháronse
casualmente varios bifaces de
tipoloxía paleolítica (cantos rodados de cuarcita tallados por dúas
das súas caras) a consecuencia
de remocións de terra nun predio particular, propiedade do
señor J. J. Martínez Sigüenza.
Recentemente recollemos outro
exemplar nas Veigas.
Cabe destacar en Baldráns a
existencia dunha serie de petroglifos situados á beira do Miño, e
que ata hai poucos anos estiveron baixo as augas do río,
compostos por serpentiformes,
“coviñas”, e os característicos
círculos concéntricos. Conxunto
16
de arte rupestre, atribuído grosso
modo á Idade do Bronce, situado no lugar denominado As Carneiras4.
Cítase en varias publicacións a
Baldráns como lugar de probable
bifurcación de vías romanas
(recordemos que a vía XIX pasaba polas inmediacións da ponte
do Louro).
Existen poucos datos históricos
sobre esta parroquia, que segundo se ollen escrituras de épocas
distintas escríbese ben coa grafía
de Baldráns ou a de Valdráns.
Antano parte destas terras pertenceron ó señorío de Val de Flores,
o pazo matriz do cal seguramente foi o que, moi modificado con
respecto ó seu aspecto orixinal,
está situado no barrio da Malla-
doura. Dispuxo este dunha capela anexa que aloxaba no seu interior unha imaxe de San Gregorio
(talla do século XVIII custodiada
no Museo Diocesano de Tui), e
ós pés do cal se celebraba anualmente unha pequena romaría. Na
actualidade aínda se poden apreciar restos de muros que compoñían a planta da pequena capela
(en 1754 posuíaa don Pedro Gil
Correa, fundada uns corenta anos
atrás por don Benito Romero), e
a entrada onde estaba encaixado
o couzón no que irían colocados
os gonzos do portalón de acceso
á casa forte. Enriba había un
escudo de armas, vendido hai
anos e que hoxe se atopa coroando o portal dun predio en
Entienza (Salceda) denominada
Dous pequenos bifaces
paleolíticos atopados no
barrio do Cerqueiro.
Foto Sigüenza.
polo nome do seu propietario:
“Pepe da Quinta” ou “Pepe da
Garganta” (antigo pazo destruído).
O pazo da Malladoura –con certa
influencia constructiva portuguesa– hoxe en día dividido en
varias partes, dende a súa orixe
posiblemente en épocas barrocas
pasou por diferentes mans. Descendentes da primitiva familia
(emparentados cos Puntillón de
Paramos) por avatares da vida
acabarían afincados finalmente
en Verdoejo (Portugal)5. Moi próximo a esta casa grande hai un
muíño de auga e o denominado
Penedo da Malladoura composto
por unha xigantesca mole de granito, na cal se di que antano se
mallaba o centeo e se puña a
secar o millo. A altitude máxima
da parroquia ascende a 100
metros sobre o nivel do mar no
monte chamado Lóbrega, situado
nas proximidades da citada
rocha.
Algunhas referencias –en boca de
veciños– sitúan en Lóbrega
(Lóbriga, Alóbrega ou Alóbriga,
segundo variantes) restos de
paredes e muros que pertenceron ó emprazamento dun poboado, xa desaparecido, e que se
constituíu remotamente no primitivo Baldráns.
Existen testemuños orais que
sitúan un cruceiro e unha capela,
esta dedicada á nai da Virxe
María, Santa Ana, no lugar de
Ledos. Destes elementos arquitectónicos non queda ningún
resto constructivo pero si se conserva unha imaxe da santa coa
Virxe e o neno Deus, datada no
século XVII, que se garda no
Museo Diocesano de Tui. Outra
talla, procedente de Baldráns,
que igualmente se atopa en dito
museo, é unha do mártir San
Sebastián (século XVIII). A imaxe
de madeira do titular, localizada
no interior da igrexa parroquial,
é un Santiago Matamoros ecuestre. Obra probablemente confeccionada durante o século XVIII.
Outra ermida desaparecida foi a
de San Xerónimo. En 1778 esta
capela presentaba estado de
ruína e indecencia polo que xa
se prohibe nesa data o culto no
seu interior. No barrio do Rapado
houbo noutros tempos un igrexario, terreo posiblemente anexo a
unha antiga rectoral.
Respecto ó século XIX as principais noticias da época son as
relativas ós avances das tropas
napoleónicas. Sostén o escritor
Gerardo Álvarez Limeses que os
franceses invadiron a freguesía
queimando dous altares da igre-
17
Igrexa parroquial.
Foto Sigüenza.
Curioso pedestal
de cruceiro.
Foto A. Rodríguez.
18
Escudo de armas
que pertenceu ó pazo
da Malladoura.
Foto Sigüenza.
xa, levándose trala rapina diversas roupas de mérito do seu interior. Hai veciños que aseguran
que precisamente o topónimo As
Campas, lugar outeiro, provén de
ter sido este o enclave que escolleron os franceses para establecer un campamento provisional
durante os asaltos e razzias efectuados na zona.
Relativo ó capítulo dos artesáns e
artistas que efectuaron obras para
a parroquia hai que citar nomes
coma Pedro Demaqueira, mestre
canteiro de San Andrés de Xeve,
que en data 19 de xuño de 1702
contrata na cifra de 18.000 reais
de vellón a nova fábrica do
corpo da igrexa (concorreu
tamén á poxa Antonio del Pino,
veciño de Taboexa (As Neves)
que perdeu en favor do anterior).
Jacobo Andrés Páez de la Iglesia,
mestre pintor, natural de Tui
(1803?-1888), pintará en 1874
unha Virxe Dolorosa do tipo de
vestir para adornar e custodiar
relixiosamente o templo.
Ademais dos barrios do Cerqueiro, A Malladoura e Rapado,
xa citados, o resto das entidades
de poboación son: Carballiza,
Facho, Igrexa, Parceira, Teixeira
e As Veigas. O conxunto de
habitantes rolda os catrocentos
veciños. O regato principal que
atravesa a parroquia é o Poldras.
Ademais da igrexa, remodelada
nos séculos XVII e XVIII, que
consta dun campanario en forma
de espadana (na data de 26 de
febreiro de 1380 cítase como o
seu titular ó apóstolo Santiago o
Maior, e como rector do templo a
Juan de Paramos), son de valor
diversos elementos etnográficos
situados na freguesía como os
muíños de regato6, pesqueiras7,
pozas de regadío, sifóns, lavadoiros ou fontes públicas. Estas últimas son numerosas, e levan os
nomes de: Fonte de Eiba, Fonte
da Balada, Fonte de Gatos e
Minanova. Con respecto ós sifóns
case todos eles se atopan destruídos ou ben moi danados por
situarse ó bordo da estrada e ter
sufrido o repetido impacto de
vehículos.
19
3
C A L D E L A S
Caldelas, derivación toponímica
das voces latinas “aquae calidae”,
ou auga quente. Discorre dende
antano a vida desta parroquia
intimamente ligada ó paso do
tren, ó río, e ó seu balneario de
augas termais. As entidades de
poboación son: Baños, Calvario,
Coello, Engarde, Foxo, Gaios,
Igrexa, Monte, Monteiro, Peteiras, Piñeiro, Pozón, Seixal, Souto
de Arriba, Souto de Engarde e
Telleira.
Seguindo unha orde cronolóxica
de achados arqueolóxicos efectuados dentro do seu termo
parroquial –o máis oriental do
municipio de Tui e limítrofe con
Salceda de Caselas e Salvaterra–
o primeiro foi un escudo de
armas do que só se puido conservar como testemuño un debu-
20
xo (do que non temos constancia salvo a noticia rexistrada
nunha publicación)1. A continuación, e gracias á doazón do
copropietario do antigo xacemento de grava –o señor José
González Domínguez– o famoso
casco de bronce atribuído á cultura castrexa (aproximadamente
século IV a.C.)8. Esta peza foi
localizada casualmente en febreiro de 1976 ó extraer áridos cerca
do lugar do Penedo a unha profundidade entre catro e cinco
metros por debaixo do leito
natural do Miño. En 1983, a
mesma persoa recupera unha
vez máis da canle do río cinco
machadas de bronce de dúas
anelas e unha de tipo tubular
disposta dunha soa. Estes artefactos, cunha datación aproxima-
da cara ó 850-600 a.C., xunto co
referido casco, exhíbense na
planta baixa do Museo Diocesano de Tui, e foron no seu
momento noticia importante en
periódicos (Faro de Vigo, 18-IX83) e revistas especializadas
(Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Tomo IV, 1986).
A cita máis antiga sobre a freguesía data do ano 1301. Trátase
dunha escritura asinada en Zamora na cal don Fernando de
Castro doa a don Juan Fernández de Sotomayor, bispo de Tui,
o coto de Caldelas. En 1320 e
1321 outros documentos mencionan a mesma doazón, unha
por parte de dona Violante e
outra por parte do fillo de
ambos, don Pedro Fernández de
Castro.
O Hotel-Balneario
con anterioridade ó
engadido lateral
efectuado nos anos
setenta.
Escribe Ávila y la Cueva que a
igrexa parroquial erixida baixo a
advocación de San Martiño se situou en tempos remotos na ribeira do río Miño, preto da súa
confluencia coa desembocadura
do río Caselas, no lugar denominado Igrexa Vella. Segundo o citado historiador en 1674 (como reza
unha inscrición colocada entre
perpiaños da fachada da actual)
trasládase ó barrio onde hoxe se
atopa. En 1719 reconstrúese parte
do templo, sendo en 1766 cando
se levanta a torre, inicialmente en
forma de espadana, e dunha soa
campá. Xa no século XX (1965)
derrúbase por completo a antiga
igrexa, a excepción do campanario, para construír no mesmo sitio
outra nova, que se inaugurará en
1967. De estilo historicista é a
capela do Carme situada ó lado
do Gran Hotel Balneario, e ata
onde xa teñen chegado nalgunha
ocasión as crecidas do río.
Certas referencias algo ambiguas
sitúan en Caldelas, case fronte á
torre portuguesa de Lapela, as
vellas ruínas da denominada
Torre Vella emprazada na ribeira
do Miño.
Madoz, no seu coñecido diccionario (1845), sinala que Caldelas
era antano rica en caza de lebres
e cetrería. Posuía ademais distintos muíños de fariña e unha rica
pesca de zamborcas, salmóns e
lampreas9. Así como posuía moitas e variadas froitas, sen excluír
os olorosos cítricos que aínda
colorean xardíns e patios.
É importante destacar a romaría
da Virxe da Rocha celebrada o
último domingo de agosto na
ampla ribeira do Miño. Para isto
as familias que se congregan acoden con empanadas que degus-
tan ó aire libre contemplando a
beira lusa de Fiestras. A devoción
á Virxe da Rocha é de orixe portuguesa. En 1827 o bispo de Tui
aprobou, no día 16 do mes de
novembro, que se celebrase esta
festa coincidindo coa Dominica
da Santísima Trindade. Dende entón ata os nosos días así se vén
facendo.
O BALNEARIO E AS AUGAS
TERMAIS
As augas termais de Caldelas
como fonte de curación, principalmente para afeccións respiratorias, erupcións cutáneas e
outros males variados, xa figuran
nalgunhas citas do século XVII (o
seu manancial data posiblemente
de 1650, nota na obra de don
Pedro Gómez de Bedoya e Paredes, Historia universal de las
aguas minerales de España),
21
Antiga procesión
ante a porta da
capela da Virxe do
Carme.
pero non será ata un século despois cando se empece a tomar
verdadeira conciencia dos seus
valores medicinais: “Extendido ya
el crédito hasta A Coruña, el
entonces Capitán General Conde
Hitre, pidió datos a los médicos
de Tui ...” (1750). Nun tratado de
farmacia de Raimundo Fors y
Cornet (1841), no apartado relativo ás augas sulfurosas, lese:
“Aguas de Caldelas. Estas aguas
muy descuidadas son claras, de
olor a cieno, de sabor picante y
nauseabundo, su temperatura es
de 37 grados y medio. Contienen
ácido sulfídrico, ácido carbónico,
cloruro sódico, carbonato sódico,
sílice y se sospecha que carbonato de hierro”.
O manancial foi descuberto de
forma casual; os veciños para
aproveitar as augas fixeron un
pozo de “circunferencia de 20
22
pies y una vara de profundidad”.
Posiblemente anegado polas crecidas do Miño, é novamente
“redescubrido” cara a 1750. Nun
principio as augas termais, unha
vez arrefriadas, serían empregadas para regar o millo –que medraba rapidamente– e para curar
feridas en animais; finalmente daráselle uso humano10.
Os primeiros baños termais, de
orixe incerta, parece ser que
consistiron nun principio en simples chozas con tellado de palla
situadas na ribeira do Miño, no
lugar de Baños. O 18 de agosto
de 1788 un incendio destruirá as
barracas. Na noite do 21 de
setembro dese mesmo ano novamente o lume, ademais de destruír rapidamente a armazón
termal, deixa tras de si a cinco
feridos graves e un morto. A
Xustiza e o Concello de Tui ante
os sucesos acaecidos deciden
que as cabanas, de uso temporal,
se constrúan esta vez a base de
táboas e tellado de tellas, e baixo
ningún pretexto de palla11. A fisionomía dos baños, salvo distintas ampliacións, non sofre
cambios importantes ó longo de
gran parte do século XX, así
temos constancia de que en 1950
aínda seguen a funcionar barracas de madeira na ribeira do río.
Finalmente, e hai poucos anos,
constrúese a edificación de cemento que hoxe en día se aprecia e que acaba substituíndo as
vellas edificacións de madeira.
O Hotel-Balneario como edificio
que acollerá a multitude de persoas necesitadas de tratamentos
hidrotermais será custeado en
1889 por Antonio Oliver Rubio,
xeneral do exército na época de
Alfonso XII e propietario dos
A igrexa de
Caldelas con
anterioridade ó seu
derribo. Hoxe en
día unicamente se
conserva a torre do
campanario.
Muíños de auga
na desembocadura
do río Caselas.
23
Estación de trens a principios
do século XX.
Fotos propiedade do HotelBalneario de Caldelas.
baños. As obras de cantería
serán contratadas a José Alfaia,
quen xa realizara os baños12.
Pero non será ata principios do
noso século cando realmente o
hotel e o balneario tomen o auxe
que lles corresponde, ó igual
que acontece co resto de estacións termais da provincia de
Pontevedra, como é o caso de
Mondariz, Cuntis, Caldas de Reis,
etc. O seu esplendor dura máis
ou menos ata os anos trinta do
século XX. Á parte de fondas e
casas particulares, funcionaron en
Caldelas ata seis ou sete hoteis
que albergaban a xentes chegadas dos puntos máis diversos. En
1936 co inicio da Guerra Civil o
establecemento termal sofre un
inevitable parón, que se prolongará ata cerca da década dos
24
anos cincuenta. O edificio do
Gran Hotel durante a contenda
bélica foi empregado esporadicamente para albergar a un
pequeno retén de soldados que
controlaban a zona.
LINDBERGH ATERRA EN
CALDELAS
Unha chuviosa tarde do 13 de
novembro de 1933 aterrou no
Miño á altura de Caldelas o famoso “as” da aviación americana
Charles Lindbergh, cando cubría
un traxecto para o estudio de
novas rutas intercontinentais de
pasaxeiros e mercadorías. Naquela ocasión facíao de Santoña
a Lisboa.
Perdido entre a intensa bruma
dese día, o coronel en compaña
da súa esposa Anne, pilotando o
hidroavión “Albatros”, descendeu
do ceo forzosamente tras abrirse
un oco entre a néboa, aterrando
sobre un remanso de augas, sen
saber ben se o tiña feito sobre o
mar, un río, ou un lago.
Permaneceu Lindbergh 36 horas
entre terra española e portuguesa,
hospedado nun hotel de Valença
do Minho. Unha vez abastecido
de combustible o aparato, e a
pesar de persistir o tempo chuvioso, partiron o aviador e mailo seu
copiloto rumbo a Lisboa, non sen
antes faceren un xiro en redondo
sobrevoando Caldelas entre os
acenos de adeus do xentío.
Dende entón, ó lugar do río onde
descendeu o hidroavión coñécese precisamente co nome de
Pozo do Castro, ou “Pozo de
Lindbergh”13.
4
G U I L L A R E I
A tres quilómetros escasos do
casco urbano de Tui sitúase Guillarei. É a parroquia máis poboada, cun censo de aproximadamente 1.500 veciños, e tamén a
máis industrializada de todo o
municipio tudense. Ocupa unha
franxa importante de terreo que
limita con Budiño polo norte; co
Miño e Portugal polo sur; polo
leste con Soutelo e polo oeste
con Ribadelouro e Rebordáns. O
seu río principal, ademais do
Miño é o Louro, antigamente moi
rico en troitas e anguías, hoxe por
desgracia non as ten. Sobre este
levántase unha ponte denominada A Ponte da Veiga (ou A Ponte
do Louro), de factura medieval,
con arcos apuntados de época
románica e gótica (no interior
deles existen diferentes signos
lapidarios), e peitorís laterais realizados en 1792. O seu escudo de
pedra (consistente nunha media
lúa, tres estrelas en posición vertical e coroa) foi trasladado ó
monumento a Calvo Sotelo situado na entrada da cidade de Tui
con motivo da súa reconstrucción
en 1960; a vella calzada empedrada que o atravesaba unía Tui con
Ponteareas. Nas inmediacións da
ponte do Louro estaba situado un
antigo “porto” de pasaxe en barca
a Portugal, concretamente a
Valença14, e na súa desembocadura aínda hoxe en día é posible
apreciar as ruínas dunha importante pesqueira.
O monte máis coñecido, As Penizas (que tamén pertence ó termo
parroquial de Paramos), elévase
a unha altura de 144 m sobre o
nivel do mar, interrompendo esa
constante media de 60 m. Precisamente no alto das Penizas,
durante a Guerra da Independencia, dise que houbo unha serie
de escaramuzas que provocaron
que este fose tomado por unha
avanzada das tropas do afamado
xeneral Soult.
Guillarei rende festas ó seu
patrón titular San Mamede, pero
tamén son populares as de San
Sebastián, San Antón, e principalmente a da Virxe das Dores.
Esta última celebrada o terceiro
domingo de setembro na capela
da Gándara (construída en 1948
gracias á contribución económica das familias Fernández e
Gómez).
Os datos que se posúen sobre a
antigüidade desta parroquia, que
25
Ponte medieval
sobre o río Louro.
Foto Sigüenza.
Estación do
ferrocarril.
Foto Sigüenza.
26
Monte Faro
(Portugal). Unha
vista dende A Veiga
de Guillarei.
Foto Sigüenza.
primitivamente dependeu eclesiasticamente de Soutelo (Salceda
de Caselas), non son excesivos.
Guillarei aparece reflectida por
primeira vez en documentos do
ano 1351 a través dunha escritura
pertencente ó mosteiro de Barrantes. Neste escrito o bispo de Tui,
don Gómez, deu sentencia a favor
do citado convento sobre certos
bens que lle pertencían en “Guillerey” e outras partes15.
A confraría de San Sebastián
remóntase polo menos ó último
tercio do século XVI e xa no
século XVII se funda a do Santísimo Sacramento. A igrexa parroquial de tipo neoclásico (s. XIX)
foi reformada en 1700 baixo
mandato do bispo de Tui, frei
Anselmo Gómez de la Torre (xa
anteriormente sufrira unha importante ampliación con respecto á orixinaria), obra á que tiña
que contribuír o poderoso abade
de Guillarei e comisario xeral do
Santo Oficio da Inquisición no
Reino de Galicia, Francisco
Pardo de Misa, custeando da súa
man a fábrica da capela do altar
maior.
No barrio da Torre existiu, como
ben indica o seu nome, unha
antiga fortificación. Os seus restos, hoxe desaparecidos, chegaron ata o século XIX. Segundo
Ávila y la Cueva un dos seus
posuidores foi en 1475 Vasco
Hernández, tal como aparece
reflectido nunha escritura do
convento de Santo Domingo de
Tui datado en 1513. Os seus
sucesores perderon o seu señorío
en 1529 nun litixio realizado en
Valladolid a favor do bispo de
Tui, Diego de Avellaneda.
Nunha escritura do ano 1095 xa
aparecen citados os nomes de
Alvillos (actual Albelos) e Sobereto (Sobredo). As restantes
entidades de poboación son: Calvario, Ciguñeiras, Corgo, Eidos,
Estación, Fenteira, Fonte, Gándara, Igrexa, Arrotea, Millada,
Outeiro, As Penizas, Peteiras,
Pinzás, Pombal, Ribe, Rodas,
Souto, Teixugueira, Torre e Ponte
Nova.
Coa chegada da Revolución Industrial, e polo tanto do ferrocarril nos anos 1884-88, prodúcese
un verdadeiro auxe na vida económica e social de Guillarei. Ademais de crearse o novo barrio de
Estación, xorden diversas construccións, modernas infraestructuras e sobre todo a chegada de
xentes doutros lugares. Todo isto
influirá nun avance cara á modernidade dunha parroquia –como
tódalas demais– tradicionalmente
agrícola. Comezan a correr ventos
27
Monumento ós “Mártires
de Sobredo” –obra do
escultor Camilo Nogueira.
Foto A. Rodríguez.
novos nas primeiras décadas do
século XX. Guillarei chega a ter
durante estas datas 1.200 habitantes e unha importante forza sindical (con sede propia destruída en
1936), en parte gracias ós obreiros que traballaban no ferrocarril,
moitos deles militantes da C.N.T.
e a U.X.T. A comezos da Guerra
Civil os asasinatos e as desaparicións cebáranse en afiliados e
simpatizantes das distintas organizacións políticas afíns á República, e moitas serán as mortes
ocorridas no monte Aloia e arredores de Tui.
OS MÁRTIRES DE SOBREDO
Un dos feitos históricos contemporáneos máis relevantes desta
parroquia foi a morte violenta de
tres veciños, ós que se lles denominará co tempo “Os mártires de
Sobredo”. Froito deste suceso eri-
28
xiuse un monumento conmemorativo, ó pé do cal cada ano se
realiza un acto en recordo das
víctimas e do que isto supuxo.
Os antecedentes viñeron marcados polo problema que sufría o
campesiñado galego polo pago
de foros, lei de arrendamentos en
vigor por entón dende a Idade
Media. O 28 de novembro de
1922 un xuíz escoltado pola
Garda Civil preséntase para embargar os bens dun agricultor
que se negaba a pagar os impostos. En sinal de apoio e protesta
xuntáronse no lugar unhas dúas
mil persoas. Pouco despois a
multitudinaria concentración é
disolvida a tiros quedando mortos no medio dos feridos Joaquín
Estevez Besada, de Soutelo, Cándida Rodríguez, de Pazos de
Reis, e Venancio González Romero, de Budiño. Os feitos de
Sobredo tiveron gran repercusión
nos medios de comunicación da
época; o sucedido levaríase a
Cortes na sesión do día 29 de
novembro dese mesmo ano.
Mortes por causa do pago de
foros tamén houbo en Oseira
(1909) e Nebra (1916). En 1926, o
25 de xuño, efectúase o decretolei que provoca definitivamente a
redención daqueles.
Para que quedase constancia
desta loita, en 1932 levántase un
monumento –obra do escultor
Camilo Nogueira– que será destruído catro anos despois a consecuencia do inicio da Guerra
Civil Española. En 1988 recollendo parte das pedras que quedaran ocultas entre a maleza
reconstrúese, por vontade popular, o Monumento ós Mártires de
Sobredo e que hoxe podemos
contemplar.
5
M A LVA S
Situada a cabalo entre os municipios de Tui, Tomiño e Gondomar, configúrase esta parroquia
tudense nun val pechado polos
montes de Randufe, Pexegueiro e
Pazos de Reis, en Tui; os de
Tebra, Sta. María e San Salvador,
en Tomiño; e por último os de
Couso, en Gondomar.
Compoñen a totalidade da freguesía seis barrios: Cruz, Devesa,
Estrada, Paderne, Recarei e Sambad, separados entre eles polos
numerosos regatos de cristalinas
augas. O Furnia é o río principal,
arroio troiteiro e afluente do
Miño, que desemboca en Amorín
(Tomiño) e nace no lugar de
Pedra da Abella, nos montes de
Randufe. Outro regato que ve a
luz en dita zona é o Estripeiral,
afluente do Miñor.
Francisco Ávila y la Cueva escribiu que Malvas se denominou
antigamente “Maloes de Jusaos”,
tal como aparece reflectido nun
Privilexio Real de 1159 en favor
do mosteiro de Oia (“... quomodo divitur per Rivalum qui vocatur Foquet qui venit per Pesegarium ...”), outorgado en Tui
polo rei Fernando II de León. Por
aqueles tempos a parroquia estaba practicamente despoboada.
Posteriormente, o referido mosteiro de Oia solicitou ó rei Sancho IV que se lle concedesen
algunhas familias coas que poder
repoboar o desnutrido couto –ó
que accede o monarca– despachando dende Zamora un privilexio real o primeiro de xullo de
1287, outorgando varias franquezas e exaccións e o número de
20 habitantes para poboar “Maloas de Jusanos”. Segundo o
mencionado historiador en 1454
aínda conservaba a denominación de “Maloes”. Entre 1512 e
1528 a actual freguesía aparece
reflectida baixo o nome de “Santiago de Maloas”. Finalmente, en
1529 é cando definitivamente se
emprega o termo actual de Santiago de Malvas. A súa poboación
en 1854 ascendía a 131 veciños e
os décimos da igrexa eran de
15.000 reais.
Elisa Ferreira Priegue escribe:
“... Malvas era antiguamente una
encrucijada viaria hacia Baiona
donde se unían dos “caminos
jacobeos portugueses”, además
de constituirse en posible calzada romana (o chamado “camino vello” segundo documentos
29
Panorámica do val
de Malvas.
Foto Sigüenza.
datados no ano 1433), que, saliendo del hospital de Taborda,
pasan, uno por Tebra y Vilameán
y otro por Pexegueiro. Unos cuatro quilómetros más adelante se
llegaba a la zona alta y desolada
de la Portela de San Antón (alto
de San Antoniño), pasando el
camino por una angostura rocosa dominada por un castro, y
donde un ramal a la derecha llevaba a lo alto del monte Aloia y
a la capilla y hospedería de San
Julián. A continuación llegaba,
por los lugares de Retorta y
Laxes, al alto de Couso. De allí,
por Feira, Estrada, y Pousada, al
puente de Mañufe, donde se
bifurcaba ...”.
A igrexa parroquial sitúase na
parte baixa do val, dentro do
barrio da Estrada, e é un evidente exemplo de arquitectura
barroca tardía con abundantes
30
elementos neoclásicos. Aínda
que o edificio que chegou ata os
nosos días foi reedificado no
século XVIII (en 1790, segundo
documentos, achéganse sumas
económicas importantes para a
reedificación da nova igrexa)
puidera estar asentado sobre
vellas cimentacións románicas,
entre outras razóns pola presencia de sinais lapidarios nalgúns
perpiaños da fachada.
Na portada principal da igrexa,
baixo o campanario e aloxada
nun fornelo, atópase unha imaxe
pétrea do apóstolo Santiago
montado a cabalo e cun sarraceno ós pés do animal, obra realizada en 1794 polo prezo de 260
reais. Outra imaxe de madeira
policromada tamén de Santiago,
procedente do interior do templo, xa aparece mencionada nas
Visitas Pastorais do século XVI.
Na ábside deste hai un brasón,
escudo de armas dunha variante
da familia da Picoña, o pazo da
cal, en Salceda de Caselas, pertenceu ós Troncoso de Lira. Na
labra heráldica de Santiago de
Malvas están representados os
Lira e os Troncoso e probablemente pertencese ó abade Luis
Troncoso de Lira e Sotomayor
cara a 1729. En antigos cartafoles
figura o beneficio de Malvas
como “regalía” unida ós morgados e vínculos da casa de A
Picoña.
Sábese que en 1672 e 1675 un
prateiro residente en Tui, chamado Cristóbal de Matos, fai para
igrexa de Malvas un relicario e
unha cruz en metal nobre. En
1761, outro prateiro, tamén veciño de Tui, Simón Antonio Pérez
de la Rocha, tras desaparecer por
roubo a antiga cruz e varios cá-
Escola pública e
antigo local do
Sindicato Agrario.
Foto Sigüenza.
Igrexa
parroquial.
Foto Sigüenza.
31
Ruínas do
serradoiro e muíño
da Estrada.
Foto Sigüenza.
lices, realiza por encargo unha
nova cruz de prata.
Unha festa importante, á parte da
celebrada o día do seu santo
patrón o 25 de xullo, é a constituída pola procesión e romaría
denominada popularmente de
Sanomedio, realizada ós pés da
capela existente no alto de San
Mamede. Despois de carrexar as
imaxes de Santa Victoria e San
Mamede –segundo din “amigos
en amores”– celébrase na ermida
unha misa, comendo a continuación os asistentes ó aire libre. Na
actualidade a capela está totalmente reconstruída e non conserva nin un só elemento orixinario.
Hai noticias sobre a súa existencia que se remontan ó ano 1529,
a pesar de que nesas datas,
segundo documentos, xa se atopaba practicamente derribada. En
1789 deben ser suprimidas as
32
misas no seu interior por atoparse nun estado deplorable. Será
en 1854 cando se deixe de utilizar a ermida definitivamente,
empregándose a continuación,
xa moi danada a súa estructura,
para aloxar gando. As súas
pedras, como ten ocorrido noutros moitos monumentos, acabarían arrincadas e transportadas
para casas e muros próximos
cara a 1945.
No alto de San Antoniño tamén
existiu outra capela, esta baixo a
advocación de San Antón (houbo
tamén outra en Peiteiros –a de
San Pelaio– hoxe vivenda particular). Asegura o folclore que
había sete na comarca e que
todas elas estratexicamente situadas se miraban entre si. Quizais
de traza semellante á de San
Mamede fose a de San Antón, e
incluso sería posible que ambas
foran contemporáneas (un testemuño do 31 de decembro de
1529 –visita pastoral de don
Antonio de Larcante– que cita
deterioradas estas edificacións
refírese a ambas: “... En dicha
feligresía hay una ermita y se
dice de San Antonio, que no
posee propiedad. Existe otra, llamada de San Mamet, está toda
derribada y tampoco tiene propiedad alguna ...”).
Por unha das caras –a que mira a
Malvas– do monte denominado
Couto Godelo existe un túnel a
ceo aberto a modo de falla,
coñecido baixo o significativo
topónimo da Cova da Moura.
Posúe unha profundidade de
varios metros e unha vintena de
lonxitude. O folclore asegura
que esta cova foi construída
polos “mouros” e a lenda relata
que servía de pasadizo subterrá-
Planta, alzado e
situación do castro
“Outeiro do Xudeu”.
neo que ía saír ás proximidades
do monte Santa Tecla. Durante
épocas de contrabando dise que
foi un reducto utilizado para
esconder sacos de sal no seu
interior.
Pouco antes de chegar ó alto de
San Antoniño, moi preto do quilómetro 14, en medio dun bosque
de piñeiros e eucaliptos, existe un
pequeno castro, denominado a
cima deste “Outeiro do Xudeu”.
Unha das súas ladeiras, sen case
caída aparente, é coñecida polo
elocuente topónimo de “Baixa ó
Castro”. O pequeno montículo
posúe unha coroa de planta case
circular rodeada de penedos. Os
seus eixes de dimensións aproximadas son: eixe N-S 18/20
metros, eixe E-O 16/18 metros. A
acrópole do poboado protohistórico posúe unha cota de altitude
máxima duns 410 metros sobre o
nivel do mar. A simple vista evidéncianse polo menos dúas terrazas, así mesmo aínda se aprecian
os restos dun muro de cachotería
e parapeto pola banda N.16
Conta Malvas entre o seu patrimonio arquitectónico popular
con dous pombais de bela traza,
un deles situado dentro da chamada Casa do Crego, en Recarei,
coñecido antigamente polas súas
cuantiosas propiedades. Tamén
permanece en pé o antigo edificio onde se instalaron as escolas
públicas, posterior local do Sindicato de Malvas S.A.G.A.M.
No barrio de Estrada aínda se
alzan a ceo aberto as paredes
dun antigo serradoiro de madeira
e á súa vez muíño para triturar
minerais. Este muíño-serradoiro
foi moi próspero en tempos e
chegou a contar con varios operarios.
33
6
PA R A M O S
Delimitadas por Soutelo (Salceda
de Caselas) e as augas do Miño,
discorren as terras de Paramos
sen grandes alturas –unha media
de 58 metros sobre o nivel do
mar– salvo a elevación do coñecido monte das Penizas, que
rompe o sosego desa planicie
salpicada de horta, millo e viña.
Os regatos Fonte Ferreiro e Pantel aplacan o silencio co discorrer
das súas augas. Paramos limita
coa freguesía de Soutelo ó norte,
Baldráns ó leste, Guillarei ó oeste
e o río Miño e Portugal ó sur.
O número de veciños ascende a
pouco máis dos cincocentos, que
se distribúen nos barrios de Campos, Cancela, Carrasqueira, Igrexa, Outeiro, Praza, Poste, Rapadouro, Regueiro, Penedo, Laxe,
San Caetano e Torre. Neste último, como ben nos sinala o seu
34
topónimo, existiu antano un torreón de señorío do cal xa non
nos queda ningún resto constructivo, pero si a súa constancia en
documentos de época (posiblemente se trataba do mesmo xa
citado no capítulo de Guillarei).
Houbo outra torre no barrio de
Regueiro, na subida á capela de
San Caetano, que pertenceu ós
Puntillón, familia que tamén tivo
outra casa-forte en Soutelo. A fortificación dos Puntillón de Paramos foi derribada sobre os anos
setenta do pasado século XX para
construír sobre as súas paredes
unha vivenda nova. Na mesma
subida –antigo camiño real a Madrid– e onde agora se atopa o
“cruceiro do Regueiro”, desprazado do seu lugar orixinal, existiu
unha antiga posta denominada “a
do botiquín”.
Movidos polas augas do Pantel
funcionaron os seguintes muíños
(ordenados augas arriba): Muíño
da Bazoca, Familiar, A Fonte (ou
Da Fame), A Laxe, Regueiro, Penedo, e A Devesa.
Respecto ós achados arqueolóxicos realizados na freguesía existe
unha interesante cita17 que sinala
que nun campo do barrio da
Carrasqueira se atopou unha
machada pulida de cor verdosa.
Este tipo de materiais son atribuídos xenericamente ó período
Neolítico, aínda que tamén é verdade que se localizaron en contextos de épocas posteriores.
Segundo unha remota escritura
de 1156, Paramos era coñecido
na Idade Media co nome de Peramos. O rei Fernando II de León
xunto co seu fillo Alonso deulle
ó bispo de Tui no ano 1180 a
Fonte da Aldea.
(Inscrición en base:
“1729 AVE MARÍA”).
Foto A. B.
metade da igrexa e couto de
Paramos. No ano 1206 don Alonso, xa rei, dóalle ó mesmo prelado canto posuía nesta freguesía.
Escribe Gerardo Álvarez Limeses
que a igrexa parroquial data do
século XVI (1504), se ben sofre
numerosas reformas durante o
século XVII, tal como se deixou
constancia mediante unha inscrición (“1692”) localizada nun perpiaño sobre o lintel da porta
principal da igrexa. Barrocos son
os retablos, destacando un lateral
composto por filas verticais de
medallóns tallados e policromados, recentemente restaurados.
Tamén hai que citar a capela de
San Caetano, que foi desprazada
uns metros do seu enclave e reedificada por completo en 1927. A
festividade do seu patrón, San
Caetano, celébrase anualmente o
primeiro domingo de agosto;
Fachada principal
da igrexa
parroquial.
Foto A. Rodríguez.
dous meses antes, o día 24 de
xuño, realízanse os festexos en
honor a San Xoán Bautista, patrón titular da parroquia.
Outros datos históricos importantes son os referentes ós artistas
que traballaron na freguesía deixando inmortalizadas as súas
obras para futuras xeracións: así
temos que Francisco Borrajo de
Castro, artesán prateiro veciño de
Tui, realizou unha cruz procesional para a igrexa; outro xoieiro,
Simón Antonio Pérez de la
Rocha, tamén veciño de Tui
(1722-1769) será o que dea forma
ó cáliz parroquial.
Respecto á invasión francesa en
Paramos sucederon importantes
actos de sabotaxe ó exército
napoleónico. Froito disto foi a
represalia que tomaron os franceses destruíndo unha casa porque
os seus donos, dise, degolaron
por sorpresa a algúns soldados e
sepultaron os seus corpos nun
campo próximo. En palabras de
Álvarez Limeses aínda na data de
1936 se vían as ruínas da mencionada vivenda (moi posiblemente se referise á torre dos
Puntillón). A emboscada ós franceses foi realizada entre a Fonte
da Aldea e o barrio de Poste. Precisamente o nome deste barrio
provén do suceso acontecido: un
home oculto entre a maleza tirou
un poste de pedra a un dos soldados, matándoo a consecuencia
do impacto.
Nas ladeiras e parte baixa do
monte das Penizas, moi perto da
Poza da Portela, vense aínda restos de cimentacións e muros que
pertenceron a antigas poboacións. Segundo varios testemuños
a razón do abandono das casas
tivo orixe na aparición dunha
35
Vista parcial de
Paramos.
Foto A. Rodríguez.
Cruceiro do atrio
da capela de San
Caetano.
Foto A. Rodríguez.
serie de pestes ou febres repentinas que asolaron por completo a
toda a súa poboación, aniquilándoa na época da Guerra da Independencia.
Son de bela traza o cruceiro situado ó bordo da estrada que vai
36
de Tui a Salvaterra, no barrio da
Cancela, e outro localizado no
atrio da capela de San Caetano,
provisto este último de crucifixo
polo anverso e Piedade polo
reverso. Dentro do cemiterio
parroquial na Carrasqueira desta-
ca un gran panteón pertencente á
familia Alejos coroado por unha
copa en pedra. Este mausoleo
estivo situado no antigo cemiterio
municipal de Tui –ó final do arrabalde do Rollo– anteriormente ó
seu desmantelamento.
7
PA ZO S
Do total das parroquias que compoñen o municipio de Tui, pódese dicir que Pazos de Reis é unha
das máis vinculadas á remota historia desta poboación fronteiriza,
pois como ben indica o seu
nome asegúrase que foi en Pazos
de Reis –lugar de Monterreal–
onde estiveron situados os palacios e a corte real do rei visigodo
Witiza, alá polo século VIII da
nosa era. Parece ser que os restos
de ditas fortalezas perduraron ata
épocas barrocas. Cítase nun
texto18 que a principios do noso
século aínda perduraban parte de
varios pazos que foron co tempo
posesións da Casa Grande da
Picoña. Hoxe aínda se conservan
na parroquia dous muíños de
regato que levan por nome “Muíños de Morguete”. Con motivo
D E
RE I S
de levantar unha serie de muros
de contención para realizar os
grupos escolares no barrio de
Porteliña casualmente descubriuse entre as pedras provenientes
de ditos pazos o escudo que
posuía unha das casas-fortes.
Tamén os achados numismáticos,
entre eles unha moeda do rei
Recaredo, fan pensar que posiblemente estiveran situadas en
Pazos de Reis as cecas suevas e
visigóticas de Tui (moedas tudenses acuñadas nos reinados do rei
Egica e o seu fillo Witiza).
Os restos arqueolóxicos máis
destacables son os localizados no
castro de Cabeza de Francos
(topónimo que derivou de atribuír un antigo asentamento franco no monte, tamén denominado
Alto dos Cubos), encadrado den-
tro do recinto do Parque Natural
do monte Aloia (así declarado
por Real decreto do 4/XII/1978),
que ademais de pertencer a
Pazos de Reis tamén forma parte
de Rebordáns. Este poboado da
Idade de Ferro foi escavado parcialmente por primeira vez en
1933 por Manuel Fernández-Valdés Costas. Posteriormente, en
1954 volve ser escavado pola
Comisión Provincial de Escavacións e, unha vez máis nos nosos
días (1997), polo desaparecido
Departamento de Arqueoloxía da
Escola Taller de Tui. Entre os
achados de materiais alí efectuados destacan cerámicas castrexas
e romanas, un falo de pedra (“O
falo de Cabeza de Francos”19),
fusaiolas, varios petroglifos, etc.
Outros recintos castrexos menos
37
Límites do Parque Natural
do Monte Aloia.
Debuxo: Pilar Cabezas,
Antonio e Andrés Lamas.
Extraído do tríptico do
Parque Natural do Monte
Aloia da Xunta de Galicia.
Consellería de Agricultura,
Gandería e Montes.
coñecidos son o Castelo (Frinxo)
e o de Pedras Brancas20.
Pero sen lugar a dúbidas ó conxunto arqueolóxico máis espectacular constitúeno a propia muralla que envolve a carón do
monte Aloia (de aproximadamente 629 m sobre o nivel do
mar), en sitios realizada con bloques ciclópeos e cun perímetro
de aproximadamente 3.200 m.
Descoñécese con exactitude a
data de construcción da antiga fortaleza que alí estivo situada, ó
igual que seguen sendo moitas as
dúbidas sobre a súa orixe. Para
Schulten tratábase das ruínas do
famoso monte Medulio; para Prudencio de Sandoval (S. XVII) os
restos dunha gran cidade, e para o
padre Henrique Flórez (S. XVIII) o
embrión do primitivo Tui.
Son tres as capelas que posúe
Pazos de Reis: a de San Miguel,
realizada na década de 1650 polo
38
entón bispo de Tui Diego de Torquemada, quen deixa como testemuño disto as súas armas
esculpidas na ábsida e no interior
do templo, que por entón rendía
culto ó arcanxo San Rafael. Aínda
que se descoñece a qué se debe
o cambio de titular, esta capela
sempre foi coñecida popularmente polo Anxo da Garda. Sábese
que esta posuía dúas confradías:
a de San Miguel, da que a penas
se teñen referencias, e a da Virxe
do Carme (1711)21. A segunda
capela que posúe a parroquia é a
das Dores de Frinxo, edificada
polo bispo Maceira entre os anos
1856 e 1860. Na actualidade, esta
é a utilizada como igrexa parroquial polos veciños, que se rexen
dende décadas atrás como entidade menor, independente do concello de Tui.
Para finalizar, queda por mencionar a antiga capela dedicada á
Virxe das Angustias e ó mártir
San Xulián na cima do monte
Aloia, onde as súas romarías se
celebran en verán e inverno,
sendo moi populares as rogativas
para quitar os males da cabeza,
e, dende tempo case inmemorial,
para pedir bo temo ou choivas
no caso de San Xulián. O culto a
este santo (talla pétrea do século
XIII) é antiquísimo, sendo a primeira noticia escrita que se conserva unha do ano 1095, consistente nunha doazón de Don
Ramón de Borgoña e a súa
muller Dona Urraca, condes de
Galicia á sé Tudense. Di relativa
ó coto de Tui: “Ad montem aloie
UVI fuit civitas antiquitus condita
et ubi sunt reliquie sancti Juliani
reposite” (Galindo Romero, Pascual. Tui en la Baja Edad Media
(S. XIII-XV). Zaragoza, 1923). A
ermida do monte Aloia pertenceu
dende sempre ó cabido da cate-
Capela de San Xulián do
Monte Aloia.
Foto A. Rodríguez.
Casa forestal (1921)
construída gracias ó
empeño de Rafael Areses.
Foto A. Rodríguez.
39
Cruceiro
do Anxo.
Foto A. Rodríguez.
dral de Tui e foi reedificada a
mediados do século XVII (1652)
sobre a cimentación e os restos
doutra anterior de época incerta.
Na portada do templo, baixo o
campanario, atópase un brasón
coas armas do bispo Antonio Fernández del Campo Ángulo y
Velasco. Segundo Domingo Cameselle Bastos “el escudo de
grandes proporciones no parece
que estuviera antes en la capilla,
pues sus medidas son desproporcionadas para el sitio. Quizás
estuviera colocado en la casa y
en las obras de reconstrucción
del templo se trasladase allí por
ser un sitio más vistoso”22. A
capela de San Xulián entre 1669
e 1671 estivo baixo a custodia de
ermitáns que se trasladaron a
vivir á cima do Aloia.
Son moitas as lendas, misterios e
tradicións que encerra todo o
Monte Aloia en si: as súas grandes
rochas consideradas ás veces
40
como altares naturais, a simboloxía máxica e de cultos litolátricos
que ocultan as súas pedras oscilantes ou de abalar, a denominada
“cama de San Xulián” que posiblemente nos fale de ritos pagáns
posteriormente cristianizados referentes a cultos de procreación, etc.
Álvarez Limeses, na súa xa citada
obra, di que no alto de Cabeza de
Francos houbo situado –enfocado
cara a Tui– un canón contra os
franceses durante a Guerra da
Independencia (segundo Manuel
Fernández Valdés-Costas a batería
constaba de cinco pezas). Os
invasores nun asedio á cidade
miñota decidiron que unha avanzada tomase en primeiro lugar a
posición de Pazos de Reis. Para
isto realizaron unha ofensiva pola
retagarda da que saíron victoriosos. Os galegos que sobreviviron
reorganizáronse nunha guerrilla
atacando o grupo de franceses no
Seixal, aniquilándoos.
Referente ó século XX destaca a
casa forestal construída en 1921
gracias ó enxeñeiro de montes
Rafael Areses, e ó Vía Crucis que
parte da capela de San Xulián ata
o cumio do Aloia, finalizando
nunha monumental cruz de
pedra realizada no ano 1900 con
motivo do Ano Santo Romano
que puña fin ó século XIX. Obra
sufragada por subscrición popular e a cargo de Adolfo Casanova,
profesor da escola de Arquitectura de Madrid. No atrio da capela
do Anxo da Garda dise que
varias acacias que alí perduraban
foron traídas da man do propio
bispo Frei Rosendo Salvado na
súa viaxe de misioneiro a Australia en 1852.
As entidades de poboación de
Pazos de Reis son: Anxo, Arrial,
Camiño Novo, Circos, Eirado,
Frinxo, Herdeiros, Muíños, Palláns, Poboanza, Porteliña, Ricamonde, Seixal e Videira.
8
PEX EG U EI RO
Limítrofe coas freguesías de Malvas, Areas e Randufe, e as de
Tomiño: Piñeiro, Sobrada e San
Salvador de Tebra. Pexegueiro
foi coñecida indistintamente na
antigüidade cos nomes de Pesigario, Persegario ou Persecario.
Venera ó seu patrón o arcanxo
San Miguel, festividade que se
celebra o día 29 de setembro. As
súas maiores cotas de altitude
sitúanse nos montes do Castro,
con 266 m sobre o nivel do mar,
e Seixos Albos con 242 m. Conforman o termo parroquial os
barrios de: Carraveda, Corredoura, Fonteseca, Monte, Palláns,
Pereira, Regueira, Saídes, Salgosa, Souto, Vilanova e Vilapouca.
Segundo diferentes testemuños
coñécese a remota existencia en
Pexegueiro dun mosteiro perten-
cente á orde de San Bieito. Este
foi fundado polos descendentes
dos condes don Gonzalo e dona
Teresa, patróns dos conventos de
Carboeiro e Camanzo, o fillo dos
cales foi patrón do mosteiro de
Nogueira (Meis). Nunha mención
do século X o bispo Sisnando
dóalle ó mosteiro sito en Pexegueiro os dereitos da explotación
dunha salina.
O 31 de agosto do ano 1151 o
bispo Pelayo cédelles o casal de
Beramido ós irmáns Pedro e Lucio,
situado no lugar de Persegario. Escritura que confirmarán Alfonso
VII, don Sancho e don Fernando.
Escribe Ávila y la Cueva que no
barrio de Vilapouca “del que
hallamos noticia en una escritura
del monasterio de Oya del año
1139 con nombre de Vilapauca,
tubo antiguamente un monasterio de monjes benedictinos muy
principal. Dista de Tuy media
legua” (dato erróneo, pois o convento situábase ó carón da igrexa
parroquial). En 1156 parece ser
que o mosteiro é adxudicado,
xunto coas súas herdades e, couto, ó prelado de Tui. A tradición
que aínda perdura entre as xentes naturais da parroquia é que
San Telmo pronunciou o seu
derradeiro sermón, no que predixo a súa morte en dito convento
e igrexa. Corría o ano 1249, día
de Domingo de Ramos.
A igrexa parroquial, restaurada, é
un claro expoñente do románico
galego que tamén se pode admirar noutras zonas do Baixo Miño,
así como no norte de Portugal.
Posúe esta unha certa similitude
41
Detalle da igrexa
románica de
Pexegueiro.
Foto A. Rodríguez.
na súa portada coas igrexas
tamén románicas de Parada de
Miñor e Santa Eulalia de Donas.
Con capiteis de decoración floral
e historiados, un bonito tímpano,
canzorros e mochetes que representan cabezas de touro (no muro sur), así como un campanario
en forma de espadana enriba da
fachada principal. Levantouse
este templo a finais do século XII
ou principios do XIII. Posteriormente, como acontece en case
todos os casos, sufrirá diferentes
modificacións consecutivas ó
longo dos séculos.
En 1765 reedifica a capela maior
o bispo de Tui, Juan Manuel
Rodríguez Castañón, deixando
gravado o seu escudo de armas
episcopais e un rótulo baixo o
brasón na parte exterior da ábsida, a lenda da cal di: “Año de
1765. Me hizo el Yllmo. Obbpo.
Dn. Juan Ml. Rz. Castañón”.
42
Dentro do templo parroquial
chama a atención unha pía bautismal románica, así como varios
retablos de estilo barroco (s.
XVIII). Son de traza algo rústica
os retablos de Santa Ana e o do
Rosario, obras dos escultores José
de Montes e José Fernández, realizadas en 174423. Outro retablo,
de factura popular, é o dedicado á
Virxe do Carme, do cal aínda que
non figuran nos arquivos datos
sobre a súa orixe nin sobre o seu
autor, si aparece por contra na
mesa do altar a inscrición: “Hízose y pintose a devoción de Don
Roque Quiroga. Año de 1831”.
Noutro retablo, o da Dolorosa,
do que tamén se descoñece data
e autoría, figura no bordo da
mesa do altar o epígrafe: “Hízose
y pintose a devoción del clero.
Año de 1834”.
Finalmente, o retablo do Cristo,
igualmente descoñecida a súa
Ruínas da casarectoral do século XVI.
Foto A. Rodríguez.
orixe, posúe elementos constructivos e estilísticos similares á arte
manuelina portuguesa, o que fai
pensar que o tallista que o realizou, ou a man dun deles, proviñese do veciño país1.
En escritura datada o 4 de maio
de 1764, o párroco de San Salvador de Tebra, que tamén o era á
súa vez de Pexegueiro, Domingo
Antonio de Otero Carballo y Carballido, edificou ó seu cargo
unha capela no barrio de Fonteseca –hoxe en día desaparecida–
baixo a advocación da Purísima
Concepción.
Foi precisamente no barrio de
Fonteseca onde viviu o popular
Celso Izquierdo, cura de Patrimonio, que habitaba un fermoso
casarío. Don Celso era persoa de
ideas liberais. De familia acomodada, tivo un irmán pintor e
coñecido debuxante –José Izquierdo Durán– que foi funcio-
“Ponte Nova” sobre
o río Furnia.
Foto A. Rodríguez.
Barrios de Vilapouca
e Vilanova, ó fondo.
Foto A. Rodríguez.
nario de Facenda en Madrid,
cidade onde colaborou coas súas
ilustracións en diferentes revistas
de época. Celso Izquierdo posuía
un carácter ilustrado. Dispuña
dunha interesante e variada biblioteca na súa casa de Pexegueiro. Morreu xa entrado en anos alá
pola década dos sesenta do s. XX.
Outros monumentos de Pexegueiro dignos de mención son: a
antiga calzada ou camiño real, a
ponte medieval de dous arcos
sobre o río Furnia e, finalmente,
a casa rectoral do século XVI,
hoxe en día en estado de ruína
total. Con respecto a outra
ponte, de factura máis recente,
tamén sobre o río Furnia, sabemos que en 1783 Juan Francisco
de novas Gayoso (nace en Pazos
de Reis, 1738), canteiro de profesión, realiza xunto co mestre
Andrés Orxe a construcción da
ponte “nova”. Cobran por isto a
suma de 3.900 reais.
43
9
R A N D U F E
Topónimo composto por voces
de raíz xermánica. Posúe esta
parroquia dentro dos seus límites, de aproximadamente 6 km
cadrados, dous interesantes xacementos arqueolóxicos. Por outra
banda, son habituais os achados
esporádicos de útiles de pedra
tallada atribuídos a momentos
diversos do paleolítico, frecuentes en todo o Baixo Miño. Da
Idade do Bronce (1800-600 a. C.),
a xa de épocas históricas, sitúanse na ladeira O. e S. do monte
Alto do Coello, lugar de “Fontiñas”, diferentes rochas con
numerosos círculos concéntricos,
“coviñas”, espirais, zoomorfos,
cruciformes, etc. Estes petroglifos
foron localizados en 1974 polo
Equipo Arqueolóxico do Baixo
Miño24 e publicados no diario
44
Faro de Vigo (4 de abril de 1974).
Entre todas as rochas con gravados rupestres destaca principalmente a denominada “Rozacús”
(pedra que serviu dende tempos
ancestrais de tobogán, presentándose desgastada lonxitudinalmente e con diversos petroglifos
ós lados. Posiblemente se tratase
dun ritual máxico asociado a
algún tipo de culto descoñecido).
O segundo xacemento arqueolóxico catalogado dentro da freguesía é un asentamento da
Idade do Ferro situado nun montículo denominado Castro ou
monte Cutarel, no barrio da Guía.
Na actualidade na súa cima sitúase o cemiterio parroquial. Este
castro foi dado a coñecer por
José María Álvarez Blázquez a
través dun artigo publicado na
revista Tude en 1935 (números 2
e 3). Segundo o citado arqueólogo a súa superficie era de planta
elíptica, cun diámetro de 125 m
no seu eixe maior e uns 90 m no
menor. Atopáronse nel diversos
anacos de cerámicas castrexas.
En 1973 Jesús Gómez Sobrino
volve realizar varias catas desenterrando lenzos de muros, cabanas circulares e algunhas pezas
líticas.
En canto ás épocas do barroco
ten a parroquia varias referencias
históricas. Primeiro sería a igrexa
da Guía, construída a finais do
século XVIII e que foi a sucesora
dunha antiga capela privada pertencente ó morgado dos señores
de Arcos, con pazo no lugar
denominado Pousa de Montenegro (aínda se conserva o portalón
Canastro no barrio
de Remesal.
Foto A. Rodríguez.
de acceso ó predio e o brasón da
familia). A capela foi construída
entre os anos 1601 e 1603 por
decisión de Paulo Pereira de Castro Caldas.
O primeiro señor da Casa de
Arcos foi Antonio de Caldas
Pereira de Castro Sousa y Magallanes –figura que aparece na
segunda metade do século XVI–
casado con Urraca Francisca
Yáñez de Cadaval Valladares y
Sotomayor. O matrimonio tivo
por descendentes no seu pazo
de Randufe varios fillos. Rexerá
o morgado o licenciado Paulo
Pereira de Castro. No futuro
este contraerá matrimonio con
María de Montenegro, apelido
polo cal será coñecida a Casa
Forte.
Don Paulo –con previa autorización do Cabido– decide construír
unha capela dentro da súa propiedade no lugar de “Monte do
Loureiro”, baixo a advocación de
Nosa Señora dos Remedios
(denominada en fontes documentais da época como “Nuestra
Guía”, nome que co tempo
designará ó barrio e á advocación da igrexa parroquial), San
Roque e San Sebastián. A capela
é solemnemente consagrada e
inaugurada ó culto cristián o 8 de
setembro de 1603. En 1608 don
Paulo crea o Morgado de Arcos
co fin de administrar e preservar
dito templo, para iso nos deixa
como testemuño un epígrafe latino (SACELUM HOC VENERABILE
PAVLVS PEREIRA ET / CASTRO CALDAS NOBILIS VIRI ANTONII CALDAS PEREIRA DE SOSA / EX
EQVESTRI CHRISTI ORDINIS CONMEDATORIS FILII IN JURI PONTIFICIO / CAESAREVS CONSVLTVS ET
IN PORTVGALIAE VELLO CON /
TRA ANTONIANOS ET ANGLOS
EXERCITVUS AVDITOR ET OMNIUN
/ CASTRORUM MAGISTRATVS EX-
TREVERE CVRAVIT ET FFABRICA /
RE CENSVIT DOEQUE ILLVD CVM
ARA ET DIVAE MARIAE REG / NAE
COELORVM DICAVIT ANNO 1603)
e gravadas as súas armas no frontispicio da igrexa. Será en 1789,
ante o estado de ruína na que se
atopa a capela e o mínimo espacio de que dispón, cando o herdeiro do morgado e propietario
daquela Antonio Miguel Montenegro y Sotomayor, coa conseguinte autorización do bispo,
inicie a construcción doutra a
escasos metros da orixinaria.
Obra que realiza o mestre e veciño de Pazos de Reis Domingo
Novas. Os traballos non se finalizarán en vida de don Antonio. En
1796 a súa viúva solicita do bispo
de Tui a bendición do templo,
que ten lugar o 3 de abril de
1796.
A igrexa de Randufe non pasa a
ser parroquial ata 1904 mercé ó
45
Cruz dedicada a Carmen
Gregores Fernández a
raíz do seu asasinato no
lugar de Sombraboa no
ano 1894.
Foto A. Rodríguez.
bispo de Tui Valeriano Méndez
Conde, previa renuncia da familia propietaria ós seus dereitos de
padroado. Con anterioridade os
habitantes de Randufe dependían
eclesiasticamente da parroquia
do Sagrario da catedral25.
Existe nesta freguesía un interesante patrimonio relixioso e
popular representado polos antigos canteiros a través dos “cruceiros” e cruces de pedra. Como
“cruceiros” históricos hai que
destacar o “Cruceiro do Monte” e
o da Guía. O primeiro sitúase ó
bordo da estrada de Tui-Gondomar, no barrio do seu mesmo
nome, e o segundo no atrio da
igrexa parroquial. Como cruz de
pedra máis simple destaca polo
46
seu epígrafe a situada en Sombraboa, na base da cal se pode
ler: “Carmen Gregores Fernández
fue asesinada en este lugar el 3
de Marzo de 1894. Rogad por
ella”.
As entidades de poboación que
compoñen a parroquia son: Abelleira, Arcos, Bermún, Camiño
Branco, Casas Novas, Corbaceiras, Cotarel, Couto de Gaie, Cruceiro, Chans, Dices, Estrada,
Gateño, Guía, Leiriña, Lugariño,
Matelo, Montiño, Outeiro, Pociño,
Postes, Quiringostas, Remesal,
Sombraboa, Souto e As Valiñas.
É Randufe a parroquia de Tui co
maior número de pazos en pé.
Municipio pouco rico neste tipo
de casas fidalgas se o compara-
Escola pública.
Foto A.
Rodríguez.
mos cos concellos limítrofes de
Salceda de Caselas ou Salvaterra.
A parte do referido pazo de Montenegro ou pazo de Arcos, posúe
a freguesía os pazos de “Pousa
do Bispo” e o de San Xosé de
Vista Alegre ou Vista Boa, que
merecen capítulo á parte.
POUSA DO BISPO
Coñecida tamén este predio antigamente polo nome de “Finca
das Sobreiras” debido ó denso
bosque de sobreiras que poboou
antano as súas terras de máis de
16 hectáreas, está toda pechada
en pedra salvo pola parte que
tocaba co río Tripes ou río Molinos. A consecuencia das obras da
autovía e demais fragmentacións
Escudo no portal
do pazo “Pousa
do Bispo”.
Foto A. Rodríguez.
aparece case toda ela alterada. A
partir de finais do século XVIII,
segundo diversos escritos26, sendo residencia esporádica principalmente en épocas estivais para
os bispos tudenses, xa se denominaba Pousa do Bispo.
Parece ser que quizais foi polo
século XV cando a diocese de
Tui adquiriu este lugar para uso
recreativo do prelado. A primeira
cita que se conserva sobre a
estancia dun bispo neste pazo é
do ano 1619, 27 de xullo; nesta
data o bispo Juan García Valemora outorga unha escritura no predio “Sobreiras”.
En 1957 esta casa fidalga chega a
mans particulares a consecuencia
da venda que lle fixo o bispo
José Ortiz, con autorización da
Santa Sé, ó señor Juan Díaz González, rexistrador da Propiedade
de Tui, debido ós malos momentos económicos que atravesaba a
Diocese. A día de hoxe esta propiedade está en poder dos sucesores do señor José López e
prevese construír nela unha urbanización.
SAN XOSÉ DE VISTA ALEGRE
Pazo situado no barrio da Guía
cunha superficie dunhas 5 hectáreas. No século XVIII figura
como posuidor da casa e capela
–baixo a advocación de San
Xosé– Fernando Pérez Escudero,
xuíz e rexedor de Tui que morre
en 1770, e o seu xenro Gaspar
Díaz de Rabago, quen formou
parte da xunta establecida para
defensa da antiga provincia de
Tui durante a Guerra da Independencia. Despois de lles pasar
en sucesión ós seus catro fillos o
predio e o pazo é partido, pasando catro anos despois por diferentes mans. Na segunda metade
do século XIX José Lago Maceira,
tras lles comprar ós herdeiros as
súas partes correspondentes, reside no pazo ata a súa morte. O
seu fillo maior Manuel Lago González (1865-1925), futuro bispo
de Tui e Osma e arcebispo de
Santiago, viviu durante a súa
infancia neste casarío, ó que
quedará estreitamente vinculado
ata a súa morte.
47
10
R EB O R D Á N S
Rebordáns foi coñecida na antigüidade co nome de Espenicelo
(segundo reza nun privilexio real
expedido por dona Urraca e
datado o día 28 de abril do ano
1112) e posteriormente a partir
de mediados do século XIV co
de Rebordaas. Segundo Ávila y
la Cueva a orixe deste nome vén
a consecuencia de que esta
parroquia se situou sempre ós
bordos da cidade de Tui nos
diferentes emprazamentos que
tivo, así “por esta razón le dijeron de Rebordes, y en gallego
antiguo de Rebordaas”. As entidades de poboación da freguesía
son: Arroio, Curuxeiras, Chan,
Devesa, Foxo, Funchal, Gabía,
Lavandeira, Manteigada, Montiño, Naranxeiras, Outeiro, Paredes, Pexegueira, Telleira, Vi-
48
lanova, Virxe do Camiño e San
Bartolomeu. Rexistra unha altitude media de 100 metros sobre o
nivel do mar.
Tense constancia da existencia
na parroquia de varias capelas.
Unha delas, xa desaparecida,
estableceuse nos campos de
Santa Eufemia, concretamente
por enriba da ponte do Louro, no
barrio de San Bartolomeu. Esta
aparece reflectida nun apeo de
bens do convento de San Domingo (9 de xuño de 1562), no
que se menciona a existencia
dunha casa sita á entrada da
ermida de “Santa Ofemia”. A
segunda, a día de hoxe restaurada e en pé, é a de Nosa Señora
do Camiño situada na ruta do
camiño xacobeo portugués, obra
do século XVII aínda que reedifi-
cada sobre os restos doutra anterior. A festividade da súa patroa
celébrase o 15 de agosto. A
imaxe pétrea policromada procedente desta capela, que se garda
no Museo Diocesano de Tui,
consiste nunha fermosa Virxe
sentada (século XII-XIII) das chamadas do Leite que co neno
Deus nos brazos está en posición
de darlle o peito.
Segundo unha antiga tradición,
esta talla foi escondida polos
aldeáns ante o avance dos mouros; reencontrada tempo despois
decidiuse construír un templo
para custodiala. A fama curandeira da Virxe do Camiño, tamén
denominada da Terra, pola súa
estraña reaparición, era moi
común entre as mulleres. Moitas
chegaban dende aldeas afastadas
Capela de Nosa
Señora do Camiño.
Foto Sigüenza.
de Portugal, xa paridas coas súas
criaturas nos brazos para bendicir
a imaxe, portando ofrendas e
esmolas por dar a luz descendentes sans.
Outra capela, de época contemporánea, é a de San Fins; se ben
se sabe que foi levantada sobre
os restos doutra primitiva.
Destacan como conxunto etnográfico e lúdico os muíños de
regato situados nos arredores de
“Poza Vaqueiro”, pequeno embalse que ben vale para darse un
mergullo en días calorosos. Capítulo á parte merece o barrio de
San Bartolomeu.
SAN BARTOLOMEU DE
REBORDÁNS
Sen dúbida, este coñecido arrabalde de Tui –antano extra muros
da urbe catedralicia– é dende
tempos moi remotos o barrio de
maior transcendencia histórica da
freguesía e un dos máis importantes da cidade. Os diferentes
restos arqueolóxicos descubertos
na zona así o confirman: un
miliario dedicado a Decio, unha
ara consagrada a Marte Carioceco, tres columnas que formaban
parte do arquitrabe dunha grande
edificación, numerosas tégulas
recollidas nos campos de Santa
Eufemia, un enorme bloque granítico con epígrafe dedicado a
Tiberio Claudio27 encontrado en
1850 nas inmediacións da ponte
do río Louro, preto do lugar do
campo “Das Barcas” (antigo
porto de barcas de pasaxe a Portugal), e de época visigoda a tapa
dun sepulcro de dobre estola con
esvástica e inscrición dedicada a
Modesta (custodiada no Museo
Provincial de Pontevedra xunto ó
mencionado bloque granítico).
Foron achados tamén dous capiteis e xa recentemente diversas
tumbas de época tardorromana
nas inmediacións da estrada TuiVigo, fronte á discoteca Magnolia
(rúa Loureiro).
Baixo a orde de San Bieito28 foi
erixido un antigo mosteiro en
San Bartolomeu, fundado segundo tradición por Tedomiro, rei
suevo. Aparece xa unha cita do
cenobio que data do século X,
ano 965, en medio dun privilexio
concedido polo bispo de Tui
Viliulfo ó abade Odeario e ós
seus respectivos monxes. Escribe
Ávila y la Cueva que o convento
non existía no ano 1024, polo
que os datos sobre a orixe deste
son contradictorios segundo as
fontes que se consulten. Pola
contra si se sabe que o bispo don
Jorge (1069-1071) estableceu a
súa cadeira episcopal na igrexa
de San Bartolomeu, á que eleva á
categoría de catedral. Os prelados tudenses permanecen no
49
Medas en
Rebordáns, xa case
en extinción.
Foto A. Rodríguez.
Casa fidalga.
Foto A. Rodríguez.
edificio ata preto do ano 1179,
data na que o bispo don Beltrán
traslada a súa residencia e abandona San Bartolomeu, deixándose de empregar a partir de entón
como sé catedralicia e unicamente como igrexa do mosteiro. No
século XV o convento padece
unha importante baixa no número de frades, ata tal punto que en
1418 se chegou a dicir que non
quedaba nel máis que don Frei
Gómez. En 1435, por medio
50
dunha bula outorgada por Uxío
IV, o mosteiro é disolvido e as
súas rendas agregadas á Mesa
Capitular da actual catedral de
Tui; constituíndose nese momento San Bartolomeu de Rebordáns
en igrexa de carácter parroquial.
A súa primitiva construcción
románica (obra do século XI,
remodelada no XII) foi transformada no século XVI reconstruíndose parte do alzado sur e a
porta lateral. A mediados do sécu-
lo XVIII derríbanse as dúas capelas laterais das que dispuxo. En
1776 a súa portada románica é
renovada por outra de estilo
barroco, acorde ós gustos do
momento e provista de torre.
Obra realizada polo canteiro Juan
Francisco de Novás Gayoso pola
cantidade de 5.000 reais de cobre.
Na década de 1970 o historiador
e arqueólogo Chamoso Lamas
levou a cabo unhas importantes
–e pouco divulgadas– escava-
Igrexa de San Bartolomeu
de Rebordáns.
Foto Sigüenza.
cións no interior do templo descubríndose na súa cripta interesantes restos: muros visigóticos e
romanos (posiblemente dunha
igrexa anterior á románica), unha
necrópole do século V-VI d.X.C.,
moedas, cerámicas, unha lauda
tardorromana, etc. No actual templo, de planta basilical provisto
de tres naves e tres ábsidas, a
consecuencia da súa restauración
atopáronse na ábsida central
unhas pinturas murais, posiblemente do taller tudense dos Serbeira, realizadas en tons ocres e
terras. Obra de finais do século
XVI e principios do XVII que
representa escenas da Paixón de
Cristo. Tamén se descubriu nas
escavacións unha imaxe de pedra policromada do século XII
que representa a San Bartolomeu
e que a día de hoxe preside o
interior da capela maior con ábsida de forma semicircular e
bóveda de cascarón. O visitante
tamén debe contemplar os preciosos capiteis con volutas e
decoración floral, ante todo destacan os historiados, como o que
representa a degolación de San
Xoán Bautista, dignos de levantar
a vista cara a eles e pararse a
observalos nun marco de silencio
e recollemento.
A igrexa de San Bartolomeu
aínda que a día de hoxe se atopa
desprovista de retablo maior si o
tivo nun tempo. Foi obra do
tallista Juan de Araujo y Figueroa,
natural de Vilavella (Redondela),
contratado en 300 ducados de
cobre para realizar o seu traballo
en 1771.
Neste típico arrabalde de Tui
tamén se atopan un fermoso
palco de música e un cruceiro,
de mans anónimas, provisto de
crucifixo a un lado e dunha Virxe con Cristo no seu regazo, ó
outro. Obra realizada en 1770,
traballada de xeito fermoso e
que representa ó longo do seu
fuste a Paixón do Señor coas
imaxes sobresaíntes de San Pedro e Santa Quiteria. No pedestal
pódese ler: “AÑO 1770 - CON LIZENCIA DE M N I L CIVDAD MANDARON AZER I PINTAR ESTA OBRA
PÍA COSTEARON I PAGARON POR
DEBOXION A DIOS EL PROCVURADOR DN PEDRO DE BARROS I SV
MVGER DA QUITERIA ROSALÍA
DVRAN INIGO I ARZE”29.
Finalmente nos quedan por mencionar o lavadoiro, a fonte pública e outro cruceiro, o de
Palláns, do século XVII con inscrición xa ilexible polo paso do
tempo. Custodiada no Museo
Diocesano de Tui, procedente
da igrexa San Bartolomeu de Rebordáns, consérvase unha fermosa talla do século XVI de
madeira de piñeiro que representa á Virxe co Neno collido no
seu regazo, mentres este dorme
placidamente. Esta obra foi atribuída por algúns estudiosos ó
taller de Juan de Juni, ou polo
menos si posúe unha grande
influencia do estilo deste importante escultor do renacemento
español30.
51
11
R IB A D EL O U R O
Sitúase esta parroquia –composta
polos barrios de: Barreiro, Bouzón, Castro, Costa, Costal, Cotarel,
Cruceiro, Eiravella, Espendelo,
Farrapa, Fernal, Fonte, Gándara,
Magdalena, Mallón, Marxiáns,
Monte, Mourentán, Oia, Porto de
Bouzas, San Simón e Vides– nos
sopés montañosos da Serra do
Galiñeiro. Alcanza a súa altitude
máxima dos 500 m sobre o nivel
do mar no seu monte principal,
denominado Costa de Oia. Os
seus campos son bañados polo
río Louro –que lle dá nome á freguesía– e o seu afluente, o San
Simón; este fálanos de vellas historias, entre elas a da presencia
dun San Telmo, xa enfermo e
canso, na recta final da súa vida.
Tocando con Chenlo, Pontellas e
Mosende (O Porriño), as terras
52
de Ribadelouro son as máis
orientadas ó norte do municipio
tudense. A súa historia está ben
ligada á cidade de Tui, pois dise
que San Pedro Telmo, patrón dos
navegantes, foi aquí onde padeceu a última enfermidade que
provocaría pouco tempo despois
a súa morte. Unha febre repentina sufrida precisamente ó cruzar
a ponte das Febres (de onde
provén segundo a tradición este
topónimo) impediulle seguir a
súa viaxe a Santiago de Compostela, e así mesmo lle revelou
Deus a súa vontade de que retornase á urbe catedralicia para dar
fin á súa vida terreal.
A primeira noticia testemuñal
sobre Ribadelouro recóllese nun
Privilexio Real da igrexa de Tui
datado no ano 1112, no que se
cita a esta freguesía unicamente
co nome da virxe e mártir francesa Santa Comba (festividade
celebrada no santoral o 31 de
decembro), patroa da parroquia,
e baixo a advocación da cal se
erixiu a igrexa. Esta construcción
foi reedificada na súa totalidade
en 1827 polo abade Faustino
Vázquez sobre o mesmo emprazamento que ocupou a anterior.
Do primitivo templo non quedou
en pé nin un só elemento arquitectónico.
Antigamente existiron varias
ermidas en Ribadelouro. Unha
dedicada a San Simón Apóstolo,
próxima á ponte que cruza o
regato que leva o seu mesmo
nome; acerca de esta non se
coñece a data de fábrica, se ben
é sabido que se conservou ata
Igrexa parroquial.
Foto A. Rodríguez.
Un recuncho
de Ribadelouro.
Foto A. Rodríguez.
53
O río San Simón ó
seu paso pola
estrada xeral.
Foto A. Rodríguez.
principios do século XVII, concretamente ata o ano 1607. Outra,
baixo a advocación de Santa
María Magdalena (festividade celebrada o 25 de xullo), alzouse
no lugar da Magdalena; este templo foi derribado e a imaxe da
Virxe trasladada á actual igrexa
parroquial.
Hai que destacar como elemento
de relevancia histórica a ponte
romana Ponte das Febres31, situada no barrio do Mallón, que
forma parte do trazado da ruta
xacobea portuguesa. O río que o
atravesa é o San Simón, denominado antigamente Febreros,
segundo reza nunha escritura de
doazón do señorío civil de Tui
que ratificaron o conde don
Ramón e a súa esposa a infanta
dona Urraca no ano 1095. A
Ponte das Febres constitúese nun
interesante testemuño en torno á
54
rede viaria de antigos camiños
que discorrían por todo o Baixo
Miño, algúns en uso xa dende
épocas anteriores á romanización.
Ribadelouro conta tamén con
bens patrimoniais de interese,
entre eles os numerosos muíños
de regato e diversos cruceiros
como o do Mallón e o de San
Simón.
A mediados do século XIX posuía a parroquia –por entón a
uns tres cuartos de legua da
capital de Tui– unha poboación
de 170 veciños (na actualidade o
seu censo anda ó redor duns
1.000 habitantes), principalmente
e case en absoluta maioría labradores, que, a excepción dos
lugares de Oia e Fernal, correspondían polo contencioso á xustiza de Tui, e polo político e
gobernativo a Salceda de Case-
las. O resto da poboación pertencía en todos os casos a Porriño. Os décimos do párroco
elevábanse á suma de 14.676
marabedís dos que gozaba este
“insolidum”; posuía tamén casa
rectoral (hoxe en ruínas) e igrexario de 21 ferrados de pan en
semente. Recibía ademais de
renda anual 10 ferrados de trigo,
10 de centeo e 10 de miúdo. Ó
contrario, a fábrica da igrexa non
percibía renda de ningún tipo.
Págalle á Mitra de Tui un xantar,
e por el 180 marabedís vellos, e
ó cóengo da catedral vinte e
dúas de censorias.
Como noticias arqueolóxicas
referentes á freguesía temos o
achado de tres machadas de
bronce de talón, ou de dúas
argolas, así como o descubrimento en 1926 ou 1927 dunha
ola que contiña no seu interior
Cruceiro inmediato
á igrexa
parroquial.
Foto A. Rodríguez.
centenares de moedas do rei Fernando III e Afonso X. Ó igual
que acontece no resto da comarca miñota, descubríronse en
Ribadelouro diferentes artefactos
de pedra lascados en varias das
súas caras, atribuídos a diversos
momentos do Paleolítico. O topónimo Castro dun dos seus
barrios fálanos da existencia de
polo menos un emprazamento
da Idade do Ferro nos seus límites parroquiais.
Por último hai que citar como un
personaxe ilustre que residiu
nesta freguesía ó popular don
Basilio –Basilio González Domínguez– presbítero e mestre no instituto de Tui, coñecido entre as
xentes polos seus moitos coñecementos e polas súas habelencias
na pesca con cana, pero sobre
todo polo seu talante bondadoso.
Conducía unha vella motocicleta,
vestido con rancia sotana e sombreiro eclesiástico. Ademais de
ser fumador empedernido, era
un apaixonado observador de
todo o que implicase as raíces
da terra que pisaba. Amante dos
libros e das persoas, deixou
publicada unha única obriña que
leva por título Biografía ascética
de San Pedro González Telmo:
“La intención directa de esta biografía es la de difundir la conducta santa de San Telmo,
imitable, en lo esencial, por cada
uno de nosotros, para que él nos
ayude a todos a hacernos santos
y a que funcionemos a lo santo
en todas las circunstancias de
nuestra vida”. San Pedro González Telmo, o mesmo que don
Basilio, deixou o seu sinal entre
as xentes e os campos de Ribadelouro, terras floridas entre
ribeiras do Louro.
55
NOTAS
1. ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco.
2. SÁNCHEZ DE LA ROCHA TÁBOAS, José.
Blasones y linajes tudenses. Deputación
Provincial de Pontevedra, 1999.
3. IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto e MÉNDEZ
CRUCES, Plácido. Evocación histórica de
Tui y sus antiguas rúas. Tui, 1990.
4. Atlántico Diario (23 de abril de 1990).
“Descubiertos en la comarca de Tui numerosos petroglifos” Emilio Benito Pérez Nieves e Plácido Méndez Cruces.
5. En Verdoejo existen varios pazos. Un
deles denominado popularmente “Quinta
dos Pepes” (alude a un antigo propietario
galego chamado José, ou “Pepe da Malladoura”) foi propiedade da mesma persoa
que antes posuíu o pazo da Malladoura en
Baldráns. Outra casa fidalga, tamén en Verdoejo, curiosamente é coñecida como
Quinta dos Rebelos, Quinta da Barreira, ou
“Quinta dos Galegos” (capela dedicada a
Nosa Señora do Socorro), os seus donos,
parece ser, tiñan lazos familiares cos da
mencionada “Quinta dos Pepes”.
6. Son catro os muíños de regato que posúe
Baldráns: muíño de Fuchaco de Arriba e
Fuchaco de Abaixo, servidos ambos por
augas procedentes da Poza do Real, localizada na estrada que vai de Soutelo a Entienza (Salceda) dentro do barrio de Rapado. O
de Nogueira no barrio do Cerqueiro, e por
último o situado na Malladoura.
7. Pesqueira da Seña (atópase no estuario
da desembocadura do río Poldras no Miño),
pesqueira de Benito, e a do Carneiro. Estas
son as tres antigas pesqueiras, xa en desuso, localizadas dentro do termo parroquial de Baldráns.
8. G. SANTISO, Aquilino; GÓMEZ SOBRINO e TAMUXE, X. Casco celta de Caldelas
de Tuy. Singular achado arqueolóxico. Tuy
Museo y Archivo Histórico Diocesano, Vol.
II. Tui, 1976.
9. Ernesto Iglesias Almeida no seu libro
Notas históricas del Baho Miño. Puertos,
56
barcas, pesqueras (Tui, 1998), recolle a
seguinte información: “En las Visitas Pastorales a la parroquia de 1606 y de años posteriores se le ordena a los feligreses que no
pescasen en los días de fiesta de guardar,
sino era pagando los diezmos y de que
cada barco que pescase pagase en los referidos días 12 rls. para la iglesia en cada
año”.
10. ROGRÍGUEZ, Ana María. “El balneario
de Caldelas de Tui”. Tvdae nº 3, marzo de
2000. Boletín Informativo de la Asociación
Social y Cultural Arzobispo Lago de Tui.
11. ÁVILA Y LA CUEVA, op. cit., p. 578.
12. VILA-BOTANES, Suso. O Tui esquecido,
Tui, 1999.
13. ALONSO, Eliseo. La Voz de Galicia, 28
de Noviembre de 1987. E Anécdotas e
vivencias de Tui e comarca. Asociación Provincial de Amas de Casa y Consumidores
–Rías Baixas– de Tui. Tui, 1998.
14. Nun convenio realizado durante o episcopado de don Diego de Muros (1485) en
torno ás barcas de pasaxe ó Concello de
Valença, contrato recollido por Ernesto Iglesias Almeida no seu libro Los antiguos “portos” de Tuy y las barcas de pasaje a Portugal
(páx. 30), di: “e que a barca de Valença
tome e posa tomar gente e carga desde o
esteiro que ven pola ponte pedrina e ven a
outra ponte que esta onde agora esta a
cabana de Juan gonzales ferreiro e ben
fenear a o rio Minio”.
15. Tumbo fol. 30. Recollido por Henrique
Flórez na súa obra España Sagrada. Tomo
XXIII. Madrid, 1767.
16. M. SIGÜENZA, Julio. Tierra de Malvas
(Tui). Historia, arqueología y paisaje.
Museo y Archivo histórico Diocesano de
Tui. Tomo VII. Tui, 1994.
17. IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto e MÉNDEZ
CRUCES, Plácido. Evocación histórica de la
ciudad de Tui y sus antiguas rúas.Tui, 1990.
18. MÉNDEZ CRUCES, Plácido. Libros de
fiestas.
19. FERNÁNDEZ - VALDÉS RODRÍGUEZ,
Eloy; FERNÁNDEZ VALDÉS - COSTAS, M.
Biografía y su historia. Tui Museo y Archivo Histórico Diocesano. Vol. III, 1980.
20. GARRIDO RODRÍGUEZ, Jaime. Fortalezas en la antigua provincia de Tuy.
Diputación Provincial de Pontevedra,
1987.
21. Sobre estas confrarías en particular –e
sobre a parroquia en xeral– Vilches Saco,
Juan José ten diversos traballos publicados,
entre outros no boletín de festas de San
Miguel Arcanxo (1993) e varios artigos
periodísticos.
22. CAMESELLE BASTOS, Domingo. San
Julián del Monte Aloia. Tui Museo y Archivo Histórico Diocesano. Vol. III, 1994.
23. BLANCO DÍOS, Inmaculada. Revista
Tudae (Boletín Informativo de la Asociación Social y Cultural Arzobispo Lago de
Tui) nº 0, junio 1999.
24. Integrado no seu momento polo falecido Jesús Gómez Sobrino, Juan Martínez
Tamuxe e Aquilino G. Santiso.
25. Sobre a igrexa e morgado dos Señores
de Arcos véxase: “Iglesia parroquial” de G.
Santiso, Aquilino (artigo en boletín de festas
Virxe da Guía, 1993) e varios artigos de Vilches Saco, Juan José.
26. Durante a súa estancia de mestre nacional en Randufe o profesor e investigador
Juan José Vilches Saco escribiu uns interesantes artigos, algúns inéditos e outros
publicados en boletíns escolares, libros de
festas, etc.
27. Segundo Ávila y la Cueva esta inscrición
(... CAEPOL/ CONV.../ TI. CLAV.../ CHOBRA/ AVREA...) referente a Tiberio Claudio
pertencía ós restos dun anfiteatro romano
desaparecido, historiador que asegura ter
coñecido o seu emprazamento. Véxase ademais: PEREIRA MENAUT, G. e GONZÁLEZ
SÓUTELO, Silvia. As inscricións tudenses de
épocas galaico-romana (Tvdae nº 3, marzo
2000).
28. SÁ BRAVO, Hipólito de (Monasterios. I –
Pontevedra. Cuadernos de arte galllego. Nº
40 Vigo, 1965) recollendo datos de Ávila y
la Cueva escribe que no ano 1132 o bispo
Don Pelayo introduciu a Regra de San
Agustín no mosteiro de San Bartolomeu co
desexo de que os monxes existentes deixasen a de San Bieito e se acollesen á de nova
orde. Parece ser que non todos aceptaron
este cambio. En 1138 o citado bispo fundou
o mosteiro de San Vicente de Barrantes,
QUIXERA
lugar a onde se retiraron os monxes de San
Bartolomeu que seguían a manterse fieis á
regra benedictina.
29. Este cruceiro estivo anteriormente ó seu
traslado a San Bartolomeu na entrada de
Tui, concretamente no sitio que a día de
hoxe ocupa o conxunto escultórico dedicado a Calvo Sotelo. Unido ó cruceiro estaba
un peto de ánimas que agora se localiza no
muro do cerre do atrio da igrexa de San
Bartolomeu.
30. A. ROSENDE VALDÉS, Andrés. Una obra
del taller de Juni en Tuy (Tuy Museo y
Archivo Histórico Diocesano Tomo III. Tuy,
1980).
31. Nun monolito de pedra, situado ó carón
da ponte e dun cruceiro do século XVIII,
lese: “Caminante, aquí enfermó de muerte
San Telmo en abril de 1246. Pídele que
hable con Dios, a favor tuyo”.
EXPRESAR O MEU AGRADECEMENTO A:
Juan José Vilches Saco, polos diversos datos facilitados desinteresadamente a Ana María Rodríguez –xerente do
Hotel/Balneario de Caldelas– pola súa achega gráfica familiar pertencente ó Balneario; a Telmo Vilariño o sucateiro de
Verdoejo e irmáns. E a todas aquelas persoas veciñas das aldeas deste municipio, que, cos seus recordos e testemuños
orais, transmitidos xeración tras xeración, motivaron en parte o meu interese por rebuscar no pasado das parroquias
de Tui, lugar onde tamén eu resido.
Este traballo rematouse o mes de febreiro de 2000, no Cerqueiro, parroquia de Baldráns.
57
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
LIBROS, FOLLETOS E MANUSCRITOS:
Álvarez Fernández, Dolores. Retablos
barrocos de la antigua diócesis de
Tui (Tesis Doctoral) Tui, 1972.
Álvarez Limeses, Gerardo. Geografía
General del Reino de Galicia.
Tomo II. Barcelona, 1936.
Ávila y la Cueva, Francisco. Historia
civil y eclesiástica de la ciudad de
Tuy y su obispado. Consello da
Cultura Galega (edición facsimilar). Santiago, 1995.
Bouzas, Manolo. San Bartolomé de
Rebordáns (Tui). Tui, 2000.
De Sá Bravo, Hipólito. El monacato
en Galicia. A Coruña, 1972.
Díaz Álvarez, Pedro. En Tui llueve
diferente. Tui, 1996.
Fernández-Valdez Costas, Manuel.
Familias antiguas de Tui. Pontevedra, 1958.
Ferreira Priegue, Elisa. Los caminos
medievales de Galicia. Boletín
Auriense, Anexo 9. Museo Arqueológico Provincial de Ourense. Ourense, 1988.
Flórez, Fr. Henrique. España Sagrada. Tomos XXII e XXIII. Madrid,
1767.
Galindo Romeo, Pascual. Tuy en la
Baja Edad Media (Siglos XIIIXV). Zaragoza, 1923.
Garrido Rodríguez, Jaime. Fortalezas
de la antigua provincia de Tuy.
Diputación provincial de Pontevedra, 1987.
G. Santiso, Aquilino. Los obispos de
Tui y sus armas / Heráldica eclesiástica. Diputación Provincial de
Pontevedra, 1994.
58
Iglesias Almeida, Ernesto. Notas his-
tóricas del Bajo Miño. Puertos,
barcas, pesqueras. Museo y Archivo Histórico Diocesano de
Tui. Tui, 1988.
Iglesias Almeida, Ernesto e Méndez
Cruces, Plácido. Evocación histórica de Tui y sus antiguas rúas.
Tui, 1990.
Madoz, Pascual. Diccionario geográfico estadístico histórico de España y sus posesiones de ultramar.
Madrid, 1947.
Sánchez de la Rocha Táboas, José.
Blasones y linajes tudenses. Diputación Provincial de Pontevedra,
1999.
Sandoval, Fray Prudencio de. Antigüedad de la ciudad, y iglesia
cathedral de Tuy, y de los obispos
que se save aya avido en ella.
Braga, 1610.
Gran Enciclopedia Gallega. Santiago
de Compostela, 1974.
Inventario de Recursos del Baixo
Miño. Fundación Cultural Banes-
to. Madrid, 1992.
Documentación manuscrita do Arquivo Histórico Diocesano da catedral de Tui.
ARTIGOS:
Cameselle Bastos, Domingo. Icono-
grafía y culto a Santiago Apóstol.
Museo Diocesano de Tui, 1993.
Cameselle Bastos, Domingo. San
Julián del Monte Aloia. Museo y
Archivo Histórico de Tui, tomo
VII. Tui, 1994.
Filgueira Valverde, José e García
Alén, Alfredo. Materiales para la
carta arqueológica de la provincia de Pontevedra. Revista El
Museo de Pontevedra. Tomos
VIII, IX, XIII, XXIX e XXXI.
González Santiso, Aquilino. Heráldica en las iglesias del obispado de
Tuy. Museo y Archivo Histórico
Diocesano de Tui. Tomo III. Tui,
1980.
González Soutelo, Silvia e Pereira
Menaut, G. Apuntes tudenses: las
inscripciones tudenses de épocas
galaico-romana. Revista Tvdae.
Boletín Informativo de la Asociación Social y Cultural Arzobispo Lago de Tui. Nº 3 (marzo,
2000).
M. Sigüenza, Julio. Tierra de Malvas
(Tui). Historia, arqueología y
paisaje. Museo y Archivo Histórico Diocesano de Tui. Tomo VII.
Tui, 1994.
Martínez Sigüenza, Julio. El Parque
Natural del Monte Aloia. Altlántico Diario, 16 de setembro de
2000.
Rodríguez Otero, Ramón. Con bordón por el xacobeo diocesano /
Devoción y culto del Apóstol Santiago en la diocesis de Tui-Vigo.
Vigo,1999.
Vila-Botanes, Suso. Nas orixes do
Aloia (Tui). Boletín de Estudios
del Seminario “Fontán-Sarmiento” de Hagiografía, Toponimia y
Onomástica de Galicia (Santiago
de Compostela) nº 20 ano 21,
1999.

Documentos relacionados