adxudicación definitiva da obra do fondo estatal para o emprego ea

Transcripción

adxudicación definitiva da obra do fondo estatal para o emprego ea
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DO FONDO ESTATAL PARA O
EMPREGO E A SUSTENTABILIDADE LOCAL “MEJORA Y AHORRO
ENERGÉTICO EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE DIVERSOS LUGARES DEL
TÉRMINO MUNICIPAL DE VILANOVA”.Pola Xunta de Goberno Local de 23 de marzo de 2010, foi adxudicada
provisionalmente a obra “MEJORA Y AHORRO ENERGÉTICO EN EL ALUMBRADO
PÚBLICO DE DIVERSOS LUGARES DEL TÉRMINO MUNICIPAL DE VILANOVA”,
tramitada mediante procedemento negociado, sen publicidade e financiada con
cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, regulado no
Real Decreto 13/2009.
Dado que entre a documentación presentada pola empresa adxudicataria
non se atopa o certificado de estar ao corrente no pago coa Xunta de Galicia,
aínda que sí adxunta a documentación que acredita estar ao corrente nas súas
obrigas coa Axencia Tributaria e coa Tesourería Xeral da Seguridade Social ; e,
dada a premura dos prazos establecidos polo Real Decreto Lei 13/2009; a Xunta
de Goberno Local, por unanimidade, ACORDA:
PRIMEIRO.- Adxudicar definitivamente o contrato para a realización da
obra de “MEJORA Y AHORRO ENERGÉTICO EN EL ALUMBRADO PÚBLICO DE
DIVERSOS LUGARES DEL TÉRMINO MUNICIPAL DE VILANOVA”, á empresa
“IMELFA S.L.” con CIF: B-36126910, por un importe de 97.068,73 euros que co
16% en concepto de IVE, resulta un orzamento total de 112.599,73 euros.
Quedando supeditada á entrega efectiva do anterior certificado.
Ademáis a empresa adxudicataria deberá executar as obras de mellora
ofertadas, que se especificarán no correspondente contrato.
SEGUNDO.- Eximir ao adxudicatario da obriga de presentar certificación de
non posuir débedas co Concello de Vilanova de Arousa.
TERCEIRO.- Concederlle un prazo de cinco días hábiles, contados a partir da
publicación
do
presente
acordo
na
páxina
web
do
Concello
WWW.vilanovadearousa.com, portal “perfil do contratista” para a formalización
definitiva do contrato.”

Documentos relacionados