Descargar bases e formulario de solicitude

Transcripción

Descargar bases e formulario de solicitude
Rúa do Concello, 6 - 36612 CATOIRA (Pontevedra)
CONCELLO DE CATOIRA
Tf. 986 54 60 14
Fax 986 54 62 17
E-mail [email protected]
Web www.catoira.es
C.I.F. P 3601000 G
BASES MERCADO ROMARÍA VIKINGA 2016
O Concello de Catoira establece as seguintes bases que rexerán a organización e
desenvolvemento do mercado da Romaría Vikinga 2016.

Para poder instalar un posto en calquera espazo público do municipio de Catoira é
necesario facer a inscrición con anterioridade. O formulario de inscrición deberá
entregarse debidamente cuberto no Rexistro do Concello, ou ben envialo por fax ao
número 986546217 ou ao correo electrónico [email protected] indicando
no concepto “Mercado Romaría Vikinga 2016”.

O prazo de inscrición comeza o 2 de xuño e finaliza o 29 de xullo de 2016.

As asociacións en activo con sede en Catoira deberán xuntar unha fotocopia do CIF no
momento de formalizar a inscrición.

Os postos de alimentación e bebidas deberán manter condicións hixiénicas durante
toda a xornada e contar con carné de manipulador de alimentos vixente.

No recinto das Torres de Oeste instalarase o mercado medieval. Os postos que
desexen acceder a esta zona deberán de cumprir, ademais do anteriormente
establecido, o seguinte:
-
Os postos teñen que estar acondicionados con materiais da época
(madeira, cortiza, teas, canizo) ou, cando menos, non serán visibles
para o público outros materiais como plástico ou semellantes.
-
Tódalas persoas que atendan os postos teñen que ir vestidos de época
obrigatoriamente, coidando tamén os complementos.

O persoal do Concello encargado de vixiar que se cumpran as presentes bases poderán
requirirlle ó responsable do posto en calquera momento o resgardo da inscrición.

De non cumprir o establecido nas presentes bases procederase ó peche do posto e o
responsable do mesmo poderá ser sancionado economicamente e asumirá calquera
tipo de responsabilidades que se poidan derivar.
Rúa do Concello, 6 - 36612 CATOIRA (Pontevedra)
Tf. 986 54 60 14
CONCELLO DE CATOIRA
Fax 986 54 62 17
E-mail [email protected]
Web www.catoira.es
C.I.F. P 3601000 G
MERCADO ROMARÍA VIKINGA 2016
DATOS DO RESPONSABLE DO POSTO
Nome e apelidos:
DNI:
Teléfono:
E-mail:
Enderezo:
(Rúa, número, parroquia, localidade, provincia)
REPRESENTANDO A (Asociacións, locais de hostalaría, tendas, etc.):
Entidade:
Actividade:
CIF:
Enderezo:
(Rúa, número, parroquia, localidade, provincia)
SOLICITA
POSTO 1
Tipo de posto:
Alimentación e bebidas
Outros
Tamaño (m2):
Produto/s á venda:
Datas:
5 agosto
6 agosto
7 agosto
POSTO 2
Tipo de posto:
Alimentación e bebidas
Outros
Tamaño (m2):
Produto/s á venda:
Datas:
5 agosto
6 agosto
7 agosto
POSTO 3
Tipo de posto:
Alimentación e bebidas
Outros
Tamaño (m2):
Produto/s á venda:
Datas:
5 agosto
6 agosto
7 agosto
OBSERVACIÓNS:
___________________________________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________________________________________
___________________________________________________________________________________________________________
O abaixo asinante comprométese a cumprir as bases do Mercado Romaría Vikinga 2016.
Sinatura do responsable do posto:
Asdo.: ______________________

Documentos relacionados