Fecha: 2012/05/26. La Voz de Galicia. Edición de

Transcripción

Fecha: 2012/05/26. La Voz de Galicia. Edición de
L12 | BERGANTIÑOS-SONEIRA-FISTERRA |
Sábado, 26 de mayo del 2012
|
La Voz de Galicia
ECOVOZ
Las visitas a la
página web de
Sogama se han
incrementado
un 101 % este año
CARBALLO / LA VOZ
La web de Sogama ha contabilizado en lo que va de año
un total de 52.425 entradas,
lo que supone un incremento del 101 % con respecto al
último semestre del año pasado. El portal www. sogama.
es recoge información detallada sobre todas las facetas
de la actividad industrial de
la entidad, además de otras
cuestiones como los programas educativos y lúdicos que
se realizan para que los niños
tomen conciencia de la necesidad de reciclar, reutilizar y
separar los residuos.
La mayor parte de las visitas virtuales se realizan desde España, pero también han
entrado en la página personas que residen en Estados
Unidos, Alemania, Francia
y Reino Unido. Incluso se
han dado casos procedentes
de Emiratos Árabes, Hong
Kong, Japón Malasia, Corea
del Sur, Macedonia, Vietnam
y Egipto.
Además, el complejo medioambiental de Cerceda ha
recibido visitas presenciales de colectivos extranjeros, tanto de delegaciones
empresariales como políticas, lo que, según la sociedad, demuestra que el tratamiento de los residuos sólidos que se realiza en Galicia
sirve de ejemplo en muchas
partes del mundo.
Grandes áreas
La página web de Sogama está dividida en tres grandes
áreas, que son la industrial,
la educativa y la de actividades. La mayor parte de los
internautas se han interesado por la información general de la planta y, sobre todo,
por el proceso que se ocupa
de la gestión y tratamiento
de los residuos.
Para la compañía, www.sogama.es se ha convertido en
la principal carta de presentación y es un escaparate de
las principales novedades de
una entidad que concentra la
logística, el transporte y el
tratamiento de la basura producida por 296 ayuntamientos y que atiende a una población de 2.216.000 personas.
Una de las principales funciones de la página es educar a la población para que
reduzca la cantidad de desechos. El complejo de Morzós
se encuentra ya saturado, por
lo que serán necesarias nuevas infraestructuras.
Os alumnos do colexio Fogar repasan as últimas preguntas antes de participar no Ecopreguntoiro. JOSÉ MANUEL CASAL
Unha final de infarto acaba co
Fogar como campión de Ecovoz
Os sarriaos de La Merced non llo puxeron nada fácil aos de Carballo
MAR VARELA
CARBALLO / LA VOZ
Faladores, moi faladores, pero
tamén estudosos e tranquilos.
Así é o equipo de cinco alumnos do CEIP Fogar que onte se
converteu en campión da actual
edición de Ecovoz. As diferenzas con respecto ao seu rival foron mínimas, xa que La Merced
(Sarria) non fallou ningunha das
súas preguntas. Tampouco o fixeron os de Carballo, así que a
única diferenza entre ambos foi
a Pregunta rápida, na que se define un concepto que ten que ver
coa natureza a través de cinco
pistas. A sorte, nesta ocasión,
púxose de lado dos coruñeses.
Na primeira pista, que tan só dicía que falabamos dun territorio
onde dominaban os climas cálidos, o voceiro de Carballo pro-
bou sorte e dixo: «¡África!». A
resposta era correcta e a maioría
dos seus compañeiros de equipo quedaron coa boca aberta.
Así, La Merced viuse obrigada
a ir a remolque do Fogar, que
non deu opción a ningún rebote e cun resultado de 7-6 converteuse en campión.
Semifinais moi disputadas
O camiño de ambos equipos para chegar á gran final non foi, para nada, sinxelo. En cuartos, o
Fogar fallou a súa Pregunta Sogama, o que propiciou que Sarreaus se puxera por diante. E en
semifinais tiveron que remontar. Os rapaces confesaron que
estudaron moito na casa e que
cada mércores quedaban nas aulas para preparar a súa participación no Ecopreguntoiro. Este centro é un dos clásicos do
concurso e parece que lle ten a
medida tomada. En 2009 tamén
conseguiron ser os máis listos
da clase. Despois de dez anos
participando, chegou o premio
á constancia. Naquela ocasión
houbo que acudir á pregunta
de desempate, na que os carballeses foron máis rápidos que
os alumnos da Colexiata do Sar
(Santiago).
Nesta ocasión decidiron cambiar de voceiro a metade de concurso para dar oportunidade a
dous alumnos de falar máis. Entre bromas, os outros membros
do equipo dicían que había envexas. Pero nin moito menos.
Calquera dos cinco foron moi
rápidos e non deixaban escapar ningunha pregunta.
Tampouco as semifinais foron
doadas para o outro finalista. Os
de Sarria comezaron puntuan-
do fronte a Vilar de Barrio, pero
non aproveitaron un rebote dos
rivais. En cambio, os ourensáns
si que souberon a pregunta rápida e, a partir de aí, non houbo
máis erros. Desa maneira chegaron empatados ao final e tiveron que ir á pregunta de desempate. Paula Sáa, voceira de
La Merced, non paraba de apertar a súa pelotiña antiestrés antes do decisivo momento. Pero,
aínda así, foi a máis rápida en
responder unha pregunta sobre cómo vemos as cores. Aínda que sempre dicía estar moi
nerviosa, o certo é que se converteu na voceira máis rápida
de todo o concurso. En innumerables ocasións foi capaz de
dar unha resposta correcta antes de que comezase o tempo,
incluso antes de que se acabase
de formular a pregunta.
O Aquapark acollerá a festa de fin de curso
Os tobogáns do Aquapark de
Cerceda volverán a ser testemuña do peche de curso de Ecovoz.
Ao acto están convidados todos
os centros educativos que participaron na actual edición do
concurso radiofónico que patrocina a Sociedade Galega do
Medio Ambiente (Sogama) e a
consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Despois de meses de estudio,
non só os cinco compoñentes
dos equipos estarán convidados
a participar, senón tamén toda
a aula. Seguro que tanto falar
do coidado do entorno e da importancia da separación de residuos, non cae fóra do contedor
nin un só envoltorio ou papel.
Ademais de repartir os premios do Ecopreguntoiro e de
proclamar oficialmente ao Fogar de Carballo como campión e
a La Merced como subcampión,
tamén se entregará o premio á
mellor fotografía. No primeiro
concurso de imaxes os alumnos
mostráronnos o seu recuncho
natural favorito. A votación estivo moi disputada, pero finalmente o alumno Miguel Parada,
do CEIP Sarreaus (Ourense) foi
o que máis votos obtivo, un total de 147, para unha fotografía
tomada no complexo romano
Aquis Querquennis de Bande. O
segundo posto foi para Joaquín
Cao, do colexio La Merced, con
un total de 135 votos con «Río
Celeiro na estación». A terceira foto máis votada é de Juan
de la Victoria García-Gallardo,
que acadou 96 votos grazas a un
«Atardecer nas Aceas».
Na festa de fin de curso tamén descubriremos quen gañará o concurso de curtametraxes.
Alumnos e mestres dos colexios
convertéronse en actores e guionistas para mostrarnos por qué
hai que coidar a natureza.

Documentos relacionados