Tecendo Historias de Muller - Solidariedade Internacional de

Comentarios

Transcripción

Tecendo Historias de Muller - Solidariedade Internacional de
Tecendo historias de muller fala de dereitos
sexuais e reprodutivos, unha vida libre de violencia,
plena participación política e soberanía alimentaria.
Tecendo
Historias de Muller
Libro publicado por Solidariedade Internacional de Galicia
dentro do proxecto de educación para o desenvolvemento
Tecendo Historias de Muller.
Coa participación das escritoras:
Cristina Corral Soilán (Game Over)
Luz Darriba (Gayda e Nene)
Sagrario Monedero (Historia de vida)
E coa colaboración do persoal técnico e voluntariado de
Solidariedade Internacional de Galicia en Bolivia, Nicaragua,
Guatemala, Palestina e Madrid.
A todas e todos, GRAZAS!!!!
* Todos os textos incluídos respectan a
linguaxe das súas autoras e autores.
Depósito legal: C 2473-2012
Edición: A Coruña 2012
Índice
Prólogo. Resumo do proxecto educativo Tecendo
Historias de Muller.
...... 6
Fotografía. A violencia sempre nos fai dano
...... 8
Relato. Mujeres en el mundo
...... 10
Relato. Nene
...... 12
Fotografía. As mulleres tamén gañan
...... 18
Relato. Ayúdate
...... 20
Relato. Game Over
...... 22
Fotografía. Di stop á violencia de xénero
...... 24
Relato. Diario dunha adolescente
...... 26
Relato. Historia de vida
...... 28
Fotografía. O sexo e para disfrutar, non para sufrir
...... 30
Relato. Está máis preto do que aparenta
...... 32
Relato. Gayda
...... 34
Fotografía. 016. Sempre na defensa da muller
...... 38
Relato. Historia de Helena
...... 40
Relato. Equidad de género: eje de cambio en Bolivia
...... 42
Fotografía. Uri Basu
...... 44
ut
cond or qu
fío
e te
o
n
vai
o
s
guia
Ola!
r
a través deste
lib
ro.
Prólogo
T
ecendo Historias de Muller é un proxecto de educación para o
desenvolvemento de Solidariedade Internacional de Galicia, pero
é ante todo un sono, un sono dun mundo en que homes e mulleres
sexan iguais en dereitos, deberes e oportunidades. Un mundo no que
a equidade de xénero lonxe dunha quimera sexa unha realidade.
E este é o sono e a loita de Solidariedade Internacional de Galicia e
o xermen deste proxecto, composto de diferentes pezas que xuntas
esperamos logren aumentar a vontade de participación no traballo
pola equidade de xénero.
Ante unha realidade ás veces desoladora na que as mulleres
representan o 70% dos 1200 millóns de persoas que viven na pobreza
extrema, que gañan entre un 30 e un 50% menos que os homes
e producen o 80% dos alimentos que consumimos aínda que só o 1%
é propietaria da terra, cremos que a cidadanía ten a chave do cambio
e a xuventude debe ser partícipe do mesmo. Con esta esperanza e
certeza nos embarcamos nesta increíble e emocionante aventura que
supuxo o noso proxecto Tecendo Historias de Muller.
O punto de partida e inspirador deste proxecto foron historias
recollidas en distintos países empobrecidos onde Solidariedade
Internacional traballa en proxectos de Cooperación Internacional. A partir
destas historias pretendimos difundir os compromisos internacionais
adquiridos no chamado Cumio do Milenio, entre os que se inclúen
“promover a equidade entre os xéneros e a autonomía da muller”.
Con este libro que tes entre mans, pretendemos que este proxecto
chegue máis lonxe, que chegue ata ti e a cantas persoas sexa posible,
multiplicando o seu efecto, e dándolle así alas para seguir voando.
A través das páxinas deste libro queremos compartir con vos a
marabillosa experiencia que supuxo este proxecto, unha viaxe de
aprendizaxe, unha viaxe solidaria quen os levou ao coñecemento de
mulleres increíbles cheas de historias, saberes e experiencias que
contar e compartir.
Comezamos pois a tecer esta sociedade mais xusta e equitativa
achegándonos dunha banda á xuventude galega en particular e
doutra á cidadanía galega en xeral. Así, a equipa de educadoras de
Solidariedade Internacional de Galicia visitou diferentes centros de
educación secundaria, ate un total de 15, levando a cabo obradoiros
de sensibilización.
Mozos e mozas de entre 14 e 16 anos puideron deste xeito achegarse
6
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Prólogo
á realidade de tantas e tantas mulleres invisibilizadas, a través
dunha metodoloxía activa e participativa puideron profundizar nesta
dimensión da pobreza con cara de muller. Como colofón da actividade,
pretendemos que esta xornada resultara inspiradora para a creación
dun “produto solidario”, e para iso, convocamos un concurso de relatos
e fotografías. Froito dos esforzos e gran sensibilidade amosada polo
alumnado participante, temos o orgullo de presentar nestas páxinas
os relatos gañadores do concurso literario e de fotografía que fixemos
nestes centros educativos. Un total de sete persoas gañadoras na
categoría de relatos e doce na categoría de fotografía máis un accesit
que dan como resultado fermosos relatos e impactantes fotografías
cheas de significado que hoxe grazas a este libro ti tamén podes
desfrutar.
Nesta viaxe tamén quixemos estar presentes na rúa, preto da
cidadanía, achegando realidades e mostrándoas dunha maneira
innovadora e dinámica. Así, enchemos as prazas de vilas como A
Coruña, Ourense, Poio ou Vilagarcía coa representación teatral
“TRASDELAS”, contando historias de valentes e comprometidas
mulleres como Soraida de Palestina ou Martha e Armenja de Nicaragua.
Loitadoras incansables por unha sociedade mellor, con historias que
temos o pracer de reproducir nestas páxinas, reivindicando así o
papel da muller no desenvolvemento do mundo actual.
Dálle a volta a páxina, e adéntrate en Tecendo historias de
muller! Cando peches o libro estamos seguras de que algo terá
cambiado.
Grazas por formar parte do noso soño.
7
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
A violencia sempre nos fai dano
A VIOLENCIA SEMPRE
NOS FAI DANO
Celso Simón Ons Castro
Cristhian Rivero Vidal
IES Allariz (Ourense)
Curso: 2º ESO
8
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
e
“Nesta imaxe dos nosos dedos amósase a
violencia física do maltratador á súa vitima,
aínda que non sempre a violencia se manifesta
pegando, empeza pouco a pouco, con xestos,
miradas, malas palabras,…
A violencia sempre nos fai dano.”
9
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Mujeres en el mundo
Mujeres
H
en el mundo
ola, me llamo Atira y vivo en Arabia Saudí. Desde muy pequeña
me han dicho que, cuando saliese a la calle, saliera con un varón
ya fuese mi hermano o mi padre.
Cuando empecé a tener consciencia de mi misma empecé a pensar
que esas normas no eran justas para las mujeres. Mi hermano pensaba
igual, lo que es extraño puesto que es un varón y sale beneficiado,
pero ya desde pequeña me vino ayudando encubriéndome en varias
ocasiones. Mi madre al contrario que mi hermano decía que no debía
rebelarme y dejar las cosas como están.
Más tarde me casé con un hombre que formaba parte del grupo de
gobierno del gobernador de la ciudad, por tanto, no le gustaba que las
mujeres fuésemos por la calle solas y, de hecho era él el encargado de
hacer pagar a las mujeres esos crímenes.
Cuando volvía de mal humor solía pagarlas conmigo mediante
abusos.
Un día llegó a la ciudad un hombre venido de otro país, dónde,
decía, que las mujeres eran libres y eran iguales que los hombres.
Solía hablarnos, a las mujeres que lo escuchábamos, sobre cómo era
el lugar donde venía. Yo acudía a esas charlas en compañía de mi
hermano pues mi marido seguramente hubiese matado al viajero.
También empezó a hablarnos sobre la libertad de las mujeres aquí
en mi país. Yo lo escuchaba hablar y cuanto más escuchaba más
me daba cuenta de la precaria situación de las mujeres en nuestro
país. Comencé a hablarles a mis amigas y compañeras, en secreto
por supuesto, de lo que decía el hombre y ellas coincidían conmigo
en que las mujeres estábamos mucho más discriminadas de lo que
pensábamos, yo les dije que deberíamos hacer algo, pero ellas me
decían: “qué podemos hacer nosotras”.
Me quedé pensativa unos días pensando que podríamos hacer
hasta que un día mi hermano vino a decirme que habían llevado preso
al viajero con quien solíamos ir a hablar. Mi marido le dio muerte.
10
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Mujeres en el mundo
Unos días más tarde vinieron a mi casa unos hombres y me arrestaron,
me llevaron a la cárcel. Yo no estaba segura de porqué me habían
llevado allí pero podía suponerlo.
Al día siguiente me llevaron ante el gobernador de la ciudad que
me condenó a pena de muerte por inducir a las mujeres a una rebelión.
– No son tonterías – dije yo
– ¿Entonces qué son? – preguntó el gobernador
– Son las historias que me contaron sobre la situación de las
mujeres en otro país – respondí.
– Niegas entonces inducir a las mujeres a que se rebelan contra
los hombres – dijo el gobernador
– No, no lo niego. Digo a las mujeres que luchen por la libertad
porque así debe ser – Respondí. Después me llevaron a una celda.
Al día siguiente me llevaron a un patio en el que ya había otras
personas y momentos antes de morir solo pude pensar una cosa:
“Moriré libre”.
Luís Pérez Álvarez
IES Allariz (Ourense)
Curso: 2º ESO A
11
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Nene
Nene
última vez que vin a Nene sorría tan vivamente como a primeira
cun teclado de dentes branquísimos iluminando a pel cor
chocolate.
Coñecina vendendo bolsos nunha festa de vila, no norte de España.
Eu tamén intentaba colocar nesa feira as miñas pezas de artesanía.
Dende o meu posto “legal” observei como repetidas veces os
municipais a botaban con toda a súa mercadoría, que ela envolvía
nun enorme trapo branco leado ao lombo.
Á terceira ou cuarta vez de presenciar esa acción -cando os
polis se ían, ela volvía teimudamente ao mesmo sitio na porta
dun banco, fronte ao meu posto-, armeime dun valor que non
recoñecía e emprendina contra eles. Especialmente con un, que ía
do máis chulo do barrio e cuxo sorriso cínico me tocaba a moral.
-Por que vos asañades con ela cando hai máis de douscentos postos
nas mesmas condicións? Que vos pasa? É por qué é unha muller?
-É porque é unha mentireira -apuntou o chulo-. Dinos que se vai e
logo volve.
-E os outros, non fan o mesmo cando os botades? -dixen eu, collendo
cada vez máis coraxe a medida que un heteroxéneo auditorio se ía
aglutinando arredor.
-Non vos decatades de que esta xente intenta gañar a vida?
-Non te decatas ti de que nós estamos a defender os teus intereses,
listiña? Ti pagas polo posto, non si?
-Polo meu non te preocupes -dixen en ton maternalista-. A min non
me prexudica ninguén que estea a loitar por gañar o pan.
A xente circundante opinaba a favor dun ou doutro en bandos
claramente diferenciados e a situación era cada vez máis tensa.
O do sorriso cínico -un fulero mequetrefe- ameazou con determe se
non paraba co meu intento de armar escándalo na rúa.
-A min? -dixen eu, pasando a ser por dereito propio a auténtica
chula do barrio.
-Non vexo por que: son española e teño permiso para vender
A
12
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Nene
-dixen mirándolle fixamente os ollos e desafiándoo como un cadelo a
un rottweiler con ladridos agudos-. De que me acusarías?
Dubidou. O meu acento sudaca despistábao, pero a miña seguridade
finxida e o documento rosa que me custara o meu e que estaba a
erguer como o ás de bastos fixérono desistir.
-Circulando, circulando todo o mundo- dixeron os policías acenando
cos brazos.
Volvín para o meu posto arrastrando o paquete cos bolsos de Nene
e propúxenlle poñer a mercadoría nuns cabaletes e unha táboa onda
min.
Agradeceumo cun sorriso planetario -a falta dun idioma que
fraqueaba- e puxémonos ambas a dispoñer as súas cousas para que a
noite rematase o menos ruinosa posible.
Fose pola expectativa xerada, a rechamante indumentaria da
miña nova amiga ou o gusto co que montamos a pequena estrutura,
os bolsos ían desaparecendo como por arte de maxia, mentres o
rottweiler daba unha volta para que non o esquecésemos. Nunha das
voltas, consciente de que estaba a miralo, fixo un aceno coa man cara
aos seus ollos indicando que se quedaba coa miña cara.
“E eu coas ganas de dicirche todo o que merecerías, aprendiz de
cabrón” pensei.
Pero esa noite lograramos unha pequena vitoria. Outros artesáns
e artesás achegáronse a interesarse pola situación de Nene, e ata os
máis recalcitrantes se conmoveron ante a inxustiza de ver que, de
entre centos de mantas, os axentes da orde só visen a dela.
Pregunteille onde paraba, xa que a festa duraba varios días,
e mostroume a tarxeta raída dunha pensión de mala morte que lle
cobraba por durmir unha noite o que a calquera noutras circunstancias
lle cobrarían por unha semana. Dubidei entre ir a dicirlles aos
encargados daquel tugurio canto valía un peite ou invitala a parar
na miña casa e optei por isto último. “Os favores sempre se fan
completos”, di a miña nai.
De madrugada, recollemos a mercadoría e cargámola
no meu Fiesta, como Teresa Batista cansada de guerra.
Foi o comezo da nosa versión do final de Casablanca.
Os días que compartimos foron para min unha aprendizaxe acelerada
no verdadeiramente importante da vida. Relatoume a odisea da súa
chegada nun español rudimentario e mellorou a comprensión cando
13
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Nene
lle asegurei que podiamos falar en francés. Daquela, as nosas charlas
fixéronse máis longas e profundas. Ata que eu me cansaba de pelexar
co “gavacho sui generis” e lle recordaba que, para o seu ben, era
mellor irlle dando á lingua de Cervantes.
Chegara en pateira -como tantos e tantas- había uns tres anos. Se
eu insistía en coñecer detalles daquela viaxe, ía perdendo o sorriso.
Miraba cara á nada, perdida, triste. Quizais recordando o que quedaba
atrás, quizais preguntándose se tería pagado a pena. Para animala,
conteille que o meu pai e a miña nai subiran a un barco inglés no
porto de Vigo nos anos cincuenta, sen papeis, sen billetes, sen unha
peseta, fuxindo desta España que a ela lle parecía a terra prometida.
-C ´ est vraie?- preguntaba incrédula.
-E tan vré -chanceaba eu, que sempre estiven orgullosa desa
ousadía que me salvara de nacer nun país en branco e negro.
-A vida é unha viaxe de ida e volta, querida Nene -dicíalle eu-.
Ela escoitaba atenta.
-Primeiro os meus avós foron facer a América. Só conseguiron
entender o concepto morriña e acuñar algunhas expresións
rioplatenses. Despois os meus pais e máis tarde vin eu, aínda non sei
moi ben a qué.
Estou segura de que non entendía todas as palabras, nin en francés
nin en castelán, pero comprendía o concepto. Sóubeno pola expresión
dos seus ollos, pola súa empatía.
Nene era diabética. Debía inxectarse insulina varias veces
ao día. Facíao con normalidade e eficiencia, coa mesma
habilidade coa que cada mañá sacaba partido da súa marabilloso
roupa e saía da casa como un pincel de marta cibelina.
Tiña aló unha filla de doce anos, no poboado, coa avoa. A Nene
cantáballe a voz cando falaba dela e mostraba orgullosa unha e outra
vez unhas fotografías rozadas, testemuñas da súa existencia.
Acompañeina a sindicatos en busca de asesoramento que permitira
revogar unha orde de expulsión que pesaba sobre ela con carácter
perentorio. Describiume -sen acritude nin resentimento- o seu paso
por varias comisarías, especialmente unha de Valladolid, onde o
maltrato recibido merecería unha denuncia que ela non estaba en
condicións de facer. Entre outras infamias non lle permitiron, con
risco para a súa vida, inxectarse a insulina.
-Pero sempre encontrei persoas boas coma ti que axudaron a min
14
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Nene
-dicía convencida de que calquera
papel na vida era máis digno que
o de vítima.
Cando despois de moitos trámites,
conseguimos aprazar a expulsión,
bicábame agradecida, crendo que
daquilo a uns papeis como deus
manda só habería un pequeno
paso. Tristemente, non estaba no
meu poder garantirllo.
A razón da súa felicidade
contaxiosa e o seu permanente
sorriso habería que buscalas,
contra a nosa lóxica, nunha vida
onde a constante era a carencia de
cousas materiais, malia xornadas
maratonianas de traballo para
arrancarlle a unha terra cada
vez máis erma o alimento e horas
de camiñada das mulleres ata
a ansiada auga potable. A nai
África, tan rica, tan sangrada...
Nene fixera algo tan valente
como abandonar un marido
maltratador e regresara á casa
familiar coa súa pequena. Alí foi o
soporte da familia ata que alguén
murmurou ao seu oído “Europa”
e ela comezou a soñar cos cantos
de sereas e uns estudos para a
súa filla que rompesen o círculo
infinito de miseria, cada vez máis
feminizada.
Chegou ás Canarias como puido.
Dende alí, a Alxeciras. Aduciu
dificultades de comprensión cando
lle preguntei de onde sacara
o diñeiro para as mafias, pero
15
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Nene
eu creo que o entendeu -entendémonos-, perfectamente. Intentaba
alcanzar o sur de Francia, onde recalaran uns parentes había tempo.
Ata daquela só conseguira unha rolda por comisarías provinciais
e un destino errante de feira en feira. A mercadoría deixáballa un
marroquino, ao que as cousas lle foran algo mellor, e ela gañaba unha
comisión polas vendas que lle permitía malvivir, comprar a insulina e
escamotear uns escorregadizos euros para mandar á casa e amañar
o futuro.
Non por casualidade, supoño, se cruzaron as nosas vidas de
ningunha parte, pero sóubome a pouco o tempo que compartín con
ela. Deixoume en herdanza un enorme portafolios de coiro negro,
para reafirmarme -dicía- na idea de volver dar clases, como o facía no
meu país. Clases? O meu país?... Conceptos tan afastados daquela, e
aínda hoxe, cando a vella Europa se esborralla esmagando os soños
ou aparcándoos indefinidamente nun rocho...
Unha vez chamoume por teléfono dende Valencia. Estaba feliz.
Coñecera un home que, polo visto, a axudaba moito. Pedinlle por
favor que se coidase.
-Si, profesora, amiga miña, vostede tamén -díxome, mentres eu
intuía ese sorriso de lúa chea iluminando calquera sombra.
Espero que chegase a Marsella. Que a súa filla estea con ela e que,
se o home do que me falaba con ilusión pagaba a pena, as acompañe.
Ou que volveran todos ao poboado coa avoa e houbera un teito, auga
e o mínimo indispensábel para vivir e manter o sorriso.
Eu continúo intentando poñer o pano como ela o facía, aínda
que non teño a súa habelencia. E desempoando algún soño dos que
agardan, como Lázaro, no cálido depósito das utopías aprazadas.
Luz Darriba
16
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
17
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
As mulleres tamén gañan
AS MULLERES
TAMÉN GAÑAN
Anxo Pensado Moreira
IES Isidro Parga Pondal
(A Coruña)
Curso: 4º ESO A
18
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
19
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Ayúdate
Ayúdate
F
ue cuando escuché el ruido de las llaves al otro lado de la puerta,
cuando más miedo tuve. Rezaba porque hubiera tenido un buen
día en el trabajo y viniera tranquilo, sereno, no como la noche anterior
que había sido un infierno. Me había pegado hasta quedarse sin
fuerzas, de arrepentirse, de arrodillarse ante mí pidiéndome perdón
acariciando mi cara llena de cardenales y lágrimas.
Ese día tuve suerte, no lo vi agresivo, para nada lo estaba, no
lo había visto tan raro en quince años de matrimonio. Era como si
supiera que estaba haciendo algo malo, pero que algo superior a él le
impidiera dejar de hacerlo.
– Con todo lo que te estaba haciendo y lo mal que lo estabas
pasando, no acudiste a nadie hasta ahora, creo que cometiste un error.
– Bueno, yo no lo veo así. ¿Por qué cree que fue un error tan grave?
– Has tenido mucha suerte. Al no acudir a nadie estabas corriendo
un grave riesgo.
– Tiene que entender una cosa, doctora – dije entre llantos – yo le
quería demasiado como para separarme de él.
– Te entiendo – dijo en tono suave para intentar consolarla.
Tras un silencio y un emotivo abrazo que ningua de las dos parecía
atreverse a romper me dijo la doctora:
– Y ya basta por hoy, has llegado al punto de haberlo superado y
todo ese sufrimiento no se merece ser recordado.
– Muchas gracias doctora – dije mientras cerraba la puerta.
20
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Ayúdate
Borja España Fernández
IES Eduardo Blanco
Amor (Ourense)
Curso: 4º ESO D
21
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Game Over
Game Over
mpezo a estar aterecida co frío, ainda que non estou segura
de se o que teño frío é o corpo ou a alma, a estas alturas xa
me costa diferenciar. Non me doe estar aquí tirada nesta noite
de inverno, nin que os brazos se me empecen a poñer negros,
porque xa digo que o que me doe non é o abandono físico, se non
o abandono emocional. A min, que tanto me quixo…
Lembro como se fora hoxe o día en que nos coñecemos, vino
esperándome impaciente, cos ollos brillantes e cheo de ilusión. Sabía,
presentía, que o seu único anceio era agarimarme forte contra o
seu peito, tal e como faría todas as noites dende o día en que nos
coñecemos. Enchíame de bicos e compartiamolo todo, as comidas,
os mimos de media tarde e aquelas merendas tan divertidas con café
en tazas de lunares, ás que de vez en cando convidaba á súa irmá
Susana. Que días tan felices pasabamos [email protected]!, eu non pensaba
noutra cousa que non fora a súa chegada á casa para recibir aqueles
doces aloumiños… ¨Boteite de menos, pequecha” susurrábame ó
oido, e entón a longa espera enchíase para min de sentido.
Eu pensaba que nada disto que tiñamos podería cambiar xamáis,
pero un día Xoán, un novo amigo del, veu á casa, e dende que chegou e
se percatou da miña presenza todo foron desprecios e burlas cara min,
eu non daba crédito ó que vía, e o peor de todo era que o meu rapaz,
non so non dicía nada para me defender, se non que tamén contribuía
ás súas bromas como se eu fora unha extrana. Ese día comezou a se
avergoñar de min.
Aquela casual visita de Xoán supuxo un punto de inflexión na nosa
relación. Comezou a me ignorar e a relegarme como se fora un máis
dos seus xoguetes de infancia…
Acabáronse os aloumiños, a ternura, as apertas, os agarimos, as
merendas de media tarde. Foise esquecendo pouco a pouco de min.
Cada vez pasaba menos tempo na casa e máis cos [email protected]
Empezou a chegar de mal xenio e nunca sabía por que, pero
sempre pagaba os seus enfados comigo. Así, pouco a pouco o amor
E
22
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Game Over
tornóuseme medo e dor. Viñeron
os berros, os desprecios verbais,
os zarandeos e os encerros no
armario. Comecei a me sentir
fráxil e o temor a aquel homiño
era xa máis grande que o agarimo
ó neno que fora canda min.
E hoxe, hoxe estou cansa,
si, cansei. E síntome tan
insignificante como este lixo
que me rodea, pero alomenos
fico tranquila, porque esta mañá
semella que toda a humillación
rematou definitivamente.
Hoxe aprendín en corpo
propio, que ás veces é mellor
sentirse abandoada cabo dun
contenedor de desfeitos que
humillada, especialmente cando
despois de oito anos xuntos as
súas derradeiras palabras o me
arroxar contra o cubo do lixo
foron tan claras:
“Fica aí! Soa! Eu xa non xogo
con bonecas!”
Cristina Corral Soilán
Fotografía: Miguel Noval Bouza
23
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Di stop á violencia de xénero
DI STOP Á VIOLENCIA
DE XÉNERO
Sara Cerviño Bastón,
Guadalupe Rama Abelenda
e Gema Lage Reyes
IES Isidro Parga Pondal
(A Coruña)
Curso: 4º ESO A
24
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
25
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Diario dunha adolescente
Diario
dunha adolescente
18-12-2011
X
a sei que debes pensar “rapaza es unha exaxerada”, pero non, no
o son. Pode ser que as outras nenas si que les gusta pero a mín
non. Cos meus catorce anos, sei distinguir perfectamente que está
mal e que está ben. No son parvadas, nin agora, nin mañá, nin onte.
Xa basta, que se pensan eses rapaces, que as mulleres somos obxectos
para toquetear, apalpuxar, que “hoxe lle meto man a esta e mañá a
esa”. Non, non tranquilo diario, non me meteron man e máis lles vale,
porque eu son de armas tomar e… Non, o que fixeron foi invadir o meu
espazo persoal, a miña prezada barbulla de aire veuse esnaquizada,
danada. Hoxe, os “graciosos” dos meus amigos tocáronme os peitos.
Fixérono comigo e con dúas rapazas máis. Elas riron e dixeron con
ton ligón “que fas?” liberando ese gritiño de sempre, que máis que
asustadizas parecen pedir máis. Eu non, eu non me río. Pola miña
cabeza pasaron moitos pensamentos: odio, pena, abraio, ira pero
sobre todo desprezo. Vin como só me consideraban obxecto do pracer,
pensaban que podían facer o que quixeran comigo, porque hoxe é iso
pero…e mañá? E cando teña dous anos maís, que farán?
E pensei, e vin o ignorantes que son, que por iso podo denuncialos!
Por que se pensan que somos cousas, obxectos con dono e amo? Por
que non podo falar tranquilamente cos meus amigos sen ter que estar
alerta porque no lles entra na cabeza que non me poden tocar, só
polo feito de ser muller? Que pasaría se fora ó revés? Se os homes
estiveran no noso lugar, se nos lles fixéramos a eles o que eles nos fan
a nós, se andaramos todas coa man aberta a probar que os ten máis
grandes? Como se sentirían? Que pensarían, rabia, odio, dor? Como
quedarían se lles dicimos que a súa é pequena, que a de menganito
é máis grande, que as tocara mellores? Como me chamarían? Sería
unha heroína como eles, ou o meu cualificativo sería o de ….?
26
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Diario dunha adolescente
E Elas? Por que se rin as miñas amigas? Por que esa aceptación,
por qué eses gritiños de “dáme máis”? Non se dan conta que se hoxe
non loitan polos seus dereitos, mañá quizais sexa demasiado tarde?
Eu pola miña parte, deixeilles ben claro o que pensaba sobre o
tema, sobre o seu comportamento. Eu expliqueilles como me tiñan
que tratar, igual que a todo o mundo, do mesmo xeito que aos seus
amigos, e eu respondinlles cun “a min non”.
Así me despido hoxe, meu querido diario, despídome coma unha
adolescente indignada.
Nerea Montes Pérez
IES Ames (A Coruña)
Curso: 3º ESO D
27
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Historia de vida
Historia
de vida
Soraida Hussein
Directora del Women´s Affairs Technical Committee en el ToP
oraida era una más entre diez hermanos y hermanas de una familia
palestina emigrada a Colombia. Lo que más me llamó la atención
cuando la conocí fue su acento meloso, caribeño, que en boca de
una palestina todavía sonaba mejor. También su espíritu jovial y su
entusiasmo, nada desgastado por los años de lucha que lleva a las
espaldas, a la hora de hablar de los retos que enfrentan la mujer
palestina hoy en día.
Su infancia en el exilio estuvo marcada por el sentimiento de
pertenencia a otro lugar y por la certeza de ser “diferente” al resto
de niños y niñas con los/as que compartía pupitre. Recuerda como
algunos/as profesores/as justificaban el que ella fuese más ordenada
que los/as demás por el hecho de que era árabe.
Cuando su padre, simpatizante del Partido Comunista, murió en
Bogotá, su madre decidió que era el momento de volver a Palestina y
de traer los restos de su marido a la finca de olivos, tal y como él había
deseado siempre. De sus primeras impresiones al llegar a Palestina,
Soraida recuerda cómo todo le resultaba familiar, cómo era capaz de
reconocer los lugares tantas veces mencionados por su padre durante
el exilio a pesar de ser la primera vez que ponía los pies en esta tierra.
Siendo todavía muy joven, Soraida empezó a militar como
activista por los derechos del pueblo palestino y, en concreto, por los
derechos de las mujeres. Con el estallido de la Primera Intifada, un
grupo de jóvenes entre los/as que estaba Soraida crearon el Colegio
de la Educación Popular y recorrieron los pueblos de Palestina
concienciando a las mujeres y hombres de las zonas rurales sobre
la cuestión palestina y los derechos humanos. Fue una época muy
intensa. No en vano, este tipo de actividades estaban penadas por la
potencia ocupante con 10 años de prisión.
A principios de los años 90 entró a formar parte de Women´s Center
for Legal Aid and Councelling (WCLAC), primero como encargada del
S
28
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Historia de vida
departamento de Alfabetización Legal y más tarde del de Incidencia
Política. Lejos de caer en la tentación de hacer “activismo de salón”
desde la cómoda oficina de Ramallah, Soraida siguió trabajando con
las bases y acompañando a las mujeres de todos los rincones de
Palestina en sus procesos de empoderamiento, no sólo como parte de
su trabajo en WCLAC sino colaborando con otras organizaciones como
voluntaria. Impulsó la creación de diversos grupos feministas donde
las mujeres se juntaban para intercambiar experiencias, realizar
discusiones en torno a textos o películas y, sobre todo, crear vínculos
de sororidad entre mujeres. Su mayor logro, afirma con humildad, es
el haber contribuido a cambiar la vida de algunas de esas mujeres.
También cree que, en todos estos años, se ha avanzado mucho a
nivel de sociedad en visibilizar y admitir que existe discriminación y
violencia contra las mujeres, problemas que antes estaban ocultos y
no se reconocían.
Los retos hoy en día de las mujeres palestinas, atrapadas entre la
brutal ocupación israelí y una sociedad patriarcal con altos índices
de violencia, son muy grandes. “El objetivo de la ocupación es
deshumanizarnos. La ocupación nos roba el futuro. Como cualquier
colonización, nos arrebata nuestra cultura y nos hace retroceder
una y otra vez. Nuestra misión es luchar contra eso, edificar una
sociedad sana basada en valores de igualdad. La guerra contra la
ocupación es, en definitiva, una guerra por la cultura, por el amor,
por la autoestima, por los derechos, por los valores, por construir
una sociedad más justa”. También culpa en parte a la ocupación del
giro hacia el conservadurismo y la religión que la sociedad palestina
ha dado en los últimos años. Entiende, aunque no comparte, que
muchas personas hayan buscado refugio en la religión para buscar
protección y esperanza a una situación sin salida aparente.
Su receta contra esto, y también gran meta, es la reactivación
de un movimiento de mujeres fuerte y unido, con voz propia y
alta, con capacidad de movilizar y de tener impacto. “Nosotras no
implementamos estrategias; lo que hacemos es edificar la vida y
esto se hace con mucho amor y con mucha perseverancia y, a veces
también, con mucho dolor”.
Sagrario Monedero
Jerusalén, Julio 2012
29
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
O sexo e para disfrutar, non para sufrir
Homenaxe a Agnes Pareyio, activista
masai que loita contra a mutilación
xenital feminina e os matrimonios
temperáns aos que se ven sometida
as nenas da súa comunidade.
A las mujeres en África no se les permite
tomar decisiones sobre su sexualidad”
O SEXO É PARA DISFRUTAR,
NON PARA SUFRIR
Cristian Aniceto Vázquez
e Javier Pombo Veige
IES Ames (A Coruña)
Curso: 3º ESO E
30
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
31
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Está máis preto do que aparenta
Está
máis preto do que aparenta Ocorreu non fai moito,
nunha vila de Galicia,
ninguén sabía o que pasaba,
mais faltaba a ledicia.
Uxía traballaba,
día e noite na cociña,
pra contenta-lo marido,
mais contento non o tiña.
O home desconfiaba
do fiel que lle era a esposa
e decidiu pegarlle,
ata que ela caeu na losa.
O cadáver xacía,
inmóbil sobre o chan.
el miraba indiferente
aínda, coitelo na man.
O fillo asustado
colleu o móbil e chamou
con moito medo ao 112
e baixo a mesa agochou.
32
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Está máis preto do que aparenta
O pai buscou ó rapaz,
pra pecharlle ollos e boca,
pra que non dixera nada;
como quen pisa unha miñoca.
O neno escapa,
o pai corre tras el,
pobre do neno pequecho,
sabe Deus o que foi del.
Sandra Abel Grandío
IES Ames (A Coruña)
Curso: 3º ESO D
33
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Gayda
Gayda
recendo a falafel que saía do único establecemento gastronómico
que se vía na vila abriume o apetito aletargado na cruzada do Mar
Morto. Entón, alguén tapou a miña cabeza cun pano para que puidese
entrar na mesquita.
Os nenos e as nenas sorríannos con certa confianza e algo de
gratitude. Alguén lles falaría sobre nós e lles diría que non eramos
inimigos. Os cativos palestinos están afeitos ás pedras, ao odio
inevitábel, a traxedia perpetua.
Ao comezar a marcha heteroxénea, entre unha babel de palabras
co mesmo significado que se mesturaba no aire, vina. Vina no centro
da poeirenta estrada.
Ía descalza, esfarrapada, pero sen dúbida era unha princesa.
Chamoume a atención aquela nena no medio do caos, das arengas,
dalgunhas bandeiras, e o medo que se coaba no ambiente. Achegueime
a ela e comprobei que tiña uns ollos incriblemente expresivos e
fermosos, enormes, dunha cor indefinida, aniñados nunhas longas
pestanas de acibeche.
Traía na man unha caixa –gastada- de incenso, apertándoa cuns
dedos longos e as uñas pintadas de carmín saltado. Fíxome un xesto
sobre os fumeallos, crin entender que me propoñía unha venda.
Pregunteille canto e acenou cos dedos indicando tres. Tres euros,
tres dólares, tres shekels? Tres eran as barriñas que quedaban na
caixa medio estragada.
Deille tres euros polos fumeallos máis caros da miña vida e
pregunteille -en inglés- dúas cousas: como se chamaba e para que
quería o diñeiro. Alcanzou a dicirme Ghaydaa e to go to school,
antes de saír correndo coas súas tres moedas de euro e os seus pés
descalzos.
Despois o ceo volveuse plúmbeo e o aire irrespirable. A xente
corría, como podía, a poñerse a salvo da chuvia de cascos e do efecto
dos gases. Desde o interior dunha modesta vivenda chamoume una
muller, con acenos que me invitaban a entrar.
O
34
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Gayda
Puiden
observar
que
unha
parte da casa estaba destruída.
Despois souben que estorbaba
á construción do muro e
simplemente foi derrubada.
Era a casa de Ghaydaa e a
súa avoa avergoñada insistía
en devolverme os tres euros e
en convidarme a un aromático
té. Intuín que lle rifara á
nena por vender o incenso e
intentei explicarlle que non
tiña importancia, pois era unha
rapaciña (tería uns seis anos).
Mais para elas si a tiña e tiven que
aceptar que me fosen devoltas as
moedas.
Quedei con elas mentres os
madelmáns persistían en tirar
ao branco e comunicámonos nun
aceptable inglés. O pai estaba
nunha prisión israelí, o fillo
maior morrera nun bombardeo
indiscriminado e elas, a avoa, a
nai e Ghaydaa, resistían a escasos
metros do muro da vergoña.
Para conseguir uns noxentos
shekels (a moeda do inimigo) ou
comer, rabuñaban unha terra
envelenada polos residuos tóxicos
dos gases e sobrevivían grazas
á axuda das organizacións non
gobernamentais presentes na
rexión. Antes, cando o pai aínda
non fora apresado por terrorista
-sen probas-, atravesaban a avoa
e a nai catro veces ao día cadeas
de checks points, para traballar
35
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Gayda
do outro lado da vida, na casa do feroz e poderoso veciño.
Quedei con elas un anaco, correndo o risco de despegarme do
grupo e atopar despois problemas. Non podía deixalas, non quería
deixalas, malia o pouco ou nada que podía facer por elas.
Déronme limóns, como regalo, porque si, por estar alí, por poder
contalo. Ghaydaa só quería ir á escola. Saltar, sen sabelo, por enriba
dos muros e dos teitos, non de cristal, senón de cemento que teñen
que sortear as nenas, as mulleres en Palestina. Os muros desprezables
do veciño e os que lles impón na casa a discriminación da sharia,
o patriarcado consentido e alentado pola sagrada lei do Islam.
Unha compañeira botoume unha boa bufiñada ao atoparme. Levaban
tempo buscándome. Había que irse. O noso era de paso. Algo de
inseguridade que remataba nunha cama cálida nun hotel para
turistas de Belén. Alí, onde había dous mil anos... Ben, xa coñecedes
a historia...
Maldicín a miña insignificancia, a absurda inxustiza deste mundo,
e durmín abrazada á caixiña cos tres fumeallos, que malia devolverme
os tres euros, insistiron, insistiu Ghaydaa, en que a levase. Regaleille
un esmalte de uñas cor rosa, que por casualidade tiña no bolso.
Ilumináronse os marabillosos ollos, pero teño moitas dúbidas de que
poida usalo no medio desa guerra fedorenta onde as mulleres, as
nenas, os nenos e as persoas maiores son os seres máis desvalidos
da Terra.
Cando regresei á pequena certeza da miña casa e o meu traballo
precario, nunha Europa que tamén se derruba sen remedio, recordei
moitas veces, recordo moitas veces a Ghaydaa. Non usei nunca esas
barriñas de incenso. Gárdoas coa diminuta esperanza de que por fin
poida ir á escola, e ao instituto, e á universidade, ou polo menos co
desexo de que continúe con vida, escapando do triste destino do seu
irmán, voando por enriba do muro, de todos os muros, cos seus pés
descalzos e os seus preciosos e intelixentes ollos de cor da vida.
Luz Darriba
36
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Gayda
37
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Sempre na defensa da muller: 016
O teléfono 016 é un servizo gratuíto
de información e asesoramento
xurídico en materia de violencia de
xénero.
SEMPRE NA DEFENSA
DA MULLER: 016
María Ramos Álvarez e
Sofía Rodríguez Gómez
IES Eduardo Blanco Amor
(Ourense)
Curso: 4º ESO D
38
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
“No le perteneces, no se lo permitas.”
39
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Historia de Helena
Historia
de
Helena
hámome Helena Dopico e dende que era cativa sempre resultei
ante os meus familiares e achegados unha rapariga de considerable
beleza. O adxetivo “riquiña” foime dende nova constantemente
atribuído e moita xente ficaba engaiolada ante o meu tenro aspecto.
Polas miñas características físicas que moitas persoas resaltaban
e polo feito de que proseguir cos meus estudos non se atopa entre as
miñas prioridades , tomei a complexa decisión de entrar a traballar
no mundo da pasarela e da moda.
A cousa non podía tornarse mellor xa que os cartos enchían o peto
e tiña éxito dabondo naquilo que facía.
Poucos anos despois do comezo da miña andaina na moda, recibín
a chamada dun produtor publicitario de Madrid para a realización
dun anuncio televisivo.
Aceptei a proposta de inmediato mais foi grande a miña sorpresa
cando lin o contido do guión e do que tiña que dicir.
Tratábase dun anuncio dunha coñecida marca de cervexa e
o meu papel consistía en abrir a porta da casa ante a chegada do
meu “esposo”, recollerlle a chaqueta, preguntarlle polo traballo e
acomódalo no salón mentres lle servía unha cervexa e algo para picar.
Tan pronto como lin a miña pretendida interpretación, solicitei
unha reunión co produtor e boteille en cara o feito de escribir un
guión de tal contido machista e de utilizar a figura dunha rapaza
naquel anzol consumista.
Inmediatamente despois disto, fun descartada para o papel
publicitario e sen ningunha explicación por parte daquel home.
A partir deste suceso, comecei a observar con outros ollos o mundo
da publicidade e do consumo e, a medida que aumentaba o meu
coñecemento, dábame de conta de que a muller era constantemente
utilizada como unha figura representativa daquelas cousas que
actualmente parecían esquecidas nas antigas sociedades, marcadas
pola represión e dominadas polo home.
C
40
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Historia de Helena
Miraba a televisión e vía a mulleres que anunciaban comida para
bebés pero ningún home. Observaba outra vez e aparecían máis
mulleres promocionando produtos de limpeza pero ningún home.
Volvía a mirar repetidas veces e volvía a ver a nenas que anunciaban
bonecas e cociñas de xoguetes por Nadal, pero, sabedes que? Non
había ningún neno.
Non estaba superado dende hai tempo a figura da muller como
un estereotipo sexista? Non se di nas sociedades actuais que o papel
da muller é moi superior ao das tarefas domésticas? Non se expresa
decotío o esquecemento da situación feminina naquelas sociedades
dominadas por réximes pouco democráticos? Non ten a muller unha
función máis relevante que a de facerlle o xantar ao seu esposo? O
traballo de mulleres como Marie Curie, Eleanor Roosvelt ou Rosalía
de Castro resultou baldío despois de tanto esforzo?
Eu, unha muller, tardei en tomar conciencia da nosa situación
dende o punto de vista do consumismo mais dinme conta a tempo. O
problema está no feito de que debe abrir os ollos e esperatar agora é
a sociedade.
Jorge Fraga, David Torreiro
e Iván Regueiro
IES Alfonso X “O Sabio”
(A Coruña)
Curso: 2º ESO A
41
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Equidad de género
Equidad
de género: eje de cambio en
E
Bolivia
n Bolivia en los diferentes proyectos que impulsa Solidaridad
Internacional hablar de género es cuestionar la masculinidad
y feminidad como una categoría natural y estática. Si bien para
cuestionar es necesario entender, comprender y desenredar cuales
son los “acuerdos tácitos” que existen en las sociedades que mantienen
esta distribución de roles que perpetúan la situación de vulneración
de derechos en la que se encuentran las mujeres.
En Bolivia le apostamos a los derechos sexuales, derechos
reproductivos y el derecho a una vida libre de Violencia. Derechos
que en estos momentos están siendo cuestionados por sectores
conservadores. En relación a la cuestión de la violencia de género
parece que se ha generado un consenso en torno a que no es deseable
para una sociedad padecer este mal aunque sea aún a un nivel muy
discursivo. Cuando hablamos del derecho a vivir una sexualidad sana,
segura y placentera sin duda hay mucho camino por recorrer a ambos
lados del atlántico. La información en torno a la sexualidad es limitada
y llena de prejuicios. El tercero de los derechos en el que queremos
hacer énfasis son los reproductivos. Aún muchas mujeres no ejercen
su derecho a decidir cuando, con quién y de forma que no se ponga
en riesgo su vida. En Bolivia en un reciente estudio encargado por
Solidaridad internacional aparecía el dato que sólo el 50% de las
mujeres encuestadas deseaban haber tenido su último hijo/a.
En nuestro día a día tratamos de cooperar con organizaciones muy
diferentes en Bolivia a la hora de entender cuales son los problemas
que enfrentan las mujeres y las causas de los mismos. Algunas ONG
tienen un compromiso de años con el feminismo y tienen muy claro
que para que las mujeres avancen en la sociedad es necesario romper
con un sistema patriarcal enraizado desde hace tiempo. Otras ONG
han llegado al género como requisito de la cooperación internacional
si bien han comprendido que esta variable de género determina la
situación y posición de una persona en un determinado contexto
como el boliviano. Por último encontramos a organizaciones de base
42
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Equidad de género
indígenas donde su análisis de la discriminación va más ligado a la
variable indígena. Estas últimas han incorporado el género dentro
de su análisis de la situación de las mujeres pero con sus propias
peculiaridades.
Como Solidaridad Internacional tenemos nuestras propias
intuiciones al respecto y tenemos muy claro que debemos respetar y
entender la posición de nuestras socias. El diálogo con cada una de
nuestras socias es clave a la hora de impulsar los proyectos. Diálogo
respetuoso hacia nuestra organización socia para entender el porqué
de sus apuestas. Si queremos avanzar en la situación de las mujeres
debemos ser capaces de llegar más allá de las instituciones aliadas
y convencidas. Estamos hablando de problemas de las sociedad
en su conjunto que requieren de la participación de los diferentes
estamentos de la sociedad: estado, organizaciones de base, ONG…
para que realmente logremos avances significativos.
El género como categoría analítica, política y sociocultural, que
permite cuestionar la masculinidad y feminidad como categorías
naturales, entendiendo que el conjunto de características, roles y
valores que se atribuyen a mujeres y hombres en una determinada
sociedad son construcciones sociales legitimadas desde el estado y las
instituciones sociales a través de leyes, políticas, normas, prácticas, etc.
Javier
Cooperante de Solidaridad Internacional en Bolivia.
43
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Urui Basu
Homenaxe a Urui Basu, muller india
que adica a súa vida ao que ela chama
un sono, unha misión: coidar os fillos e
fillas das prostitutas do barrio vermello
de Khaligat e darlles a posibilidade de
ter un futuro mellor.
Una sola vida salvada de la prostitución
ya da sentido a todo mi trabajo”
URUI BASU
Paloma Brosky Constentino
e Nerea Couso do Cabo
IES Ames (A Coruña)
Curso: 3º ESO E
44
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
45
TECENDO HISTORIAS DE MULLER
Obxectivo 3:
Promover a equidade entre os xéneros e a autonomía
da muller. (Setembro 2000, Cumio do Milenio)
www.solidaridadgalicia.org/sensibilizacion/tecendo-historias-de-muller