DATOS BIOGRÁFICOS DE LUIS LAMELA

Transcripción

DATOS BIOGRÁFICOS DE LUIS LAMELA
Proposta de publicación dun libro fotográfico sobre os petroglifos de Galicia
TÍTULO: “Os petroglifos de Galicia”
AUTORES: Xulio Gil (fotografías)
Antonio de la Peña Santos (textos)
CARACTERÍSTICAS:
300 páxinas
260 ilustracións
Impresión a catro tintas
Encadernación en capa dura con título gravado en estampación e sobre cuberta a catro
tintas
Dispoñible en galego, castelán, inglés, francés e alemán
Custo por unidade: 40 €
CONTIDO:
Froito do encargo de Edicións A Nosa Terra, durante meses de traballo e baixo a dirección
científica de De la Peña Santos, o fotógrafo Xulio Gil percorreu Galicia fotografando
profesionalmente os máis reseñábeis petroglifos.
O resultado é un traballo de enorme calidade plástica que sitúa a súa posterior plasmación
editorial nun lugar inédito e nunca abordado pola complexidade de localizacións e calidade de
fotografía.
Galicia ten unha arte rupestre plasmada sobre a superficie dos penedos de granito e en máis de
dous milleiros de penedos. Unha manifestación que utiliza un repertorio de figuras e de signos
relativamente amplo e que se plasma sempre tendo en conta iconografías específicas.
Unha peculiar forma de arte, vista no seu conxunto, conforma un foco espectacular na Europa
Atlántica e que, inxustamente, aínda é pouco coñecida e valorada. Moi poucas son as culturas
humanas que non deixaron testemuñas do seu paso pola Historia en forma de gravados ou de
pinturas sobre rochas ao aire libre mais no caso de Galicia convértese nunha aportación única
entendida como un sinal de identidade que nos pon en valor no contexto da arte internacional.
OPORTUNIDADE DA OBRA:
Da estreita colaboración entre o arqueólogo De la Peña e o fotógrafo Xulio Gil nace esta obra
destinada a converterse na máis rigorosa referencia visual dos petroglifos galegos no panorama
editorial mundial.
Un amplo número de investigadores de diversa procedencia, encabezados por Antonio de la
Peña Santos, leva décadas dedicados ao estudo dos petroglifos e engadindo escalóns á escada
do coñecemento sobre eles. Aínda así, hoxe por hoxe, non existe un traballo fotográfico de
referencia e calidade sobre os gravados rupestres que recolla con rigor gráfico un dos sinais de
identidade máis fortes e diferenciais de Galicia. As máis das veces as reproduccións de
petroglifos foi reservada a fotografías de campo realizadas polos mesmos arqueólogos sen que
estás cumpriran os requisitos precisos para a calidade dunha posterior reproducción editorial.
CURRICULUM DOS AUTORES:
Xulio Gil é un acreditado especialista en fotografía e colaborador en diversos proxectos editoriais
de arte para distintas editoriais galegas e internacionais. Autor fotográfico, ten realizado así
mesmo numerosas exposicións da súa obra e publicado libros coas súas propostas artísticas.
Antonio de la Peña Santos é o maior especialista internacional e gravados rupestres galegos.
Autor de obras de referencia sobre a temática, ten publicado igualmente numerosos libros e
centos de artigos. É Arqueólogo titular do Museo de Pontevedra
A continuación achéganse as vinte primeiras páxinas da maqueta.
Petr oglifos
de Galicia
© Proxecto e características técnicas da edición:
Promocións Culturais Galegas S. A.
© Polo texto: Antonio de la Peña Santos
© Polas fotografías: Xulio Gil
Deseño gráfico: Sen tempo non era
I.S.B.N.
Depósito Legal
Impresión e acabamento: Norprint Artes Gráficas, S. A.
Petr oglifos
de Galicia
Fotografías
Xulio Gil
Texto
Antonio de la Peña Santos
Pé de foto
C
omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para
texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional
ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo
omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para
texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional
ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva
para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para
texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto
institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo
omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou
representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para
texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto
institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ
oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou
representativo texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou
representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para
texto institucional ou representativ oomo reserva para texto institucional ou representativo omo reserva para texto institucional ou representativ oomo reserva para texto
institucional ou representativo .
Nome apelidos
Institución
Pedras gravadas ao sol
Antonio de la Peña
F
oi algo que aconteceu hai uns catromil anos. Sabemos que por aqueles remotos tempos este recuncho territorial que coñecemos co nome de Galicia estaba habitado por unha vella sociedade de
campesinos heredeira da gran cultura megalítica do Neolítico. Unha sociedade antiga, si, pero que malia
o seu primitivismo fora quen de acadar un nivel de desenrolo intelectual moi significativo e de artellar
un entramado simbólico e ideolóxico sumamente complexo; un universo espiritual que hoxe podemos
chegar a albiscar cando nos adentramos na observación e análise da manifestación cultural máis evidente, do legado máis visible que nos deixou esa sociedade desaparecida hai milenios: a arte rupestre ao aire
libre.
Unha arte rupestre plasmada sobre a superficie dos penedos de granito, sobre máis de dous milleiros
de penedos. Unha manifestación que utiliza un repertorio de figuras e de signos relativamente amplo e
que se plasma sempre tendo en conta unhas normas iconográficas sorprendentemente ríxidas. Estamos,
xa que logo, diante dun tipo moi peculiar de arte rupestre; o suficiente para que, visto no seu conxunto,
conforme un foco cando menos tan interesante e espectacular coma outros similares da Europa Atlántica -inxustamente- moito máis coñecidos e valorados. De calquer xeito, se cadra tampouco estaría de máis
recoñecer que esta nosa arte rupestre, xa polo simple feito de compendiar no seu interior un repertorio
temático de características tan especiais e tan singulares -das que faremos mención de seguido- que fan
dela un fenómeno excepcional, podería e debería ser considerada sen demasiadas dificultades coma a
manifestación cultural máis orixinal, peculiar e representativa dentre todas as que se teñen producido
nestas terras ao longo dos tempos.
Moitos e meritorios son os intentos que se levan feito para tentar achegarse ao fondo deste fenómeno tan complexo, e non son menos as teorías propostas para intentar comprendelo e explicalo. Sen que
se teña acadado un consenso total. De feito, hoxe por hoxe tan só podemos estar seguros dunha cousa
moi concreta: que as figuras gravadas nos petroglifos galegos representan algo moitísimo máis fondo e
complexo do que poideran aparentar á simple vista. Tras de cada figura, tras de cada escea, se agocha o
complicado mundo das crenzas. Un mundo no que se misturan o simbólico e o ideolóxico, o sagrado e o
profano; un universo intelectual no que as imaxes máis recoñecibles é moi probable que tiveran ademáis
unha forte compoñente mitolóxica.
9
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
Imaxes dunha linguaxe desaparecida. Dunha linguaxe simbólica que se orixinou e se “falou” nesta terra durante máis de mil anos e da que, para a nosa desgracia, descoñecemos o seu “libro de claves”. Porque damos por acreditado que estamos na presencia de símbolos, e é máis que sabido que os símbolos
tan só teñen a súa explicación, o seu sentido último, no contexto sociocultural que os produce e os xestiona. Cando ese contexto desaparece ou se transforma, o normal é que se leve inevitablemente con el a
explicación, o sentido, o “manual de uso” do seu entramado simbólico. De modo que tratar de interpretar unha determinada producción simbólica dende un contexto cultural tan radicalmente diferente coma
por forza ten que ser o actual é un traballo tan delicado como de dubidoso éxito. Parece claro. Pero malia recoñecermos as importantes eivas e dificultades, non é menos certo que en última instancia sempre
nos quedarán as imaxes da nosa arte rupestre, coa súa potente expresividade. Anque non podamos chegar nunca a averiguar con absoluta seguridade qué era o que querían transmitir aquelas xentes de hai
catro milenios, nos queda polo menos o consuelo de poder gozar coa forza da plástica en si mesma, da
expresividade das figuras, e, por suposto, sen minimizar nin moito menos a forte atracción que exerce o
misterio que envolve esta misteriosa manifestación cultural.
Lembremos: moi poucas son as culturas humanas que non deixaron testemuñas do seu paso pola Historia en forma de gravados ou de pinturas sobre rochas ao aire libre. E se falamos dos tempos da Prehistoria Recente, poderemos ver que os focos culturais da Europa que mira cara ao Atlántico non foron para
nada alleos a este fenómeno.
Polo que a nós respecta, o que posiblemente importe máis é constatar que se observamos no seu conxunto os focos europeos con arte rupestre prehistórica ao aire libre, a conclusión inmediata é que o galaico debería de ocupar un posto destacado tanto pola súa calidade xeral coma pola espectacularidade
das súas manifestacións, pola súa diversidade e abundancia. Aínda máis: cada día que pasa vanse descubrindo novas rochas con gravados, acrecentándose deste xeito o patrimonio cultural galego. E iso que,
por máis que poda sorprender, hai á penas dous séculos ninguén tiña a menor idea da existencia desta
arte rupestre.
Bueno, non era exactamente así. Saberse, se sabía. O que pasa é que non se lle concedía maior importancia. Sabíano moitos campesiños naqueles tempos nos que, á diferencia do que sucede hoxe, o monte
era obxecto de aproveitamento económico e polo tanto frecuentado a cotío polos labregos. Eses paisanos, que adoitaban facer de calquera espacio, elemento natural o artificial, etc., que lles parecese “raro”
ou alleo ás súas formas de vida, o lugar de ubicación dos seus mitos e creencias, sorprende comprobar ata
qué punto pasaron por alto as rochas con gravados rupestres prehistóricos; unhas rochas que está claro
non lles chamaron demasiado a atención e por elo as foron atribuíndo dun xeito sistemático e un tanto
despectivo á obra de “tolos”, de “pastores desocupados”, de “rapaces”… O mesmo campesiño que ficaba abraiado, mesmo desacougado, diante do montón de terra do túmulo dunha mámoa e inmediatamente a atribuía aos “mouros” e comezaba a volcar sobre ela todo o seu rico mundo de mitos, de creencias; ese paisano, que faría o mesmo no caso dun penedo de forma especial, ou dunha pedra que tivera
unhas fendas rechamantes…, ese mesmo paisano, cando atopaba no medio do monte unha gran pedra
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
10
coberta de círculos e de figuras de cervos, ao máis que chegaba era a darlle un nome. Ou -faltaría máisa pensar que agochaba no seu interior un tesouro e que os debuxos eran as marcas que así o sinalaban.
Pero nin se lle pasaba pola cabeza supoñer que o petroglifo era “cousa de mouros”; se cadra, porque as
imaxes que miraba gravadas non lle eran alleas dabondo: calquera do seu “mundo” podería facelas. Non
tiñan que ser, necesariamente, obra de xente allea á súa cultura. Logo non lle dicían nada.
O paisano deixaría á pedra e aos seus debuxos no mundo “dos tolos”. Agás nun único caso: que as figuras gravadas fosen dun tipo especial, moi concreto… e relativamente recentes; tan recentes que ben
dun xeito consciente ou inconscientemente aínda conservaba unha certa memoria da pedra e do seu
“uso”. Isto é algo que adoita suceder neses conxuntos nos que aparecen numerosas figuras cruciformes
ou en forma de ferradura; neses petroglifos que hoxe se sabe con seguridade que foron gravados en tempos históricos por diversas causas e que o labrego moitas veces atribuirá ás “pegadas do cabalo do Apóstolo”. O campesiño moderno volcou o seu mundo mítico sobre os conxuntos rupestres máis modernos,
sobre os elaborados en tempos plenamente históricos; mentres, aos conxuntos rupestres prehistóricos,
que son os que agora nos interesan, non lles prestou a menor atención. E a explicar os motivos de tan
singular comportamento deberán aplicarse os antropólogos, sobre todo cando comprobamos que dun
tempo a esta parte estase a producir un fenómeno ben sorprendente: a atención prestada polos estudiosos e polos medios de comunicación a certos conxuntos de arte rupestre están logrando o que non sucedera antes, que o paisano comece a interesarse agora por estas pedras con petroglifos, a valoralas… e
a dotalas -a estas alturas- de folklore de tipo tradicional. Xa temos “pedras dos mouros”. Témolas sobre
todo dende a segunda metade do século XX. Máis exactamente, dende que a actitude dos visitantes de
fóra acabaron por excitar a curiosidade e a imaxinación dos paisanos.
Feitas as anteriores reflexións, estamos en situación de afirmar que ata hai pouco máis ou menos século e medio nada se sabía da existencia da nosa arte rupestre nos ambentes da erudición. Habería que
agardar á segunda metade do século XIX, cando autores coma Barros Sivelo e Murguía tomaron a decisión de incluir nas súas obras máis significativas os debuxos -un tanto fantasiosos, hai que dicilo- dalgún
que outro petroglifo. Eles foron os verdadeiros precursores. Agora ben: sendo eso así, o mérito real de
que a comunidade científica chegase a coñecer e a admitir sen mayores reservas a existencia dun grupo
específico de arte rupestre ao aire libre nas terras do Noroeste é de xustiza facelo recaer no labor dos
membros da Sociedad Arqueológica de Pontevedra durante os anos de transición entre os séculos XIX e
XX. Baixo a dirección de Casto Sampedro Folgar, o malogrado artista Enrique Campo Sobrino debuxará
con precisión milimétrica un número significativo de petroglifos; mentres, Ramón Sobrino Buhigas compilará e dará ao prelo o primeiro catálogo e síntese científica dignos de tal consideración. Gracias á obra
destes persoeiros, o recoñecemento oficial da arte rupestre galega estaba feito.
Dende entón, toda unha chea de investigadores de desigual categoría e diversa procedencia iralle engadindo escalóns á escada do coñecemento. Ata chegar ata hoxe, cando podemos observar ata qué punto vai tomando carta de natureza a consideración dos gravados rupestres coma un dos sinais de identidade máis fortes de Galicia e do galego.
11
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
E qué é o que sabemos?. Se optamos por unha aproximación ao tema observando dende fora á dentro, o primeiro que chamará a nosa atención será comprobar que os nosos complexos de gravados rupestres non aparecen distribuidos polo territorio galaico dun xeito uniforme. O carácter marcadamente
costeiro deste foco de arte rupestre, e máis en concreto a súa concentración preferente nas terras do que
coñecemos como comarca natural das Rías Baixas, son dous feitos hoxe por hoxe tan rechamantes como
incontestables. A proximidade ao Océano será unha constante da arte rupestre galaica.
Acheguémonos, pois, ao espacio xeográfico onde naceu e se desenrolou a nosa arte rupestre; a ese territorio escollido polos campesiños de hai máis de catromil anos para deixar constancia sobre o duro granito do seu universo espiritual, a fin de contas, do seu nivel de desenrolo intelectual. Qué atopará o visitante interesado polo tema?.
O máis probable é que o primeiro que faga o visitante cando chegue ao lugar con arte rupestre será
observar o entorno natural. Mirará eses outeiros festoneados de rochas de granito que asoman por entre os matos e tratará de imaxinar como sería esa mesma paisaxe hai catro ou cinco milenios. Naquela
época na que o mato e o clima eran ben diferentes aos de hoxe e a paisaxe estaba máis aberta, as temperaturas medias e as precipitacións eran menores cas de hoxe, as masas arbóreas de especies autóctonas
ocupaban espacios moi concretos, e os afloramentos rochosos aínda non sufriran a merma ocasionada
por miles de anos de actividade sistemática dos canteiros. Cando os espacios entre os outeiros aínda non
estaban tan colmatados polos depósitos aluviais… E mentres pensa nesa paisaxe tan diferente que acollería asimismo unha fauna tamén diferente, nese medio ambente que tanta influencia tería exercido sobre o desenvolvemento económico dos grupos de campesiños responsables dos gravados, o visitante vaise achegando a un deses outeiros con arte rupestre.
Certos detalles lle parecerán un tanto chocantes. Buscará as rochas con gravados e en non poucas ocasións se sorprenderá: por qué non é quen de atopar figuras sobre esas pedras tan aparatosas e visibles,
precisamente sobre esas que lle parecen tan axeitadas para gravar os petroglifos de xeito que poidesen
ser vistos sen maiores dificultades á certa distancia?. En troques, ficará por reparar na superficie dunha
rocha pouco visible, medio agochada a ras de chan, pouco menos que oculta polo mato que lle medra
nas marxes; unha rocha na que por debaixo da capa de suciedade, dos líquenes e dos musgos, pódese adiviñar con non pouca dificultade a presencia de certos surcos gravados que parecen definir figuras.
Pouco a pouco, os ollos do visitante iranse facendo á situación. Mentres retira no posible os efectos acumulados polo abandono secular, irá descobrindo as figuras gravadas e preguntándose ao tempo qué moveu aos autores a despreciar en tantas ocasións os penedos que a el lle parecen millores para se centrar
naquela pedra medio escondida; por qué en tantos casos non se tomaron a máis mínima molestia para
lograr que a súa obra poidera ser vista na distancia; por qué a sensación é que fixeron todo o contrario.
E se a obra, a dificilísima obra, non se fixo para que a miraran con facilidade os humanos… por qué -e
para quén- se fixo?.
E logo está o asunto da técnica utilizada polos autores da nosa arte rupestre: o gravado. Poidendo
como podían plasmar as figuras cun método barato, simple, eficaz e rápido coma poidera ser, poñamos
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
12
por caso, a pintura, o caso é que tomaron a decisión de facelo mediante un sistema moito máis costoso,
complicado, lento e, sobre todo, dificultoso: o gravado; ainda máis se temos en conta que estamos a falar dun tipo de pedra de tanta dureza coma é o granito e que ese gravado se faría sen contar cun instrumental metálico axeitado, empregando por forza para elo outra pedra. Parece bastante sensato imaxinar que se optaron pola técnica do gravado debeu de ser obrigados por algo que para eles por forza
tiña que ter suficente importancia coma para compensar a onerosa inversión económica que se habería
de destiñar á elaboración da obra, tanto en forma de simple esforzo físico coma de tempo invertido no
traballo; e non se nos ocurre outra explicación racional que non sexa un marcado interese pola perduración da obra, por trascender o paso do tempo: unha pintura –máxime se está emplazada ao aire libre- é
efímera; un gravado sobre granito, en principio, non. Pode que por ahí vaia a cousa.
Mentres as figuras van saíndo á vista, o visitante poderá preguntarse polos autores dos gravados. Sabe
o que lle teñen informado os arqueólogos e outros coñecedores do tema: que se trataría de individuos
integrados nunhas comunidades de campesiños que terían acadado un respetable nivel de desenrolo intelectual e que baseaban o meollo da súa economía na agricultura e a gandeiría, cun certo peso dos intercambios. Que esas comunidades asentadas na comarca das Rías Baixas parece ser que seguían daquela a practicar un ancestral ritual de enterramento de tipo colectivo no interior de vellos monumentos
megalíticos. Que mantiñan contactos razoablemente frecuentes e intensos co exterior, e que esas relacións -nomeadamente asentadas sobre o intercambio de mercaderías e de materias primas- chegaban ata
puntos moi, moi afastados; tan lonxanos coma poden ser as Illas Británicas ou mesmo os focos culturais
do Mediterráneo oriental. E que en boa medida por mor deses contactos foron quen de intensificar a producción agraria e a desenrolar unha actividade tecnolóxica que andando o tempo chegaría a acadar a
condición de trascendental para a súa economía: a metalurxia do cobre, do ouro e da prata.
Sabe tamén que esas comunidades de campesiños andaban por aqueles tempos metidas de cheo nun
marcado proceso de desenrolo socioeconómico e demográfico. Nunha fase de cámbio social. Que o crecemento económico derivado da intensificación dos intercambios co exterior e da introducción en paralelo dun conxunto de melloras tecnolóxicas na agricultura trouxera como consecuencia inmediata un
incremento dos excedentes, da poboación, dos territorios de actividade económica e, por suposto e
como non podía ser doutro xeito, das inevitables tensións sociais: da desigualdade social. A investigación arqueolóxica acredita a presencia nestas terras de elites que, anque poideran afundir as súas raíces nas etapas previas, o feito seguro é que dende agora irán experimentando un considerable e rápido desenrolo.
Porque aquel era un mundo en transformación, en pleno crecemento intelectual. E sucedeu que no medio e medio deses tempos de conflicto e de apertura ao exterior, posiblemente coma froito desas mesmas
tensións sociais, faría acto de presencia e medraría esta espectacular manifestación cultural que é a arte
rupestre ao aire libre. Por eso o visitante, que é sabedor do que acabamos de afirmar, ten ben clara unha
cousa: que se o que pretende é achegarse un chisco á comprensión do que significou no seu momento a
arte rupestre, do que a sociedade responsable dela pretendía expresar con ese recurso, non lle quedará
13
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
outro remedio que tratar de coñecer previamente os resortes intelectuais e os contextos socioeconómico
e ambiental nos que se desenvolveron os seus autores.
O panel con gravados vai tomando forma, en todo o seu esplendor, diante dos ollos do visitante. Un
conxunto de figuras de tipo xeométrico aparece ocupando a superficie da rocha, mesmo adaptándose ás
súas irregularidades: puntos, combinacións de círculos concéntricos en todas as variantes que poidamos
imaxinar, algunha espiral…. Illadas ou enguedelladas por medio de surcos e trazos varios, as sombras proyectadas polos raios oblicuos do sol van facendo emerxer do duro granito unha chea de imaxes que ao
espectador pode parecer á primeira vista caótica. E o visitante, abraiado, farase máis unha vez a eterna
pregunta: o por qué e o para qué de todo aquelo. Sabe de sobra que eses mesmos temas xeométricos repítense, con moi pucas variantes formais, dun lado ao outro do territorio rupestre galaico. Mesmo chegan a ser habituais, pouco menos que tema exclusivo, en complexos rupestres moi semellantes das Illas
Británicas. Coma se existise unha vía de comunicación directa e un código iconográfico moi ríxido. Entón:
por qué?. E, sobre todo: para qué?.
As explicacións máis simples acuden con rapidez: poderían ser mapas…; ou, se cadra, o firmamento
cheo de estrelas e de soles…; ou serán algo así coma o efecto das gotas da choiva caíndo nun estanque…
A educación moderna e occidental do espectador está condicionando a súa interpretación, e como o visitante é intelixente e se decata delo, rexeitará de entrada as hipótesis. Terá que recoñecer con humildade, xa que logo, o pouco probable que resulta pensar que podamos ser quen algún día a dar co significado orixinal deste conxunto de figuras xeométricas. Deste repertorio que, para colmo de desgracias,
resulta que é o máis abundante, coñecido e extenso. E que ofrece unha afinidade tan flagrante cos focos
rupestres das Illas Británicas.
Pensará entón nesas sociedades primitivas nas que certos individuos moi concretos e relevantes, caso
por exemplo dos coñecidos co nome de chamáns, logo de inxerir sustancias alucinóxenas e practicar rituais concretos, entraban nun trance durante o que afirmaban contactar coas potencias superiores, co inframundo. Logo da viaxe, e unha vez recuperado o nivel de consciencia, o chamán deixaría constancia
das súas visións.
Poderían estar estas imaxes dos nosos gravados relacionadas con algunha actividade semellante?. Con
rituais baseados en estados alterados da consciencia?. Pode ser que haxa algo desto. Pero anque neste
eido nos teñamos que mover no medio das hipóteses, o que parece verdadeiramente seguro é que estannos a falar da existencia dunha sociedade que tiña acadado un nivel de desenrolo intelectual suficente
para lle permitir descifrar e difundir o simbolismo dunhas figuras que hoxe cando menos nos atraen pola
súa poderosa forza plástica.
Por fin é quen o espectador de distinguir figuras que pode asociar sen demasiados problemas a imaxes
de seres reais. Entrará agora no territorio iconográfico que vai singularizar o foco galego de arte rupestre fronte aos seus semellantes da Europa Atlántica: os temas de tipo figurativo. Poderá ver debuxos de
animais, de cuadrúpedos. Pero son figuras de deseño tan simple, están gravadas con tal economía de detalles, que lle resultará pouco menos que imposible identificar a especie representada en cada caso. Ata
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
14
que a percepción do que sen lugar a dúbidas é unha magnífica cornamenta chea de candís lle fará caer
na conta: son cervos. Ou, para sermos máis precavidos e falar con precisión: cérvidos.
Os cérvidos, os animais dos gravados galaicos. Prácticamente, os únicos que foron representados. E,
unha vez máis: por qué?. Por qué, agás moi contadas escepcións, na nosa arte rupestre ao aire libre
tan só foron plasmadas imaxes de cérvidos cando sabemos de sobra que naqueles tempos existían outros animais que en principio podemos catalogar de máis feroces ou de maior interese económico?. A
resposta máis inmediata e obvia sería que para os autores dos gravados esa especie concreta de cuadrúpedos estaría provista dunha considerable carga simbólica que a faría singular. Posiblemente sexa
algo así.
Por eso será que vemos petroglifos nos que as figuras de cérvidos aparecen en flagrante asociación cos
círculos e coas espirais, formando un todo simbólico que nos evoca certos mitos solares nórdicos.
Xurden esceas relacionadas coa vida natural: grupos de cérvidos camiñando ou trotando mantendo
unha liña xerárquica; greas merodeando polo territorio, coma se fosen fotografías dunha reportaxe de
Naturaleza… Ou non tanto: cando observamos máis polo miudo podemos ver certos detalles que suxiren
que nalgúns paneis non se tratou de plasmar a vida natural tal cal era senón máis ben tal e coma ao autor lle gostaría que fose. Esa evidente desproporción no número de cérvidos machos representados fronte ás femias que se pode ver en non poucos petroglifos, sumado á sorprendente exaxeración posta en
acentuar os distintivos de sexo así parecen dar a entendelo, xa que en ambos os dous casos serían aportación voluntaria do autor. A eterna loita dos sexos se resolvería na nosa arte rupestre, de novo, en favor
do masculino.
Precisamente, as actitudes relacionadas co comportamento sexual están moi presentes nas representacións de cérvidos: as cornas desproporcionadamente grandes e ateigadas de candís, os atributos masculinos explícitos… sen esquecer as esceas de comportamento proprias do ciclo reproductivo: a berrea, os enfrontamentos entre machos, os cheiros de xenitais, as montas…
Logo, resumindo, hai elementos de xuicio suficentes para dar por certo que para a sociedade autora
dos gravados o cervo era un animal cheo de simbolismo; un animal, cando menos, bon para pensar.
E bon por suposto para comer. Porque, anque non os únicos, tamén eles eran cazados. Sabémolo pola
investigación arqueolóxica. E podemos velo representado na arte rupestre.
Algúns cérvidos aparecen plasmados con armas cravadas sobre o seu lombo. E por veces atopamos xunto a eles figuras de seres humáns en actitude de cazalos. Seres humáns de trazos moi simples, desprovistos do menor detallismo anatómico, pero que foron representados perseguindo aos venados mentres lanzan sobre eles os seus venablos ou lles disparan frechas. Ou que semellan danzar xubilosos diante dunha
peza abatida.
Son cazadores. Cazadores de caza maior. Cazadores só e nada máis que de cérvidos. Unha vez máis, atopamos argumentos para falar do carácter simbólico do cervo. Só o cervo e a súa caza acadarían a categoría, o prestixio social suficente coma para entrar a formar parte do universo simbólico da comunidade
humana e de pasar a formar parte sustancial da súa arte rupestre.
15
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
Cazadores representados camiñando… E cazadores cabalgando. Unha nova especie animal entra na escea: o cabalo. E o fará sempre da man do ser humano. Cabalos de longa e mesta cola co seu xinete cabalgando sobre a grupa. Un xinete á penas esbozado, case que sempre sen lle marcar as pernas, pero que
agarra cunha man ou cunha brida a cabeza do animal mentres coa outra exhibe unha arma arreboladiza. Un xinete que adoita irrumpir no medio da manada de cérvidos e ocasionar un verdadeiro caos, rompendo xa que logo a orde natural das cousas.
A información, cegados a este punto, vaise amoreando: o que temos diante de nós agora é o ser humán, o home, que aparece representado desempeñando unha actividade moi concreta: a caza maior.
Unha actividade de claro prestixio social. Reservada tamén ao estamento masculino da sociedade. Exactamente igual ca no caso da monta de cabalos. Non hai imaxes de labregos, nen de mariñeiros, nen de
gandeiros… Moito menos, de mulleres. Tan só de cazadores de caza maior e de xinetes. Por qué?.
Sorprende tamén comprobar un curioso fenómeno: a maior parte destas esceas de caza se plasmaron
sobre paneis inclinados e relativamente ben visíbeis. Exactamente o contrario do que sucede na maior
parte dos petroglifos de tipo xeométrico. E non é casualidade, se trata sen lugar ás dúbidas dun acto voluntario dos autores, que, agora si, querían que estas esceas en concreto resultasen ben visíbeis. E da a
casualidade de que nestas esceas o protagonista absoluto é o ser humán, o home. Non pode ser casual.
Pero calquera ser humán?. En absoluto. Os representados serán seres humáns moi concretos: xinetes e
cazadores de caza maior. Varóns, con total seguridade. Homes destacados dentro do seu grupo social. Reais ou míticos, tanto ten. A política e a propaganda xa unidas daquela?.
Non é en absoluto descabellado pensar nelo. De certo, é máis que seguro que os homes que aparecen
cazando e cabalgando nestes paneis tan visibles sexan os mesmos que estaban por aqueles tempos en condicións de adquirir e de exhibir as máis antigas armas de metal coñecidas no NW peninsular, as primeras
armas de cobre. Esas mesmas armas que o visitante pode admirar gravadas no duro granito galego.
Puñais. Espadas. Alabardas. Seguramente escudos. A panoplia do guerreiro do III Milenio aC. Imaxes sacralizadas do armamento máis sofisticado do momento. Obxectos de enorme valor material -e, obviamente, simbólico-, ao alcance polo tanto de moi poucos individuos. Ao alcance tan só deses mesmos persoeiros que vemos cazando cervos e cabalgando?. Outra vez da man a política e a propaganda?.
Seguramente. É o poder material. É a representación do poder secular nunha sociedade de campesiños.Porque son armas reais. Coñecémolas ben. Podémolas ver exportas nos nosos museos. Podemos tocalas, mesmo analisar a súa composición, as súas características tecnolóxicas. Son esas mesmas armas coas
que adoitaban facerse enterrar eses persoeiros destacados. Uns persoeiros que por certo dispuñan de
tumbas individuais mentres o resto da comunidade seguía a compartir os vellos panteóns colectivos do
xa decadente Megalitismo. Uns persoeiros cun poder económico e material dabondo para lles permitír un
acceso privilexiado ao coñecemento e ao Máis Aló, que se terían beneficiado do produto das milloras introducidas daquela na tecnoloxía graria e que terían acumulado non poucas riquezas materiais e simbólicas. Uns individuos que son a viva imaxe do cambio social que se estaba a producir: cazadores, xinetes
e guerreiros no seo dunha sociedade de campesiños en expansión.
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
16
Sí. Unha sociedade de campesiños en pleno proceso de desenrolo e con amplas relacións co exterior.
Coas comunidades da orla atlántica europea e, incluso e moito máis importante, coas culturas do corazón do Mediterráneo.
Cómo, se non fora así, poderíamos explicar a presencia nos nosos gravados dun tema tan fondamente
mediterráneo coma é o do labirinto de modelo cretense?. Xa son seis os petroglifos nos que aparece esta
complicadísima figura que milenios máis tarde os romanos farán súa e porán en relación directa co mito
do labirinto que o rei Minos de Creta mandóu que lle levantara Dédalo para encerrar ao Minotauro,
aquél monstruo metade home, metade touro, froito dos amores desordeados da raíña Pasifae cun toro
sagrado; aquel ser que Teseo conseguiría matar servíndose da axuda de Ariadna?. Pode entenderse a presencia aquí deste símbolo dende hai algo así coma catro milenios sen pensar en contactos frecuentes e
significativos co Mediterráneo?.
E qué podemos dicir deses navíos gravados nos petroglifos de Oia?. Dese navío que comparte panel
cunha grea de venados en marcha. Navíos de tipoloxía mediterránea, gravados –o que é máis significativo- con criterios estéticos tamén mediterráneos. Navíos debuxados nuns penedos galegos por alguén moi
familiarizado coa plástica mediterránea e coa tecnología naval. Pode ficar algunha dúbida?.
O interesado pola arte rupestre galaica meditará sobre todo o que levamos visto. A súa consideración
inicial sobre este fenómeno pode que teña mudado: agora saberá que é algo moito máis fondo ca o que
pode ser unha simple manifestación plástica. Non lle caberán dúbidas ao respeito. Todo o que acaba de
ver semella encaixar razoablemente ben no seo dunha sociedade dinámica e en crisis de crecemento.
Dunha sociedade campesiña na que daquela, hai pouco máis ou menos catromil anos, andaban a despuntar unhas élites. E lle satisface comprobar cómo pode rastrexarse a presencia e as características máis
sobranceiras desa arcaica sociedade observando a manifestación cultural máis relevante que nos legaron:
a arte rupestre ao aire libre, a arte rupestre galaica.
17
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
18
Pe de foto
19
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
P ETROGLIFOS DE G ALICIA
20

Documentos relacionados