unidad bachillerato gallego

Transcripción

unidad bachillerato gallego
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 1
móvete
en
Rede
por unha Cidadanía para a Solidariedade Global
Guía didáctica
Mozos
Organiza:
Colabora:
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 2
1. A educación
´ para o desenvolvemento
´
Educando para unha Cidadanía
Solidaria.
O desafío de educar nun mundo globalizado
{
“Os nosos nenos, nenas e mozos xa non poden educarse tendo como referencia exclusiva a
súa vila ou cidade, a súa comunidade autónoma e nin sequera o seu propio país. Deben
educarse recoñecendo un mundo cada vez máis interdependente a nivel global e valorando o
enriquecemento que supón a apertura a culturas ou realidades diferentes”. CONGDE (2005)1
Coa educación trátase de formar homes e mulleres que sexan quen de vivir en plenitude e con
dignidade, asumindo responsablemente a súa condición cidadá. Fe y Alegría (2003)2
O mundo cambiou de xeito extraordinario e rápido no último medio século. Hoxe por hoxe, no mesmo día a día, constatamos que vivimos nun mundo globalizado. Desde a comunidade educativa ampla, formada por pais, nais, profesionais
da educación, mozos, ONG, sindicatos..., poderiamos pensar en: que supón este feito de cara á formación das novas
xeracións?
O espazo de referencia no que nos movemos ampliouse dun xeito sen precedentes na Historia, ao se reduciren as
distancias espazo-temporais e ao configurar a denominada “aldea global”. Con iso, as decisións e os asuntos que nos
afectan transcenden en moitas ocasións o límite do Estado-Nación que define o estatus de cidadanía.
Neste sentido todos e todas as habitantes do planeta compartimos presente e futuro, e conformamos unha comunidade
que tamén supera estas fronteiras. De aí a necesidade da noción de 'cidadanía global', que abre a porta á pertenza ás
distintas comunidades que nos afectan de maneira significativa (Mesa, M. 2003)3.
A formación sobre as virtudes cívicas, sobre os valores democráticos e a pertenza a unha comunidade, terían que ter
en conta esta dimensión global da cidadanía.
Polo tanto, o fenómeno da globalización preséntanos un desafío: promover o desenvolvemento de cidadáns e cidadás
responsables que actúen consecuentemente cuns valores centrados na solidariedade e a xustiza social; a diversidade
cultural, a inclusión, o respecto ao medio natural e a convivencia participativa e pacífica, tanto no local coma no
global.
Hoxe a cidadanía responsable e activa implica ser Cidadáns e Cidadás do Mundo.
1 Coordinadora de ONG de Desarrollo de España (2005). Educación para el Desarrollo: Una estrategia de Cooperación imprescindible.
2 Fe y Alegría (2003). La globalización: formas, consecuencias y desafíos. Fe y Alegría y Fundación Santa María, Caracas.
3 Manuela Mesa y otros (2003). Educar para la ciudadanía y la participación: De lo local a lo global. CIP-FUHEN.
...2
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 3
Apostamos por aqueles proxectos que contribúan a xerar comunidades solidarias, (…) por aquelas accións que
impulsen cambios estruturais de orde social e política e sexan capaces de crear unha sociedade baseada na
corresponsabilidade, a xustiza e a igualdade.
Documento de identidade de Entreculturas
A dimensión ética e a participación como claves educativas
A "educación para o desenvolvemento" (ED) é un proceso de aprendizaxe activo, baseado nos valores de solidariedade,
igualdade, inclusión e cooperación, que fomenta a formación de persoas activas, críticas, solidarias e comprometidas co
ben común, capaces de exercer unha cidadanía responsable, con influencia nas decisións políticas, económicas e sociais
para que sexan máis xustas e sostibles.
Fundaméntase en dous aspectos: o cognitivo, que permite o coñecemento e a análise da realidade, partindo do próximo,
do local, ata alcanzar o contexto global máis amplo no que iso se enmarca; e o ético, que supón o desenvolvemento “dunha
atención constante cara á xustiza e a dignidade humana”4. Por iso, a ED é unha estratexia fundamental para que os nenos,
nenas e mozos desenvolvan valores e comportamentos pro-sociais, propios do exercicio dunha cidadanía global, tanto a
nivel individual coma colectivo.
A proposta de Entreculturas: educar para a cidadanía, ¿Igual-Dá?
Entreculturas comprométese desde o comezo na súa andaina coa promoción de valores e actitudes de cidadanía global
nos contextos educativos, a través de materiais didácticos, propostas de participación xuvenil, actividades formativas
e de asesoría, etc5.
A súa praxe da "educación para o desenvolvemento" bebe dos principios da Educación Popular, entendida esta como
unha proposta ética, política e pedagóxica para a transformación social, desde a participación na construción dunha
sociedade inclusiva, na que se respecte a diversidade e que sexa capaz de garantirlles a todos e todas o gozo dos
bens e servizos esenciais e o pleno exercicio da cidadanía6.
4 Coordinadora de ONG de Desarrollo de España (2005). Educación para el Desarrollo: Una estrategia de Cooperación imprescindible.
5 Para máis información sobre as propostas educativas de Entreculturas consultar consultar www.entreculturas.org
6 Pérez Esclarín, A. La Educación Popular y su pedagogía. Federación Internacional Fe y Alegría y Fundación Santa María. Caracas, 2003.
...3
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 4
Neste sentido, as propostas educativas de Entreculturas queren contribuír á formación dos máis novos como cidadáns e
cidadás responsables e activos, que coñezan progresivamente a realidade na que viven, tanto a nivel local coma global,
e participen na súa transformación.
Para iso consideramos que é esencial educar unha ollada aberta e interesada polas necesidades, sentimentos e ideas
dos demais; e tamén polo ben común, desde as primeiras etapas da vida.
Isto vai favorecer unha lectura da realidade que parta do valor da xustiza, xunto coa crenza firme na dignidade das
persoas e no consecuente imperativo da universalización dos dereitos e as oportunidades para todas elas.
A nosa campaña educativa ¿Igual-Dá?, de la que forma parte el segundo número de la revista “Móvete en Rede. Mozos”
á que acompaña esta guía didáctica, está orientada a comprender a orixe das situacións de inxustiza, que se producen
no mundo do que formamos parte.
Pretende:
• Sensibilizar sobre os procesos de exclusión, de xeito que se favorezan as reflexións críticas e unha ollada que permita
identificar a necesidade de compensar desvantaxes de partida para acadar a igualdade de oportunidades.
• Promover actitudes e valores que faciliten unha participación cidadá activa e responsable, que busque a igualdade
real de oportunidades entre todas as persoas e colectivos.
Con este material queremos facer especial fincapé na dimensión global que debe ter unha concepción e un exercicio da
cidadanía baseado na centralidade da persoa, na xustiza e na solidariedade, de cara á construción dunha sociedade máis
inclusiva local e globalmente.
Un día
na vida de...
A Declaración universal dos dereitos humanos recoñece a igualdade entre homes e mulleres. No entanto, en moitos lugares do mundo, existen grandes diferenzas no acceso e o exercicio destes dereitos.
Acadar o obxectivo 3 dos ODM1 é fundamental para conseguir os outros sete obxectivos de desenvolvemento.
1 Igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller.
De que estamos a falar?
Xénero é a construción social do que significa ser home ou
muller. É o conxunto de características sociais, culturais, políticas, psicolóxicas, xurídicas e económicas asignadas ás persoas de xeito diferenciado de acordo co sexo, que configuran
un tipo de relacións de poder entre homes e mulleres e que
determinan as oportunidades de desenvolvemento das persoas.
A palabra sexo fai referencia ás características biolóxicas
de ser muller ou home.
Diferenzas de sexo ou xénero?
• As mulleres son máis da metade da poboación mundial.
• A mulleres paren; os homes non.
• As nenas son tenras e amables; os nenos, alegres e valentes.
• En moitos países, as mulleres reciben un menor salario ca
os homes.
• A xornada media das amas da casa en España é de 9 horas
por día.
• As mulleres poden aleitar os bebés; os homes teñen que empregar un biberón.
• A nivel mundial existe un menor acceso da muller ao mercado laboral.
• As mulleres son as encargadas de criar os seus fillos.
• Segundo estatísticas das Nacións Unidas, as mulleres realizan o 67% do traballo mundial e, no entanto, só gañan
o 10% dos ingresos mundiais.
• Hai menos mulleres nos cargos de goberno e nos parlamentos.
A educación
das mulleres
“Cando era nena, era moi difícil ir á escola.Tiña que traballar para a miña familia, que se dedicaba á agricultura. Miña nai apoiábame, pero meu pai opúñase totalmente.
Cando tiven que pasar o exame final, miña nai díxome: ‘Que teu pai non te vexa ir á escola’, pero cando
marchaba descubriume, pegoume e díxome que o mellor sitio para unha muller era a cociña. Xa non puiden ir máis á escola.”
Giuseppina Leardini, Italia, 86 anos, 4º de educación primaria, dona dun hotel, retirada.
“Os profesores da miña escola aconselláronlles a meus pais que continuase a estudar, pero miña nai non
quixo, porque había moito que facer na casa.”
Blanca Estela García, Guatemala, 22 anos, 2º de educación primaria, empregada de fogar.
Action Aid Alliance. 2001. A educación das mulleres. A esperanza do futuro.
Que é a igualdade de xénero?
É unha relación de equivalencia entre as persoas, partindo de
que todas teñen o mesmo valor, independentemente do seu sexo. Refírese ás normas, valores, actitudes e percepcións
necesarias para acadar un estatus de igualdade entre mulleres e homes sen neutralizar as diferenzas que hai entre eles.
Que é a equidade de xénero?Pola súa parte, o termo de equidade significa ‘xustiza’: darlle
a cadaquén o que lle pertence, co recoñecemento das condicións ou características específicas de cada persoa ou grupo
humano (sexo, xénero, clase, relixión, idade). Recoñecer a diversidade sen que esta signifique razón para a discriminación. A equidade sitúase no marco da igualdade, pero subliña a importancia da igualdade de resultados;
é dicir, abandeira o tratamento diferencial de grupos para rematar coa desigualdade e fomentar a autonomía.
Concepto de xénero: www.pnud.org.sv/~genero/index.php
para
lembrar
{
Día
Día
Día
Día
Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller: 25 de novembro
dos Dereitos Humanos: 10 de decembro
das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller: 8 de marzo
Mundial da Poboación: 11 de xullo
– As metas do milenio: Progreso para a muller, progreso para todos.
http://www.mdgender.net/upload/speeches/pres.metas.mx.1103.ppt#1
– Ningún país trata as súas mulleres coma os homes.
http://www.choike.org/nuevo/informes/3902.html
– Non máis violencia contra as mulleres.
http://www.es.amnesty.org/cms/temas/educacion-en-derechos-humanos/pagina/materiales/
...2
...4
...3
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 5
´ para a Cidadanía
2. Educación
´
´
Solidaria en “Móvete
en Rede.
´ global
Mozos”: Traballando a dimensión
´
da cidadanía.
O segundo número da revista “Móvete en Rede. Mozos”, no marco da referida campaña educativa ¿Igual-Dá?, quere
favorecer a formación da mocidade desde os dezaseis anos, en torno aos Obxectivos de desenvolvemento do milenio
(ODM), como metas que unen a comunidade global ante o obxectivo de reducir a pobreza, as súas causas e manifestacións no ano 2015.
Ao longo dos tres cursos da campaña proponse un itinerario pedagóxico que realiza distintas aproximacións ao tema,
e pretende facilitar o traballo tanto da dimensión cognitiva relacionada coa análise da realidade, coma da dimensión
ética, partindo dos valores propios do exercicio dunha cidadanía global. Transversal a toda a proposta, salienta o
fomento da participación da mocidade en movementos e accións de mobilización social, que promove o coñecemento
de propostas de acción como a Campaña Mundial pola Educación.
Primeiro curso: Hai Igual-Dá? Presenta unha análise xeral para tratar os procesos de exclusión e desigualdade de
oportunidades que se reflicten nos Obxectivos de desenvolvemento do milenio. (N.º 1 da revista “Móvete en Rede.
Mozos”).
Segundo curso: Non nos dá igual. Achegámonos a realidades concretas concretas de exclusión e desigualdade de
oportunidades relacionadas cos ODM, vinculadas coa igualdade de oportunidades entre os xéneros. Neste momento
trátase de favorecer que as e os adolescentes analicen non só a realidade que ven, senón como se senten ante esta, como
a valoran eticamente e como se sitúan respecto a ela. (N.º 2 da revista “Móvete en Rede. Mozos”).
Terceiro curso: Queremos un mundo máis xusto! Trátase o tema da participación cidadá, a partir do obxectivo oitavo
(fomentar unha asociación mundial polo desenvolvemento), dándolles cabida a experiencias e testemuños de persoas,
especialmente da mocidade, que está participando por un mundo máis xusto. (N.º 3 da revista “Móvete en Rede.
Mozos.”. Próxima publicación: curso 2007-2008).
Como se sinalou, a revista á que acompaña esta guía corresponde ao segundo ano da campaña, “Non nos dá igual”,
no que se vai traballar de maneira específica a igualdade de oportunidades entre os xéneros.
Para iso, os contidos da revista estrutúranse en tres bloques. O primeiro deles introduce o tema coa análise de diversas
fontes de información: testemuños, noticias e estatísticas. O segundo analiza os Obxectivos de desenvolvemento do
milenio desde o enfoque de xénero. E o terceiro trata os dereitos das mulleres, desde unha dobre perspectiva: a
información respecto aos instrumentos xurídicos vixentes a nivel internacional e rexional; e a motivación para a acción
transformadora pola igualdade de oportunidades entre os xéneros.
...5
• Relacións de poder entre os xéneros.
• Responsabilidade.
• Respecto.
• Xustiza.
• Solidariedade.
• Participación na transformación de
procesos de exclusión, tomando
conciencia da dimensión de xénero
destes.
13:29
-Instrumentos legais internacionais
e rexionais para promover a igualdade
de xénero.
-Queremos un mundo...
-Ela
• Elaboración de xuízos e argumentos.
• Actitude crítica ante situacións de
inxustiza e discriminación, xeradas pola
desigualdade de xénero.
• Igualdade de dereitos e oportunidades
entre os xéneros.
VALORES E ACTITUDES
26/12/06
• Dereitos da muller.
• Dereitos das mulleres: instrumentos
xurídicos.
• Desenvolvemento do pensamento
reflexivo.
• Relación entre xénero, pobreza,
exclusión e desenvolvemento.
• Mulleres e Obxectivos de
desenvolvemento do milenio.
• Valoración moral dos feitos.
• Obxectivos de desenvolvemento do
milenio e xénero.
-Vida cotiá española.
-Que din as noticias?
-A muller no mundo, 2005:
Progreso nas estatísticas.
• Análise e interpretación da información
a partir de diversas fontes.
• Sexo e xénero.
• Un día na vida de…
PROCEDEMENTOS
FEITOS E CONCEPTOS
CONTIDOS
unidad bachillerato gallego
Página 6
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 7
´
2. Orientacións didácticas
Un día na vida de...
A linguaxe oficial recoñece os dereitos das mulleres como dereitos das
minorías, coma se a metade masculina fora a maioría. Eduardo Galeano
Actividade 1:
Obxectivos:
• Identificar os conceptos de sexo e xénero.
• Reflexionar sobre os estereotipos referidos a homes e mulleres.
• Asumir unha actitude crítica fronte ás propias actitudes de discriminación.
Orientacións:
Facer un remuíño de ideas sobre as diferenzas e semellanzas entre homes e mulleres.
Clasifican en dúas columnas (homes/mulleres) as palabras seguintes: forte, responsable, sensible, valente, intelixente, amable,
xentil, servizal, intransixente, paciente.
Analizan as palabras que situaron en cada columna: que palabras asociamos ás mulleres?, e aos homes?; por que?
Comentan se todos están de acordo co resultado: Que roles desempeñan as mulleres na nosa sociedade?, sucede o mesmo noutros
lugares?
Len o texto: De que estamos falando?. Identifican se as frases do texto “Diferenzas de sexo ou xénero” están referidas a sexo
ou xénero. Pódese facer primeiro de xeito individual e despois facer un debate onde poidan argumentar as súas respostas.
Diferenzas de sexo ou xénero?
–– As mulleres son máis da metade da poboación mundial.
–– As mulleres dan a luz; os homes non.
–– As nenas son tenras e amables; os nenos, alegres e valentes.
–– En moitos países as mulleres reciben un salario máis baixo ca o dos homes.
–– A xornada media das amas da casa en España é de 9 horas por día.
–– As mulleres poden aleitar os bebés; os homes teñen que utilizar un biberón.
–– A nivel mundial existe un menor acceso da muller ao mercado laboral.
–– As mulleres son as encargadas de criar os seus fillos.
–– Segundo estatísticas das Nacións Unidas, as mulleres realizan o 67% do traballo mundial
e, aínda así, só gañan o 10% dos ingresos mundiais.
–– Hai menos mulleres nos cargos de goberno e nos parlamentos.
Sexo
Sexo
Xénero
Xénero
Xénero
Sexo
Xénero
Xénero
Xénero
Xénero
Reflexionan: Os termos “sexo” e “xénero” poden usarse indistintamente, por que?
Len o texto: A educación das mulleres.
Comentan: Que diferenzas e semellanzas hai nestas dúas historias?, credes que as mulleres teñen as mesmas oportunidades ca os
homes?, por que?, que importancia ten a educación para a vida das persoas?
...7
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 8
Algúns datos para reflexionar:
• 2 de cada 3 persoas analfabetas no mundo son mulleres.
• Máis de 100 millóns de nenos e nenas no mundo están sen escolarizar, a maioría son nenas.
• “Non hai ningún instrumento máis eficaz para o desenvolvemento ca a educación das nenas”. Kofi A. Annan.
Actividade 2:
Obxectivos:
• Identificar as mensaxes dos medios de comunicación con respecto ás mulleres.
• Recoñecer algunhas formas de discriminación da muller, tanto no Norte coma no Sur.
• Valorar positivamente a igualdade de oportunidades para ambos os dous sexos.
Orientacións:
Dividir a grupo en equipos de traballo de 5 ou 6 integrantes. Cada grupo deberá ler os textos das páxinas 4 e 51, analizalos
subliñando as frases que máis chamaran a súa atención, poñendo especial atención nos datos. Amplían a información en internet
e prensa escrita e preparan as súas conclusións.
Debater: Cal é a situación das mulleres en España?, cal é a situación das mulleres noutros lugares?, que diferenzas e semellanzas
encontrades?, cales vos parecen máis significativas?, por que?
Ampliar a información cos datos do informe "A muller no mundo 2005" (páxinas 6 e 7).
Nota: O informe encóntrase en internet en http://www.un.org/spanish/Depts/dpi/boletin/muller/estadisticas/statistics05.htm
1 “Vida cotidiana española”, “Hay más pero no siempre mejores trabajos para las mujeres en América Latina “ y “La ONU insta al Gobierno
español a intensificar la lucha contra la violencia doméstica”.
...8
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 9
Mulleres e Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio
Actividade 1:
Obxectivos:
• Analizar os Obxectivos de desenvolvemento do milenio cunha
perspectiva de xénero.
• Desenvolver o interese por realidades diferentes á propia.
Orientacións:
Dividir o grupo en 3 equipos; cada un deles analizará os Obxectivos do milenio tomando en conta o rol que desempeñan
as mulleres na consecución de todos eles: En que obxectivos
se fai referencia explícita ás mulleres?
1 Erradicar a pobreza extrema e a fame.
2 Lograr a ensinanza primaria universal.
3 Promover a igualdade entre os xéneros e a
autonomía da muller.
4 Reducir a mortalidade infantil.
5 Mellorar a saúde materna.
6 Combater o VIH/SIDA, o paludismo e outras
enfermidades.
7 Garantir a sostibilidade do medio natural.
8 Fomentar unha asociación mundial para o
desenvolvemento.
En plenario dialogar sobre os ODM: Miran de igual maneira a homes e mulleres?, por que credes que sucede isto?, credes que son
necesarias políticas de equidade?, por que?
Amplían a información lendo o texto: Xénero e Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Analizan os datos e contrástanos coas súas primeiras conclusións.
Algúns datos para reflexionar:
• As mulleres constitúen preto do 60% dos 550 millóns de traballadores
pobres no mundo.
• As mulleres empregan o dobre ou unha proporción maior do seu tempo,
en comparación cos homes, en labores non remunerados.
• As mulleres cultivan o 65% dos alimentos que se consomen no
mundo.
Fonte: Conferencia das Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento (UNCTAD).
...9
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 10
Dereitos da Muller
"A igualdade entre homes e mulleres é cuestión de dereitos humanos e
unha condición para a xustiza social e tamén é un requisito necesario e
fundamental para lograr a igualdade, o desenvolvemento e a paz".
IV Conferencia Mundial sobre a Muller, 1995.
Actividade 1:
Obxectivos:
• Identificar os diferentes instrumentos xurídicos que recoñecen a igualdade entre homes e mulleres.
Orientacións:
Analizar o cadro “Igualdade de xénero: unha cuestión de dereitos”.
Debater: por que credes que é necesaria a existencia de declaracións
específicas sobre os dereitos das mulleres?
Actividade 2:
Obxectivos:
• Reflexionar sobre a responsabilidade de homes e mulleres para superar
situacións de violencia e discriminación.
Orientacións:
Participan da actividade Adiviña quen canta. Fórmanse dous equipos;
cada un deles deberá adiviñar o título da canción (ou inventar un) e quen
a interpreta.
Previamente deberanse recompilar as seguintes cancións:
• Ella: Bebe. CD Pa’fuera telarañas. 2004
• La mujer que mueve el mundo: Presuntos Implicados. CD Selección Natural. 2002
• Hogar: Pedro Guerra. CD Hijas de Eva. 2002
• Tengo: Pastora. CD Pastora. 2003
• Polvo de estrellas: Jorge Drexler. CD Eco 2. 2005
Selecciónanse algúns fragmentos de cada canción, aproximadamente 1 minuto, para a audición
dos equipos. Posteriormente comparten os seus resultados, podendo engadir en cada caso datos
sobre a canción ou o/a intérprete.
Finalmente pódense escoitar as cancións completas ou seleccionar
algunha delas e analizar o seu contido: Cal é o tema da canción?,
coñeciádela?, que idea de mulleres e homes nos transmite?, que vos
chamou especialmente a atención?, por que?
Comentan os contidos desenvolvidos nesta unidade: Que aprendemos sobre a igualdade e a equidade de xénero?, como podemos
contribuír a crear igualdade no noso contorno?, e a nivel global?
...10
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 11
Instituto da Muller: As mulleres en España. Estatísticas. http://www.mtas.es/mujer/mujeres/cifras/index.htm
Outras formas de participar:
Participando no cole
A Rede Solidaria da Mocidade é un espazo de participación e construción de cidadanía onde pode participar o alumnado de
segundo ciclo da ESO, bacharelato e niveis equivalentes dos ciclos de formación. A Rede Solidaria da Mocidade comezou a súa
andaina en 2001 e na actualidade conta cunha rede estatal que se estende por Andalucía, Asturias, Castela e León, Galicia,
Madrid, Murcia e a Comunidade Valenciana.
www.entreculturas.org
Móvete en Rede. Mozos 2 forma parte de ¿Igual-Dá?, Campaña
Educativa pola inclusión e a equidade, orientada a comprender a
orixe das desvantaxes que impiden a igualdade de oportunidades,
especialmente no ámbito da educación, e tamén a necesidade de
compensalas para transformar as realidades de exclusión.
Máis información e actividades
complementarias:
• www.entreculturas.org
• www.entreculturas.org/educared.htm
Non nos dá igual. Queremos un mundo
máis xusto para todos e todas!
Se queres máis información ou desexas realizar algunha consulta sobre o material da campaña ¿Igual-Dá?, escríbenos a:
[email protected]
Coordinación de Sensibilización: Raquel Martín. Responsable de Educación: Irene Ortega. Actividades: Jennifer Williams Ramos. Textos:
Isabel Borrego. Coordinadora de Tradución: Amalia Santos García. Tradución: Reverso Servizos Lingüísticos, S.L. Dirección de Arte e
Deseño Gráfico: Maribel Vázquez. Depósito legal: M-34542-2006. Setembro 2006. Impreso en papel reciclado.
unidad bachillerato gallego
26/12/06
13:29
Página 12
notas:
Organiza:
Campaña educativa pola inclusión e a equidade.
Colabora:

Documentos relacionados