Bases do Concurso - Concello de Vimianzo

Transcripción

Bases do Concurso - Concello de Vimianzo
Concello de
Vimianzo
BASES DO CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2014
1.- Os participantes deberán inscribirse na Casa da Cultura ata o xoves 27 de febreiro
ás 14 horas.
2.- Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de dez
compoñentes, que desfilen ou realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou
representacións.
3.- Entenderase por grupos os participantes de dous a nove membros que desfilen ou
realicen unha actuación conxuntamente, ben sexan coplas, bailes ou representacións.
4.- As comparsas e grupos deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario
coma na súa actuación.
5.- As comparsas e grupos deberán estar na Praza do Concello o domingo día 2 de
marzo ás 16.30 horas e realizarán un pasarrúas por Vimianzo ata as inmediacións da
Praza do Concello, lugar onde se levarán a cabo as actuacións diante do xurado.
6.- Para poder participar no concurso é obrigatorio facer o pasarrúas por Vimianzo.
7.- Para a selección dos premiados o xurado terá en conta o pasarrúas das comparsas e
grupos, a orixinalidade e confección dos disfraces e a representación ou actuación feita
polos compoñentes diante do xurado.
8.- A orde no pasarrúas e nas actuacións rexerase segundo o rexistro de inscrición.
9.- En caso de chuvia o concurso trasladarase ao pavillón. As comparsas e grupos non
poderán acceder ao pavillón con vehículos nin plataformas.
10.- O xurado estará formado por representantes dos medios de comunicación da Costa
da Morte.
11.- O xurado deberá elixir:
• A mellor comparsa
• A mellor comparsa de Vimianzo
• O mellor grupo
• O mellor grupo de Vimianzo
• O mellor difrace individual adulto
• Os 3 mellores disfraces individuais infantís
Se unha comparsa ou grupo de Vimianzo leva o mellor premio xeral quedará excluído do
premio local.
Praza do concello, nº 6
15129 – Vimianzo (A Coruña)
Nº R.E.L. 01150927
C.I.F. P-1509300-H
Tel 981716001
Fax 981716650
[email protected]
www.vimianzo.es
Concello de
Vimianzo
12.- Os premios para o concurso de disfraces son:
•
•
•
•
•
•
Premio á mellor comparsa: 400 €
Premio á mellor comparsa de Vimianzo: 300 €
Premio ao mellor grupo: 200 €
Premio ao mellor grupo de Vimianzo: 150 €
Premio ao mellor disfrace individual adulto: unha cea para 2 persoas nun dos
restaurantes participantes nas campañas gastronómicas do concello
Premio aos 3 mellores disfraces individuais infantís: un vale de 30 € para canxear
nas librarías ou xogueterías do concello de Vimianzo
13.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases, sobre as que diante de
calquera dúbida prevalecerá a resolución que adopte o xurado, por maioría simple dos
seus membros. En contra das decisións do xurado non caberá ningún tipo de recurso.
Praza do concello, nº 6
15129 – Vimianzo (A Coruña)
Nº R.E.L. 01150927
C.I.F. P-1509300-H
Tel 981716001
Fax 981716650
[email protected]
www.vimianzo.es

Documentos relacionados