Consulta o noso folleto da tempada de abonos. PDF

Transcripción

Consulta o noso folleto da tempada de abonos. PDF
TEMPADA DE ABONOS
Programación música clásica
VIGO OUTUBRO-DECEMBRO 2014
TEMPADA DE ABONOS
Programación música clásica
VIGO OUTUBRO-DECEMBRO 2014
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Creada en 1992 polo Concello da Coruña, cidade onde ten a
súa sede no Palacio da Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia
é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en
España.
A osg, cuxo director titular é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo
Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da
Coruña desde a súa creación en 1998.
Realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos
nas mellores salas e ciclos de concertos españois. Por primeira
vez, en 2007 foi de xira por América do Sur, con concertos en
Chile, Arxentina, Brasil e Uruguai e a finais de 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena.
A osg conta habitualmente con solistas coma Anne-Sophie
Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos,
Maria João Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian
Lindberg, entre outros. Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa
Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan
Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda
Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe
Sabbatini entre outros moitos, e sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard,
Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck.
Na súa discografía para os selos emi, decca, Koch, Naíve, bmg e
Arts figuran nomes coma os de Juan Diego Flórez, Kaori Muraji,
Peter Maag, Antonio Meneses, Manuel Barrueco —con quen
foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do
ano—, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons ou Ewa Podles.
CONCERTOS
Dima Slobodeniouk (xoves 2 de outubro)
Dima Slobodeniouk (xoves 11 de decembro)
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia, con sede en Santiago de Compostela e xestionada polo Consorcio da cidade, nace da man da
Xunta de Galicia en 1996 cunha vocación universal.
Esta orquestra sinfónica, que representa en si mesma o concepto de espírito aberto, conciliador e amable que encerra a
música, está formada por cincuenta artistas de diferentes nacionalidades que achegan a súa experiencia, formación, tradición musical, empeño e ilusión. Xunto a eles, mestres como
Maximino Zumalave, músico comprometido coa súa cidade,
como director asociado; Helmuth Rilling, o primeiro director
titular da orquestra que axudou co impulso necesario para
iniciar este proxecto; Antoni Ros Marbà, que consolidou a súa
traxectoria durante catorce anos e, agora, Paul Daniel, desde
xaneiro de 2013, novo director titular, tiveron e teñen a responsabilidade de conducir esta formación musical.
O seu traballo permitiu que especialistas de recoñecido prestixio acepten colaborar e compartir momentos de gran pleni-
tude musical: Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim
Repin (violín), Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo
(violoncello); Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar
Nebolsin (piano) e cantantes coma Teresa Berganza, Thomas
Quatshoff ou Matthias Goerne. E, por suposto, importantes
directores coma Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham,
Hansjörg Schellenberger, Josep Pons ou Christoph König, actual
director invitado, puxeron a súa batuta á fronte da orquestra.
A Real Filharmonía de Galicia mantén unha tempada estable
no Auditorio de Galicia de Compostela que compatibiliza con
xiras e concertos en Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal, ademais de nas principais cidades españolas, onde destaca a súa participación na tempada
cultural de Vigo.
Na discografía da rfg salientan os traballos dedicados a Manuel de Falla, Frederic Mompou e Maurice Ravel. O seu último
disco rende homenaxe a Antón García Abril.
CONCERTOS
Christoph König (venres 31 de outubro)
Paul Daniel (xoves 6 de novembro)
Maximino Zumalave (xoves 4 de decembro)
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Dima Slobodeniouk - Director
Programa
I
FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)
Sinfonía núm. 22 en mi bemol maior «O filósofo»
RICHARD STRAUSS (1864-1949)
Concerto para óboe, TrV 292 (AV 144) en re maior
Desde setembro de 2013 é director titular da Orquesta Sinfónica de Galicia. Slobodeniouk sitúase entre o máis destacado
da nova xeración de directores musicais grazas á combinación
das súas raíces rusas cos seus anos de estudos musicais en Finlandia.
De 2005 a 2008 foi director titular da Sinfónica de Oulu na cal
levou a batuta en concertos e óperas. Nas últimas tempadas,
debutou e forxou novas colaboracións con diversas compañías
europeas e americanas acadando un notable éxito.
II
DARIUS MILHAUD (1892-1974)
Symphonie de chambre núm. 5: «Dixtour d’instruments
à vent», op. 75
ÍGOR STRAVINSKI (1882-1971)
Pulcinella: Suite
Ademais, Slobodeniouk é moi estimado polos compositores. A
súa calidade artística apréciase a través do seu completo repertorio que abrangue desde autores coma Rautavaara e Widmann ata Brahms ou Wagner.
Alexei Ogrintchouk - Óboe
Nacido en Moscova, estudou no
Conservatorio Nacional Superior de
Música de París. Gañou numerosos concursos internacionais e o
premio ao artista revelación estranxeiro nos Victoires de la Musique Classique. Foi primeiro óboe
na Orquestra Filharmónica de Rotterdam e na Orquestra Real do Concertgebouw de Amsterdam. Desde
2001 compaxina a súa actividade
coa docencia en Londres e, desde
2009, San Sebastián.
2 de outubro de 2014
20.30 h
Duración aproximada do concerto: 1 h 45 min
Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o
descanso
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Christoph König - Director
Programa
I
JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750)
Concerto de Brandenburgo núm. 3 en
sol maior, BWV 1048
Allegro
Adagio
Allegro
Naceu en Dresde (Alemaña) e na mesma cidade estudou dirección orquestral, piano e canto. Uns anos despois recibiu desde
Berlín un dos premios máis prestixiosos no xénero da clásica, o
Premio da Fundación Herbert von Karajan, que dá mostra do
seu xenio musical.
A partir do ano 2009 foi nomeado director titular da Orquestra
Sinfónica do Porto - Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo, cargos que segue
a ocupar na actualidade. Desde o ano 2013 é o principal director convidado da Real Filharmonía de Galicia e está sendo moi
solicitado coma director invitado en toda Europa e América.
O seu debut en Estados Unidos coa Sinfónica de Nova Jersey
desembocou en novos compromisos coas orquestras de Indianápolis, Colorado e Houston, entre outras. Tamén se estreou
coas orquestras de Pittsburg, Radio Danesa, Orquestra de París
e a Filharmónica dos Países Baixos. Os seus compromisos inclúen, ademais, a Royal Philarmonic de Londres, as Filharmónicas de Dresde, Stuttgart e Bonn, así coma as orquestras da
bbc de Escocia e bbc de Gales. As súas gravacións reúnen obras
de Schönberg e Prokofiev, Saariaho e Sibelius coa Orquestra
Nacional do Porto; de Melcer coa Sinfónica Escocesa da bbc;
sinfonías de Beethoven coa Sinfónica de Malmö; e de Prokofiev
e Mozart coa Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo.
ARNOLD SCHÖNBERG (1874-1951)
Sinfonía de cámara núm. 2 en mi bemol menor, op. 38
Adagio
Con fuocco
II
BENET CASABLANCAS (1956)
Apertura festiva
JOSEPH HAYDN (1732-1809)
Sinfonía núm. 99 en mi bemol maior, Hob. I/99
Adagio - Vivace assai
Adagio
Menuet: Allegretto
Finale: Vivace
31 de outubro de 2014
20.30 h
Duración aproximada do concerto: 1 h 30 min
Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o
descanso
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel - Director
Programa
I
FERNANDO BUIDE (1980)
Mar ao norde (obra encargo rfg)
MICHAEL TIPPETT (1905-1998)
The Midsummer Marriage. Ritual dances
Desde xaneiro de 2013 é director titular e artístico da rfg.
Tamén é director musical da Orquestra Nacional de Burdeos
e principal director e conselleiro artístico da West Australian
Symphony Orchestra de Perth. Foi director musical da English
National Opera e das óperas Factory e North e director invitado
de grandes orquestras do mundo.
A súa gravación da Sinfonía núm. 3 de Elgar/Payne, coa Bournemouth Symphony Orchestra, foi un dos discos de música clásica
máis vendidos do 2000. Entre os seus compromisos operísticos
inclúense Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro para a English
National Opera e L’enfant et les sortilèges e Der Zwerg para a
Ópera Nacional de París. Recibiu premios coma o Olivier e un
Gramophone. Nos New Year’s Honours de 2000 recibiu a Cruz
do Imperio Británico.
II
JEAN SIBELIUS (1865-1957)
Concerto para violín e orquestra en re menor, op. 47
Allegro moderato
Adagio di molto
Allegro, ma non tanto
Tedi Papavrami - Violín
Con 5 anos seu pai ensinoulle a
tocar o violín e con 15 anos xa
rematara os seus estudos no Conservatorio de París. Logo de gañar
varios premios, emprendeu a súa
andaina coma solista e músico de
cámara e fíxose membro do Cuarteto Schumann. Desde 2008, Tedi
é profesor de violín na Haute École
de Musique en Xenebra.
6 de novembro de 2014
20.30 h
Duración aproximada do concerto: 1 h 45 min
Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o
descanso
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Maximino Zumalave - Director
Director e pianista compostelán,
Maximino Zumalave formouse
musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Fundou e
dirixiu o Coro Universitario de Santiago, o Collegium Compostellanum, así
como a Real Filharmonía de Galicia
de 1996 a 2000. Na actualidade é
director asociado da rfg e da Escola de Altos Estudos Musicais de
Galicia.
Lola Casariego - Soprano
Canta ópera, zarzuela, concerto e
recital. Debutou con éxito cos papeis de Manuela (La chulapona) e
Rosina (O barbeiro de Sevilla) e a
partir de aí desenvolveu unha intensa carreira polos máis célebres
escenarios internacionais baixo a
batuta de prestixiosos directores.
Ademais, gravou para importantes
selos discográficos pezas de Barbieri, Granados ou Scarlatti, entre
outros.
Gustavo Peña - Tenor
Iniciou os seus estudos en canto no
Conservatorio Superior de Música
das Palmas e titulouse en Tenerife. Posúe un amplo repertorio que
contempla obras desde Monteverdi a compositores actuais tanto
nos xéneros de música de cámara,
coma oratorio, ópera e zarzuela.
Colabora asiduamente coas grandes orquestras sinfónicas españolas e ten cantado con afamadas
orquestras internacionais.
Programa
CONRADO DEL CAMPO (1878-1953)
Libreto: Víctor Said Armesto (1871-1914)
La flor del agua
Coro da Sinfónica de Galicia
Foi fundado en 1998. Actualmente o seu director artístico
é Joan Company e está integrado por máis de setenta
voces de toda Galicia que reciben unha formación con
profesores de renome. O coro realiza unha intensa actividade centrada nas obras máis destacadas do repertorio
universal, sobre todo nos xéneros sinfónico-coral, operístico e a capela. Desde os seus inicios ten participado nos
festivais e ciclos de concertos máis importantes de Galicia
e a finais de 2003 realizou a súa primeira xira ao estranxeiro
por Portugal.
4 de decembro de 2014
20.30 h
Duración aproximada do concerto: 1 h 30 min
Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o
descanso
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Dima Slobodeniouk - Director
Programa
I
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Così fan tutte, K 588: Apertura
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Concerto para piano núm. 22 en mi bemol maior, K 482
II
Elizabeth Leonskaja - Piano
WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Sinfonía núm. 41 en do maior, K 551 «Xúpiter»
Mentres estudaba piano no Conservatorio de Moscova, Leonskaja gañou premios en concursos internacionais de Bucarest,
París e Bruxelas. A raíz de participar en concertos co pianista
Sviatoslav Richter e de aparecer no Festival de Salzburgo en
1979, foi visitando as mellores salas de concertos do mundo,
dando recitais coas grandes orquestras de América e Europa.
Actualmente é unha asidua nos festivais de verán máis célebres
coma solista, aínda que tamén interpreta música de cámara.
Conta no seu haber cun amplo número de gravacións, moitas
delas premiadas, e con diversos premios entre os que destaca
a Cruz de Honra das Ciencias e as Artes que lle outorgou o goberno austríaco en 2006.
11 de decembro de 2014
20.30 h
Duración aproximada do concerto: 1 h 45 min
Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala ata o
descanso
INFORMACIÓN TEMPADA DE ABONOS
Venda da tempada do 21 de xullo ao 23 de setembro de 2014
Entradas soltas a partir do 25 de setembro
CONCERTOS
Orquesta Sinfónica de Galicia - Dima Slobodeniouk (xoves 2 de outubro)
Real Filharmonía de Galicia - Christoph König (venres 31 de outubro)
Real Filharmonía de Galicia - Paul Daniel (xoves 6 de novembro)
Real Filharmonía de Galicia - Maximino Zumalave (xoves 4 de decembro)
Orquesta Sinfónica de Galicia - Dima Slobodeniouk (xoves 11 de decembro)
BUTACA
60,80 €
ANF. 1
52,80 €
ANF. 2
44,80 €
ANF. 3
32,20 €
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao
prezo do billete
Axúdanos a conservar o medio ambiente gardando este
folleto ata a fin de tempada
A programación pode sufrir cambios
servin ova.com
902 504 500
A través destas mesmas canles tamén podes consultar a nosa política
Tempada en colaboración coa Sociedad
de bonificacións e descontos xerais
Filarmónica de Vigo
DESCONTOS COLECTIVOS
Colectivo mozo: carné xove
Maiores de 65: carné de xubilado
Desempregados: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono
© Fundación Galicia Obra Social, 2014
Depósito Legal: C 1061-2014
Centro Cultural AFUNDACIÓN Vigo
Policarpo Sanz, 13
986 447 369

Documentos relacionados