interior mineria barbanza def.indd

Transcripción

interior mineria barbanza def.indd
Introdución á minería no Barbanza
Asc. Artesá
e Etnográfica
do Barbanza
Introdución á minería no Barbanza
Obxectivos:
• Poñer en valor e espertar o interese, para
posteriores estudos, do papel tan importante
que noutrora tiveron algúns dos minerais do
Barbanza, explotados en períodos de máis
ou menos actividade, desde a prehistoria ata
ben mediado o s. XX.
Coordinadores:
Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”
José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”
• Valorar o estado actual das minas e das súas
instalacións.
• Recoller toda a información que aínda poden
aportar algunhas persoas vivas, relacionadas
coa actividade mineira do s. XX.
Introdución á minería no Barbanza
Coordinadores:
Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”
José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”
© dos textos e fotografías, os seus autores
Edita:
Cámara Oficial Mineira de Galicia
Imprime:
Gráficas Garabal
Dep. Legal:
ISBN:
Coordinación:
Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”
José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”
Fotografías :
Faustina Dieste Sánchez, Paola García Paz, Antonio Parada Mariño, Dani Gestoso, Xan Guerra Bouzas
Revisión lingüística:
Manuel Cartea Gómez
Traballo de arquivo:
Mª del Mar Ordóñez Reboiras, Sofía Sanvicente García, Carmen Vázquez Dieste, José M. Pérez Lustres
Portada:
Antonio Parada Mariño
Contraportada:
Faustina Dieste Sánchez
Persoal especializado que participou nas “Xornadas de introdución á mineria no Barbanza”, organizadas pola Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza “O FAIADO-2”,
e celebradas en Boiro, en xaneiro de 2007:
Carlota García Paz, Doutora en Xeoloxía e profesora titular do Departamento de Edafología da USC. Antonio González Millán, Historiador. Xurxo M. Ayán Vila,
Arqueólogo e investigador do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento - CSIC-XUGA. Xosé Moledo Santiago, Arqueólogo do Instituto de Estudos Galegos “Padre
Sarmiento - CSIC-XUGA. Leonardo González Pérez, Arqueólogo e especialista en Antropoloxía Cultural do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento - CSIC-XUGA.
Ana Filgueiras Rei, Arqueóloga e Antropóloga. Mª Luisa López Otero, Mestra e artesá, Asc. “O Faiado-2”. José Manuel Álvarez-Campana Gallo, Director da Cámara
Oficial Mineira de Galicia. Blanca Caamaño González, Catedrática en Xeografía e Historia. Joaquín E. Ruíz Mora, Enxeñeiro de minas e Responsable do Proxecto da Área
de Enxeñería do terreo e recursos minerais de Lousame. Victor J. Barbeito Pose, Arqueólogo e responsable técnico do Centro arqueolóxico do Barbanza. Xulio Gutiérrez
Roger, Lic. en Bioloxía, e especialista en Educación Ambiental.
Organismos e empresas colaboradoras:
Concello de Boiro, Cámara Oficial Mineira de Galicia, Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Universidade de Santiago de
Compostela, Obradoiro de Restauración e Etnografía “O Faiado”, Caixa Galicia. Concello de Lousame e Concello de Ribeira.
Agradecementos:
A todas as persoas que amablemente prestaron a súa desinteresada colaboración, informando no noso exhaustivo traballo de campo, e moi especialmente a:
José Mª Gestoso Fernández, Josefa Rivadulla, Carmen Rivas, Ricardo Rivas Barreiro, Rubén Pablo Paz Brión, Paulo Nunes, Xulio Gutiérrez Roger, Manuel Casais Arestín,
Manuel González Resúa, Manuel Mariño del Río, Pastor Rodríguez Santamaría, J. Antonio García Romero, Pedro García Vidal, Xesús Santos Suárez, José Manuel Vilas
Álvarez, Ignacio Pérez Hermo, José Lojo Pose, José Romero Fernández, Abelardo Soler Torrente, Ramiro Villoch Herrera, Flora Dios, Antonio González Millán, Pablo Payo
Cangado, Ramona Lojo Romero, Manuel Caramés, Noa Caramés Vila, Jorge Gago Mariño, Victoria Carou Mariño, José Manuel Triñanes Núñez, Vicente González Lijó,
Mª del Carmen Sampedro Mella, José Mª Toucedo Lorenzo, Lina Mª González López, Vicente Martínez Pérez, Victoriano García Fernández, Marcelino Somoza, Alberto
Piñeiro Bermúdez, J. Vicente González López, José García Fernández, Ramón Mato Romai, Nemesio Romero Piñeiro, Luís García Pose, Mª del Carmen Piñeiro González,
Dani Torrado Gestoso, David Bello, S. Onofre, Maruja Piñeiro González, Esther Piñeiro González, Francisco Calo Romero, Mª del Carmen García Blanco, Manuel Lojo
Calo, José Mª Romero Piñeiro, Alberto García Sánchez, Francisco Pena Calvar, Marcelino Barros Redondo, Marcelino Sánchez Somoza, Marisa Lamas Carreño, Antonio
Rodríguez Mayo, María del Mar Torres Santamaría, Victor Barbeito Pose, Atocha Ramos Martínez.
ÍNDICE
Prólogo .......................................................................................................................................................................................... 7
Introdución . ................................................................................................................................................................................... 9
Características xeolóxicas da Península do Barbanza . .................................................................................................................... 11
Carlota García Paz
Contribución das minas de San Finx á historia mineira do Barbanza .............................................................................................. 29
José Manuel Álvarez-Campana Gallo
José Manuel López García, Manolo de Carril. Memoria viva das Minas de San Finx ...................................................................... 41
Unai González Suárez
Achegamento ao estudo da mina de estaño de Lampón . .............................................................................................................. 53
Blanca Caamaño González
Resumo de pozos, galerías e sondaxes (“calicatas”) do Concello de Boiro ..................................................................................... 65
Protección Civil de Boiro
Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo (Boiro, A Coruña) ..................................................................................................... 71
Mª Luisa López Otero
Traballadores de Bealo nas minas de San Finx ............................................................................................................................... 81
J. Alberto Figueira Resúa
Etnoarqueoloxía e paleometalurxia de Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña) ............................................................................ 83
Xurxo M. Ayán Vila / Xosé Moledo Santiago / Leonardo González Pérez
/ Eduardo González Gómez de Agüero
Vivencias da minería do volframio na enseada de Corrubedo (Ribeira, A Coruña) ....................................................................... 121
Ana Filgueiras Rei
Outros traballos de aproximación á minería en Ribeira ................................................................................................................ 129
Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza “O Faiado-2”
Outros vestixios mineiros no Barbanza: Pobra do Caramiñal, Rianxo e Noia ................................................................................ 137
Asociación Artesá e Etnográfica do Barbanza “O Faiado-2”
A minería na posguerra en Porto do Son ..................................................................................................................................... 141
Pastor Rodríguez Santamaría
Tríptico das Xornadas .................................................................................................................................................................. 149
Presentación e relatores .............................................................................................................................................................. 151
Visitas durante as Xornadas ......................................................................................................................................................... 155
Bibliografía .................................................................................................................................................................................. 159
PRÓLOGO
A Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ten entre os seus obxectivos fomentar
a industria mineira galega, procurando o desenvolvemento desta actividade, clave para a nosa economía, en termos de sustentabilidade,
isto é, integrando os ámbitos económicos, sociais e ambientais, de xeito que se satisfagan as necesidades das xeracións actuais sen
comprometer a capacidade das futuras xeracións para satisfacer as súas.
O desenvolvemento, alén de requirir avances tecnolóxicos, a mellora das condicións das nosas explotacións e o peche da cadea de valor
no noso país, precisa necesariamente que se dedique un esforzo importante á recuperación e á conservación do saber e da historia que
esta actividade foi acumulando co paso do tempo na nosa terra.
Por este motivo, a Consellaría de Innovación e Industria ofreceu dende o principio o seu apoio para contribuír á organización das
xornadas de Introdución á Minería no Barbanza, como punto de partida para espertar o interese da sociedade pola visión industrial do
noso patrimonio histórico, unha herdanza cultural que nos pertence e nos caracteriza como pobo.
A importancia de conservar este legado cultural queda demostrada pola boa acollida que tivo esta iniciativa e o a amplo respaldo
institucional co que contou, por parte de organismos tan variados como a Universidade de Santiago de Compostela, os Concellos de
Boiro, Lousame e Ribeira ou a Cámara Oficial Mineira de Galicia.
Este libro deixa testemuño da memoria doutros tempos e doutras xentes que fixeron posible o desenvolvemento da actividade mineira,
razón pola cal dende a Consellería de Innovación e Industria continuaremos a traballar para que este coñecemento tan valioso non só
non se perda, senón que se incorpore como un contido esencial da historia do noso desenvolvemento ao patrimonio cultural do pobo
galego.
Nome
Cargo
7
8
INTRODUCIÓN
Os depósitos de minerais de Galicia véñense explotando dende a idade de Bronce, chegando a xogar papeis clave en diferentes etapas
históricas e zonas, e deixando a súa pegada ao longo dos séculos. Esta pegada é un importante legado que compre conservar, un
patrimonio industrial que forma parte da historia e da cultura daqueles lugares nos que se desenvolveu a actividade extractiva.
Na comarca do Barbanza, a minaría supuxo durante finais do século XIX e principios do XX un dos principais motores para a economía
da zona, favorecendo a aplicación de tecnoloxías e a aparición de movementos sociais relevantes. É de destacar, como exemplo, a
vinculación das minas de estaño e wolfram con feitos históricos relacionados coa Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial.
Ante isto, xurdiu entre a sociedade civil, a través de asociacións tan importantes como O Faiado-2, o desexo de difundir o papel tan
especial que a minaría tivo ao longo da historia nesta comarca, ademais de espertar o interese polo patrimonio mineiro e valorar o seu
estado actual de conservación. Con este fin, organizáronse en 2007 as Xornadas de Introdución á Minería no Barbanza, que serviron
como canle de intercambio e punto de colleita de información, e nas que a Cámara Mineira contribuíu co seu coñecemento histórico.
Dita documentación recóllese agora neste libro, como testemuña do valor histórico dunha actividade ligada ao home dende antigo e que
segue a ser vital para o seu desenvolvemento.
Francisco Aréchaga Rodríguez
Presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia
9
10
CARACTERÍSTICAS XEOLÓXICAS DA PENÍNSULA DO BARBANZA
Carlota García Paz, Doutora en Xeoloxía, profesora titular do
Departamento de Edafoloxía da USC
Primeiros mapas xeolóxicos
En 1830 Guillermo Schulz foi nomeado Comisario de Minas ao servizo do
Goberno español e no ano 1833 Inspector de Distrito en Galicia e Asturias.
O mapa petrográfico del Reino de Galicia. Escala 1:400.000 foi feito
entre 1832 e 1834. En 1835 Descripción geognóstica del Reino de
Galicia.
O Barbanza na descripción de Schulz
Na Descripción geognóstica del Reino de Galicia (1835) escribe:
“… pero muy elevadas y ásperas son las sierras que dominan á Muros. Otro
tanto debe decirse de la Barbanza que es muy agreste, aunque rodeada de
una costa mas suave, bastante vária, y sumamente fértil y graciosa hácia la
ria de Arosa.”
“…infinitas veces se ve al gneis y la pizarra intercalados en el granito, v. gr.
en la Barbanza…”
“Podria tambien hacerse un reconocimiento sobre un criadero de grafito
pizarroso que se halla en un pinar á media legua al N.O. de la Puebla del
Dean, al pie de la sierra de la Barbanza, donde llaman Riomorto.”
11
Introdución á minería no Barbanza
Foto 1. Guillermo Schulz (Dörnberg, Alemania,
1805 – Aranjuez, 1877)
Fotos 2. Mapa petrográfico do Reino de Galicia (1834)
Geología del zócalo cristalino de la península del Barbanza, cerca de Noya (La Coruña).
Dr. Jurgen Von Raumer (Institut de Mineralogie et Petrographie de l´Université Fribourg,
Suiza), 1962
El “granito de Barbanza” ocupa la mayor parte de la Península…de dos micas y de grano grueso,
cuyos componentes minerales cristalizaron según la secuencia normal o sea, Accesorios-MicasPlagioclasas -Feldespatos potásicos-Cuarzo.
Al NE., el granito está limitado por las rocas marginales de la zona metamórfica de Noya,
mientras que al S.-W., en la parte de Corrubedo, se transforma en una variante de grano fino
con muchos xenolitos y también migmatitas.
Foto 3
Totalmente diferentes en su aspecto son los granitos de grano grueso que ocupan el extremo
S.-W. de la Península, cerca de Ribeira y toda la costa SE, así como en la carretera de NoyaBoiro, en la parte de Moimenta.
Características xeolóxicas
12
Mapa petrográfico estrutural de Galicia. Isidro Parga Pondal, 1963
Grupo de Laxe:”…conjunto de rocas formado principalmente por esquistos
micáceos intensamente migmatizados, gneises graníticos y granitos de
anatexia”.
Complexo Antigo
Foto 5. A Península da Barbanza no mapa de Parga Pondal, 1963.
Foto 4
13
Introdución á minería no Barbanza
Foto 6. Mapa xeolóxico publicado polo grupo “Galicia” do
Departamento de Petroloxía, Mineraloxía e Cristalografía
da Universidade Estatal de Leiden, Holanda.
Foto 7. Mapa xeolóxico do Instituto geológico y minero de España. Publicado a escala 1:200.000, corresponde
ás follas: Santiago de Compostela (1984) e Pontevedra, La Guardia (1985).
Características xeolóxicas
14
Fotos 8. Trazos da xeoloxía do Barbanza vistos co Google Earth.
Fotos 9. Fallas vistas dende o aire
Falla do río Barbanza
Falla do río Pedras
15
Introdución á minería no Barbanza
Fotos 10. Macizo granítico de Confurco ou de Moimenta
Foto 11. O ciclo das rochas
Características xeolóxicas
16
Unidadede de Malpica - Tui (Fosa blastomilonítica ou Complexo antigo), tamén
chamada aquí Complexo de Noia: Xistos e paragneis con anfibolitas.
Oroxenia
Hercínica
Ortogneis
biotítico
Fotos 12. A oroxenia Hercínica
Foto 13. Unidade de Malpica - Tui no Mapa xeolóxico do
Instituto geológico y minero de España
17
Introdución á minería no Barbanza
Materiais preordovícicos (mais de 500
M.A.), probablemente Precámbrico
superior-Cámbrico
Probable intercalación de anfibolita nos
xistos
Fotos 14. Xistos do Complexo de Noia
Argalo
Fotos 15. Ortogneis biotíticos do Complexo de Noia.
Proceden de granitos emprazados no Ordovícico.
Idade probable 466±29 M.A.
Características xeolóxicas
18
Ortogneis glandular
Xistos e paragneis
Granito do Barbanza
Granitoide migmatítico
Granito de Corrubedo
Foto 16. Dominio migmatítico e das rochas graníticas ou Grupo de Laxe. Mapa xeolóxico do Instituto
geológico y minero de España.
19
Introdución á minería no Barbanza
Fotos 18
Foto 17. Ortogneis glandular do Grupo de Laxe
Procede de rochas graníticas prehercínicas. Idade
probable 462 M.A.
Foto 19
Foto 17
Foto 20
Fotos 18. Xistos micáceos do Grupo de Laxe en
San Finx. Proceden de rochas sedimentarias,
probablemente do Silúrico (entre 435 e 410
M.A.).
Foto 19. Xistos con niveis carbonosos do Grupo
de Laxe na Magdalena
Foto 20. Metasedimentos migmatizados do
Grupo de Laxe
Características xeolóxicas
20
Foto 21. Migmatita do Grupo de Laxe
Foto 22. Granitoide migmatítico do Grupo de Laxe
Fotos 23. Granito de dúas micas de Corrubedo
Fotos 24. Xenolitos no granito de Corrubedo
Fotos 23
Foto 21
Fotos 24
Foto 22
21
Introdución á minería no Barbanza
Cuarzos
Feldespato K
Biotita
Plaxioclasa
Moscovita
Foto 26
Foto 27
Foto 28
Fotos 25
Fotos 25. Granito do Barbanza
Foto 26. Microfotografía de Granito do Barbanza
Granodioritas
precoces
Foto 27. Plaxioclasa e moscovita no Granito do
Barbanza
Granodioritas
tardías
Foto 28. Outras rochas graníticas Hercínicas.
Mapa xeolóxico do Instituto geológico y minero
de España
Granito do
Confurco
Características xeolóxicas
22
Fotos 30
Foto 29
Foto 29. Granodiorita precoz, inicios da oroxenia
Hercínica
Fotos 30. Granodioritas tardías, finais da oroxenia
Hercínica
Fotos 31. Granodiorita tardía. O dolmen de Axeitos está
feito con este tipo de rocha
Foto 32. Granodiorita tardía. Microfotografía.
Foto 32
Feldespato
Potásico
Mica negra:
Biotita
23
Introdución á minería no Barbanza
Fotos 31
Foto 33
Fotos 34
Fotos 35
Foto 33. Enclave de sienita na granodiorita
tardía
Fotos 34. Granito do Confurco en Macenda
Fotos 35. Corrubedo: exemplo de ambientes
sedimentarios. Segundo F. Vilas y M.A. Nombela:
“El complejo de Corrubedo es un sistema de
playa-duna muy evolucionado. Reúne todos
los medios sedimentarios característicos de
complejos de este tipo”
Características xeolóxicas
24
Foto 36
Foto 37
Foto 36. Mapa minero-metaloxenético. Instituto Geológico y Minero de España (1982). Xunto ás
importantes mineralizacións de volframio e estaño en San Finx e o contorno de Noia, aparecen
outras como as de: La Cubeta, Piñeiro, Inglaterra e Xeniña con casiterita e tantalita con columbita
e berilo. Rúa Nueva con niobiotantalita. Parada e Armada con mispiquel (arsenopirita) e pequenas
proporcións de ouro. Entre as concentracións de minerais non metálicos cabería destacar as de:
Caolín, cuarzo, feldespatos e cianita.
Foto 37. Explotación de San Finx
25
Introdución á minería no Barbanza
Foto 39
Fotos 38
Foto 41
Foto 40
Foto 42
Fotos 38. As mineralizacións de San Finx aparecen en filóns
de cuarzo e pegmatitas: Casiterita, volframita, calcopirita,
molibdenita, pirita, bismuto, bismutina, blenda, galena,
estannita, pirrotina, mispiquel e óxidos de ferro.
Foto 39. Exemplares de casiteritas de Lousame no Museo de
Historia Natural da USC
Foto 40. Exemplar de volframita no Museo de Historia Natural
da USC
Foto 41. Exemplares de scheelitas no Museo de Historia Natural
da USC
Foto 42. Mostra de pegmatita de Lousame mineralizada con
sulfuros. Exemplar do Museo de Historia Natural da USC doado
por Teodoro Varela Radío
Características xeolóxicas
26
Foto 43. Exemplar de molibdenita de Lousame no Museo de
Historia Natural da USC
Foto 44. Exemplares de piritas de Lousame no Museo de
Historia natural da USC
Foto 45. Exemplar con grandes cristais de cuarzo e algunhas
piritas de Lousame. Museo de Historia Natural da USC.
Doado por Luis Estepa Vera
Foto 46. Situación dos filóns na área de Noia. En: La minería
de Galicia 1991. Ed. Consellería de Industria y Comercio.
Xunta de Galicia
Foto 47. Esquema do tratamento na mina de San Finx. En:
La minería de Galicia 1991. Ed. Consellería de Industria y
Comercio. Xunta de Galicia
Foto 43
Foto 44
Foto 45
Foto 46
Foto 47
27
Introdución á minería no Barbanza
Foto 48. Filón de cuarzo con turmalina. Minerais
do Barbanza no Museo de Historia Natural da
USC.
Foto 49. Berilo. Minerais do Barbanza no Museo
de Historia Natural da USC
Foto 50. Gran exemplar de cuarzo rosa de Ribeira,
doado por Juan Martínez Nuñez. Minerais do
Barbanza no Museo de Historia Natural da USC
Foto 51. Areas de ouro de Escarabote, doadas
por Castor Agra García. Minerais do Barbanza no
Museo de Historia Natural da USC
Foto 48
Foto 49
Foto 50
Foto 51
Características xeolóxicas
28
CONTRIBUCIÓN DAS MINAS DE SAN FINX (LOUSAME) Á HISTORIA MINEIRA
DO BARBANZA
José Manuel Álvarez-Campana Gallo, director da
Cámara Oficial Mineira de Galicia
Contexto general
La minería es una de las actividades económicas más importantes
en Galicia, no sólamente en la actualidad en que los sectores
extractivos (granitos, pizarras, lignitos) contribuyen de forma
importante a crear riqueza y empleo, sino también desde tiempos
históricos e incluso prehistóricos...legándonos un patrimonio
excepcional.
iniciativas medioambientales y culturales en marcha...como esta
que hoy exponemos...
Numerosos lugares y decenas de miles de familias han vivido
directa o indirectamente de las actividades mineras. En lugares
y períodos concretos, la creación de riqueza más importante –e
incluso en ocasiones la propia supervivencia- ha dependido de
yacimientos minerales (rarezas geológicas).
La naturaleza ha sufrido, lógicamente, transformaciones derivadas
de esta actividad, pero precisamente los nuevos planteamientos
orientados a la sostenibilidad y a la multifuncionalidad de los
espacios mineros pretenden convertir en nuevas oportunidades
lo que han sido importantes extracciones (p.ej., se pretende
crear dos grandes lagos a partir de las explotaciones de lignito
que concluirán en los próximos años) y hay otras importantes
29
Introdución á minería no Barbanza
Fotos 52. Mineral de estaño, filón de casiterita y lingote del museo de mina de
Poldark, Cornwall
Los yacimientos mineros de Galicia están presentes en la historia
universal de la minería desde la edad del bronce hasta la actualidad.
San Finx tiene una especial relevancia en esta larga historia
Es conocida la existencia de la ruta fenicia del estaño, a través de
la que este pueblo comerciante enlazaba desde Gadir (actual Cádiz)
los ricos yacimientos del noroeste peninsular con los de Britannia
y Cornualles (otro de los referentes históricos fundamentales en la
minería del estaño). Para esta época, la actividad minera de la zona
está acreditada por diversas labores superficiales en estudio que se
asocian a antiguas técnicas extractivas. En la península del Barbanza
se vienen encontrando importantes restos arqueológicos (castros
y petroglifos) de la edad del bronce, incluso con elementos que
atestiguan una metalurgia básica del estaño. Un metal estratégico
durante siglos en la economía del bronce.
En la baja edad media se constata de nuevo la explotación en Lousame
del estaño con destino al consumo local: los picheleiros, o talleres
de orfebres de estaño y plata en la vecina Santiago de Compostela,
situada a unos treinta y cinco kilómetros de las minas. La demanda
de los orfebres de Santiago, centro fundamental de peregrinación de
la cristiandad, superaba la producción de estaño de Lousame, por lo
que habían de completar su abastecimiento con estaño procedente
de la provincia de Ourense e incluso de Inglaterra.
...vengamos a Lousame...
Foto 53. Memoria de Joseph Cornide al Intendente General, año 1783
Minas de San Finx
30
Foto 55
Foto 57
Foto 54
Fotos 56
Foto 54. Isla de Sálvora, tal vez una de las
casitérides
Foto 55. Petroglifo Os Mouchos, Rianxo
Fotos 56. Economía del bronce y sus utensilios
(más de 1.000 años)
Foto 57. La ruta del estaño y sus variaciones en
el tiempo. Museo Poldark, Cornwall
31
Introdución á minería no Barbanza
Foto 58
Foto 59
Foto 60
Foto 61
Foto 58. Situación geográfica de Lousame y la mina San Finx
Foto 59. Modelo de minería subterránea y operaciones finales s. XIX y
principios s. XX
Foto 60. Vista general del poblado minero de San Finx (ver Cuartel Viejo en
1897 y Edificio de compresores en 1971).
Foto 61. Interior del Edificio de compresores. Visita del director general de
minas en 1971
Minas de San Finx
32
Foto 62
Foto 63
Foto 66
Foto 68
Foto 65
Foto 62. Pozo nuevo (sustituye a Pozo maestro en la década
de los 30)
Foto 63. Detalle del Pozo nuevo
Foto 64. Vista de las instalaciones. Mina San Finx (ver lavadero
y separadores)
Foto 65. Lavadero (actualidad)
Foto 66. Interior del Edificio de separadores magnéticos (uno de
los primeros equipos de este tipo en Europa en el siglo XIX).
Foto 67. Detalle separador magnético
Foto 67
Foto 64
33
Introdución á minería no Barbanza
Foto 68. Formación geológica de interés minero
Fotos 69. Cartografía geológica general
Fotos 69
Fotos 70. Cartografía geológica de superficie para
exploración minera
Foto 71. Cartografía de diques de interés minero
(explotación subterránea)
Fotos 70
Foto 71
Minas de San Finx
34
Fotos 74
Fotos 72
Foto 73
Fotos 72. Interior del yacimiento filoniano
(más de 3.000 metros de filones)
Foto 73. Filón de cuarzo mineralizado
estaño-wolframio (vista filón y detalle)
Fotos 74. Galería transversal Buenaventura
y boca de galería
Foto 75. Galería operativa y elementos de
servicio (vista 1971)
Foto 75
35
Introdución á minería no Barbanza
El estado actual del patrimonio industrial es el resultado
de un proceso complejo de agregaciones, superposiciones,
eliminación y conservación...
Foto 76. Bloque diagrama de la mina
En 1884 se inicia su
explotación bajo un
modelo racional de
aprovechamiento
minero. Es la familia
Burbury,
de
origen
británico, la que inicia
los trabajos del nuevo
modelo de industria
minera.
En año 1897, se establece la sociedad The San Finx Tin Mines
Limited, que constituye la PRIMERA EXPLOTACIÓN DE
WOLFRAMIO iniciada en España y una de las primeras de Europa.
Un halo de misterio envuelve el comienzo de la explotación de
wolframio precisamente en San Finx…
Para ello se acometen importantes inversiones con el objeto de
disponer de las instalaciones técnicamente más punteras para
la época (se destacan las separadoras magnéticas de bandas
cruzadas, las primeras separadoras electromagnéticas que se
montan en España; que hoy se encuentran en perfecto estado de
conservación) y se realizan considerables labores mineras. Esta
iniciativa representa el mayor auge industrial de Lousame en el
siglo XIX.
Poco después del final de la Guerra Civil española, en 1940, se
disuelve la sociedad británica, y la mina pasa a ser propiedad de
la empresa de capital español Industrias Gallegas, S.A., sociedad
que la explota durante los siguientes 25 años.
Hasta su cierre operativo en la década de los noventa, la mina
será propiedad de Gabriel Pérez (y posteriormente herederos de
Gabriel Pérez).
Foto 77. Cuartel viejo en año 1897
(aún existente)
Foto 78. Plano fábrica nueva
(antes de 1929)
Foto 79. Fábrica nueva, año 1929
(una referencia internacional en
diseño industrial de lavaderos
mineros)
Minas de San Finx
36
Patrimonio inmaterial. La mina de San Finx como escaparate
de evolución de la cultura y la tecnología
Foto 80. Diagrama de proceso de
producción del mineral
La cultura y la tecnología que se han desarrollado a lo largo de
los siglos representan un patrimonio inmaterial de gran valor.
La forma en que han evolucionado las prácticas mineras y
metalúrgicas, desde sus inicios en la parte oscura de la edad del
bronce, a partir de la separación de mineral en las arenas de los
ríos y de las playas, las zanjas excavadas para alcanzar los diques
(en las labores llamadas ‘fenicias’). La importancia del yacimiento
minero de San Finx en la cultura castreña de la edad del bronce, y
su relación con los procesos posteriores de romanización.
La cultura y papel de estos yacimientos mineros en la edad media,
y su tránsito lento de manos de científicos y técnicos, en el siglo
XIX hacia un modelo minero racional, con un proceso secuencial
y ordenado de extracción y preparación del mineral.
La aparición del wolframio como elemento de interés en la nueva
cultura de uso de la luz eléctrica y de los aceros especiales, el
movimiento de capitales y de tecnología que ocasiona la vital
extracción del estaño y wolfram en episodios bélicos (guerra
civil, segunda guerra mundial, guerra de Corea), los tránsitos y el
decaer de la actividad hasta la crisis mundial de los precios de los
metales de principio de los años noventa…
Un espacio que ha planteado un número creciente de
preguntas…
37
Introdución á minería no Barbanza
Las personas. Pequeñas historias.
La actividad minera genera una importante demanda de mano
de obra, llegando la mina a dar empleo estable a cuatrocientas
personas. Va surgiendo un poblado minero con las dotaciones
e infraestructuras: electricidad, agua, jardines, escuela, gerencia,
asistencia sanitaria, etc. Esta actividad, que se realiza bajo
CONDICIONES LABORALES MUY DURAS, viene a traducirse
también en tensiones sociales, pudiendo datar en 1918 la
aparición en este lugar de uno de los PRIMEROS MOVIMIENTOS
SINDICALES DE GALICIA
Se da una singular forma de explotación, junto a la sistemática
habitual, son los MINEROS DE MONTE, que buscan, seleccionan
y preparan fragmentos de roca y minerales para intermediarios,
representando un porcentaje muy apreciable de la explotación
Foto 82
Foto 81
Foto 84
Foto 83
Fotos 85
Foto 81. Edificio de la gerencia de la mina, hacia 1929
Foto 82. Practicando a “roubacha” no val mineiro de San Finx.
Foto 83. Trabajadores en día de fiesta, años 40
Foto 84. Visita del Director general de minas en 1971
Fotos 85. Trabajadores (maquinista y perforistas) hacia 1970
Minas de San Finx
38
En la Segunda Guerra Mundial, San Finx se convierte en un
foco industrial de interés estratégico con motivo de la llamada
“FIEBRE DEL WOLFRAM”. La población flotante crece hasta más
de mil personas que explotan superficialmente el wolframio para
venderlo a la propia mina e incluso a agentes de los gobiernos
británico o alemán. La roubacha se convierte en una práctica
habitual...
Proyecto mina de San Finx
Cuestiones abiertas por el espacio de San Finx (varios ejemplos):
- Papel de la minería de estaño (metal estratégico) del NW de
la península ibérica en los asentamientos y comercio de los
fenicios durante la edad del bronce
Proyecto de intervención en la mina de San Finx
En diferentes espacios, fundamentalmente en norteamérica y
europa occidental, existe una corriente científica de arqueología
industrial que ha venido también derivando en la puesta en valor
de estos sitios, con valores patrimoniales indudables y de gran
interés para el uso público.
Son buenos ejemplos el campamento minero Seawell en
la cordillera andina, declarado patrimonio de la Humanidad
recientemente, o –por analogía minera– el distrito de minas de
estaño de Cornualles, en el suroeste de Inglaterra, en donde se
están haciendo numerosas intervenciones...
- La conexión prehistórica con las minas de estaño de Cornualles,
- Efecto del cambio tecnológico global en la edad del hierro sobre
la economía minera del estaño
- Historia del espacio minero durante la romanización de la
península ibérica,
- Papel de San Finx en el mantenimiento de la orfebrería medieval
y moderna de Santiago de Compostela,
- Aparición y difusión de las técnicas mineras racionales que
aportan los británicos, o
- Claves socioeconómicas de los metales estratégicos (wolframio)
en los períodos de guerras.
39
Introdución á minería no Barbanza
Fotos 86. Minas de estaño Geevor y Poldark en Cornualles)
Manolo de Carril
40
JOSÉ MANUEL LÓPEZ GARCÍA “MANOLO DE CARRIL”, MEMORIA VIVA DAS
MINAS DE SAN FINX.
Unai González Suárez
Introdución
A Judit Ordóñez, neta do Sr. López e compañeira miña
Esta historia ben podería ter dúas datas de comezo, a primeira
sería o día no que vén ao mundo Manolo de Carril, o 11 de maio
de 1918, na Vila de Carril (Vilagarcía), fillo dunha costureira da
familia dos Capelláns, e orfo con ano e medio dun navegante dun
correo de pasaxe, tamén de Carril, e da familia dos Cortadores. A
segunda data que podería dar comezo a este relato sería o 6 de
xaneiro de 1935, ano no que José Manuel López García aparece
en San Finx como axudante de almacén, por mediación dun tío
seu torneiro da mina, e cun salario de 2.50 pesetas ao día.
que era nesta parroquia todos os primeiros de agosto, e acudía,
sen faltar un ano, todo o persoal da Mina por darlle a xornada
festiva o xerente de San Finx; onde outros personaxes como Don
Teo, o médico da mina, fixo alí boa parte da súa humanitaria obra
cos máis pobres; ou o Señor Comparado empezou o negocio do
transporte cunha camioneta que incluso foi monte abaixo nunha
curva un día que ían para Noia; ou onde Don Manuel, cura de
Fruime, agachaba fuxidos do fascismo, e celebraba misa na parte
de atrás da Escola Nova…
Pero este artigo non pretende ser unha análise científica nin
histórica sobre a minería en Lousame, nin sobre a “crise ou febre
do wolfram” nin sobre o estraperlo de posguerra onde tantos
listos se enriqueceron coa desidia das autoridades afíns aos seus
negocios prósperos, lixentos, nin sobre a Guerra de España, os
represaliados ou escondidos no monte… Tan só nace como un
relato de vida, unha aproximación con alma e corazón a unha
persoa que pasou media vida, a máis importante da súa existencia,
en San Finx de Lousame, onde a maior festa se facía na honra de
Santa Bárbara, patroa da minería, e non de San Finx de Vilacova,
Esta historia é testemuño fiel de José Manuel López García, e polo
tanto sobran os efectos especiais e a ornamentación. Existen xa
feitos históricos que son imposibles de maxinar e que conformaron
os trinta anos de estancia de Manolo de Carril nesta explotación
mineira. E as nove décadas que este home vai facer o vindeiro
maio florido, cumprindo así cun dos seus propósitos; isto é, vivir
humildemente, sen riquezas, pero coa forza suficiente para axudar
os demais, enchendo o mundo de consellos, e exemplificando o
dito máis universal e verdadeiro: sabe máis o Demo por vello que
por Demo.
41
Introdución á minería no Barbanza
Nenez e chegada a San Finx
O Señor López, como é coñecido na súa Ribeira de adopción,
viviu en Carril e Bouzas a súa nenez. Alí trasladouse coa súa nai
cando quedou orfo de pai, e logo en Vilagarcía, onde mentres
súa nai cosía, el estudaba no Colexio Alfonxo XIII, e na casa cun
profesor particular, que lle ensinou matemáticas e contabilidade
ata os 15 anos. Tamén estudou música e aprendeu a tocar a
bandurra na Rondalla do Gato Negro, que se estreou con sesenta
compoñentes o sábado de Entroido de 1933. Cedo deixou a
Rondalla, o grupo de amigos e a familia para ir traballar á Mina de
San Finx, en Lousame, empezando de axudante de almacén cun
salario de 2.50 pesetas ao día, e traballando de luns a sábado,
aínda que pouco neste último día porque estaba implantado o
sábado inglés. Era 6 de xaneiro de 1935, tiña dezasete anos,
e empezou levando as contas e vales do almacén da man de
Anastasio Yéboles, natural de Valladolid. No almacén había todo
tipo de ferramentas e material, que se compraba en Coruña e
Padrón aos ferrancheiros. Neste almacén estivo de encargado un
mes, no que Yéboles casou, e bastante tempo despois da guerra;
ao longo da súa vida en San Finx foi combinando este labor co
de contable na oficina, e de encargado do economato. Todos os
meses se levaba a contabilidade. Este salario pagábase á semana
e por día, mentres que os mineiros cobraban por quincenas un
fixo e un complemento por produtividade; o soldo chegou a ser
de cinco pesetas diarias antes de marchar para o Servizo Militar
e a Guerra. Alí mantivéronlle o salario ata o ano 1940, mandando
parte do mesmo á súa nai, que era viúva.
Antes da guerra, en San Finx había almacén, serradoiro, oficinas,
escola (a vella), electricidade, teléfono propio, vivendas e transporte
público. Traballaban unhas oitocentas persoas, das que a metade
vivían alí, e o resto paraban nas parroquias veciñas: Vilacoba,
Lousame, Fruime… Moitos dos traballadores eran de Lousame
e de Noia, pero tamén había portugueses, andaluces, e da zona
de Arzúa. Os directivos, ou cargos de responsabilidade, eran
ingleses, rusos (que viñeron cando pechou a Mina da Magdalena
(Lampón-Boiro), e casteláns. Alfredo Burme era o xerente (inglés),
vivía coa muller, que era mexicana, e tiña tres fillas e dous fillos,
e tiñan casa propia á que a xente chamaba “A Gerencia”. Tiña un
fermoso xardín con eucaliptos traídos de Australia, piscina, e a
bandeira inglesa no salón onde celebraban almorzos e ceas con
personaxes de importancia. Ao estalar a guerra, o xerente e a súa
familia foron vivir a Vigo, e logo viña pasar temporadas, aínda que
seguía dirixindo a mina ata que foi vendida a Industrias Gallegas
SA, no comezo da década dos 40.
San Finx estaba explotada por unha compañía inglesa dende
1834, propiedade da familia Burbury. A sociedade The San Finx
Tin Mines Limited, establecida en 1897, realizaba a extracción do
mineral baixo un modelo racional de aproveitamento mineiro,
constituíndo a primeira explotación de volframio realizada en
España, e unha das primeiras de Europa. Fora descuberta e
explotada polos fenicios con sondaxes na Idade de Bronce,
formando parte da ruta fenicia do estaño que ía dende Gadir
(Cádiz) a Britannia e Cornualles. O primeiro emprazamento era
no Pozo Vello. A organización inglesa era matemática en canto a
Manolo de Carril
42
traballadores, recursos, equipamentos, etc; tiñan un sistema de
electricidade propio, cunha pequena central no río de Vilacoba
(parroquia, como a grande maioría naquela época, onde non
había enerxía eléctrica), e no verán, pola escaseza de auga,
tiñan un xerador de gasóleo, que proporcionaba electricidade ás
vivendas, pozos e edificios da Mina, incluso ao alumeado da rúa,
que se instalou a comezos da década dos 50. Tamén contaban
cunha liña de teléfono propio, e privado, a Noia. O xacemento
contou con zonas de extracción a ceo aberto (denominadas
Central, Buenaventura, Castiñeiros, Phoenicia e Ernesto), e
pozos transversais, como o Pozo Maestro, Pozo Novo, Pocito,
Explotación Silva e as bocaminas Poblado e Revolta.
Había vivendas no lugar do Páramo, xunto á entulleira, casas
baratas onde vivían mineiros, obreiros e as súas familias nun
principio; e logo, tamén, xente das aldeas veciñas. Aquí viviu José
Manuel, de solteiro, na casa de seu tío o Torneiro, antes de levar
á súa nai para a Mina. Tamén tiña casa Don Teo, o médico, á que
chamaban Regos. Na casa Azul viviu máis tarde José Manuel, con
súa nai, estando solteiro e acabado de chegar da guerra, no ano
40. Máis tarde (xa nos anos 50) viviría na Casa do Almacén, coas
súas fillas Ángeles e Cristina, nadas alí, e a súa muller Fina, que
foi mestra na Mina, en Tállara e Moimenta; esta casa tiña dúas
vivendas, a de José Manuel e a de Dona Maruja e Don Florindo:
a primeira era mestra titular da Mina, e o segundo, o seu home,
traballaba na oficina, e máis tarde sería alcalde de Lousame. Logo
estaba A Gerencia, que era grande, con moita horta. Toda a mina
estaba plantada de cerdeiras, e na súa época apañaban a froita a
43
Introdución á minería no Barbanza
cestos, para consumo propio, e para vendela as mulleres en Noia,
Lousame, Fruime ou Tállara.
Contaban con taller mecánico, con oito obreiros e un encargado,
Ramón. Neste taller traballou como mecánico o pai de Aguado,
o que tiña unha casa de comidas en Ribeira, na rúa Santa Uxía.
Había tamén o taller de carpintería, con encargado e cinco
obreiros. Serradoiro, con tres obreiros, cuxa madeira recollía o
crego de Vilacova, que a mercaba nos piñeirais das aldeas do
arredor. Taller eléctrico, con encargado e tres obreiros. Unha das
máis importantes construcións tivo lugar no 1940, o Castillete do
Pozo Novo. Tiñan tamén compresor, que xeraba aire para todos
os martelos dos mineiros, que producían po, e morría a xente
por silicose. Logo, incorporaron martelos de auga, que mollaba
o mineral antes de moelo, aínda que a enfermidade cebábase
igual cos traballadores. Pese á falta de medidas de seguridade, xa
que só contaban cos martelos de auga e con cascos, non foron
moitas as mortes por accidente acontecidas na etapa que José
Manuel estivo en San Finx. Vagamente recorda dous mortos, un
encargado e un mineiro, ao quereren afundir un pozo e non saíren
a tempo: a dinamita estoupou con eles dentro e afundíronse na
terra. Os labores de busca dos cadáveres duraron varios días.
Non houbo economato ata despois da guerra. Tiñan que comprar
a comida en Noia, e a encargada era a nai de Ons (que foi alcalde
desa vila), e o seu marido, o Señor Manolo, que recollía os encargos
ao teléfono, en Noia. Mandaban un cesto (só o persoal de oficina)
cun cadeado, e cunha nota, para que a señora fixese a compra;
ao morrer esta, quedou Lolecha a Ceboleira de encargada. Tiñan
unha muller que levaba os cestos dende San Finx, e chamábanlle
A propia. O transporte era do Señor Comparado; el era o chofer
da Mina, e tiña unha camioneta para ir ao mercado, a Noia, só
os domingos. A anécdota está nun accidente acontecido nunha
destas viaxes: nunha curva foron polo monte abaixo, quedando
todos indemnes logo de dar a camioneta dúas voltas de campá.
A xente tamén ía moito a pé, facendo doce quilómetros pola
estrada, e sete polo atallo, que era polo monte e varias aldeas.
Na Mina había unha vida tranquila. Todos e todas se levaban ben.
Era coma unha aldea, con vida propia, con verbena o 4 de decembro,
festividade de Santa Bárbara, onde as Ceboleiras cantaban coma
anxos nunha Misa de campaña, oficiada polo cura de Fruime,
no camiño entre as oficinas e o almacén. O nivel económico era
superior ao das xentes do campo. En Nadal, Aninovo e Reis a
xente das aldeas veciñas ía cantar panxoliñas á Mina, para recibir
un aguinaldo do xerente, do médico, dos encargados, e ata dos
traballadores. Os servizos cos que contaba San Finx eran propios
da empresa; con todo, beneficiaban as aldeas veciñas, indo a
xente desas parroquias á escola do Páramo ou á clínica de Don
Teo. Porén, non era doada a vida dos mineiros, que empezaban
primeiro de paleros, acarrexando e limpando terra nos pozos
e nas galerías, logo de axudantes de mineiro, para seleccionar
o material, e, finalmente, de mineiros. As xornadas de traballo
eran de sete horas, e a dos oficinistas de oito. Moitas mulleres
traballaban tamén na fábrica para escoller, lavar e seleccionar o
mineral. Houbo, así mesmo, tres mestras; a primeira deu escola
abaixo, na entulleira; e logo foi Delfina Castro Abeijón, muller de
José Manuel, que non era mestra titular, pero poñía escola por
non haber aínda praza para San Finx. A ensinanza era de día para
os cativos, e de noite para os adultos, que querían alfabetización
básica e matemáticas. Tamén poñía escola na casa do Almacén
para os rapaces das aldeas do arredor que non podían ir á escola
por teren que traballar. Fina foi a primeira en impartir clase na
Escola Nova, acabada de construír, e sen mestra titular, aínda que
máis tarde viría unha mestra de Santiago, pagada pola empresa
administradora da Mina. Ao pouco tempo a escola pasou a ser
propiedade plena do Estado, polo que enviaron unha mestra con
praza propia, Dona Maruja, que deu clase no novo edificio do
Páramo ata o progresivo e practicamente definitivo abandono da
Mina, a finais dos 60.
A Guerra de España
O 18 de xullo de 1936, o que fora o xeneral máis novo de Europa,
levantouse en armas no Norte de África contra o Goberno
democrático da II República Española, sendo secundado por
algúns dos xefes das distintas Rexións Militares na Península.
Así, Francisco Franco Bahamonde comezou a súa cruzada contra
os comunistas, “rojos” e masóns, que ameazaban a unidade do
imperio.
José Manuel López García era fillo único de viúva, polo que non
tiña que ir á fronte, nin cumprir o Servizo Militar, pero estaba na
reserva. Isto fai que, con 19 anos, no 1938, se incorpore como
Manolo de Carril
44
quinto de infantería de mariña. Foi para o Ferrol (aínda sen apostila
“del Caudillo”), e alí permaneceu dez días facendo a instrución,
para logo ser destinado a Palma de Mallorca, onde estivo de
febreiro a agosto dese mesmo ano. De Mallorca trasladáronos
aos Perineos, á poboación de Sort (Lleida). Agregado a unha
bandeira de Falange, conformaban a compañía de metralladoras.
Estiveron de retén ata a “Toma de Barcelona”, e logo marcharon
a Pamplona. Pero como os falanxistas e os requetés levábanse
mal, houbo novo destino a Santander, e finalmente a Cartaxena
onde se licenciou. Estiveron oito días nun tren de carga dando
voltas pola meseta, porque non sabían a onde mandalos, dado
que Madrid xa fora “liberado”.
da Compañía, xa que eran escasos os alimentos, e o control do
economato era severo canto á alimentación. Dende San Finx houbo
unha recomendación para José Manuel, que viña da muller de
Carlos Andreoletti, un topógrafo ruso que viñera de Lampón-Boiro,
da Mina da Magdalena, unha vez vendida esta. A recomendación
foi fundamental para salvarlle a vida, xa que obrigou ao médico,
Tenente da Compañía, a administrarlle ao paciente un antibiótico
en vea, medicamento que estaba reservado só para os de máis
alto rango militar debido á súa escaseza.
Na guerra, por ter estudos e recomendación, e a pesar de estar
en varias frontes en Catalunya, e entrar en combate varias
veces, tocoulle a maior parte do tempo desenvolver a función
de escribente, realizando partes de baixa, nóminas mensuais,
control de correspondencia… Por sorteo, e en varias ocasións,
tivo que estar en primeira liña de fronte, ao igual que o escribinte
do comandante, e grande amigo del. Debido á recrudescencia das
técnicas militares e á utilización de armas químicas tiveron que
formarse en materias de combate e protección; e así, mandáronos
a Sort a facer un cursiño antigás durante oito días.
Unha vez recuperado ascendérono a Cabo, e nomeárono axudante
do Brigada encargado do libro de contas e manutención no pobo
de Sort. A anécdota está nun día no que anunciaron inspección
dos libros, e había nos mesmos unha diferenza de 100 ptas. dun
vale extraviado polo Brigada, polo que tiveron que volver a pasar
o libro vello a un novo toda unha noite. Tamén tivo problemas cun
Oficial, porque o mandaron para a casa cun permiso e non recibiu
notificación para volver, e ao regresar quixo cortarlle o pelo como
sanción de desobediencia; interveu o Sarxento a favor de José
Manuel, e díxolle ao Oficial: “Antes de cortarle el pelo a López
me lo cortas a mi si tienes cojones”, polo que a sanción non tivo
efecto, e a partir daquel día converteuse, en certa medida, nun
dos protexidos da compañía.
Foron case tres anos os que pasou José Manuel na contenda
militar. No decurso dos mesmos púxose moi enfermo debido a
unha doenza estomacal, producida seguramente por froita ou
setas silvestres ás que era moi dado o cociñeiro mallorquino
No ano 1940 regresou a Carril uns días de descanso; e xunto
coa súa nai trasladaron a vida familiar para a Mina de San Finx,
onde conservaba emprego e posto por ter combatido no Bando
Nacional e vencedor da contenda militar, mérito que non era tan
45
Introdución á minería no Barbanza
satisfactorio na persoa de José Manuel, xa que como moitos, e
a pesar de considerarse apolítico, tivo que verse loitando contra
ideais que compartía na meirande parte.
A volta a San Finx na Nova España
A miseria e a fame invadía unha España en anacos, nas capitais
eran maiores os odios e as vinganzas, escaseaban os alimentos, as
menciñas e a roupa; amoreábanse os entullos. Na aldea, todo era
mellor, aínda que non perfecto; non escaseaba o alimento porque
había agro e leiras que traballar, mariscábase na ría, e o gando,
aínda que fraco, andaba ceibe polos prados e daba leite e carne
fresca: os territorios que antes caeran sen oposición eran os que
agora mellor sobrevivían.
José Manuel, cos petates, e acompañado da súa nai, trasladouse
de Carril á Mina para emprender unha nova vida; instaláronse na
Casa Azul cun can chamado Tom. En San Finx había moitos que
non regresaran; algúns morreran, e outros tiveron que escapar
para o monte, agochados e perseguidos: comían onde lles daban,
e durmían sobre o palluzo nas covas dos outeiros ou nos pozos
de labranza. Un irmán do seu tío, que fora Secretario da CNT en
Vilagarcía, estivo escondido na casa do cura de Fruime, ata que
se beneficiou da amnistía por non estar manchado de sangue.
Nesa zona, e xa na Posguerra, non houbo moitas represalias,
aínda que a garda civil apresou algúns, e matou un asturiano que
fora delatado polos mesmos compañeiros, por medo a que as
súas borracheiras desen pistas de onde se agochaban, e que, por
non ser reclamado, foi soterrado na parroquia de Lousame, no
cemiterio de Seoane.
A xente das aldeas de Lousame e Noia axudaron moito aos
escapados, e aínda que algúns se dedicaban á pillaxe, non houbo
demasiados problemas naquelas terras. Polas noites baixaban a
coller víveres e comer, e moitos estaban escondidos nas casas
de curas ou falanxistas. A maioría ían meter algo no bandullo a
Tállara, á casa matriz de Dona Fina, a muller de José Manuel, xa
que súa nai, a Señora Ramona, tamén viúva, tiña unha taberna
e ultramarinos, e sempre foi dada a axudar os necesitados.
Nunha ocasión, un dos fuxidos roubou os cartos da quincena
dos mineiros; Pedro Martín Posch era o xefe de contabilidade e
pagador, e foi o que sufriu o contratempo ao vir de Noia: asaltado
cunha pistola, tivo que entregar 14.000 pesetas do ano 1940,
destinadas ao salario do persoal.
Acabado de chegar á Mina, e pese a conservar o seu posto na
oficina, foi nomeado encargado do almacén. Por orde interna (e
seguramente gobernamental) creouse o economato, só para os
empregados de San Finx, sendo José Manuel, pese a opoñerse, o
primeiro encargado do mesmo. No economato había todo tipo de
alimentos, e en moita cantidade, subministrados aos traballadores
da Mina con cartillas de racionamento propias, seladas no Concello
de Lousame, aínda que non eran do Goberno.
Chegou a San Finx un enxeñeiro de minas de Madrid, e trouxo con
el a familia. Tamén vén Don Juan Casal, que era profesor mercantil,
e tivo que marchar por saber inglés e sentirse ameazado o xerente
Manolo de Carril
46
polas negociacións que este último facía con certos personaxes;
recordemos que era a época da “febre do wolfram”, e este
mineral estivo moi cotizado na II Guerra Mundial, vendéndose
aos dous bandos da contenda: por un lado transportado ao porto
de Taragoña en camións para venderllo aos alemáns, e polo outro
ao lombo de burra a Noia, para levalo a Portugal e venderllo aos
británicos e aliados da contenda. Pouco despois, a finais do ano
1940, o xerente, Don Alfredo Burme, marchou coa súa familia, e
instalouse en Vigo, aínda que seguía controlando a explotación
mineira con visitas periódicas. Na oficina traballaban oito persoas;
Don Gonzalo Murientes Durán, que era inspector de facenda
relegado do servizo por causa da guerra, era o xefe de persoal e
de oficina; tamén estaban Martín Posch, Don Florindo, Andrés,
que era fillo do Santeiro de Tállara, Andrade, e o Sr. López,
protagonista desta historia.
Na década dos 40, a explotación de San Finx mellorou
considerablemente; os equipamentos foron revisados pola nova
administración e xerencia da Mina, Industrias Gallegas S.A., do
Banco Pastor. Pese a reducir o persoal de mineiros e obreiros,
debido á modernización dos talleres de carpintería e de mecánica,
así como da propia oficina, incorporouse novo persoal coa
creación de postos que antes non existían, como dous vixilantes,
un par de peóns camiñeiros, que amañaban a estrada, de San
Finx ao Confurco, e obreiros que amañaban os camiños da Mina.
Instalouse tamén un posto da Falanxe acabada a guerra, e máis
tarde un da Garda Civil, debido ao incremento do estraperlo e á
pillaxe dos fuxidos e agochados no monte.
47
Introdución á minería no Barbanza
Existiu unha amizade moi grande entre Don Teo (Teodoro Idalgo
Iglesias), médico da Mina, e José Manuel, xa que fora forxada
durante anos. O Señor López foi para a Mina en xaneiro de 1935,
e Don Teo en xuño dese mesmo ano; eran longas e profundas os
faladoiros que celebraban na Casa do Almacén, e no Liceo de Noia,
filosofando sobre a vida e os novos tempos… José Manuel e Fina
tamén tiñan estreita relación con Don Manuel, cura de Fruime,
xa que a iniciativa desta parella, e financiada practicamente por
eles, foi posible habilitar unha pequena capela na parte traseira da
Escola do Páramo, onde se fixo un Altar cunha porta corredoira, e
unha imaxe de Santa Bárbara, propiedade de Don Luis Estepa, o
que fixo posible celebrar Misa na Mina todas as semanas.
Froito destas relacións de amizade entre compañeiros, e da
admiración e respecto que Don Teo, José Manuel e o outro
persoal lle tiñan ao xerente, Don Alfredo Burme, e ao Xefe de
Persoal, Don Gonzalo Murientes, foi a adquisición e colocación
dun cruceiro no alto do monte, no ano 1940. A iniciativa xurdiu
principalmente de Don Teo; o canteiro foi Andrés Castaño Castro,
O Santeiro de Lousame, e tío de Fina, dona de José Manuel.
Á festa asistiron entre outros, Alfredo Burme, José Quintillán,
Andrés Castaño e o seu fillo, Teo Idalgo, José Manuel López,
Carlos Andreoletti, Gonzalo Murientes, Ramón de Comparado,
Manuel Martínez e o seu fillo, e algúns mineiros de San Finx, que
foron os que costearon o cruceiro. Desta obra só se conserva na
actualidade a base e o capitel, na que consta a seguinte inscrición,
“A don Alfredo Burme y a don Gonzalo Murientes Durán. Dos
hombres buenos”.
Debido á Orde Gobernamental de nacionalización do capital
estranxeiro en España, a Mina foi adquirida por empresas españolas,
absorbida por Industrias Gallegas SA, propiedade de Don Pedro
Barrié de la Maza. Esta orde trouxo parella as axudas económicas
para estas adquisicións, así como para formación e reciclaxe dos
traballadores, das que en certa medida se beneficiou José Manuel
e outros tres compañeiros no ano 1958, realizando unha viaxe a
Sevilla para faceren un curso na Sección de Capacitación Social
da Universidade Laboral “José Antonio Primo de Rivera”. Viaxaron
dous traballadores da oficina (Pepe de Marracín e Manolo
de Carril) e dous obreiros, un electricista e un garda nocturno,
pasando pouco máis dun mes na capital andaluza, e obtendo un
certificado que acreditaba os coñecementos adquiridos, citando
textualmente que José Manuel López García facíase “acreedor por
su aprovechamiento y ejemplaridad a Distinguido”.
Máis tarde viñeron uns andaluces, persoal administrativo e mineiro;
un era de Córdoba, das Minas de Peñaroña, e era topógrafo;
chamábase Luis Estepa, e quedou ata o ano 1964, no que marchou
José Manuel para levar a contabilidade de FRINSA, en Ribeira,
con Don Joaquín Otero. Esta xestión foi realizada por Don Luis, xa
que a Lei Estatal, que obrigaba a nacionalizar o capital estranxeiro
en territorio español, propiciou o interese do Marqués de Revilla
pola adquisición da explotación, dado que tiña unha Mina ao lado
para facer as guías. Pero a compra non prosperou por pedirlle
moitos cartos, facéndose Industrias Gallegas do Banco Pastor
de Barrié de la Maza con esta propiedade durante vintecinco
anos, pasando logo a mans dun novo propietario, a Comunidad
de Herederos de Gabriel Pérez, que abandonou a explotación
da mina no 1989. Por recomendación de Estepa, e sabendo do
interese de Industrias Gallegas por desfacerse da Mina, no ano
1964 foi José Manuel para Ribeira de responsable da oficina de
Foto 87. Delfina Castro, muller do Sr. López, coas súas fillas
Ángeles e Cristina na Gerencia (Casa do Xerente Alfredo
Burme) da Mina de San Finx, ano 1958.
Foto 88. En Sevilla; o Sr. López con tres compañeiros da
Mina (un garda nocturno, un electricista e un oficinista),
e outros compañeiros de curso na súa estancia na
Universidade Laboral en 1958.
Manolo de Carril
48
Frigoríficos del Noroeste SA, sendo o primeiro controlador de
pesos de túnidos no Barbanza, tarefa que se realizaba na báscula
de camións de CONRESA, fábrica de fariña de peixe situada no
lugar do Touro, en Santa Uxía.
o Señor López, espírito inquedo e á vez tranquilo. Sen dúbida
unha persoa á que un está encantado de coñecer, agradecendo á
existencia a oportunidade de atopar no camiño a un ser humano
excepcional e único.
Remata así un relato de vida, un anaco da historia de José Manuel
López García no transcurso de tres décadas na Mina de San Finx
(Lousame); unha historia latente aínda na lembranza deste home,
Foto 90
Foto 89
Foto 91
Foto 89. Don Teo Idalgo, médico da Mina, co seu cabalo Wolfram e o seu can
en San Finx, ano 1944.
Foto 90. Inauguración do cruceiro de San Finx en 1940; están o xerente Alfredo
Burme, José Quintilláns, párroco de Fruime; Andrés Castaño Castro, autor
da obra, co seu fillo Andrés; Teo Idalgo, médico da Mina; Carlos Andreoletti,
topógrafo; Gonzalo Murientes, xefe de personal; J. Manuel López, contable;
Ramón Comparado e o seu fillo, propietarios de Autos Comparado; Manuel
Martínez, empresario, co seu fillo; Ramón Tubío; Francisco Aguado; Manuel
Ces, encargado de taller de carpintería; Andrade, oficinista; Serbia, encargado
de electricistas; Jesús, garda, e varios mineiros.
Foto 91. José Manuel López e Manuel Ces, encargado do taller de carpintería,
no homenaxe a Doña Antonia de la Torre, o 23 de maio de 1964.
49
Introdución á minería no Barbanza
Foto 92
Foto 93
Foto 95
Foto 94
Foto 92.: José Manuel López con compañeiros da Mina de San Finx, na Romería de San Cristóbal na aldea de Ces.
Foto 93. Delfina Castro, muller do Sr. López, coas súas fillas Ángeles e Cristina na horta da Casa do Almacén, onde vivía
a familia en San Finx. Ano 1957.
Foto 94. José Manuel López e a súa dona Delfina Castro, diante da Casa do Almacén onde vivían na Mina. Ano 1956.
Foto 95. Sevilla, febreiro de 1958. Imaxe grupal, onde está José Manuel López, da 5ª Promoción da Sección de
Capacitación Social da Universidade Laboral “José Antonio Primo de Rivera”.
Manolo de Carril
50
Foto 96. Judit Ordóñez, neta do Sr. López, nas oficiñas da Mina de San Finx. Ano 2001.
Foto 97. Certificado de José Manuel López, acreditando os estudos realizados na
Universidade Laboral de Sevilla, no ano 1958.
Foto 98. Manolo de Carril
Foto 96
Foto 98
Foto 97
51
Introdución á minería no Barbanza
Testemuños de José Manuel López García
Imaxes de José Manuel López e Delfina Castro
Colaboración de Ángeles e Cristina López Castro
Tratamento de imaxes de José M. Pérez “Mariscal”
Manolo de Carril
52
ACHEGAMENTO AO ESTUDO DA MINA DE ESTAÑO DE LAMPÓN
Blanca Caamaño González, Catedrática de Xeografía e Historia
A mina obxecto deste estudo está situada ao sur da provincia da
Coruña, no concello de Boiro, pertencente ao partido xudicial de
Ribeira, no lugar do Cobo, aínda que os terreos onde estiveron
establecidas (e algunhas aínda están) as instalacións para a
explotación do xacemento son coñecidos como “A Mina”. Estes
lugares están adscritos á parroquia de Santiago de Lampón.
Emprazada nas estribacións meridionais da Serra do Barbanza,
explicada desde o punto de vista xeolóxico, de xeito excelente
noutro apartado desta publicación pola profesora da USC, Dona
Carlota García Paz, posúe as características xeomorfolóxicas deste
bloque, erguido bruscamente no Terciario entre as Rías de Arousa
e Muros, cortado por fallas en todas as direccións, ben que
predominen as de dirección NO-S.
Desde o punto de vista histórico, esta mina experimenta un proceso
de aculturación que vai desde a Prehistoria ata os nosos días. As
primeiras noticias que temos dunha posible primeira explotación,
xa sexa desta mina ou das circundantes, é o achado de dúas
machadas de bronce nunha cova, hoxe perdida, no Castelo de
53
Introdución á minería no Barbanza
Vitres, que foron entregadas nos anos posteriores á Guerra Civil ao
entón farmacéutico de Cespón D. Carlos Ferreño. Se ben non se
atoparon restos de explotacións fenicias, probablemente porque
non se buscaron, a súa presenza parece quedar testemuñada por
explotacións inglesas, das que nos ocuparemos máis tarde, pero
que sabemos seguían as prospeccións do estaño abertas polos
fenicios. A este respecto hai que lembrar que estamos dentro da
ruta das Casitérides, que chegaría ata Cornualles, previo paso por
estes xacementos.
A presenza dos Romanos está testemuñada polos fragmentos
de cerámica atopados en Vitres, analizados por D. Carlos Alonso
del Real, e por el depositados no Departamento de Prehistoria
da USC., e pola chamada “Calzada Romana”, que xa López
Ferreiro consideraba que era un ramal da “Per loca marítima” que
atravesaba o Barbanza ata o Castro de Baroña, servindo de acceso
ao campamento da Legio Vectris, que parece ter estado ubicado
no devandito Castelo de Vitres, no que apareceron moedas que
gardaba D. Fermín Bouza Brey. Se ben é certo que os romanos
buscaban ouro principalmente, tiveron que buscalo cerca das
extraccións de estaño, nos ríos e regatos nos que aparecía en
forma de pebidas. A calzada, debido á súa continua reutilización,
sufríu reformas tales como as medievais, que quedan patentes nas
forzas de sustentación laterais visibles en varios lugares e analizadas
polo citado profesor Alonso del Real. A última das reformas foi
levada a cabo polos presos do Campo de Concentración da Pobra
do Caramiñal, segundo as noticias recollidas polo avogado das
minas, D. José Caamaño Caamaño, e unha testemuña anónima
de Mosquete, que decían que fora restaurada para facilitar aos
alemáns o acceso a un posto de observación que tiñan para
controlaren o comercio do volframio durante a Segunda Guerra
Mundial. Os estudos sobre este mercado hispano-alemán
confirman esta hipótese con suficiente rigor.
Sabendo a importancia que o estaño tivo na ourivería, medieval
e para a industria conserveira que tanto auxe tivo nesta comarca,
poderiamos pensar que, dun xeito ou doutro, estas zonas seguiron
sendo explotadas nun proceso máis ou menos discontinuo que nos
leva ata a primeira explotación contemporánea, a dos ingleses, xa
que no 1920 xa hai testemuñas que recordan que a mina tiña un
encargado e estaba funcionando. Dado que “The Phoenicia tin
Mines” estaba explotando o próximo xacemento de San Finx, a
mina que nos ocupa debeu comezar a súa moderna andadura coa
citada compañía na explotación chamada “Inglaterra”, como nos
recorda o nome da galería principal de entrada : “ A Inglesa”.
“Estañífera de Arosa” (seguindo o estudo feito por Joám Carmona
Badía, a ”gran empresa“ en Galiza : un primeiro achádego aos
cambios no grupo das maiores empresas entre 1930 e 1973,
publicado en Internet) como unha S.A. mineira, con domicilio social
en Madrid, ocupando o lugar 17 entre as 50 maiores empresas de
Galiza no ano 1930, segundo os seus activos netos. Neste estudo
figura como ano de construción da citada sociedade 1929 pero,
segundo consta na Acción ordinaria nº 0490 que acompaña este
traballo (Foto 100), a ”Estañífera de Arosa S. A.” foi constituída
por escritura pública outorgada en Madrid ante o notario, D.
Toribio Gimeno Bayón, o 21 de xaneiro de 1930, cun capital social
de 4.500.000 pesetas. Polas razóns aducidas na Introdución, non
imos tocar agora os nomes dos galegos directamente implicados
na construción e constitución da Sociedade; si sinalaremos que
Foto 100
No 1929 a devandita compañía inglesa vende San Finx e,
coincidindo coa venda e desaparición da compañía, aparece a
Mina de estaño de Lampón
54
na HISTORISCHE WERTPAPIERE HIESS-BERGBAU/ /MINEN/
HUTTEN, levada a cabo por Karl Ludwig Hiess, e publicada
en Internet coa data de 15-04-2007, podemos observar que a
compañía alemana posuía accións na Estañífera, porque aínda que
os capitais alemáns estaban presentes en moitas das sociedades
españolas, o feito de que aparezan na que nos ocupa subliña a
súa importancia.
Inda que A “ESTAÑÍFERA DE AROSA S.A.”, como tal entidade,
perdura polo menos ata os anos 60, data na que se venden tanto
as instalacións como a maquinaria, os seus intereses desprázanse
deste xacemento de estaño, seguindo o devir da Historia. Deste
Foto 101
modo, na postguerra civil española, sobre os anos 49, 50, as
instalacións deixan de funcionar e, como veremos, o que se
extrae xa é á marxe do proceso industrial que houbera ata ese
momento. Este feito vén corroborado polo mapa do GRUPO
MINERO DE BOIRO nº 2, (Foto 101) realizado a escala 1: 10.000,
en Vilagarcía, en decembro de 1951, por un enxeñeiro de minas
de firma ilexible, onde aparece claramente reflectido o territorio
que abranguían as explotacións de estaño, sen aparecer xa como
tales, mentres que si aparecen nomeados e numerados outros
xacementos fóra desta liña de sinalización.
O funcionamento da mina a través das instalacións que
había cando estaba en actividade, e os restos que quedan
daquelas.
A través dos testemuños orais das persoas citadas nas fontes
puidemos facernos unha idea bastante clara de como funcionaban
estas minas, de que instalacións e maquinaria dispuñan, e de
como se utilizaban para a obtención do estaño.
Dun xeito aproximado, na perspectiva aérea (Foto 102) podemos
observar os terreos onde se sitúan parte das construcións
sinaladas na reconstrución hipotética, levada a cabo por D.
Pablo Payo Cangado (Foto 103). As primeiras construcións foron
unha primeira casa metálica onde se gardaba a maquinaria
grande, e non consta na reconstrución porque somentes queda
unha plataforma de cemento; está situada á dereita, na estrada
que leva a Montaña. Un pouco máis abaixo están as ruínas do
55
Introdución á minería no Barbanza
Foto 102
Foto 103
Fotos 105. Restos de muros e lavadoiros
Foto 104
Mina de estaño de Lampón
56
primeiro transformador; estas dúas construcións, segundo
o testemuño de D. Manuel Araújo, deberon ser construídas
antes da Estañífera de Arosa, probablemente na explotación
inglesa. Desde este primeiro transformador (Foto 108) podía
cortarse todo o suministro eléctrico que desde aí ía ao segundo
transformador (Foto 107). Ambos transformadores, unha vez
pechada a mina, foron reutilizados como vivendas: No primeiro
residiu o practicante de Boiro, mentres que o segundo albergou
a distintas familias ata chegar a ser propiedade de D. Cándido
Alonso Muñiz, quen agrandou a vivenda engadíndolle un anexo;
ambos os dous sobreviviron en perfecto estado de conservación
ata este verán de 2007, no que foron destruídos, e os escombros
enterrados no “pozo maestro”, por necesidades da ampliación
da chamada vía rápida. Ao lado pode verse aínda a construción
que serviu de taller mecánico, (reutilizada como vivenda moitos
anos e hoxe abandonada (Foto 109), detrás da cal estaba a
fragua e o depósito, aínda recoñecible, da auga que se utilizaba
para as tarefas de preparación do mineral, que chegaba desde
a explotación “ María Luisa” (Foto 116, 117, 118, 119), situada
no monte de en fronte, transportado en vagonetas que ían
sobre carrís e arrastradas por un cabrestante que as levaba ata
a torba. Desde este lugar, baixando en terrazas, estaba toda a
infraestrutura que servía para a preparación última do estaño, con
cubertas metálicas para protexer das inclemencias do tempo. Así,
desde a torba caía o mineral á esmagadora, unha enorme roda
de ferro de onde pasaban a outras máis pequenas ata chegar ao
lavadoiro, dividido en varias partes que ían eliminando cada vez
57
Introdución á minería no Barbanza
Fotos 106
Foto 108 Primeiro e segundo transformadores da
estañífera
Foto 109
Foto 107
2º Transformador
Casa-Almacén para maquinaria
Muro contención
Casa e 2º transformador da mina
Mina de estaño de Lampón
58
Foto 110
59
Casa onde vivían os técnicos
Introdución á minería no Barbanza
Doutra banda, a primeira fonte de extracción do estaño foi a mina
recordada como “A Inglesa” (Foto 116), pola explotación británica,
pero que pasou a chamarse “Mina Florita” coa Estañífera, en
honor a Dna. Flora Dios, filla de D. Casto Dios. Por esta entrada
extraíase o mineral do primeiro nivel, facilmente transportable á
sección de triturado e lavado, mentres que para os outros niveis
construíuse o citado “Pozo Maestro” (Foto 120) cunha plataforma
para subir as vagonetas. Hoxe, como se pode ver na fotografía,
está tapado cos restos do segundo transformador e toneladas de
terra polas razóns devanditas. Ao lado da Mina Escombrera, uns
galpóns recordan as cabaleirizas onde vivían os dous cabalos: “
Minero” e “Pinto” ou “Bonito”, dependendo das versións.
Foto 111. Antigo laboratorio da mina
máis as impurezas, ata quedar só o estaño (mesas, cribas, muíños
de bolas, etc.). Todas estas funcións realizábanse cun circuíto de
auga, pechado, que recollía a area máis fina, que despois botaba
na chamada “Mina Escombrera” e que, xunto coa cheminea,
os fornos e os lavadoiros, quedaron sepultados pola primeira
vía rápida, salvo os muros de contención e a base circular de
separación por auga do mineral e o lugar onde se botaba a area
máis grosa, tapado hoxe polo campo de fútbol, (Foto 106). Nos
fornos, segundo o testemuño de D. José Rodríguez, fillo dun dos
encargados da mina, facíanse lingotes de estaño.
Sen dúbida, a mina “Florita” foi a mina principal nesta explotación,
tendo en conta que todos a lembran como a entrada principal e
que xunto a un lado da boca estaba unha casa metálica, hoxe
desaparecida, que tiña o economato abaixo e as oficinas arriba.
Ao outro lado estaba e segue estando a casa principal (Foto 110),
dividida en dúas plantas con entradas diferentes, xa que no baixo,
que servía de vivenda aos enxeñeiros, entrábase directamente,
mentres que á parte superior accedíase por unha pasarela. Aí
viviu o encargado, pai de D. Manuel Araújo, coa súa familia, e
baixábanlles por un montacargas a comida aos xefes. Así mesmo,
e baixando uns escalóns, atópase, tamén moi ben conservado o
Laboratorio da Mina (Foto 111) que tamén servía de vivenda ao
químico da mesma. As dúas casas teñen función de vivenda na
actualidade.
Mina de estaño de Lampón
60
Arredor do ano 57,a Estañífera decide vender as instalacións, pero
entre o peche das explotacións e a venda, hai un período de intensa
actividade no lugar do Cobo, porque, segundo as testemuñas,
case todo o Cobo traballou na época dos chamados “buscóns”,
os homes dentro das minas e as mulleres fóra, a excepción de
dúas que traballaban dentro cos homes, pero que non lembran os
nomes. Mais, ¿en que consistía a tarefa dos buscóns? Así o relata
D. Manuel Araújo Muñiz (Foto 112), de 71 anos de idade, veciño
da Magdalena, que viviu na parte superior da casa principal ata
os 7 anos, momento no que teñen que irse pola morte do seu pai,
á sazón encargado da mina. Traballou de “buscón“ con 13 ou 14
anos, sobre os anos 49-50.
Foto 113. Concha
Manolo “Carrecho”
61
Introdución á minería no Barbanza
Foto 112. Manolo Araújo
Entre o peche e a aparición dos “buscóns”, tres vixilantes cumpren
sucesivamente o deber de non deixar expoliar as galerías. Vivían
na casa, ao lado do areal da Mina. El era o único rapaz que ía cos
maiores. Entraban pola Inglesa, que era o primeiro nivel, e que
somentes tiña auga nun regueiro polo lado esquerdo. Baixaban
por unha escala ao segundo nivel, onde encontraban pedras
grandes e boas. Nunca pasaron do segundo nivel, porque tirando
pedras encontraron que o nivel da auga, ao non achicala, subira
inundando os niveis inferiores, catro polo menos cree el que
había. Como non se traballaba coas ferramentas adecuadas, xa
que se limitaban a coller as pedras que estaban nas paredes ou
no teito, o risco era moi grande, porque de feito produciuse un
derrubamento no segundo nivel e, para saír, apagados os candís
de carburo, tivérono moi difícil para non caer á auga. Sen ningún
tipo de Seguridade Social, e estando obrigados a vender o mineral
Foto 116. A Inglesa
Foto 117. Mª Luisa “A”
Foto 115. José María
Foto 118. Mª Luisa “B”
Mina de estaño de Lampón
62
ao dono da mina, pagándolles o kg a 20 ptas., agachaban todo o
que podían para vendelo de estraperlo na “Candocha”, ou na de
Salvador Muñiz, onde lles pagaban o triple.
Dna. Concepción Barral López, nacida no Cobo no 1936 (Foto
113), hoxe veciña de Escarabote, compartiu con Manuel Araújo a
experiencia da época dos buscóns, sobre os 40 ou 50, traballando
nas tarefas propias das mulleres, que consistían en recoller de
noite o mineral que os homes extraían de día e esmagalo á man
con marretas e martelos; os homes axudábanlles empregando os
instrumentos máis pesados. Este proceso facíase nos baixos da
desaparecida casa metálica, onde estivera o economato. O paso
seguinte era o lavado que realizaban facendo unha canaleta para
a auga que saía do regueiro da mina. E logo repasaban con outro
lavado en almofías, e secábano nunha tarteira vella ao lume,
para sopraren despois a terra e quedar só o mineral. Finalmente,
aplicábase un imán para recoller as partículas de ferro, pero nestas
dúas explotacións, asegura Concha, que o estaño era moi puro e
non tiña apenas nada . “Era do bo”, apostilla. Máis adiante, ela,
xunto con outras moitas persoas, tiveron que trasladarse a outras
explotacións, como as da “Meda” ou “A Cova da Xerpa”, onde
a vixilancia para evitar a “roubecha” incrementouse, chegando a
intervir a Garda Civil. Sempre coa obriga de venderen o estaño
na casa metálica tantas veces mencionada. Seguiron traballando
nos regos preto do lavadoiro de Mosquete: alí foi onde atoparon
pequenas pebidas de ouro que ocultaban para vender nos
devanditos lugares de estraperlo. A última etapa deste traballo
remata cando, con máis ou menos 15 anos, é contratada dous
63
Introdución á minería no Barbanza
ou tres meses para coller mostras nunha praia en Cabo de Cruz
para ver se pagaba a pena explotala. Pagábanlle 20 ptas. diarias,
e tamén ía a parar ás instalacións do Cobo. Cando aos 16 anos
comeza a traballar nas fábricas de conservas, recorda como
chegaban alí lingotes de estaño con algo de chumbo para estañar
as latas.
Estado actual das dúas explotacións
As últimas exploracións levadas a cabo polos membros da
Asociación AXENA (Asociación xuvenil para o estudo da
natureza), Rubén Pablo Paz Brión, Xurxo Gago Mariño, José Juan
Fernández de Dios, Iago Vázquez Brea, Roberto Resúa Silva e
Raúl Riera Álvarez, revelan que na primeira explotación existen
tres niveis claramente, máis un cuarto, e posiblementre un uinto,
submerxidos nas augas subterráneas. De cada nivel parten
múltiples galerías en diversas direccións, o que fai máis difícil e
perigoso o seu estudo; lembremos que baixaron ata 36 metros de
profundidade, e que os pozos, as galerías mal seladas, etc. están
a cada paso. Na explotación secundaria, a “María Luisa”, coincide
o modo da busca dos filóns. Así, aquí, coma na anterior, existe un
profundo pozo (hoxe tapado pero con pouca seguridade), que ten
acceso a cinco galerías; as bocas das minas fixéronse máis tarde
e polo menos dúas están comunicadas entre si a distintos niveis.
Dos cinco niveis puideron explorar parte do segundo, terceiro,
carto e quinto. A existencia de pozos entre as distintas galerías,
e os efectos que sobre eles e a totalidade da mina puideron ter
as cargas de dinamita empregadas na citada ampliación da vía
Interior das galerías da Mª Luisa
rápida do Barbanza, fan aínda máis dificultoso o seu
estudo. O que quedou patente é que o estaño segue
sendo abundante e bastante puro.
Fontes utilizadas para o traballo
Fotos 119
Non aporto datos bibliográficos porque este traballo
levouse a cabo coas entrevistas realizadas ás testemuñas
mencionadas a continuación. As únicas fontes escritas
foron as encontradas no arquivo do avogado D. José
Caamaño Caamaño.
Testemuñas que colaboraron neste traballo: D.
Manuel Araújo Muñiz, Dna. Concepción Barral López,
D. Manuel López (Carrecho) e D. José María Romero
Piñeiro.
Pozo galería “A”
Foto 120. Pozo Maestro
Mina de estaño de Lampón
64
RESUMO DE POZOS, GALERÍAS E SONDAXES (CALICATAS) DO CONCELLO
DE BOIRO
Servizo de Protección Civil de Boiro
Resumo elaborado pola Asc. O Faiado-2, a partir dun traballo
realizado por Protección Civil de Boiro co motivo do peche de
20 pozos, 43 galerías, 25 sondaxes (calicatas) e varias chemineas
(respiradoiros) deste mesmo concello, por razóns de seguridade.
Estes vestixios pertencen a antigas explotacións como: Inglaterra,
Xeniña, Florita, Isabelita, La Cubeta e outras, todas dentro do
Concello de Boiro.
A case nula sinalización da perigosidade dos montes con antigos
vestixios mineiros, a profundidade dos pozos e a súa ocultación
pola maleza así como as longas galerías agora moi derrubadas,
supoñen un gran perigo para os visitantes do monte, tanto a pé,
como coa maquinaría pesada empregada hoxe en día nos distintos
labores do rural, pois corren o risco de afundirse.
Os nomes de cada espazo inventariado por Protección Civil
foron postos dun xeito aleatorio, como meros referentes para ser
utilizados por eles mesmos e situar máis doadamente o lugar das
distintas coordenadas xeográficas realizadas nos mesmos. Cada
65
Introdución á minería no Barbanza
nome agrupa varios compoñentes da mesma explotación ou das
súas inmediacións:
CORTELLAS
Pozo: Ten 3,5 m de diámetro e un mínimo de 10 m de profundidade.
Situado a 5 m do camiño forestal a Lampón e a 100 m da estrada
asfaltada de Boiro a Montaña. Mal tapado con lixo e entullo, que
podería ceder co paso do tempo por efecto de descomposición
dos materiais que o atoan e do arrastre da auga procedente das
galerías que desembocan nel.
Galería: Situada a 30 m do pozo anterior. Boca mal tapada con
lixo e entullo.
Sondaxe: De dimensións 4,5 m x 30 m x 4 m de acceso a galerías e
pozos, rodeada de maleza. Situada á dereita da estrada a Montaña
unha vez pasado o ramal asfaltado que parte cara a Mosquete.
Está composta dunha Galería que ten a 2 m da boca un pozo duns
5 m de profundidade e do que parte outra galería a diferente nivel
duns 250 m de longo (pasa por debaixo da estrada de Mosquete).
A 100 m da boca da galería observase unha claridade que provén
dun respiradoiro de 1m de diámetro en boca e 10-11 m de
profundidade dende o exterior (a uns 20 m da estrada subindo o
Monte Meda). Posiblemente pertence á concesión de explotación
inglesa entre 1928-31 e 1941-45.
SERPA
Pozo: De aprox. 25 m de profundidade e 3,5 de lado (situado
na cima do Monte Meda). A 3 m del atópase unha prospección
de 30 m x 8 m x 10 m de profundidade. Dela parten 3 bocas de
galerías de 2 m de lonxitude, 2,5 m e 2 m respectivamente. Todas
sen sinais de continuidade.
TRASAGRIÑO
Galería: Con boca de 2 m x 2 m e de lonxitude descoñecida. Pasa
por debaixo da estrada asfaltada de Mosquete, onde se nota un
pequeno afundimento. Mal tapada con lixo e entullo.
Pozo: De 8 m de profundidade e 3,5 m de ancho. No fondo
apréciase unha galería. A 4 m monte arriba hai outro pozo de 2,5
m de profundidade.
MEDA
Galería: Cunha entrada de 2 m x 2 m, duns 200 m de longo. Moi
perigosa polos afundimentos interiores. A súa boca está á esquerda,
pegada a un camiño forestal que vai a unha antiga pirotecnia
abandonada partindo da estrada asfaltada de Mosquete.
Foxo: De 10 m x 3 m e de 3 m de profundidade. Preto dun valo
e rodeada de maleza.
Pozo: Duns 3 m de profundidade. Situado a 10 m da prospección
anterior.
CUERDA
Galería con entrada de 2 m x 2 m e máis de 300 m de longo.
Presenta afundimentos en varios puntos e dela parten outras
galerías. A uns 15 m o outro lado do camiño forestal, atópase
outra galería duns 100 m de lonxitude. Diante da súa boca ten un
montón de entullo, e dentro dela presenta algún afundimento.
DEPÓSITO
Galería con entrada de 2 m x 2 m e de aproximadamente 200 m
de longo. Atópase nun camiño forestal que pasa próximo a un
depósito de auga, á esquerda deste. Boca tapada case na súa
totalidade por un montón de terra. No seu interior producíronse
afundimentos.
Pozos, galerías e sondaxes do Concello de Boiro
66
GRANXA
CEBOLO
Pozo: duns 2 m de profundidade. Atópase a 10 m dun cerrado
de pedra de medio metro de altura que está pegado ao camiño
forestal.
Sondaxe: de 3 m de lado e 1,5 m de profundidade pegada cara ao
camiño forestal da parte de Sealo, a uns 4 m.
Pozo de 4 m de lado e profundidade descoñecida. Mal tapado
con lixo e entullo. A 2 m del está unha galería de máis de 200 m
de longo que presenta a 50 m da entrada lixo procedente nun
pozo (respiradoiro) de 3.5 x 2,5 e 12 m de altura. Dela parten
outras galerías. Posiblemente pertence á explotación Inglaterra,
que traballou de 1928-31 e de 1941- 45.
MANANTIAL
BLANQUITA
Galería: cunha entrada de 2 m x 2 m e de máis de 200 m de
longo. Moi perigosa a causa dos afundimentos interiores. Atópase
en Sealo. A uns 10 m do seu interior á dereita, hai outra galería
que aproximadamente a 100 m da entrada se atopa afundida.
Posiblemente pertence a labores de concesión da explotación
Xeniña.
Sondaxe: De 5 m x 1,5 m e unha profundidade de 6 m. Dela
parten dúas galerías con bocas de 2 x 2 m das que se descoñece a
súa lonxitude. Posiblemente pertence á explotación Inglaterra.
III Galería situada nunha entrada do monte que parte do camiño
forestal de Mosquete a Sealo no monte de Lampón. Aos 2 m do
comezo hai un afundimento. Posiblemente da concesión Xeniña.
A 6 m desta hai outra galería de máis de 250 m. Dela parten outras
galerías que presentan moitos afundimentos. Posible explotación
da concesión Xeniña. Todas estas galerías traballáronse antes de
1936 e de 1941-45.
BENIGNO
Pozo: de 3.5 m de profundidade. Desemboca na galería I. Está
dentro dun eucaliptal.
67
Introdución á minería no Barbanza
Pozo: De 4 m x 3 m e uns 20 m de profundidade. En inverno
acumula auga. Moi perigoso dada a súa profundidade.
Galería: Cunha entrada de 2,5 m x 2 m e máis de 200 m de longo.
Situada na Granxa da Mina. Ramifícase en outras galerías. Existen
afundimentos en bastantes puntos. Comunícase ao exterior por
un pozo (respiradoiro) dunhas dimensións de 2 x 2,5 m e 5 m de
profundidade ata o entullo.
Sondaxe de 20 m x 4 m e uns 4 m de profundidade. Nela atópase
un pozo. Nos arredores hai desbroces dunha tala de piñeiros.
Pozo cunha profundidade de 15 m e entullo no fondo. Restos de
tala de árbores arredor del.
Sondaxe de 10 x 2 m e 2 ou 3 m de profundidade.
Galería duns 35 m de longo. Presenta algún afundimento
interior.
Todas estas prospeccións crese que posiblemente sexan da
explotación Inglaterra.
RAILES
Galería con entrada de 2,5 m x 2 m e máis de 200 m de longo.
Dela parten outras galerías nas que existen varios afundimentos.
Desemboca nun pozo de 3,5 m de diámetro e 13 m aprox. de
profundidade
Galería de menos de 20 m. Dela parten galerías laterais curtas.
Presenta tramos con afundimentos.
Galería de máis de 250 m de longo. A boca atópase na unión de
dous regatos. Presenta gran cantidade de auga na súa entrada.
Dela parten outras galerías. Existen afundimentos en varios
tramos.
AREAS VERMELLAS
Sondaxe de 7 x 6 m e 3.5 m de profundidade.
Sondaxe de 15 x 6 m cunha profundidade de 8 m. Nela ábrese
unha galería de 8 m de longo.
SEALO II
PRADOS
Sondaxe no medio do monte seguindo a bifurcación dereita da
pista sen asfaltar de Sealo.Ten 15 m x 1 m e sobre 2,5 m de
profundidade. Nos arredores hai outras 7 prospeccións.
Sondaxe de 3 x 10 m e 4 m de profundidade.
SUALOMBA
Galería duns 150 m. A súa boca atópase no mesmo camiño
forestal. Presenta afundimentos. Posiblemente pertence a labores
de explotación La cubeta.
Sondaxe de 7 x 8 m e 2,5 m de profundidade. Situada a 50 m
subindo polo monte Sualomba. Posiblemente pertence a labores
da concesión Florita e traballouse entre 1950 e1953.
CUBETA
Galería duns 25 m. Situada a 25 m do camiño forestal, pero desde
el non se aprecia a boca.
Sondaxe de 7 x 9 m e duns 2,5 m de profundidade. Situada a 20m
do camiño forestal de Piñeiro a Montañó.
Pozos, galerías e sondaxes do Concello de Boiro
68
PO
MOIMENTA
Pozo de 2 x 3 m e 6 m de profundidade.
Galería duns 100 m de lonxitude. A boca sitúase á dereita da
estrada, e unha mangueira conduce a auga do seu interior ata a
cuneta. Presenta pequenos afundimentos. Pertence a labores de
concesión da explotación Esperanza.
MADEIRA
Galería duns 50 m cun montón de entullo na boca. Presenta
algúns desprendementos.
Galería duns 50 m. Presenta afundimentos.
Pozo de 2,5 x 3 m e 7 m de profundidade, que vai dar a unha
galería de 20 m de longo.
Galería de aprox. 50 m. Hai 20 cm de auga na súa entrada e
existen dúas arquetas de recollida de auga.
Galería de máis de 150 m de longo. Encóntrase metida dentro
dunha prospección. Ramifícase noutras galerías e ten un pozo no
seu interior. Presenta afundimentos
Foxa de 50 m x 1,5-2 m, con profundidade entre 4-5 m. No
interior atópase lixo e animais mortos. Está paralela a un camiño
e é resultado da explotación dun filón, ao igual que outras foxas
existentes ao seu redor.
MONTAÑA
Foxa de 30 x 1,5-2 m con profundidade de 1 a 5 m. Está pegada
a un camiño e paralela a el.
Gran prospección de 30 x 15 m e 5m de profundidade. Nela
hai un pozo e parten 5 galerías. Está situada a carón do campo
de celebración das festas de Montaña. No seu pozo foi onde se
produciu o accidente mortal dun mozo ao afundirse co peso do
coche os materiais de recheo do mesmo. Pertence a labores da
concesión da explotación Isabelita, tapándose o pozo de 3.5 m de
lado e máis de 11 m de profundidade despois do accidente.
As galerías teñen entre 5 e 10 m.
69
Introdución á minería no Barbanza
Foxa de 60 m x 1,5-2 m e unha profundidade de 4-6 m. Ten lixo,
entullo e incluso un coche enteiro. Transcorre a 3 m dun camiño
e paralela a el.
Pozo de aprox. 3,5 m de diámetro e de profundidade descoñecida,
dado lixo que contén. Atópase no interior dunha construción
antiga de pedras en ruínas de 6 x 9 m.
INSUACHÁN
MINERÍA EN COMOXO
Galería que se afunde aos 60 m. Na súa entrada hai un montón de
terra e algo de auga. Presenta pequenos afundimentos no interior
antes de chegar ao afundimento final. Está á esquerda da estrada
asfaltada e pegada a un regato.
No Ordenario para Chans de Reis: 3 ou 4 bocas
SANCUÑEIRAS
Galería de aprox. 90 m que se encontra nunha pequena sondaxe.
Contén uns 35 cm de auga á súa entrada. Presenta afundimentos
no interior.
Informante: Ignacio Pérez Hermo ( Servizo de Protección Civil de
Boiro).
Agradecementos moi especiais a Nacho e aos demais membros
do Servizo de Proteción Civil pola información aportada e o tempo
que tan amablemente nos dedicaron.
Galería fronte á anterior, de 1.5 m de longo. Está nunha pequena
prospección diante da cal hai un pequeno regato.
FERREIRO
Galería duns 50 m. Encóntrase nunha calicata. Nalgún momento
tivo porta. Presenta pequenos afundimentos. Posiblemente
pertence á explotación Inglaterra.
Galería dun 50 m. Encóntrase nunha prospección e presenta
afundimentos no interior.
Galería duns 60 m con afundimentos no interior.
Galería duns 50 m que presenta afundimentos no interior.
Pozos, galerías e sondaxes do Concello de Boiro
70
EXPLOTACIÓNS MINEIRAS EN MOIMENTA E BEALO (BOIRO-A CORUÑA)
Mª Luisa López Otero (Asc. O Faiado-2)
Fotos: Paola García e Antonio Parada
MINERÍA EN MOIMENTA
Segundo nos conta Juan Manuel Ríos Pérez no libro Boiro, concejo
gallego (Ed. Concello de Boiro, 1984), un xerente ruso das minas
de Estañífera de Arosa, en Lampón, que tiña o novelesco nome de
Conde Alejandro Tichetsky, compensou unhas débedas co Tenente
Coronel de Artillería D. Fernando González-Conde de Borbón
(Madrid, 1909), quen comezou a explotar en Moimenta, polos
anos 40 do século XX, a mina de estaño e volframio nomeada
”Esperanza”, na que traballaban máis de 200 persoas.
Os labores estendéronse ata terreos particulares de varios veciños.
En concreto sábese de 3 galerías, varias foxas e un pozo (datos
obtidos dos planos de localización realizados por membros do
Servizo de Protección Civil de Boiro), e de dúas galerías máis que
teñen a boca de entrada dentro dos terreos da finca Esperanza,
agora ocupada pola comunidade Desafío Joven Galicia.
Minas á beira da estrada que vai de Moimenta a
Insuachán
71
Introdución á minería no Barbanza
Galería Moimenta I.
Coordenadas xeográficas: 42º 42´19” N, 8º 53´08” W. Duns 100
m de lonxitude, a boca sitúase á dereita da pista asfaltada que
no alto de Moimenta leva á aldea de Insuachán. No seu interior
almacena auga, que quitan ata a cuneta da estrada mediante
unha mangueira. Segundo Protección Civil, presenta pequenos
afundimentos e pertence a labores de concesión da explotación
“Esperanza”.
Galería Moimenta II.
Coordenadas xeográficas: 42º 42´52” N, 8º 53´05” W.
Duns 50 m. Presenta afundimentos. (Información P. Civil).
Galería Moimenta III.
Coordenadas xeográficas: 42º 42´30” N, 8º 52´52” W.
Galería de aprox. 50 m. Na súa entrada hai dúas arquetas de
recollida de auga. (Información P. Civil).
Foxa Moimenta IV.
Outra das minas cerrada na estrada de Moimenta a Insuachán.
Coordenadas xeográficas: 42º 42´52” N, 8º 53´ 08” W.
De 50 x 1,5-2 m, con profundidade entre 4-5 m. Entullada. É
resultado da explotación dun filón, o mesmo que outras foxas
existentes ao seu redor. (Información P. Civil).
Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo
72
Foxa Moimenta V.
Coordenadas xeográficas: 42º 42´51” N, 8º 53´ 07” W.
De 30 x 1,5-2 m, con profundidade de 1 a 5 m. Está pegada a un
camiño e paralela a el, a uns 2 metros da anterior. (Información
P. Civil).
Foxa Moimenta VI.
Coordenadas xeográficas: 42º 42´50” N, 8º 53´ 06” W.
De 60 m x 1,5-2 m e unha profundidade de 4-6 m. Ten lixo,
entullos e incluso un coche enteiro. Transcorre a 3 m dun camiño
e paralela a el, e atópase a 30 m da foxa Moimenta IV, ao mesmo
lado do camiño. (Información P. Civil).
Mina da entrada do centro Desafío Joven Galicia
Pozo Moimenta VII.
Coordenadas xeográficas: 42º 43´00” N, 8º 53´ 05” W.
Dun diámetro de, aproximadamente, 3,5 m e de descoñecida
profundidade dado o lixo que contén. Atópase no interior dunha
antiga construción de pedras en ruínas de 6 x 9 m. (Información
P. Civil)
Galería finca Esperanza I
Coordenadas: 42º 42.819´ N, 08º 53.052´ W
Atópase dentro da finca Esperanza. Dunha lonxitude de 50 m,
73
Introdución á minería no Barbanza
Mina situada na parte posterior
do centro Desafío Joven Galicia
dela parten outras seis galerías. A boca está entre a casa que foi
vivenda de D. Fernando e o garaxe-almacén, pois ademais do
vello Dodge Dart, gardaba as mechas dos barrenos, etc. Pechando
a esquina, e perpendicular ao garaxe, había un pequeno lagar
a carón duns rochedos. Na súa fronte, unha pequena vivenda
auxiliar, e máis os lavadoiros do mineral.
Boca de galería anterior á explotación “Esperanza”.
Dende o ano 2001, toda a finca está ocupada pola comunidade
Desafío Joven Galicia, dirixida por Paulo Nunes. Esta comunidade
amañou o lugar que estaba practicamente abandonado dende
varios anos antes deles chegaren. A maleza cubría mesmamente
todas as edificacións, que ademais foran fortemente espoliadas.
Hoxe en día é un fermoso curruncho de paz, arrolado polos
sons das augas que discorren baixo os rochedos que conforman
a empinada ladeira do monte Pedregal, semellando xigantes
durmidos a gardar o mineral, parte do cal noutrora saíu das súas
galerías. (Información proporcionada polo centro Desafío Joven
Galicia).
Galería finca Esperanza II
Situada na entrada da finca e cunha boca semellante á da
Esperanza I, protexidas ambas por unha cancela de ferro.
Casa auxiliar. Aquí lavábase o mineral.
Os actuais moradores informáronnos de que mide uns 150 m,
e dela parten 12 galerías. Actualmente sae do seu interior unha
grande cantidade de auga, da que dan mostra dúas arquetas no
seu exterior e varios tubos que subministraban auga ás distintas
edificacións rehabilitadas a partir dos antigos galpóns.
Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo
74
Entrevista a D. JOSÉ LOJO VENTOSO, traballador e vixiante
da mina “Esperanza”
Realizada na antiga taberna de Caramés de Moimenta. Participaron
Manuel Caramés, Paola García Paz, que actuou como fotógrafa, e
Mª Luisa López Otero, coordinadora do evento.
O señor José Lojo vive en Moimenta. Home de mente moi lúcida,
non tivo problema en retrotraerse no tempo e irnos narrando
algúns anacos de experiencias vividas en primeira persoa.
Segundo el, na mina Esperanza comezouse a traballar no
ano 1941, coincidindo co que se coñece aquí como a época
do primeiro wolfram, que durou ata 1944-45, e que logo dun
parón, volveu funcionar no 1947-48. Realmente este parón só
se realizaría a nivel oficial, pois había homes con cuadrillas que
seguían a traballar. Así, no 1947, sen terse dado de alta a mina
de D. Fernando, foron quitar mineral nun dos terreos do Galeo.
Produciuse entón un derrubamento que deixou sepultado un
mozo de Belles, que acudira á mina no lugar da súa irmá. Nese
mesmo afundimento Primitivo, o do Caseiro, quedou enterrado
ata a cintura, e o mesmo Sr. José Lojo cavou na terra ata podelo
quitar. Pero... comecemos polo primeiro. Segundo o Sr. José, no
1942, cando veu nun permiso da mili, había máis de mil persoas
por Moimenta. Na taberna do Beiro, do lugar de Moimenta,
vendíanse arredor de mil litros de viño diario. Manuel Quintáns
traía os bocois dende Cespón, Trevonzos, San Martiño, etc. Para
os traballadores da mina o viño servíase xa en caldeiros.
75
Introdución á minería no Barbanza
A actividade mineira, legal, realizábase máis ben de día, pero
de noite ían á roubecha. Para vender legalmente tiñan que ter
unhas guías, que só se conseguían sendo propietarios dunha
explotación. Polo tanto, algunhas persoas dispuñan de lugares
(pozos e pequenas galerías) onde só se almacenaba mineral, para
así conseguir unha guía mediante estas explotacións ficticias, nas
que tamén se gardaba algún mineral do estraperlo. Pagábase o
kg. a máis de 100 Pts. Segundo o Sr José, nun permiso traballou
oito días e cando chegou de volta a Madrid puido mercar un bo
traxe, camisa e todo.
Os beneficios repartíanse entre os propietarios das fincas e o dono
da explotación mineira, sendo bastante común que o propietario
da leira tivese a súa propia cuadrilla de traballadores.
Eran anos de fame, pero algúns encargados de cuadrillas que
facían moitos cartos carecían de sentido comercial e gastaban
case todo o diñeiro no Casino de Noia, en facer comerotas ou en
casas de citas dos lugares onde, dicían, ían facer negocios. Algúns
das aldeas aproveitaron para arreglar as súas casas e mercar vacas
ou algunha leira.
A obtención do mineral en Moimenta segundo información de
José Lojo: Algunhas veces aparecían pedras de 10 a 20 kg de
mineral, aínda que a maioría eran máis pequenas ou anaquiños
de pedras soltas. Primeiro, machucábase a pedra cun pisón ou
maza. Logo moíase encima dunha pedra un pouco cóncava,
fretando con outra pedra, como se facía cos grans de cereais nos
antigos muíños chairos. En terceiro lugar lavábase, meténdoo
nunha palangana ou nun pío. Ao botarlle auga, por diferenza de
densidade, o mineral quedaba no fondo e a auga arrastraba parte
da ganga. O mineral que se obtiña non era todo da mesma lei e,
segundo fose esta, así se pagaba. O encargado de determinar a lei
era un químico de Vilagarcía. Finalmente metíase en saquetas o
mineral e vendíase. Entre os compradores estaban o Vicentón de
Taragoña, o irmán de Franco o da conserveira, etc.
Nas explotacións mineiras adoitaba haber un vixilante, ao que
lle era moi difícil enfrontarse coas cuadrillas; conta o Señor José
como lle ían rogar se podían quitar algún quiliño para ir tirando.
Antigo pozo mineiro en Moimenta.
Ante a súa negativa, convencíano ou... deixábase convencer, para
deixalos ir botar unha ollada ao interior. Os visitantes levaban
unha media colgada xunto aos xenitais dentro do pantalón,
metendo nela o mineral que podían. Outras veces, o vixilante non
estaba para lerias e avisaba ao encargado, e máis dunha vez, D.
Fernando, o propietario, non tiña reparo ningún en cargar a súa
pistola do nove largo e disparar, poida que ao aire, aínda que o
noso entrevistado afirma que... ao aire dispararía, pero que a el...
lle caeran balas aos pés, e que un día, de tanto correr, perdera a
chaqueta.
Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo
76
Logo de hora e media de conversa co Sr. José, achegámonos ao
pozo, despois de seguir unha pista asfaltada ata o cerrado de
perpiaños que cerca a “horta do Crego”, onde se atopa. Dende
el partía, polo menos, unha galería, xa que os veciños lembran
algúns afundimentos de terreo fronte do muro, onde se abre unha
especie de fiestra de 0,80 x 1,40 m de alto e, a ambos lados da
parte superior da parede, hai uns furacos onde se introduciu un
soporte. Agora, arredor da caseta, comezan a nacer a ferraña e os
nabos, e dentro dos muros, ademais de restos de tella da antiga
cuberta, medran a carón de dúas das paredes unhas plantas
de kiwi. Nos arredores, pequenas leiriñas rodeadas de croios,
perpiaños e grandes cons de variadas formas e tamaños. Este
pozo segundo pescudas realizadas por o Sr. José, xa existía antes
das concesións de D. Fernando Conde. Fora explotado alá polo
1924-25, por D. Benigno López (pai do médico D. Gonzalo López
Romero), xunto co cura de Macenda daquel entón, José Beiro
(sogro do Sr. José) e Santiago Fernández, un capataz das minas de
San Finx. O mineral extraído ía para as minas de San Finx.
Dende alí baixamos á esquerda por unha pista sen asfaltar, e
tomamos un antigo e estreito camiño de pés, na actualidade
cuberto de cemento e de grava que nos conduciu á pista asfaltada
que vai de Moimenta a Insuachán. Percorremos uns metros en
dirección a Insuachán e atopamos a galería Moimenta I. A boca,
parcialmente tapada, sitúase á dereita da estrada. No seu interior,
efectivamente hai unha poza de auga cunha mangueira que a
conduce á cuneta da estrada, segundo informaba Protección Civil
de Boiro.
77
Introdución á minería no Barbanza
Uns 50 m máis abaixo atopamos outra Galería con dúas arquetas
de recollida de auga (Galería Moimenta III). Tanto esta galería
como a anterior está nunha parte do monte Peón, coñecida como
a Asiñeira. Monte arriba, unha das persoas que nos acompañaba
lémbrase de ter visto varias bocas que os veciños usaban de
entulleira.
Deixamos á esquerda o cartel que indica o Centro Cristián
Esperanza. Seguimos uns 300 m ata pasar unhas plantacións de
Kiwis e atopamos unha mina de auga. No outro lado da estrada
áchase unha construción rectangular de varios metros de longo,
con porta e varias fiestras protexidas por reixas, que foi a casa da
gardián da mina. Ao seu carón, un gran con nomeado “Outeiro
Redondo” sinala o límite das parroquias boirenses de Moimenta,
Belles de Arriba e Insuachán. Este con presenta varios furados e
un nítido petroglifo na súa parte superior.
Petroglifo xunto á casa do garda da explotación
“Esperanza”.
D. Fernando González-Conde y de Borbón ademais de ter as
minas de Moimenta, era titular doutras en Porto do Son e noutros
moitos lugares, incluso fóra de Galicia. Así, en Don Benito
(Badajoz), segundo escritura facilitada por dona Carmen Rivas,
“era propietario do 50 % da mina de estaño “Mary Carmen”, nº
11.030, vendida en 1986”.
MINERÍA EN S. PEDRO DE BEALO
Estaño no monte Ramilo
Coordenadas: 42º 42.122´ N, 8º 50.911´ W
Despois do campo de S. Ramón, á esquerda do rego de Laxoso, nun
terreo duns 4 ferrados (1 ferrado = 420 m cadrados), tres irmáns
de Coristanco comezaron unha explotación mineira. Facían covas
de máis de tres metros de profundidade e uns 4 m de anchura ou
máis, pois ás veces había catro homes padexando. Este agro era
de José Romero, coñecido como “Pepito o Tramollo”.
Moitas veces o estaño comezaba xa a aparecer a un metro e pico de
profundidade. A referencia para encontralo segundo os paisanos
era atopar antes anacos de pedra que adoitaban ser de cuarzo de
cor amarelenta (sarso). Segundo o informante, estiveron varios
meses traballando, quizais máis dun ano. Dispuñan dalgunha
máquina para achicaren auga, e o mineral limpábano cribándoo.
Ao día sacaban só uns poucos caldeiros de mineral. Traballaban
aquí unhas 10 ou 12 persoas, procedendo todas dos arredores,
agás os capataces. Estes paraban na casa de Pepito, que rexentaba
unha taberna.
Informantes: Manuel Otero Saborido (traballou nesta explotación
antes de emigrar). José Romero Fernández, 85 anos, aldea de
Beluso.
Antigos terreos de explotación mineira preto do regato de Laxoso.
Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo
78
Outros vestixios mineiros da parroquia
No Monte da Lomba, detrás do campo de fútbol, seguindo un
camiño térreo, nas coordenadas 42º 42.148´N, 8º 51.049´ W,
aparece unha mámoa duns 16 m de anel perimetral, sen chanzos
dentro da cámara. A poucos metros dela, e en todo aquel pinal,
hai buratos con bocas case circulares, de pouco diámetro pero de
varios metros de profundidade.
A zona resulta moi perigosa, xa que, co tempo, moitas das bocas
fóronse reenchendo con desperdicios de difícil reciclaxe e animais
mortos, do que dá fe a gran cantidade de mandíbulas que se
atopan nos arredores.
De moitos destes buracos non se sacaba mineral senón que se
gardaba o procedente doutros lugares, dando a entender que se
quitaba de alí, a fin de obter deste xeito, o permiso de explotación
e poder vendelo. Outros buracos proceden de catas de proba, das
que non saía mineral e quedaron sen tapar.
O Sr. Manuel González mostra os pozos entullados polos veciños.
Á outra banda da estrada, cara a aldea da Galea, había tamén
explotacións deste tipo. A persoa que nos acompañou afirmou
ter traballado alí. O mineral que atopaban era bastante escaso, o
que aquí denominan “mineral de area” ou “de canto rodado”. As
pedras, á súa vez, eran máis ben de pequeno tamaño e o labor de
lavado tiña lugar no regato máis próximo.
No monte Beiráns, había gran cantidade de covas procedentes da
extracción de mineral que foron tapadas para habilitar o antigo
campo de tiro. Pola zona do Muíño Novo tamén se achaban
79
Introdución á minería no Barbanza
Restos de animais que os veciños tiraban nos pozos.
buracos e houbo ao parecer actividade mineira en pequena escala
por gran parte da parroquia, polo que hai que ter moito coidado
onde se poñen os pés de non seguires un camiño sinalado. No río
de Landeiras, por enriba de Bealo, houbo tamén algo de estaño.
No Monte dos Seixiños Brancos, existiu un socavón alongado
semellante a unha corredoira, agora tapado.
Informante: Manuel González Resúa, 65 anos, S. Ramón de
Bealo. José Romero Fernández, José Mª. Gestoso Fernández,
Josefa Rivadulla, José España Lorenzo e Francisco Pena Calvar,
párroco do lugar.
Explotacións mineiras en Moimenta e Bealo
80
TRABALLADORES DE BEALO NAS MINAS DE SAN FINX
Alberto Figueira (Asc. O Faiado2)
Podemos dicir que a minería en Bealo corre parella ao labor que
xorde por mor dese monstro mineiro que foi a mina de San Finx,
tendo en conta ademais que xeograficamente esta parroquia é
limítrofe co concello de Lousame.
A eclosión produtiva do wolfram deuse a carón do mercado da
guerra, pois era compoñente básico na blindaxe de carros de
combate e na construción doutros artefactos bélicos; a partir
de 1939 o seu comercio coñece unha importante expansión
coincidente coa Segunda Guerra Mundial e coa posterior Guerra
de Corea, o que fixo multiplicar por dez a produción galega entre
1940 e 1943 e por cen o seus prezos, o que provocou moito
emprego, tanto legal como ilegal. O volframio pasou de ser o
refugallo do estaño a ter importancia de seu e converterse nun
valioso mineral nestes convulsos anos de entreguerras. Foi entón
cando a “febre do ouro negro” se propagou pola xeografía galega,
onde as zonas mineiras se converteron nos centros económicos
e sociais dunha época na que a emigración e o exilio eran os
camiños máis transitados. Así, arredor da propia infraestrutura
da mina agromou un desenvolvemento social que se concretou
81
Introdución á minería no Barbanza
en poboados para atender a toda a masa social, arredor da que
naceron tamén instalacións de lecer e entretemento (como uns
cines que chegou a haber nas minas de Fontao - Vila de Crucescon capacidade para centos de persoas). Centros, nacidos na
maior parte das ocasións, para que a xente puidese gastar os
cartos que gañaba na mina.
Desta febre do wolfram contaxiaríase a zona de Bealo, que a través
dos mineiros empregados en San Finx e outros extractores máis
o menos clandestinos era capaz de canalizar mineral vía mercado
negro cara Portugal e outros países. Tamén se escavaron ramiñas
de mineral provocando fochancas, algúns dunha profundidade
considerable, en lugares como o monte Ramilo, o monte da
Lomba, etc.
De case todas as parroquias de Bealo houbo traballadores na mina.
É difícil concretar en que anos comezaron, pero durante a década
dos anos corenta existía un grupo bastante amplo de obreiros
da mina que, primeiro camiñando, e máis tarde en bicicleta, se
desprazaban ata alí polo corredor do Monte Castelo, facendo a
seguinte ruta (en torno a uns 15 km): pista da Pallagueira, Chan da
Retorta, Cabalaríza, Fruíme, Peital, Alto de Pino Manso e San Finx.
Houbo todo tipo de traballadores, aínda que os máis abundantes
eran os dedicados a escavar nos pozos da mina. Nin que dicir tiña
que este era un traballo bastante ben remunerado, o cal convertía
a estes obreiros en privilexiados dadas as circunstancias do
momento. Da parroquia houbo mineiros coma: Manuel Lorenzo
e Lisardo González, encargados de empuxar polos vagóns, e
outros que escavaban nos pozos, coma Ramón Resúa, Manuel
Resúa, Manuel González, Juan Segade, Manuel Blanco, Ramón
Bermúdez, Francisco Pérez, Valentín Saborido, Ramón Castelo
(carpinteiro) e outros.
A muller xogará un papel moi importante como axudante á hora
de transportar o mineral mediante sacos de esparto na cabeza
ata os puntos de compra. Moitas delas traballaban na zona libre
escañando nas escombreiras e na terra en busca das “pintas”
(anaquiños de mineral incrustados nas pedras). Despois de
lavadas e xuntas, vendíanas aos propios donos da mina, e cando
podían fóra dela, pois os prezos eran moito máis altos, o que deu
lugar a un montón de picaresca.
Rematada a guerra, as minas foron entrando nun período
recesivo ata finais dos anos setenta do século pasado, cando
esmoreceron languidamente ata pechar a totalidade das
instalacións.
Josefa Rivadulla e José Mª Gestoso
Traballadores de Bealo nas minas de San Finx
82
ETNOARQUEOLOXÍA E PALEOMETALURXIA DE OS CASTROS DE NEIXÓN
Xurxo M. Ayán Vila, Arqueólogo, investigador do Laboratorio de Arqueoloxía
do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia).
Xosé Moledo Santiago, Arqueólogo e documentalista audiovisual. Leonardo
González Pérez, Arqueólogo e especialista en Antropoloxía Cultural e Historia
das Mentalidades. Eduardo González Gómez de Agüero, Departamento
de Estudios Clásicos-Universidad de León. Laboratorio de Arqueoloxía do
Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-XuGa)
Busca, busca ese lugar,
busca ese sitio llamado
el templo del Metal.
Gigatrón (El Templo del Metal, Los Dioses han llegado, 1998)
Introdución
Dende 2003 un equipo do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto
de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia)
leva a cabo un proxecto de campo de traballo arqueolóxico na
área de Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña). Mediante esta
intervención precuramos recuperar para a sociedade, dende a
Arqueoloxía, un espazo social e patrimonial e xerar, á súa vez,
un recurso turístico e cultural que favoreza o desenvolvemento
local desta zona da Península de Barbanza (Ayán 2005; Ayán et.
al. 2007).
83
Introdución á minería no Barbanza
Partimos dun enfoque interdisciplinar que defende a natureza
da Arqueoloxía coma unha prática social no presente que debe
respostar, por unha banda, ás demandas do mercado e, doutra
banda, ás esixencias e necesidades da propia sociedade. Neste
senso, dende o noso Laboratorio de Arqueoloxía encetouse
unha reconversión técnica da disciplina, devalando cara á
súa reformulación coma unha técnica de Xestión Integral do
Patrimonio que ten que asumir, de entrada, un compromiso
directo coa divulgación e difusión do coñecemento arqueolóxico
xenerado pola nosa actividade. A este respecto, o proxecto de
Os Castros de Neixón non é unha iniciativa subsidiaria á propia
sociedade, senón que precura dar a coñecer os resultados da
investigación desenvolta, mediante a implementación dunha
estratexia de difusión que abrangue visitas guiadas aos Castros
de Neixón, exposicións temporais, conferencias, charlas para
escolares, comunicacións a Congresos e reunións científicas, etc.
praticamente inéditas coma o desenvolvemento tecnolóxico das
comunidades castrexas ou o espallamento da metalurxia do ferro
entre os séculos IV-II a. C.
Neste contexto, constitúe para nós unha enorme satisfación a
invitación cursada ao noso equipo de traballo pola Asociación
Artesá e Etnográfica do Barbanza O Faiado-2, e mais o Excmo.
Concello de Boiro para participarmos nestas xornadas sobre a
minería en Barbanza.
Como somos arqueólogos e, polo tanto, historiadores, a nosa
contribución neste congreso versará sobre a materialización
do pasado, sobre as ruínas arqueolóxicas que nos remiten á
actividade mineira e metalúrxica nunha zona emblemática do
Barbanza como son os Castros de Neixón. Tralas intervencións
arqueolóxicas desenvoltas nos últimos anos, temos claro, a día de
hoxe, que un dos factores sobranceiros que explican a continuada
ocupación deste espazo ao longo do primeiro milenio a. C. é,
precisamente, a riqueza estannífera desta zona SE da península
do Barbanza.
A este respecto, na primeira parte do noso traballo exporemos,
por primeira vez, os recentes resultados da investigación
paleometalúrxica desenvolta no marco do proxecto arqueolóxico
de Neixón, que forneceu datos interesantes sobre problemáticas
Fotografía aérea de Os Castros de Neixón.
Os Castros de Neixón
84
Até aquí chegaría a aportación da Arqueoloxía tradicionalmente
entendida: unha serie de consideracións formais, funcionais e
tecnolóxicas sobre obxectos materiais do pasado que nos permitan
falar da minería antiga. Pola contra, a estratexia de investigación
asumida dende 2003 no proxecto do Castros de Neixón procura,
como obxectivo último, tracexar unha panorámica arqueohistórica
do proceso de conformación da paisaxe cultural na que se insiren
os xacementos obxecto de estudo. Abandonados como espazo
habitacional, pasaron a inserirse coma un espazo máis nas
dinámicas históricas que conduciron ao nacemento da paisaxe
rural e mariñeira desta zona de Barbanza. Neste senso, deuse
unha apropiación simbólica dos Castros de Neixón pola sociedade
labrega e mariñeira tradicional (Ayán e Arizaga 2005), mais tamén
seguiu sendo utilizado coma unha área de captación de recursos
económicos, desenvolvéndose unha actividade mineira até época
recente.
Partindo da Etnoarqueoloxía, na segunda parte da nosa
comunicación, precuramos documentar as explotacións de estaño
no contorno inmediato dos Castros de Neixón que estiveron en
activo na postguerra. Cómpre sinalar que no noso país aínda está
por facer unha Arqueoloxía do Patrimonio industrial, situación
debida, en primeiro lugar, ao feito de que a investigación sempre
estivo obsesionada coa idea do fracaso da industrialización
de Galicia, e en segundo lugar, pola inexistencia de proxectos
interdisciplinares que sentasen na mesma mesa a arqueólogos e
historiadores contemporaneístas.
85
Introdución á minería no Barbanza
Para nós, os restos dunha fíbula de bronce castrexa teñen a
mesma importancia como obxecto de estudo cás ruínas dun
lavadoiro de estaño de 1950, e aínda máis, se temos en conta
que, neste segundo caso, contamos con informantes vivos que
participaron de cheo na utilización e construción desa cultura
material. Mediante o emprego sistemático da enquisa etnográfica
e da Historia Oral xeramos unha documentación moi valiosa
que conforma un corpus importante do alcumado Patrimonio
inmaterial (xunto coa microtoponimia, as lendas de mouros, as
vellas técnicas artesanais...) (Simón e Prado 2006). Neste senso,
compartimos de cheo unha das angueiras destas xornadas de
introdución á minería do Barbanza: recoller toda a información
que aínda poden aportar algunhas persoas vivas, relacionadas coa
actividade mineira do s. XX.
Debemos asumir o compromiso ético de coadxudar á
recuperación da memoria histórica das comunidades locais nas
que desenvolvemos o noso traballo. Estamos afeitos a unha
Arqueoloxía que só fala de obxectos, nas que as sociedades e
os individuos do pasado non aparecen por ningures, e a unha
Etnografía obsoleta na que os informantes do presente son meros
reprodutores de audio que describen artefactos.
Deixar falar aos protagonistas do noso pasado máis presente,
recuperar a voz daqueles que foron tratados como clases
subalternas, pobo galego ou cultura popular (non sabemos que
termo é pior) ou como simples obxectos de estudo, aprender
deles e empregar esa información para xerar un mellor rexistro
arqueolóxico, cremos que son os alicerces para levar a cabo unha
Arqueoloxía crítica que non só describa o pasado, senón que
tamén contribúa á transformación do presente e á dignificación
do noso Patrimonio.
primeiras tentativas á hora de definir, en clave evolucionista, as
diferentes fases da Prehistoria europea. As comunidades terían
pasado por varios estadios de complexización socioeconómica,
plasmados en determinados cambios tecnolóxicos reflectidos na
utilización sucesiva de diferentes materiais. Se a Antropoloxía ao
servizo do Imperialismo chantaba a secuencia Salvaxismo-BarbarieCivilización para comprender a evolución da Humanidade, as
primeiras sínteses da nacente Prehistoria definían o avance
tecnolóxico das sociedades do pasado a partir dos obxectos
materiais. Sería o conservador danés Christian Thomsen (17881865) na súa ordeación das coleccións da Comisión Real para a
Conservación das Antigüidades de Copenhague quen estableceu
unha clasificación dos obxectos segundo a súa materia prima e
posible función, obtendo unha división en tres Idades (pedra,
bronce e ferro) que exporía no seu manual Guía das Antigüidades
Escandinavas de 1836 (Clarke 1984: 7-8). Esta secuencia
cronotipolóxica sería matizada posteriormente por outros autores
nórdicos como Warsaae e Montelius, e franceses como Mortillet,
acadando o seu desenvolvemento coa obra de Lubbock (1912
[1868]).
O Castro Pequeno de Neixón.
A arqueoloxía europea asomaríase dende estes presupostos á
realidade histórica do 1º milenio a. C., período que pasaría a ser
definido como a Idade do Ferro, á súa vez dividida en dúas fases
que toman o nome de xacementos arqueolóxicos de Centroeuropa,
escavados no século XIX: Hallsttat e La Tène. Como vemos, a
introdución do ferro tómase como elemento definitorio de todo
un período cultural para toda a Europa continental e atlántica.
O Castro Pequeno de Neixón e a metalurxia do bronce na
Idade do Ferro
Nas orixes decimonónicas da Arqueoloxía como disciplina
académica, os metais van xogar un papel fundamental nas
Os Castros de Neixón
86
(que permanece na actualidade) sobre a identificación das Illas
Cassitérides coa costa galega das Rías Baixas. Neste senso, serán
tres as referencias que asenten na investigación tradicional a
importancia desta riqueza para os pobos galaicos (Seguimos a
tradución ao galego proposta por A. M. Romero Masiá e X. M.
Pose Mesura (1987: 19,28, 44).
En moitos lugares de Iberia aparece tamén o estaño, mais non
se atopa na superficie, como dixeron algúns nas súas historias,
senón escavando e fundíndoo como a prata e o ouro. Hai moitas
minas de estaño máis arriba da Lusitania, nas illas situadas fronte
a Iberia, no Océano, que por iso se chaman Kassiterides (Diodoro,
V, 38).
Perfil estratigráfico e planta de estruturas no Castro Pequeno (López Cuevillas e
Bouza Brey 1926-27: 9).
Partindo destes modelos, a Arqueoloxía galeguista na década de
1920 tenta aplicar esta secuencia ao mundo dos castros galaicos.
Deste xeito F. López Cuevillas elabora en 1924 a primeira síntese
sobre a Idade no Ferro na Galiza (López Cuevillas 1968), na que
xa remarca o peso da tradición metalúrxica das comunidades da
Idade do Bronce antes da chegada dunha suposta invasión céltica
cara ao século VI a. C.
Asemade, estas primeiras investigacións tentan contrastar as
informacións sobre a riqueza estannífera do NW da Península
Ibérica que aparecen nas fontes clásicas, potenciando un debate
87
Introdución á minería no Barbanza
Di (Posidonio) que o estaño non se atopa na superficie, como
contan os historiadores, senón ao cavar. Prodúcese entre os
bárbaros de máis aló dos Lusitanos e nas illas Kassiterides, e
transpórtase dende as illas Británicas a Marsella. Entre os Ártabros,
que son os últimos da Lusitania cara ao Noroeste, di (Posidonio)
que a terra florece de prata, de estaño e de ouro branco, xa que
está mixturado con prata, e que os ríos arrastran esta terra, e que
as mulleres remóvena con angazos e lávana en cribos tecidos en
forma de cestos. Isto é o que dixo (Posidonio) sobre as minas
(Strabon, III, 2, 9).
As Kassiterides son dez e están situadas moi próximas unhas
doutras cara ao N. do porto dos Ártabros, en alta mar. Unha
delas está despoboada, as demais habítanas homes vestidos de
mantos negros, que levan túnicas ata os pés cinguidas arredor
do peito e que camiñan con bastóns e aseméllanse ás Furias da
Traxedia. Viven preferentemente do gando, levando unha vida
nómada. Ademais teñen minas de estaño e chumbo e peles que
trocan cos comerciantes por cerámica, sal e obxectos de bronce.
Antes, unicamente os Fenicios realizaban este comercio dende
Gades, agachando a todos a ruta marítima, e cando os romanos
perseguiron a certo navegante para coñeceren aqueles emporios,
este, voluntariamente encalou o seu barco nuns baixos e arrastrou
á mesma desgraza os que o seguían, mentres el salvávase do
naufraxio e recibiu do seu goberno o prezo da carga perdida.
Mais os romanos, intentándoo moitas veces, chegaron a coñecer
a ruta. E cando Publio Crasso, chegando ata eles, coñeceu que
os metais se podían cavar a pouca profundidade, e que a xente
era pacífica, ensinou con claridade aos interesados a navegación,
aínda que era máis longa que a navegación ata Bretaña. Isto é o
que hai de Iberia e das illas próximas (Strabón, III, 5, 11).
Debuxo de González del Blanco no Castro Pequeno no que se cita unha
capa de carbón e cobre (López Cuevillas e Bouza Brey 1926-27: 4).
Tradicionalmente as fontes clásicas eran tomadas ao pé da
letra polos eruditos galegos que centraron a súa atención na
problemática da minería antiga (Cornide 1790). Só será coas
escavacións encetadas na década de 1920 cando se tente, por
primeira vez, demostrar ou refutar a veracidade dos informes
etnográficos clásicos. Será neste contexto cando se inicie a
intervención de 1925 no Castro Pequeno de Neixón por parte de
Bouza Brey e Cuevillas (Ayán 2005a). Nas primeiras referencias
sobre achados no Castro Pequeno de Neixón aparecen xa citadas
evidencias de actividade metalúrxica no poboado. Deste xeito,
nas súas exploracións na Punta de Neixón, Manuel Otero atopara
Os Castros de Neixón
88
restos de cobre, e o académico Gil y Casal e mais o pintor González
del Blanco recolleran diferentes vestixios de fundición de bronce
(López Cuevillas e Bouza Brey 1926: 3). Guiados polos traballos
precedentes e polos restos exhumados na súa escavación de
1925, F. Bouza Brey e F. López Cuevillas levaron a cabo unha
sistematización dos restos metálicos atopados, na que incluían
unha serie de paralelos tipolóxicos ao longo de Europa. Entre as
pezas documentadas, todas elas feitas en bronce, destacaban un
brazalete, dous colgantes bicónicos, dúas conteiras ou regatóns,
unha fíbula, un anaco de crisol cerámico e un molde de fundición
de machados de alvado (López Cuevillas e Bouza Brey 1926: 6,
fig. 4; 33. fig. 10 e 35, fig.11).
Todas estas evidencias levan os autores a defender a existencia
dun obradoiro metalúrxico ben caracterizado “pola abondosa
ganga, pola poelleira metálica, qu’alí apareceu misturada con terra
e aínda pol-os ouxetos asoellados, pezas cicáis destraviadas ou
anacos destiñados ao crisol (Ibíd. 7) adscribible ao IV período da
Idade do Bronce, debido á ausencia total de restos metalúrxicos
en ferro” (Ibíd. 8). Á súa vez, a fíbula de pé recto exhumada é vista
coma unha proba da chegada ao NW das poboacións célticas.
O rexistro contextualizado do Castro Pequeno de Neixón seguirá
a xogar un papel sobranceiro nas décadas posteriores, sobre
todo no referido á actividade metalúrxica no inicio da Idade do
Ferro. Nas súas revisións do tema, Cuevillas marxina o transfondo
tecnolóxico da metalurxia castrexa, limitándose practicamente á
descrición formal dos restos, xa sexan fíbulas (López Cuevillas
89
Introdución á minería no Barbanza
Algúns obxectos de bronce asoellado no Castro Pequeno (López Cuevillas e Bouza
Brey 1926-27: 6)
1950), orfebrería (López Cuevillas 1951) ou instrumentos de
traballo (López Cuevillas 1956), así coma ao establecemento de
series tipolóxicas. Nesta sistematización destaca o valor histórico
concedido a pezas exhumadas no Castro Pequeno de Neixón,
coma o citado brazalete de bronce (López Cuevillas 1951: 5960; Blanco Freijeiro 1957-1958: 10-11) ou a sinalada fíbula de pé
recto (López Cuevillas 1950: 5-21).
De acordo coa escola histórico-cultural alemá, os obxectos
metálicos son empregados coma un elemento material máis para
caracterizar unha cultura arqueolóxica determinada mediante o
establecemento de secuencias cronotipolóxicas dos diferentes
artefactos (Aboal et. al. 2002: 67). Paradigma deste enfoque
constitúeo esta cita entresacada do traballo de Cuevillas de 1950,
titulado Las fíbulas castreñas y su significado etnológico (López
Cuevillas 1950: 5-6):
“Venimos a reunir así nueve grupos de fíbulas, cada una de las
cuales ostenta una significación propia, relacionada bien con la
llegada al noroeste hispánico de las tribus celtas, bien con las
creaciones peculiares de la cultura de nuestros castros, o ligado
con los contactos de esta cultura con otras vecinas o con la
aparición de las legiones consulares y con el sometimiento de
nuestra etnos, como el comienzo de la edad del hierro, el período
de desarrollo de una civilización autóctona, y el final de esta
civilización que termina al mismo tiempo que acaba para nosotros
la protohistoria”.
Dende esta óptica, a investigación levada a cabo remarca aínda máis
a excepcionalidade do Castro Pequeno de Neixón, un verdadeiro
fósil director da 1ª Idade do Ferro definido por artefactos que se
amosan, á súa vez, como referentes identitarios dunha cultura,
coma o exemplar único da “fíbula de pie largo, de arco seguido
y resorte bilateral en el Castro Pequeño, yacimiento éste que por
haber proporcionado una valva y la mitad de otra, de un molde
para fundir hachas de tubo, un pedazo de una pulsera de bronce
de la misma especie de las de Band y de las que abundan en
la estación del Molá y en otras catalanas, y algunos fragmentos
cerámicos con decoraciones hallstátticas hechas con incisiones
poco profundas, tenemos que datar forzosamente en el comienzo
del período de los castros” (López Cuevillas 1950: 6).
Polo tanto, constátase a permanencia en activo, nas décadas
de 1940 e 1950, dunha aproximación propia da Arqueoloxía
histórico-cultural, estendida tamén ao eido da Etnografía, que
segue a desempeñar un rol activo na construción do coñecemento
histórico nese período. Asemade, continúa asentando o mito
historiográfico da Punta de Neixón na investigación protohistórica
do NW (Ayán 2005a).
En 1970 reinícianse dende a Universidade de Santiago de
Compostela e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento as
campañas de escavación arqueolóxica no Castro Pequeno baixo
a dirección de A. Balil e F. Acuña. Todas estas intervencións, por
unha banda, reafirmaron o carácter emblemático de O Castro
Pequeno de Neixón, e por outro, derivaron nun lamentable
Os Castros de Neixón
90
baldeiro bibliográfico, xa que o coñecemento xerado por esas
sucesivas campañas de escavación xamais foi publicado en
condicións, agás un noticiario de tres páxinas sobre a campaña
de 1973 (Acuña Castroviejo 1976). Segundo este autor (Acuña
Castroviejo (1977: 250) os materiais exhumados (restos de crisois
de fundición, un machado de tope de dous aneis, e anacos dun
posible caldeiro de bronce semellante ao de Hío) confirmaban os
achados e resultados de Cuevillas e Bouza Brey, defendendo a
orixe do asentamento no Bronce Final (con todo, tamén se indica
a aparición de anacos informes de ferro, sen definir o contexto
estratigráfico dos achados (Acuña Castroviejo 1976: 330).
Vivenda circular escavada no Castro Pequeno en 1973 (Acuña Castroviejo 1976: 329).
91
Introdución á minería no Barbanza
Asemade, outro arco de fíbula adscribible aos séculos VI-V. a. C.
foi atopado na limpeza e reescavación de 2001 (Álvarez et al.
2005: 103, lám. 7).
En definitiva, as intervencións no Castro Pequeno ao longo do
século XX puxeron de manifesto a pervivencia dunha metalurxia
de bronce realmente importante nun dos primeiros poboados
castrexos do país, revelándose, á súa vez, coma un enclave
importante nos primeiros contactos comerciais co Mediterráneo.
A riqueza en estaño desta zona de Barbanza comezaba a agromar
coma un factor importante no desenvolvemento destas temperás
relacións comerciais. Así o sinalaba Maluquer de Motes nas I
Jornadas de Metodología Aplicada de las Ciencias Históricas, fito
historiográfico sobranceiro celebrado en Santiago en 1973 (1975:
144):
“En primer lugar la práctica de nuevas excavaciones en yacimientos
bien elegidos es clave para la resolución de muchos problemas.
Véase si no el éxito de las excavaciones de la Universidad de
Santiago en el Castro pequeño [sic] de Neixón, cuyo interés
para el desarrollo de la metalurgia del bronce era bien conocido
y como ha podido documentarse algo tan interesante como la
presencia de mercancías fenicias del siglo VI (aryballos) de pasta
vítrea. Por primera vez de modo directo e indudable obtenemos la
confirmación de la presencia de mercaderes mediterráneos en el
extremo NO, es decir, que en realidad tenemos la primera prueba
de verdaderas navegaciones y la seguridad de que la concentración
de depósitos de bronces en las áreas costeras responde a una
verdadera comercialización del metal gallego”.
Restos metalúrxicos da Idade do Ferro, documentados no
Castro Grande de Neixón (2003-2006)
A área arqueolóxica de Os Castros de Neixón está formada
por dous recintos fortificados: o alcumado Castro Pequeno,
emprazado no extremo da Punta, e máis cara ao interior, o Castro
Grande. Neste último espazo centramos as nosas campañas de
escavación dende o ano 2003. Os resultados destas intervencións
amosan que este espazo foi fortificado na fase II da Idade do
Ferro do NW (séculos IV-II a.C.) mediante a escavación dun foxo
defensivo de 3 m de profundidade e sección en V que conforma
na área SE unha entrada monumental ao recinto superior. Dentro
dos foxos, ao carón deste acceso, documentamos unha serie
de depósitos de recheo entre os que destaca un cuncheiro, un
verquedoiro cerámico, así coma unha serie de obxectos illados
que interpretamos como depósitos votivos de carácter ritual
(Ayán et. al. e.p.).
escoura, un anaco de crisol cerámico de fundición, un alfinete
enrolado de bronce, a agulla dunha fíbula de bronce, dous anacos
dun colgante de bronce bipenne, asociado á cerámica castrexa
da Fase II e cerámica púnica. Este tipo de adornos ao xeito do
colgante bipenne ten a súa orixe no Bronce Final, xeralizándose
(xunto cos pendentes amorcelados, atrompetados e elipsoidais)
na 1ª Idade do Ferro e con perduración até a Segunda Idade
do Ferro (González Ruibal 2003: 178). Este tipo de materiais
aparecen con máis profusión nos castros do litoral das Rías Baixas
Así mesmo, no interior do recinto superior do Castro Grande, na
área próxima á porta SE, rexistramos unha secuencia de ocupación
definida por un primeiro nivel de uso dese espazo, no que se
abriron foxas escavadas no xabre con funcións de almacenaxe,
e sobre o cal se ergueu posteriormente o parapeto da muralla,
documentando outros dous niveis de ocupación posteriores,
adscribibles tamén á fase II (séculos IV-II).
Como restos metalúrxicos asociados a estes niveis de ocupación,
nas últimas campañas de escavación (Ayán e Gianotti 2007, Ayán
et. al. 2005, Ayán et. al. 2005), documentamos fragmentos de
Tramo escavado de foxo que cingue a entrada SE ao Castro Grande.
Os Castros de Neixón
92
como acontece en Santa Trega, Toralla, A Lanzada ou no Castro
Pequeno de Neixón. Así pois, exemplares deste tipo de colgante
bipenne teñen aparecido no xacemento de A Lanzada, en niveis
revoltos (González Ruibal 2003: 177, fig. 3.38), e mesmo no
Castro Pequeno de Neixón onde, nas escavacións de 1925, se
documentou un exemplar, interpretado como un anaquiño de
bronce que parece ser “residuo d’unha operazón de fundición”
(López Cuevillas e Bouza Brey 1926: 6-7, fig. 4.4) pero que no
debuxo publicado se amosa coma un colgante bipenne do estilo
do documentado por nós na campaña de 2003 (Ayán e Gianotti
2007: 26-7).
conservan perfectamente o corpo interno de madeira, como así
se amosa claramente a través do microscopio electrónico.
Por outra banda, as mellores condicións de preservación que
presentaba o cuncheiro do foxo 01 explica a aparición neste
contexto de pezas metálicas perfectamente conservadas, entre as
que destaca unha plaquiña perforada de bronce, un colgante de
bronce, unha pequena chatola de ferro, unha escoura de ferro,
outra esquirla de bronce, e unha fíbula de bronce, a primeira que
aparece no Castro Grande, adscribible ao tipo de “longo travessâo
sem espira”. Vencellados a procesos metalúrxicos tamén foron
documentados tres crisois cerámicos para a fundición de bronce.
No recheo do interior do foxo 02 documentáronse ademais
dous crisois cerámicos para fundición de bronce, unha esquirla
de bronce, unha escoura do mesmo metal, catro fragmentos
de escoura de ferro, unha rasqueta de ferro, unha conteira de
bronce e un travesaño de bronce adscribible ao tipo de fíbula de
”longo travessâo sem espira”. Tanto a conteira coma o travesaño
93
Introdución á minería no Barbanza
Crisois para fundición de bronce documentados no cuncheiro do tramo de foxo 01.
Todos estes materiais serán publicados por un de nós (Eduardo
González Gómez de Agüero) nun capítulo específico do
monográfico Os Castros de Neixón, II: de espazo natural a paisaxe
cultural. Serie Keltia. Editorial Toxosoutos [en preparación]) e
constitúen a primeira evidencia que confirma a existencia de dúas
actividades metalúrxicas coetáneas na 2ª Idade do Ferro no Castro
Grande, destacando o rexistro de escouras e industria de ferro en
niveis prerromanos.
Análises arqueometalúrxicas aplicadas ao rexistro do Castro
Grande
Dentro do noso proxecto de investigación sobre os Castros
de Neixón contemplamos unha liña de investigación en
Arqueometalurxia co gallo de maximizar a información que podían
fornecer os restos metálicos asoellados nas nosas escavacións no
Castro Grande de Neixón, no marco actual da investigación sobre
a metalurxia castrexa.
Tradicionalmente, os estudos sobre este tema centráronse no
establecemento de tipoloxías de artefactos, a meirande parte
deles descontextualizados ou procedentes de escavacións antigas.
Este achegamento tipolóxico aderezouse nas últimas décadas
con algunha análise metalográfica, mais queda aínda moito por
sabermos sobre a cadea técnico-operativa da metalurxia da Idade
do Ferro, sobre os procesos de produción, intercambio, uso e
consumo destes bens nas sociedades castrexas. Se aínda está por
facer unha Arqueoloxía da Produción (Mannoni e Giannichedda
Dous detalles da fíbula de longo travesaño sen espira
documentada no cuncheiro do tramo de foxo 01.
Os Castros de Neixón
94
2003) para a Idade do Ferro, o mesmo podemos dicir sobre
outros tres temas que se atopan no eixo da investigación actual:
1. -o desenvolvemento da metalurxia do ferro nas comunidades
castrexas; 2. -a localización de explotacións mineiras da época e 3.
-o transfondo social e a función simbólica da actividade metalúrxica
nos castros (Aboal et. al. 2002, Fanjul e Marín 2006).
Arqueometalurxia do bronce
Mención destacada merecen dúas pezas de cerámica atopadas
no vertedoiro cerámico e no cuncheiro na campaña de 2005,
correspondentes a dous crisois de pequeno tamaño practicamente
enteiros que presentan unha notable semellanza formal.
Este tipo de artefactos vencellados á metalurxia do bronce (os dous
obxectos teñen concrecións de bronce nas paredes interiores)
teñen sido documentados en diferentes xacementos castrexos,
pero case sempre carentes dunha correcta contextualización
estratigráfica (Naveiro 1991: 80, fig. 16). Cómpre mencionar os
crisois hemiesférico e cilíndrico de Baroña, un deles cunha torta de
cobre no seu interior (Luengo 1971: 260-1, fig. 11 e Lám. XVI-1),
os exemplares fragmentados de Santa Trega (Carballo Arceo
1989: 60-3, fig. 36), os anacos de Troña (Hidalgo Cuñarro 1985:
22; fig. XXVIII, 5 e 6; e lám. XVIII, 2), ou os 5 crisois fragmentados
de forma hemisférica do castro de Torroso (Peña Santos 1988:
348-9, fig. 3).
Malia o cativo da mostra, as dúas pezas do Castro Grande
de Neixón constitúen unha notable novidade, polas súas
95
Introdución á minería no Barbanza
Microscopía electrónica practicada nun anaco de crisol recollido no
cuncheiro do tramo de foxo 01 (SEM, USC).
características morfolóxicas e estado de conservación. Ámbos os
dous son de pequeno tamaño, de grosas e granulosas paredes de
pastas grises, cincentas, con silueta en forma de tronco invertido,
base plana e con pico verquedor (encadraríanse no tipo B4 de
Tylecote, 1992: 24-5).
Sen dúbida respostan a un antigo modelo estandarizado de crisol
(Seguindo o clásico traballo sobre a metalurxia do bronce na
Idade do Ferro peninsular de A. M. Rauret Dalmau (1976: 65): los
crisoles que consideramos más antiguos tienen forma cóncava
en la base, y sus paredes paralelas no son excesivamente altas;
acostumbran a presentar en la mayoría de los casos un pico o
vertedero dispuesto en el borde, que formaría parte da cadea
técnico operativa vencellada á produción de pezas de pequeno
tamaño, como podería ser a fíbula de bronce atopada no mesmo
contexto estratigráfico. Neste senso, presenta moitas semellanzas
cos pequenos crisois atopados en Baroña, os cales foran obxecto
de diferentes analíticas para recoñecer os seus compoñentes e
os materiais verquidos ao seu interior (Guitián e Vázquez 1975).
Os resultados daquel estudo pioneiro revelaban que nos citados
crisois se fundira unha aleación ternaria (cobre, estaño e chumbo)
a unha temperatura que oscilaba entre os 700 ºC - 900 ºC. Estes
datos poden ser utilizados como analoxía para presentar unha
hipótese válida sobre as características do proceso metalúrxico do
que fomaban parte os novos crisois descubertos na campaña de
2005 no Castro Grande.
DRX de mostras praticadas no anaco de crisol da figura 10 (SEM, USC).
No tocante aos restos de bronce atopados na campaña 2005,
levouse a cabo a análise metalográfica do exemplar de fíbula de
longo travesâo sem espira PZNEI03/j000004 que apareceu nun
contexto estratigráfico definido (cuncheiro no interior do foxo
01) e en perfecto estado de conservación. Esta peza resposta
ás características formais definitorias deste tipo de fíbula (Fariña
Busto, 1979: 30):
Cabeza formando un aro fechado, que encaixa nun entrante do
travesaño.
• Eixo independente que atravesa a cabeza da fíbula e o
travesaño.
• Travesaño fusiforme, de seción circular, formado por dúas
pezas enlazadas deixando nun encaixe axustado á cabeza do
arco.
• Agulla de charnela soldada fixada no travesaño por baixo do
elemento de unión das partes laterais do travesaño.
• Pé desenvolto, ancho e firme, con goteira lateral.
Os Castros de Neixón
96
• Apéndice caudal ergueito, firme e rematado maiormente nun
botón troncocónico, a semellanza do remate de determinados
torques (Fariña 1979: 45-6).
As fíbulas de longo travesâo sem espira –segundo o modelo
definido por J. Fortes (1905: 22)- son consideradas coma unha
produción típica das comunidades castrexas do NW na 2ª Idade
do Ferro, derivada de tipos precedentes e influencias externas,
cun desenvolvemento entre os séculos III-I a. C. (Fariña Busto
1979). Aparece en numerosos castros litorais de Galicia, como
Santa Trega (Carballo 1989: 15, fig. 6), Toralla (Cortegoso e Viñas
1996-1997: 140-2), Montealegre (Losada Diéguez 1946: 101106, lám. XXII d) ou Alobre (Bouza Brey 1957: 83-4) sendo os
exemplares documentados no castro de Borneiro (Romero Masiá
1992: 151-8, figs. 9-10) os paralelos máis cercanos, tipoloxica e
xeograficamente, á peza do Castro Grande de Neixón.
A análise metalográfica efectuada a un fragmento de arco deste
tipo de fíbula en Borneiro (Romero Masiá 1992: 134, n.p. 11)
amosa a utilización dun bronce ternario con moita carga de estaño
e chumbo. Loxicamente non podemos extrapolar este dato ás
outras pezas de Borneiro nin doutros xacementos como Castro
Grande, pero si que nos serve de referente sobre a tecnoloxía
empregada polos artesáns destes poboados. Por outra banda,
este tipo de fíbula é o máis representado no castro de Borneiro,
o que nos podería falar dunha tradición local que puidera ser
compartida polas poboacións castrexas do NW de Galicia.
97
Introdución á minería no Barbanza
A aparición desta peza no Castro Grande podía, xa que logo,
aportar datos para axustar a cronoloxía deste tipo de fíbula,
xa que se documenta nun depósito pechado, con materiais de
importación e cerámicas púnicas de engobe vermello, como
así acontece tamén noutros castros como Toralla ou Fozara
(Cortegoso e Viñas 1996-1997: 142), onde aparecen asociadas
incluso a colgantes atrompetados e arriñonados, polo que se pode
retrotraer a súa cronoloxía a un século IV a. C, posibilidade que
xa apuntara F. Fariña (1979: 48) e que a peza do Castro Grande
semellar corroborar.
Neste senso, a fíbula foi sometida á análise –non agresiva- de dúas
mostras puntuais polo Servizo Xeral de Microscopía Electrónica da
Universidade de Santiago de Compostela empregando tecnoloxía
SEM (scanning electron microscopy). Os resultados da analítica,
de carácter cuantitativo, amosa a utilización para a fabricación da
peza, dunha aleación ternaria na que predomina o estaño sobre o
cobre e na que aparece unha cantidade significativa de chumbo.
DRX da fíbula de longo travesaño da figura 9. Constátase o emprego dunha
aleación ternaria de cobre, estaño e chumbo.
Arqueometalurxia do ferro
O profesor Fernán Gómez Filgueiras, Profesor Titular da área
de Ciencias dos Materiais e Enxeñería Metalúrxica da Escola
Universitaria Politécnica da Universidade de A Coruña, levou
a cabo un estudo integral de mostras da campaña de 2005,
practicando analíticas de Difracción de raios X (DRX), Fluorescencia
de raios X (FRX), Analizador E.I.R. para Carbono, xofre, etc...
Esta investigación arqueometalúrxica permítenos estudar a
siderometalurxia local existente no Castro Grande e contrastala
cos resultados aplicados a outros xacementos castrexos (Gómez
Filgueiras 2002; Aboal et al. 2002).
CÓDIGO
SECTOR
UR
UE
PZNEI03/h000002
02
1625 056 Rasqueta de ferro
PZNEI03/q000001
02
1225 034 Escoura de ferro
PZNEI03/q000002
02
1525 052
4 fragmentos de
escoura de ferro
PZNEI03/q000003
02
1525 055
Escoura de
bronce
no monográfico Os Castros de Neixón II (en preparación) a
cargo do profesor Fernán Gómez Filgueiras (Universidade de A
Coruña) xa que non se corresponde cun texto divulgativo destas
características, mais exporemos brevemente os resultados máis
interesantes. As análises das escouras amosan que no proceso
metalúrxico do ferro empregouse como fundente area silícea
procedente das praias da punta de Neixón, como combustible
carbón vexetal, e como mineral unha limonita local tipo Gossen.
OBSERVACIÓNS
Rexistros paleometalúrxicos de ferro analizados. Campaña 2005
Obviamente non imos reproducir aquí os aspectos máis técnicos
das analíticas (O estudo arqueometalúrxico será publicado
Perfil do recheo do tramo de foxo 02 que cingue a entrada SE polo N.
Os Castros de Neixón
98
Esta circunstancia coincide plenamente co estado actual de
coñecementos da investigación arqueometalúrxica sobre a
explotación do ferro en época prerromana na Península, que sinala
a utilización de fornos sen sangrado de escoura no procesado do
mineral (Gómez Ramos 1996, 1996a e 1999). De acordo con este
investigador: “En la Península Ibérica no se han documentado
por ahora grandes acumulaciones de escorias de hierro con las
que sustentar la tesis de la existencia de algún centro productor
prerromano. Por el contrario la frecuencia de sitios arqueológicos
con pequeños restos de esta actividad junto con la diseminación
y abundancia de las mineralizaciones ferruginosas remiten a
una práctica siderúrgica a pequeña escala, local, dedicada al
autoabastecimiento. Quizá por ello no se registran, a diferencia
de lo que sucede en otras partes de Europa, hallazgos claros de
lingotes de hierro, pues el ciclo se inicia y acaba en el propio taller
del herrero” (Gómez Ramos 1996a: 153).
Resultado desta siderurxia local é o exemplar de rasqueta completa
documentado na escavación deteriorada superficialmente
por procesos de corrosión e oxidación. Coñecemos paralelos
tipolóxicos semellantes atopados sempre en niveis romanizados,
como é o caso dos exemplares de Santa Águeda, Quintá, Santa
Trega, Borneiro ou o máis tardío de Viladonga; o mesmo acontece
cos machados rexistrados nos poboados portugueses de Sanfins,
Briteiros e Castelo de Paiva (Teira Brión 2003: 161-2) ou na
recente peza exhumada no cuncheiro da ladeira E do castro de
Montealegre (Aboal et. al. 2006: 268, lám. 1).
99
Introdución á minería no Barbanza
Imitación castrexa de perfumario púnico atopada no tramo de foxo 02.
A este respecto, a ausencia de machados de bronce na 2ª Idade do
Ferro interprétase coma unha evidencia da súa substitucion polo
ferro, aínda que non se atopase ningún exemplo contextualizado,
se ben se deduce a súa existencia por datos indirectos, como o
traballo de canteiría empregado na arquitectura doméstica de
castros desa época. Neste contexto de baldeiro arqueolóxico, a
rasqueta do Castro Grande constitúe o primeiro exemplo deste
elemento da cultura material que aparece contextualizado
estratigraficamente (depósito de recheo do tramo de foxo 02) e
cronoloxicamente entre os séculos IV-II a. C.
Rasqueta (ou machada) de ferro documentada no
tramo de foxo 02.
refacer o fío deteriorado polo uso. A súa fabricación partiu dun
ferro de baixo contido en carbono obtido en forno metalúrxico,
posteriormente forxado e cementado, para aumentar a súa dureza
por temple, para posuír un fío resistente na peza.
A caracterización técnica e funcional desta rasqueta está en
concordancia co seu proceso de fabricación. Os dous tipos de
ferro que a conforman teñen unha orixe común no mesmo forno
metalúrxico e afinamento por forxa, pero a peza do enmangue
posteriormente só foi sometida a forxa de conformado e
ensamble e a peza para o fío foi sometida posteriormente ao
labor metalúrxico, de obtención e afinamento, a un proceso de
forxa de conformado da barra, cementación e forxa de ensamble
e conformado de fío. O emprego do ferro menos carburado para a
peza de enmangue facilitou o seu forxado e soldadura coa peza do
fío. A caracterización da peza de enmangue está en concordancia
co tipo de escouras caracterizadas como paleosiderúrxicas
semipesadas procedentes do mesmo contexto estratigráfico e
cronolóxico.
Radiografía da rasqueta de
ferro.
O estudo metalotécnico da rasqueta de ferro (que abrangueu
análises radiográficas e metalográficas) amosa unha conformación
por un proceso de forxa de dúas pezas de ferro ensambladas por
soldadura de forxa na que a peza da zona de enmangue solapa
á peza que porta o fío. A peza foi forxada varias veces para
Réplicas metalográficas da rasqueta de ferro: 1. zona do fío/ensamble; 2. zona do
ensamble; 3. zona do enmangue.
Os Castros de Neixón
100
En definitiva, as mostras analizadas permiten inserir a paleosideruxia
do Castro Grande de Neixón nunha etapa evolutiva da sideruxia
nos primitivos fornos, dende os de tipo cheminea sen sangrado
de escouras aos de tipo cuba con sangrado de escouras. Dado
que as escouras e a rasqueta de ferro son até agora os únicos
rexistros metalúrxicos atopados e estudados deste xacemento,
non podemos aventurar máis porque o Corpus de rexistros é aínda
limitado para determinarmos meirandes alcances interpretativos.
Malia iso podemos reseñar algunhas consecuencias importantes.
No caso do Castro Grande de Neixón, o tipo de escouras
identificadas metalurxicamente a partir dos datos das analíticas
defínense como escouras semipesadas (polo seu contido medio
de wustita), sendo un subproduto dunha Paleometalurxia de
ferro prehistórico local. A razón deste avance cualitativo nestas
escouras pode deberse a que comezaban a empregar a técnica
dun leito de carbón en estado de incandescencia redutora situado
no crisol do forno, co que se melloraba o nivel de redución do
mineral de ferro debido a unha concentración maior de monóxido
de carbono presente dentro do forno. Esta circunstancia era
propiciada pola actividade do citado leito de carbón, que tamén
melloraba, por unha banda, a lupia de ferro obtida e, por outra
banda, facilitaba a posibilidade dunha carburación incipiente da
lupia, obténdose un ferro con máis contido en carbono (como se
observa no enmangue da rasqueta de ferro analisada).
Esta técnica esixe un consumo maior de carbón vexetal e de mellor
calidade, cuestión esta que se pode valorar polas características e
101
Introdución á minería no Barbanza
mais a abundancia relativa do torgo nos montes naquela época,
como así foi até tempos relativamente recentes en que era o tipo
de carbón vexetal preferido polos artesáns metalúrxicos e ferreiros
tradicionais do Norde de Galicia. En liña co anteriormente exposto,
concorda a manufactura do raspador de ferro antigo atopado no
mesmo xacemento e do que se fixo un estudo específico, baseado
na análise radiográfica e metalográfica.
Polo tanto, podemos afirmar sen lugar a dúbidas que nos Castros de
Neixón existiron obradoiros metalúrxicos na 2ª Idade do Ferro e nos
que se mantiña a tradicional metalurxia do bronce coa emerxencia
e espallamento da metalurxia do ferro, proceso, este último, que
tivo lugar de xeito xeralizado a partir do século IV a. C.
Quédanos localizar os obradoiros, os fornos. As analíticas
efectuadas ás escouras fornecen datos obxectivos -presenza de
faialita e wustita- sobre a existencia en Neixón de fornos baixos de
cheminea, con tragante e entradas de tobeiras, os máis comúns na
meirande parte dos xacementos indíxenas do Noroeste, antes e
durante a romanización. Así, documéntanse no castro de Orellán
nas Médulas (León), Campa Torres (Asturias), Fazouro (Lugo) ou
O Peto (Vedra, A Coruña) e as áreas de extracción de mineral
(Para o caso do ferro empregado como mineral nesta netalurxia
documentada no Castro Grande, sabemos polas analíticas que
eran óxidos e hidróxicos de ferro, principalmente contidos nos
gossen como consecuencia da oxidación en húmedo (laterización),
sobre pegmatitas alteradas ou dos xacementos de piritas de ferro,
acontecido no Período Terciario. No seo destes gossen, sometidos
a particulares condicións de temperatura e reacións metalúrxicas
dentro do forno, a wustita e a alumina formadas combínanse
orixinando hercinita que pasa ás escouras. A presencia de hercinita
é pois un indicio de que o mineral empregado é un gossen e
ademais como a temperatura de formación estable da hercinita
é de 1440ºC a 1550ºC, a súa presenza e cantidade indican que
nestes fornos se teñen acadado temperaturas nos vértices ante as
tobeiras, nivel térmico propiciado por unha boa técnica de soplado
nos foles e un consistente leito de carbón vexetal de calidade
coma o de torgo. Estas lateritas son o Gossen (Gran Bretaña) e o
Chapeau de Fêr (Francia) que son un conglomerado de: hidróxidos
de ferro, hidróxido de aluminio e nódulos de hematites e goetita).
Para acadalo botaremos man da Etnoarqueoloxía e mais a enquisa
etnográfica.
Castros, estaño e wolfram: unha ollada etnoarqueolóxica á
minería contemporánea en Neixón
“En la aldea de Muradas, Bearitz [sic], Orense, al pie del
monte Valcovo (= Valle Hueco, topónimo de clara significación
ergológica) también se han mantenido, casi hasta hoy, los métodos
prehistóricos de extracción y beneficio. En invierno, cerca de cada
casa de la aldea las mujeres (el trabajo femenino no doméstico,
de rancio abolengo matriarcal prerromano es constante en Galicia)
profundizan en las pegmatitas estanníferas descompuestas, los
pozos o galerías comenzados por los aventureros: la tierra extraída
por este procedimiento primitivo es seguidamente lavada con
un tamiz, y la casiterita resultante, vendida por los paisanos”.
(M. Joleaud, 1929: 134, citado en Madroñero 1994: 36).
Como comentamos anteriormente, a nosa estratexia de traballo
toma como punto de partida a natureza multidimensional da Punta
de Neixón, un espazo que se presenta, entre outras cousas, coma
un contorno natural, unha área arqueolóxica, un espazo simbólico
e unha zona de captación de recursos económicos (Ayán 2005).
A confluencia destas variables derivou, ás veces, nun conflito de
intereses entre as diferentes actividades desenvoltas en Neixón
co gallo de maximizae a súa potencialidade mariña e mineira.
Como evidencia histórica en época contemporánea reproducimos
a continuación ab extenso un litixio conservado no Arquivo
parroquial de S. Vicente de Cespón:
“Que ha llegado a conocimiento de los dicientes que, en esta
jefatura de su digna dirección, se ha presentado solicitud de
permiso de investigación de sesenta y cuatro pertenencias de
mineral de Rutilo y otros, por D. José Miguens Teijeiro, vecino de
Araño, Rianjo, con la denominación ‘mina Sagrario’, registrada
al nº 4.438, y que sitúan en los parajes llamados Puente Beluso,
Arribada, Comba y otros de las parroquias de San Pedro de Bealo
y San Vicente de Cespón […]
Las pertenencias, cuyo permiso solicita, sitúanse, si no en su
totalidad, sí en gran parte, en la zona costera formada por la playa
que bordea los lugares que se citan en la solicitud. Esta faja de
playa ha sido utilizada siempre por los exponentes, sus familiares
y demás vecinos de las parroquias de Bealo, Cespón y Abanqueiro
Os Castros de Neixón
102
por el aprovechamiento del marisco que en ellas se cría, y que
contribuye al sotenimiento, sobre todo en período de escasez, de
la mayor parte de los vecinos […]
De permitirse llevar a cabo esas faenas de investigación, serían
mucho más graves los perjuicios causados, que los beneficios
ya porque, de un lado la playa se volvería improductiva […] y
por otro lado no se lograría, como contrapartida, más que, a lo
mejor, unos cuantos kilos de mineral, no de filones, sino rodado”.
(Arquivo Diocesano de Santiago. San Vicente de Cespón. Varia
4. Carta de los vecinos de Cespón, Bealo y Abanquero. Al señor
ingeniero jefe del Distrito Minero de A Coruña. 1960).
Por unha banda, esta solicitude constitúe, de por si, todo un
testemuño de Antropoloxía Cultural para comprendermos as
dinámicas socioculturais nunha comunidade rural e mariñeira
galega nos anos 50/60. Neste senso, a comunidade local, para a
defensa dos seus intereses tradicionais fronte ao desenvolvemento
de iniciativas capitalistas foráneas, bota man do crego (de aí a
conservación do documento no Arquivo Diocesano), asumindo o
papel deste como intermediario válido para tratar coas instancias
oficiais do Estado.
Por outra banda, vese reflectido o conflito de intereses entre
a parroquia, a tradición, e as iniciativas particulares inseridas
nun modelo de explotación do medio, propio dunha economía
capitalista de mercado. A solicitude dos veciños será finalmente
desestimada pola Jefatura del Distrito Minero de Coruña que
concede permiso de investigación da mina chamada Adelina (N.
103
Introdución á minería no Barbanza
4.4381) a prol de D. José Miguéns Teijeiro (petición de 13 de abril
de 1957):
“Resultando:… Alegando [os veciños] que como se deduce de
la solicitud del permiso de investigación, las pertenencias o gran
parte de ellas, se hallan enclavadas en la playa de Lobrigos, playa
eminentemente marinera que siempre ha producido gran cantidad
de mariscos cuya recolección constituye el sustento y un medio de
vida para la gran mayoría de las familias de las citadas parroquias,
y que de permitirse la realización de los trabajos de investigación
aquellas quedarían privadas del producto de la playa porque se
removerian las arenas causando la muerte del marisco […] que
si de un lado pueden realizarse las calicatas o excavaciones que
ya vienen haciéndose en terrenos de dominio público, dentro de
ciertos límites, debe preceder el conocimiento de la autoridad
local, sin que baste la simple autorización de la comandancia de
Marina […] El ingeniero-jefe que suscribe ACUERDA desestimar
la oposición formulada por vecinos de las parroquias de Cespón,
Bealo y Abanqueiro en el Ayuntamiento de Boiro. (Sello de saída,
9 de novembro de 1960)”.
Este litixio (Arquivo Dicocesano de Santiago. S. Vicente de Cespón.
Varia 4. Resolución de la Jefatura del Distrito Minero de Coruña.
1960) confirma a potencialidade mineralóxica e metalúrxica da
zona, un aspecto xeolóxico que condicionou o devalar histórico
da Punta de Neixón. A análise xeomorfolóxica realizada permite
identificar as áreas de captación destes recursos presumiblemente
utilizados polos habitantes dos Castros de Neixón. A este respecto,
a zona máis cercana concrétase en Vidres, a escasos metros do
Castro Grande, na que se desenvolveu unha explotación de estaño
na postguerra, da que quedan numerosos restos (a estudar dende
o punto de vista da Arqueoloxía industrial).
Figura 151. Regatón de bronce e peza de madeira interna,
recuperados no tramo de foxo 02 (campaña 2006).
Detalle do interior
do regatón, unha vez
retirada a peza de
madeira.
No ano oficial da recuperación da Memoria Histórica iniciamos
esta liña de traballo en Historia Oral, con gravacións audiovisuais
das entrevistas levadas a cabo aos nosos informantes, que
servirán de complemento á investigación paleometalúrxica
comezada en 2005 (reproducimos como a continuación algúns
destes testemuños referidos a Vidres (o noso traballo tamén
tratou a explotación mineira de Lampón, Boiro e a grande mina
de Sanfins, Lousame).
Este estudo de Historia Oral, complementado cos datos
xeomorfolóxicos, a análise da microtoponimia, baldeirado de
documentación histórica (Sánchez 2006) e a inspeción visual dese
espazo de Vidres, remítennos a unha explotación estannífera (na
parroquia o termo empregado para referirse ao estaño é o de
escoria) nas praias do antigo porto de Vidres (espazo no que se
conserva o microtopónimo de Os Fornos). Polo de agora podemos
afirmar que se trata da área máis próxima aos Castros de Neixón
na que se documenta este mineral. A outra zona próxima vén
sendo a zona de O Confurco, na que se abastecían de granito as
parroquias da zona (incluía a de Cespón). O granito de dúas micas
de Confurco é o xerador dunha mineralización Estaño-wolframio
filonianas como a coñecida mina Esperanza en Moimenta
explotada dende os anos 40 (Ruiz Mora 1982: 599, 613-4).
Os Castros de Neixón
104
Gonzalo e Gracia 1985: 273-4): “Sus tonelajes suelen ser muy
bajos, como sus leyes, aunque la variabilidad de estas pueden
dar lugar a zonas bastante ricas para el grado de dificultad de
su beneficio, con contenidos superiores a 1 Kg de casiterta por
Tm. A pesar de ser criaderos en general poco relevantes debido a
sus dimensiones, han sido siempre muy intensamente explotados
por la facilidad que comporta su tratamiento, y en ocasiones
han llegado a ser fuente de la mayoría del estaño de producción
nacional. Normalmente son minas pequeñas, de ámbito familiar,
y con una tecnología muy arcaica, basada sobre todo en el lavado
de los materiales en Jigs ó mesas ‘gallegas’ ó wilfley (batea en
otros tiempos)” (Corral e Plaza 1985: 278).Trátase do sistema
de extración máis sinxelo e doado, xa que non esixe un gran
investimento tecnolóxico, podendo realizarse o traballo mediante
un lavado manual do mineral.
Visión baixo lupa binocular 16x da peza de madeira interna doutro travesaño de
fíbula localizado no tramo de foxo 02 (campaña 2006).
Pola contra, a explotación de Vidres era de tipo aluvial, secundario,
na que se beneficiaban as praias mineralizadas con casiterita
procedente da erosión de depósitos primarios ubicados no
interior. Deste xeito, podemos incluílo no tipo de xacemento de
estaño detrítico-cuaternario (seguindo a tipoloxía establecia por
105
Introdución á minería no Barbanza
De feito, a investigación sobre a metalurxia prerromana, de
acordo coas noticias clásicas, considera que as comunidades da
Idade do Bronce e mailos habitantes dos castros terían explotado
os praceres fluviais e os xacementos secundarios (tanto de ouro,
como cobre e estaño) segundo este sistema, dando lugar a unha
actividade que apenas deixa evidencias materiais (Luzón 1983:
217; Sánchez Palencia 1983: 33-6; Domergue 1990: 151; González
García 2003: 136-40).
Coa nosa investigación etnoarqueolóxica (encetada en Galicia para
a explotación tradicional do ouro en praceres fluviais por Vázquez
Varela, 2000: 33-50) formulamos a posibilidade de que esta zona
de Vidres fose a área de aprovisionamento de estaño dos Castros
de Neixón (pola súa proximidade e facilidade de tratamento e
procesado) e o espazo no que se levaba a cabo a primeira fase da
cadea técnico-operativa da metalurxia do bronce, documentada
tanto no Castro Pequeno coma no Castro Grande.
Explotación mineira de Vidres (Neixón, Cespón, Boiro)
María García Fiz, 63 anos, aldea de Nine (data da gravación: 10
de agosto de 2006):
“Eu aí non traballei pero aí traballaba meu irmán o máis vello,
tiña 16 anos, e eu acórdome que aí ibamos coas outras rapazas á
escoria a collela e reñíannos pola coller e se xuntabamos medio
quiliño dela porque naqueles tempos facía moita falta pois
vendíamoslla ao señor por un real ou por dous patacóns, eran
cousas de rapaces. Meu irmán contaba que traballaban moito
porque todo era a base dunha cousa e outra e que ganaban moi
pouco; despois el marchou de alí porque ganábase tan pouco, e
despois xa se empezou a desface-la cousa e xa quedou en nada,
quedou todo arruinado.
Aí eso empezou a cousa ao principio cando había… viña o mar
para arriba e lavaba a area e aí empezou a aparecer esas pedriñas
negras e empezaron a decir a xente deu en dicir
Hai escoria en Vidres!, escoria en Vidres!
E despois empezou a xente a ir a ela pero non había, non era
escoria, que non era estaño nin iso que non había a quen vender
e foi despois cando este señor de aquí que lle chamaban Evaristo
que morreu e se encargou non sei por mediación de quen e foi
cando fixo esa empresiña pequena, que non era nada, eran dez
personas pouca cousa era”.
Baldomero Cespón Teira, aldea de Nine, 83 anos (data de
gravación: 11 de agosto de 2006):
“A mina esa comenzouse a explotar no ano 47, 48, de aí sacábase
estaño, había unhas pepitas pero moi pouquiñas de ouro, que
aparecían e a xente íbaas camuflando como podía e o encargado
mandounos, chamábase don Rafael Bielsa, o encargado, que era
andaluz, mandounos facer catas polo monte para facer muestras
e alá onda os castros pola parte de acá pola beira do mar, alí había
moita escoria e moito estaño, pero alí non puidemos continuar
porque encontramos unha parede como as que hai ahora nos
castros pequenos, unha parede ben feitiña e dixémoslle a don
Rafael, alí apareceu esto, e el dixo esperar esperar que vou eu a
mirar eso e cando o viu dixo
Tapar, tapar. Aquí no tocarle que esto pertenece al Ministerio de
Cultura.
Nós chamámoslle o escorial de Vidres, sacábase moita escoria,
durmía o encargado nunha casa e traíase o material todo para
aí, toda a escoria iba para aí e despois había un tal Parga Moure
que era o que o levaba para fundir e quedou a 20 % de escoria,
de estaño logo, pero tamén saía estaño puro, moi fino, había un
lavadero con motor nós chamabámoslle unha cartagenera que
Os Castros de Neixón
106
había que estar a apalancoar aquela terra esa, e había un fulano
sempre subido no chisme ese a traballar.
Había unhas ancarellas, unhas parigüelas, e entre dous
acarrexábase a terra para o lavadero, despois o grueso tirábase
con el, e o fino pasaba á cartagenera esa para manipulalo, para
aquelar, á noite separábase o estaño a unha parte, e a escoria
a outra. Lavábase e cando viña o embarcamento embarcábase
para onde fora. Nunha ocasión veu tamén A Cambocha de
Boiro (embarcación citada por B. Máiz no seu estudo sobre as
embarcacións de pasaxe nas rías galegas (2000: 98-100) que
traficaba moito no asunto do contrabando de estaño e tocoume a
min de guardia, facíase a guardia de noite moitas veces e veu para
aí en barriles dun cántaro, todos fondados, e non sabían o que
era, pero eu sóubeno ¡era estaño! Viña para aí para mandar para
onde mandaban o estaño de aquí, e díxome o encargado que era
andaluz, falaba en castellano:
Baldomero te toca de guardia, eh! toma la escopeta, antes de que
te encañonen, encañona.
Bueno, eu senteime no monte. Xa podían levar a caseta e mais o
estaño que non me preocupei de nada… non apareceu ninguién
por alí.
Había estaño e escoria, wolfram non había. A escoria quedaba
ao 20 % de estaño, ao fundila de novo, e despois había estaño
puro, unha cousa moi finiña. O lavadero era unha mesa que iba
correndo, e iba caíndo a terra e quedaba o estaño. Tamén había
107
Introdución á minería no Barbanza
Ubicación da explotación de estaño de Vidres (Google Earth).
unhas pepitas de ouro, unha insignificancia de nada. Eu encontrei
unha cousa pouquiña que era coma pouco máis que unha area
destas, pero era pesada e trouxena para casa e dínlla á miña mai.
E será ouro? -Eu non sei, -e levouna a Boiro e déronlle 30 pesos
por ela. Pero desas non apareceron máis.
Sacábano por mar, para Villagarcía, aí na plaia de Vidres, onde salía
o propio material. Botariamos de dous a tres anos traballando.
Despois empezou a escasear máis. Despois o encargado díxonos
que despois iriamos a Barraña, na plaia esa que tamén había
muestras de estaño, en Boiro, pero como non deixaron, pois
acabouse e desapareceu todo.
O traballo era normal, oito ou nove horas. Pagábannos por día, 25
pesetas de sueldo”.
Seriamos aproximadamente, algúns xa morreron, 14 ou 15
personas entre homes e mulleres. As mulleres acarrexaban
parigüelas, terra tamén para o lavadero, outras paleaban tamén,
os homes cavaban con azadóns, con picochas. Cobrábase sobre
25 pesetas, cinco pesos, daquela, non había seguro de ningunha
clase.
A Lousame foramos a roubar wolfram a Sanfins, sacabamo-la
terra en sacos, e ibamos lavala ao río. Daquela levabamos palizas
da guardia civil. Aquelo fora naqueles tempos cando fora a Guerra
Mundial, e vendiámolo no estraperlo. Se nos pescaba a Guardia
Civil ganabas unha malleira e requisábannos a ferramenta que
quedaba no cuartel. Andamos centos de personas ao wolfram.
Hai un sitio aí ao lado de Vidres conocido polos Fornos que decían
os vellos de antes, aí o lado de onde apareceron as escorias esas.
Onde está o muelle. O norte do muelle chámase A Pedra de Sar
pero un pouquiño para acá é a pedra dos Fornos.
Ese estaño que veu da Cambocha de Boiro era de estraperlo,
por eso viña escondido. Algúns disque iban de noite a roubar.
Casualmente onde apareceu ese muro houbo xente a sacar a
escoria esa que deixaramos nós alí.
Fotografía aérea de Vidres e Os Fornos (Google Earth).
María Cespón Teira, aldea de Nine (data da gravación 10 de
agosto de 2006):
“Traballei en Vidres no 49. O traballo consistía en que os homes
cavaban terra e nós catro mulleres que habia alí carrexabámola
para arriba á lavadora, nós non puidemos nunca colle-la lavadora.
Sacaban escoria, iba á lavadora e dispois sacaban escoria non
sei a que a destinaban, o jefe era un andaluz que vivía alí na
aldea con dúas fillas. A xente que traballaba toda era de aquí,
aquí traballaban María Cespón Sánchez, Pura Muñiz, Fernando
Miranda Muñiz, María Sánchez Otero, Baldomero Cespón Teira,
José Piñeiro e Manuel García.
Os Castros de Neixón
108
Chamábanlle escoria pero non sei en que consistía eso. Primeiro
sacárona do monte, e despois sacárona da plaia, ao primeiro non
querían pero despois decidíronse a sacala da plaia. Onde ves o
depósito sacabámola debaixo, da parte do sur. Levabámola nas
ancarellas, á máquina para lavar. Cando tiñan que chicar para o
depósito. A bomba estaba continua, pero tiñan que poñela no
mar cando estaba a plaiamar para chicar para o depósito.
Era un señor que veu que lle chamaban o andaluz, era o
encargado. Nós non vimos nunca aquí a outra persona que non
fora el. Almacenaba o material na casa esa. Logo as venidas foron
traendo area e terra, logo, unha do monte e outra da praia, e
foron tapando, ademais eso quedou como aquí no sarso, a plaia
toda do sur, quedou todo limpo, todo todo.
Eso era unha cousa pobre. Traballabamos unhas dez personas.
Tiña así coma unha palanca, unhos fuelles, para subir e baixar.
Levabamo-la terra para arriba, despois paleaban ás pineiras esas,
dábanlle a pineirar e quedaba a escoria. A agua iba ao depósito e
dispois do depósito iba ao outro tubo que iba á peneira. A agua
caía na pineira e axudaba a pineirar”.
José España Muñiz, aldea de Nine, 59 anos (data da gravación: 11
de agosto de 2006):
“Eu daquela, cando se empezou aquí a mina de Vidres, viñera un
señor de Murcia, con dúas fillas, chamábase don Rafael Bielsa,
vivían na nosa casa aquí en Neixón, entonces papá era o guardián
de aí, e según nos decía papá, nós eramos pequenos, ata o ano
109
Introdución á minería no Barbanza
50 aproximadamente alí había escoria que logo se fundía que
viñan pedras negras e decían que co wolfram da mina de Sanfins
despois se fundía eso, iba despois para os cañóns dos morteros
e de eso. Aquí sacouse bastante escoura desa. Había unha
caseta embaixo, ten estado chea, había un lavadero en Vidres
onde traballaban quince ou vinte personas no lavadero. Dispois
viñan, collíano e levábano en barcos para Vilagarcía. En Vilagarcía
cargábano e levábano para fundir co wolfram para eso dos cañóns
e que estuveron inda moi ben de tempo.
Inda está hoxe o lavadero, aínda está aí o tanque e a tubería onde
se enganchaba para o lavadero. E despois eso acabouse, pero
dalí xa botaría uns dez ou catorce anos por agotamiento de filón,
pero aquí o jefe ese, o señor Rafael Bielsa, marchou e logo volveu
outra vez, volveron a intentalo, xa tiña eu doce ou catorce anos, e
sacaron aínda bastante estaño, que iban pedras en lingotes, aínda
se ven aí que están cubertos de silvas, matoxos e cousas así, se vai
e se escarva aínda están as covas, non ten pozos, pozos non, pero
covas fondas si, de cinco metros de fondo, pero bastante fondo,
os filóns así sacando, bastante pero bastante fondos. Hoxe está
cuberto; é unha cousa que se acabou.
Hai moitos anos que foi xa. A Vilagarcía levábano desde o porto
de Vidres. Efectivamente, o estaño procedente de Lousame e
explotacións da contorna levábase a Carril. Como sinalou no seu
día E. Carré Aldao (1980a: 800): En Taragoña, después de un largo
viaje por entre montes, se reúne el mineral de estaño procedente
de las minas de Lousame (partido de Noya) y se hace el envío en
grandes barcazas al vecino puerto de Carril (Pontevedra) para su
preparación y exportación a Inglaterra. Para Carril e Vilagarcía.
Outras veces viñan coches tamén, que xa había coches daquela.
O porto era Vidres. O porto de Vidres era o abrigo que tiñamos
nós; ahora non, ahora cando se abreu a vía rápida pasouse para
onde está ahora. O porto dos mariñeiros era o porto de Vidres,
de sempre. Os barcos a vela, as dornas, os balandros estaban no
porto de Vidres, non había aquí outro porto. Solamente había
do Bodión a Vilagarcía unha motora de pasaje, o Cardona de
Vigo, esa empresa de Vigo. Embarcadoiro no que salía o barco
do señor Emilio, Blanquiño de Taragoña, de aquí chamábamoslle
os Fornos, ese era a motora que había, Blanquiño, motora a vela
primeiro e despois meteulle motor, Blanquiño de Taragoña, era
o transporte que había a Vilagarcía. Era eu moi pequeno, tería
aproximadamente eu tería sete anos, pero a motora era de antes.
Despois veu outra motora que lle fixo a competición, dos Fornos a
Villagarcía, onde iba toda a xente de aquí para buscar arroz, aceites,
de todo, para Villagarcía, que aquí non había, chamánbanlle A Ría
de Beluso, xa era unha motora, cun motor de 24 cabalos, e iba e
viña facéndolle xa a competencia ás outras. Ao porto chámanlle
Os Fornos, entre Pedra de Sar e Vidres.
Pedra de Sar é este varadero que nos fixo Costas e a Xunta. A
pedra que fixeron para a ponte de Beluso coa vía rápida, veu para
aquí que non tiñamos onde amarrar, para os barquiños de aquí.
A Pedra dos Fornos que sae para fóra que debaixo hai unha fonte
que non seca nunca, esa fonte non seca nunca, aí era onde se
Vista cara ao N da explotación de Vidres.
embarcaba sempre para ir á festa a Rianxo, á Guadalupe. Xa
antes, papá e Belarmino Vilas a pasar xente en dous barquiños
a vela a pasar a xente para a Rianxo. Daquela había un espigón
pequeno. O muelle de Sete Fogas. Iban dous barquiños de aquí
apara Rianxo e para Taragoña. Estouche falando do ano 47, 50.
E inda me acordo. Os Castros estaban cando eu era rapaz
pequeno, as murallas estábanche a un metro e dous e tres metros
de alto. Daquela estaba todo cuberto. Íbase á pedra ao monte,
daquela, no ano 55, e íbase cos carros, esto foi unha cousa...
cerráronse moitas hortas coas pedras dos castros. Daquela non se
Os Castros de Neixón
110
lle daba importancia, como ahora. Se daquela fora hoxe, entonces
eso estaría como están en moitos sitios.
Os Fornos eso era un embarcadoiro natural; é unha pedra que che
sale para a fóra, daquela tiña moito máis cantil, agora hai moito
fango. O cargadeiro era Os Fornos. Vidres era o puerto dos barcos
marisqueiros e pesqueiros de aquí. O portiño ese dos Fornos era
o porto cando viña a motora de pasaje para Taragoña e Vilagarcía.
Os pais do meu pai xa lle chamaban Os Fornos. Xa un cuñado
de meu pai e un abuelo de meu pai cando marcharon para a
Argentina, cando viñeran á casa viñan á prai de Vidres. Segundo
contaban viña xa de atrás, era o único sitio que tiñamos aquí para
embarcadeiro, era os Fornos.
Ruínas do depósito da explotación de estaño de Vidres.
A habitación da escoria, eso era cando sacaban a escoria de alí.
Inda hoxendía lle chaman o cuarto da escoria. Era o nombre que
lle daban aquí era escoria, pero era estaño sen fundir. Dispois
levábase e fundíase, según decían mezclábase co wolfram para
os cañóns. Na postguerra aí ten estado cheo hasta arriba. Leváse
a cargar para Villagarcía e Carril. Papá tiña un barco, unha dorna,
gamela, e levaba para Villagarcía.
Vista xeral das estruturas arruinadas vencelladas á explotación de Vidres. Vista
ao SW.
111
Introdución á minería no Barbanza
Os homes cavaban e as mulleres estaban no lavadeiro. Aí
traballarían, serían unhas quince ou vinte personas, todas eran
de por aquí. Xa máis tarde comenzouse a cavar tamén en Bealo,
pero non deu como aquí. Dispois acabouse, e marcharon por
agotamento do filón.
Daquela aquí as mulleres traballaban… e non eran oito horas
como ahora… igual traballaan de rompe-lo día hasta a noite,
como se suele decir Leña al manzano! e a traballar outra vez.
En Vidres había o tanque que tiraron con el. Recórdome moito
que é unha cousa para lle decir á xente. Antes cando eu era rapaz
collíanse xestas, os tranchos, ibamos dous ou tres e ibamos polos
peixes, e agora non hai un.
Había unha caseta onde estaba o guardián, que era meu pai,
despois había outro departamento onde se guardaba a escoria,
bueno, o estaño, iban pedras para ir á fundición. E despois nós
os rapaces íbamos á escoria, ibamosche andando, íbamos ás
pedriñas, cun cestiño e logo vendiámosllas ao señor Bielsa e nos
daban 3 pesetas, 10 pesetas, no ano 53-54, que xa eran cartos
daquela, teño eu agora 59 anos. Colliámo-los cestiños de aros
e levabámosllos cheos e o pesaba o señor Rafael e compraba.
E despois outro día ibamos á escombreira, e volviamos á plaia.
Nunca nos berraban. Nunca nadie nos dicía nada. Era unha
marabilla daquela, arre carallo!
Había un depósito alto, que a base aínda está. Ese depósito era o
que lle dá agua ao lavadero. A tubería sería de 12 centímetros de
diámetro tería, e chicaba para o lavadero. Según me parece inda
deben de estar, arriba na pedra, os enganches do cemento onde
estaba acoplada a tubería, para a parte do sur da plaia. Eso si.
Pois era eu rapaz, non che podo decir nada do contrabando.
Andaban picando nas pedras, e dispois iban ao lavadero. Viñan
as pedras xa medio desfeitas, porque che eran como seixo, como
o ensarso, pero a escoria xa viña co color negro, que viñan en
carretas de madeira, e botábana á cinta e despois pineirábana.
Estaban as mulleres dun lado e do outro collendo as pedriñas do
estaño, dun lado e do outro.
María Rosa Cespón Sánchez, 78 anos, Nine (data da gravación; 9
de agosto de 2006):
Traballamos moito tempo alí, a lava-la terra, e a coller terra na
plaia cando estaba o mar baixo e había un lavadero para lavala.
A escoria mandábana para Villagarcía. Eu sei que era Don
Rafael Bielsa, era o capataz, o que nos pagaba e facía caso da
xente. Eramos todos de por aquí. O home ese era andaluz, era
de Andalucía. Andabamos moitos, algúns xa morreron. Eu tería
corenta anos. Andaban os homes a remesar a terra con picarañas,
e as mulleres andabamos cunha parigüelas para subila a lavala,
e o que quedaba dispois analizábano, que era escoria, lle
chamaban escoria. Eran unhos lavaderos, cunhas pineiras. Pasaba
a terra miudiña esa polas cartageneras e dispois pasábase por
alí e volvíase a lavar. Había un motor que chupaba a agua do
mar para lavar a terra esa. Para colle-la terra no monte e despois
baixabamos á beira da plaia cando baixaba o mar. Fomos a analizala terra, ibamos con palanganas polas plaias, ao Budión, alí non se
atopaba nada, fomos tamén a cerca da mina de Sanfins, no monte
que lle chamaban o monte de Farexas. O jefe chamábase don
Os Castros de Neixón
112
Rafael Bielsa el era andaluz, el collía aí iso e despois o mandaba
para Villagarcía. O sueldo daquela non me acordo. Pagábannos ao
mes por oito horas de traballo tódolos días de luns a viernes”.
de murallas e foxos e amortízanse os blocos desprendidos dos
cantís para os zócalos e paredes das vivendas.
Estes cambios na paisaxe de Neixón tradúcense nunha nova
configuración do espazo vivido, que xera unha transformación
directa da paisaxe e provoca sinais materiais, que chegan até a
paisaxe actual, e que son o resultado do impacto antrópico sobre
este medio. Un impacto que é consecuencia directa dun perfecto
coñecemento das áreas de extración de materiais e das zonas
de captación de recursos. Se atendemos ao pouco que sabemos
Inscrición nunha caseta da explotación de Vidres: pódese ler NEIXÓN 1937.
Consecuencias
A acción do home sobre a Punta de Neixón mudou totalmente
a paisaxe. A construción do Castro Pequeno conlevou efectos
drásticos como a destrución das cristas rochosas, unha fonda
modificación do solo, un inxente movemento e transporte de
material. Asemade tróuxose material alóctono para a realización
113
Introdución á minería no Barbanza
Na praia recollíase area que era peneirada e lavada para beneficiar nódulos de
casiterita.
das escavacións no Castro Pequeno, este poboado pasou por
diferentes fases habitacionais, nas que a unhas cabanas circulares
erguidas con materiais perecedoiros seguíronlles outras con
zócalo de pedra e paredes de pallabarro. Como material asociado
apareceron evidencias dunha importante actividade metalúrxica
de bronce, dunha prática marisqueira de carácter sistemático,
así como muíños naviformes e ornamentos de influencia
centroeuropea e mediterránea.
Estas manifestacións materiais poñen en riba da mesa unha
serie de preguntas que tentan ampliar o noso coñecemento dese
impacto antrópico sobre o medio, do que implicou na paisaxe e
no territorio o Castro Pequeno e posteriormente o erguemento
do Castro Grande:
Pregunta 1: Se a punta é rochosa, de onde veu a terra para facer
o parapeto?
Pregunta 2: Cales eran as áreas de extracción de material pétreo
para a construción dos zócalos das casas e dos útiles líticos?
Pregunta 3: Onde extraían o cobre e o estaño para facer o
bronce?
A estratexia de investigación interdisciplinar desenvolta polo
noso equipo de traballo tentou reconstruir a área de captación
de recursos deste primeiro asentamento –aplicando o modelo
chantado pola Arqueoloxía funcionalista no seu día– aplicando
análises edafolóxicas, xeomorfolóxicas, paleometalúrxicas,
malacolóxicas... que forneceron datos para comezar a respostar
ás citadas preguntas.
Primeira resposta: as comunidades castrexas do Castro Pequeno e
do Castro Grande tiveron que fornecerse de materiais sedimentarios
para erguer o parapeto procedentes dunha área na que existisen
aportes desa natureza. En toda a Punta non se observan cantís de
orixe sedimentaria, a excepción do localizado entre o antigo porto
de Vidres e a desembocadura do río Beluso, na área de explotación
mineira dos anos 40 e 50. Desenvólvese, sobre rocha de natureza
metamórfica, un depósito coluvial, que está recheando unha
pequena valgada, no que tan só se diferencia un nivel basal, que
corta o substrato, composto por gravas e cantos subredondeados
de seixo e xisto, dispostos coa orientación da pendente, e sobre
este un material sen estrutura definida de cores amarelas e roxizas
e natureza areo-limosa, no que se misturan abundantes gravas
heteroxéneas tanto en natureza coma en forma. Ademais, neste
sector non se atoparon exemplos similares, o que parece reflectir
que este sexa unha acumulación moi puntual, na que a parte
máis masiva do depósito, resposte a unha orixe controlada pola
actividade antrópica, máis que a procesos naturais -continentais
ou litorais (Costas Casais 2006).
Segunda resposta: o material pétreo empregado nos zócalos
das cabanas correspondentes a unha hipotética segunda fase de
ocupación do Castro Pequeno proveñen da extracción directa do
sustrato de pegmatita e xisto da Punta e dos blocos existentes nas
calas da vertente SO. Por outra banda, semella evidente que o
granito de máis calidade empregado para a fabricación dos muíños
naviformes tamén procedeu dunha zona allea á Punta de Neixón.
Neste senso, a información fornecida por habitantes das aldeas
Os Castros de Neixón
114
de Vidres e Nine permitíronnos saber que o material construtivo
empregado nas casas tradicionais procedía efectivamente das
calas e praias de Neixón, a onde ían eles mesmos de pequenos,
a recoller os bloques de xisto desprendidos dos cantís, mentres
que o granito empregado nos esquinais ou en casas de meirande
capacidade económica procedía de canteiras foráneas coma a de
Confurco (parroquia de Macenda, ao NW de Cespón).
Terceira resposta: os estudos tipolóxicos das pezas metalúrxicas
do Castro Pequeno nunca foron acompañados de análises
arqueolóxicas que precurasen saber se os minerais empregados
nesa metalurxia local eran de orixe alóctona ou procedían do
contorno inmediato do Castro Pequeno. A nosa investigación
etnoarqueolóxica desenvolta nesta campaña de 2006 permitiu
localizar un xacemento de estaño, na ladeira E de Vidres e na
praia anexa, que fora sistematicamente explotado a finais dos anos
1940 e durante a década dos ano 50. Así mesmo, contamos con
referencias sobre o achado de muros de cachotería e abundante
cantidade de escoura nas cercanías do Castro Grande.
Se ubicamos na cartografía estas áreas potenciais de captación de
recursos do Castro Pequeno (o que os arqueólogos funcionalistas
anglosaxóns denominaban o Site Catchment Analysis) vemos
claramente que se ubican nun radio que non chega aos 2 km
de distancia. Se a iso lle unimos a proximidade a mananciais de
auga e a doada defensibilidade do extremo da Punta de Neixón,
temos un panorama que nos explica o óptimo emprazamento
do Castro Pequeno e as posibles causas da súa elección como
115
Introdución á minería no Barbanza
Corte estratigráfico ao carón da praia de Vidres. Depósito coluvial.
espazo habitacional. O posterior erguemento do recinto do Castro
Grande explícase en parte pola súa meirande proximidade aos
recursos mineiros.
Paseniño, estamos vendo que esta potencialidade mineira, o
acceso ao estaño e a presenza dunha longa tradición metalúrxica
de bronce son variables que explican o papel importante da área
de Neixón no contexto dos contactos comerciais cos navegantes
mediterráneos na segunda Idade do Ferro. A documentación
de abundante material cerámico cartaxinés e íbero-púnico
nas escavacións do Castro Grande, así como restos (datables e
contextualizados) de todo un proceso metalúrxico (escouras,
crisois, produtos finais) semellan corroborar as importantes
relacións comerciais sinaladas nas fontes clásicas (Ademais teñen
minas de estaño e chumbo e peles que trocan cos comerciantes
por cerámica, sal e obxectos de bronce (Strabon, III, 5, 11), que
tiveron que incidir notablemente na vida cotiá dos habitantes de
Neixón.
En definitiva, a investigación arqueometalúrxica e etnoarqueolóxica
aquí presentada contribuiu a respostar provisionalmente esta
última pregunta, e a fornecer novos interrogantes que agardamos
poidan ser debatidos en sucesivas reedicións desta interesante e
necesaria iniciativa materializada nestas xornadas de Introdución
á minería no Barbanza.
Agradecementos
A toda a xente de Nine e Cespón, de quen seguimos
aprendendo.
Bibliografía
Aboal Fernández, R., Ayán Vila, X. M. e Prieto Martínez, Mª. P. 2002.
Arqueología en la ACEGA 2: el área arqueológica de O Peto (Vedra, A
Coruña). CAPA (Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio), 17. Santiago:
IEGPS (CSIC-XuGa).
Aboal Fernández, R., Castro Hierro, V., González Ruibal, A. e Rodríguez
Martínez, R. 2006. Outros obxectos. En Aboal Fernández, R. Castro Hierro,
V. (coords.). O castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra): 26174. Serie Keltia, 37. Noia: Toxosoutos.
Acuña Castroviejo, F. 1976. Excavaciones en el castro de O Neixón.
Campaña de 1973. Noticiario Arqueológico Hispánico. Prehistoria, 5:
325-30. Madrid.
Acuña Castroviejo, F. 1977. Panorama de la Cultura Castrexa en el NO de
la Península Ibérica. Bracara Augusta, XXXI: 235-53. Braga.
Acuña Castroviejo, F. 1998. As escavaciós galego-portuguesas no mundo
castrexo no contexto dos intercambios culturais e científicos neste
séculos. Cadernos do Museo Muncipal de Penafiel 2. Homenagem a C.
A. Ferreira de Almeida: 29-36. Penafiel.
Agrafoxo Pérez, X. 2002. Memorias do Franquismo. A época do wolfram
en Lousame, a corporación de Noia en Meirás. Noia: Toxosoutos.
Álvarez González, Y.; López González, F. e López Marcos, M. 2005.
Recuperación e posta en valor do conxunto arqueolóxico dos Castros
de Neixón. En Ayán Vila, X. M. (Coord.): Os Castros de Neixón (Boiro,
A Coruña). A recuperación dende a Arqueoloxía dun espazo social e
patrimonial: 93-123. Serie Keltia, 30. Noia: Toxosoutos..
Os Castros de Neixón
116
Ayán Vila, X. M. (Coord.). 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña).
A recuperación dende a Arqueoloxía dun espazo social e patrimonial.
Serie Keltia, 30. Noia: Toxosoutos.
Ayán Vila, X. M. 2005a. Arqueoloxía de Os Castros de Neixón: revisión
crítica dun mito historiográfico. En Ayán Vila, X. M. (coord.): Os Castros
de Neixón (Boiro, A Coruña): 53-89. Serie Keltia 30. Noia: Toxosoutos.
Ayán Vila, X. M. e Gianotti García, C. 2007. Escavación arqueolóxica
no Castro Grande de Neixón (Boiro, A Coruña). Campaña 2003. CAPA
(Cadernos de Arqueoloxía e Patrimonio), 21. Santiago: IEGPS, CSICXunta de Galicia.
Ayán Vila, X. M. (dir.); Gianotti García, C.; González Pérez, L. y Arizaga
Castro, Á. 2005. Avance de resultados da escavación arqueolóxica no
Castro Grande de Neixón. Campaña de 2003. En Ayán Vila, X. M. 2005.
Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña): 127-161. Serie Keltia 30. Noia:
Edición Toxosoutos.
Ayán Vila, X. M. (dir.); González Ruibal, A.; Rodríguez Martínez, R. Mª;
González Pérez, L. y Arizaga Castro, Á. 2005. Avance de resultados da
escavación arqueolóxica no Castro Grande de Neixón. Campaña de
2004. En Ayán Vila, X. M. 2005. Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña):
165-229. Serie Keltia 30. Noia: Edición Toxosoutos.
Ayán Vila, X. M., Rodríguez Martínez, R. Mª., González Ruibal, A.,
González Pérez, L., Arizaga Castro, Á. y Franco Fernández, M. A. (e.p.).
Un espacio monumental de la 2ª Edad del Hierro: el acceso SE al recinto
superior del Castro Grande de Neixón (Boiro, A Coruña). En Fanjul
Peraza, A. (coord.): Arqueología de los Castros de Teverga (Asturias).
Tudela: Universidad de Navarra.
117
Introdución á minería no Barbanza
Ayán Vila, X. M., González Pérez, L., Arizaga Castro, Á e Bóveda López,
Mª. M. 2007. O campo de traballo dos Castros de Neixón (Boiro, A
Coruña): balance e análise crítica dun proxecto de Xestión Integral do
Patrimonio (2003-2006). En Actas do IV Congreso de Musealización de
xacementos arqueolóxicos: 261-8. Santiago: Xunta de Galicia.
Bettencourt, A. M.S. 2000. O Povoado de San Juliâo, Vila Verde, Norte
de Portugal, nos finais da Idade do Bronze e na transiçâo para a Idade do
Ferro. Cadernos de Aerqueologia. Monografías, 10. Braga.
Blanco Freijeiro, A. 1957-1958. Origen y relaciones de la orfebrería
castreña. Cuadernos de Estudios Gallegos 36: 5-28; 37: 267-301.
Santiago: IEGPS.
Bouza Brey, F. 1957. O castro de Alobre e os contactos antre a Bretaña e
a Galiza na época romana. Homenaxe a Florentino López Cuevillas: 73110. Vigo: Galaxia.
Caeiro, A. 2004. A memoria nos tempos do wolfram. Documentos. Buxo
produccións [documental].
Carballo Arceo, L. X. 1989. Catálogo dos materiais arqueolóxicos do
museu do Castro de Santa Trega: Idade do Ferro. Pontevedra: Excma.
Deputación de Pontevedra.
Carré Aldao, E. 1980. Geografía General del Reino de Galicia. Vol. VII.
Bilbao : La Gran Enciclopedia Vasca [Ed.. facsímil].
Carré Aldao, E. 1980a. Geografía General del Reino de Galicia. Vol. VIII.
Bilbao : La Gran Enciclopedia Vasca [Ed.. facsímil].
Clarke, D. L. 1984. Arqueología Analítica. Barcelona: Ediciones Bellaterra
[2ª ed.]
Comendador Rey, B. 1998. Los inicios de la metalurgia en el Noroeste de
la Penínunsula Ibérica. Brigantium, 11. A Coruña: Museo Arqueolóxico e
Histórico de San Antón.
Cornide Saavedra, J. 1790. Las Cassitérides o islas del estaño restituídas a
los mares de Galicia. Discusión crítica en que se procura probar que estas
islas Sorlingas como pretende en su Britania G. Cabdem; a y así las de la
costa occidental del Reyno de Galicia. Madrid.
Gómez Filgueiras, F. 2002. Paleometalurgia del yacimiento de la isla
de Santa Comba. Cobas-Ferrol. En VV.AA.: Santa Comba, un referente
arqueológico de la costa ferrolana: 67- 157. Serie Ferrol en Tempo de
Historia, 17. Ferrol: Concellería de Cultura, Concello de Ferrol.
Gómez Ramos, P. 1996. Hornos de reducción de cobre y bronce en la Pre
y protohistoria de la península Ibérica. Trabajos de Prehistoria, 53 (1):
127-43. Madrid: CSIC.
Cortegoso Comesaña, M. e Viñas Cué, R. 1996-1997. Las fíbulas del
castro de la isla de Toralla (Vigo, Pontevedra). Castrelos 9-10: 139-148.
Vigo.
Gómez Ramos, P. 1996a. Análisis de escorias férreas: nuevas aportaciones
al conocimiento de la siderurgia prerromana en España. Trabajos de
Prehistoria, 53 (2): 145-55. Madrid: CSIC.
Costas Casais, M. 2006. Análise xeomorfolóxica da Punta de Neixón.
En Ayán Vila, X.M.: Escavación no Castro Grande de Neixón (Boiro, A
Coruña). Informe Valorativo: 99-104. Depositado na Direciión Xeral de
Patrimonio, Xunta de Galicia.
Gómez Ramos, P. 1999. Obtención de metales en la prehistoria de la
Península Ibérica. British Archaeological Reports. International, 753.
Oxford: BAR.
Domergue, C. 1990. Les Mines de la Péninsule Ibérique dans l’Antiquité
Romaine. Roma.
Fanjul Peraza, A. e Marín Suárez, C. 2006. La metalurgia del hierro en
la Asturias castreña: nuevos datos y estado de la cuestión. Trabajos de
Prehistoria, 63(1): 113.31. Madrid: CSIC.
Fariña Busto, F. 1979. As fíbulas de longo travessâo sem espira” nos
castros do N-W peninsular. Boletín Auriense, ano IX: 27-49. Ourense.
Fariña Busto, F. e Arias Vilas, F. 1980. Aportazón ao estudo das fíbulas
atopadas nos castros galegos. En I Seminario de Arqueoloxía do Noroeste
Peninsular: 183-96.
González García, F. J. 2003. Os Ártabros. Estudio xeográfico e etnohistórico.
Ourense: Ecma. Deputación Provincial de Ourense.
González Ruibal, A. 2003. Arqueología del Noroeste de la Península Ibérica
en el Primer Milenio a.C. Tese de Doutoramento inédita. Departamento
de Prehistoria, Universidad Complutense de Madrid.
Gonzalo Corral, F. J. e Gracia Plaza, A. S. 1985. Yacimientos de estaño del
oeste de España: ensayo de caracterización y clasificación económica.
VI Reunión de Xeoloxía e Minería do N.O. Peninsuar (22-24 de santos,
1984). Minería metálica e do Sn en Galicia no Macizo Hespérico
Peninsuar. Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, 9: 265-303.
Sada: Ediciós do Castro, SEG.
Fortes, J. 1905. As fíbulas do Noroeste da Península. Portugália, vol. II.
1905-8: 15-33.
Os Castros de Neixón
118
Guitián Rivera, F. e Vázquez Varela, J. M. 1975. Contribución al estudio
de la metalurgia del Bronce en la cultura castreña. Gallaecia, 1. Sada:
Ediciós do Castro.
Hidalgo Cuñarro, J. M. 1985. Castro de Troña. Campaña de 1983.
Arqueoloxía / Memorias 3. Santiago: Xunta de Galicia.
Joleaud, M. 1929. L’ancienneté de l’exploitation de l’étain dans le NW
de l’Espagne. L’Annur.
López Cuevillas, F. 1950. Las Fíbulas castreñas y su significado etnológico.
Cuadernos de Estudios Gallegos, t. V (fasc. XV): 5-15. Santiago de
Compostela: Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento.
López Cuevillas, F. 1951. Las Joyas castreñas. Madrid: Instituto de
Arqueología Rodrigo Caro, CSIC.
López Cuevillas, F. 1956. Os instrumentos de traballo dos castrexos.
Boletín de la Real Academia Gallega, t. 27 (309-320): 270-6. A Coruña.
López Cuevillas, F. 1968. A Edade do Ferro na Galiza. A Coruña:
Publicaciós da Real Academia Galega. [Reedición do traballo lido no SEG
de Santiago de Compostela o día 18 de abril de 1924].
López Cuevillas, F. e Bouza Brey, F. 1926-1927. Prehistoria galega: O
Neixón. Boletín de la Real Academia Gallega, T.16. nº 181: 1-11. T. 16, nº
182: 32-38. -- T. 16, n. 183: 56-61. -- T. 16, nº. 184: 76-83. -- T. 16, nº
185: 103-108. A Coruña.
Lubbock, J. 1912. Los Orígenes de la civilización y la condición primitiva
del hombre: (estado intelectual y social de los salvajes). Madrid: Daniel
Jorro [ed. or. ing. 1868].
119
Introdución á minería no Barbanza
Luengo Martínez, J. Mª. 1971. Excavaciones en el castro céltico de Baroña
(La Coruña). Noticiario Arqueológico Hispánico, XVI: 245-264. Madrid.
Luzón Nogué, J. M. 1983. Algunos aspectos de la minería antigua en
Galicia. En G. Pereira Menaut (ed.): Estudos de Cultura Castrexa e de
Historia Antiga de Galicia: 213-224. Santiago: USC.
Madroñero de la Cal, A. 1994. Una posibilidad de rastreo de los orígenes
de la metalurgia del estaño en España. Cadernos do Seminario de Estudos
Galegos, 64. Sada: Ediciós do Castro.
Maluquer de Motes, J. 1975. La Edad del Bronce en el NW hispánico.
En Primeras Jornadas de Metodología Aplicada a las Ciencias Históricas I
(Santiago 1973): 129-46, esp. 144.
Mannoni, T. e Giannichedda, E. 2003. Arqueología de la producción.
Barcelona: Ariel.
Naveiro López, J. L. 1991. El comercio antiguo en el NW. Peninsular.
Lectura Histórica del Registro Arqueológico. Monografías Urxentes do
Museu, nº 5. Sada: Ediciós do Castro.
Peña Santos, A. de la. 1988. Metalurgia galaica de la transición BronceHierro: el Castro de Torroso. Espacio, Tiempo y Forma. Tomo I: 339-60.
Madrid: UNED.
Rauret Dalmau, A. M. 1976. La metalurgia del bronce en la Península
Ibérica durante la Edad del Hierro. Barcelona: Instituto de Arqueología y
Prehistoria, Universidad de Barcelona.
Romero Masiá, A. Mª. 1992. Obxectos metálicos do castro de Borneiro.
En Acuña Castroviejo, F. (Coord.): Finis Terrae. Estudios en lembranza do
Prof. Dr. Alberto Balil: 131-95. Santiago de Compostela: USC.
Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1987. Galicia nos textos
clásicos. Monografías urxentes do Museu, 3. A Coruña: Museu
provincial.
Ruiz Mora, J. E. 1982. Mineralizaciones estannovolframíferas en Noia y
Lousame. Estudio previo. Cuadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe,
3. Reunión de Xeoloxía e Minería do Noroeste Peninsular (novembro
1981): 595-624. Sada: Ediciós do Castro, SEG.
Sánchez-Palencia, F. J. 1983. La explotación prerromana del oro del
Noroeste de la Península Ibérica. Boletín Auriense, XIII: 31-67. Ourense.
Sánchez Sánchez, X.M. 2006. San Vicente de Cespón e os Castros de
Neixón na Idade Media (séculos XIII-XV). Unha análise histórica da
toponimia arqueolóxica. (http://archivium-sancti-iacobi.blogspot.com/).
Simón Fernández, X. e Prado Orbán (eds.). 2006. Cultura tradicional e
desenvolvemento rural. Vigo: Xunta e Galicia, Universidade de Vigo.
Teira Brión, A. M. 2003. Os traballos agrarios e as ferramentas empregadas
na cultura castrexa. Gallaecia 22: 157-92. Sada: Ediciós do Castro.
Tylecote, R. F. 1992. A History of metallurgy. London: the Institute of
materials (2ª ed.).
Vázquez Varela, J. M. 2000. Etnoarqueología: conocer el pasado por
medio del presente. Pontevedra: Excma. Deputación Provincial de
Pontevedra.
Os Castros de Neixón
120
VIVENCIAS DA MINERÍA DO VOLFRAMIO NA ENSEADA DE CORRUBEDO
(RIBEIRA. A CORUÑA)
Ana Filgueiras Rei. Antropóloga e arqueóloga da oficina de rehabilitación do
casco histórico de Noia
Y, sobre todo, el silencio.
Un silencio tupido sobre la historia de cada uno.
Nadie pregunta de dónde viene ni adónde va.
Wolfram, wolfram, de Carlos Caba (1947).
E aconteceu un día que fun quen de ollar as fendas no chan,
as feridas abertas nos penedos da beiramar do que foi unha
pequena explotación mineira fronte ao mar de Corrubedo. Hai
agora dez anos e procurando rescatar da memoria as lendas e
os relatos d@s veciñ@s máis vell@s topei con José de Vilar, que
entón contaba con 80 anos. A súa figura solitaria na compaña do
can e as vacas estaba decote presente polas camposas da zona
de Cabo Ladrón, no Campo do Catadoiro e a Lagoa de Amendo.
Foi el quen me concedeu o privilexio de trascender o aparente,
e desde o seu ollar identificar entre outras pegadas na paisaxe as
minas de volframio.
Sería no ano 1.997 con motivo da realización do traballo de campo
preciso para acometer a prospección arqueolóxica superficial
destes terreos, por encargo da Dirección Xeral de Patrimonio
Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que tiven
a sorte de coñecer este espazo privilexiado. Anos antes, en 1.992
121
Introdución á minería no Barbanza
sería declarado Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo
e Lagoas de Carregal e Vixán, unha área litoral inscrita entre as rías
de Muros e Arousa na vertente SW da Península do Barbanza.
A sona do lugar vénlle dada pola peculiaridade do seu biotopo
e da beleza inconmensurable da súa paisaxe, a marabillosa
combinación de ríos e lagoas, e a
presenza abraiante do mar, ese que
avanza enérxico lambendo a area, e
que só recúa fronte á luzada altiva dos
Montes de Area, a enorme duna do
areal de Ladeira e Pedrecelos, reclamo
principal dos visitantes.
Porén, onde se recoñece a pegada
humana neste singular ecosistema?
Plano xeral do Barbanza e a enseada
Ademais de atender a súa dimensión física, eu procuraba rastrexar
o legado cultural que mora nela. A perspectiva histórica, e sobre
todo antropolóxica, era a prioridade, o espazo físico concibido
fundamentalmente como unha categoría cultural, posibilitaba
albiscar o rastro da intervención humana que virou e domesticou
a natureza, creando así un territorio, un espazo humanizado e,
por tanto, culturizado, con identidade de seu xa desde época
prehistórica.
Ademais
da
consabida
investigación
documental
previa, e por riba da mera
pescuda arqueolóxica, era
preciso andar todo este
terreo devagar e falar c@s
veciñ@s. Sempre foi e segue
a ser para min prioritaria a
documentación e rexistro
das
creacións
culturais
transmitidas pola tradición
oral, e a enseada de Corrubedo
enleoume no encanto de
sereas, cidades asulagadas,
Plano da enseada de Corrubedo
mouras encantadas, historias
de corsarios e piratas, naufraxios e mil marabillas máis.
Foi precisamente no ámbito da memoria oral de onde procedían
para min as novidosas informacións sobre a existencia de minas
de volframio na zona. Feridas abertas aínda visibles nos penedos
do areal de Vilar, testemuños calados dun pasado recente que é
xa historia.
E tal e como indicaba no comezo, foi a traveso dos ollos deste
labrego, que pastoreaba as súas vacas, que descubría unha
paisaxe enérxica, un territorio no que a toponimia viña a ser a
fala viva da terra. Os penedos e outeiros desmantelados polos
canteiros, laxes, camiños, regos, fontes, brañas, leiras e valos,
todo tiña nome, todo tiña entidade propia, hoxe esmorecida polo
esquecemento. Sabíao e, coma sempre, non podía conformarme
unicamente coa mera contemplación e admiración estética da
paisaxe “natural”, senón que procuraba transcender o aparente
para acadar o significado profundo do territorio.
E así, entre outros, reclamaron o seu nome as fochancas abertas
nos penedos de cabo Ladrón,
Plano da toponimia coas minas
no contorno inmediato da
Casa da Costa ou Centro de
Interpretación
(C.I.E.L.G.A.),
do hoxe coñecido como Parque
Natural. Son estes vestixios dunha
explotación mineira de volframio
de carácter familiar, que estivo
en funcionamento na década dos
anos 40 e 50 do século XX, e o
seu nome, A MINA DE LLOVO.
E aquí empeza outra historia.
É a historia dunha situación
coxuntural tan próspera como
Volframio na enseada de Corrubedo
122
efémera, inesperada e allea, mais de considerable relevancia na
Galiza da primeira metade do século XX. As vellas formacións
xeolóxicas da enseada de Corrubedo, e doutros lugares do
territorio galaico e portugués (minas de Panasqueira na Beira
Baixa), eran as principais depositarias dun mineral escaso e de
grande interese para a industria bélica do momento, o volframio,
empregado nas Guerras Mundiais para endurecer a blindaxe do
armamento.
En España, Galicia, la bella Galicia de la vida plácida sensual
y bucólica, fue la más zarandeada por la terrible pugna. En
las aldeas remotas de Pontevedra y la Coruña (...) las paredes
linderas de las fincas, los tejadizos y corralizas, se asentaban sobre
la disputada piedra negra. Wolfram, wolfram al alcance de la
voracidad bélica(...) Si a la diplomacia le preocupaba el wolfram,
las aldeas gallegas saltaban voladas desde su tranquilidad a una
primera linea, aunque camuflada, de la guerra.Wolfram, wolfram,
de Carlos Caba (1947). Nota del editor
No territorio galaico, ingleses e alemáns cobizaban o mineral
sendo xa vellas coñecidas as minas de San Fins en Lousame, as
de Santa Comba, baixo control norteamericano, e a de Fontao en
Silleda. Porén a de Casaio e Monte Neme en Carballo foron tamén
importantes explotacións de volframio. Outras minas menores
salpicaban a zona de Muros-Noia e, ao igual que a de Corrubedo,
constituían apenas pequenas explotacións familiares que pasaron
á calada polo pano tecido pola historia, anónimas e subestimadas
polo que teñen de popular.
123
Introdución á minería no Barbanza
Estes son para min os retallos cos que
se fai a historia dun pobo: ao fin, o
acontecer das vidas das xentes, do
cotián, resulta ser a auténtica historia.
Nesta viaxe á memoria, quero
agradecer a disposición, paciencia,
cortesía e xenerosidade de Ricardo
Llovo Pérez, protagonista e única
testemuña para min deste relato,
xa que foi á vez fillo do promotor e
traballador da explotación mineira
da enseada de Corrubedo. Sempre
o máis gratificante do meu traballo é
compartir os momentos e as vivencias Foto de Ricardo Llovo
coas persoas que procuro, aprender
do seu saber e experiencia, e neste caso ademais supón unha
lección a dose de humor incorporada e a positividade con que se
encara unha experiencia non sempre agradable, senón mais ben
fatigosa e dura.
Será puramente a vivencia humana da explotación da mina o
que tratarei a continuación. As lembranzas e algúns detalles do
acontecer cotián do traballo, pois outros aspectos de carácter
socio-histórico ou técnico sobre a minería son abordados noutros
estudos por investigadores máis capacitados para tal fin.
Coñecida sobre todo a demanda do volframio no decorrer da 2º
Guerra Mundial, este precisábase para abastecer a industria bélica,
e o establecemento dunha política de “compras preventivas” do
mineral por parte
das
potencias
rivais implicadas
desencadeou
unha pugna de
prezos
e
por
tanto unha febre
do
denominado
“ouro
negro”.
Xurdiron así polo
Mina co edificio do CIELGA
país oportunistas,
especuladores, aventureiros nalgúns casos, e mesmo xentes
emprendedoras que percibiron o comezo dun negocio rendible na
súa explotación e souberon aproveitar con maior ou menor fortuna
a conxuntura da época. Cóntase da existencia de determinadas
persoas coñecidas popularmente como “buscóns” que, con
máis intuición que práctica, procuraban terreos de penedío con
seixo á vista, e neste marco a enseada de Corrubedo amosábase
provocadora.
Localizado o lugar e a veta de volframio que no seu estado natural
presenta unha cor preta, precisábase entón acreditar a valía e
autenticidade do mineral realizando unha proba que consistía en
pisar o volframio cunhas moedas de cobre, e logo o po resultante
botábase nun papel de fumar e tiña que “pintar” de cor acastañada
ou achocolatada. O enorme peso deste mineral en bruto ou en po
era determinante para verificar a súa autenticidade.
O paso seguinte sería buscar persoas ou familias con capital para
comezar a explotación, e unha vez que había acordo económico,
éralle mostrado o
lugar onde realizar
a
mina.
Unha
mostra de mineral
enviábase á Escola
de Minas para que
indicase a calidade,
mesturas, e o xeito
máis
conveniente
de
abordar
a
explotación.
Mina de Llovo
No caso da Mina de Llovo, en Cabo Ladrón, foi un ribeirense
que contaba cun armacén de fariñas na vila, a persoa que puxo
o capital para comezar a explotación, asociado con Fernando
Conde, un capitán do exército, retirado. Establecido en Ribeira,
mais provinte de Vences (Val de Monterrei, Ourense) foi un home
sen dúbida emprendedor: comerciante de viño, viaxante, tivo en
propiedade unha pequena flota de tres barcos, un ultramarinos,
fábrica de chocolate, o almacén de fariñas de Ribeira, e unha
panadería na que chegaron a traballar doce persoas.
Para comezar a explotación, e coñecer así o proceso mineiro,
visitou a mina de San Fins en Lousame. En total, localizadas na
zona de Cabo Ladrón, na enseada de Corrubedo, abriu tres minas,
atuando unhas co escombro das outras. A mina máis grande
apenas acadaba os catro metros de alto por sete de fondo, pois
unha maior envergadura da mina aumentaba as posibilidades de
producir derrubamentos e accidentes.
Volframio na enseada de Corrubedo
124
Porén, tanto nesta como noutras minas de volframio galegas,
tratábase meramente dun negocio familiar, tanto pola súa
pequena entidade, como porque a propia familia traballaba
dalgún xeito directa ou indirectamente na explotación. Esta
tiña abofé un peculiar xeito de organización. Realmente, a libre
organización d@s traballador@s da mina recorda a idiosincrasia
ácrata do espírito galego e explica a emerxencia anos antes dun
forte movimento anarco-sindicalista nas vilas e cidades galegas.
A Mina de Llovo tiña unha media de catorce operari@s organizados
baixo a dirección dun capataz experto en minas, que neste caso
proviña de Noia. Distribuídos en dous grupos de sete había
por tanto traballadores propios e por conta allea; nesta última
modalidade predominaban as mulleres, e o seu número oscilaba
entre quince e trinta.
Fonte de Pipín
As tarefas laborais
“especializadas”,
amais de capataz,
eran a de ferreiro e
a de cociñeira, esta
última unicamente
para servizo do
capataz e vixilante
que era o propio
fillo do dono.
Ás traballador@s por conta allea proporcionábaselles a dinamita,
ferramenta, pratos de latón para lavar o mineral, etc. A ferramenta
dispoñible eran marras de dous, cinco e dez quilos de peso, picos,
125
Introdución á minería no Barbanza
pás, galletas, barrenos de aceiro (a xeito de ciceis longos), pistoletes
(ciceis pequenos) e martelos. Tamén o propio seixo facía as veces
de coitela: facéndolle un gume permitíalles cortar as cordas. Para
moer o que eles denominaban “o material” contaban tamén cun
muíño dunha polea que funcionaba cun motor de coche.
Os homes barrenaban, picaban, seguindo as vetas da mina, e
entivaban. Logo percibían unha cantidade de cartos segundo o peso
do mineral extraído na xornada día. Podían ter excepcionalmente
calzado de traballo, botas con reforzo de aceiro procedentes do
exército, do corpo de enxeñeiros de Madrid. Lavaban tamén o
material moído sobre unha mesa inclinada, aproveitando o curso
dun rego na zona coñecida como O Catadoiro. Unha vez secado,
metíase nas sacas de coiro e depositábase no caseto. Os dous
mananciais utilizados pola mina, a Fonte de Pipín e a a Fonte
do Campo do Catadoiro, foron tradicionalmente os lugares onde
abrevaban o gando dos veciños da zona.
As mulleres levaban as carretas, picaban o material restante con
martelos, lavaban o mineral á man na fonte, queimaban nunhas
latas o arsénico que aparecía por veces asociado ao volframio, o
que lles ocasionaba fortes dores de cabeza, e finalmente tamén
transportaban á cabeza sobre a rodela as sacas de dez quilos
do mineral. O embarazo non era impedimento para facer estes
traballos, aínda que pasasen moito tempo metidas na auga, ás
veces coas alpargatas postas para non cortar os pés.
Así permanecían a xornada coas roupas arremangadas e metidas
a cancha pernas na presa do lavadoiro, coñecida como A Fonte
de Pipín. Aos homes estáballes prohibido achegarse a esta zona
exclusivamente feminina. Elas procedían maioritariamente da
zona de Escarabote e Boiro, e organizábanse por conta propia,
acudindo á mina ao chou, mais sempre coordinadas por unha
delas que facía as veces de manda ou encargada, que lles indicaba
onde colocarse e que facer, e dáballes o prato de lavar. Ao remate
da xornada, unha única muller achegábase co material onda
estaba o home coa pesa para, unha vez pesado, percibir os cartos
estipulados.
Co fin de aproveitar a luz natural, o horario da mina comezaba ao
abrente dun luns ata o sábado á noite. Era preciso, ademais, pasar
lista diaria para comprobar @s ausentes, e proceder así ao pago
da xeira. No que toca ao aloxamento e mantenza, resultaba máis
cómodo o traballo na mina para os que moraban nas aldeas da
contorna (Olveira, Artes, Corrubedo....) xa que durmían na casa,
mais o común era que procedesen de lugares algo máis afastados
e que por tanto, despois do traballo na mina, o andaren a pé
durante quilómetros e ás escuras non fose o máis apetecible. Así,
os homes dispuñan no propio lugar, preto da mina, dunha casa
feita de perpiaño onde pernoctar, a cal semella que foi roubada,
pedra a pedra, ao abandonaren a mina. Pola súa banda, o capataz
e vixilante durmían ao pé mesmo da mina, nun caseto de madeira
que tiña dúas camas e unha mesa abatible. Nin un nin os outros
contaban con subministro eléctrico, unicamente a luz do candil: a
roupa seica lles cheiraba moito a gas, e o mar se estaba calma era
a única forma de tiralo do corpo.
A mantenza, polo tanto, podía ser levada da propia casa de
cadaquén, ou incluso co permiso do capataz procurala no mesmo
contorno: cazar e pescar na
lagoa de Amendo parrulos e
alabancos eran prato necesario
e apetecible. Tamén o mar,
ademais de lavar os seus corpos
luxados e cansos, agasallábaos
de vez con lubinas, muxeis
e outros peixes que tiraban Plano de detalle co hórreo
despois de chimpar á auga un
pistón de dinamita cunha mecha amarrada a unha pedra cun
cordel. Isto mesmo podían facer o vixilante e o capataz, coa única
diferenza que era a cociñeira quen lles preparaba o peixe.
Pola súa banda, as mulleres, que como xa indiquei proviñan
maioritariamente de Boiro e Escarabote, durmían tamén na zona.
Na veciña aldea de Vilar, e no ámbito dunha propiedade privada,
podían dispor dun hórreo onde durmir. Pechado de cantería,
a parte de abaixo do hórreo servíalles de leito. Sobre a palla
deitábanse de dez a quince mulleres, privadas absolutamente de
luz, xa que unha faísca naquel facho de palla era lume e morte
segura. Esta circustancia non deixou de ser aproveitada por algún
mozo algareiro que porfiaba por apalpar corpo feminino en
ocasión nunca mellor presentada. Acochado baixo as pallas seica
un traballador da mina apandou tal malleira das mulleres que foi
logo moito tempo obxecto de escarnio.
Por outra banda, os roubos e falcatruadas na propia mina eran
frecuentes, a pesar do celo posto polo vixilante, que asexaba
decote aínda que sempre cun certo grao de permisividade. As
Volframio na enseada de Corrubedo
126
mil e unha anécdotas sobre as pillaxes que xentes e traballador@s
argallaban para apañar algo de mineral extra merecerían escribir
un libro aparte tanto, en Corrubedo como noutros lugares. Se
o volframio estaba ben pagado daquela na Galiza, arredor de
duascentas pesetas o quilo, máis aínda se conseguía en Portugal,
onde podía chegar a pagarse a mil pesetas o quilo. Os ingleses
encargábanse desta desproporción para evitar que o mineral
caese en mans alemás.
Non estraña, pois, que pesando moito e abultando pouco o
volframio fose agachado na roupa interior, tamén nos cachotes
do pan de millo soterrados baixo a farangulla, nas medias das
mulleres, e en mil trebellos máis foi transportado para vender en
Valença de Minho, tendo que burlar a Garda Civil desde o propio
lugar de partida. Para evitar estas argalladas as traballadoras da
mina tiñan a Pepita Abilleira, unha muller de Ribeira, encargada
de facer o rexistro diario.
moitos. Andar aos “crebasos” era ir apañar o que as augas cuspían
dos naufraxios e doutros sucesos mariños: ata moreas de billetes
chinos chegaron ás mans das incrédulas xentes. No lugar foi
coñecido un veciño “especialista” en crebasos, era o “Marabillas”
do Vilar. Como se dunha sorte de maxia se tratase el subministraba
toda caste de obxectos e instrumentos aos veciñ@s.
Mais tamén esta peculiar forma de vida xeneraba ás veces
“chufas” ou brincadeiras argalladas polos mozos, que procuraban
así un divertimento. Nunha ocasión fixeron unha arca de madeira
coas súas correspondentes ferraxes para logo enchela de pedras
e, unha vez ciscada no areal, espreitar á noite e ollar como o
Marabillas puxaba por ela nun carro de vacas ata a casa.
Alén destes momentos para distraerse e matar o aborrecimento,
o traballo marcaba o tempo. No que atinxe á distribución do
material, indicar que unha vez lavado, cada home portaba unha
saqueta de coiro con capacidade para dez quilos de volframio.
Acontecía tamén que, polo mesmo motivo, se achegasen
oportunistas para ofrecer cartos @s traballador@s polo mineral
extra apañado, mais eran decote enganados xa que o que
percibían non era volframio puro, senón chilita tintada con anilina
para semellarse á propia cor do mineral auténtico.
Outros xeitos de facerse máis “legalmente” con algo de mineral
era recoller o sobrante da mina repasándoo despois de lavado.
As mulleres que o procuraban coñecíanse por iso co nome de
“as repasadoras”. Os sobrantes intencionados ou fortuítos foron
tradicionalmente no país un xeito de supervivencia, e o mar con
cousas mil que as ondas deixaban no areal era unha regalía para
127
Introdución á minería no Barbanza
Fotos do coche “Aí te pudras”
O destino máis inmediato era o “almacén” de fariñas de Ribeira,
e desde alí, un camión levábao á denominada “fundición” de
Vilagarcía para “refinar”. O vehículo do que se dispuña para
servizo da explotación era un Renault axeitado ou amañado para
esta caste de traballo. Coñecido como “Aí te pudras”, podía levar
na traseira a varias persoas sentadas, termando de vez dunha
tampa.
Seica, ademais do enorme consumo de combustible, ir sentado
no coche ou medianamente acomodado era unha sorte: o común
era agarrarse un onde puidese,
subido ao petril e co corpo ao
sol, ao vento e á choiva; de aí o
alcume do vehículo.
A fin da actividade da mina de
Llovo aconteceu no ano 1.952 ao
rematar a guerra de Corea. Esta
segunda tanda subministraba
Foto de Cares
os norteamericanos e aliados,
mentres que a primeira tanda destinábase fundamentalmente aos
alemáns. O material “fino” soterrouse na horta do almacén de
Ribeira.
Outras tentativas de explotación do volframio tiveron tamén lugar
na enseada de Corrubedo. Despois de abrir a Mina de Llovo, a
coñecida como Mina de Cares comezou a súa corta andaina xa
que ao ser escavada en terra resultou improdutible.
O seu promotor e vixilante foi Ramón Campos Martínez, mais
quen pediu a concesión dos terreos e puxo o capital foi unha
muller, Josefa Regueira, coñecida como A “Taísta de Castiñeiras”;
de aí que se coñecese popularmente como “A mina da Taísta”.
Hai novas doutra pequena prospección mineira propiedade de
Francisco Monteagudo coñecida como “O Pedregal”, no contorno
de Porto de Baixo.
Estas son polo miúdo as vivencias inmediatas do acontecer da
minería do volframio na zona de Corrubedo. Creo preciso rematar
este paseo pola memoria recente transmigrando precisamente
a ollada ao pasado afastado do lugar, aquel que para moitos é
invisible, pero que se nos
revela nas pegadas do terreo,
e que permanece en silencio
espreitando o devir dos tempos.
Porque é neste lugar de Pipín,
preto da fonte e da mina de
volframio, que se destaca
na paisaxe un monumento Túmulo de Pipín
funerario milenario, un túmulo
ou mámoa erixido ao pé duns
penedos no que brincaban os rapaces e especulaban os mineiros
sobre as lendas e misterios que contaban do lugar.
Túneles e outros recantos destes penedos traen á memoria as
lembranzas dos tesouros dos mouros, das riquezas agochadas que
estimulaban a imaxinación e os soños das xentes que se esvaecen
no tempo prendidos no vento mareiro do areal de Corrubedo.
Volframio na enseada de Corrubedo
128
APROXIMACIÓN Á MINERÍA EN RIBEIRA
Texto: Mª Luisa López Otero. Asc. O Faiado 2
Fotografía e coordenadas xeográficas: Antonio Parada Mariño
Traballo de campo realizado nos meses de novembro e decembro
de 2006 visitando os lugares de Ribeira onde, segundo a tradición
oral, se levaron a cabo labores mineiros no século XX.
MINERÍA EN MONDELO
patrimonio oral)
(PALMEIRA)
(recollida
do
Coordenadas: 42º 35´ 277 N, 8º 57´ 464
Dirección: Leste-Oeste. Segundo varios informantes, na zona había
5 minas. A pesar de que o lugar foi aplanado con maquinaria pesada
e repoboado de árbores, apréciase algún terraplén e socavóns
dalgunha das entradas. Os camiños de carro substituíronse por
pistas e tamén hai algunha casa de recente construción.
Todos os informantes se lembran da coñecida como “Mina de
día” pois, segundo afirman “dende dentro da galería víase o día
ao outro lado”. Outras eran minas de profundidade, das que
partían varias galerías. Un dos pozos que tiña auga no fondo
foise entullando con materiais que tiraba a xente. Destas minas,
segundo os enquisados, quitábase mineral de ferro.
129
Introdución á minería no Barbanza
Un dos informantes de 65 anos, conta que cando el tiña uns 10
anos xa non se traballaba nas minas de Mondelo, pois xogaban
a meterse dentro dalgunhas. De feito, ningún dos enquisados
lembra estas minas en actividade.
Manuel Santiago Vilas, de oitenta e pico anos, falounos dunhas
minas de wolfram que había nos Vieiros. Mineral de wolfram, xa
fose destas minas ou das dos arredores, saía por distintos lugares
desde a costa de Ribeira, entre eles Insuela. Aínda xunto á antiga
fábrica de Ignacio, en Palmeira, hai unhas pedras medio tapadas
pola area que ao parecer caeron dunha embarcación, principal
medio utilizado para trasladar moito do mineral ata outros lugares
da ría como Carril e Vilagarcía, desde onde saía de Galicia a bordo
de embarcacións de máis tonelaxe.
“A VOLTA DOS GAVOTEIROS”. (Ribeira, límite con Pobra)
Subindo dende o cruceiro de Moldes ao monte da Curota, á altura
da entrada ao antigo vertedoiro, había unha mina de berilo e cuarzo,
propiedade de Casto de Dios Paz e outros socios. Estas persoas
de pedra de cuarzo moi rosada e moi bonita. Despois de facer
os trámites co Consorcio de Minas, o Ministerio de Industria
da Coruña, Goberno Civil, e informe favorable do Concello,
comezou a explotación do filón. Cargaban o mineral en camións
e baixábano ata o peirao antigo da Pobra (agora deportivo)
desde onde se embarcaba aproveitando o regreso de barcos
de pequena tonelaxe que traían carbón para as moitas fábricas
conserveiras da zona. O “LEO” de NAVIERA DEL CANTÁBRICO,
era unha das embarcacións na que saía o mineral rumbo ao porto
tamén estaban relacionadas coa Estañífera de Arosa de Lampón
en Boiro, e eran propietarias doutras explotacións mineiras fóra
da comarca. O camión que se utilizaba na explotación de Moldes,
era o de D. Eduardo Gasset, da Torre de Xunqueiras. Cando os
donos e capataces necesitaban desprazarse alugábanlle o coche a
Cerqueiras. Pechou por non ser rendible a causa do transporte, e
porque apenas quedaba filón fácil de explotar.
Informe sobre esta explotación realizado para a Asc. O
FAIADO 2 por D. Ricardo Rivas Barreiro:
“A mediados do s. XX, D. Casto Dios, descobre un filón moi
importante nas cercanías do monte Curota (agora mirador)
Cuarzo rosa na mina de Moldes
de Avilés (Asturias), e que logo remataría afundíndose por mor
dun temporal nas cercanías da barbanzana illa de Rúa. Outro dos
barcos empregado para o transporte con guías e selo aduaneiro
era o Castelo de Tetuán”.
Segundo información proporcionada tamén por D. Ricardo
Rivas, outras persoas relacionadas con esta explotación foron: D.
Wenceslao Dios (fillo de D. Casto) e D. Rafael Rivas Rivas. Este
Minería en Ribeira
130
Escritura
último foi nomeado apoderado en setembro de 1945 das minas
“Manolo“ e “Florita”, números 1. 736 e 1. 682 do Distrito Mineiro
da Coruña, dentro do termino xudicial de Noia, e propiedade
naquel entón de D. Manuel Lojo Núñez, un dos donos de
“Conservas Lojo”, con fábricas no areal de Pobra do Caramiñal e
en Insuela (Palmeira), no concello de Ribeira.
O 29 de outubro de 2006 visitamos esta mina guiados por
Abelardo Soler Torrente, familiar de D. Casto, e que de neno
visitara o lugar con el. Sinalounos o lugar onde se atopaban uns
fornos metálicos na entrada da mina, lembrando como baixaba o
mineral nas vagonetas, e como se botaban todos ao chan cando
estoupaba a carga de dinamita.
Mina de Moldes
131
Introdución á minería no Barbanza
Muda testemuña da antiga actividade no lugar son os montóns
de entullo con anacos de cuarzo de distintas cores que aínda
circundan o socavón, xa que a mina era a ceo aberto e nalgúns
tramos presenta máis duns 4 m de profundidade. Cabe a
posibilidade de que alí houbese un gran con; de feito, as persoas
de idade avanzada, da parte de Ribeira, lembran unha pedra
branca de Moldes que relucía moito cando lle daba o sol, e que
logo foi dinamitada.
Mirando a Curota de fronte desde este lugar, atópase o monte
Os Forcados, duns 600 m de altura, e que lles serve de límite aos
Concellos de Porto do Son, Ribeira e Pobra.
Información recollida de Dna. Flora Dios, Abelardo Soler Torrente,
Ramiro Villoch e José M. Pérez Lustres.
Foxa de S. Alberte
EXPLOTACIÓN DA CARBALLA. Palmeira (Ribeira)
FOXA DE S. ALBERTE (Ribeira)
Coordenadas: 42º 34´627 N, 8º 58´704 “ W
Coordenadas: 42º 34´ 859 N, 8º 59´859 W
Dirección: Leste-Oeste
Foxa duns 20 m de diámetro e uns 4 m de fondo. Está rodeada
de montículos de escombro e chea de toxeiras no interior. Na súa
proximidade atópanse grandes penedos con marcas de extraer
pedra. Dende ese lugar hai unha fermosa panorámica sobre a ría
de Arousa e parte da ría de Noia. Ao outro lado do camiño, a
poucos metros dela, apréciase unha mámoa sen chantos dentro
do cono.
A foxa, ten máis de 200 m de longo, alcanzando por algúns tramos
os 20 m de ancho, e unha profundidade duns 7 metros.
Foi explotada polos veciños do lugar, e polo seu aspecto leva
moitos anos sen actividade, xa que nas paredes que a conforman
hai árbores de grosos troncos. Dela parece que tamén se sacou
algo de barro para a telleira de Palmeira.
Informante e guía: Isabel Barros. Recolleu a información dunha
muller maior que traballou na mina
Minería en Ribeira
132
terreo do Mercantil, na falda do Monte da Cidade. Alí mesmo
está o que nomeamos como:
CAMPO DA MINA
Coordenadas: 42º 33,552 N, 9º 00´ 60,8” W
A foxa ten unhas dimensións duns 70 m x 2 m, e unha profundidade
variable aproximada de 2 m. En todo o terreo do interior da curva
da estrada, ata chegar ao cerre dunha leira coñecida como a
Devesa do Rei, aparece entullo con anaquiños de cuarzo branco
e cuarzo afumado.
Foxas no Campo da Mina
Foxa da Carballa
EXPLOTACIÓNS MINEIRAS NOS ALEDAÑOS DO MONTE
DA CIDADE (Ribeira)
Na rotonda do Polígono de Xarás tomamos a estrada de Aguiño
deixando á dereita o Pazo da Soedade, tamén coñecido como da
Conlleira, hoxe do Marqués de Bugallal, seguindo a estrada a carón
do muro que cerra a finca. Como acaban de cortar as árbores nun
anaco de monte, dende a mesma estrada vese o frontal da capela
do pazo. Pasamos o parque periurbano de S. Roque e tomamos
cara ao miradoiro da Pedra da Ra. Na parte dereita da estrada,
dende case o cruzamento, o chan está con furados, e cuberto
con cuarzo moi miúdo. Para velo mellor pódese pasar a curva
e aparcar na entrada da pista aínda térrea que conduce ao gran
133
Introdución á minería no Barbanza
FOXA DE DETRÁS DA CONLLEIRA
Coordenadas: 42º 23,816´N, 9º 00,672´ W
Dende o ” Campo da mina “ seguimos uns centos de metros o
camiño ata pasar unha finca cun portón metálico, baixando logo
á dereita a carón do valo dun alargo, por un camiño agora con
campo, pero con ancho suficiente para que se puidesen cruzar
nel dous carros á par sen teren que deterse. Chégase ao fondo
da valgada, abríndose á parte esquerda unha gran foxa de varios
centos de metros de longo, e cun entrante lateral cara ao monte
da Cidade, que alcanza máis de 8 m de profundidade. Esta foxa
vai en diminución ata rematar nun pequeno rego de auga, ao final
Foxa de detrás da Conlleira
do cal fixeron un gran pozo de cemento que embalsa auga onde
encher motobombas para sufocar incendios.
Nunha das beiras, e todo ao longo da gabia, acumúlase gran
cantidade de entullo, formado case na súa totalidade por terra na
que aparece algún anaco de cuarzo afumado.
Seguindo uns poucos metros despois do pozo da auga, á dereita,
está o Monte de Gude, conformado con grandes bolos ateigados
de píos. Atopamos alí perpiaños e rochas con marcas da extracción
de pedra no lugar. Dividindo o monte, pasa o valado do cerre
da finca do Pazo da Conlleira, na que segundo a xente do lugar
tamén había minas. Moitos dos grandes rochedos pasan dun lado
ao outro do valado, formando covas naturais por ambas partes,
semellantes aos abrigos dos rochedos de Couso en Aguiño. Se
ollamos dentro da finca aparece un gran bolo de varios metros de
altura, e outro montículo rochoso a uns 100 m del.
No exterior, a poucos metros, observamos outros grandes
penedos, onde medra un piñeiro bastante grande, dentro dun dos
píos do alto da rocha. Tanto nestas rochas como nas inmediacións
das outras, aparecen vestixios de cando os labores de cantería se
facían no mesmo monte.
A panorámica é magnífica, salvando o impacto que sofren á fronte
os grandes rochedos que conforman a canteira de Xarás; á súa
dereita destaca a gran duna, a Lagoa de Carregal e Corrubedo,
vixiadas ao lonxe polos montes Facho, Tahúme e Forcados.
Minería en Ribeira
134
CALICATAS NA DEVESA DO REI
ARQUIVO DO CONCELLO DE RIBEIRA
A uns cinco ou seis metros do remate da foxa da Conlleira, xusto
na esquina da finca do pazo, hai unha entrada á dereita. Subindo
uns metros por ela aparece, partindo dunhas rochas, unha foxa
de fondo chan, duns 2 m de ancho, que chega ao cerre do
solar do Mercantil. Toda esa finca aparece en regos de bastante
profundidade.
Estes son algúns dos datos que figuran nos arquivos do Concello
de Ribeira relacionados con notificacións remitidas polo Distrito
Mineiro da Coruña, e a data na que se fixeron.
MINA DE SEGO EN ARTES. Ribeira.
En Sego (Artes), había unha mina de wolfram coñecida como a
“ Mina das cruces”. O interior da galería, a uns 20 ou 30 metros,
estaba caído, tapándose arredor dos anos 90. Agora pasa unha
estrada por encima.
Participantes no traballo de campo: Antonio Parada Mariño,
Mª Luisa López Otero, José Manuel Vilas Álvarez, Vicente González
Lijó, José M. Pérez Lustres e Manuel Casais Arestín
Distrito Minero de La Coruña
Remítase notificación a:
MANUEL OUJO MONTEMUÍÑO (13/1/1944)
JOSEFA REGUEIRA LAMPÓN (17/6/1944
JOSÉ TEIRA FERNÁNDEZ (19/6/1944). Era o buzo e utilizaba a
pólvora para os barcos.
JOSÉ FERNÁNDEZ GRAÑA (26/6/1944)
GUSTAVO LLOVO VARELA (31/10/1944)
ANGEL MONTEAGUDO REIRÍZ “
JOSÉ FERNÁNDEZ GRAÑA “
JOSEFA REGUEIRA LAMPÓN (2/3/1945)
GUSTAVO LLOVO VARELA “
PRIMITIVO TRIGO PARDIÑAS (20/3/1945)
ANGEL MONTEAGUDO REIRIZ ”
JOSÉ FERNÁNDEZ GRAÑA “
MANUEL OUJO MONTEAGUDO (26/3/1945)
JOSÉ TEIRA FERNÁNDEZ (26/4/1945)
GUSTAVO LLOVO VARELA (4/ 6/1945)
Traballo de arquivo: José M. Pérez Lustres
135
Introdución á minería no Barbanza
Minería en Ribeira
136
Outros vestixios mineiros no Barbanza
OUTROS VESTIXIOS MINEIROS NO BARBANZA
Texto: Mª Luisa López Otero. Asc. O Faiado 2
Fotografía e coordenadas xeográficas: Antonio Parada Mariño
APROXIMACIÓN Á MINERÍA EN POBRA
No concello de A Pobra do Caramiñal, de momento, só se
manteñen lembranzas de actividades mineiras en S. Isidro de
Postmarcos, nos arredores do Polígono Industrial de A Tomada, e
na Lomba. Pese á pouca actividade que parece que houbo neste
concello, varias persoas da localidade, como Casto de Dios Paz,
ou membros da familia Gasset relacionados coa Torre Xunqueiras,
eran donos de concesións ou de parte delas en diversos lugares de
Galicia, noutras partes de España e incluso en lugares de América
como Bolivia, México, etc.
Na Geografía General del Reino de Galicia, dirixida por F. Carreras
e Candi. Ed. Alberto Martín, no apartado de minería realizado
polo enxeñeiro de minas Ramón del Cueto y Noval (páx. 80), cita
como minas de grafito “Perseverancia” e “Llegaremos”, de Pobra
do Caramiñal. Tendo en conta que Ramón del Cueto finou en
1928, pouco despois de realizar este traballo, suponse que nesas
datas estas minas estarían en funcionamento.
137
Introdución á minería no Barbanza
Por outra banda, segundo aparece publicado en La Puebla del
Caramiñal, un mirador sobre la Ría de Arosa. Manuel Domínguez
Fontán. Ed. Diputación Provincial de la Coruña, 1987. páx. 82,
destaca a presenza de comerciantes fenicios “que desde las
distintas regiones asiáticas venían en sus naves, atraídos por la
riqueza de las minas barbanzonas. Entre estas el notable geólogo
Hernández Sampelayo, destaca las ricas existencias de grafito que
había en la Puebla”.
Vestixio Mineiro na Tomada
(Información e fotografías proporcionadas pola Asc. AXENA, e
recollida no ano 2006)
Na Tomada atópase un pozo con terreo en rampla que continúa
por unha galería estreita duns 30 metros de longo, da que
parten outras pequenas galerías laterais de entre 8 e 9 metros de
lonxitude. Desta mina extraíase wolfram.
Na Teixoeira aparece outro par de minas que ao parecer pertencían
a explotacións da familia Gasset.
Na parroquia de Postmarcos pola punta da Merced, case ao
lado da antiga salga, aparece un gran socavón do que se extraía
cuarzo.
Informantes: Rubén Pablo Paz Brión, Xurxo Gago Mariño e César
Alonso Lamas
Segundo informacións posteriores, estas minas son nomeadas “Valdoeira”, e
atópanse no Monte de Brión.
A uns 20 ou 30 m desta boca, e en dirección Sur, aparece outra pequena galería
que xa remata a uns 15 metros. Non moi lonxe da galería anterior hai unha
sondaxe.
Outros vestixios mineiros no Barbanza
138
INTRODUCIÓN Á MINERÍA EN RIANXO
Vestixios Mineiros en Asados
Tense constancia de actividades mineiras no lugar de Villanustre
en Asados, onde principia o campo de fútbol. Traballaría sobre os
anos 50 do século XX. Dela quitábase estaño, e incluso lembran un
pozo e unha galería. Coñecíanse como as minas de “Os Fornos”.
Vestixios Mineiros na parroquia do Pazo
Coordenadas xeográficas: 40º 39.971’ N, 08º 48.660’ W
Había unha mina de wolfram xunto á fábrica de madeira de
Escurís, despois da ponte do río Te, no lugar de Salto do Lobo,
da parroquia do Pazo. Aínda tiña actividade nos anos 1950. Dela
quitouse pedra para a construción do peirao de Rianxo.
En Traba, e noutros moitos lugares de Rianxo, houbo pequenas
explotacións cando a “febre do volfran “.
Informantes: Xesús Santos Suárez, Juan Ordoñez Buela e Manuel
Rodríguez Saborido.
INTRODUCIÓN Á MINERÍA EN NOIA
En Noia parece que había, polo menos, tres galerías, unha real
en Santa Cristina, outra na que se gardaba o mineral, e unha
terceira noutro lugar. Unha das bocas estaba na Barquiña, cerca
do Grupo Escolar Rodríguez Cadarso. Ao parecer, había tamén
outra explotación mineira en Loxe.
Informante: Pedro García Vidal
Na Geografía General del Reino de Galicia, dirixida por F. Carreras
y Candi. Ed. Alberto Martín, páx. 520, T. II por Eugenio Carré
Aldao, ao referirse á parroquia de S. Martiño, cítase “ De minería
hay concesión de hierro en el término”. Na páx. 537, cita unha
mina de tungsteno descuberta na Albariza, na parroquia de Santa
Cristina do Barro, onde tamén hai unha explotación de granito na
aldea de Iglesia.
No apartado referido á parroquia de Santa Mariña de Obre (páx.
538), aparece “Según algunos historiadores, en esta feligresía
tenían los fenicios grandes depósitos de estaño, procedentes de
los criaderos inmediatos, en los que hay señales de haber sido
explotados antiguamente”.
Na contraportada do xornal La Voz de Galicia (27/10/2007)
aparece unha reportaxe na que Sara Ares, conta a alarma que
desatan en Noia unha decena de perforacións mineiras en
desuso.
Algúns destes pozos, como os localizados no monte San Marcos,
139
Introdución á minería no Barbanza
son calificados como auténticas trampas mortais, dada a súa
profundidade e dificultade para visualizalos.
A mesma reportaxe informa da sinalización e peche dos pozos
aparecidos recentemente e do cambio de carteis que informaban
do perigo dos 13 selados realizados en 1998, para que non se
repita outra traxedia como a que lle custou a vida ao xoven Oscar
Lojo en 1997, cando cedeu o entullo nunha antiga mina sen
sinalizar.
Outros vestixios mineiros no Barbanza
140
A MINERÍA NA POSGUERRA EN PORTO DO SON. AS MINAS DO CEÁN E
FONFORRÓN
Xoán Pastor Rodríguez Santamaría
Xuño, novembro de 2007 Os anos dourados da extracción do wolfram en Galicia foron os
da II Guerra Mundial, polo alto valor que alcanzou este mineral
para abastecer para material bélico as nacións en conflito. Estas
actividades mineiras déronse tamén en Porto do Son, e nós
centraremos a nosa atención na mina do Ceán, na parroquia de
Baroña, a partir do testemuño oral de varios homes que traballaron
ou coñeceron a mina, ao que sumamos algún material escrito da
administración da propia empresa. A mina do Ceán O lugar do Ceán ou Seán, pois o Nomenclátor de Galicia,
confeccionado pola Xunta de Galicia en 2003, non inclúe este
lugar da parroquia de San Pedro de Baroña, e tampouco o
estudoso Joaquín Torres del Río nos sacou de dúbidas, pois
ningunha das dúas posibles grafías aparecen no seu traballo A
toponimia do Concello de Porto do Son (2000). O nomenclátor
oficial apórtanos o topónimo O Seán, na parroquia de Santa Baia
141
Introdución á minería no Barbanza
Mina do Ceán
en Boiro, mais tamén cita varios lugares denominados Ceán en
Vimianzo, Malpica, Abegondo, Vigo e Nigrán. Gerardo Sacau
Rodríguez, nun estudo toponímico sobre Os nomes da Ría de
Vigo, cita Seán como unha das formas toponímicas que o nome
de procedencia hebrea Xoán (YEHOHANAN) deu en galego. Na
súa orixe significaba “misericordia divina”, e en grego derivou en
de Lugo e Pontevedra. A mina do Ceán, en Baroña, está situada a uns trescentos metros
da estrada que une Ribeira e Noia a 42º 41.440’ N., 009º 01.136’
W. Forma un ángulo con dúas galerías, unha delas con dirección
leste. A outra galería ten dirección nor-nordeste. Consérvanse
aínda restos dalgunhas antigas construcións, así como varios
pozos hoxe recheos. Polos arredores hai sondaxes lonxitudinais
de pouca profundidade. Galería no Ceán IOÁNNES, de onde pasou ao latín IOANNES, espallándose por todo
o occidente como o onomástico máis repetido entre os homes. A
advocación relixiosa de San Xoán aparece por toda Galicia, e deu
lugar aos topónimos Seoane, Sevane, Seivane, Saiáns, Santián e
Seán. Os nosos informantes pronuncian sempre Seán, pero ao ser
zona de seseo é difícil decantarse por calquera das dúas formas. É
posible que teña que ver tamén coa forma medieval SENA, da que
procede o topónimo CEA, pois esta é a solución que vimos citada
en A. Moralejo Lasso, na súa Toponimia gallega y leonesa (1977),
que a relaciona con Seamil e Seaña, topónimos da provincia da
Coruña, pero tamén con Sear, topónimo presente nas provincias
A mina foi descuberta nos anos corenta por Marcelino González,
que exerceu diferentes oficios, como o de músico e carpinteiro,
e por Camilo Fernández Romero (Queiruga, 1904-1964). E,
polas conversas co seu fillo Emilio Fernández Queiruga e cos
traballadores Francisco González Romero (“Francisco de Teira”)
e José Mayán Romero (“O Lagoeiro”), ademais de contar con
algunha documentación, soubemos que logo Camilo Fernández
formou sociedade con Fernando González Conde y de Borbón.
Isto ocorreu en 1944, pois o Libro Maior da administración da
mina, que se chamaba VICTORIA, comeza o primeiro de xaneiro
de 1944, e está asinado polo administrador, que era Camilo
Fernández. Non debía ser moi estrito o control administrativo
da mina, pois que ten só anotacións en catro follas; pero outros
documentos, como a correspondencia, demostran que a mina
seguiu activa durante algún tempo. Dende o primeiro de xaneiro de 1944, constan como ingresos un
total de 26.000 Ptas., das cales 25.000 proceden de Fernando
González Conde, mentres que para as outras 1.000 non figura a
Porto do Son
142
súa procedencia. Entre xaneiro e maio de 1944, os gastos foron
de 20.189,15 Pta. Xa que logo, a mina Victoria deu de beneficios
máis de 5.000 Ptas., que é unha cantidade respectable nese
ano. Sabemos tamén das entradas de mineral en abril e maio do
mesmo ano, e así en abril entraron 38 quilos con 150 gramos,
mentres que o primeiro de maio entraron 8 quilogramos. Canto ás
saídas, en abril saen para Moimenta 26 quilos con 600 gramos. O
17 de maio Fernando González Conde y de Borbón retira da mina
19 quilos e 80 gramos. Non hai máis anotacións no Libro Maior.
Si que se conserva correspondencia coa mina Esperanza, de
estaño e wolfram, situada en Moimenta, pois o 25 de febreiro de
1944 Fernando González Conde y de Borbón escríbelle a Camilo
Fernández dicíndolle que lle entregou a Calo (Salustiano Calo
Maneiro, que logo figurará como testemuña noutro documento
para explotar a mina de Fonforrón), dun cheque por 5.000 Ptas.
para que pase ao seu cobro. Notifícalle tamén que a partir desa
data pague o material a 70 Ptas. quilogramo, e que teña todo
o que vaia recollendo preparado para cando el se acerque á
mina Victoria. O 14 de marzo do mesmo ano volve a escribirlle
indicándolle que por Calo lle envía o xustificante de ter retirado o
mineral que lle envía, e 2.000 Ptas. en metálico. Aporta esta carta
un dato interesante, pois di que “he podido comprobar que más
de la mitad del mineral, es Titanio, cosa que no se puede admitir”.
Emilio Fernández Queiruga e Fco. González Romero.
Camilo Fernández
José Mayán Romero e Pastor Rodríguez
Documento
143
Introdución á minería no Barbanza
A continuación indícalle que non acepte máis material que o que
proceda do filón, e ademais cita a próxima visita do señor Sauer,
quen será testemuña tamén do documento no que se funda unha
sociedade para explotar a mina de Fonforrón. Cartas contables
O derradeiro documento que puidemos consultar da mina
Victoria está datado en Queiruga o 31 de maio de 1944 e dá un
resumo das contas da mina, “cerradas al día de hoy”. Figuran
como propietarios os citados Fernando González-Conde e Camilo
Fernández, e dáse conta duns ingresos de 36.699’85 Ptas. e duns
gastos de 41.456’70 Ptas., do que resulta un déficit de 4.756’85
Ptas. Camilo Fernández debe aportar o 50 % do déficit, máis o
importe do saldo debedor de caixa, que é de 3.577’95 Ptas., do
que resulta un saldo a favor de Fernando González-Conde de
5.956’35 Ptas. Parece, polos testemuños orais, que a mina se reabriu nos anos
cincuenta, tras comprarlle a súa parte Fernando González Conde
a Camilo Fernández. Nesta reapertura traballaban entre trinta e
cincuenta persoas, tanto homes coma mulleres, e mesmo nenos,
todos dos arredores. A mina tivo un administrador andaluz, que
tivo moitas dificultades para cobrar o seu traballo, non sabemos
se porque a mina era pouco rendible. Antes, no período en que
estivo pechada oficialmente, José Mayán recorda que traballaban
dez ou doce persoas collendo mineral, que logo vendían en Noia.
Non temos constancia de que en ningún dos períodos da mina
os traballadores tivesen contrato e os nosos informantes lembran
que se traballaba a traballo feito; é dicir, pagábaselle a cada un
Porto do Son
144
segundo o material que extraese. Porén, outras fontes aseguran
que en 1944 había un grupo de traballadores a soldo, que
eran os que traballaban no pozo principal. O mineral escollíase
no río do Salto, lavando o extraído nunha canle de madeira, o
que permitía que o wolfram permanecese no fondo polo seu
maior peso. O mineral exportábase, sobre todo a Alemaña, e
os traballadores recibían corenta pesos (200 Ptas.) por cada
quilogramo, segundo a memoria dalgún deles, o que parece un
pouco excesivo, aínda que sendo un material tan buscado nesa
época, é posible que chegase a eses prezos. Os traballadores
consultados non recordan que houbese moitos roubos, agás que
Mina Victoria
145
Introdución á minería no Barbanza
algún traballador se quedase con algún mineral, pois era moi
traballosa a súa extracción. Traballábase nos túneles de sol a sol e
con ferramenta moi elemental, normalmente un pico ou picaraña.
Neses momentos había varias minas abertas na bisbarra para a
extracción de wolfram, entre as que lembran a da Tomada, na
Pobra do Caramiñal, que parece referirse á mina das Brañas no
piñeiral de Brión, pero outras fontes cren que nesa mina só se
extraía ferro e que xa estaba abandonada antes de 1936, polo que
poden referirse a outra mina diferente de wolfram. A MINA DE FONFORRÓN Había algunha memoria da posible existencia dunha mina na
cova do Fonforrón, na praia do mesmo nome, en Porto do Son,
onde se conserva unha galería aberta cara ao sur e outra lateral
onde se atoparon restos prehistóricos. Grazas a Emilio Fernández
Queiruga, dispoñemos hoxe dunha escritura privada que nos
permite saber que o 12 de agosto de 1943, seu pai, Camilo
Fernández Romero denunciou a existencia dun fondo mineiro,
de wolfram e estaño, que rexistrou co número 2.716 co nome
“Fonforrón”. O 17 de maio de 1944 decide formar sociedade
para explotala con Fernando González Conde y de Borbón, sendo
testigos Ricardo Sauer Rodríguez e Salustiano Calo Maneiro.
Acordan que todos os dereitos, obrigas, beneficios e perdas que
orixine a mina se repartirán entre ambos os dous ao 50 por cento.
En segundo lugar acordan que se unha das partes quere vender a
súa participación está obrigado a ofrecerlla primeiro ao seu socio,
e só se este renuncia pode venderlla a un terceiro. Como terceiro
Fragmento da Escritura pública
punto do acordo, deciden que calquera determinación que unha
das partes pretenda tomar sobre o fondo mineiro, está obrigado
a comunicarllo ao outro socio, cando menos con quince días de
anticipación. Por último, acordan que ese documento privado
dá fe só da palabra dos que subscriben e que por vontade de
calquera deles pode ser elevado a escritura pública, correndo os
gastos a cargo de ambos. Confírmase así que houbo un intento de explotación mineira
na cova de Fonforrón, pero os nosos informantes non teñen
constancia de que se levase realmente a cabo, e todo parece que
quedou na intención e no papel, mais non na realidade. OUTRAS MINAS EN PORTO DO SON Por unha carta da Delegación Provincial da Coruña, do Sindicato
Rexional do Metal, dirixida a Joaquín Santos Saíñas, sabemos da
existencia da mina ANA MARÍA, pois convocan a unha asemblea
xeral do sector da minería da provincia da Coruña, que se celebraría
o 12 de outubro de 1955. A asemblea convocábase para designar
os vocais da Xunta de Reparto Gremial que mandaba constituír a
O.M. do 21 de decembro de 1954, así como os vocais da Xunta
Clasificadora do gremio. Como terceiro punto da orde do día da
reunión figuraba a exposición por parte do presidente do gremio
dos detalles do concerto coa Deputación Provincial, e comunicar
a cifra de 2.300.000 Ptas. que era o importe do concerto 19541955. Como derradeiro punto da orde do día, figuraba “Sistema
de recaudación del impuesto provincial por el Gremio”.
Porto do Son
146
A mina Ana María estaba situada na parroquia de Santa Mariña
de Xuño. FONTES ORAIS O autor agradécelle as súas útiles informacións a: D. Emilio Fernández Queiruga, fillo de Camilo Fernández Romero,
un dos propietarios das minas. D. José Mayán Romero, quen
traballou na mina do Seán. D. Francisco González Romero,
traballador na mina do Seán.
FONTES ESCRITAS MORALEJO LASSO, A.: Toponimia gallega y leonesa, Santiago de
Compostela, Pico Sacro, 1977.
Nomemclátor de Galicia. Toponimia oficial das provincias,
concellos, parroquias e lugares, Santiago, Xunta de Galicia, 2004.
SACAU RODRÍGUEZ, G.: Os nomes da Ría de Vigo, Vigo, Instituto
de Estudios Vigueses, 1998.
Puidemos tamén consultar unha fotocopia dunha revista escolar,
que cremos do CEIP de Queiruga, que contiña o traballo “Minas
de Oceán”.
147
Introdución á minería no Barbanza
Localización das pricipais minas da zona sobre mapa de
Atlas Básico Sálvora de Galicia.
Porto do Son
148
TRÍPTICO DAS XORNADAS DE INTRODUCIÓN Á MINERÍA NO BARBANZA - BOIRO , 20 E 27 DE XANEIRO DE 2007
149
150
PRESENTACIÓN E RELATORES
XOSÉ DEIRA, Mª LUISA LÓPEZ, J. JESÚS ARES E MANUEL CAMPANA PRESENTANDO AS XORNADAS
151
XURXO AYÁN VILA E LEONARDO GONZÁLEZ
CARLOTA GARCÍA PAZ E XULIO GUTIÉRREZ ROGER
152
BLANCA CAAMAÑO
ANA FILGUEIRA
153
MANUEL ÁLVAREZ- CAMPANA GALLO
154
VISITAS DURANTE AS XORNADAS
VISITA Á CASA DO CAPATAZ DA MINA DE LAMPÓN
155
VISITA Á MINA DE SAN FINX
156
VISITA Á MINA DE SAN FINX
157
158
BIBLIOGRAFÍA
Otero Pedrayo, Ramón (dir) : Historia de Galiza (Madrid: AKAL EDITOR, 1979), 2 vols.
Carré Aldao, Eugenio: Geografía General del Reino de Galicia, tomo II, (Barcelona: Ed. Alberto Martín, 1936).
Rolland, Eduardo: Galicia en Guerra, Xerais, 2006.
Pazos, Lino J., Guerra submarina en Finisterre (1914-1945), Gráficas Salnés, Cambados, 2002.
Irujo, José Mª, La lista negra. Los espías nacis en España. Editorial El País Aguilar, Madrid, 1999.
García Pérez, Rafael, Franquismo y Tercer Reich. Las relaciones económicas hispano-alemanas durante la segunda guerra mundial.
Centro de Estudios Constitucionales, Madrid, 1994.
Collado Seidel, Carlos. España, refugio nazi. Ediciones Temas de Hoy, 2005
159
160
Introdución á minería no Barbanza
Asc. Artesá
e Etnográfica
do Barbanza
Introdución á minería no Barbanza
Obxectivos:
• Poñer en valor e espertar o interese, para
posteriores estudos, do papel tan importante
que noutrora tiveron algúns dos minerais do
Barbanza, explotados en períodos de máis
ou menos actividade, desde a prehistoria ata
ben mediado o s. XX.
Coordinadores:
Mª. Luisa López Otero “Asociación O Faiado-2”
José Manuel Álvarez-Campana Gallo “Cámara Oficial Mineira de Galicia”
• Valorar o estado actual das minas e das súas
instalacións.
• Recoller toda a información que aínda poden
aportar algunhas persoas vivas, relacionadas
coa actividade mineira do s. XX.

Documentos relacionados