Maquetación 1 - Turismo de Narón

Transcripción

Maquetación 1 - Turismo de Narón
NARÓN para os teus ollos
ÍNDICE
Edición
Concello de Narón. Concellería de Turismo
Colabora
Deputación da Coruña
Produce
Item - Aga
Fotografías
Ovidio Aldegunde
Depósito legal
C 1164-2011
NARÓN PARA OS TEUS OLLOS
02
COMO É?
04
ACHEGÁNDONOS Á SÚA HISTORIA
12
COMO CHEGAR?
NARÓN INDUSTRIAL
NARÓN COMERCIAL
NARÓN TURÍSTICO
DIRECTORIO (SERVIZOS, OCIO, CULTURA)
08
16
18
22
54
NARÓN, PARA OS TEUS OLLOS
Narón amósase nesta guía ante os teus ollos como
é: unha cidade viva, dinámica, extensa e intensa,
chea de encantos, algúns ben sabidos pero moitos
outros grandes descoñecidos que suporán auténticas sorpresas para o viaxeiro.
Abre os ollos porque para eles son as xoias arquitectónicas, os espazos naturais únicos, a maxia de
muíños e torrentes, o rebumbio dos espectáculos
e a incesante cultura, a intensa actividade deportiva, a arte viva, o bulicio de feiras e cabalos, os inigualabes pementos doces, o próspero comercio, a
industria vital e o progreso, o dinamismo das rúas
e das xentes, e a auga, e os ríos, e o mar... Narón
é moito máis do que imaxinas. Deixa que os teus
ollos cho descubran.
Ría de Xuvia á altura do Couto
para os teus ollos NARÓN | 02
05 | NARÓN para os teus ollos
COMO É?
Narón é un dos municipios máis poboados da Comunidade con 37.980 habitantes, o que o sitúa
como oitavo concello máis poboado de Galicia. O oitenta por cento dos veciños de Narón están agrupados na capital, Narón, que se corresponde co núcleo
urbano integrado polos barrios da Gándara, Alto do
Castiñeiro, O Couto, Santa Icía, Piñeiros e Xuvia; a
poboación restante distribúese entre as parroquias
da zona rural: Castro, Doso, O Val, Pedroso, San Xiao
de Narón, Sedes e Trasancos.
Situado na Terra de Trasancos coruñesa, Narón
conta cunha extensión de 66,2 Km², e o seu contorno dota a este territorio dunhas características
climáticas de tipo oceánico, caracterizado por temperaturas pouco extremadas e cunha oscilación térmica pequena, con invernos suaves e veráns frescos.
Vista aérea do paseo marí.mo á altura de Xuvia
para os teus ollos NARÓN | 04
Muíño de Pedroso
07 | NARÓN para os teus ollos
Narón ten conexións coa autoestrada AP-9 e a autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. A posibilidade de opcións
como o tren da costa e a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago fan deste concello un destino ben comunicado.
Narón é un polo de atracción da poboación que ve
neste concello un espazo de progreso con posibilidades para desenvolverse a todos os niveis. Nin sequera a acusada crise de natalidade que sofre o país
modificou a tendencia crecente do censo desde comezos do século XX, cando contaba con pouco máis
de 8.000 habitantes.
Un dato relevante que amosa o desenvolvemento
poboacional é que tan só un de cada tres censados
naceu neste concello. Ao abeiro das posibilidades de
traballo, así como a oferta de servizos, o concello foi
porto de chegada de preto de 17.000 persoas, principalmente dos municipios lindeiros.
Vista panorámica das conexións por estrada, infraestruturas e centro urbano
para os teus ollos NARÓN | 06
Escola infan.l municipal de Piñeiros
09 | NARÓN para os teus ollos
COMO CHEGAR?
Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade a autoestrada AP-9 Ferrol-Tui que enlaza
coa A-6 Madrid-A Coruña ten enlaces cos núcleos
urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia),
e co Polígono Industrial Río do Pozo a través de vías
de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén os núcleos urbanos entre si. A autovía AG-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba posúe tres
accesos no termo municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de
Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e
Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o termo municipal cos concellos limítrofes.
Paseo marí.mo e ría
para os teus ollos NARÓN | 08
Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no
referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito
apeadeiros existentes no concello achegan as áreas
rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid
non ten estación en Narón, de xeito que cómpre
desprazarse aos concellos limítrofes de Ferrol ou
Neda para coller este tren.
Por aire: en canto ao transporte aéreo, hai que
mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por
autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación
converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata
o concello desde lonxe.
Rotonda de Freixeiro
011 | NARÓN para os teus ollos
DISTANCIAS QUILOMÉTRICAS DENDE NARÓN
A OUTRAS LOCALIDADES GALEGAS
Localidade
Distancia en km
A CORUÑA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 54
ARES . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ . . . . . . . . . . . . . . 32
BETANZOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40
CEDEIRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29
FERROL . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5
FISTERRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 154
LUGO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 98
MIÑO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 27
MONFERO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 39
MUGARDOS . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 21
NEDA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
OURENSE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 180
ORTIGUEIRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 43
PONTEVEDRA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 153
PONTEDEUME . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 20
RIBADEO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 125
SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40
SAN SADURNIÑO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12
SANTIAGO DE COMPOSTELA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 95
TUI . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 203
VALDOVIÑO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8
VIGO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 190
VILALBA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 60
VIVEIRO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 78
PLANO PARROQUIAL
Límites do concello
O Val
Sedes
Castro
Trasancos
San Xiao
Pedroso
Doso
NARÓN
para os teus ollos NARÓN | 12
PLANOS DE SITUACIÓN E COMUNICACIÓNS
Narón na comarca e en Galicia
Ferrol
A Coruña
Cedeira
Valdoviño
Ferrol
NARÓN
Mugardos
Ares
Neda
NARÓN
Santiago de
Compostela
Lugo
A Madrid
Moeche
San
Sadurniño
Somozas
Fene
13 | NARÓN para os teus ollos
Pontevedra
Vigo
A Portugal
Ourense
ACHEGÁNDONOS
Á SÚA HISTORIA
Para contar a historia de Narón habería que falar da
cultura propiamente megalítica ou das mámoas, que
arrinca dun Neolítico final (do 3.000 ao 2.700 a.C). As
mámoas, herdo quizais dunhas xentes de Oriente,
foron inicialmente concibidas como lugares destinados a enterramentos, e concentrábanse tanto en
vales coma en outeiros. O aspecto de montiños que
teñen é o que lles dá nomes como Monte de Nenos
ou Montiños de Moura. Aínda que a actividade agrícola provocou a súa destrución nas áreas dedicadas
ao cultivo, quedan en Narón dous campos de mámoas. Un primeiro conxunto con 14 túmulos, situado
no cumio do monte de Nenos, e outro nos límites co
concello de San Sadurniño. Os dous datan da Idade
de Bronce. Dos 52 castros existentes na terra de Trasancos, polo menos 13 están incluídos nas actuais terras de Narón, en mal estado de conservación.
Pór.co da ermida de Santa Margarida
para os teus ollos NARÓN | 14
No ano 844 dexérganse no mar de Xoiva –actual ría
de Xuvia– as naves encarnadas dos normandos, que
espoliaron os obxectos litúrxicos de ouro e prata e
queimaron o mosteiro prerrománico entón de San
Martiño. Máis de 10.000 homes e 200 naves saquearon as vidas dos veciños. Aínda que Galicia sufriría varios ataques máis, sería esta a única invasión
normanda documentada nas crónicas de Trasancos.
Ata o ano 977, no que aparece na colección diplomática do mosteiro de San Martiño de Xuvia o primeiro documento, a historia de Trasancos escribíase
nas epígrafes doutras terras.
Coa lectura do manuscrito, asinado por Visclavara
Suarit, sabemos que San Martiño é o eixo de toda a
vida trasanquesa, non só como difusor cultural a través da escritura senón como centro político, económico e relixioso.
Os condes e duques, señores destas terras, manteñen aínda os antigos títulos de príncipes, pervivindo
así ao longo dun milenio institucións do pasado.
15 | NARÓN para os teus ollos
Ábsida do mosteiro do Couto
Estes príncipes teñen uns infantes aos que lles conceden as "villae". Á súa vez estes cabaleiros viven
das rendas que perciben dos labregos e das taxas
que lles impoñen aos homes libres da súa xurisdición. Trasancos acolle o máis importante clan de Galicia, que ten residencia no mosteiro de San Martiño.
É a dinastía dos Petriz ou Froilaz, máis tarde condes
de Trava, que contribuiron a consolidar este mosteiro, xunto ao de San Salvador de Pedroso, entre os
máis influentes de Galicia. Nos primeiros anos do s.
XIII, a terra de Trasancos sofre profundísimos cambios, e fúndanse as vilas de Neda e Ferrol.
Polo ano 1418 rómpese en Trasancos o equilibrio social entre liñaxes, da que se deriva a primeira revolución irmandiña, dirixida por Roi Xordo. O sangue
irmandiño decorreu polo Eume e o Xuvia, e quedou
Trasancos baleiro.
Co decorrer do tempo, no XVI o noso concello articúlase nunha serie de coutos ou xurisdicións relacionadas cunha serie de casas tradicionais. O couto
Pazo de Baltar. Pedra de Armas do século XVI
para os teus ollos NARÓN | 16
de Trasancos era xurisdición de Antonio de Castro.
Tamén existían San Xiao de Narón, dependente da
vila de Ferrol, San Mateo de Trasancos, O Val e o
Couto de Pedroso. En 1820 creáronse en Trasancos
unha serie de concellos con orixe nas Cortes de Cádiz
e a base territorial das antigas xurisdicións. En 1837
comeza o labor do Concello de Narón, localizado na
Pena de Embade. Coincidindo coa creación dos concellos prodúcese a mediados do século XIX, a industria do Concello de Narón renóvase totalmente,
xurdindo os laminados de cobre e os teares.
Co comezo do século aparecen os grandes caciques parroquiais e as grandes mobilizacións obreiras, que van
desde a protesta en 1918 das traballadoras do algodón
ata a reivindicación de reformas por parte dos tan perseguidos sindicatos labregos na Segunda República.
A historia actual de Narón escríbese co crecemento
dos barrios, co urbanismo, cun movemento asociativo e cultural, e coa vida individual e social de cada
un dos nosos veciños e veciñas.
17 | NARÓN para os teus ollos
Capela do Sagrado Corazón no pazo-convento de Baltar
NARÓN INDUSTRIAL
Polígono Industrial da Gándara dende O Couto
Polígono Industrial As Lagoas
Ao igual que ocorre co resto da comarca, a radiografía económica de Narón pasa de forma determinante polo auxe da construción naval nos anos
60 e 70, onde florece un denso tecido capilar de
empresas auxiliares xurdidas ao abeiro dos grandes
estaleiros. O proceso de Narón é moi singular en
Galicia. Á parte das cidades que superan os 50.000
habitantes, é moi difícil atopar un caso de desenvolvemento económico como o que viviu este concello nos últimos 25 anos.
O crecente e puxante Narón dos nosos días, no que
florece un denso tecido empresarial e tense creada
unha magnífica infraestrutura tanto para a industria –con tres polígonos de primera liña: o de Río
deo Pozo, un dos maiores de Galicia, así como o da
Gándara e o das Lagoas– como para os servizos, é
de base recente. Sen ir máis lonxe, o xigante Megasa, buque insignia da industria local, fundouse en
1954 e precisamente ao abeiro dos estaleiros. De
para os teus ollos NARÓN | 18
igual modo naceron multitude de empresas auxiliares no ámbito do metal, construción, servizos ou
enxeñería. Así pois, non se pode disociar o despegue do Narón moderno da evolución no seu conxunto da comarca de Ferrolterra, con Ferrol como
cabeceira, no momento na que esta se converteu,
xunto con Vigo, nunha das dúas áreas máis importantes da industrialización de Galicia.
Polígono Industrial Río do Pozo
19 | NARÓN para os teus ollos
Varias decenas de empresas máis empregan a milleiros de traballadores en moi distintos sectores
produtivos: téxtil, elaboración de estruturas de
metal, ferraxería, distribución, elaboración de cemento, enerxías alternativas... o cal explica que
Narón sexa un polo de atracción da xente nova que
busca un lugar próspero, con servizos e con futuro
no que desenvolver o seus proxectos de vida.
NARÓN COMERCIAL
O sector de servizos é tan importante para Narón
coma o desenvolvemento industrial e os servizos
sociais para a poboación. E o comercio en Narón
vén de experimentar un pulo importantísimo dende
comezos da década coa implantación de dúas grandes áreas comerciais, de servizos e lecer.
Dende finais de 2002 Narón conta cun dos máis
grandes centros comerciais e de ocio de España:
Dolce Vita Odeón, situado no polígono da Gándara, conta con 14 salas de cine con capacidade
para máis de 3.500 persoas, unha área de entretemento familiar con diversos establecementos de
ocio infantil, a boleira máis importante de Galicia,
bares musicais e de copas, tendas deportivas, restaurantes, etc.
Dolce Vita Odeón
para os teus ollos NARÓN | 20
Centro Comercial de Narón, situado no centro neurálxico do Narón urbano
21 | NARÓN para os teus ollos
Algunhas das principais empresas mundiais dedicadas ao lecer implantáronse dende o primeiro momento en Odeón, seguindo a estela da dinamización
comercial e de servizos posta en marcha logo da
apertura en 1999 do Centro Comercial Narón, nos
baixos da Praza de Galicia.
No contorno do Polígono das Lagoas e na Estrada
de Castela localízanse unha serie de tendas dedicadas ao mundo do moble, concentradas na área urbana de Xuvia-Freixeiro-Alto do Castiñeiro.
O Centro Comercial Narón ocupa unha superficie de
6.000 metros cadrados e aparcadoiro e nel asentáronse empresas de alimentación, locais de hostalería e diversos comercios.
O sector de comercialización de ferraxería en Ferrolterra ten tamén en Narón un dos seus maiores
referentes, dedicándose estas empresas en gran
parte á venda de máquinas, ferramentas, materiais
de construción, ferramenta agrícola, as pezas de uso
doméstico ou a bricolaxe.
Pero sería un erro falar do comercio en Narón referíndose tan só aos dous centros comerciais. No sector da alimentación, por exemplo, un gran número
de almacéns maioristas e minoristas establecéronse
no municipio, ofrecendo aos veciños un gran número de produtos e servizos alimentarios.
Así pois en Narón hai que subliñar a existencia dun
importante comercio minorista, que cobre a demanda da poboación do concello en diferentes
ramas: confección, alimentación, librarías ou mercerías, e que se localizan principalmente nas zonas
urbanas.
para os teus ollos NARÓN | 22
O comercio tradicional ten unha extraordinaria importancia en Narón, mesmo no casco urbano
23 | NARÓN para os teus ollos
NARÓN TURÍSTICO
PRAIAS
Aínda que Narón non é un concello coñecido pola
súa costa, conta con tres fermosas e bravas
praias, pouco frecuentadas, afastadas por abruptos cantís que dificultan a baixada a elas. A máis
longa é a de Hortiña, que chega aos 600 metros.
As outras dúas reciben os nomes de Casal e Lopesa, este último atópase xunto á Pena Lopesa,
coa que se funde nun illote. Teñen 430 e 300 metros de anchura, respectivamente, e sitúanse
entre os cantís característicos desta parte alta da
costa coruñesa. En total, algo máis dun quilómetro de praias aínda por descubrir.
Sobre a Pena Lopesa existen varias lendas. Nunha
delas dise que aquí vivía un rei que posuía un gran
tesouro. Os ladróns vixiábano para ver de quitarllo
mentres el saía a pasear co seu cabalo polos cantís
do contorno. Un día, xa cansos de agardar, decidiron sitialo para que morrese de fame pero pasaron
días e máis días, meses e anos e isto non sucedeu,
polo cal, esgotados polo esforzo, abandonaron o seu
obxectivo e o rei viviu longos anos feliz.
As pequenas calas de Casal e Lopesa sitúanse nun
contorno rural, virxe, illado, posúen forma de cuncha
e con area branca. Ventosas e con forte oleaxe, son
ideais para contemplar a forza das ondas, a paisaxe
da serra e as praias contiguas de Covas e A Frouxeira.
Constitúen un espazo ideal para os amantes da natureza e dos lugares pouco masificados.
para os teus ollos NARÓN | 24
Costa de Narón. Pena Lopesa entre as calas de Casal e Lopesa
25 | NARÓN para os teus ollos
PAZO-CONVENTO DE BALTAR
Situado no núcleo rural de Baltar, a construción
orixinal débese a Juan Pardo e Andrade a finais do
século XVI, sendo cedida pola derradeira Marquesa de San Sadurniño, María da Natividade
Quindós e Villarroel, aos Misioneiros Claretianos
en 1910. Da súa data de creación só conserva hoxe
en día dous grandes brasóns ou pedras de armas
en cantería esculpida.
Posteriormente foi modificado, incluíndo a capela
do Sagrado Corazón e unha fonte de estilo barroco. Cerca de Baltar tamén temos a casa medieval de Quintá e maila capela de Santa Margarida
do século XVI.
A última reconstrución do seu interior data de
1914 e dela temos mostras como as abondosas
fiestras cadradas, a balconada ou os canzorros nos
tellados.
Pazo-convento de Baltar, na parroquia do Val
para os teus ollos NARÓN | 26
27 | NARÓN para os teus ollos
OS MUÍÑOS
Son historia viva de Narón. O seu interese non é só
arquitectónico, senón etnográfico e paisaxístico,
con lugares claves de Narón, como a Presa do Rei
ou o núcleo histórico de Xuvia. Estes son algúns dos
máis salientables
Seguindo o curso do río Freixeiro, atopamos o muíño
de Amenadás, que aínda se mantén en funcionamento. Creada no século pasado, esta construción
recolle un adianto tecnolóxico de grande interese,
os muíños de turbina, de moito aproveitamento das
augas, pois se idearon para cursos de pouca auga.
O muíño das Aceas é un muíño de mareas, levantado a finais do século XVIII, promovido por unha
sociedade de empresarios galegos e franceses, que
foi unha das principais fábricas de fariñas de Galicia
no século XIX, cando recibía o trigo desde Ucraína e
América. O edificio consta de represa, muíño, vivenda, almacéns e casa de recreo adosada, todo pechado cun muro de pedra. Esta Real Fábrica de
Muíño das Aceas
para os teus ollos NARÓN | 28
29 | NARÓN para os teus ollos
fariñas é unha obra de grandes dimensións, que
permite a entrada das mareas a través dunha comporta xiratoria e embalsa máis de 50.000 metros cúbicos de auga, enerxía dabondo para mover as
grandes pedras moedoras de que dispón.
O muíño de Xuvia, en 1858, era o principal muíño
do país en capacidade de produción na súa clase.
Recibía o trigo en barcos do Báltico, de América e
de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este
muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de
papel, unha de tecidos e unha de laminados de
cobre. A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza,
reflectida nunha fermosa presa, recollida por un
paseo de magnolios. A poucos metros desta fermosa estampa atópase o desaugadoiro do río Xuvia
na ponte dos Andrade, que serve como liña estremeira dos concellos de Narón e Neda.
Muíño no río Xuvia. Detalle dos arcos
para os teus ollos NARÓN | 30
O muíño conta cunha fachada sobria, realizada con
muros de cachotería recebada e pintada. Ten ademais ocos reducidos e remárcase con pezas de cantería regular. O corpo inferior amosa as saídas de
auga por uns arcos de medio punto.
O muíño de Gradaílle data da década dos cincuenta do século XX. Situado na ribeira do río
Xuvia, na parroquia de San Salvador de Pedroso,
este muíño fariñeiro tamén é coñecido como
muíño de Entrerríos. É de planta cadrada e posúe
dúas alturas. A planta baixa ten dous grandes arcos
polos que circula a auga.
Muíño de Xuvia
O muíño de Pedroso e o seu contorno constitúen
unha excepcional área recreativa, con zona de acampada, merendoiro, aparcadoiro, e muíño reconstruído e en funcionamento, que pode ser visitado,
sendo un verdadeiro centro de interpretación da
nosa etnografía.
Área recrea.va do Muíño de Pedroso
31 | NARÓN para os teus ollos
PENA MOLEXA
Conta a lenda que unha doncela se transforma nestas penas durante a noite do solsticio de verán. Sen
dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón, ademais de que constitúe unha grande obra da natureza. É un penedo de varias toneladas que encabalga
unhas rochas noutras dun xeito espectacular. Segundo a lenda máis popular a Pena Molexa e outras
rochas do lugar son en realidade un rei e os seus
guerreiros, convertidos en rochas por un feitizo.
Na noite do solsticio de verán, polo San Xoán, transfórmanse en homes e mulleres de novo para lembrarlles ás xentes que sempren estarán aí para
gardaren a súa terra. E contan que tamén esa noite
o rei e os seus homes e mulleres percorren e vixilan
os montes, visitan e protexen as casas, ademais de
coidaren dos vellos porque gardan as nosas tradicións máis antigas. Ao rematar a noite do solsticio,
voltan de novo a ser pedras en Pena Molexa, dende
a que velan por todos os habitantes desta terra.
A grandiosidade da Pena Molexa causa admiración entre os visitantes
para os teus ollos NARÓN | 32
CASTROS
O Castro de Petouzal, situado no Couto, responde á
tipoloxía de asentamentos costeiros que utilizaban a
ría como fonte de recursos alimentarios mercé á
pesca, etc. Del só se conservan os muros, de dez metros de altura, e os foxos, cunha profundidade de
cinco metros. Ambos os dous están situados na súa
cara sudoeste, mirando ao val de Trasancos.
O Castro de Eiravedra é o castro prevalente de Narón.
Domina a paisaxe e o territorio, desde o val de Pedroso
á ría de Xuvia e ata as terras de San Sadurniño. A súa
forma é ovalada, cunha muralla no interior e un terraplén cara ao exterior. Neste castro podemos atopar
vestixios dalgunha vivenda, tamén de forma circular.
Unha mostra da magnitude e a relevancia estratéxica
deste asentamento témola nas torres de defensa da
entrada nordés e na altura dos valados circundantes.
Sobre este castro conta unha lenda que querendo casar
unha parella, o pai dela non llo permitía, amenazándoa
con encantala e levala á croa do castro ao saír unha galiña cos seus poliños dando voltas arredor do castro. A
33 | NARÓN para os teus ollos
xove quedou convertida nunha grande e fea cobra.
Para desencantala o noivo debería darlle un bico e
aínda que lle costaba facelo por fin se decidiu. Entón a
serpe converteuse nunha fermosa muller espida.
Reprodución dun símbolo celta no Trece
CASONAS E PAZOS
Os grandes pazos e chalés, dos que Narón conta con
exemplos salientables, transportarannos a distintas épocas a través de estilos e liñas arquitectónicas diferentes.
O pazo do Vento é unha construción de pedras de
cantería, que conta con gran profusión de detalles
arquitectónicos no seu interior. Entre eles destacan
unha grande escalinata de pedra e unha lareira típica.
Detalles exteriores coma o hórreo de pilastras ou un
gran pombal-merendeiro poligonal, aínda amosan a
imaxe da fidalguía das xentes que o fixeron construír.
Cando chegamos ao Pazo do Vento, atopámonos
cun muíño de vento circular, feito excepcional en
Narón. É unha construción amurallada, que xa carece de tellado e de maquinaria, pero que chama á
visita pola súa peculiar distribución. Está formado
por un conxunto de casona, muíños, alpendres,
pombal e un pozo de cantería moi dimensionado,
xunto a un hórreo de pilastras de cantería de máis de
sete metros de longo.
Pazo do Vento
Chalé Antón, de propiedade municipal
para os teus ollos NARÓN | 34
O Pazo de Libunca, casona da Pena de Embade, é
unha construción realizada pola familia dos Montenegro en 1918. Ten un marcado estilo colonial que
lembra as mansións americanas. Desa época mantén a súa decoración de liñas modernistas, con columnas e balconadas reberetadas de cerámica traída
de Talavera. O coñecido como chalet de Cabezas,
convertido nun hotel de luxo, tamén conserva as
verxas de reixería, o pórtico de columnas neoclásicas
e un minixardín botánico, no que se atopa unha bonita fonte de cerámica. De estilo modernista, ten un
gran pórtico con columnas neoclásicas, enfeitado
con cerámica levantina, artísticos enreixados de
ferro e orixinal decoración.
O Chalé Antón é unha construción levantada nas primeiras décadas do século XX e restaurada no ano
1982. A fachada principal conta cunha ornamentación
nas molduras, liñas de imposta, capiteis e balaustrada
no soportal. Nun dos lados da fachada salienta unha
torre con decoración nos ocos. O vestíbulo interior
está decorado con cerámica. De propiedade munici-
35 | NARÓN para os teus ollos
Pazo de Nelle
pal, nel desenvólvese un amplo programa de espectáculos e actos culturais durante todo o ano.
O Pazo de Nelle, a casona de verán dos Pita Romero, a
dos Freire, a de Román, que evoca un estilo romántico
francés de finais do século XIX son algúns dos moitos
exemplos de casa señoriais que poboan este concello.
Pazo de Libunca, na actualidade reconver.do en hotel
Restos do muíño de vento do Pazo do Vento
para os teus ollos NARÓN | 36
MOSTEIRO DO COUTO (OU DE SAN MARTIÑO)
Situado na ruta xacobea do Camiño Inglés, as súas
orixes remóntanse ao reinado de Ramiro I, a mediados do século IX. Cos Condes de Traba, a mediados do século XI terá un novo auxe, aínda que
a súa época de maior esplendor será no XII cando
se incorpore na orde de Clunny, edificándose a
igrexa románica.
A súa decadencia será progresiva desde o século
XIII. No XVI incorpórase á congregación de Castela
como priorato dependente de San Salvador de Lourenzá. En 1568, o Papa Gregorio XIII autoriza a Felipe II a súa venda, manténdose como priorato ata
a desamortización de 1835.
A edificación do actual mosteiro de San Martiño
do Couto é obra de comezos do século XII, mercé
a unha dozaón do conde de Traba realizada en
1137. Entre os seus grandes protectores hai que
salientar o rei Fernando II de Galicia e León. Xunto
ao mosteiro, que está declarado Monumento Ar-
37 | NARÓN para os teus ollos
Vista xeral do Mosteiro do Couto
tístico Nacional polo Ministerio de Cultura, atópase a igrexa de San Martiño, cunha construción
actual que data do século XII, se ben a súa fachada
e a torre son do século XVIII. A igrexa representa
un estilo arquitectónico propio dentro do románico galego. Ten tres ábsidas que culminan unha
planta basilical de tres naves e unha porta principal con arquivoltas. No seu interior existe unha
tumba da familia Esquío e varios cadaleitos de
cantería no seu contorno, entre eles un sarcófago
do século XI.
Di a lenda que existe un túnel subterráneo e secreto
que une o mosteiro do Couto con Neda, á outra
beira da ría; algúns atribúen a súa orixe ao anterior
castro do Couto e contan que o habitan mouros e
diversos encantos.
Ábsida do Mosteiro do Couto. Detalle
para os teus ollos NARÓN | 38
CAPELAS, IGREXAS E CRUCEIROS
O patrimonio arquitectónico de Narón é especialmente significativo no medio rural. Estes edificios en
forma de igrexas, capelas e cruceiros constitúen verdadeiros tesouros do concello, ao seu interese artístico, únese o aspecto espiritual e antropolóxico que
sempre ofrecen as construcións relixiosas.
A igrexa de San Lourenzo de Doso posúe unha vistosa bóveda de canón, do século XVI, que recibe o
visitante nesta igrexa vella de San Lourenzo. Actualmente está medio ruinosa, pero elementos coma
súa Torre do Campanario manteñen a beleza deste
modelo de igrexa parroquial galega.
A igrexa de San Salvador, situada na parroquia de
Pedroso, é a herdeira do antigo e desaparecido mosteiro de Pedroso, que aló polo século XIII estaba no
seu esplendor. O cruceiro figurado do adro, o único
de Narón que presenta a particularidade de dispor
dun pousadeiro, está construído en pedra serpentina, ou toelo, das canteiras de Moeche.
39 | NARÓN para os teus ollos
Igrexa de San Salvador de Pedroso e cruceiro en pedra de toelo
A capela de Santa Margarida do Val púxose en pé,
ao abeiro dos Andrade, no século XV, sendo unha
das máis antigas do Concello. Atópase situada nun
contorno rural, é de planta rectangular e no interior
a nave principal posúe unha bóveda rebaixada. O
presbiterio está cuberto por unha bóveda de crucería e delimitada por un arco triunfal, de características oxivais, apoiado en columnas rematadas en
capiteis de sinxela decoración. A súa portada ten un
interese especial, de estilo gótico serodio, e nela incorpórase un xabarín, símbolo dos señores de Andrade. Xunto a ela destaca un cruceiro antigo coas
imaxes de Cristo e Santa Margarida, construído en
toelo de Moeche. Pola parte traseira da fachada,
atópase unha fermosa e aprezada fonte, situada
xusto no Camiño dos romeiros a Santo André de Teixido, que, segundo a tradición, posúe unhas augas
con efectos curativos para os males que afectan aos
ollos e á vista, en xeral.
Ermida en Sedes
A capela da O lembra cando, nos tempos de seca,
sacábase a Virxe da O en procesión para conseguir
para os teus ollos NARÓN | 40
que chovese. Malia que non sempre o deu feito,
froito da forte devoción popular construíuse esta
sínxela capela na súa honra e creouse a romaxe
que aínda se mantén nos nosos días. Nos arredores da capela da O atópanse a ponte de Chao e os
muíños de Perfecto e Chao.
Igrexa de Santo Estevo de Sedes
41 | NARÓN para os teus ollos
Capela de Santa Margarida do Val
RÍO XUVIA
O espazo formado polas ribeiras do río Xuvia e do
Castro, cunha extensión de 2.074 Ha, está incluído
na Rede Natura 2000, Lic e Zepa, Sitios de Importancia Comunitaria e de Especial Protección polo seu
interese natural e ecolóxico. Un dos lugares naturais
máis pintorescos de Narón o constitúe o río Xuvia,
que nos seus últimos treitos se encaixa bordeando o
Monte dos Ancos e se ensancha ao chegar á Presa
do Rei, que é a que abasteceu de auga á Real Fábrica
de Moeda de Xuvia.
A Presa do Rei, con grandes árbores deitadas sobre a
auga e corzos abeberando nas ribeiras ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande
cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei foi construída en
tempos de Afonso XIII, para fornecerlle enerxía á Real
Fábrica de Moeda, fronte ao muíño de Xuvia. Foi moi
importante para o desenvolvemento da industria
naval de Ferrol e hoxe segue en activo como fábrica
téxtil. Este espazo natural é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.
Ribeiras do río Xuvia
para os teus ollos NARÓN | 42
As fragas das ribeiras do Xuvia forman un ecosistema único, alternando as zonas de val, coma as
húmidas marismas de Chao de Doso e Pedroso, cos
treitos encaixonados como na Presa do Rei. Non só
se recrea a vista na variedade de verdes e azuis que
se reflicten nas súas augas, senón que cada recanto
é unha sorpresa, como o da presa dos antigos muíños de Fabián ou de Gradaílle, ata acougar o seu
curso en Borracáns e remansarse na presa do
muíño da ponte de Xuvia.
Presa no río Xuvia
O paseo pola ribeira do Xuvia é un agradable percorrido descendente, entre vizosa vexetación, que
chega ata a ría de Xuvia, sorteando muíños e demais
construcións e industrias de carácter fluvial (pesqueiras, presas, pontes...), entre as que destaca con
nome propio a fábrica de moeda, no interesante núcleo histórico de Xuvia.
Carballos, castiñeiros, avelairas, chopos, freixos,
ameneiros, salgueiros, acacias e unha serie de arbustos entre flores silvestres, como a melisa e os
43 | NARÓN para os teus ollos
Os fér.les prados son outra paisaxe recorrente en Narón
fentos, forman unha flora variada e interminable.
Nas marismas de Pedroso está localizado o liño algodonoso, especie en vías de extinción na Península.
Capítulo á parte merece a variada fauna que pulula
pola zona. Os corzos que pastan e beben á marxe do
río. Os raposos e os xabaríns que baixan dende os
montes da Pereiruga e unha enorme variedade de
aves e animais acuáticos, sen contar insectos e bolboretas, forman unha lista imposible de completar.
RÍO FREIXEIRO
O río Freixeiro nace nos montes da Lagoa e desemboca na ría de Ferrol, despois de percorrer os concellos de Narón e Ferrol, servindo de límite natural
entre eles, en parte do su percorrido, que é duns 8
km. Na súa cabeceira é coñecido como arroio de
Vespasante, unindo as súas augas a outros cursos
como o Casavella, do Pozo, Seco, Sobecos e Pedregal, este último xa na desembocadura, co que forma
unha marisma que constitúe un hábitat de moitas
aves acuáticas. O leito do río Freixeiro foi aproveitado no pasado por 3 muíños, o de Amenadás e A
Comportas na Presa do Rei
para os teus ollos NARÓN | 44
Veiga, na súa parte final, e o das Aceas, que funcionaba coas mareas na súa desembocadura.
RÍA DE XUVIA
A ría de Xuvia ofrece un percorrido de perfil chan e
baixa dificultade nos seus 14 quilómetros. A súa única
limitación preséntana os camiños estreitos da ribeira
e as zonas pedrosas. Con este itinerario rodéase o
fondo da ría e a súa zona marismal. Partindo desde a
ribeira do concello de Neda, atravesaremos o casal
do Salto ou o mosteiro do Couto, ata chegar ao ancoradoiro de Lóngaras, punto final do percorrido.
CAMIÑO VELLO A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
De toda Galicia, e incluso de fóra de Galicia van os peregrinos a Santo André de Teixido, pero o camiño clásico e o que aglutinaba aos romeiros que querían
completar a súa peregrinación a Teixido partía precisamente de Narón, do Mosteiro do Couto, onde
vemos hoxe o taboleiro anunciador da antiga ruta coñecida como Camiño Vello a Teixido. Unhas frechas
gravadas sobre táboas de madeira, colocadas oportu-
45 | NARÓN para os teus ollos
Panel informa.vo do Camiño de Santo André ao seu paso polo Couto, ao carón do Mosteiro
namente en cada cruce de camiños, vainos orientando
na marcha. A lenda é de todos coñecida: Cristo estaba
percorrendo o mundo e, canso de andar, detívose en
Teixido. Para recuperar forzas tomou unha mazá e
cando a abriu atopou nela a Santo André. O Santo
queixouse amargamente da súa situación, esquecido
e abandonado naquelas afastadas terras. Xesús compadeceuse e prometeulle a Santo André que a súa romaría sería a máis visitada, xa que ninguén, nin morto,
nin vivo, deixaría de acudir a ela. Outras versións din
que Xesús lle respondeu: “Queda aí Santo André, que
quen no veña de vivo unha vez virá de morto tres”.
Sexa como sexa, a ermida de Santo André, despois
da de Santiago de Compostela, é o principal centro
de peregrinación para os galegos. Cóntase que o
apóstolo Santo André, navegando preto de Teixido,
volcou e a súa barca converteuse en pedra –o que
hoxe sería a máis grande das Illas Gabeiras–. Pois,
polo visto, o señor pediulle que quedase alí e, a cambio, construiullle un santuario ao que peregrinarían
vivos ou mortos todos os homes. Os vivos chegan a
O peixe, símbolo do camiño de Santo André
para os teus ollos NARÓN | 46
pé ou en coche, e os mortos, coa alma en pena, convertidos en animais.
O percorrido comeza entón no adro da igrexa de San
Martiño. Aos 13 km de camiño por terras de Narón,
hai que engadir logo outros 29 km polos municipios
de Valdoviño e Cedeira. Comezaremos subindo cara
ao Outeiro do castro de Petouzal, cuberto de bosque, para baixar despois ao muíño das Aceas. Atravesando a estrada de Castela, o camiño pasa preto
do castro de Sequeiros, percorrendo a corredoira de
Feal e outros camiños que levan á Pena de Embade.
Logo discorre entre os municipios de Narón e Valdoviño, Carreira de Arriba, Monte Boeira, Carballo e
as ladeiras do Monte Esperón con espléndidas vistas sobre o val de Trasancos, os montes da Lagoa e
o grande areal da Frouxeira.
A ruta a través do municipio de Valdoviño levaranos
polos montes de A Moura ata as marxes do encoro
das Forcadas, para baixar logo a Vilarrube e chegar
ao Porto do Cabo. Aquí era tradición pasar a última
47 | NARÓN para os teus ollos
Encoro das Forcadas, no concello limítrofe de Valdoviño
noite antes de iniciar a última xornada de marcha ata
Santo André. Aínda conservan os veciños do lugar o
seu talante hospitalario e ofrecen ao peregrino refuxio para descansar do camiño. A última etapa comeza
en Porto do Cabo, a 11 Km de Teixido e enlaza cunha
pista forestal que atravesa a serra da Capelada. A
ruta descende despois, atravesando o Chao de Uzal,
ata chegar ao Cristo dos Cadrís. Dende alí iníciase o
descenso de 1,5 km, pola Costa Grande ata Teixido.
Santuario de Santo André de Teixido
As reliquias de Santo André ou sanandreses son pequenas figuras de masa de pan, sen fermentar e pintadas de cores. As figuras tradicionais eran as
pombas, a man, a rosca trenzada e as representacións humanas, aínda que agora existen máis modelos: áncoras, rodas, corazóns, trevos e outros
motivos vexetais. Na fonte do Santo, os romeiros
soían beber auga dos seus tres canos. Tras pedir un
desexo, poden saber se este será concedido, para
sabelo bótase unha migalla de pan na pía da auga. Se
a migalla aboia, o desexo cumprirase, se pola contra
se afunde a petición será rexeitada.
para os teus ollos NARÓN | 48
CAMIÑO INGLÉS A SANTIAGO POR NARÓN
O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao
longo da historia porque o maior continxente de
peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII.
Vindo dende a cidade de Ferrol, onde se inicia este
camiño inglés a Santiago, o camiñante debe avanzar polo polígono da Gándara, para adentrarse no
concello de Narón, seguindo a Avenida do Mar de
Caranza en paralelo á ría de Ferrol. Despois de cruzar baixo a vía do ferrocarril que une Ferrol Betanzos, a Rúa da Pena conducirao ata o mosteiro
de San Martiño de Xuvia. Fronte á entrada do mosteiro un camiño asfaltado sobe ata un cruceiro.
Neste punto, o peregrino torce á dereita para enlazar co camiño do Salto. Toma despois a senda
peonil que, sen abandonar en ningún momento a
ribeira da ría, chega ata unha central eléctrica que
hai que rodear por detrás.
Camiño vello a Teixido, en dirección á Capela da Fame
49 | NARÓN para os teus ollos
Desviándose cara á dereita, o camiño desemboca no
muíño das Aceas e a súa ponte, que cómpre cruzar.
Seguindo a vía da dereita, antes de chegar á estrada,
o viaxeiro atravesa outro ponte peonil e rodea a fábrica Megasa, sempre pola beira do mar. Este tramo
levarao ata outra ponte, a do río Xuvia, para adentrarse xa no concello de Neda e proseguir o camiño
cara a Santiago, pasando posteriormente por Fene,
Cabanas, Pontedeume, Miño, Bruma, Betanzos, Sigüeiro e finalmente, Santiago de Compostela.
ALDEA NOVA
Aberto ao público en xaneiro de 2008, no Monte
dos Nenos (Sedes) atópase o parque temático do
mundo rural Aldea Nova. Trátase dun espazo de
35.000 metros cadrados de superficie, no que se recrea a vida nunha aldea típica de Galicia. Aquí pódense atopar instalacións coma un albergue con
capacidade para 50 persoas, unha casa de aldea na
que se sitúa un museo etnográfico, ademais dunha
granxa con distintas especies animais. Este inmenso
parque da natureza e da cultura autóctona de Galicia é un produto exclusivo, auténtico e vivo, en
constante evolución. É unha mostra de recupera-
En Aldea Nova desenvólvense ac.vidades dirixidas ao coñecementos das nosas orixes
Aldea Nova: recreación dun castro
Aldea Nova: enxeño na área de renovables
para os teus ollos NARÓN | 50
ción da identidade galega e do mantemento dos valores do contorno e do medio ambiente galegos.
Pero ademais, este grande escenario natural desde
o que se divisa unha panorámica privilexida, recolle
unha ampla variedade de elementos endóxenos de
Galicia. Conta cun coidado bosque autóctono de
200 especies, un invernadoiro, hortas e frutais,
todos eles coidados ecoloxicamente, así como
gando galego autóctono (vacas, cabalos, cans, galiñas, ovellas...), unha alvariza, unha gran campa de
deporte rural. Para máis información, pódese visitar a web oficial de Aldea Nova www.aldeanova.es.
Vista xeral das instalacións do Parque Temá.co
MAGNOLIO CENTENARIO
Único magnolio desta idade que se conserva en Galicia, calcúlanselle máis de 300 anos. Pertencente á
familia Magnolia Grandiflora, situado á beira da desembocadura do río Xuvia, posiblemente a súa orixe
proveña dalgún mariñeiro local ou dun emigrante
que no seu día trouxo esta árbore como algo exótico
tralas súas viaxes. Xunto a el destaca un paseo de
magnolios, estes si, algo máis novos.
51 | NARÓN para os teus ollos
A Magnolia Grandiflora é testemuña da vida dos naroneses dende hai máis de 300 anos
MIRADOIRO DO ALTO DA LAGOA
Situado en Vilarquinte, no Val, é un miradoiro natural a 308 m de altura dende o que se divisan impresionantes vistas sobre as praias de Covas ata o
fermoso areal da praia de Valdoviño, ademais de
presentar unha fermosas postas de sol perdéndose
no horizonte mariño.
MONTE DE NENOS
Localizado na parroquia de Sedes, conserva os vestixios máis antigos do concello, con máis de 3.000
anos de historia. O cemiterio prehistórico ten máis
de 17 mámoas catalogadas, unhas das cales é visible desde a pista que percorre a rota por este
monte, aínda que non se percibirán ben ao non estar
sinalizadas; dende este monte avístanse espectaculares panorámicas sobre a paisaxe.
Vista dende o Monte dos Nenos
para os teus ollos NARÓN | 52
MIRADOIRO DO MONTE DE ANCOS
Nel, ademais dun excelente miradoiro sobre boa
parte da comarca, atoparemos unha área natural e
recreativa onde se pode gozar das fabulosas vistas
sobre a entrada da ría de Ferrol.
O Monte de Ancos, aínda que pertence xa ao veciño
concello de Neda, é digno de salientar coma un dos
espazos que mellor nos permite descubrir o trazado
e as formas que definen o concello de Narón. Para
chegar a el debemos tomar un desvío entre as casas
á esquerda, nada más pasar a ponte sobre o Xuvia.
No alto, onde a estrada traza unha gran curva atópanse os restos dun pequeno castro. Non é máis que
un círculo de terra entre eucaliptos, pero crese que
neste Monte se asentou a mítica cidade celta de Libunca, capital dos ártabros.
Panorámica da entrada da ría de Ferrol dende Ancos
Ría e Monte de Ancos dende o paseo de Xuvia
53 | NARÓN para os teus ollos
O PEMENTO DO COUTO
É unha variedade de pemento (Capsicum annuum
L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria da
comarca de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto, lugar onde os monxes comezaron a
selección e cultivo destes pementos.
A zona de produción está constituida pola totalidade
da comarca de Ferrol, integrada polos concellos de
Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares.
Trátase dunha comarca natural na que a reducida altitude sobre o nivel do mar, a protección que exercen
os sistemas montañosos que rodean os vales de produción e a proximidade á costa orixinan un microclima diferenciado, caracterizado sobre todo pola súa
suavidade e pola súas lixeiras oscilacións térmicas, ao
que hai que engadir a presenza de solos moi axeitados para este cultivo. Os pementos do Couto adoitan
pesar entre 4 e 6 gramos por unidade, a súa lonxitude atópase entre os 4 e 8 cm e a súa anchura rolda
os 2 cm. O seu pedúnculo mide entre 2 e 3 cm, sem-
O microclima especial favorece a produción desta variedade de pemento doce
para os teus ollos NARÓN | 54
pre de menor lonxitude có froito, ríxido e normalmente recto ou cunha lixeira curvatura. A súa pel é
de cor verde escura, con pouco brillo. O froito ten un
espesor de entre 1 e 1,5 mm aproximadamente. No
tocante ao sabor, este é doce, a diferenza doutros
pementos coma os de Padrón, carece de picazón debido á ausencia de capsicina, principal compoñente
activo dos pementos picantes.
O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no
concello naronés a Festa do Pemento do Couto, que
contribuíu a dar a coñecer este produto como unha
excelencia gastronómica. Proba da súa fama, é de salientar os numerosos establecementos de restauración da comarca de Ferrol que inclúen xa o “Pemento
do Couto” na súa carta.
Datos do produtor
COOPERATIVA DO CAMPO O VAL
Vilacornelle, s/n. O Val-Narón (A Coruña)
Tel. +34 981 453 901
Fax +34 981 453 901
www.cooperativaoval.com
55 | NARÓN para os teus ollos
O pemento do Couto converteuse en imprecindible nos restaurantes da comarca
DIRECTORIO
(SERVIZOS, OCIO, CULTURA)
Equinarón 2011. Detalle
para os teus ollos NARÓN | 56
57 | NARÓN para os teus ollos
DOLCE VITA SHOPPING ODEÓN
Centro Comercial Dolce Vita Odeón
Pol. da Gándara s/n - 15570 NARÓN
Tel. 981 39 79 40 / Fax. 981 38 90 17
[email protected]
43º 29´23.60” N; 8º 12´12.34” O
Localizado no Polígono da Gándara, unha situación estratéxica derivada da súa proximidade aos núcleos urbanos de Narón, Ferrol e A
Coruña, así como outros núcleos, que aínda que
non tan densamente poboados, si vitais para o
desenvolvemento económico-comercial do
país, como Ares, Mugardos, Fene, Neda, Valdoviño, Cedeira, Moeche, San Sadurniño, Somozas, Cabanas, Pontedeume, As Pontes, etc.
Dolce Vita Odeón
cos cales está unido nunha entidade comarcal cunha poboación de 200.000 habitantes.
Ademais no seu contorno existen outras importantes instalacións comerciais, concesionarios das principais marcas de coches, hotel
de 3 estrelas, así como importantes polígonos industriais que garanten un movemento
incesante de clientes.
As súas variadas opcións comerciais e de
lecer, pola comodidade das instalacións, polo
seu aparcadoiro gratuíto, boas comunicacións, e situación estratéxica dentro do polígono, fan de Dolce Vita Odeón o punto de
xuntanza para visitantes de todas as idades,
que atopan tanto en todo o mencionado an-
teriormente, como nas variadas e continuas
actividades que de seguido están a celebrarse
no Centro Comercial, unha cobertura das súas
necesidades de consumo e de lecer, todos os
días do ano e cun horario moi amplo.
Converteuse nos últimos anos nun referente,
cada vez máis afianzado, para toda a poboación, non só de Ferrolterra, senón tamén de
todo norte de Galicia.
CENTRO COMERCIAL DE NARÓN
Estrada de Castela, 224-226
15570 Narón
Tel. 981 392 309
[email protected]
Situado nunha inmellorable localización, no
núcleo urbano de Narón, ao carón da casa do
Concello, do auditorio, do centro de saúde,
da biblioteca, da casa da cultura e dunha das
prazas públicas máis concorridas.
O Centro Comercial de Narón, ofrece unha
completa e diversa oferta comercial que permite aos seus clientes e ao público en xeral
atopar produtos e servizos de calidade, dentro da máis diversicada oferta.
Nas súas instalacións aséntanse máis de 30
empresas comerciais e de ocio, contando cun
hipermercado dunha das máis prestixiosas firmas galegas de alimentación, ademais de
complementarse con 32 empresas dunha
ampla variedade de servizos e cun aparcadoiro
para os seus clientes e visitantes coa primeira
hora gratuíta.
para os teus ollos NARÓN | 58
PAZO DA CULTURA
Logo da consolidación de Narón coma referente na xestión cultural pública en Galicia, o
Concello de Narón, xunto co seu Padroado
da Cultura, inaugurou no 2008 o novo Pazo
da Cultura. O segundo maior auditorio de
Galicia serve de espazo de acollida de grandes eventos culturais á vez que sede da Escola Profesional de Teatro de Narón e das
escolas de baile, música e danza do Padroado de Cultura. Pero ademais é capaz de
acoller a meirande parte da programación
cultural que ata hoxe se celebraba no Auditorio Municipal de Narón, que xa quedou pequeno co devir dos anos.
A programación teatral é un referente en toda a Comunidade
59 | NARÓN para os teus ollos
As Escolas de música, danza e teatro desenvolven a súa ac.vidade no Pazo
O Pazo conta cun escenario de mil metros cadrados e un aforo de novecentas butacas
FEIRAS, MERCADOS,
FESTAS E ROMARÍAS
OENACH CÉLTICO
Mercado celta que recrea un “Oenach”, espazo
que as tribos celtas utilizaban na Idade do
Ferro para establecer alianzas militares, operacións mercantís e matrimonios. Un Oenach
era o lugar de encontro onde os celtas intercambiaban produtos e realizaban rituais máxicos e relixiosos. 3.000 anos despois da súa
creación, recuperouse esta feira, imprimíndolle un carácter festivo, a través do cal moitos
veciños e turistas regresan ás nosas orixes cada
29 de agosto para participar en xogos, compras
ou demostracións das artes antigas. Unha versión non tan afastada deste mercado celébrase
todos os anos na Feira do Trece.
A organización instala un mercado de artesáns con postos de cerámica, gando, comida
da época...
Todo iso amenizado con representacións teatrais, que tratan de mostrar como era a vida
na época celta e exhibicións de deportes rurais propios de Galicia e Euskadi (demostracións de pulsos ártabros, corte de troncos con
machado, serrados con tronzador, lanzamentos de pedras e carreiras con peso. Ideal para
“revivir” a época celta e gozar nun contorno
propio da antigüidade.
Data: 29-30 xullo
Lugar: Sedes
Periodicidade: Anual
FEIRA DO CABALO DO TRECE
Actividade: Gran oferta de gando cabalar (Cabalos, eguas, poldros... ).
Produtos alimentación da zona (Queixos, pan,
chourizos... ).
Produtos agrícolas da comarca.
Apeiros da labranza.
Data: 13 de Abril de 9:00 a 15:00 horas.
Lugar: Recinto Feiral do Trece (Sedes)
Periodicidade: Anual
FEIRA DA ARTESANÍA POPULAR
GALEGA DE NARÓN
Actividade: Artesanía popular galega.
Artesanía do campo (zocas, cestos de vimbio,
produtos de barro...).
Expositores de produtos e demostracións in
situ (como se fai unha zoca, un cesto...).
Apeiros de labranza.
Produtos de alimentación da zona (queixos,
pan, chourizos, empanadas...).
Data: mes de Xullo (data variable) de 9.00 a
15.00 horas
Lugar: A Solaina (zona do feirón)
Periodicidade: Anual
FEIRA DO TRECE
Actividade: Gando vacún, bovino, avícola, cabalar... Produtos alimentación da zona (Queixos, empanada, empanada de raia...). Artesanía
popular (zocas, cestos de vimbio, téxtil..).
Data: O día 13 e o último domingo de cada mes
A Feira do Cabalo do Trece é un clásico entre as feiras cabalares de Galicia
para os teus ollos NARÓN | 60
Lugar: Recinto Feiral do Trece (Sedes).
Periodicidade: Quincenal
Os días 13 e o derradeiro domingo de cada
mes, esta zona da parroquia de Sedes convértese nun lugar onde se comercia con todo
tipo de produtos agropecuarios e mercadorías
de tipo domésticos sen faltaren as esmorgas
gastronómicas. Esta é a feira de maior prestixio da Comarca de Ferrolterra.
FEIRÓN DA SOLAINA
Actividade: Produtos alimentarios (Queixo,
pan, produtos cárnicos, polbeiras...). Produtos
agrícolas. Téxtil e calzado.
Data: Primeiro domingo de mes de 9.00 a
15.00 horas.
Lugar: A Solaina.
Periodicidade: Mensual
Máis recente (1988), o Feirón da Solaina destaca por ser un mercado de tipoloxía urbana.
Celébrase o primeiro domingo de cada mes na
parroquia de Santa Icía, e nel intercámbianse
produtos de vestir, do fogar ou alimenticios.
FEIRA DAS AVES VISTOSAS E DE CURRAL
Actividade: Gando avícola (faisáns, ocas, galiñas, galos, aves exóticas...)
Data: Mes de decembro (data variable) de 9.00
a 15.00 horas
Lugar: Recinto Feiral do Trece (Sedes)
Periodicidade: Anual
Romaría de Santa Lucía
Celebrada todos os 13 de decembro na parroquia de Sedes.
Romaría da Saleta
A ermida do Lodairo, na parroquia do Couto, é
o escenario desta festa cada terceiro domingo
de decembro.
OUTRAS FESTAS E ROMARÍAS
O día 23 de novembro celébrase o Día de
Narón. Desde 1993 conmemórase nesta data a
primeira acta oficial do ano 1837, na que aparece o nome de Narón. O Día de Narón é unha
das moitas datas que esparexen o calendario
do concello de festas, tradicións e outras actividades, nas que se mestura o espírito relixioso
co ambiente de lecer e co carácter comercial.
Romaría da Virxe da O
Celébrase na parroquia de Pedroso o segundo
domingo de maio.
Feira do Trece: recreación de palloza e menhir
61 | NARÓN para os teus ollos
Romaría de Santa Margarida
Séguese celebrando en torno a esta igrexa do
Val, aínda que nos últimos anos quedou reducida a unha festa de carácter parroquial.
Fonte de Santa Margarida, preto da ermida
GUÍA DE
ALOXAMENTOS
E RESTAURACIÓN
ALOXAMENTOS
HOTEIS/PENSIÓNS
Pazo Libunca H****
Lugar de Castro, s/n
Tel.: 981 383 540
Fax: 981 391 108
www.pazolibunca.eu
[email protected]
Husa Odeón HR***
Avenida de Castelao, 17
Tel.: 981 372 951
Fax: 981 381 357
www.hotelhusaodeon.com
[email protected]
Hotel Palmera HR**
Estrada de Cedeira, km 3
Tel.: 981 397 502
Fax: 981 397 611
[email protected]
Chip’s HR*
Polígono da Gándara, 96-97
Tel.: 981 330 981
Fax: 981 330 982
www.hotelchips.com
[email protected]
Kensington H*
Estrada de Castela, 832
Tel.: 981 387 326
Fax: 981 387 399
www.kensington-hotel.com
[email protected]
Marcial HR*
Río Pereiro, 5
Tel.: 981 384 417
Fax: 981 381 242
www.hotelmarcial.com
[email protected]
Narón HR*
Polígono Industrial Rio do Pozo
Avenida Gonzalo Navarro
Parcela 19, nº 25
Tel.: 981 389 335
Fax: 981 381 381
www.hotelnaron.com
Casa Basoa P***
Estrada de Castela, 778
Tel.: 981 384 122
Fax: 981 384 122
[email protected]
Tijuana PR***
Polígono Industrial Río do Pozo
Carpinteiros, 156
Tel./Fax: 981 388 972
www.hoteltijuananaron.com
[email protected]
A rica gastronomía é un atrac.vo turís.co máis de Narón
para os teus ollos NARÓN | 62
Marcial II PR**
Río Pereiro 6-8
Tel.: 981 384 417
Fax: 981 381 242
www.hotelmarcial.com
[email protected]
Ricolo PR**
Miguel de Cervantes, 47
Tel.: 981 392 203
Fax: 981 934 871
Casa Juanito I PR**
Concepción Arenal, 161
Tel.: 981 388 454
Fax: 981 391 496
www.hostaljuanito.es
[email protected]
Casa Juanito II PR*
Concepción Arenal, 163
Tel.: 981 388 454
Fax: 981 391 496
www.hostaljuanito.es
[email protected]
Carballo PR*
Vista Alegre, 4. Doso
Tel.: 981 362 557
Fax: 981 495 300
[email protected]
63 | NARÓN para os teus ollos
CÁMPINGS
Río Xuvia (3ª categoría)
Pedroso, s/n
Tels.: 981 445 047 / 689 392 856
www.campingrioxuvia.com
RESTAURANTES
Casa Becerra
Forxas, 18. San Xiao
Tel.: 981 381 905
www.casabecerra.com
[email protected]
Restaurante Casa Ricolo*
San Avelino-Piñeiros, 9-11
Tel.: 981 386 363
A Ponte Mesón
Vilacomelle, 7
Tels.: 981 363 354 / 629 866 666
Asador Manolo
Estrada de Castela, 668
Tel.: 981 387 356
As Lagoas
Estrada de Cedeira, Km.1
Tel.: 981 380 909
Casa Alonso
Estrada de Cedeira (O Feal), 88
Tel.: 981 383 594
La Ruta
Estrada de Castela, 162
Tel.: 981 380 741
Marcial
Río Pereiro, 6-8
Tel.: 981 384 417
Fax: 981 381 242
www.hotelmarcial.com
[email protected]
Mesón El Refugio
Avenida Souto Vizoso, 21
Tel.: 981 390 284
O’Pote
Estrada de Cedeira (Freixeiro), 8
Tel.: 981 390 939
Restaurante Casa Pendás
Lugar de Carballo, 26, Sedes
Tel.: 981 368 098
Restaurante Mesón O Castiñeiro
Avenida. Souto Vizoso, 26
Tel.: 981 383 695
Restaurante Sidrería Los Molinos
Avenida Malde Vizoso, 7
Tel.: 981 390 181
Urimare
Marcial Calvo, 4
Tel.: 981 384 219
OCIO
Pazo da Cultura de Narón
Rúa Holanda - Urb. Ciudad Europa
Tel.: 981 391 144
Despacho telefónico: 981 102 897
(horario: de 11 a 13:30 e de 18 a
20 horas)
CINES
Cinebox Narón - 12 salas
Polígono Industrial da Gándara, s/n
Centro Comercial Dolce Vita Odeón
www.cinebox.es
Tel.: 902 221 622
Día do espectador: Xoves
BOLERA
Bowling Odeón - 12 pistas
Polígono Industrial da Gándara, s/n
Centro Comercial Dolce Vita Odeón
Tel.: 981 389 139
PAVILLÓNS POLIDEPORTIVOS
A Gándara
Tel.: 981 387 522
Santa Icía (Campo da Serra)
Tel.: 981 387 522
As Lagoas
Tel.: 981 387 522
As Telleiras
Tel.: 981 397 405
ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS
Sociedade Deportiva Cultural
e Recreativa O Freixo
Tel.: 981 380 892
Sociedade de Caza e Pesca Xuvia
Tel.: 656 270 853
Sociedade Deportiva
Irmandiños do Val
Tel.: 629 454 425
Odeón Narón Bowling Club
Tels.: 666 867 723
630 340 592
Moto Club Fojeteiros
Tel.: 697 269 102
Lago Competición
Tel.: 981 362 575
Kick Boxing Narón
Tel.: 661 756 593
Escola Tenis de Mesa de Narón
Tel.: 981 385 826
Escola Superior de Karate Narón
Tel.: 687 404 453
Club Cidade de Narón
Tels.: 981 387 937
609 185 456
Club de Remo Narón
Tel.: 639 436 208
Club Tenis de Mesa
Cidade de Narón
Tel.: 981 397 069
Club para o Desenvolvemento
das Artes Orientais
Tel.: 699 514 333
Club de Golf Campomar
Tel.: 981 453 910
Club Deportivo Lodairo
Tel.: 676 682 011
para os teus ollos NARÓN | 64
Club Deportivo A Gándara
Tel.: 981 387 289
626 067 217
Club Deportivo A Solaina
Tel.: 981 390 664
Club Deportivo Acordes
Tel.: 981 319 441
Club de Cazadores A Faísca
Tel.: 639 085 249
Club de Atletismo Sierra Narón
Tel.: 981 387 522
Club de Amigos da Chave
de Ferrolterra
Tel.: 650 590 651
Club Balonmán Narón
Tel.: 650 480 123
Club A Taberna do Feal
Tel.: 699 970 175
CCDR Airiños de Castro
Tel.: 981 391 906
Auto Club Clásicos Narón
Tel.: 981 382 864
Os amantes do golf contan cun espazo perfecto nas instalacións do Club Campomar
65 | NARÓN para os teus ollos
ADCR Eiravedra
Tel.: 629 414 145
Agrupación Deportiva
Santiago Apóstol
Tel.: 981 383 851
Agrupación Deportiva Altea
Tel.: 981 393 561
AS NOITES DE NARÓN
Zona de Copas / Pubs / Discotecas
Unha forma de gozar do ocio e da
noite nos distintos barrios e zonas
da cidade. Narón é un referente na
“movida” comarcal xa que, ao longo
da estrada de castela, pasando por
Xuvia e Piñeiros, hai unha morea de
pubs, cafeterías, discotecas e locais
de copas ateigadas de xente calquera fin de semana.
Estrada de Castela
Bares de copas e pubs marcan un
dos percorridos máis coñecidos
de Narón, un nutrido número de
establecementos onde gozar da
conversa dos amigos e bailar ata
altas horas da madrugada.
Estrada de Castro
Máis música e máis baile nun
contorno tamén emblemático,
onde os ritmos máis novos soan
nos pubs desta zona a carón da
Estrada de Castela.
A Gándara
O ambiente máis novo da cidade
atópase neste barrio de Narón
que discorre paralelo á ría e onde
Odeón é o centro insignia da zona.
TELÉFONOS DE INTERESE
SERVIZOS MUNICIPAIS
Concello de Narón
Tel.: 981 337 700
Xulgado de Paz
Tel.: 981 382 105
981 383 200
Servizo de Limpeza
Punto Limpo
Tel.: 981 391 074
Auditorio Municipal
(Casa da Cultura)
Tel.: 981 391 144
Centro de Formación
“Irmás Froilaz”
Tel.: 981 333 135
C.M. de Atención ás
Persoas Maiores
Tel.: 981 391 881
Casa da Mocidade
Tel.: 981 390 918
TRANSPORTES
Tranvías de Ferrol
Tel.: 981 383 415
Arriva Noroeste
Tel.: 981 330 046
Autos Paco
Tels.: 981 383 100 / 981 397 200
Radio Taxi Narón
Tel.: 981 388 888
SAÚDE E URXENCIAS
Centro de Saúde
Tel.: 981 385 860
Consultorio O Val
Tel.: 981 363 166
Consultorio Pedroso
Tel.: 981 368 449
Centro Coordinador
de Emerxencias
Tel.: 112
Urxencias sanitarias
Tel.: 061
Cruz Vermella
Tel.: 981 222 222
Policía Local Narón
Tels.: 092
981 381 700 / 981 390 400
Policía Nacional
Tels.: 091
981 356 494
Garda Civil
Tel.: 062
Bombeiros Ferrolterra
Tel.: 080
Asociación de loita contra
os malos tratos
Tel.: 626 002 323
Teléfono da Muller
Tel.: 626 002 323
Protección Civil-SOS Galicia
Tel.: 900 444 222
Protección Civil Narón
Tel.: 981 390 000
BIBLIOTECAS
Biblioteca Municipal
Tels.: 981 386 800
981 382 173
Biblioteca do Alto
Tel.: 981 382 173
Biblioteca da Gándara
Tel.: 981 390 918
para os teus ollos NARÓN | 66
T U R I S M O
para os teus ollos NARÓN

Documentos relacionados