Textos. Información completa - Xornal Vigo

Transcripción

Textos. Información completa - Xornal Vigo
TEXTOS
Nado en Cangas, trasládase coa súa familia a Vigo con trece anos por mor do
nomeamento do seu pai como director das Escuelas Nieto. Na adolescencia,
con catorce anos, comeza os seus estudos artísticos na Escola de Artes e Oficios de Vigo baixo a titoría do profesor de debuxo Maximiliano Vidales.
Pronto comezou a desenvolver as súas inquietudes artísticas colaborando co
grupo formado ao redor do “I Salón de Primavera” de Vigo e a concesión da primeira bolsa de estudos outorgada pola Deputación de Pontevedra con 19 anos.
Tras unha primeira etapa de formación na Escola de Belas Artes de Madrid,
retornou a Vigo e comezou a desenvolver a súa carreira artística coa primeira
exposición individual no ano 1932.
O servizo militar en África nos anos 1933-34 e o comezo dos seus estudos de
Maxisterio traerían un período de certa inactividade pictórica que se acentuaría
co período de preparación da oposición para o corpo de Maxisterio e o estalido
da Guerra Civil. Tras o parón da contenda militar consegue a praza de Bibliotecario municipal en Vigo (1946), que co tempo compaxinou coa de Técnico de
Cultura e Arte do Concello de Vigo.
A partires de mediados dos anos 40 do século pasado desenvolveu con certa
regularidade a súa actividade artística na que destacou como retratista. Tamén
cabe subliñar a súa participación activa na dinamización cultural da cidade coa
participación nos grupos artísticos da cidade como a Sociedade “Amigos del
Arte” de Vigo, as tertulias artísticas do café Tropical ou o Derby, a recuperación
da Batalla das Flores (1961) xunto a Maximino Fernández ou a Exposición de
Artistas Noveles (1961) cos seus compañeiros de xeración.
Esta é a primeira exposición retrospectiva que se lle realiza a Fernández Rodal
en Vigo desde o seu finamento no ano 1972. A Escola Municipal de Artes e
Oficios de Vigo quere homenaxear así a creación artística dun notable retratista
que iniciou a súa vocación nas aulas desta Escola e que non dubidou en devolverlle parte da súa inspiración impartindo clases de debuxo e pintura ou recuperando, trinta anos despois, o Certame de artistas noveis neste mesmo centro.
Producción: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Comisario: José Luis Mateo Álvarez
FORMACIÓN
Superando os vaivéns dos estilos, o retrato sobrevive durante o século XX.
A xustificación histórica do xénero era, evidentemente, a procura da reprodución da aparencia física do retratado. Na pasada centuria, coa transformación
da arte, o retrato convértese tamén nun campo para a experimentación, para
a construción do estilo do artista.
Neste sentido cómpre lembrar que a fotografía, desde mediados do XIX, retirara ao retrato a posibilidade de continuar a súa funcionalidade.
Se sempre a visión subxectiva do artista estivo na presentación de calquera
modelo, a evolución da arte do século XX fixo deste aspecto un elemento
central da representación retratística, servindo, nos mellores casos, para
reconstruír e reflectir a intensidade complexa do home moderno.
Os pintores galegos non son alleos a estas continxencias do xénero, podendo percibirse neles un uso do retrato como método de coñecemento para
o propio creador, un aspecto que está presente na arte occidental desde a
revolución artística do século XV. Daquela, o retrato está formado non só de
imaxes, senón tamén de ideas, ou mellor, que as unhas nunca se dan sen
as outras. Un cadro non debe soamente verse senón tamén entenderse ou,
aínda mellor, lerse.
Os retratos debemos, pois, lelos no contexto. Os realizados polo pintor vigués
Emilio Fernández Rodal abalan entre os que seguen fórmulas académicas
e os de maior soltura, entre os últimos debemos subliñar o seu Autorretrato
(1932); o Estudo de muller (1934-36), obra que nos lembra na súa frescura a
lección de Manet, e o Debuxo (1933-34), que representa unha figura feminina
cun ar de precisión e frialdade que lembra a arte da Nova Obxectividade alemá de entreguerras. Ao tempo, son pinturas que exemplifican como artistas
e comitentes modernos utilizaron o retrato como manifestación dun estatus
social, seguindo neste sentido as vellas convencións, máis ou menos enfeitadas e adaptadas aos novos tempos.
Carlos L. Bernárdez
Rodal iniciou a súa formación artística na Escola de Artes e Oficios de Vigo
como alumno de Maximiliano Vidales durante catro anos. Con dezaseis
anos publicou o seu primeiro debuxo, titulado A igrexa de Lavadores no
xornal Faro de Vigo (31/8/1928). Os seus primeiros retratos comezaban a ser
expostos nalgúns comercios do centro, algo que era moi común na cidade; e
mesmo deseñou os espazos e iluminación do baile da Asociación da Prensa
de Vigo.
Este período formativo na Escola de Artes e Oficios veu acompañado dunha
actividade cultural próxima ao grupo de mozos que uns anos máis tarde
formarían a sociedade de “Amigos del Arte” de Vigo, onde coincidirán artistas
plásticos, xornalistas, poetas e outros animadores culturais da cidade. Foi
nese ambiente onde entra en contacto con Bremón Sánchez, Enrique
Archidona Romero, Xesús Nieto Pena, Alfredo Gómez Jaime, Camilo
Nogueira, Mario González, etc.
AS PENSIÓNS DE ARTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Emilio Fernández Rodal foi un dos artistas pensionados pola Deputación de
Pontevedra. Esta institución comezara en 1864 a concesión de bolsas aos
artistas da provincia, feito habitual nas deputacións de todo o Estado, pero
a singularidade da de Pontevedra foi que en 1925, baixo a presidencia de
Daniel de la Sota, o asesoramento de Losada Diéguez e a colaboración de
Castelao, elaboraba un regulamento específico que daba fin á irregularidade
e á falta de criterios uniformes. Os aspirantes debían someterse á proba
imposta polo tribunal e os pensionados estaban obrigados a demostrar o
aproveitamento das axudas e á exposición pública dalgunha das obras
realizadas durante o ano de estudos, así como a entregar á Deputación unha
destas obras. As bases establecían que as bolsas non sobrepasasen os tres
anos e, desde 1929, inclúen as bolsas de viaxe ao estranxeiro para ampliar
coñecementos. Aínda que excepcionalmente, na primeira convocatoria,
Maside recibía unha bolsa para estudar en París e Munich.
As pensións contemplaban todas as manifestacións artísticas e, entre
os integrantes do tribunal, figuraron galeguistas como Losada Diéguez,
Castelao ou o arquitecto Gómez Román, xunto a artistas próximos ao
rexionalismo como Carlos Sobrino, Tito Vázquez ou Genaro de la Fuente.
O que confirma a convivencia do binomio cultural entre o rexionalismo e
a nova arte galega auspiciada polo nacionalismo, o chamado movemento
renovador que supuxo incorporar por primeira vez a linguaxe da modernidade
á arte en Galicia, á vez que o vincula coa tradición cultural.
A maior parte dos renovadores foron pensionados da Deputación de
Pontevedra: Maside, Colmeiro, Arturo Souto, Torres, Uxío Souto,
Camilo Nogueira, Narciso Pérez, etc. A decidida aposta da Deputación de
Pontevedra impulsou a renovación artística galega, que vivía un ambiente
cultural propicio para o seu desenvolvemento, e os artistas puideron formarse
en Madrid, Barcelona e París. En Madrid coñeceron directamente a nova
figuración que se poñía de manifesto, en 1925, na primeira exposición da
Sociedad de Artistas Ibéricos, e en París puideron ver as vangardas históricas
de preguerra e ser testemuñas das novas propostas da arte europea: a Art
Decó, a vangarda rusa e os novos realismos europeos de entreguerras. O
espírito europeo de posguerra estaba dominado polo retorno á orde, que
reclama unha arte máis próxima ao público e implica unha volta á figuración
renovada que serviu de base aos artistas renovadores.
Fernández Rodal foi dos máis novos daquela xeración e por iso non obtivo
a pensión ata 1931, coa que se trasladou a Madrid, onde comezou a súa
amizade con Laxeiro, naquel momento pensionado polo Concello de Lalín e
que ao ano seguinte seríao pola Deputación.
En 1934, baixo o goberno da República, as dificultades económicas polas que
atravesaba a Deputación obrigárona a suspender as bolsas, cuxa restitución
se produciría en 1940, suxeitándose ás mesmas bases e condicións da época
anterior, pero nun ambiente artístico moi diferente. O nexo co período anterior
non se limita só ás normas senón que os primeros pensionados son artistas
que xa o foran, contribuíndo así a finalizar a formación interrompida no seu
día. Este é o caso de Fernández Rodal, Xosé Sesto, Laxeiro, José María
Acuña e Virxilio Blanco.
Beatriz de San Ildefonso Rodríguez
Conservadora do Museo de Pontevedra
I SALÓN DE PRIMAVERA DE ARTISTAS NOVELES (1931)
O fito máis salientable da súa formación foi, sen dúbida, a participación no
ano 1931 do Primer Salón de Primavera de Artistas Noveles de Vigo. Un
certame organizado por iniciativa de Santiago Puime Freiría, inaugurado o 15
de maio no Salón de Festas do xornal El Faro de Vigo. O salón, financiado en
parte pola Cámara Oficial de Comercio e a Juventud Católica de Vigo, trataba
de convocar a creatividade dos novos artistas locais e promover a actividade
cultural na cidade.
Ao certame presentáronse 106 obras, o que demostra o grande interese que
xenerou non só en Vigo senón tamén nos concellos da súa área de influencia
así como doutras vilas de Galicia. Entre os participantes estaban algúns que
co paso do tempo chegaron a formar parte da vida artística galega. Ademais
do propio Fernández Rodal podemos atoparnos con Camilo Nogueira, Julia
Álvarez Prado, Alfonso Casal, Leal Ínsua, Angel Mareque Cajaraville,
Elena Agra, Tirso Javier, Ignacio Senra, Alejandro Lafuente, Eloy Freire
Casal, Telmo González, Fernando Oliveira, Mario González, Benjamín
Quinteiro Alonso, etc.
Rodal presentábase con 16 obras entre as que estaban: San Francisco,
Boceto, Viaxe en terceira, Cabeza de estudio (carbón), Rincón de Cangas ou
Vencidos da vida (serie de seis retratos de anciáns residentes na Casa da
Caridade de Vigo). Ademais presentaba os retratos de Don Antonio Conde
(lápiz), Don Alfredo Gómez Jaime (pastel) ou Don Eugenio Valladares (óleo);
e tres gravados en madeira: Sonata, Goya e Beethoven.
O carácter do mozo Fernández Rodal quedaba debuxado nas súas declaracións á prensa:
Soy vigués de corazón y por ideal. Siento en mi ese afán de trabajar que
eleva el nivel moral de este pueblo, grande por su trabajo y por su fé en el
porvenir.
En realidad todos mis conocimientos los debo al entusiasmo desplegado en
mi enseñanza por el destacado pintor don Maximiliano Vidales y a mi gran
voluntad para aprender.
Busco mi inspiración en las cosas vivientes, porque opino que la mejor paleta
es la Creación, el mejor cuadro el paisaje, la máxima concepción el Ser y el
supremo artista, Dios, trabajando en el inmenso estudio de la Naturaleza.
O mozo Rodal de dezanove anos xa chamaba a atención da crítica de arte
dos xornais vigueses:
un estilo que tiene por principio básico de producción, la confianza del artista
en su labor conceptiva. Esta realidad se destaca en el bien acusado perfil
del trazo, la fijeza de la línea como síntesis del conjunto, la fina observación
de los rasgos y la lozana pujanza de la naturaleza de lo pincelado. [Bremón
Sánchez, Faro de Vigo (24/5/1931)]
Emilio F. Rodal: buen retratista y psicólogo, sabe captar con justicia el momento, por eso en todos los retratos al óleo y al pastel que expone, se observaba la perfección en el parecido así como un gran dinamismo. Su paleta
todavía oscura, nos hace suponer que con fe pronto llegará a descollar en el
mundillo pictórico regional si hace su fuerte a base del retrato. El de "Gómez
Jaime", es algo definidor de las cualidades antes enumeradas; "Mendigos
de la vida" es un cuadro lleno de sentimiento y muy acertado en la gradación
de la luminosidad, si bien algunas de las figuras componentes de la escena
no están logradas con la pulcritud apetecida en otras de sus producciones.
Presenta además tres maderas barnizadas en negro y grabadas a punzón en
ellas, dos retratos: un Goya, un busto de Beethoven y "Sonata", muy llamativos por su relativa novedad y buen gusto. [Modesto Prieto Camiña, Vida
Gallega nº 487, 1931]
A SOCIEDADE DE "AMIGOS DEL ARTE" DE VIGO
Ao seu regreso a Vigo en 1932 retoma o círculo de amigos que xurdira do
Salón de Primavera do ano anterior. Froito dese grupo crease a Sociedade de
"Amigos del Arte" de Vigo, co obxectivo de difundir as expresións artísticas na
cidade. Esta sociedade apoiaba a idea que circulaba na cidade de crear un
Museo de Arte e demandaba a implicación dos poderes públicos ademais de
ofrecerse para facerse cargo da custodia e regulamento do devandito local ao
que os seus membros cederían obra.
Rodal, xunto a Santiago Puime e outros novos artistas participantes no
Salón do ano anterior foi un dos impulsores e membros desta Sociedade. Algúns destes artistas, que recibiran formación na Escola de Artes e Oficios de
Vigo, tamén chegaron a conseguir unha bolsa de estudos da Deputación de
Pontevedra para ampliar a súa formación e, mesmo nalgún caso, chegaron a
impartir clases neste centro.
Ignacio Senra. Debuxante que xa publicara algúns dos seus traballos no
Faro de Vigo entre 1924 e 1928 ou en Vida Gallega, onde publicaba viñetas
humorísticas. No ano 1928 acadaba unha bolsa da Deputación de Pontevedra para ampliar estudos artísticos. No 1931 participou no I Salón de Primavera de Artistas Noveles de Vigo. Deseñou as capas e páxinas interiores dos
libros de J. Ramón Castro, Cuatro pies de tribuna (1934) e Sinfonía ácidoresistente, Lucha antituberculosa (1935).
Benjamin Quinteiro Alonso (Ponteareas 1911 - Madrid 1936). Escultor
formado no obradoiro de marmoraría do seu pai Benjamín Quinteiro Martínez,
en Ponteareas. Formouse na Escola de Artes de Oficios de Santiago, onde foi
alumno de Asorey. Participou no Salón de Primavera con catro obras e nese
mesmo ano acadou unha bolsa da Deputación de Pontevedra para estudar
escultura en Madrid xunto a Victorio Macho e coñezeu a obra de Emiliano
Barral e de Pérez Mateos.
En 1934 regresou de Madrid e comparte o seu labor de docente de modelado
e debuxo nas Escola de Artes e Oficios de As Neves coas diversas encomendas que recebe. Co inicio da Guerra Civil tense que trasladar á fronte, onde
morre no ano 1936.
Ángel Mareque Cajaraville (Santiago 1904 - Vigo 1974). Ourive, traballaba
a prata e o marfil. Participou no I Salón de Primaveira. No ano 1946 foi nomeado profesor de ourivaría da Escola de Artes e Oficios. Representante da
chamada “Escola de Santiago de Compostela”.
Camilo Nogueira (Vigo 1904 – 1984). Escultor. Comezou os seus estudos
profesionais na Escolas de Artes e Oficios no curso 1919-20 e ao final dos
mesmos coincidiu con Longa, Senra ou Mareque. Pensionado pola Deputación de Pontevedra no 1930, ampliou estudos na Escola de Belas Artes de
Madrid ata que retornou a Vigo no 1933. Participou no “I Salón de Primavera
de Artistas Noveles” no 1931, tras instalar o seu obradoiro de ebanistaría e
talla colaborou coa Sociedade “Amigos del Arte” coa exposición de escultura
que organizou no ano 1934.
Sempre presente no círculo artístico e político da cidade, desenvolveu a súa
carreira docente na Escola de Artes e Oficios entre 1946 e 1977. No ano
1952, xunto a Rodal, Archidona, Sigüenza e Mareque organizou o “II Salón de
Primavera de Artistas Noveles” e coincidiu con eles en exposicións destacadas como a Exposición Regional de Arte (1960) ou a conmemoración do XXX
Aniversario do Salón de Primavera (1961).
Jesús Conde González (Xesús) (Vigo 1909). Debuxante, influenciado pola
obra humorística de Castelao. Nos seus debuxos predominaban o mundo
rural e as súas romarías. Colaborou co Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e
outras publicacións. Escribiu o libro Cando Colás foi á Lúa. Colás era un can
de palleiro filósofo que Xesús empregaba nos seus debuxos para facer os
diversos comentarios.
Telmo González. Pintor, participou no I Salón de Primavera. Foi vogal da
Sociedade Amigos del Arte.
Eduardo Padín Rodríguez (Tui 1886-1979). Fillo do tamén artista Ricardo
Padín. Inicia os seus primeiros estudos no Seminario da cidade tudense que
ao pouco abandona para iniciar a súa carreira como artista. No ano 1916
publicaba os seus primeiros debuxos ou “monos” na revista Vida Gallega, que
pola boa acollida axiña figuran na portada da revista. Eduardo Padín foi entre
1924 e 1927 subdirector da revista e colaborador ata a súa desaparición o 30
de xaneiro de 1935. Desde 1923 colaboraba en Faro de Vigo, no semanario
tudense La Semana. Tamén participou coas súas ilustracións noutras publicacións como La Integridad de Tui, La Región de Ourense, El Pueblo Gallego
de Vigo, El Ideal Gallego de A Coruña, etc.
Da súa obra pictórica hai numerosos exemplos espallados por Tui, Vigo e numerosas cidades, pois realizou unha obra ampla e abondosa, caracterizada
polo seu dominio do debuxo e o seu realismo. Podemos citar, coma exemplo,
o retrato do Bispo Salvado (1942), doado polo artista e conservado no Museo
Diocesano, ou o retrato do bispo de Ourense Florencio Cerviño (1942), encargo do Concello de Tui e hoxe no Salón de Plenos da Casa do Concello, paisaxes tudenses, e diversos retratos existentes na Escola Municipal de Artes e
Oficios de Vigo, entre os que destaca o retrato de Avelino Rodríguez Elías.
Tamén tivo amizade co grupo de xornalistas, poetas e escritores que estaban
vencellados á Sociedade de “Amigos del Arte”, como Enrique Archidona
Romero, Modesto Prieto Camiña, José Antonio Ochaíta, Jose María
Bremón Sánchez, Julio Sigüenza, Santiago Puime Freiría ou escritores
como os cubanos Luis Bas Molina ou Manuel Fernández Sarrasi, ou o
colombiano Alfredo Gómez Jaime, que tiñan praza diplomática na cidade e
que influíron na vocación literaria deste grupo de mozos.
A PRIMEIRA EXPOSICIÓN INDIVIDUAL NA SOCIEDADE
"AMIGOS DEL ARTE" DE VIGO (1932)
Tras regresar dese primeiro ano de estudos en Madrid, Rodal recibe a
invitación para facer unha exposición individual co traballo realizado durante
a súa estadía na capital como bolseiro da Deputación de Pontevedra. A nova
Sociedade xa contaba daquela cun local no primeiro andar da rúa Velázquez
Moreno nº 16 que inaugurara o ano anterior e onde viña desenvolvendo
algunhas exposicións así como actos culturais como os recitais poéticos.
Foron 23 obras nas que mesturaba retratos como Autorretrato, Tirso Javier,
Mario González, Doña Carmen González Larroca (Esposa del médico Angel
A. Ruiz Martínez), Don Antonio Autrán, D. Eduardo Autrán y Florez de Losada
(Marqués de Esteva de las Delicias); xunto a unha serie de vistas realizadas
nos tempos de bolseiro da Deputación: cinco de Santiago (Rúa do Vilar,
San Paio de Antealtares, etc.) e doce de Toledo (Catedral, Cristo de la Luz,
Callejón de los muertos, Plazas de Santo Domingo y San Justo, Íntimos, etc.)
Enrique Romero Archidona animou a exposición cun recital poético
que comezou co poema:
Te dormiste de pequeño
con el día; despertaste
ya de noche, y conservaste,
vivo la visión del sueño.
Hoy plasmas con noble empeño
las sombras donde soñaste,
la luz con la que te acostaste,
y el encanto del ensueño.
No poema Piedras milenarias dedicado a Rodal, definía o su estilo como
"mezcla sublime de notas de pretéritas edades, en un conubio encantado, en
un noble maridaje, que brinda Emilio en un bello exponente de su arte".
PIEDRAS MILENARIAS
Luces y sombras captadas
En el lienzo, en plasmación de piedras anquilosadas:
Creación
Angulosidades rígidas;
Criptas de curva suave:
Un halo con albas frígidas
En la nave.
Toledo… Santiago…; viejos
Recuerdos de épocas idas…
¿Cuadros que son como espejos
Reflejando nuestras vidas!
[E. Romero Archidona, con motivo da primeira exposición individual de Rodal
en 1932].
Bremón Sánchez deu unha charla na sede da exposición co tema:
Fernández Rodal. Emboza de Luna. Racialidad. Naturismo. El alma gallega
bajo la influencia del paisaje. En los espíritus la fé como claror. Compostela.
La civilización. Ideal peregrino de Galicia. Un ascético destino. Avanzadas del
progreso. En el joyel de Galicia inmortal.
Manuel Fernández Sarrasi, publicista, poeta e cónsul de Cuba na cidade,
pechou o ciclo de actos da exposición cunha charla lírica co lema: La acción
simuladora de la leyenda. Nela fixo un resumo histórico e poético da cidade
de Toledo
Modesto Prieto Camiña dedicoulle un artigo no Faro de Vigo subliñando a
súa calidade como retratista, sobre todo pola súa obra Autorretrato e polo
retrato de Eduardo Autrán.
Foron estes anos de xuventude anos de ímpeto creativo así como de
euforia social dentro do grupo de amigos formado ao redor da Sociedade de
Amigos del Arte, onde se estableceron amizades que perdurarían no tempo.
Enrique Romero Archidona (Madrid 1908 – Vigo 1959), poeta e crítico de
arte en diferentes medios xornalísticos locais, foi compañeiro de xeración
e, sobretodo, un bo amigo de Rodal. Así facía lembranza daqueles anos de
"Bohemia" inmediatamente anteriores á República:
Allá por el 1926 comencé una fórmula de vida independiente, por fondas
y hospedajes, que se alargó a Bilbao y a Madrid en 1930, -con retorno-,
salpicada de algunos legítimos bohemios: Emilio Canda y el pequeñogran Xesús Nieto Pena en primera línea. Mis dieciocho años pimpantes y
tiernecitos, plagados de verso y novelería, de romances de amor ingenuo
y portalero, de merendolas y bailongos en el extrarradio con empanadas y
tinto y polvo de romerías, se prolongaban en el nocturno vigués de la Ceca
a la Meca de todas las oportunidades de olvidar los colchones infectos
de chinches ansiosas de mi sangre bullente y dulce. En 1930 se fueron
agregando algunos de los recién aparecidos artistas de la urbe, que brotaron
como hongos en la "Primera (y última) Exposición de Primavera de Artistas
Noveles". Los que más abundantemente trasnocharon por aquellos años
estupendos atiborrados de sabrosas sardinas de "xeito" fueron Bremón y
Prieto Camiña (Modesto), José Antonio Ochaíta y Rodal, "Tirso Javier" y el
padre del inefable "Colás" del perro y del paraguas: Jesús Conde, Xesús.
Por aquellos días, -porque de noche dormían como personas sensatas-, nos
servían de consejeros los cónsules de Cuba y de Colombia, don Luis Bas
Molina y don Alfredo Gómez Jaime, poetas de gran fuste que fueron fructífera
semilla de poetas en Vigo, y el llorado director-propietario de "Vida Gallega",
don Jaime Solá Mestre, que acogía nuestros intentos líricos en las páginas de
su revista imperecedera.
[Enrique Romero Archidona, "Notas para una crónica de la bohemia viguesa".
El Pueblo Gallego 24/8/1958]
A PARÉNTESE DO SERVIZO MILITAR, OS ESTUDOS E A
GUERRA CIVIL (1934-1945)
Entre 1933 e 1934 Fernández Rodal incorpórase ao servizo militar en África,
onde realiza algúns debuxos con motivos locais. Ao seu regreso a Vigo
comeza os seus estudos de Maxisterio, aínda que non deixa de colaborar con
"Amigos del Arte" ata que chega a Guerra Civil e ten que ser movilizado.
En marzo de 1935 participou na convocatoria dun concurso de poemas
ilustrados nos que estaban traballos literarios de Viñas Calvo, Prieto
Camiña, Ruiz Jiménez, Gamallos Fierros, Romero Archidona, Urbano
R. Moledo, María Consuelo Cordero, Julio Leal y Bene, ilustrados por
Bustamante, Vizcaíno, Prieto Cusset, Telmo, Xesús, Rodal, Padín, Prieto,
Bene y Rodríguez Vilar.
No ano 1937 participou dunha exposición colectiva da Sociedade “Amigos del
Arte” organizada polo Goberno Civil de Pontevedra e realizada no salón da
Casa Loscertales (rúa do Príncipe) para apoiar aos soldados que marchaban
á fronte e que se complementaba con actos culturais e musicais onde
participaban Elena de Arana, Cunqueiro, Benedicto, Fernández Sarrasi, o
Trío Corvino, etc. Entre os artistas achegaban obra: Abelardo Bustamante:
Iglesia de San Pedro de Sárdoma (óleo), Hermanos Hernández: Alta mar
(esmaltes sobre metal), Ignacio Senra: Peixe (debuxo), Padín: Festa no adro
(óleo); Fulgencio Laiseca: Paisaje (óleo). Fernández Rodal doou da súa
colección un óleo titulado Cabeza de ermitaño.
Tras a fin da guerra volve a acadar unha bolsa da Deputación de Pontevedra
para ampliar estudos no ano 1941. Por esas datas consegue a praza de
Bibliotecario Municipal que, a partir de entón, compaxinará coa súa actividade
artística. A Biblioteca Municipal creábase por unha orde de comezos de
setembro de 1940 no baixo do edificio da Praza de Compostela esquina
con Pablo Morillo, e inaugurábase a comezos de marzo de 1943 con perto
de 2.000 volumes. En agosto de 1945 a Biblioteca pasa a denominarse
Biblioteca Jaime Solá en honor ao editor da revista Vida Gallega.
No ano seguinte instala o seu estudo de pintura na Praza de Alfonso XII,
perto do Café Tropical, onde participaba nunha animada tertulia con outros
persoeiros da cultura viguesa coma Pedro Díaz, Julio Sigüenza, Mario
González, Emilio Álvarez Blázquez ou o pintor Eduardo Padín.
O RETORNO Á PINTURA. AS EXPOSICIÓNS
NO CASINO NOS ANOS 40
Rodal retoma á pintura tras a paréntese da Guerra Civil a mediados dos
anos corenta instalando o seu estudo na Praza de Alfonso XII. A súa pintura
seguirá a centrase no retrato, onde amosa unha gran evolución técnica e un
gusto pola captación da expresividade dos seus modelos.
Considero el retrato lo más difícil de resolver en la pintura. Y como la máxima
ambición del artista debe ser la de enfrentarse con los mayores problemas
estéticos y procurar vencerlos, de ahí la variedad de tipos y técnicas que
presento.
Tras haber estudiado bien al modelo y escoger la técnica más adecuada a
su temperamento, lograr en los primeros trazos apresar los rasgos, gestos
y expresiones que nos hablen de su interior. Y después de esto, el parecido
físico, la composición, las calidades, etc., sin olvidar la unidad que debe
presidir toda la obra
[Declaracións ao xornal El Pueblo Gallego, 15/5/1949]
A súa participación no círculo artístico da Sociedade “Amigos del Arte”,
a súa actividade como bibliotecario municipal e a participación activa na
vida sociocultural do Vigo dos anos corenta valeulle para conseguir unha
importante e crecente clientela que abranguía estamentos burgueses e
intelectuais da cidade. O resultado foron dúas exposicións individuais nos
salóns do Casino de Vigo.
Entre os retratados do ano 46, salientar os da Sra. del Dr. Iglesias Lago, Dª
Efigenia Argibay, Vda. de Espinosa, Sra. de D. Antonio Autrán, Sra. de D.
Antonio Herrero, D. Manuel Manso, Don Maximino Fernández, D. Guillermo
Vilarelle, Don Rafael Pol, Don Carlos Colmeiro, Don Darío Álvarez, Bertita
Pazó, Mary Carmen Babé e Amparito Archidona.
… existe en Rodal una faceta que nadie supo adivinar y que no dudamos en
calificar de revelación. Se apuntaba en los fondos de sus retratos de niñas;
se perfilaba en el toque de color, en la conjugación de los planos y las líneas,
en la distribución de los espacios y en la transparencia del aire que transita
sus telas. Pero no era nada más que el complemento de una composición
centrada a la figura, sin deseos expresos de obtener cualidades paisajistas ni
valores permanentes en otra disciplina. (…) Ahora es distinto. Es una pintura
deslastrada de tintas vagas y literaturas inútiles, personal y limpia, sincera
hasta el imposible y ejecutada con maestría y amor
[Delfín Doncel, “La Noche” ,16 de Outubro de 1946]
A exposición do 49 constaba de 17 retratos: Señora de Augusto Espinosa,
Señora de D. Ramón Fernández, Señora de D. Heriberto Torrado, Señora
de D. Avelino Ponte, Srta. Encarnación Rivera, Srta. Elenita Rodríguez,
Srta. Cristinita Rodríguez, Srta. Luisita Gerrity, Mr. Charles M. Gerrity, cónsul
norteamericano, D. José María Castroviejo, D. Moisés G. Quijano, D. Ramón
Fernández, D. Amador Montenegro, D. Eugenio Rodríguez, D. Gaspar Rivero,
D. José Zunzunegui e D. Manuel Bouzón. Na exposición do 46 aínda presenta algúns exemplos de paisaxes nos que
non amosaba o mesmo dominio técnico, pero que perdurarán ao longo
do tempo. Entre mentres, en 1948 participa dunha exposición benéfica á
favor do seu amigo Mario González na que participaron tamén Arrondo,
Laxeiro, Torres, Lugrís, Oliveira, Mareque, Carlos Sobrino, Xesús Conde,
Bustamante, Seijo Rubio, Rodríguez Piñeiro e outros.
A ETAPA DE MADUREZ. AS EXPOSICIÓNS NO "FOTO CLUB"
A sala de exposicións da tenda do “Foto Club”, na rúa do Príncipe,
converteuse nunha referencia fundamental para a vida artística da cidade.
Por esa sala pasaron os principais artistas plásticos dos anos 50 e 60. Rodal
presentou dúas exposicións individuais nos anos 1958 e 1961.
Srta. Margarita Zunzunegui Pérez; Srta. Leonor Ballesteros Alonso; D.
Antonio Pérez Álvarez; D. Pedro Zunzunegui Freire; D. Amador Montenegro
Saavedra; D. Santiago López Vaqueiro; D. Jesús Otero Delgado; D. Luis
Vales Dopico.
Na exposición de 1958 presentou unha mestura entre a súa produción
retratística de tema máis persoal, na que optaba pola presenza de membros
da súa familia ou escenas de temática popular (O vendedor de xornais,
As mulleres labregas, Tratantes do Berbés, Bendición na aldea, etc.) coa
produción de paixases, mariñas ou motivos florais.
Emilio Rodal posee, desde hace bastantes años, la técnica suficiente. Ahora
posee también un mayor sentido y dominio del color y de sus matices, y una
inquietud que los años han de ir remansando para fijarla en un punto de
convergencias en que la materia y el espíritu logran un todo que el dibujo
aprisiona y cierra inexorablemente.
[Julio Sigüenza, Faro de Vigo, 7/11/1961]
Mis paisajes son una inquietud, no al margen del retrato, sino como
complemento, experiencia y fondo...
Existe un paisaje y una luz gallega que se caracteriza por su inestabilidad.
[Entrevista con Pedro Díaz no Faro de Vigo, 23/12/1958]
Representante de esa pintura formal y densa de contenido de la que tenemos
tan pocos cultivadores conscientes
[Crítica de Enrique Romero Archidona: El Pueblo Gallego, 25/12/1958]
Su expresión plástica es dulce y nace de su temperamento apacible,
reposado, a cuyo servicio pone una técnica alcanzada en tenaz aprendizaje,
que produce una pintura de buen oficio y honrada expresión que encuentra
sus mejores momentos en la alegría vital de los seres y de las cosas
[Julio Sigüenza, Faro de Vigo, 28/12/1958]
Na exposición de 1961 o tema dominante foi o retrato. A presenza desta
galería de retratados amosa a relevancia de Rodal na sociedade burguesa da
cidade: Dª María Correa, Sra. de Piñeiro; Dª María del Carmen Castaño, Sra.
de Jaso; Dª Augusta López, Sra. de Fernández; Dª Mª Rita Goldar, Sra. de
Tabarés; Dª Isabel Garrido, Vda. de Lago; Srta. Elena Espinosa Fernández;
RODAL E A DINAMIZACIÓN CULTURAL
NO VIGO DOS ANOS 60
Na década dos anos sesenta o Concello de Vigo comezou a desenvolver
unha política de acción cultural na que estaba implicado Fernández Rodal
desde a súa condición de bibliotecario municipal e membro do Servizo de
Educación e Cultura da que era xefe Maximino Fernández. Correspóndese
con esta política a organización dunha Exposicion Regional de Arte, para
pintores e escultores consagrados, e por outra parte unha Exposición de
Artistas Noveles. A esta convocatoria presentáronse máis de 200 obras.
1960. I EXPOSICIÓN REXIONAL DE ARTE
Tivo lugar no Pazo de Castrelos, entre o 25 de xullo e o 15 de agosto. Nela
presentáronse 71 obras pictóricas, 16 esculturas e 20 de arte decorativo. No
concurso convocado pola Comisión Municipal de Cultura y Arte do concello
de Vigo resultou gañadora no eido pictórico Julia Minguillón coa obra Mi
familia. Rodal participou no concurso con tres obras: Singando, Retrato de la
Srta. Elena Espinosa e o Retrato de Dª Mina de Araujo Carvalho.
1960. EXPOSICIÓN DE ARTISTAS NOVEIS
Realizada na Escola de Artes e Oficios e organizada polo Concello de Vigo.
Formaron parte do xurado Maximiliano Vidales Espinosa, Julio Sigüenza,
Emilio Bugallo, Jesús Piñeiro Nogueira, Carlos Sobrino Buhigas e Angel
Ilarri Gimeno como secretario.
O espírito da mostra era o de retomar a convocatoria que no ano 1931
organizara Santiago Puime Freiría e no que participaran os artistas da
xeración de Rodal. A mostra foi inaugurada coa presenza do director do
Museo de Pontevedra, o escritor e historiador Filgueira Valverde.
Rodal, como Técnico de Cultura e Arte do Concello, pintor e participante do "I
Salón de Artistas Noveles", impartiu unha conferencia na que disertou sobre
conceptos xerais da arte, ademais de ofrecer consellos aos artistas noveis
participantes na mostra.
Clausurou a exposición cunha conferencia sobre pintura o crítico de arte do
xornal Faro de Vigo e membro da Academia Galega, Julio Sigüenza. A súa
conferencia comezou cunha análise do que consideraba a crise artística das
vangardas para despois facer un percorrido pola arte galega do século XIX
e a primeira metade do XX. Pechou a súa exposición co que el consideraba
como a arte dotada de galeguidade dos artistas do momento (J. Minguillón,
Colmeiro, Laxeiro, Suárez Llanos, Díaz Pardo, etc.) e que para el pasaba
pola condición de artistas figurativos: felizmente, libres de las vacías e
incoloras abstracciones, porque todos acumulan, componen por medio de
la materia, una cantidad de deseos, de intenciones y de condiciones que les
llegan de todos los puntos del espíritu del ser, y saben que hay siempre un
misterioso acuerdo entre lo que se dice y la manera como se dice. [El Pueblo
Gallego, 13/5/1960]
No certame foi premiado Ángel Sevillano Estremera (Vigo 1942 -Vilagarcia
de Arousa 1994) moi vencellado a Colmeiro e que con posterioridade
realizou estudos superiores de Belas Artes, desde 1962 a 1967, en San
Carlos, Valencia, e San Fernando, Madrid, pensionado pola Deputación
Provincial de Pontevedra. O segundo premio foi para Juliana Estévez
Alonso mentres que Margarita Barrientos acadou o de artista máis nova,
con catorce anos.
1961. EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO XXXI
ANIVERSARIO DO “I SALÓN DE PRIMAVERA” DE ARTISTAS
NOVEIS
Organizada polo Concello de Vigo no salón do Círculo Mercantil de
Vigo, presentáronse 102 obras e estaban presentes tres dos artistas que
participaran no Salón de 1931: Angel Mareque, Camilo Nogueira e Emilio
Fernández Rodal.
Ademais da exposición fíxose unha homenaxe ao promotor do I Salón,
Santiago Puime Freiría e os colaboradores Blas Agra Mancebo e Enrique
Romero Archidona. O escritor Álvaro Cunqueiro colaborou no acto cunha
conferencia no Círculo Mercantil: La invención del mundo: lo vivo y lo pintado
(1/8/1961).
1961. RECUPERACIÓN DA “FESTA DA BATALLA DAS
FLORES”
Como funcionario do concello participou como vogal no xurado da Batalla das
Flores xunto ao secretario da comisión organizadora Maximino Fernández.
1966. ENCARGO DOS 24 RETRATOS DOS PRESIDENTES DO
CÍRCULO MERCANTIL DE VIGO
Con motivo do 75 aniversario do Círculo Mercantil, Rodal recibiu o encargo
de inmortalizar aos 24 presidentes desta sociedade viguesa. O artista tivo
que empregar fotografías e recortes de xornais dos presidentes xa falecidos
para realizar o catálogo de retratos. No ano 2011, con motivo do 120
aniversario, volvéronse expor as obras de Rodal na mostra titulada "Galería
de Presidentes", na que se completaban os anos posteriores con obras
doutros artistas en forma de retrato pictórico ou fotográfico.
RODAL VISTO POLOS SEUS AMIGOS
Son numerosos os exemplos de debuxos e caricaturas realizadas de
Fernández Rodal polos seus amigos da Sociedade “Amigos del Arte” e
outros personaxes da vida cultural que pasaban polas tertulias do Derby ou
do Tropical. Aquí o temos debuxado por Manolo Quiroga, Hipólito Peña,
Pardo e Arrondo.
El Cuadro de un Pintor
A mi querido amigo y artista Emilio Fernández Rodal como recuerdo
¡Déjale! Ha querido llorar dibujando en el lienzo...
También se escriben versos con brocha y con pinceles;
Este cuadro que pinta tal vez es el comienzo
De una nueva jornada que le brinda laureles!
No pretendas ahogarme el llanto que derrama
Porque es ese el color que los cuadros precisan...
¡Es la voz de la gloria quien lo llama
Los ángeles del Arte que lo avisan!
¡Déjale! Sin sufrir no se llega a la victoria
El cuadro que más vale es un cuadro de Amor...
Que tiene contenido su ímpetu y su euforia
¡Por la garra divina que nos clava el Dolor!
[Xesús Nieto Pena
En Vigo, Diciembre de 1930]
Fue, hace algunas semanas, una de esas tardes de luz y de sol y vida fácil a
pulmones plenos…
La gente se iba a las playas o al campo. Y yo, que por no hallar lo más
emotivo para mi espíritu ansioso, caminaba abúlico y agareno por las calles
tropecé, como tantas veces, con mi amigo el pintor.
Es este un muchachito franco y jovial de veinte años apenas, con un perfil
aquilino de César, un bigotillo embrionario y presuntuoso y un tórax de Apolo
griego. Locuaz y vivo, se lanza en el trineo de la conversación amena, por la
pendiente de las confidencias. Y yo, que soy casa de dos puertas para los
secretos, doy salida libre y amplia a sus expansiones al campo inmaculado de
cuartilla cómplice.
Mi amigo el pintor todavía cree en el arte y en la gloria; y me dice con su
extraña voz de hombre maduro, impropia de sus años, sin espinas: “Vosotros
los escritores tenéis una gran facilidad a vuestras necesidades literarias.
¡Puerta franca a las columnas impresas para vuestros sueños sin noche!
Pero…¿y nosotros?
A ti te basta una cuartilla en blanco y una punta de lápiz para fijar un poema
para siempre. Pero…¿y nosotros?
Donde el lienzo; dónde los tubos; dónde la luz y el sol para beber el Arte…?
¡He aquí mi tragedia sin autores!
¿Y, a quién lanzar la piedra, y a quién gritar esta exposición de vida, que me
salta y me cruje entre los dedos…?”
Razón tenía mi amigo el pintor. Y es necesario que tú arrastres a tu casa a
los cretinos, a los incrédulos, a los abúlicos y a los soñadores de pesadillas
áureas. Y es necesario que te vean atado, ¡pies y manos!, al árbol de tu Arte.
Y es necesario que vean como tú, imitándome, creas en la cuartilla, con un
lápiz minúsculo, ese poema de líneas de un desnudo de playa o esa estrofa
tan bella de un rostro de mujer.
Emilio Fernández Rodal, amigo y pintor, gallego y joven; que todavía sueñas
con el arte y la gloria, a quien todos creíamos un abúlico improductivo. Emilio
Fernández Rodal, de la risa de niño y de la voz de hombre, que plasmas tus
poemas en el vulgar papel: Eleva tu espíritu, y lánzalo a lo alto como una
aguja gótica de catedral vetusta.
Yo te digo que a menudo, y para muchos, la vida es larga y amplia.
¡Tu lápiz; tu cuartilla! Y no llores el tiempo que se te va de entre los dedos
nostálgicos de pinceles. Y no llores el tiempo que huye ante tu vista ausente
de la vida. Ríos de color surgirán de los tubos para fecundar los campos de
tus lienzos futuros.
Y entretanto, sueña en el Arte y en la gloria que espera.
¡Que a ti y a mi, nos basta con una tarde de sol y de luz como aquella para
vivir un poema sin orillas.
[Enrique Romero Archidona, Faro de Vigo, 6 Octubre 1933]
AS TERTULIAS
LA TERTULIA DEL "CAFÉ TROPICAL"
Tiempo: primeros años cuarenta, que es decir hambre, aún "Auxilio Social",
algún caso de tifus exantemático, piollo verde, música de "tiroliro", estraperlo
de pan y patatas, con tren frenado en San Lourenzo, para el lanzamiento
nocturno de sacos, alimentos frescos para suministro a submarinos alemanes en Rios, nazis uniformados en la casa de Alemania, edificio La Norma,
moda de cintas traseras en el peinado femenino y sombreros de fieltro verde
de estrechísima ala, para jóvenes chicos. Sesiones de "varietés" en el Nuevo
Café, Perfidia y Tatuaje, como canciones de éxito, noche del cine español en
directo y muchísimas cosas más.
El "Tropical", entre nuestro simbólico olivo y el edificio comercial La Fe, era
amplio y contaba al fondo con amplios ventanales y vistas a la bahía. Sus
dueños tenían raíces cubanas y se les notaba algo, en su morenía contrastada con alba chaquetilla. Asistían a esta tertulia, Julio Sigüenza, buen poeta
y ágil periodista. Ocasionalmente, hizo crítica de arte. Narrador de vivencias
anecdóticas, con secuencias de bohemia habanera de juventud. Autor de
conocidos libros y sonetos. El pintor Emilio Rodal, cultivaba el retrato, era Bibliotecario municipal e inspector de escuelas también municipales. Excelente
persona y acudía con puntualidad a esta reunión.
Eduardo Padín también pintor. Tudense de nación, vivía entre otras actividades de miniar con oros y barrocos rameados, pergaminos. Era un santo
reconocido, con uso de boina vasca que, aviserada, disimulaba un poco su
prominente nariz semítica.
Mario González, peripatético y omnipresente en todas las tertulias. Maside
aseguraba que poseía el don de la ubicuidad. Dibujaba "mariñeiros berbesianos" homologados con patela y muchas, muchísimas "xoubas". Hablaba
con la ese, por una inexplicable coquetería. Prefería problemática bohemia, a
ganar dinero como técnico protésico, que lo era, y bueno. A veces oscurecía
nuestro rincón una enorme sombra que precedía la humanidad de Urbano
Lugrís, que por aquel tiempo, nos llegaba de La Coruña y era fiesta mayor en
la tertulia. Sus genialidades, no siempre cómodas, animaban, sin embargo, a
todos. Cuando estaba Emilio Álvarez Blázquez y no estaba yo, solía decirle,
ayer estuve con tu primo Pedro. El sabía muy bien que, a pesar del Álvarez,
no éramos primos, pero era esta manía, divertimento obsesivo. A su genial
arte y fantástica creatividad se le podía permitir todas las licencias. En todo
caso, flor de anécdota, fue privilegio el haberlo tratado de cerca.
[Pedro Díaz en "La Gamboa", Aquellas tertulias. Faro de Vigo]
OS CARTEIS
Rodal participou en varios concursos de carteis para as Festas de Vigo. No
ano 1951 e no 1954, cando gañou o primeiro premio pola obra Pregón, e na
que resultou segundo o pintor Mario Granell coa obra Volta da festa.
No ano 1955 volve acadar o primeiro premio deste concurso e algúns dos
outros participantes como Mario Granell ou Alberto Carpo criticaban o fallo
do premio durante a exposición dos carteis que se realizaba na sala do Foto
Club, na rúa do Príncipe.
No ano 1957 recibiu o encargo para pintar un mural coa Provincia Marítima
de Vigo na entrada da Comandancia de Mariña de Vigo. Plasma sobre a
parede a xeografía das Rías Baixas localizando algúns dos acontecementos
vencellados á historia como a chegada da carabela La Pinta a Baiona impulsada por un Eolo que insufla o seu velame, a Batalla de Pontesampaio, a
Peregrina de Pontevedra ou o castelo de Soutomaior.
Textos (redacción e selección): José Luis Mateo Álvarez, comisario da Exposición
Vigo, abril de 2013

Documentos relacionados