Descargar pdf (link is external) - Real Academia Gallega de Ciencias

Transcripción

Descargar pdf (link is external) - Real Academia Gallega de Ciencias
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX. Págs. 127-166 (2011)
Ramón María Aller Ulloa, pioneiro da investigación astronómica en Galicia
José Ángel Docobo Durántez1
Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Avda. das Ciencias. Campus Sur.
Santiago de Compostela
Correspondencia: [email protected]
Abstract
The Galician Royal Science Academy (RAGC) dedicated the Galician Scientific
Day of the Year 2011 to Ramon María Aller Ulloa who was a priest, a Full
Professor of Astronomy, and the founder of the Astronomical Observatory of the
University of Santiago de Compostela. R.M.Aller was an exceptional person. His
human qualities of goodness, modesty, and dedication to the others have been
recognized and celebrated. His intelligence and wisdom as a teacher and scientist
are reflected in his books, papers, astronomical observations, instrument design,
etc. that he produced first in his own private observatory of Lalín and later in
Santiago de Compostela. He was the first to study double stars in Spain, creating an
important group of researchers on this topic. The present article corresponds to the
invited talk entitled: “Ramon Maria Aller Ulloa - a Pioneer of Astronomy in
Galicia” that was given in his honor at the Palace of San Roque in Santiago de
Compostela on April 26, 2011 by Jose Angel Docobo, the actual Director of the
Ramon Maria Aller Astronomical Observatory.
Resumo
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) dedicou o Día do Científico Galego
do ano 2011 a Ramon María Aller Ulloa que era un sacerdote, un Catedrático de
Astronomía, e o fundador do Observatorio Astronómico da Universidade de
Santiago de Compostela. R. M. Aller foi unha excepcional
1
Catedrático de Astronomía e Director do Observatorio Astronómico R. M. Aller. Conferencia pronunciada o
26 de Abril de 2011 no acto oficial do Día do Científico Galego.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
persoa. As súas calidades humanas de bondade, modestia e dedicación aos demais,
hai que engadir a súa intelixencia e sabiduría como profesor e científico reflectidas
nos seus libros, artigos, observacións astronómicas, deseño de instrumentos, etc,
primero no seu propio observatorio privado de Lalín e mais tarde en Santiago de
Compostela. Foi o primeiro en estudiar as estrelas dobres en España, creando unha
importante escola de investigadores neste campo. O presente artigo corresponde á
conferencia invitada titulada: “Ramón María Aller Ulloa - Pioneiro da Astronomía
en Galicia” que foi dada na sua honra no Pazo de San Roque, en Santiago de
Compostela o 26 de abril de 2011, por José Ángel Docobo, o actual Director do
Observatorio Astronómico Ramón María Aller.
En primeiro lugar, e en nome dos seus herdeiros científicos, quero agradecer a
Real Academia Galega de Ciencias o terlle dedicado a Ramón María Aller Ulloa o
Día do Científico Galego de 2011.
Cartel anunciador do Día do Científico Galego
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
129
Esta personalidade polifacética e autodidacta da Ciencia e da Cultura galega sen dúbida o ten ben merecido, incluso nalgún ano podería ser o designado para o Día das Letras Galegas, xa que logo foi un dos precursores do
uso da lingua galega na Ciencia e o primeiro en usala en Astronomía nos seus
Ensaios publicados na revista Logos entre 1931 e 1934.
Reedición dos ENSAIOS EN GALEGO feita en 2009
Seguramente ó longo de 1911 estaría preparando, co esmero que o caracterizaba, as observacións do cometa de Joannesburgo 1910a para seren enviadas ó Observatorio de Madrid, no que daría lugar a súa primeira publicación
dentro dun artigo do astrónomo Antonio Vela e que veu a luz no Anuario
de dito Observatorio correspondente a 1912. Daquela o mozo Aller dispoñía
xa dunha pequena ecuatorial e do magnífico teodolito Troughton&Simms,
agasallos da súa avoa Dna. Camila e María Lajosa, respectivamente. Antonio
Vela remata o seu artigo dicíndo:
“Por último, como una prueba de lo que se puede conseguir con muy
escasos recursos materiales y mucha voluntad y constancia, no podemos menos de citar las observaciones efectuadas por el presbítero D. Ramón María
Aller, en Lalín (Pontevedra), en los escasos días en que fue visible el cometa
Joannesburgo 1910a. Aparte de un minucioso registro del brillo del núcleo
en días sucesivos y de múltiples dibujos de la cola, indicando la extensión
aproximada de la misma, el señor Aller dedujo las coordenadas aparentes
130
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
del cometa, observando con el teodolito alturas y acimutes. Efectuada la corrección por refracción, transformó aquellas coordenadas en ascensiones
rectas y declinaciones, llegando a obtener los valores que insertamos a continuación:
En el número 4.392 de Astronomische pudimos encontrar observaciones
del mismo cometa efectuadas en los Observatorios de Milán, Prestoe y Madrid para cuatro de los días en que observó el Sr. Aller. Una ligera inspección
de los números basta para hacer comprender que no son despreciables los
resultados obtenidos por dicho señor por método tan sencillo, y que, generalizando el procedimiento, pueden todos los aficionados a la ciencia, que dispongan de un teodolito, prestar valiosos servicios en trabajos de esta índole,
suministrando posiciones que acaso el estado del cielo no haya permitido
obtener en Observatorios oficiales. De la bondad de coordenadas siempre se
podrá juzgar comparándolas con las series de valores de las mismas, publicadas por los principales centros científicos”.
Anteriormente, en 1907 rexistrara o tránsito de Mercurio perante o Sol,
e dous anos antes estivera en Narón acompañando a expedición do enxeñeiro
xeógrafo Ubaldo Aspiazu que dende o Instituto Xeográfico de Madrid trasladárase a Galicia para estudar a eclipse solar do 30 de agosto de 1905. Este
dato demostra que Ramón María por aquel entón xa tiña contactos dabondo
con estudosos da astronomía e científicos en xeral. O seu nome xa non era
descoñecido cando decidiu aceptar a invitación de D. Luis de Ocharan para
trasladarse durante os veráns a Castro Urdiales. Alí, coa intención de asesorar
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
131
ó mecenas, tivo a oportunidade de traballar cun excelente instrumental propio
dun observatorio profesional, e precisamente determinando as coordenadas
do Observatorio Ocharan ocorreuselle un método orixinal que logo utilizaría
na súa tese de doutoramento: os rexistros dos pasos das estrelas por dous verticais perpendiculares.
Ramón María Aller traballando co círculo meridiano no Observatorio Ocharan
Salvo en 1916, por mor do falecemento do seu pai, trasladouse a terras
cántabras todos os estíos dende 1911 ata 1920, e foi neste tempo cando toma
a decisión de crear en Lalín o seu propio Observatorio estable. Independentemente de todo o relacionado coa observación, o presbítero Aller non descansaba tampouco de día, e neste senso os poucos de rematar os seus estudos
púxose a escribir dúas obras, unha de análise matemática: ALGORITMIA,
PRINCIPIOS FUNDAMENTALES DE LA CIENCIA DE LOS NÚMEROS, publicada en 1918 e dedicada ó seu tio Saturnino, quen patrocinou a
obra. O outro texto aínda tardaría tempo en rematalo dada a embergadura
deste, un texto completo de Astronomía.
Finalmente, no ano 1917 levantou no xardín da casa de Lalín dúas casetas de madeira nas que instalou o anteollo e o teodolito. Isto é o que adoita
chamarse xa o segundo Observatorio e así, con esta instalación, puido realizar as observacións con máis comodidade. Porén, nestes anos dedicouse
preferentemente a realizar estudos teóricos sobre instrumentos e mesmo de
132
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
matemáticas, que foron publicados tanto na REVISTA DE LA SOCIEDAD
ASTRONÓMICA DE ESPAÑA Y AMÉRICA como en IBÉRICA e na
REVISTA MATEMÁTICA HISPANO-AMERICANA. Cómpre destacar
entre estes traballos o deseño que fixo dun prototipo para poñer en práctica o
método estereoscópico proposto polo astrónomo catalán Comas Solá para a
determinación de pequenos desprazamentos estelares de grande interese tanto na determinación de paralaxes como de movementos propios das estrelas,
o que xa daba unha idea do inxenio e capacidade de Aller para a construción
de aparellos de alta precisión en astronomía.
Detalle do instrumento ideado por Aller para poñer en práctica o método estereoscópico
Ó falecer D. Saturnino Aller, Ramón María dispón dos seus bens en usufruto durante uns anos, e co diñeiro que isto lle reportou e mais de novo coa
axuda de María Lajosa, decide potenciar os seus medios de observación mercando en Alemaña un refractor Steinheil de 120mm. de apertura e 1.800mm.
de distancia focal. Para darlle abeiro ó novo telescopio tivo que modificar
a estrutura do Observatorio e construir unha cúpula. El mesmo dirixiu as
obras que remataron en 1924. O ano seguinte xa estaba operativo coa nova
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
133
instrumentación o terceiro Observatorio, cuxo programa de traballo selecciona coidadosamente e o publica en 1932 en ARQUIVOS DO SEMINARIO
DE ESTUDOS GALEGOS: 1º) Medidas de estrelas dobres; 2º) Exame de
superficies planetarias e 3º) Observacións ocasionais, onde se poden incluir
eclipses, tránsitos, ocultacións, posicións de cometas, choivas de meteoros,
auroras, etc. Para comenzar, nos primeiros meses de 1930 observa estes tres
cometas: 1929d (Wilk), 1930b (Beyer), e 1930c (Wilk).
Refractor Steinheil
134
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
O Observatorio de Lalín en 1925
No seu artigo sobre o Planeta 1932 HA, que resultou ter unha órbita moi
excéntrica, D. Ramón comenta o parecido de dita órbita coa dun cometa de
moi curto periodo e pon en tela de xuízo a clasificación en vigor de planetas
(asteroides) e cometas atendendo a súas órbitas. Ó final do traballo deixa a
pegada da súa fina prosa: “Cada paso que da el hombre le muestra nuevos
horizontes; cada conquista del entendimiento humano enseña más conquistas por hacer, y cada problema resuelto plantea innumerables por resolver.
Parece que el conocimiento del Universo, ni en todo, ni en parte, puede ser
jamás definitivo, ni menos completo; a medida que avanza la Ciencia, nos vemos forzados a eliminar las afirmaciones categóricas y a limitarnos a aproximaciones sucesivas; el límite se lo ha reservado indudablemente para sí la
Suprema Inteligencia”.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
135
Co gallo da tormenta das estrelas fugaces “Dracónidas” do 9 de outubro de 1933, que tivo enorme trascendencia en toda Europa, o padre Aller
non só da excepcional conta do observado nun fermoso traballo publicado en
LAS CIENCIAS en 1934, senón que aproveita a ocasión para deleitarnos cun
elegante procedemento para calcular a órbita do astro proxenitor na revista
IBÉRICA. Anos despois, describe con exquisita meticulosidade a impactante
Aurora Boreal observada na noite do 25 ó 26 de xaneiro de 1938 e que estivera
asociada ó máximo de actividade solar do ano anterior.
Mapa de frecuencias por minuto durante o máximo das Dracónicas do 09/10/1933 realizado
polo padre Aller. Os puntos negros corresponden á frase «imposible contar»
Deste tempo é tamén o deseño dun magnífico Astrógrafo que enviou a
Casa Zeiss co carimbo do Observatorio Astronómico de Lalín. Era tal a produción científica no pequeno establecemento lalinense que fóra se pensaba
que nese Observatorio traballaba un amplo número de astrónomos. Sen embargo, como dicía D.Ramón coa ironía que o caracterizaba, “o persoal reducíase á unidade”.
Dado que para obter as medidas de posicións relativas das estrelas dobres
precisaba dun accesorio chamado micrómetro e este tardou en chegar, comezou entrementres a observar sistemáticamente os planetas Marte e Xúpiter.
Os rexistros orixinais realizados de cotío das superficies destes planetas xunto cos comentarios correspondentes están recollidos maioritariamente nunha
colección de libretiñas que hoxe en día pertencen ó Instituto Ramón María
Aller de Lalín, logo de que foran doadas polo seu sobriño Victorino a dito
Centro.
136
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
Astrógrafo diseñado polo padre Aller
Os resultados científicos dos distintos fenómenos observados co refractor
Steinheil, decide darlles máxima difusión elixindo preferentemente para iso
a revista alemana ASTRONOMISCHE NACHRICHTEN (en diante, AN),
daquela a principal referencia europea de astronomía, onde lle son aceptados, e tamén na francesa L’ASTRONOMIE. Sen dúbida os máis salientables
son os seus estudos sobre estrelas dobres, pioneiros en España. As medidas
micrométricas comezounas a publicar en 1930 en varias series nas AN. Na
publicación correspondente a 1932, que aparece na mencionada revista (Band
245, Nr 5869, 222), figuran as medicións dunha estrela dobre de coordenadas:
�= 21h 52m7, � = +19º 28’, que ninguén antes tiña observado. Ista foi a primeira das catro estrelas dobres por él descubertas. Tres anos despois, tamén en
AN (Band 256, Nr 6133, 245-250), atopamos o seu cáculo da órbita da binaria
O� 77, sendo a primeira determinada en España.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
137
Resumo das observacións das superficies de Marte e Xúpiter
A ista seguíronlle outras máis. Por iso, e por ter logo formado en Santiago
unha importante escola de investigadores sobre estrelas dobres, podemos dicir que, sen dúbida, D. Ramón foi o introdutor desta liña de traballo no estado
español.
Foto dunha estrela dobre
138
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
Órbita calculada por D. Ramón para o sistema O� 77
As estrelas dobres son pares de estrelas asociadas pola súa atracción gravitatoria, e como consecuencia diso describen órbitas unha en torno a outra,
do mesmo xeito que a Lúa móvese ó redor da Terra, ou os planetas con respecto ó Sol. O seu interese en Astronomía é multiple, xa que logo son fonte de ampla información. Unha vez que se dispón dun número suficiente de
observacións, procédese ó cáculo da órbita por métodos ad hoc, e a partir de
aí pódesen obter os valores das masas das compoñentes e mesmo a distancia
(paralaxe) a cal se atopan de nós. Con estes resultados fundamentais existe
unha pléiade de aplicacións na astrofísica, onde utilizando a maiores técnicas como a espectroscopía e a fotometría, chégase a acadar case que unha
información completa das propiedades físicas é dinámicas destes sistemas,
relacionadas coa formación e evolución estelar.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
139
André Danjon (1890 – 1967)
Órbita aparente da estrela dobre � 1932
É digno de destacar o debate público (xa que logo foi publicado en AN
en 1939) que mantivo con André Danjon, daquela director do Observatorio de
Estrasburgo e logo do de París, sobre a órbita da estrela dobre � 1932. Deste
sistema había unha órbita calculada por Komendantoff, a que se engadiron
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
140
dúas solucións máis achegadas por Danjon, facendo este último na súa publicación o comentario de que “existe probablemente un terceiro corpo no sistema”. D. Ramón estuda a fondo esta binaria e recalcula a órbita mellorando as
anteriores grazas ós datos de observación que lle facilitou Paul Baize dende
París, e na publicación dos seus resultados nas AN, dí: “Aunque en las diferencias relativas a la órbita calculada por mí se insinua variación periódica,
sin más datos que los que aquí reunidos, sería ilusorio pretender concretar la
acción de un tercer cuerpo”.
Ó parecer este último comentario non lle sentou nada ben a Danjon, e
cadaquén dos dous deixaron o seu parecer en letra impresa. Agora, unha vez
transcorridos máis de setenta anos, as últimas medidas de gran precisión feitas coa técnica da interferometría speckle semellan confirmar o punto de vista
de D.Ramón.
Vicente Risco
Xosé Filgueira Valverde
Aquilino Iglesia Alvariño
Ramón Otero Pedrayo
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
141
Dende anos atrás era usual ver a membros do Seminario de Estudos Galegos (SEG) achegarse ó Observatorio como remate de xornadas de intenso traballo polas terras do Deza. Persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Aquilino
Iglesia Alvariño, Vicente Risco, Xosé Filgueira Valverde, entre moitos outros,
disfrutaban observando o ceo guiados por D.Ramón. Este, ingresou no SEG
o 5 de novembro de 1928 e tivo unha clara implicación nesta institución como
o demostra non só ter publicados varios artigos nos ARQUIVOS, senón tamén, por exemplo, aceptar preparar a biografía do seu paisano Pedro Joseph
Rodriguez González, o matemático de Bermés, escribir oito ensaios en galego
en LOGOS, como xa comentei anteriormente, e recoller a idea de escribir un
libriño de divulgación astronómica en galego. ASTRONOMIA AO OLLO
CEIBE aparece anunciado no xornal EL COMPOSTELANO en maio de 1936
pero non se sabe qué pasou con este malogrado proxecto, aínda que semella
lóxico pensar que foi o precursor da ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA.
D. Ramón era unha persoa dotada de altas capacidades, tal como quedou
reflectido ó longo da súa vida en moitas facetas. Dominaba os idiomas, o
debuxo, a reloxería, o deseño de novos aparellos científicos e ensinaba aos
pequenos de Lalín en matemáticas, xeografía, lingua, e outras materias. Todo
iso aparte das dotes de científico de primeira liña. Os seus libros, publicacións, os cadernos inéditos con multitude de observacións astronómicas de
distinta índole, os seus artigos na prensa dirixidos o gran público, as súas cartas...., etc. Pero non presumía de nada diso, todo o contrario, era a humildade
e modestia personificadas. Tratábase dunha personalidade excepcional.
Detalle dun caderno de D. Ramón
142
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
Unha vez concluida a guerra civil, é invitado a incorporarse á Universidade de Santiago de Compostela, pero aquí xogou un papel fundamental o seu
discípulo e amigo íntimo, Enrique Vidal Abascal. Vidal non só falou co entón
reitor Carlos Ruiz del Castillo sobre a conveniencia de que tanto D.Ramón
como o seu Observatorio pasen a formar parte da Alma Mater, senón que
convence ó padre Aller para dar este paso. Non hai que esquecer que o pai de
Enrique Vidal, D. Enrique Vidal Bobo era lalinense e, aínda que polos seus
cargos na Administración viviu longas tempadas fóra, a súa familia sempre
estivo moi ligada á capital do Deza. A amizade da familia Vidal con D.Ramón
viña de lonxe e xa dende que Vidal Abascal era estudante de Ciencias Exactas
en Madrid mantiña abundante correspondencia co matemático e astrónomo
lalinense.
Porén, cómpre facer constar que o traslado do Observatorio de Lalín a
Compostela era unha vella idea dos novos científicos Luis Iglesias Iglesias
e Isidro Parga Pondal cando era reitor Alejandro Rodriguez Cadarso, pero a
morte deste último en accidente de circulación en decembro de 1933, dera o
traste con tan bó desexo. Tanto esta xestión truncada como a recuperación do
frutífero e efímero Seminario Matemático Durán Loriga creado en 1935 polo
catedrático Rodriguez Sanz e finiquitado tras o alzamento do 36, eran dúas
inquedanzas na mente de novo catedrático de Instituto Enrique Vidal e que
finalmente conseguiu velas ambas as dúas sair adiante tras grandes esforzos
naquela difícil época.
Permítanme reproducir aquí unha carta do ano 1941 que D.Ramón dirixe
a Vidal Abascal. O documento foime facilitado por Enrique, o fillo maior
deste último.
“Querido Enrique: Hace algunos dias me enseñó el Sr. Rector una carta
tuya relativa a trasladar mi Observatorio a Santiago e incorporarme a la
Universidad. No sé como agradecerte la importancia que me das, y quiera
Dios que no te equivoques. Resulta ahora, que parecen los demás seguir tus
indicaciones, pues el Sr. Rector me dijo haber pasado a tener la cuestión
cierto estado de actualidad en la junta de gobierno, y me pide que haga presupuesto de lo que importará la instalación en la Universidad.
Al leerme tu carta, parecía como si las dificultades económicas no fuesen
de consideración, aunque solo tuviese que soportarlas la Universidad. No sé
si tengo juicio exacto sobre todas estas cosas. Cuando termine el curso he de
pensar lo mejor que pueda los costes y, claro está, te enteraré de todo.
Si mi actuación y mis instrumentos pueden prestar alguna utilidad mayor
que la contribución insignificante que hasta ahora han dado, lo celebraré
infinito y quiera Dios iluminarme para ello. Temo, sin embargo, pues me conozco lo bastante para no deslumbrarme.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
143
Repito que no sé como manifestarte mi agradecimiento....”
En xaneiro de 1940 comeza Ramón María Aller a súa labor docente universitaria impartindo clases de xeometría analítica e análise matemática, e
tres anos despois se inaugura co Patrocínio do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) el Observatorio Astronómico na chamada Residencia Universitaria, ó que se traslada o refractor de Lalín, o teodolito e outro
instrumental aparte da gran colección de libros e revistas que Aller tiña en
Lalín.
D. Ramón xa en Santiago
D. Ramón fíxose doutor en 1943, ós 65 anos de idade, logo de presentar
na Universidad de Madrid a Memoria “Algunas experiencias que conviene
realizar en observaciones de pasos por verticales”, a cal fora apadriñada polo
catedrático D. Esteban Terradas. No traballo póñense de manifiesto moitas das
144
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
ideas que lle xurdiran dende décadas atrás sobre todo a posibilidade de poder
determinar os elementos fundamentais en astronomía de posición medindo
intervalos de tempo de pasos de estrelas por verticais privilexiados. Deste xeito evítanse o uso de graduacións, fuxindo así de causas cuxa influenza ten dificultades para precisalas, como as flexións ou mesmo a refracción. Porén non
puido poñer en práctica os seus métodos por falla de medios ata que chegado
a Santiago en 1943 o anteollo de pasos adquirido polo CSIC, decidira deseñar
unha base especial a cal acoplar dito anteollo en dous soportes perpendiculares para traballar preferentemente no meridiano e no primeiro vertical, ou ben
nos verticais de +/- 45º. A Tese foi publicada ó ano seguinte co título: “Nuevos
Métodos en Observaciónes de Pasos” na nova serie de PUBLICACIONES
DEL OBSERVATORIO DE SANTIAGO co número III.
Portada da primeira edición de INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
145
Ramón María Aller cos seus colaboradores na sala meridiana do Observatorio de Santiago
Ese mesmo ano o CSIC publica o seu principal texto, INTRODUCCIÓN
A LA ASTRONOMÍA, que foi obra de referencia na universidade española
durante moitos anos. Aquí, Enrique Vidal tamén tivo moito que ver xa que
logo foi el quen fixera chegar o manuscrito ó secretario do Consejo, José María Alvareda e éste ó ver a marabilla que tiña nas súas mans non dubidou en
autorizar con urxencia a publicación.
No prólogo da primeira edición, D.Ramón escribe ó seguinte:
“Doy el título de INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA a las diversas
nociones que deben preceder al estudio particular de las diversas ramas de
la Ciencia de los astros y a la práctica de las observaciones. Ramas principales son las denominadas Astronomía esferica, Mecánica celeste, Astrofísica, Astronomía general y descriptiva y Astronomía práctica, con las que se
corresponden de un modo aproximado las cinco partes en que va dividida
esta obra. Conviene, en efecto, tener una visión del conjunto, tanto para emprender estudios más completos como para adquirir conocimientos capaces
de ser llevados a la práctica.
Al hacer selección de materiales y métodos de exposición, el doble fin
apuntado de servir en unos casos como Preliminar y en otros de Manual origina dificultades que, seguramente, no resolverían todos de idéntica manera.
Los métodos generales y elegantes que convienen a los alumnos de la Facultad de Ciencias no serán siempre los preferidos por los aficionados cuando
146
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
se puede llegar a un resultado con mayor sencillez y menos conocimientos
previos; pormenores que los primeros no necesitan ayudados por el profesor,
los agradecen los segundos; aquellos utilizarán o no instrumentos acabados,
mientras que éstos se fabricarán accesorios y modificarán aparatos; algunos
no tendrán dificultades para consultar obras diversas, pero muchos desearán
hallar en su Manual todo lo necesario. Al hojear este libro, acaso lo que más
resalte es el afán de ser útil a los que trabajan sin maestro y buscan algo más
que una obra de divulgación, procurando también, en lo posible, que no sea
menester recurrir a otras obras especiales.
Sería inútil pretender aquí la exposición de métodos propios de los grandes instrumentos o de trabajos que requieren costosas instalaciones. Tal labor corresponde a los afortunados y a los profesionales que disponen de
semejantes medios. Con modestos recursos, por ahora, es necesario tener
en cuenta la célebre frase de ser la pieza principal del instrumento la que
está detrás del ocular, es decir, el ojo del observador. En un porvenir, acaso
próximo, quizá pasen a ser elementales y de módicos gastos los métodos en
que el investigador se limita a ordenar los elementos registrados y leerlos,
borrando en todo o en parte la ecuación personal. Ya no es muy costoso, por
ejemplo, un micrómetro impersonal (en realidad casi impersonal ¡¡y movido
a mano!!); pero las mediciones fotográficas y las realizadas con células fotoeléctricas, pongamos por caso, no han caído todavía en el dominio de lo
económico.
La escasez de obras semejantes a ésta es quizá el mayor justificante de
su publicación. Aún en el extranjero, donde abundan algo más los tratados
sobre Astronomía, no es frecuente hallar desarrollos de programas parecidos al que he pretendido formar, y no recelé en exponer desde puntos de vista
propios cuando me pareció ganar en sencillez, como en las órbitas de las
estrellas fugaces, en las observaciones de pasos por un vertical, en la teoría
de errores y otros puntos. En tanto los más capacitados no den a la bibliografía española obras mejores, de algo podrá servir la presente. Así debió
interpretarlo el Consejo Superior de Investigaciones Científicas al sacarla a
la luz. No sé como manifestarle mi reconocimiento, sobre todo al Secretario,
D. José María Albareda. De un modo especial debo hacer constar mi gratitud al Catedrático y Académico D. Francisco Navarro Borrás. También es un
deber poner de manifiesto que este libro permanecería ignorado, al menos
por ahora, si no hubiese dado cuenta de su existencia al Sr. Navarro Borrás
el Catedrático D. Enrique Vidal Abascal, y si han podido evitarse muchos
defectos en las páginas que siguen, es debido a la valiosa intervención del
Catedrático D. Joaquín García Rúa.
Finalmente, gracias a cuantos han animado mi solitaria labor, particularmente al Dr. H. Kobold (q.D.h.), y a los que dieron inmerecido relieve al
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
147
minúsculo Observatorio de Lalín, como los Directores del Observatorio de
San Fernando D. León Herrero y D. Wenceslao Benítez. Que Dios premie a
todos y nos conceda sea este libro origen de otros de más valor”.
El Dr. H.Kobold, a quen menciona, fora o director das AN, e quen ó abrirlle as páxinas desta prestixiosa revista alemana para dar a coñecer os seus
traballos, resultou ser das persoas que máis contribuíron a darlle merecido
recoñecemento ó Observatorio de Lalín.
Dous anos despois o profesor Vidal Abascal, tamén xa doutor e astrónomo adxunto no Observatorio, crea dentro deste a Sección de Astronomía
Teórica e Matemática Durán Loriga, que co tempo sería o xerme da Sección
de Matemáticas na Facultade de Ciencias, hoxe facultade de Matemáticas.
Antonia Ferrín, antes de marchar a Santander e Madrid, ficou en Santiago un
longo tempo, compatibilizando as clases na facultade co traballo no Observatorio e a preparación da súa tese, converténdose na discípula predilecta do
fundador. Aller e Ferrín apoiaron o impulso de Vidal Abascal de iniciar os
estudos da licenciatura de Matemáticas na USC, e foron os tres os seus primeiros profesores alá por 1957.
Portada da primeira edición de ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA
En 1948 D.Ramón é nomeado membro da Comisión de Estrelas Dobres da
Unión Astronómica Internacional (IAU) na Asamblea Xeral da IAU que tivo
148
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
lugar en Zurich, e ese mesmo ano publica o libro de divulgación ASTRONOMIA A SIMPLE VISTA. Na biografía que o profesor Vidal fixo sobre Aller
e que foi publicada na serie HOMBRES QUE HICIERON GALICIA, escribe:
“O mesmo tempo Don Ramón tiña escrito un libriño sobor os estudos astronómicos que se poderían facer con aparatos rudimentarios. Van dirixidos os
aficionados que non dispoñen de ningún anteollo, e trata de probar que ainda
así, tendo afición tamén poden facerse algunhas observacións e distraerse
e ainda poder facer algo de valor. Eu coñecía a existencia do manuscrito e
tratei coa Librería Porto da súa publicación. Don Ramón agradeceu a miña
xestión e didicoumo con estas verbas, cheas de ironía e bon humor...”:
“Querido Enrique, dando tumbos el manuscrito de esta obrita, vino a
caer en tus manos. Si tal fortuna no le hubiera cabido, no aparecería ahora
en letras de molde, y sabe Dios si alguna vez sería impresa. Como es de justicia que conste, poniendo en esta página una dedicatoria al estilo corriente,
los que no sepan de tus investigaciones matemáticas y de los preciosos métodos que has obtenido para el estudio de las órbitas de las estrellas dobles, ni
te conozcan persnalmente, podrían tomarte por un Mecenas, y acaso parecido al que, cuando costeó uno de los mayores telescopios, preguntaba si con él
se vería tan grande como su cabeza no sé que astro... Un libro de divulgación,
en efecto, parece mas propio para ser dedicado a un generoso donante, que
para llevar una dedicatoria tributo de afecto y de admiración a un investigador. Por eso esta va tan larga.
Si lo que sigue ahora logra contribuir a la difusión de la más bella y
menos conocida de las ciencias, a tí y a los editores Porto, S.L., de Santiago,
que con tan elevadas miras atendieron tus indicaciones, deberían darse las
gracias. Consten las de tu viejo maestro y hoy afectísimo discípulo”.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
149
O profesor D. Enrique Vidal Abascal
Aínda que nun principio D.Ramón se incorporara a Universidade para
impartir clase de matemáticas, as xestións para crear a cátedra de astronomía
deron pronto o froito desexado e a partires de 1944 o padre Aller encargouse
dela. En 1949, foi nomeado catedrático extraordinario de astronomía, resolvéndose así o problema que se plantexaba o ter xa a idade de xubilación. Deste
xeito puido continuar en activo durante moitos anos máis.
Enrique Vidal Abascal, Ramón María Aller e Rafael Cid Palacios
150
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
Durante estas décadas foron pasando polo seu equipo varios doutorandos,
bolseiros e colaboradores, entre os que se atoparon ademais dos xa nomeados
Vidal Abascal e Ferrín Moreiras, Sierra Domínguez, García-Rodeja, Pensado
Iglesias, Docobo Fernández, Cid Palacios, Costa Seoane, Zaera de Toledo,
etc. Todos eles e outros máis poden ser considerados os seus discípulos directos. O profesor Rafael Cid, nado en Vigo, foi logo catedrático de Astronomía
na Universidade de Zaragoza e o meu mestre alí durante oito anos; José Pensado chegou ser director do Observatorio de Madrid, Eduardo García-Rodeja
foi xunto con Vidal Abascal, astrónomo adxunto no Observatorio, aparte de
catedrático de instituto. Outros en cambio atoparon cedo o seu futuro lonxe
de Compostela, non foi o caso de Jesús Manuel Costa que estivo ligado ó
Observatorio ata a súa xubilación en 1991 como axudante de investigación
do CSIC. Non podemos tampouco esquecernos do seu fiel conserxe Venancio
Froiz (Armando de Lalín).
Estatua dedicada a D. Ramón en Lalín
Entre 1960 e 1963, a pesares de contar con máis de oitenta anos, aínda dirixe tres teses máis, ó tempo que escomeza a recibir as primeiras homenaxes,
as que, por certo, trataba sempre de evitar. A principal delas foi sen dúbida o
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
151
que lle tributaron os seus veciños de Lalín o 4 de setembro de 1960 co gallo
de terlle sido concedida a Gran Cruz da Orde Civil de Alfonso X o Sabio.
Ese mesmo día foi inaugurada a estatua, construida por Asorey, na praza da
igrexa en Lalín. Posteriormente rúas de varias cidades, entre elas Santiago, A
Coruña, Vigo e Lalín levaron o seu nome.
Antiga placa na rúa dedicada a D. Ramón en Santiago
Anteriormente nos anos cincuenta, o astrónomo inglés Percival Wilkins
confeccionando un gran mapa da Lúa, preguntou por astronómos relevantes
para dar nome algúns cráteres, e dende España se lle comunicaron os de Romañá, Rodés, Aller,... Desafortunadamente estes nomes non tiveron recoñecemento oficial por parte da IAU, probablemente porque non foron apoiados
como se merecían. Nembargantes temos retomado o asunto e agardamos que
nun próximo futuro esta pequena homenaxe poda finalmente ser firme.
D. Ramón falece o 28 de marzo de 1966, pasando os seus dous últimos
anos xa en Lalín coa súa familia. Pero antes deixa escrito en favor da Universidade a doazón dos seus principais instrumentos de observación e o groso da
biblioteca, e faino con estas verbas: “Los instrumentos del Observatorio de
Santiago, que fueron de mi propiedad y vinieron del Observatorio de Lalín,
que ahora son propiedad del Observatorio de Santiago, no deben considerarse como una donación generosa, sino una compensación por los sueldos de
Catedrático que cobré desde que enfermé hasta el 31 de diciembre de 1964,
sin ejercer dicho cargo a causa de que no me dejaron presentar la dimisión
y cese del cargo (por no tener jubilación mi nombramiento). Téngase pues,
dichos instrumentos y los libros de la biblioteca que fueron de Lalín, como
compensación por los sueldos de dicho par de años en que “cobré pero no
actué”, como catedrático. Lalín, 1 de julio de 1965. Ramón María Aller.”
152
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
Esta personalidade irrepetible, mestre de mestres, cheo de humildade
pero enérxico e rigoroso na Ciencia, na miña opinión non foi recompensado
como se merecía, xa que logo non chegou a dispor dos medios necesarios
para poder ampliar as súas investigacións. En reiteradas ocasións solicitou
no que nun principio se lle prometera, ou sexa, poder contar en Santiago cun
refractor de alomenos 30 cms. de apertura, instrumento que consideraba o
mínimo imprescindible nun Observatorio universitario. Sen embargo, as súas
peticións non chegaron a ser atendidas polos organismos oficiais.
O padre Aller xa nos seus últimos anos en Santiago
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
153
A súa produción científica, tendo en conta os medios, a época e os lugares
onde a desenvolveu, foi excepcional: 78 artigos en revistas especializadas (1
nas ACTAS DEL XIV CONGRESO DE LA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA
PARA EL PROGRESO DE LAS CIENCIAS, 1 no ANUARIO DEL OBSERVATORIO DE MADRID, 4 en ARQUIVOS DO SEMINARIO DE
ESTUDOS GALEGOS, 16 en ASTRONOMISCHE NACHRICHTEN, 1
no BOLETÍN DE LA UNIVERSIDAD COMPOSTELANA, 4 en IBÉRICA, 4 en LAS CIENCIAS, 5 en L’ASTRONOMIE, 4 en PUBLICACIONES DEL OBSERVATORIO DE SANTIAGO, 14 na REVISTA DE
GEOFÍSICA, 3 NA REVISTA MATEMÁTICA HISPANO-AMERICANA, 11 na REVISTA DE LA SOCIEDAD ASTRONÓMICA DE ESPAÑA
Y AMÉRICA, e 10 en URANIA), 4 libros, 5 teses de doutoramento dirixidas,
4 estrelas dobres descubertas, autor de numerosos deseños de instrumentos
científicos e un sen fin de observacións, cálculos, notas e catálogos estelares
que ficaron inéditos. Por todo iso está considerado como un dos astrónomos
españois máis salientables do século XX.
Podemos dicir, sen embargo, que o seu mellor legado foi o non cuantificado, a humildade, a modestia, a dedicación ós demais da que sempre fixo gala.
Recuperando as palabras de Vidal Abascal, podemos dicir que a obra mestra
de D. Ramón María Aller foi a súa vida.
Nos últimos anos a Universidade de Santiago de Compostela reeditou
toda a súa obra. Así, como consecuencia da organización en 1983 por parte
do Observatorio Astronómico (que dende entón leva o nome do seu fundador)
da IV Asamblea Nacional de Astronomía y Astrofísica, o profesor Eduardo
García-Rodeja propuxo reproducir en edición facsímil o manuscrito da INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA, cuxo orixinal pertence agora ós
herdeiros de Antonia Ferrín Moreiras. Oito anos despois, no 25 aniversario do
falecemento do padre Aller, quen subscribe recompilou todos os seus artigos
desperdigados nas trece revistas xa mencionadas, nun volume de 716 páxinas
titulado LAS PUBLICACIONES CIENTÍFICAS DEL DR. D. RAMÓN
MARÍA ALLER ULLOA e editado tamén pola Universidade de Santiago
de Compostela.
154
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
Obra recopilatoria, publicada en 1991, dos distintos traballos científicos de D. Ramón
En 1992, co gallo do septuaxésimo quinto aniversario de ALGORITMIA, García-Rodeja tivo interese en achegar este libro as novas xeracións,
aínda que logo a reprodución non se fixo da edición en letra impresa como
él quería senón do manuscrito que se atopa no Museo R. M. ALLER de Lalín. Cumpríndose cincuenta anos de ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA,
comuniqueilles tanto a USC coma ó Concello de Lalín a conveniencia de
facer unha nova edición desta obra de divulgación e, en efecto, ambas as dúas
institucións así o fixeron. Finalmente polo que respecta os ENSAIOS EN
GALEGO, estes foran reproducidos en 1989 pola Deputación de Pontevedra
a instancias de Xosé Filgueira Valverde, quen os prologou. Unha nova edición
destes foi presentada en 2009 polo Observatorio Astronómico R. M. Aller da
Usc e mais a Delegación en Galicia do CSIC. Nese mesmo ano, Ano Internacional da Astronomía, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da
USC, entre as moitísimas actividades que organizou, preparou tamén unha
cálida homenaxe a D. Ramón, que incluíu un acto académico na Facultade de
Matemáticas, unha exposición na Sala Sargadelos de Santiago, e mais o descubrimento por parte do Sr. Reitor dunha placa no camposanto de Donramiro
onde está soterrado.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
155
Placa colocada pola Universidade de Santiago de Compostela no camposanto de Donramiro
(Lalín)
En 1943, D. Ramón publicou un artigo titulado LOS OBSERVATORIOS DE LALÍN Y SANTIAGO, as dúas instalacións astronómicas por él
fundadas.
Portada do artigo LOS OBSERVATORIOS DE LALÍN Y SANTIAGO
156
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
A primeira ficou valeira de contido logo do traslado a Compostela, e a
segunda pasou por momentos extremadamente delicados trala morte do padre
Aller.
Orgullosos do esforzo realizado para a súa recuperación, podemos dicir
que ámbolos dous observatorios están de novo a pleno rendemento.
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC na actualidade
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de
Santiago (http://www.usc.es/astro) é a día de hoxe unha referencia mundial
no eido das estrelas dobles e múltipes e sede da Presidencia da Comisión 26
da Unión Astronómica Internacional (2009-12), dando así mesmo abeiro a un
dos maiores telescopios no ámbito universitario español. O seu Observatorio
orixinal de Lalín, anexo ó Museo, vén de ser recuperado para fins didácticos
logo dun convenio de colaboración entre o Concello de Lalín e a USC, inaugurándose as novas instalacións o día 26 de marzo de 2011 cun acto académico no que estiveron presentes o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, D. Xesús Vázquez, o Reitor da USC, Prof. Juan Casares e o Alcalde de
Lalín, D. Xosé Crespo, entre outras moitas persoas, e onde quen suscribe tivo
a oportunidade de impartir a conferencia: “O Observatorio de Lalín, berce da
astronomía de Galicia, cen anos despois”.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
157
O telescopio de 0,51 metros de apertura colocado recentemente no Observatorio de Lalín
Pasado o tempo, a Memoria de Don Ramón, con os bos e xenerosos, segue viva entre nós.
O Prof. Docobo durante a súa conferencia na Real Academia Galega de Ciencias
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
158
ANEXOS
PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS DO DR. D. RAMÓN Mª ALLER
1) Libros
-ALGORITMIA. PRINCIPIOS FUNDAMENTALES DE LA CIENCIA DE LOS NÚMEROS.
Ed. Roel. Coruña, 1918.
-INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA. Consejo Superior de Investigaciones Científicas
(C.S.I.C.). Madrid, 1943.
-ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA. Editorial Porto. Santiago de Compostela, 1948.
-INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA. (2ª edición) C.S.I.C. Madrid, 1957.
-INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA. Edición facsímile do manuscrito orixinal. Universidade
de Santiago de Compostela, 1985.
-ALGORITMIA. Edición facsímile do manuscrito orixinal no 75º aniversario da Primeira edición.
Universidade de Santiago de Compostela, 1993.
-ASTRONOMÍA A SIMPLE VISTA. Edición facsímile da primeira edición no seu 50º aniversario.
Concello de Lalín e Universidade de Santiago de Compostela, 1998.
Detalle do manuscrito de Ramón María Aller da INTRODUCCIÓN A LA ASTRONOMÍA
2) Artigos, nota e comentarios bibliográficos
-Observaciones del cometa Joannesburgo 1910ª. Figuran como apéndice dun traballode D. Antonio
Vela. Anuario del Observatorio de Madrid para 1912.
-Sobre las observaciones de pasos en el primer vertical. Revista de la Sociedad Astronómica de
España y América. Año III, Núm. 27. 1913.
-Teoría parabólica de los errores. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año IV,
Núm. 32. 1914.
-Sobre la determinación de la hora con pequeños instrumentos. Revista de la Sociedad Astronómica
de España y América. Año IV, Núm. 32. 1914.
-Sobre la determinación de la latitud con pequeños instrumentos. Revista de la Sociedad
Astronómica de España y América. Año IV, Núm. 34. 1914.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
159
-Determinación de la posición aparente de un astro con el teodolito o con el sextante. Revista de la
Sociedad Astronómica de España y América. Año VIII, Núm. 62. 1918.
-Sobre el método estereoscópico del Sr. Comas Solá. Revista de la Sociedad Astronómica de España
y América. Año VIII, Núm. 62. 1918.
-Un instrumento para el método estereoscópico del Sr. Comas Solá. Revista de la Sociedad
Astronómica de España y América. Año VIII, Núm. 64. 1919.
-Conjuntos y números finitos indefinidos y transfinitos (I). Ibérica, Vol. 11, Núm. 269. 1919.
-Conjuntos y números finitos indefinidos y transfinitos (II). Ibérica, Vol. 11, Núm. 270. 1919.
-Hora y latitud en función de los pasos por el mismo vertical. Revista de la Sociedad Astronómica
de España y América. Año X, Núm. 70. 1920.
-Sobre algunos principios de la teoría de conjuntos. Revista Matemática Hispano-Americana. Tomo
III, Núm. 5. 1921.
-Sobre algunos principios de la teoría de conjuntos. Revista Matemática Hispano-Americana. Tomo
III, Núm. 6. 1921.
-Sobre algunos principios de la teoría de conjuntos. Revista Matemática Hispano-Americana. Tomo
III, Núm. 7 y 8. 1921.
-Resumen de las observaciones de Marte efectuadas en Lalín en 1926. Revista de la Sociedad
Astronómica de España y América. Año XVII, Núm. 111. 1927.
-Notes sur la planéte Jupiter. L`Astronomie. Mars, 1929.
-Algunas notas sobre Júpiter. Revista de la Sociedad Astronómica de España y América. Año XIX,
Núm. 133. 1929.
-El Observatorio Astronómico de Lalín y sus coordenadas geográficas. Arquivos do Seminario de
Estudos Galegos. Vol. III. 1929.
-D. José Rodríguez González (O Matemático de Bermés). A biografía segue a traducción da súa
única memoria sobre a figura da Terra escrita en ingles. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.
Vol. III. 1929.
-Beobachtungen des Kometen 1929b (Wilk). Astronomische Nachrichten. Band 237, Nr. 5685.
1930.
-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 238, Nr. 5693. 1930.
Ramón María Aller observando co teodolito, un dos seus instrumentos máis queridos
160
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
-Beobachtungen des Kometen 1930d (Beyer). Astronomische Nachrichten. Band 238, Nr. 5707.
1930.
-Notes sur trois cométes. L`Astronomie. Juin, 1930.
-Sobre la observación de las estrellas dobles. Revista de la Sociedad Astronómica de España y
América. Año XXI, Núm. 151. 1931.
-Programa del Observatorio de Lalín. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Vol. IV. 1932.
-Constantes de un instrumento paraláctico. Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Vol. IV.
1932.
-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 245, Nr. 5869. 1932.
-Beobachtungen des Kometen 1932k (Peltier-Whipple). Astronomische Nachrichten. Band 247, Nr.
5905. 1932.
-Beobachtungen des Mondfinsternis 1932 Sep. 14. Astronomische Nachrichten. Band 247, Nr. 5905.
1932.
-El planeta 1932 HA. Ibérica. Vol. 38. 1932.
-Die Sternschnuppenfall von 9 Oktober 1933. Astronomische Nachrichten. Band 250, Nr. 5986.
1933.
-Sur la pluie d`etoiles filantes du 9 Octobre 1933. L`Astronomie. Janvier, 1934.
-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 251, Nr. 6018. 1934.
-Determinación de órbitas en el caso de las estrellas fugaces. Ibérica. Vol. 41. 1934.
-Las Dracónicas de 9 de Octubre de 1933. Las Ciencias.Año I.4. 1934.
-Beobachtungen des Kometen 1935a (Johnson). Astronomische Nachrichten. Band 255, Nr. 6106.
1935.
-Órbita de la estrella doble OΣ 77. Astronomische Nachrichten. Band 255, Nr. 6133. 1935.
-Nota sobre la observación de las estrellas dobles. Volúmen del Congreso de Santiago de la Asociación
Española para el Progreso de las Ciencias. 1935.
-Doppelsternbeobachtungen. Astronomische Nachrichten. Band 259, Nr. 6201. 1936.
-Nordlichts von 25 Januar 1938. Astronomische Nachrichten. Band 265, Nr. 6345. 1938.
-Note sur l`aurere boréale des 25-26 Janvier 1938. L`Astronomie. Mars, 1938.
-Observaciones del eclipse total de Luna de 7 y 8 de Nov. 1938. Astronomische Nachrichten. Band
268, Nr. 6409. 1939.
-Observations de l`eclipse de Lune de 7-8 Nov. 1938. L`Astronomie. Décembre, 1938.
-Órbita de la estrella doble S 1932 (ADS 9578, β 7214). Astronomische Nachrichten. Band 268, Nr.
6410. 1939.
-Sur l`orbite S 1932. Astronomische Nachrichten. Band 268, Nr. 6418. 1939.
-Sonnenfinsternis 1939 Apr. 18. BEOBACHTUNG-SZIRKULAR DER AN. 21 Jahrgang, Nr. 18.
1939.
-Sobre la órbita del sistema S 1932. Las Ciencias. Año V. Núm. 1. 1941.
-Observaciones de estrellas dobles. Las Ciencias. Año VI. Núm. 2. 1941.
-A propósito de una diferencia de declinación. Revista de Geofísica. Año III. Núm. 10. 1944.
-Observatorio de Santiago. Revista de Geofísica. Año III. Núm. 11. 1944.
-Los Observatorios de Lalín y Santiago. Publicaciones del Observatorio de Santiago, I. 1944.
-Nuevos métodos de observaciones de pasos. Publicaciones del Observatorio de Santiago, III. 1944.
Esta Memoria foi presentada por D. Ramón María Aller como Tése de Doutoramento baixo o título de
“Algunas experiencias que conviene realizar en observaciones de pasos por verticales” e lida o 30
de xuño de 1943 na Universidade de Madrid.
-Actividad del Observatorio de Santiago durante el año 1944. Revista de Geofísica. Año IV, Núm.
14. 1945.
-Latitud y declinación en función de intervalos. Revista de Geofísica. Año IV, Núm. 16. 1945.
-Ensayos de pasos por dos verticales. Publicaciones del Observatorio de Santiago, IV. 1946.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
161
O telescopio Ritchey-Chretién de 0,62 metros de apertura do OARMA
-Nuevo reloj sidéreo para el Observatorio de Santiago. Revista de Geofísica. Año V, Núm. 20.
1946.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VI, Núm. 21. 1947.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VI, Núm. 22. 1947.
-Observaciones del cometa Cosik-Peltier (1939a). Revista de Geofísica. Año VI, Núm. 23. 1947.
-Medidas de estrellas dobles. Revista de Geofísica.Año VI, Núm.24. 1947.
-Las estrellas dobles visuales. Investigaciones en el Observatorio de la Universidad de Santiago de
Compostela. Urania. Núm. 219. 1948.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 25. 1948.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 26. 1948.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 27. 1948.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VII, Núm. 28. 1948.
-Sobre observaciones de pasos por dos verticales. Publicaciones del Observatorio de Santiago, VI.
1949.
-Bibliografía. Revista de Geofísica. Año VIII, Núm. 32. 1949.
-Interesante fotografía del cometa 1948 L. Urania. Núm. 220. 1949.
-Coordenadas del Observatorio de la Universidad de Santiago. Urania. Núm. 221-222.1951.
-Sobre la órbita de la estrella doble S 1639 - ADS 8359. Urania. Núm. 225. 1951.
-Medidas de estrellas dobles visiales. Urania. Núm. 229. 1952.
-Las señales horarias como reloj en las observaciones. Urania. Núm. 234. 1953.
162
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
-Observatorio Astronómico de la Universidad de Santiago: Actividades - Programa - Proyectos.
Urania. Núm. 237. 1954.
-Observaciones del paso de Mercurio por delante del disco solar efectuadas el 14 de Noviembre
de 1953 desde Santiago, Lalín y La Estrada. Figuran incluidas nun artigo de J.M. Torroja. Urania.
Núm. 237. 1954.
-Sobre medidas de ángulos de posición en las estrellas dobles. Las Ciencias. Año XX. Núm. 4.
1955.
-Medidas de estrellas dobles visuales. Urania. Núm. 252. 1960.
-Ocultaciones de estrellas por la Luna observadas en Santiago de Compostela en 1959. Urania.
Núm. 252. 1960.
-Valores inadmisibles para una media aritmética. Boletín de la Universidad Compostelana. Núm.
73. 1965.
As publicacións científicas de D. Ramón foron recollidas no volúme:
-LAS PUBLICACIONES CIENTÍFICAS DEL DR. RAMÓN MARÍA ALLER ULLOA. Edición
preparada por J. A. Docobo, con motivo da homenaxe a D. Ramón no seu XXV cabodano. Universidade
de Santiago de Compostela. 1991.
3) Ensaios en lingua galega publicados na revista “Logos”(*)
-Unha falla de honradez científica. Núm. 4, abril. 1931.
-Perigros das extrapolacións. Núm. 11, novembro. 1931.
-A testemuña de autoridade. Núm. 14, febreiro. 1932.
-As cefeidas. Núm. 17, maio. 1932.
-A función da felicidade. Núm. 26, febreiro. 1933.
-O Universo é... un número. Núm. 30, xuño. 1933.
-O fin do mundo. Núm. 37, xaneiro. 1934.
-Algo sobre imaxes do Universo. Núm. 38, febreiro. 1934.
(*) Estes escritos foron recopilados na publicación: “OS ENSAIOS EN GALEGO DO DR. RAMÓN
ALLER ULLOA” con prólogo de X. Filgueira Valverde. Publicacións da Deputación Provincial de
Pontevedra, 1989. D. Ramón tamén escribiu gran cantidade de artigos de divulgación en revistas deste
caracter, así como en xornais, case sempre a petición destas publicacións con motivo de algún fenómeno
astronómico, anuncios de descubrimentos, etc.
Teses de doutoramento dirixidas
-“El problema de la órbita aparente en las esstrellas dobles visuales”, de D. Enrique Vidal Abascal.
Madrid, 1944.
-“Contribución al estudio de estrellas dobles visuales”, de D. Rafael Cid Palacios. Madrid, 1950.
-“Über die Anwendung des Theodolits in der Geodätischen Introducción”, de D. Francisco Múgica
Buhigas. Munich, 1960.
-“Sobre la determinación de órbitas de estrellas dobles visuales. Examen de varios métodos.
Aplicación a los sistemas: ADS 1833, ADS 7704, ADS 13156, ADS 12469, ADS 13169, ADS 16836
Y ADS 6871”, de D. Juan Antonio Zaera de Toledo. Zaragoza, 1962.
-“Observación de pasos por dos verticales”, de Dña. Antonia Ferrín Moreiras. Santiago, 1963.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
163
D. Ramón con Antonia Ferrín
Monografías sobre D. Ramón Mª Aller
-Ferrín Moreiras, A.: 1996, “D. Ramón María Aller”. Urania, 264, p.1-9.
-Docobo Durántez, J.A.: 1991, “La Obra Científica de Aller Ulloa”. Fundación Alfredo Brañas. Serie
Conferencias nº 5.
-Docobo Durántez, J.A.: 2000, “Astronomía a simple vista, 50 años después”. Descubrindo. Anuario
de Estudios e Investigación de Deza. N0 2, 351.
-Vidal Abascal, E.: 1979, “Ramón María Aller Ulloa. Unha vida apaixoada pola ciencia e chea de
bondade”. Serie “HOMBRES QUE HICIERON GALICIA”. Ed. Banco del Noroeste
Estrelas dobres descubertas
Nome: Aller 1
Coordenadas (época 2000.0): 21 55.9 + 19 47
Magnitudes: 9.3 - 9.5
Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 245, Nr. 5869, p.222 (1932)
Nome: Aller 2
Coordenadas (época 2000.0): 00 34.5 -04 33 Compoñente AB – D
Magnitudes: 6.8 - 8.8
Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 251, Nr. 6018, p.273 (1934)
Nome: Aller 3
Coordenadas (época 2000.0): 18 59.3 +03 31 Compoñente AB
Magnitudes: 8.9 - 9.1
Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 251, Nr. 6018, p.282 (1934)
Nome: Aller 4
Coordenadas (época 2000.0): 17 57.8 +27 50
Magnitudes: 8.9 - 9.9
Referencia: Astronomische Nachrichten. Band 259, Nr. 6201, p.139 (1936)
164
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
NOMEAMENTOS DE D. RAMÓN Mª ALLER
CIENTÍFICOS:
-Membro do Seminario de Estudos Galegos (1928).
-Membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (1939).
-Profesor de Análise Matemática e Xeometría Analítica da Universidade de Santiago de Compostela
(1940).
-Membro numerario da Real Academia Galega (1942).
-Conselleiro dos Padroados “Alfonso X el Sabio” e “Juan de la Cierva” do C.S.I.C. (1943).
-Director do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago (1943).
-Vocal da Delegación en Galicia do C.S.I.C (1943).
-Conselleiro de Honra do C.S.IC. (1944).
-Profesor encargado da Cátedra de Astronomía da Universidade de Santiago (1944).
-Membro da Comisión 26 (Estrelas Dobres) da Unión Astronómica Internacional (1948).
-Catedrático Extraordinario de Astronomía da Universidade de Santiago (1949).
-Membro da Comisión Nacional de Astronomía (1949).
-Día do Científico Galego (2011).
O Prof. Docobo explicándolle as prestacións do novo telescopio de Lalín o día da inauguración, ó
Reitor da USC, Prof. Casares, ó Conselleiro de Educación, D. Xesús Vázquez, e mais ó Alcalde de
Lalín, D. Xosé Crespo
Foi tamén membro das Sociedades:
-Sociedade Astronómica de España e América.
-Sociedade Matemática Española.
-Sociedade Astronómica de Francia.
-Sociedade Belga de Astronomía e Ciencias afíns.
Revista Real Academia Galega de Ciencias. Vol. XXX
165
Mesa presidencial do acto inaugural da recuperación do Observatorio de Lalín o día 26 de
marzo de 2011
HONORÍFICOS:
-Gran Cruz da “Orden Civil de Alfonso X el Sabio”.
-Coengo de honra da Catedral de Santiago de Compostela.
-Fillo Predilecto da vila de Lalín.
-Fillo Adoptivo da cidade de Santiago con medalla de ouro.
Bibliografía
Aller Ulloa RM (1985) Introducción a la Astronomía. Edición facsímil do manuscrito / ISBN: 84-7191348-8. Universidade de Santiago de Compostela.
Aller Ulloa RM (1989) Os Ensaios en Galego (“LOGOS”, 1931-1934) do Dr. Ramón Aller Ulloa.
Edición preparada por Xosé Filgueira Valverde. Deputación de Pontevedra.
Aller Ulloa RM (1991) Las Publicaciones Científicas del Dr. D. Ramón María Aller Ulloa. Edición
preparada por José Ángel Docobo Durántez. / ISBN: 84-7191-86/7. Universidade de Santiago de
Compostela.
Docobo Durántez JA (1991) La Obra Científica de Aller Ulloa. Pub. Fundación Alfredo Brañas. Serie
Conferencias nº 5.
Docobo Durántez JA (2000) Astronomía a simple vista, 50 años después. Descubrindo. Anuario de
Estudios e Investigación de Deza. N0 2, 351.
Ferrín Moreiras A (1966) Don Ramón María Aller. Urania. Num. 264, p.1-9.
Vidal Abascal E (1979) Ramón María Aller Ulloa. Unha vida apaixoada pola ciencia e chea de bondade.
Serie “HOMBRES QUE HICIERON GALICIA”. Edición Banco del Noroeste.
VIDA DA
REAL ACADEMIA GALEGA DE CIENCIAS

Documentos relacionados