noite das pepitas - Concello de Ferrol

Transcripción

noite das pepitas - Concello de Ferrol
NOITE DAS PEPITAS
FESTA DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO
NOITE DAS
PEPITAS
SAÚDA DO
ALCALDE
19 DE MARZO DE 2015
festa de galicia de interese turístico
PROGRAMA
17:00 h. Teatro Jofre
Acto Institucional
18:00 h. Praza de Galicia
Concentración das Roldas
19:00 h. Roldas polas rúas da cidade
20:30 a 23:00 h. Praza de Amboaxe
Actuación das Roldas
Un ano máis estamos desexoso de revivir unha tradición tan nosa como son As
Pepitas, unha festa singularmente propia
desta cidade que forma parte da nosa
identidade como pobo. As nosas rúas énchense de novo de música e de cantigas
para enxalzar a beleza e a figura da muller ferrolá; e as mandolinas, guitarras,
laúdes e trobadores animan coas súas
roldas unha celebración única con máis
dun século de historia que, entre todos,
fomos quen de manter viva e de conseguir o seu recoñecemento como Festa de
Galicia de Interese Turístico.
Somos un pobo aberto, plural e hospita-
lario, que sempre gozou da música e das
cantigas. Proba diso son as rondallas, as
corais e as demais agrupacións musicais
que proliferan en Ferrol; e que son as
principais responsables da conservación
dun acontecemento tan exclusivamente
noso como o das Pepitas. Pola nosa
banda, como representantes públicos
estamos obrigados a garantir non soamente o mantemento desta festa senón
tamén a súa promoción e difusión. Neste
sentido, coido que a participación dos ferroláns e ferrolás nun evento que senten
seu, unida a vitalidade das rondallas e
a xusta declaración de festa de interese autonómico confirman que o Día das
Pepitas seguirá sendo por moitos anos
unha data especial e singular no noso
calendario.
Como alcalde garanto, pois, o apoio do
Concello de Ferrol a esta celebración
tan arraigada e querida por todos nós.
Aproveito estas liñas para animar a todo
o mundo a que celebre con ledicia esta
popular xornada en que, unha vez máis,
as rúas da nosa cidade estarán cheas
de música e de xente renovando unha
tradición moi nosa. E é que en Ferrol,
de sempre, cántase moito e ben. ¡Longa
vida ás Pepitas!
José Manuel Rey Varela
Alcalde de Ferrol
3
HOMENAXEADOS
2015
RONDALLISTA
DE HONRA
RONDALLISTA
DE HONRA
maNUEL PARDAVILA LÓPEZ
PEDRO PAZ FREIRE
Nace no ano 1943 no barrio
de Canido (Ferrol).
Aos oito anos comeza a súa
andadura da man do Pai Fanego no Coro dos Irmáns da
Salle da Escola Obreira de
Bazán ata o ano 1958.
No ano 1976 ingresa no Real
Coro Toxos e Froles, deixa á
devandita agrupación no ano
1980.
Ingresa na “Rondalla Añoranzas”, no ano 1989 e tamén
pasa a formar parte da Coral
Polifónica no ano 1998, compaxinando as dúas agrupacións.
No ano 2006 abandona a
Coral Polifónica e continúa na
“Rondalla Añoranzas” na corda de barítonos baixos ata a
actualidade.
Nace en Ferrol no ano 1961.
No ano 1989 ingresa na
“Rondalla Añoranzas” de
Ferrol, desde entón vén
desenvolvendo o seu labor
ininterrompidamente como
barítono, deleitándose coas
Noites das Pepitas e a canción ferrolá.
Son veinticinco anos dedicados á agrupación e á canción
tradicional de Ferrol.
RONDALLISTA
DE HONRA
maNUEL ARRIBE LAMAS
dunha nova formación no ano
1989, a “Rondalla do Club de
Campo de Ferrol”.
Foi aí onde, baixo a dirección
de José M. Couce Fraguela,
desenvolveu a súa faceta
artística musical como tenor
1º, ininterrompidamente ata o
día de hoxe.
Natural de Ferrol e nacido o
15 de novembro de 1946,
comezou a súa andaina na
fermosa tradición Ferrolá
das roldas, formando parte
duns ilusionados integrantes
MENCIÓN
ESPECIAL
JUAN HERNÁNDEZ MARTÍNEZ
Nace no ano 1940 en Águilas
(Murcia).
Aos cinco anos de idade comezou a estudar solfexo na
Escola Municipal de Música en
Águilas, na provincia de Murcia. Os métodos de H. Eslava,
“El Progreso Musical” e “Solfeo de los solfeos”, comezou
coa frauta con bos profesores
do devandito instrumento.
Por concurso-oposición gañou a praza de músico de 3ª
clase da Armada, con destino
no Terzo Norte de Infantería
de Mariña.
En Ferrol incorporouse como
fundador da Agrupación Armonía, co Mestre Malde, e pasou a ser director desta desde os anos 1965 ao 1967.
En 1968, por concurso-oposición, gañou unh praza de
sarxento músico de 2ª Clase
da Armada, e foi destinado ao
Terzo Norte de Infantería de
Mariña.
Desde os anos 1980 ao
2010, dirixiu a coral do Centro
de Maiores de Caixa Galicia en
Pontedeume. No ano 1981,
fundou a Coral de Maiores de
Caixa Galicia en Ferrol, e dirixiuna ata o 2014.
Desde 1985 foi profesor de
música na parroquia de Santa
Icía, formando a Coral Polifónica Sta. Icía no ano 1994.
Entre os anos 1991 e 1994,
foi profesor de frauta na Escola de Música do Concello de
Narón.
No ano 1983 foi fundador da
“Rondalla Añoranzas”, e dirixiuna ata setembro do presente ano, cando por causas
físicas tivo que causar baixa,
tanto na “Rondalla Añoranzas”, como na Coral de Maiores de Caixa Galicia.
Ten na actualidad máis de
cento cincuenta títulos (habaneras, valses, canción popular e do cancioneiro popular
ferrolán, e setenta dedicados
á noite das Pepitas. Máis do
30% compostas polo titular e
o resto, recompiladas de persoas na maioría xa falecidas.
ROLDAS
PARTICIPANTES
RONDALL A
AÑORANZAS
Madriña:
Lorena Horjales Rodríguez
Presidente:
Ricardo González Sedes
Director:
Pascual Montesinos Orts
Compoñentes:
42
“Añoranzas” nace no barrio ferrolán de Esteiro, en marzo do
ano 1944, organizada por Juanito
Yáñez, sendo presidente de honra D. Francisco de la Cruz Lacacci.
O propósito da súa fundación foi
continuar a tradición de roldar a
muller ferrolá na Noite das Pepitas, véspera de San Xosé.
Tras unha paréntese na súa actividade, xorde de novo no ano
1952. Conta a agrupación nesta
segunda presentación con 86
compoñentes, e así é a máis numerosa que se lembra en Ferrol.
Outra nova etapa comeza en
1959. Na Noite das Pepitas do
ano 1962 sae de rolda á rúa Armonía de Añoranzas de Esteiro.
E xa en xaneiro do ano 1983 un
grupo de veteranos das roldas
encabezados por Reyes Yáñez,
sobriño do fundador; ante o
abandono que sofre a canción
ferrolá en xeral e, en particular,
na Noite das Pepitas, deciden reactivar a actividade da vella rolda.
A Noite das Pepitas dese mesmo
ano, baixo a dirección musical de
Juan Hernández, preséntanse na
praza de Armas co pasacalles
Rondadores; a danza “Rosa de
Abril” e o valse “Madrigalesca”.
Ante a aceptación do público deciden continuar, co propósito de
fomentar a canción ferrolá; res-
catando do esquecemento vellas
partituras, algunhas delas do
século XIX, e así ata hoxe.
Participando con esta, en trinta
e dous edicións consecutivas da
Noite das Pepitas, o que supón
unha marca na historia desta celebración. Divulgou a canción ferrolá por toda a xeografía galega,
asturiana e rioxana.
Participou en programas de televisión (TVG, TVE en Galicia),
FITUR 2008, así como na “Fiesta
del Bollo” en Avilés, actuación
conxunta coa Banda da Casa
Real, así como a actuación para
a reinauguración do Teatro Jofre,
coa presencia das S.S. M.M. os
Reis de España. No ano 2012
actuou no Festival de Habaneras
no Carballiño e no Festival de
Habaneras 2013 de Narón entre
outros.
Todo isto, cun único propósito:
Que non desapareza unha parte do noso patrimonio cultural,
como é a chamada “canción ferrolá”.
No mes de abril do 2012, previas
eleccións, foi nomeado Presidente desta agrupación artística don
Ricardo González Sedes, que continúa no seu segundo mandato.
En setembro do ano 2014 toma o
relevo como director desta agrupación don Pascual Montesinos
Orts en lugar de don Juan Hernández Martínez.
15
AGRUPACIÓN ARTÍSTICA
FERROLANA
Madriña infantil:
Mª Teresa Ramos-Yzquierdo Garat
BOHEMIOS
Madriña:
María A. Álvarez Porto
Presidente:
Carlos López Pedreira
Director:
José Miguel Calabuig Juan
Compoñentes:
40
Bohemios nace en Ferrol a finais de 1988 como resposta
á iniciativa dun grupo de nove
amigos amantes das vellas
tradicións do seu pobo. Así, a
comezos de xaneiro de 1989,
inician os seus ensaios para pór
en marcha este proxecto, facendo o seu debut como rolda o 18
de marzo de 1989 na Noite das
Pepitas e constituíndose formalmente no mes seguinte como
Agrupación Artística Ferrolá
“Bohemios”.
Co paso do tempo, a proxección
musical do colectivo traspasou
as fronteiras ferrolás, coñecén-
doselle dentro e fóra do territorio nacional grazas ao rigoroso
traballo desenvolvido ao longo
do seu xa dilatada traxectoria.
Na actualidade, a agrupación
está formada por 40 compoñentes, vinte e cinco voces masculinas distribuídas en tenores
primeiros, tenores segundos,
barítonos e baixos, e catorce
músicos: guitarras, requinta,
guitarra baixa, laúdes, bandurras, mandolinas, teclado.
Transcorreron xa 25 anos desde que este grupo de amigos
decidise formalizarse como
agrupación e iniciar un labor
musical ininterrompida até a
actualidade. Non só abordaron
o folclore ferrolán senón que,
paralelamente, dedicáronse a
difundir o cancioneiro galego,
ademais de música lírica e lixeira.
Dentro das distincións recibidas
por esta agrupación destaca a
concesión polo pleno celebrado
no Excmo. Concello de Ferrol, o
día 26 de decembro de 2013,
da Insignia de Ouro da Cidade,
polo seu 25 aniversario e pola
destacada contribución e divulgación da música tradicional
ferrolá, que lles foi entregada o
día 7 de xaneiro de 2014 con
motivo da festividade de San
Xiao Patrón de Ferrol.
Fóra de Galicia, levaron a súa
música con gran éxito por toda
a xeografía nacional e realizaron concertos en Portugal.
Bohemios continúan hoxe mirando ao futuro tendo como
proxecto máis inmediato, ademais das actuacións comprometidas, o proceso de preparación
do que será o seu novo traballo
discográfico.
17
R
O
N
D
A
L
L
A
CLUB
DE CAMPO
Madriña:
Mª Carmen García Fraga
Presidente:
Álvaro Sánchez Gilsanz
Director:
José M. Couce Fraguela
Compoñentes:
40
Dende o momento da súa
fundación no 1986, a “Rondalla Club de Campo”, dirixida
dende o seu inicio por José
Manuel Couce Fraguela, loitou
por poñer en valor a canción
ferrolá e a tradición da festa
musical máis importante de
Ferrol, a Noite das Pepitas.
E todo do mellor xeito que
saben facelo cada un dos
seus corenta compoñentes,
entre voces e instrumentos,
cantando.
Tamén, incorporando ao
acervo cultural da cidade pezas de nova creación froito da
inspiración de poetas galegos
tan notables coma González
Tosar, García Bodaño, Pedro
Blancollano, Blanco Campaña,
Alfredo Conde, Xavier Alcalá,
Ramiro Fonte…
Coa canción ferrolá e galega,
zarzuelas, habaneras ou folclore sudamericano, percorreron a xeografía galega e
asturiana ou exerceron coma
embaixadores de Ferrol na
cidade das Palmas de Gran
Canaria.
Por outra banda, a “Rondalla
Club de Campo” tamén levou
a cabo cun gran éxito diversas actuacións en TVE ou
TVG.
Así mesmo, a agrupación ten
gravado varios discos cos
seus temas, coma o último
titulado “Tradición y savia
nueva 2010” en colaboración
coa Deputación da Coruña.
Por último, conseguiron que
algunhas das súas cancións
coma “Olliños de mel” ou a
famosa “Nas ondas do mar”
se convertesen en cancións
populares entre o pobo ferrolán.
A publicación do libro “19862011 25º Aniversario Rondalla CMI Club de Campo”, escrito por Pedro X. Blancollano,
ofrece un percorrido pola
historia desta agrupación e
un estudo acerca das orixes
e a historia da singular Festa
das Pepitas.
19
R
O
N
D
A
L
L
A
SONIDOS
DEL ALBA
Madriña:
Rosa Martínez Beceiro
Presidente:
Eduardo Fernández López
Director:
David Sanmartín González
Compoñentes:
35
Madriña infantil:
Enma Fraga Rico
A rolda “Sonidos del Alba” foi
creada no ano 1997 por un
grupo de mozos, que atraídos pola música tradicional
ferrolá decidiron participar
na Noite das Pepitas, logo de
roldar un ano antes pola súa
conta no Concello de Mugardos.
Cumprida a maioria de idade,
esta rolda participa na Rede
Cultural da Deputación da
Coruña e no programa “Ferrol Escena” do Concello de
Ferrol, levando así, a sua música por todas as asociacións
da cidade e polos Concellos
da nosa provincia.
Forma parte do Comité organizador da Noite das Pepitas
e ao longo da súa existencia
estivo sempre á procura de
promocionar esta tradición
fora da nosa cidade, conseguindo así, os méritos necesarios para que na actuali-
dade esta tradición sexa de
Interese Turístico Rexional.
Trinta e cinco voces e instrumentos, baixo a dirección
de David Sanmartín cantan
versos do seu letrista César Pita Trinquete, roldando
as Pepitas e cantando vals,
danzas, habaneras e temas
populares coñecidos por todos os amantes da música
tradicional.
21
R
O
N
D
A
L
L
A
TROVADORES
DE ARES
Madriña:
Beatriz Pita Seijo
Presidente:
Ángel Barreiro Rey
Director:
Leovigildo Illobre Toimil
Compoñentes:
35
Ainda que se fundou para
participar nas Pepitas, a
“Rondalla Trovadores de
Ares” remonta a súa existencia ao ano 1950, con Julio
Varela coma director.
A entidade permaneceu, sen
embargo, un longo período
de tempo sen actividade, e
retomouse de novo en 1980
baixo a dirección de Antonio
Illobre.
As actuacións dende entón
son incontables por toda a
bisbarra ferrolá, prestando
especial atención ao día de
San Xosé, percorrendo as
rúas da Vila de Ares así como
as parroquias do concello.
Un dos actos mais especiais e
o día de presentación da madriña, que este ano é Beatriz
Pita Seijo.
A partir do ano 2008, a rolda
deu a coñecer as súas cancións por toda a xeografía
galega (Miño, Coruña, Cerceda…) culminando no ano
2009 coa actuación en Lugo
con motivo das festas de San
Froilán e no 2010 en Meira.
Na actualidade, a entidade
que preside Ángel Barreiro
Rey, conta con 35 integrantes
dirixidos por Leovigildo Illobre
Toimil.
Ata o momento, a “Asociación
Cultural Rondalla Trovadores
de Ares” ten gravados tres
discos con distintos temas
do seu variado repertorio
(valses, danzas, habaneras,
boleros, pasodobres, sambas, muiñeiras, cancións
mariñeiras, mazurcas, panxo-
liñas…).
Participa no circuíto cultural
da Deputación da Coruña,
intercambiando actuacións
con tódas as entidades musicais da provincia.
23
RONDALL A
MUGARDESA
Madriña:
Mª José Martínez Fernández
Presidente:
Leonardo García Ponte
Director:
Fco. Javier Sancho Ribero
Compoñentes:
31
Tras un longo período sen
actividade de roldas na nosa
Real Vila, e grazas ao entusiasmo dun grupo formado
por simpatizantes e antigos
compoñentes da Asociación
Artística “Trovo del Alba”, extinguida no ano 1976, constitúese en 1990 a “Rondalla
Mugardesa” coa finalidade de
rescatar a tradición que dende moi antigo existe en Ferrol
e comarca, onde Mugardos
tivo sempre unha destacada
presenza, cabe sinalar que
a primeira rolda, formada na
vila, “Náufragos de Mugardos” data do ano 1912.
Dende entón participa en todolos actos da comarca en
que se conmemora a Festa
das Pepitas e tradicionalmente rolda as rúas da vila durante a tarde-noite da véspera
ata o mediodía do día de San
Xosé, prestándolle unha atención especial á muller mugardesa, ampliando as súas
actuacións ás parroquias de
Franza, O Seixo e San Xoán
de Piñeiro coa colaboración
do Concello e das sociedades
das ditas parroquias. Asiste
cada ano aos actos que se
celebran en Ferrol.
Participa anualmente no Certame de Roldas que organiza
o Concello en colaboración co
Casino Mugardés, onde interpretan todo tipo de cancións,
vivíndose unha xornada de
convivencia entre todos os
membros das agrupacións.
No ano 2000 é galardoada
coa mención “Rondalla del
año” pola “Sociedad Artística Ferrolana”. En 2001
constitúese en asociación
sen ánimo de lucro pasando
a denominarse: “Agrupación
Artística Cultural Rondalla
Mugardesa”.
Dende entón participa cada
ano no Programa de Música
para Grupos non Profesionais
que organiza a Deputación,
actúa no ámbito da provincia
de Coruña (Ferrol, Ortigueira,
Cee, As Pontes) e noutras localidades galegas como Vigo
ou Tui.
Esta agrupación conta cunha
Escola de Punteo onde se forman instrumentistas de guitarra, laúde e bandurra. Dende
a súa fundación, recibe a
colaboración da Aula de Cultura do Concello, Industriais
da Vila, particulares e, sobre
todo, co inestimable apoio de
Cofradía de Pescadores e Mariscadoras de San Telmo.
25
AGRUPACIÓN ARTÍSTICA
LUCERO DEL
ALBA
Madriña:
Sabela Roade Bellas
Presidente:
Julio Bellas Seselle
Director:
Ángel Carro Guzmán
Compoñentes:
52
A “Agrupación Artística Lucero del Alba” fundouse no ano
1965 na vila de Neda.
Dende a súa orixe pasou por
distintas etapas na súa configuración ata chegar aos 52
compoñentes, entre voces e
instrumentistas, que a forman
na actualidade.
Ao longo da súa dilatada
traxectoria actuou nos máis
diversos lugares da xeografía
galega.
No seu repertorio se inclúe
unha ampla selección de temas, dende pasodobres ata
boleros, pasando por habaneras, panxoliñas, música
galega, zarzuelas, valses,
danzas, cancións mexicanas,
temas relixiosos…
“Lucero del Alba” é unha das
roldas que leva máis tempo
participando na Noite das
Pepitas.
Participa habitualmente no
Festival de Habaneras da Co-
ruña e organiza cada ano o
Festival da Canción Mariñeira
en Neda. Acompañou á Xove
Banda de Narón e tamén á
Banda do Terzo Norte.
O seu repertorio está recollido en diversas gravacións, a
última delas é a realizada no
ano 2014 baixo o título “Con
todo el corazón”.
O obxectivo de “Lucero del
Alba” é que a xente goce coas
súas cancións.
No ano 2010 foi galardonada coa Medalla de Ouro do
Concello de Neda. Ese mesmo
ano celebrou os seus 45 anos
de vida musical.
O director da “Agrupación
Artística Lucero del Alba” é
Ángel Carro Guzmán.
Preside a agrupacion Julio
Bellas Seselle.
A madriña do 2015 é Sabela
Roade Bellas.
27
RONDALLA
DE CARIÑO
Madriña:
María Garrote Díaz
Presidente:
Antonio Fustes Novo
Director:
Mª Luisa Novo Fraguela
Compoñentes:
38
A “Rondalla de Cariño” foi
constituída no ano 1995.
Por medio de intercambios
con outros grupos, inclusión
nos circuítos culturais da
Xunta e en programas doutros concellos, a entidade ten
actuado en numerosas festas
e actos de toda a xeografía
galega.
Entre eles poden destacarse
a actuación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no
Colexio Peleteiro en Santiago
de Compostela, no Teatro
Principal de Vigo, a “Festa
dos Maiores” en Curtis, o
“Magosto” en Ares, festivais
de panxoliñas, coma no Festival de Panxoliñas de Vigo,
festivais de roldas e música
de corda, coma o “Festival de
Rondallas e Música de Corda”
de Ourense, “Festival de Habaneras” na Coruña, ou na
“Noite das Pepitas” de Ferrol.
Tamén tivo actuacións fóra
de Galicia. No verán de 2006
actúa en Cáceres no “Día do
emigrante”, e en Benidorm.
No 2007 en Sevilla, invitada
polo “Lar Galego”. No 2010
en Xixón e no 2012 en Madrid, con motivo do Día da
Patria Galega.
Tres aparicións na Televisión
de Galicia, nos programas
“Luar”, “Desde Galicia para el
mundo” e “A Solaina”.
A “Rondalla de Cariño” organiza, todos os anos, un
concerto de fin de curso do
alumnado da Escola de Guitarra, un Concerto de Nadal
e un concerto de roldas con
invitación a outros grupos.
O seu repertorio inclúe música tradicional galega, valses,
boleros, pasodobres, danzas,
salsa e música clásica.
Dende hai uns anos solicítanse moito as suas actuacións
na celebración de vodas, para
as que ten compostas dúas
marchas nupciais.
29
CANCIONEIRO
Rondall a
Añoranzas
AL PIE DE TU VENTANA
(Vals - 1956)
Letra: Seijo Elicechea
Música: Gumersindo Leira
Siendo testigo la luna
de nuestro rondar nocturno
esperando que el diurno
bañe con claridad
Mientras que la doncellita
entregada esta a su sueño
sin saber que ya su dueño
le dedica este cantar…
Al pie de tu ventana
pepita la luz brilla
su claridad sencilla de reflejo nupcial
refleja en los cristales
con gran anhelo
porque la luz del cielo
es espiritual…
Muy clara está la noche
cuantas estrellas
mundo de cosas bellas
que hablan del amor
ya en el cielo se encienden
tantos luceros
que son los mensajeros
de tu explendor.
Mientras que la doncellita…
ILUSIÓN DE AMOR
(Danza - 1958)
M. Farto - F. Sarachaga
Como una gaviota
cansada en su vuelo
al no encontrar su nido
32
a la orilla del mar.
Ferrol se ha vestido
envuelto en un velo
hecho con la ténue
luz de su lunar.
Las olas le acarician
cantándole amores,
la luna en su juego
le dice al cantar
y la espuma finge
guirnaldas de amores
que dejan la costa
como ante un altar.
- ESTRIBILLO Altar, donde tú mujer
linda y gentil ferrolana
reinas como soberana
sobre espuma, luna y flor.
Cuando anuncie el rosicler
con sus luces la mañana
aún rondará tu ventana
un humilde trovador.
- FINAL Un humilde trovador...
agrupación artística
ferrolana
bohemios
PAÑUELITO DE SEDA
(Danza)
Letra: Juan Caruncho Rodríguez
Música: José Miguel Calabuig Juan
Luna inquieta de luz serena y cálida
que coqueta te mirás en el mar
ven y alumbra su balcón, su ventana
en silencio al compás de mi cantar
Pañuelito que hoy me sirves de página
en que puse cien palabras de amor
poemilla con retazos del alma
dale besos que no puedo darle yo
Delicioso vuelo de mi sueño
al llegar hasta tu almohada
y al sentir tu quedo respirar
presentí que tu también me soñabas
MUJER FERROLANA
(Pasacalles - 1985)
Letra e música: Juan Fernández
Noche grande tiempo de romanzas
frenesí de enamorada
para ti será mi respirar
mi vivir que tanto yo deseaba
A ti, mujer ferrolana
te venimos a cantar
y con bellas melodias
te queremos felicitar
El recuerdo de rincones de fábula
como aquellos del viejo capitol
viene a darnos sentimientos que cantan
al amor y aquel viejo nuestro Ferrol
La Rondalla Añoranzas
con la mayor ilusión
cantamos en esta noche
como es la tradición
a las mujeres más bellas
que son las de nuestro Ferrol.
Noche grande tiempo de romanzas
frenesí de enamorada
para ti será mi respirar
presentí que me soñabas tu también.
FLOR Y CANCIÓN
-IEres mi noche romántica,
eres mi anhelo y mi ensoñación.
dime, sin lástimas,
que también soy tu gran pasión.
- II Quiero ser luz en tu lámpara,
suave susurro en tu habitación.
dime, sin lástimas,
que mi amor vive en tu amor.
- ESTRIBILLO Flor y canción, amor y mar
es el candor de tu mirar
todo mi empeño
soñar…y sueño…
pétalo y tallo
brisa y sal
- III Besos, nostalgias y lágrimas,
son el panel de mi inspiración.
niña romántica
musa eterna de mi canción
- IV Quiero ser luz en tu lámpara,
suave susurro en tu habitación.
dime, sin lástimas,
que mi amor vive en tu amor.
- ESTRIBILLO Flor y canción, amor y mar
es el candor de tu mirar
todo mi empeño
soñar…y sueño…
pétalo y tallo
brisa y sal.
33
R
o
n
d
a
l
l
a
CLUB
DE CAMPO
OLLIÑOS DE MEL
(Danza, 1992)
Letra: Luís González Tosar
Música: Xosé Luís Blanco Campaña
Arranxos: Xosé Manuel Couce Fraguela
Para Fina da Silva de Sixto con arrecentos caribeños e sal do seu Ferrol
Canto te poñas diante
do mar bruando inmenso
non teñas medo,
non teñas medo,
porque ti levas dentro
a estrela que gravaches
no teu longo destino
de soños caribeños,
os horizontes amplos
aló na Habana abertos
e uns olliños de mel
con ferrolano acento.
Olliños de mel,
muller sen igual
noites do Ferrol
de Cuba un cantar.
Olliños de mel
de doce mirar
amor ferrolá
que agardando está.
Cando o teu canto brote
ó ritmo dos lamentos,
non teñas medo,
non teñas medo.
Cando do porto saian
as velas coma berros,
acórdate daquela
que fala polo vento.
E pon na túa nostalxia
con luces de silencio
uns olliños de mel
agardando regresos,
uns olliños de mel
de ferrolanos ecos.
Olliños de mel…
PASARRÚAS DAS PEPITAS
(PEPITAS 2015)
Letra: Pedro X. Blancollano
Música: Xosé Manuel Couce Fraguela
34
Paseando polas rúas de Ferrol
Nosa rolda vai deixando no aire sons
de cancións que lle dedica a unha muller
ferrolá, por máis sinais, o meu querer.
Por debaixo de xanelas e balcóns
os cantores destilan versos de amor
e as rapazas asomadas aos maineis
agasállanos con pétalos de mel.
Ferrolá ti que me escoitas
e que gustas do meu canto
non deixes de regalarme
coa visión dos teus encantos.
A rolda do Club de Campo
a ti te ven a cantar
para levarche a ledicia
desta festa sen igual.
É a festa das Pepitas de Ferrol
a mellor de todas as celebracións,
onde os bicos saborosos a bombón
se agasallan coma se fose unha flor.
Entre fitas de mil cores e cancións,
con acordes dende a prima ata o bordón,
¡que esta rolda nunca deixa de roldar
nesta noite de festa para soñar!
TROVA NOCHERA
(Vals, 2007)
Letra: Enrique España Taboada
Música: Xosé Manuel Couce Fraguela
En la quietud ambiente
de esta noche serena
velando está tu sueño
una trova nochera
Yo sé que adormecida,
Sintiendo amor por mí,
estás viendo la imagen
del que hoy trova por ti.
Y ciñéndote el talle
con dulce frenesí,
con besos y caricias
te embelesa feliz.
No rompas con el sueño
si te sientes feliz.
No rompas con el sueño
si te sientes feliz
y al despertar recuerda
lo que siento por ti.
Te arrulla con canciones,
¡Oh! Bello serafín,
envolviendo tu cuerpo
con flor en serpentín.
Te habla con gran ternura,
custodia tu sosiego
y viendo tu hermosura
te ofrece amor eterno.
R
o
n
d
a
l
l
a
sonidos
DEl alba
HOY SERÁS VERSO Y CANCIÓN
(Danza)
Letra: César Pita Trinquete
Música: David Sanmartín
-IPorque eres ferrolana
porque te llamas Pepita
hoy serás del cantar cita
en la fiesta ciudadana.
Porque de la primavera
eres la flor más hermosa
hoy serás divina diosa
que en la noche se venera.
- II Porque eres ferrolana
porque te llamas Pepita
hoy serás musa que incita
mil cantos en tu ventana.
Porque traes al presente
los arraigos del pasado
hoy serás gloria y legado
de tu ciudad y tu gente.
- ESTRIBILLOS -IHoy serás verso y canción
cuando la ronda te aclame
y con su canto reclame
tu figura en el balcón...
Hoy serás verso y canción
con la ronda en tu presencia
porque eres la esencia
de la antigua tradición.
- II Hoy serás verso y canción
cuando la ronda cantora
en la ciudad que te adora
te muestre su devoción.
Hoy serás verso y canción
y la ronda en tu memoria
guardará para la historia
tu nombre en el corazón.
FERROL SE VUELVE CANCIÓN
(Vals)
Letra: César Pita Trinquete
Música: Raúl Almandós Mendía
En Ferrol los rondadores
con sus capas adornadas
de escarapelas bordadas
y cintas de mil colores.
Van cantando sus amores
a las Pepitas queridas
que en visitas consentidas
aguardan en los balcones
para oir en las canciones
promesas correspondidas.
En Ferrol los rondadores
con líricas melodías
de sonoras eufonías
y versos ensoñadores.
Van cantando a sus amores
cuando la ronda galante
que lleva la pasión amante
al pie de la enamorada
que en el balcón asomada
escucha su dulce cante.
- ESTRIBILLO Ferrol se vuelve canción
cada año en primavera
cuando la ciudad espera
revivir su tradición.
Ferrol se vuelve canción
en sus calles alineadas
con notas acompasadas
de amorosa concepción.
Ferrol se vuelve canción
cuando la rondalla suena
por toda la Magdalena
entre balcón y balcón.
Ferrol se vuelve canción
en su rondar ciudadano
desde Amboage a Galiano
desde Canido al Cantón.
35
R
o
n
d
a
l
l
a
TROVADORES
DE ARES
Corazón (2ª vez) trovador.
- FINAL Un amante corazón.
Rondall a
MUGARDESA
CLAVE LÍRICA
SERENATA
(Danza a las Pepitas - 1980)
J. Mª. Pérez Parallé – Fdez. Pareja
-ILa brisa trae rumores
De noche en primavera
La luna reverbera
Un cántico en la mar.
Pepita, es un nocturno,
De tierna serenata,
Que en armonía grata
Te viene a despertar.
- II Si escuchas el latido,
De suave melodía,
Es el amor que ansía
Esclavo ser de ti.
Recíbelo en tu pecho,
El corazón palpita,
Acógelo Pepita,
Pues sueña estar así.
- ESTRIBILLO En la luz nocturnal
Ha surgido
Una hendecha de amor,
Que ráuda vuela
Al conjuro
De vella ilusión.
En azul musical
Ha prendido
Frase galana,
En tu ventana
De un amante
36
(Vals - 1967)
Letra: José María Pérez Parallé
Música: Juan Hernández Martínez
-IEn la clave nocturnosa
beso de luna galana
una rondalla desgrana
el azul de una ilusión
que en la brisa rumorosa
armonía sutil hecha
verso, requiebro y endecha
enflorece tu balcón.
- II De la clave trovadora
un suspiro vuela ardiente
y hasta ti llega oferente
en el aura nocturnal
y cuando el alba canora
extienda su melodía
la rondalla, amor te envía
en un brindis musical.
- III Pepita adorada
clavel del vergel ferrolano
¡oh novia soñada!
en esta noche
feliz embrujada
de arpegios de amor
escucha gozosa
floral, madrigal cortesano
de lirio y de rosa
eterno poema
en la voz ansiosa
de tu fiel cantor
de tu fiel cantor.
TROVO DEL ALBA
(Danza - 1959)
Letra: Jesús Cartelle Cancela
Música: Antonio Cartelle Vilasánchez
Yo quisiera en tus labios dejar,
de los míos el dulce sabor
como hoy dejo en tu reja un altar
de suspiros y arrullos de amor.
Quien pudiera realmente volver
a vivir y a sentirte mi bien,
como anoche en un sueño he creído
habías henchido de besos mi sien.
- ESTRIBILLO Pepita,
una rosa que has prendido
en mi corazón
no la eches al olvido
del riego de tu ilusión.
Sin tu aliento,
se consume
su perfume
y su color,
sin el mirar de tus ojos
siento enojo
pobre flor.
Te lo suplica en el alba
con un trovo tu amador.
FLOR SUTIL
(Vals - 2011)
Letra: Santiago Vázquez Tizón
Música: Francisco J. Sancho Ribero
-IEl cielo está bordando
su manto de plata y marfil
recogida en tierno cáliz,
duerme la flor sutil.
- II Los plácidos luceros,
se posan en tu ventana,
velando el sueño feliz
de mi rosa lozana,
que, en brazos de la ilusión
entrega su corazón.
- ESTRIBILLO Despierta niña
del sueño ilusionado,
y oye el canto emocionado,
que te brinda tu amador,
la melodía
de su alma enternecida,
que hoy suspira,
Pepita por tu amor.
Final: Por gozar tu dulce amor
- III Si al escuchar mi queja,
te sientes enamorada,
en tus ojos quiero ver
una tierna mirada,
y la esperanza de ser
por siempre tu querer.
Al estribillo...
37
agrupación artística
LUCERO DEL
ALBA
ROMANCÍA
(Vals)
Letra: José Mª. Pérez Paralle
Música: Fausto Cansado
Viene del alba del río,
y en la voz del ruiseñor,
entre arpegios del rocío
noturnal;
en el cáliz de la flor,
y es, Pepita
madrigal
de la ronda del amor.
Viene de la verde fronda,
pentagrama vegetal,
y es en la noche de ronda,
la canción,
que deja tu ventanal,
Oh Pepita,
la emoción
de un romance pasional.
Y vibran,
Pepita,
las cuerdas,
y tiemblan
las voces
de los rondadores;
sonríe la luna
y te besa
en la noche;
la ronda suspira
secretos amores.
38
TROVA
(Danza)
Letra: José Mª. Pérez Paralle
Música: Fausto Cansado
-ICuando del Belelle,
la rima galana,
llegue a tu ventana
diciéndote amor;
es la voz Pepita,
que surge del río,
es Fernando Esquío,
tu fiel trovador.
- II Cuando de la noche
la trova soñada,
llegue a tu morada
brindándote amor;
es la voz, Pepita,
de tus trovadores,
envuelta en rumores
de verso y de flor.
- III Un hálito
inquieto
de música
y seda,
se extiende
por Neda
en ansias
de amar;
Susurro,
caricia,
noturno,
embeleso
de luna
y de beso,
se vuelve
cantar.
Rondall a
DE cariño
LA MAGNOLIA
(Danza, 1906)
Letra: Ángel Fernández Torres
Música: J. Bretóns
-ITú eres la idea que adquiere vida
tú eres la dicha tu la ilusión,
tú eres Pepita quien nos transforma
con la ternura de tu candor. ( Bis )
Somos nosotros hojas vagando
al soplo leve de tu desdén,
somos incendio de tu mirada
somos las sombras de tu querer.
Eres Pepita nínfa dormida
tienes por lago la oscuridad
tienes por ondas las del ropaje
que ahora tu cuerpo cubriendo está.
NOCTURNO
(Vals, 1965)
F. Sarachaga / M. Farto
Llena está la luna
Dama del nocturno
Que vive el misterio de la oscuridad
Como ella, ninguna conoce su turno
Pepita la luna es felicidad
Manojo de estrellas
Reflejos de plata
Que llegan airosos a tu habitación
Son mil cosas bellas
Ruegos, serenatas,
sentir armonioso de una humilde canción
Pepita, bella Pepita
Muñequita ferrolana
Graciosa, fresca, lozana
Como una rosa de Abril
Para ti son nuestros cantos
Son para ti, oh Pepita.
- II Somos nosotros los que en las sombras
turban tu sueño por ver lucir
unos destellos de tu mirada,
para decirte que séas feliz. ( Bis )
Somos nosotros hojas vagando
Al soplo leve de tu desdén
Sómos incencio de tu mirada
Somos la sombra de tu querer
Eres Pepita nínfa dormida
Tienes por lago la oscuridad
Tienes por ondas las del ropaje
Que ahora tu cuerpo cubriendo está.
Que ahora tu cuerpo cubriendo está...
39
NOITE DAS
PEPITAS
ÍNDICE
PROGRAMA
SAÚDA DO ALCALDE
HOMENAXEADOS 2015
ROLDAS PARTICIPANTES
Rondalla Añoranzas
Agrupación Artística Ferrolana Bohemios
Rondalla Club de Campo
Rondalla Sonidos del Alba
Rondalla Trovadores de Ares
Rondalla Mugardesa
Agrupación Artística Lucero del Alba
Rondalla de Cariño
CANCIONEIRO
ÍNDICE
2
3
5
13
14
16
18
20
22
24
26
28
31
40
EDITA: Concello de Ferrol

Documentos relacionados

noite das pepitas - Concello de Ferrol

noite das pepitas - Concello de Ferrol inician os seus ensaios para pór en marcha este proxecto, facendo o seu debut como rolda o 18 de marzo de 1989 na Noite das Pepitas e constituíndose formalmente no mes seguinte como Agrupación Artí...

Más detalles